O slideshow foi denunciado.
Seu SlideShare está sendo baixado. ×

Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf

Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Próximos SlideShares
A Europa feudal
A Europa feudal
Carregando em…3
×

Confira estes a seguir

1 de 39 Anúncio

Mais Conteúdo rRelacionado

Semelhante a Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf (20)

Mais recentes (20)

Anúncio

Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf

  1. 1. A EUROPA FEUDAL Cerimonia da homenaxe , S. XIII.
  2. 2. A EUROPA FEUDAL 1. INTRODUCIÓN. 1.1 Que é o feudalismo? 1.2 Onde se orixina e por que? 2. SOCIEDADE FEUDAL. 2.1 Relacións de dependencia. 2.2 Orde estamental: nobreza, campesiños e clero. 3. ECONOMÍA FEUDAL (Como vivían os campesiños?). 4. A ARTE ROMÁNICA (O primeiro estilo europeo). 5. MONARQUÍA FEUDAL (Primus inter pares).
  3. 3. CARACTERÍSTICO DA EUROPA OCCIDENTAL ENTRE OS SÉCULO IX E XV? 1. INTRODUCIÓN 1. 1 Que é o feudalismo? SISTEMA SOCIAL ECONÓMICO POLÍTICO
  4. 4. TRAZOS MÁIS IMPORTANTES DO SISTEMA FEUDAL Desde o punto de vista.. Caracterízase por: Concrétase en: SOCIAL Organización social baseada en relacións de dependencia e fidelidade persoal. VASALAXE SERVIDUME SOCIEDADE ESTAMENTAL ECONÓMICO Sistema económico baseado nas relacións de produción entre o propietario da terra, o señor, e quen a traballa, o campesiño, nun contexto de predominio da economía agraria. FEUDO/SEÑORÍO (unidade de produción) Señorío territorial POLÍTICO Debilidade dun poder político central fronte a unha nobreza laica e eclesiástica poderosa. Rei= “primus inter pares” MONARQUÍA FEUDAL Curia rexia RELIXIOSO Fonte de lexitimación do sistema feudal. Cerimonia de coroación. Vida regulada pola Igrexa.
  5. 5. COMENTARIO DE IMAXES: 1 2 3 4 5 6
  6. 6. 1. 2 Onde se orixina e por que? a. Antecedentes: - A crise obrigou a amplos sectores da poboación a pedir protección aos grandes propietarios rurais por medio da encomenda. - Primeiro Carlos Martel, co obxectivo de conter a expansión musulmá, crea unha potente cabalería formada por homes libres (vassi) ós que se lle outorgaba un beneficium (terras ou cargos) a cambio do seu servizo militar e fidelidade persoal. -Posteriormente, Carlomagno, fomentará o vasalaxe entre a alta nobreza e magnates locais coa finalidade de crear unha complexa rede de relacións persoais baixo os principios de fidelidade e protección (p. 19) Vasalaxe na época carolinxia A crise do século V
  7. 7. 1. 2 Onde se orixina e por que? b. Consolidación: 1. A fragmentación do imperio carolinxio (tratado de Verdún, 843). 2. Segundas invasións nos século IX e X (viquingos, musulmáns e húngaros). 3. Os monarcas non tiña medios suficientes para protexer a poboación e a nobreza aproveita esta situación para reforzar o seu poder (os cargos e os feudos pasan a ser hereditarios). 4. Castelos e mosteiros convértense en lugares de refuxio para o campesiñado que vían nos señores (nobres ou eclesiásticos) a única forza con capacidade militar para protexelos. Inseguridade, crise e pobreza Provocan Provocan A concentración de terra en nobres, abades e bispos. Refórzanse as relacións de fidelidade persoal: vasalaxe e a servidume.
  8. 8. COMENTARIO MAPA HISTÓRICO: 1. Marco cronolóxico e espacial: -Que proceso histórico se representa no seguinte mapa? -Onde e cando transcorreu? 2. Análise: -Que pobos ameazaban a seguridade de Europa? -Que territorios atacaban cada un destes pobos e como se representan os ataques no mapa? 3. Implicacións: -Que relación podes establecer entre as segundas invasións e o feudalismo?
