2. Hai pouco oín dicir que acaba de abrir unha tenda nova: a "Tenda de Homes". Cando as mulleres van escoller un home, teñen de seguir as instrucións que indican na entrada:
3.
4. Hai 6 andares e o valor dos homes incrementa cando van subindo.
5. Poden escoller home en calquera andar ou continuar a subir para os seguintes.
7. Despois de lle falaren da apertura da Tenda de Homes, unha muller vai para aló co obxectivo de encontrar un.
8. No primeiro andar, o cartaz da porta di: Primeiro Andar: Estes homes teñen traballo.
9. O cartaz do segundo andar di: Segundo Andar: Estes homes teñen traballo e son neneiros.
10. No cartaz do terceiro andar pódese ler: Terceiro Andar: Estes homes teñen traballo, son neneiros e mais guapísimos.
11. Vaites! Pensa a muller, mais parécelle que debe continuar subindo. Chega ao cuarto andar e o cartaz di: Cuarto Andar: Estes homes teñen traballo, son neneiros, guapísimos e mais axudan nas tarefas da casa.
12. Mimá! -exclama- Case que non cho creo! Non obstante, malia todo, sobe ao quinto andar. No cartaz pon: Quinto Andar: Estes homes teñen traballo, son neneiros, guapísimos, axudan na casa e son super-románticos.
13. Sente a tentación de quedar, mais non pode resistir continuar subindo. Chega ao sexto andar e o cartaz di:
14. Sexto Andar: Es a visitante nº 31.456.012 deste andar. Neste andar non hai homes, só existe como proba de as mulleres seren imposíbeis de compracer. Grazas por visitares a Tenda de Homes.
16. Para evitar un conflito entre os sexos, o propietario da tenda abriu tamén unha "Tenda de Mulleres" xusto enfronte da outra. Isto échevos o que hai: