O slideshow foi denunciado.
Seu SlideShare está sendo baixado. ×
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
ADEUS ÁS ARMAS
Que foi do pacifismo?
QUE FOI DO PACIFISMO?
2
Primeira Edición: novembro 2022
ISBN: 978-84-09-46493-7
Depósito Legal: C 1946‑2022
Impreso en Com...
ADEUS ÁS ARMAS
3
VARIOS AUTORES
Prólogo_Federico Mayor Zaragoza
Jordi Armadans_Manuel Barbeitos_Ana Barrero_José
Antonio B...
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Anúncio
Próximos SlideShares
Manifiesto
Manifiesto
Carregando em…3
×

Confira estes a seguir

1 de 128 Anúncio

Mais Conteúdo rRelacionado

Mais de Antonio Gregorio Montes (20)

Mais recentes (20)

Anúncio

Adeus as armas

  1. 1. ADEUS ÁS ARMAS Que foi do pacifismo?
  2. 2. QUE FOI DO PACIFISMO? 2 Primeira Edición: novembro 2022 ISBN: 978-84-09-46493-7 Depósito Legal: C 1946‑2022 Impreso en Compostela por Tórculo Edición: Xoán Hermida e Patricia de la Fuente Coordinación: Manuel Dios Autores/as Prólogo_Federico Mayor Zaragoza Jordi Armadans Manuel Barbeitos Ana Barrero José Antonio Binaburu Irene Comins Manuel Dios Diz Jonan Fernández Lourenzo Fernández Prieto Tica Font Emilio Grandío Rafael Grasa Xoán Hermida González Joám Lópes Facal Carmen Magallón Karen Marón Manuela Mesa María Oianguren Pere Ortega José Manuel Pureza Guillermo Solarte ADEUS ÁS ARMAS: QUE FOI DO PACIFISMO? encóntrase baixo unha Licenza Creative Commons: Recoñecemento-SenObraDerivada (by- nd): http://creativecommons.org/licenses/by-nd/3.0/deed.gl
  3. 3. ADEUS ÁS ARMAS 3 VARIOS AUTORES Prólogo_Federico Mayor Zaragoza Jordi Armadans_Manuel Barbeitos_Ana Barrero_José Antonio Binaburu_Irene Comins_Manuel Dios Diz (Coord.)_Jonan Fernández_Lourenzo Fernández Prieto_Tica Font_Emilio Grandío_Rafael Grasa_Xoán Hermida_Joám Lópes Facal_Carmen Magallón_Karen Marón_Manuela Mesa_María Oianguren_Pere Ortega_José Manuel Pureza_Guillermo Solarte ADEUS ÁS ARMAS Que foi do pacifismo?
  4. 4. QUE FOI DO PACIFISMO? 4
  5. 5. ADEUS ÁS ARMAS 5
  6. 6. QUE FOI DO PACIFISMO? 6
  7. 7. ADEUS ÁS ARMAS 7 INDICE.- A modo de presentación_Manuel Dios_11 Prólogo_Federico Mayor Zaragoza_13 O pacifismo sempre estivo aí_Jordi Armadans_23 Corren malos tempos para o pacifismo_Manuel Barbeitos_27 Que foi do pacifismo?_Ana Barrero_31 O pacifismo na escola_José Antonio Binaburu_35 E que foi do pacifismo?_Irene Comins_41 E logo, que foi do pacifismo?_Manuel Dios Diz (Coord.)_47 Buscar a resposta fóra das zonas de confort_Jonan Fernández_51 Ulo pacifismo?_Lourenzo Fernández Prieto_57 Que foi e que é do pacifismo?_Tica Font_61 Onde quedou o pacifismo_Emilio Grandío_65 A balea está e opera, aínda que estea mergullada, pero non medra_Rafael Grasa_73 20 anos do nacemento da cidadanía global: Non a Guerra!_Xoán Hermida_77
  8. 8. QUE FOI DO PACIFISMO? 8 O pacifismo desafiado_Joám Lópes Facal_85 Facer posible o necesario: o pacifismo_Carmen Magallón_91 Que foi do pacifismo na era da pos-verdade_Karen Marón_97 Que foi do pacifismo?_Manuela Mesa_107 Que foi do pacifismo?_María Oianguren_113 Os camiños para facer as paces_Pere Ortega_117 Quatro desafios para o movimento pacifista no nosso tempo_José Manuel Pureza_121 Pacifistas sen fronteiras_Guillermo Solarte_125
  9. 9. ADEUS ÁS ARMAS 9
  10. 10. QUE FOI DO PACIFISMO? 10
  11. 11. ADEUS ÁS ARMAS 11 A modo de presentación Hai un tempo, antes do verán, chamoume o amigo Xulio Ríos para pedirme un artigo ou unha conversa co profesor Mayor Zaragoza, presidente da Fundación Cultura de Paz, para un número da revista Tempos Novos, o 304. Quería unha reflexión que dera resposta, si fose posible, a unha pregunta simple, tan actual como pertinente: Que foi do pacifismo?. Levaba eu semanas cavilando sobre algo parecido, non tanto un artigo, ou unhas conversas, senón un libro colectivo, con persoas coas que coincidín durante os anos nos que tiven a honra de presidir a Asociación Española de Educación e de Investigación para a Paz (AIPAZ) que agora dirixe a amiga Ana Barrero, compañeira tamén durante varios anos na Fundación Cultura de Paz. Certamente, responder á citada pregunta, non é fácil, nin tan sequera para persoas que teñen dedicado a súa vida ao pacifismo ou ao movemento pola paz, aquí, no Estado ou no ámbito internacional. Na súa gran maioría son voces que escoitamos con dificultade, que non gozan de altofalantes mediáticos recoñecidos, móvense moito mellor no mundo académico ou nas súas respectivas organizacións concretas, publican, é verdade, están nas redes sociais, pero con algunha excepción moi meritoria, as súas miradas son bastante descoñecidas para o gran público, cando non incómodas para os poderes establecidos, sen necesidade de entrar en maior concreción. Púxenme en contacto con elas e debo recoñecer que a súa resposta, amplísima maioría, foi inmediata e positiva, con algunha queixa, certamente razoable, polo pouco tempo para entregar as reflexións. Non están todas as opinións demandadas pero si a gran maioría. Todas elas teñen, desde a miña perspectiva, enorme interese. Son, como dixen, miradas incómodas en tempos nos que manifestar publicamente discrepancia, optar pola paz e o entendemento, polo diálogo e a solución pacífica dos conflitos, non está precisamente de moda ou o que é moito peor, significa
  12. 12. QUE FOI DO PACIFISMO? 12 convivir co sambenito ás costas de “cómplice” ou mesmo de “traidor”. Nada novo por outra parte. Sucedeu así noutras épocas e máis no fragor das batallas, cando traballan a tope as caldeiras poderosas (e moi interesadas) de produción de odio e onde a chamémoslle “internacional da bondade” parece achicarse diante do belicismo e da confrontación violenta. Non quero -nin debo- adiantar o contido das reflexións que veñen a continuación. Tan só agradecer a colaboración e o cariño mostrado polos amigos e amigas que, en tempos de tribulación, decidiron non calar e dar respostas, as posibles, a unha pregunta tan necesaria: Que foi do pacifismo? Ao profesor Mayor Zaragoza, en primeiro lugar, téñolle que agradecer a súa colaboración, sempre disposto, sempre xeneroso, sempre lúcido, desde a privilexiada atalaia da súa experiencia nacional e internacional, quen accedeu, sen pedir nada a cambio, a escribir un magnífico Prólogo para abrir boca a esta ampla e poliédrica reflexión colectiva. E por estrito orde de chegada das colaboracións, agradezo a Jonan Fernández, Jordi Armadans, José Antonio Binaburu, Emilio Grandío, Pere Ortega, Guillermo Solarte, Tica Font, Carmen Magallón, Rafael Grasa, Karen Marón, Manoel Barbeitos, Manuela Mesa, Irene Comíns, María Oianguren, Joám Lópes Facal, Lourenzo Fernández Prieto, José Manuel Pureza, Xoán Hermida e Ana Barrero a todas e todos eles o meu máis profundo agradecemento, en nome propio e, por suposto, no do Foro OBenComún. Moitas grazas. Manuel Dios Diz
  13. 13. ADEUS ÁS ARMAS 13 Prólogo En verdade queremos a paz que desexamos? Salam, shalom...e, de seguido, a intransixencia, o enfrontamento, a confrontación. “Se queres a paz, prepara a guerra” foi o adagio perverso que, para beneficio dos produtores de armamento, utilizou desde a orixe dos tempos o poder, que dispoñía como un suposto incuestionable, das vidas dos seus vasalos. E así ate estes turbulentos -pero esperanzadores- albores de século e de milenio, porque gañamos en conciencia global e en coñecemento profundo da realidade; porque a moderna tecnoloxía da comunicación permite a participación non presencial, o que fortalecerá a autenticidade democrática; e porque, moi relevante, a muller ampliará -en poucos anos- a magra porcentaxe de influencia que aínda ten hoxe en día a escala mundial na toma de decisións. E a conclusión, moi favorable, destes novos feitos e oportunidades será que a Humanidade tomará nas súas mans as rendas do seu destino e fará posible, por fin, o cumprimento do clarividente inicio da Carta das Nacións Unidas: “Nosoutros os pobos...”. Educada para o exercicio da forza, acostumada a acatar a lei do máis poderoso, máis adestrada no uso do músculo que da mente, a humanidade veuse arrastrada ás máis sanguentas confrontacións. No lugar da fraternidade, inimizade. O próximo, próximo ou distante, non aparece como irmán con quen compartirmos un destino común, senón como adversario, como o inimigo ao que debemos aniquilar. E así, a historia convértese nunha cadea interminable de enfrontamentos, ataques e represalias, de vencedores e vencidos, rancores e animadversión, de violencia física e espiritual. O gran mandamento, o amor, aprázase e postérgase unha e outra vez. En todos os saúdas invocamos a paz: “A paz
  14. 14. QUE FOI DO PACIFISMO? 14 sexa contigo”, “shalom”, “salam”...pero, acto seguido, prevalece a espada sobre a palabra, a man alzada sobre a man tendida. Hai, por fortuna, unha historia paralela invisible cos chanzos forxados día a día polo desprendemento, a xenerosidade, a creatividade, que son distintivas da especie humana. É unha densa urdime, incomparable, intransitoria, porque está feita coas vidas, ás veces fugaces, dos seres humanos, únicos, irrepetibles, dotados dunha misteriosa desmesura: a facultade de crear, de imaxinar, de saber, de prever. Cada criatura humana, a nosa esperanza. Se queres a paz, axuda a construíla cada día. A paz como comportamento cotiá. Favorecer a transición desde unha cultura da forza e da imposición a unha cultura do diálogo, entendemento, e paz. “Non hai camiños para a paz; a paz é o camiño” lembrounos o Mahatma Gandhi. Un camiño guiado por principios e valores. Pola xustiza en primeiro lugar. A paz é, á súa vez, condición e resultado, semente e froito. É necesario identificar as causas dos conflitos para poder previlos. Evitar é a maior vitoria. Por iso, é indispensable dispoñer dunhas Nacións Unidas que, cos axeitados recursos humanos e materiais, poida levar a cabo a misión que se lle encomendou en San Francisco en 1945: “Nosoutros os pobos, temos decidido evitar aos nosos descendentes o horror da guerra”. Coñecer para prever, prever para previr. Fronte das insoportables asimetrías económicas e sociais, á pobreza e á exclusión, á inxustiza e á humillación, son imprescindibles a solidariedade e a dedicación dos cidadáns do mundo, que hoxe, máis que nunca no pasado, necesita que participen activamente na busca e invención dos novos rumbos que son tan apremiantes nestes sombríos albores do século XXI. Escuros horizontes porque se pretende substituír a todos os pobos por uns cantos, o pluralismo pola hexemonía, aplicando os
  15. 15. ADEUS ÁS ARMAS 15 máis espectaculares avances do progreso en favor da dominación e da calidade de vida dun só barrio da aldea global, no que habita – ricos en medios materiais e en saberes, pero non en sabedoría- tan só o 17% dos poboadores da terra. O mellor antídoto, a educación. A educación que libera, que confire esta “soberanía persoal” que permite a cada persoa dirixir con sentido a súa propia vida, que elabora as súas propias respostas e non actúa ó ditado do inmenso poder mediático que hoxe uniformiza e gregariza tantas conductas. Educación para non gardar silencio, para esixir unha gobernanza guiada por valores universais e non polas veleidades do mercado. Que ninguén espere a paz se non axuda a corrixir as causas da guerra, se non contribúe, as mans e as voces unidas, a proclamar a radical igualdade e dignidade de tódolos seres humanos, segundo establece o artigo 1º da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. En 1942, o Ministro de Educación inglés, R. Butler pensa, cando as bombas están a caer sobre Londres, que só a educación poderá no sucesivo evitar a barbarie, as prácticas máis abominables de exterminio que a guerra leva consigo. Será necesario “construír na mente dos homes os baluartes da paz”. Rematada a guerra, en 1945, nace en Londres, con esa misión, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO. Paz baseada “na ampla difusión da cultura e da educación da humanidade para a xustiza, a liberdade... e na solidariedade intelectual e moral”. Paz baseada na “libre circulación das ideas pola palabra e a imaxe”. Convivencia global só alcanzada se vivimos “guiados por principios democráticos” como establece o preámbulo da Acta Constitutiva da UNESCO. Agora, cando resulta urxente aplicar o deber de memoria e a memoria do deber para cumprir, antes de que sexa demasiado tarde, as nosas responsabilidades interxeracionais, o primeiro paso para substituír a gobernanza plutocrática supremacista por