  9. 9. ESTAMENTAL 3 ORDES Bellatores (Nobreza) Oratores (Clero) Laboratores (Campesiños e artesáns) Organizada en: Era RELACIÓNS DE DEPENDENCIA 1. Vasalaxe 2. Servidume Unida por: Diferentes segundo o estamento: 2. A SOCIEDADE FEUDAL:
  10. 10. “ (….) Guerreiros son os que gardan os nosos burgos e tamén a nosa terra, loitando con armas contra exércitos que se nos aproximen. Clérigos son os que rezan a Deus por nós e promoven o cristianismo entre os pobos cristiáns, ao servizo de Deus como traballo espiritual, dedicados só a iso para beneficio de todos nós. (….) Campesiños son os que proporcionan alimentos, labradores e granxeiros dedicados a iso” Aelfric, arcebispo de Canterbury Coloquio, 1005.
  11. 11. 2.1 Relacións de dependencia a) vasalaxe ACTO DE VASALAXE: -Cerimonia solemne á que acudían familiares e parentes. -Constaba de dúas partes: 1. Homenaxe: o vasalo axeonllado, introducía as súas mans nas do señor aceptando ser o seu vasalo. Xuráballe fidelidade, comprometéndose a non prexudicalo e prestarlle axuda económica, miliar e consello. 2. Investidura: o señor entregáballe ao seu novo vasalo un símbolo do beneficio que lle concedía (un puñado de terra, unha vara, un anel ou no caso dos bispos, un báculo). Na maioría dos casos o beneficio era un feudo. É dicir, unha grande extensión de terra que aseguraba o sustento do vasalo e o dereito de gobernala. 🡪A vasalaxe establecíase entre o señor (que podía ser un rei ou un gran nobre ou eclesiástico) e o vasalo, xeralmente outro nobre de inferior categoría (exemplo Rodrigo páx. 54).
  12. 12. 2.1 Relacións de dependencia b) servidume 🡪 Establecíase entre o campesiñado e os señores. O señor dáballes aos campesiños protección, xustiza e permiso para traballar a terra. A cambio o campesiño estaba obrigado a traballar a reserva señorial, entregarlle unha parte da súa colleita e pagar os dereitos señoriais.
  13. 13. ESTAMENTO FUNCIÓNS TIPOLOXIA NOBREZA -A vida dos varóns nobres xiraba arredor da actividade militar. En tempos de guerra prestábanlle axuda militar ao señor coas súas tropas (mesnadas). En tempos de paz adestrábanse para a guerra practicando a equitación, a caza e o combate en torneos e xustas. -Actividade militar que compaxinan coa xestión do seu feudo ou señorío: reciben vasalos, imparten xustiza e recadan tributos e alimentos entre o campesiñado (rendas) cos que manteñen o castelo e custean armamento e cabalos. -Alta nobreza: vasalos directos do rei como os duques, condes, marqueses e baróns. -Baixa nobreza: nobres de menor rango, fidalgos, cabaleiros, persoas que podían manter un cabalo e o armamento de guerra. 2.2 Orde estamental
  14. 14. 1. CASTELO DE VIMIANZO 2. CASTELO DE SOUTOMAIOR 4. CASTELO DE MONTERREI (*) 3. CASTELO DE SOBROSO
  15. 15. ESTAMENTO FUNCIÓNS TIPOLOXÍA CAMPESIÑOS -Constituían a maioría da poboación medieval (90%). -Os campesiños eran os encargados de cultivar a terra e coidar o gando. -As tarefas agrarias e outras actividades complementarias realizábanse coa participación de toda a familia: Os homes: realizaban labores que requiriran maior forza física (arar, segar ou talar árbores). Algúns tamén desempeñaban certos oficios (carpinteiros, albaneis, ferreiros). As mulleres: compatibilizaban as tarefas agrarias (sementeira, colleita e vendima) coas domésticas. Os nenos: codaban aos animais e apañaban leña. -Campesiños libres: propietarios da súa terra (alodios) e non estaban suxeitos a un señor. Podían dispoñer libremente de si mesmos (casar, abandonar o feudo, dedicarse a un oficio,…) -Servos: traballaban a terra dun señor e non tiñan liberdade persoal. Non podían abandonar as terras, nin casar, nin deixar herdanzas sen permiso do señor. Non obstante, o señor, que lles debía protección e xustiza, non podía golpealos, matalos ou vendelos como escravos.
