O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca un concurso consistente no deseño
dunha campaña de promoción da lingua galega no instituto que implique a todos os sectores
da comunidade educativa (alumnado, profesorado, persoal non docente, familias, …) de
acordo coas seguintes
BASES
• CONTIDO. Deberá incluír dous aspectos:
-Un slogan ou mensaxe publicitaria que recolla a idea de empregar a lingua galega nas
diversas situacións comunicativas (actividades lectivas, extraescolares, tempo de lecer, etc.)
-Unha imaxe (foto, debuxo, colaxe…) que ilustre a mensaxe.
• FORMATO. Pode escollerse entre:
a) Formato papel: cartolina tamaño A-4.
b) Formato dixital: imaxe en calquera formato compatible (jpeg, gif…)
• PRAZO
O prazo de entrega remata o día 11 de maio de 2012
• ENTREGA DOS ORIXINAIS
a) En formato papel: Introducir os orixinais nun sobre e entregalos na oficina. O nome
do autor/a estará escrito na parte posterior da cartolina.
b) En formato dixital. O arquivo enviarase ao seguinte enderezo:
edl.aslagoas@gmail.com. O nome do autor/a figurará no “asunto” do correo
(Asunto: slogan-NOME E APELIDOS)
• PREMIOS
Todos os traballos entregados serán expostos nos corredores do centro e serán difundidos a
través do blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega:
http://maisgalego.blogspot.com
O xurado valorará a calidade do slogan e o aspecto estético resultante da combinación de
texto e imaxe.
O premio consistirá na reprodución e distribución do texto e nun vale de compra por
importe de 50 €.
EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGUA GALEGA
http://maisgalego.blogspot.com