Oscatrodiscusos

72 visualizações

Publicada em

Conferencia de Manuel Fernández Blanco en Vigo, año 2011, sobre los Cuatro discursos de Lacan

Publicada em: Ciências
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
72
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
3
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
0
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Oscatrodiscusos

  1. 1. Conferencia de Manuel Fernández Blanco. 1/Marzo/2011. Vigo. Os catro discursos e o discurso do capitalista. Lacan e a filosofía política. Non hai ningunha realidade que non sexa do discurso. Non hai un acceso directo á realidade. Todos os feitos son ditos. A excepción sería o trauma. Para Hegel a palabra é a morte da cousa, a realidade é unha realidade simbólica. Isto supón un achegamento a Niestzsche que afirma que non hai feitos senón interpretacións. O trauma é unha excepción: esta experiencia non se deixa dixerir no discurso, por iso se repite. Ten a persoa pesadelos de repetición ou pensamentos intrusivos. O soño intenta capturar nas redes do simbólico algo que non se deixa dixerir. Todos os feitos son feitos da linguaxe. Non hai lazo social fóra do discurso. O psicótico está fóra do lazo social. O débil mental flota entre discursos. Débil mental alude aquí a unha posición discursiva: aquel que acepta os enunciados do outro sen cuestionar o que di. É unha forma de puerilidade. As referencias de Lacan aos tipos de discurso atopánse no Seminario XVII O reverso da psicanálise. Tamén no seminario XVIII: Dun discurso que non fose semblante. Tamén no libro que recolle as súas entrevistas para radio e televisión. Para entender como constrúe os discursos hai que partir de catros posicións ou lugares: Axente/Verdade Outro/ Produto Neses catro lugares xiran catro termos: tres significantes y un que non o é (Suxeito $). S1 : Significante do Amo. S2: Significante do saber a: objet petit a (Obxecto plus de goce) Hai un goce da palabra: non falamos para comunicar senón para gozar. O discurso é un medio de goce. Parte imaxinaria do Complexo de Edipo: medo á castración. Polo simple feito de falar se introduce a castración. Se o suxeito entra no rexistro da castración necesita un plus de goce: o obxecto a. Exemplo do film Último Tango en París. Cando se relacionan sexualmente os protagonistas non contan nada das súas vidas, só teñen sexo. Pero nun determinado momento Jeanne lle pregunta a Paul pola súa vida. El ponse a gruñir porque ela racha o pacto de silencio. Por falar non se pode chegar a un goce total, a un goce real. [$ ◊ a] O suxeito procura un complemento á perda de goce. ‘a’ é un obxecto particular de cada un. Ten que ver como na súa vida a persoa encontrou o seu goce. É o que se busca reeditar en cada compañeira ou parella. Nas fantasías masturbatorias ponse en xogo ese plus de goce. Ese obxecto a plus de goce nunca compensa a perda que supón a castración. O suxeito da psicanálise se define pola súa falta de ser e de goce. O suxeito padece da falta de ser. Ese suxeito non é o Eu. Este Eu é a ilusión da completude. O Eu se forma no estadio do espello. O neno non te unha idea de unidade. A visión da súa imaxe no espello é unha unidade por anticipación. Está máis preto da imaxe de falta de completude. Esa imaxe é o Eu Ideal: imaxe que me faría amable aos ollos do Ideal do Eu. Teño que estar de acordo co meu ideal (Eu Ideal). Pero é unha 1
  2. 2. unidade precaria, cando se racha aparece a angustia. Os ideais escravizan: nunca se é suficientemente ideal. Exemplo de Greta Garbo: ideal de beleza. O suxeito non é o Eu nin a conciencia, senón o que esa imaxe oculta. A gran subversión: o suxeito non fala senón que é falado pola linguaxe, polo inconsciente. O Eu non é o amo da súa propia casa. O inconsciente está vinculado á repetición. O suxeito é monógamo. O objet petit a, sen rasgo, non é o seu compañeiro. O suxeito está representado na linguaxe. O suxeito é o reprimido no discurso e aparece na súa representación (S1) Discurso do Amo: S1 --------------> S2 O éxito do Amo é que todo puidera ser dominado ------- ------ $ a polo significante. Na educación: que todo fose educable. Educación que xerase a un home novo. Non hai educación sen resto, non é capaz de absorber a pulsión e a agresividade e convertela en cultural. Pasar todo o goce ao discurso. O ser da o goce, non o sentido. Por iso Paul (M. Brando) no Último tango gruñe para non falar. O amo intenta tratar a falta de ser pola vía das identificacións. A suma de todas as identificacións nunca da o ser. Unha metonimia infinita. Hai que elixir entre o ser e o sentido. Elixir o sentido implica que o ser se perde. Tratar a castración polo discurso: hai un resto de goce que o suxeito nunca pasa á