  16. 16. ACTIVIDADE: Observa a seguinte lista de actividades desenvolvidas polo campesiño medieval e identifica cales pertencerían ao señorío territorial e cales ao xurisdicional: 1. Axudar ao mantemento do castelo e aos servizos do feudo. 2. Satisfacer multas xudiciais. 3. Pagar pontazgos, dereitos de caza e pesca…. 4. Obedecer as ordes do señor e acatar a xustiza. 5. Prestacións en traballo na reserva do señor. 6. Pagar os censos e as primicias.
  17. 17. ECONOMÍA: Como era a vida dos campesiños? - O centro da actividade económica eran os FEUDOS OU SEÑORÍOS que constaban de dúas partes: RESERVA SEÑORIAL DOMINIO MANSOS DEFINICIÓNS: Estaba formada polas mellores terras, que o señor se reservaba para a súa explotación directa. Pequenas parcelas outorgadas ou arrendadas polo señor aos campesiños a cambio do pagamento dunhas rendas. DISPUÑAN DE: O Castelo ou casa señorial (ou o mosteiro no caso dun señorío eclesiástico) A aldea que era construía en terreos gañados ao bosque. COMPARTÍAN: -Prados con pasto para o gando. -Bosques onde cazar, obter leña e abundantes froitos. -Ríos onde pescar e aprovisionarse de auga. Páx. 60 do libro.
  18. 18. ARTESANÍA E MANUFACTURAS AGRICULTURA -As distintas manufacturas empregadas no día a día, eran fabricadas nos talleres do señorío (ferrería, carpintería,…). -Algunhas instalacións eran propiedade do señor e cobraba impostos (monopolios) aos campesiños polo seu uso (muíño, lagar, forno, ponte, prensa de viño.) -Cultivaban principalmente cereais, legumes, vide e oliveira. -Gandería. -Ferramentas rudimentarias (arado romano) -Escasa difusión do roda hidráulica. -Predominio da ROTACIÓN BIENAL. ECONOMÍA DE SUBSISTENCIA: destinada ao autoconsumo baixos rendementos e poucos excedente, polo que o comercio era reducido pero: 1. Eran habituais os vendedores ambulantes que se desprazaban entre os señoríos. 2. Importancia dos mercados locais e rexionais (ferro e sal). 3. Mantense o comercio de longa distancia entre a cristiandade occidental e os musulmáns. - Os señoríos eran autosuficientes, neles realizábanse as tarefas agrarias e fabricábanse todos os artigos necesarios para a vida cotiá:
  19. 19. ESTAMENTO FUNCIÓNS TIPOLOXÍA CLERO -No económico: posuían grandes feudos e recibían doazóns. Tamén tiñan dereito á décima parte de todas as colleitas (décimo). -No político: coroaban, aconsellaban e arbitraban nas disputas dos reis. -No social: regulaban a vida das persoas (cerimonias, festiviades e obrigas relixiosas). Realizaban labor social (asistencia a pobres, hospitais e escolas) -No terreo cultural: era o depositario da cultura (nos mosteiros había escolas e bibliotecas onde se recompilaba o saber). 🡪 ARTE ROMÁNICA -Segundo destino e dedicación: a) Clero secular (cardeais, bispos, e párrocos): vivían entre os laicos. b) Clero regular (frades, monxes e monxas): vivían en comunidade nunha orde relixiosa dentro dun mosteiro (campo) ou convento (cidades) baixo a autoridade dun abade ou abadesa. - Segundo o nivel de vida: a) Alto clero (cardeais, bispos e abades/a). b) Baixo clero (párrocos, monxes/as e frades)