  16. 16. QUE FOI DO PACIFISMO? 16 un multilateralismo dilixente, é preciso adoptar unha Declaración Universal da Democracia que constituiría, a todos os niveis e ámbitos, o principio da nova era. “Quen senón todos...?, reza o verso do xenial Miquel Martí i Pol. Todos podemos “evitar” o horror da guerra. Non se trata de “manter a paz” logo do conflito senón de prever a guerra, construíndo cada un, co seu comportamento cotiá, a paz: paz con un mesmo, na familia, no pobo, no país... na terra. Paz preventiva! Seguridade da paz e non a paz da seguridade, non a paz da imposición, do predominio, da forza. É preciso inventar o futuro, único legado valioso aos nosos descendentes. O futuro, única responsabilidade, único compromiso. O pasado xa pasou. Pode inspirar moitos pasos cara adiante, pero xa non pode escribirse. Xa está escrito. Pero o futuro, si, porque pertence “ás xeracións vindeiras”... Que as xeracións que chegan a un paso de nós non nos acusen de silencio cando tan perentoria era a nosa voz. En pé de paz, infatigables na resistencia, a favor da democracia auténtica. Que nunca poidan dicirnos: “Esperabamos a vosa voz... e non chegou”. Delito de silencio. En 1986, co remate da Guerra Fría, derrúbase -como o Muro de Berlín- un réxime que, baseado na igualdade, esqueceuse da liberdade. E acentúase a zozobra do réxime alternativo que, baseado na liberdade esqueceuse da igualdade. E ambos da fraternidade. E así, cando se esperaban os dividendos da paz, cando se confiaba en que, como sucedera logo das “guerras quentes”, a mirada do liderado mundial abarcaría a terra enteira, sucedeu todo o contrario. “Nosoutros os pobos...” substitúese por “Nosoutros, os máis poderosos”... e o proxecto de democracia a escala mundial tornouse nunha plutocracia primeiro, representada polo G7, G8, G20. Os valores e principios propios das ideoloxías e dos ideais que guiaban á
  17. 17. ADEUS ÁS ARMAS 17 humanidade transformáronse -nunha abdicación histórica de responsabilidades políticas- nun réxime dirixido en exclusiva polas leis do mercado... Foi no mes de Outubro de 1986 cando o novo e insólito Presidente da Unión Soviética, Mikhail Gorvachev, indicou ao presidente norteamericano Ronald Reagan en Reikiavik que a Unión Soviética se transformaría nunha “Comunidade de Estados Independentes” e que o Muro de Berlín se derrubaría como símbolo da “Guerra Fría” e no inicio dunha nova etapa moi prometedora na gobernanza mundial. Proponlle, con gran insistencia a Ronald Reagan, a total eliminación das oxivas nucleares “auténtica espada de Damocles para a humanidade no seu conxunto”. Por desgraza, a cúpula militar dos Estados Unidos impúxose -unha vez máis- ás decisións que puidera adoptar o Presidente norteamericano, cumpríndose así o preclaro pronunciamento do Presidente Einsenhower na transferencia de poder ao Presidente Kennedy en 1961: ”Só existe no mundo un poder superior ao seu, Sr. Presidente, o do complexo militar industrial”. As Nacións Unidas seguiron pois, lamentablemente, inhabilitadas na toma de decisións polo veto dos cinco vencedores da IIGM... e o Presidente Reagan iniciou co G6 a gobernanza plutocrática que chega ate os nosos días. A este respecto, para dar aínda maior urxencia aos cambios que agora se requiren, é preciso que a Unión Europea abandone o condicionamento da unanimidade para a toma de decisións, o que equivale ao poder de veto dos 27 membros da Unión. Co nomeamento do Presidente Donald Trump despois da gran pausa de serenidade e confianza do Presidente Barack Obama, que subscribiu os Acordos de París sobre o Cambio Climático e a Resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas sobre a Axenda 2030 e os ODS “para transformar o mundo”, tiveron lugar, o mesmo día da súa designación, unhas decisións -
  18. 18. QUE FOI DO PACIFISMO? 18 non se poñerían en práctica os Acordos sobre o Cambio Climático nin a Axenda 2030- que terían que conmocionar ao mundo no seu conxunto e producir unha reacción, pensando nas xeracións vindeiras, de unánime rexeitamento. E gardouse silencio. Silencio da Unión Europea. Silencio dos países que integran as diversas alianzas rexionais. A humanidade en mans de líderes incapaces e do Gran Dominio: financeiro, militar, enerxético, mediático, dixital... Quedou moi claro e isto é o que agora temos que salientar, que só un multilateralismo democrático pode aportar, coa consistencia necesaria, un novo concepto de seguridade. A solución, érao en 1945, éo