cultura. Adoita ser un goce que vai en contra do ideal do suxeito. O discurso do Amo é o intento de tratar o goce pola identificación co significante. $ ◊ a Está sempre no lugar do reprimido, é a formula da pantasma. Formas do discurso: hai tantas como como formas do lazo social. O discurso do histérico. $ -----------> S1 Freud estuda as histéricas que portaban síntomas como diversos tipos de _____ _____ parálises . A histérica presenta o seu sufrimento ao amo pedíndolle que lle a // S2 dea un saber sobre o que causa o seu sufrimento. O discurso histérico fai impotente ao amo. Implica unha trampa: que o outro dea explicación do que é a causa da súa propia división. A dobre barra impide a circularidade: importante no discurso capitalista. O discurso universitario. S2 ---------> a A súa verdade está determinada polo amo: o serven sen sabelo. O goce ------- -------- non é asimilable. Nesta fórmula a representa o fracaso do discurso do amo. S1 // $ 2
  3. 3. O discurso analítico. a ---------> $ O axente do discurso analítico é o obxecto que é a causa da división --------- ------ subxectiva. O que se pon a traballar é a propia división do suxeito. O S2 // S1 suxeito quere ser un Eu. O que opón é o traballo. O síntoma divide ao suxeito: algo que non quería facer e o fago. Provoca a división porque pode máis que as miñas intencións conscientes. No lugar da verdade está o saber pero é o saber inconsciente. O significante do amo [S1] do inconsciente do suxeito aparece ligado a un goce particular (frecha que marca a relación con a ). O saber [S2] está no lugar da verdade e resulta pola frecha significante do suxeito [$]. O reverso do Discurso do Amo é o Discurso analítico. O reverso do Discurso Histérico é o Discurso Universitario. O Discurso do Analista revela o reprimido polo Discurso do Amo. Lacan no Seminario XVIII (1970-71) vai avanzar algo que formalizará en Milán. Jacques-Alain Miller na ponencia “Unha fantasía”(2004) falará do discurso contemporáneo. O competidor da psicanálise é o discurso hipermoderno. Entroniza o obxecto de goce a sen o velo do semblante. O que estaba vedado se fai público. O obxecto de goce a faise público. O goce se paga e tamén se paga a identificación. Lacan afirma que non hai semblante de discurso porque non hai discurso que non sexa do semblante. O semblante da natureza sería único. Nos límites do discurso, cando este se esgota, temos a pasaxe ao acto. Son as patoloxías do pensamento nas que se atopan as clásicas como as neuroses obsesivas, horror por pensar determinadas cousas. No caso das histéricas o corpo fala. Se o Discurso do Amo decae, decae tamén a represión. I/a: Ideal que reprime un desexo: resultado un síntoma. Se o rexistro do semblante decae entón decae: directa ao obxecto, do acto, non do pensamento. Patoloxías da relación como toxicomanías, bulimias.. No límite do semblante. Tamén temos as patoloxías do consumo: todo se torna aditivo. É a patoloxía do acto. A falización do goce: o goce fálico é o goce que se fai discurso, que pasa á contabilidade, ao semblante. A muller está mellor situada no semblante. Que é o semblante? A realidade do suxeito é un relato, unha interpretación simbólica. Todo acceso ao real é simbolización. O real é inquietante sen o velo do discurso. ‘Somos débiles mentais do real’. O pensamento é unha semblantización do real. A ganancia da psicanálise: un maior achegamento ao real. O semblante minte polo real. No cinismo clásico se da un goce que non pasa polo vínculo social: é un goce autodestrutivo. O suxeito actual é un suxeito cínico, sabe que os semblantes son semblantes. Despreza a tradición, a transmisión simbólica: só adora a súa personalidade, o goce autoerótico e autodestrutivo. É como un escravo da pulsión non limitada. Sería como un goce da pulsión de morte. 3
  4. 4. A psicanálise é un saber que entende que aínda que os semblantes non son a verdade de cada un, son os que fan posible o lazo social, cedendo parte do seu propio goce. A segregación se impón. Lacan formaliza o discurso do capitalista na conferencia de Milán de 1972. No seminario XVIII só o presenta. Discurso do Amo Discurso do capitalista S1 --------------> S2 $ S2 ↑ ------ ------ ↓ ↓ ------- ------- ↓ $ // a S1 a No Discurso do Capitalista hai un discurso circular. Iníciase no suxeito ($) no lugar do axente e vai ao significante Amo. Vemos que o Suxeito ($) e o obxecto (a) acaban relacionados. No discurso do Amo [o suxeito] trata de falar a súa falta de ser polo significante: hai unha barreira e polo tanto non se reúne o suxeito co obxecto. É realmente un discurso o capitalista? Aquí non hai unha barreira de imposibilidade. Aquí xiran e hai un rexeitamento da castración, o caso do toxicómano, non sucedendo isto no discurso do