  20. 20. A vida monástica tivo unha gran importancia na Idade Media: Os mosteiros construíanse no campo e incluían diferentes partes destinadas a cada función: relixiosa (igrexa); económica (horta, corte, lagar,..); social (hospedaxe, enfermería,…); cultural (biblioteca, scriptorium, escola,…) e residencial (celas dos monxes, refectorio, claustro,..). Os mosteiros estaban habitados por ordes monásticas, que podían ser de homes ou mulleres. Estaban sometidos a unha REGRA (conxunto de normas que regulan a vida no mosteiro). Unha das ordes medievais máis importantes foi a dos Beneditinos (fundada no s. VI por San Bieito de Nursia, rexíanse polo principio de “ora et labora”). -No cultural: dispuñan de escolas e bibliotecas. Os monxes desenvolvían unha importante labor copiando sobre pergamiños obras da Antigüidade e novos tratados relixiosos, filosóficos ou científicos que ilustraban con miniaturas. -No económico: administraban as terras do seu feudo/señorío, dispuñan de servos para traballar as terras e recibían rendas dos campesiños. Os abades comportábanse como señores feudais. AS ORDES MONÁSTICAS OS MOSTEIROS CULTURA E ECONOMÍA Páx. 96 do libro.
  21. 21. 1. Mosteiro de Armenteira (Pontevedra) 2. Mosteiro de Caaveiro (A Coruña) 3. Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil 4. Mosteiro de Carboeiro (Pontevedra)
  22. 22. A ARTE ROMÁNICA: o primeiro estilo europeo. Desenvolveuse durante a Plena Idade Media na Europa occidental, nos séculos XI e XII (progresos cristiandade europea: fin das segundas invasións, melloras na agricultura, crecemento da poboación e a vida urbana). 🡪 Febre construtora. O seu nome deriva da adaptación polo novo estilo de elementos da antiga arte romana (arco de medio punto). CARACTERÍSTICAS XERAIS: 1. FINALIDADE RELIXIOSA: as construcións e representacións tiñan como obxectivo exaltar a gloria de Deus e reforzar a fe dos crentes. 2. IMPORTANCIA DA ARQUITECTURA: Igrexas, catedrais e mosteiros foron as máximas expresións da arte románica. 3. DIFÚNDESE POR TODA EUROPA: grazas a que: (1) a orde beneditina estende o novo estilo na construción dos seus mosteiros (casa nai= Cluny, Francia); (2) o fenómeno das cruzadas e as peregrinacións fomentaron a construción de numerosas igrexas; e (3) a existencia de mestres canteiros que dirixían cuadrillas de traballo (cuadrillas volantes) que viaxaban polo territorio europeo ofrecendo os seus servizos. Páx. 92 do libro.
  23. 23. Arquitectura: características 1. A igrexa era o edificio principal. 3. Muros anchos con poucas ventás 6. Sucesión de arcos de medio punto. 5. Interiores reforzados a base de columnas e piares. 7. A portada = entrada Xerusalén celestial. 2. Adoitaba a ter a planta de cruz latina (símbolo da morte de Xesucristo). 4. Grandes bóvedas de pedra (canón e de aresta)reforzadas con arcos faixóns.
  24. 24. ACTIVIDADE: Analiza o alzado da igrexa de San Martín de Frómista (s. XI, Palencia)
  25. 25. Escultura e pintura: características 1. Pintura e escultura estaban subordinadas ao marco arquitectónico (“Lei do marco”) 2. Figuras ríxidas e impasibles (hieratismo). 3. Destinadas a ensinar a doutrina cristiá (didácticas). Pórtico da igrexa da abadia de San Pedro de Moissac (Francia, S. XII) Planas, sen profundidade. Liñas grosas Horror vacui Ordenación xerárquica Frescos da cripta de San Isidoro de León.(S. XII)
  26. 26. ACTIVIDADE POR PARELLAS: Imaxinade que sodes un grupo de peregrinos que chegan a cidade de Compostela nas primeiras décadas do século XIII, a catedral de Santiago xa está rematada. Axudándovos das imaxes do libro de texto (páx. 104-105) elaborade un relato explicando o voso percorrido pola catedral (citar elementos característicos da arquitectura románica: portada, tipo de planta, numero de naves, arcos e bóvedas, transepto, ciborio, …)

×