Amo. O capitalista supón o rexeitamento da verdade do discurso. O suxeito aparece no lugar do axente, non no da verdade como no Discurso do Amo. O suxeito actual pretende comandar as súas propias identificacións. Decidir todo sobre si mesmo sen limitacións. Ten un afán de poder decidir en todo momento a que se identifica. Referencia ao movemento Queer. Así tamén hai un rexeitamento a todo tipo de clasificación racial, ideolóxica e sexual. Denuncia ao transexual. (?) O sexo é unha cuestión de momento. O suxeito que pretende comandar sobre as súas identificacións elixe os seus nomes. Lacan predeciu o fin da culpabilidade. Así a verdade é a miña verdade, que non son feitos senón interpretacións: cinismo contemporáneo. Toda ética é valida. Suxeito do narcisismo. Este suxeito ($) opera sobre os significantes que están no lugar da verdade. O suxeito se reúne co obxecto do goce. O Super-Eu é o imperativo a ir máis alá do principio do pracer. No lugar da interdición se instala o impulso a transgredir. O Super-Eu moderno é o imperativo do goce. Isto fai envellecer o discurso de Freud no seu libro O malestar na cultura. A fórmula da pantasma é a vertente simbólica: a escena do pracer. A relación do suxeito ao obxecto ($ ◊ a) so se satisfai a través da pantasma. O acceso á realidade é o acceso á pantasma. Hai un goce real e da acceso á pantasma. O Discurso do Amo é civilizador xa que non todo é posible. Fundaméntase na castración. No discurso capitalista vemos que non sostén a realidade na pantasma (o que se ocultaba). Agora a relación coa verdade deixou lugar ao goce. O neurótico soña co que o perverso realiza. No capitalismo hai obxecto na realidade, non na fantasía. Lacan en 1972 di que facer a revolución era volver ao punto de partida. Onde se fai forte o Amo e na revolución xa que é cando aparece un novo Amo. O discurso do Amo introduce o significante Amo (S1) coa súa articulación ao campo do saber. Jacques-Alain Miller no seu escrito ‘Intuicións Milanesas’ di que non hai un significante Amo único. O Discurso do Amo é o valor do exame. Promóvese o Suxeito ($) sen punto de referencia. A verdade 4
  5. 5. sería inherente ao discurso: prodúcese na articulación do discurso. A verdade é un lugar que varía. Calquera significante pode ocupar o ‘nome do pai’. Politeísmo da función do ‘nome do pai’. Non todo goce pasa ao inconsciente. Apuntes do coloquio ao remate da conferencia. Cuestión da educación. Esta podería ser liberadora. Freud defendeu teorías preventivas en canto a ilustración sexual do neno. Na súa obra ‘Máis alá do principio do pracer’ (1920) afirma que o pracer está máis alá do propio pracer e fala da pulsión de morte. Substituímos o ideal pola función. Suxeitos que se van adaptando mellor a súa propia vida: suxeitos metonímicos. Pode producir angustia estar baixo o deber de ser feliz. E se non é feliz a persoa síntese culpable por ser infeliz. Lacan distingue entre desexo e goce. O desexo inclúe a castración. Existen dúas formas de ler o ‘obxecto a’: na primeira a é o obxecto causa do desexo. Está relacionado coa falta que nos fai desexar. Non hai desexo sen castración. A segunda maneira é entender o ‘obxecto a’ como que o goce é unha aspiración a unha satisfacción absoluta. Sempre está chamando ao máis alá e iso é a pulsión de morte. Exemplo desta distinción. O principio do pracer levaría a beber un vaso de viño mentres que o goce levaría a beber a botella enteira. O desexo se alimenta da falta. O exceso de obxectos mata ao desexo. A falta é algo que empuxa (non é pasar fame). O desexo se relaciona coa satisfacción non completa. Relación do desexo e a estrutura do soño. O desexo ten que ver coa estrutura do soño. O soño é a realización dun desexo. En xeral non se realiza o desexo, non acaba de consumarse. A realización do desexo é que non se realice o desexo porque senón desaparece. Por iso no soño se realiza o desexo de desexar: desexo de ser desexante. Lacan no Seminario VII sobre a Ética na psicanálise refírese ao imperativo de non ceder ao desexo. A ética basease en non ceder ao desexo. O individuo séntese culpable de traizoar ao seu desexo. A culpa é de traizoarse a si mesmo. Exemplo. Casarse por diñeiro. Cando hai traizón ao desexo hai culpa. Lacan liga a Sade con Kant. Para Kant o sacrificio é a raíz da ética. Kant dí que é ético o sacrificio sempre e cando non se dea unha satisfacción no mesmo. A dimensión do pathos. Lacan relaciona a Kant cunha especie de goce no sacrificio e aí é onde entraría a figura de Sade en Kant. Para Lacan seguir o desexo implica negar un goce. O psicanalista debe ser cidadán: non debe reservarse a súa opinión. [Posición de Jacques-Alain Miller segundo Zizek na súa obra A suspensión política da ética.] 5
  6. 6. 6

×