hoxe, consiste en “Nosoutros os pobos...” Chegou o momento dos pobos, das organizacións non gobernamentais, da sociedade civil, do clamor xeral, pacífico pero firme. Chegou o momento de restablecer os principios universais, de dar a palabra, aos parlamentos, o poder que lles corresponde como depositarios da voz da cidadanía. O século XXI pode devir, así, por fin, no século da xente, da democracia xenuína. Cantos acontecementos nocivos poderían evitarse si se falara a tempo! Advertiuno Martin Luther King: “As nosas vidas empezan a extinguirse o día que gardamos silencio sobre as cousas que realmente importan”. No pasado español, Quevedo- “No he de callar por más que con el dedo...” e Garcilaso de la Vega- “Yo que tanto callar ya no podía”... expresaron o deber de falar. Na miña experiencia, comenteino en moitas ocasións, existe un silencio peor que o dos silenciados, dos que non falan porque non queren ou non saben: é o silencio dos silenciosos, dos que calan podendo e debendo falar. E así a “a voz que poido ser remedio, non foi nada”. Hoxe máis que nunca resulta imperativo retomar as rendas da gobernanza mundial e que o mercado estea sometido a uns principios éticos universais. Está clara a necesidade de volver, como en 1945, a un sistema multilateral guiado por uns
  19. 19. ADEUS ÁS ARMAS 19 valores éticos universais, pero sen vetos, que eviten a presente impunidade das transgresións a escala supranacional e que – coa maior responsabilidade que corresponde aos máis poderosos- regulamente a gobernanza mundial. Gusto de repetir que o risco sen coñecemento é perigoso, pero o coñecemento sen risco é inútil. É imprescindible pasar da palabra á acción. Como?. Mediante a mobilización da sociedade civil, mediante a implicación da cidadanía, que pase dunha actitude impasible e resinada a converterse en protagonista do outro mundo posible que anhela. O porvir dependerá en boa medida da mobilización da sociedade civil, da expresión do poder cidadán. Cidadáns e non súbditos, con visión global actuando a escala local e utilizando -en toda a medida do posible- a nova tecnoloxía da comunicación para estar en contacto con outros cidadáns doutras partes do mundo, en continua interacción, para a participación non presencial. Durante séculos, uns cantos homes impuxeron os seus designios ao resto dos homes e a todas as mulleres. Os seres humanos permanecían invisibles, anónimos, silenciosos, atemorizados, obedientes. Poder absoluto masculino: historia ensanguentada, onde a paz foi só unha pausa, onde a creatividade humana un simple lóstrego. Séculos e séculos de submisión. Séculos e séculos logo dos cales as asimetrías sociais e a pobreza extrema predominan nunha Terra que tamén, por influencia da actividade humana, deteriorouse. Durante séculos, calados, obedientes, atemorizados. E agora, de pronto, os cambios de fondo calado son factibles. Na era dixital, a liberdade de expresión permitirá a participación progresiva de todos os cidadáns na toma de decisións, de tal maneira que se fortalecerán os sistemas democráticos. Como resultado das convocatorias electorais, os cidadáns son contados, pero despois raramente contan- e niso consiste a democracia- na toma de decisións por parte dos gobernos. A
  20. 20. QUE FOI DO PACIFISMO? 20 partir de agora, sucesivamente, o poder non só deberá oír senón escoitar as opinións de todos os cidadáns de maneira permanente. As novas tecnoloxías poden asociar as voces de millóns de persoas que poden, deste modo, proclamar os seus puntos de vista sen violencia e contribuír con eficacia á gobernanza global, para que a sociedade no seu conxunto teña a posibilidade real de influír na toma de decisións. Os medios de comunicación teñen unha función fundamental que non é descritiva (retrospectiva, para explicar o que acontece) senón prospectiva, é dicir, escribir o que pensan que debería suceder. Estamos en “tempos de dúbidas e renuncias nos que os ruídos afogan as palabras” como tan inspiradamente escribiu Miquel Martí i Pol en 1981. Ser diversos, infinitamente diversos é a nosa riqueza. Actuar unidos será a nosa forza. Por que calan?. Por que calamos? Ás veces porque non se quere, porque non se sabe. Pero tamén, porque buscamos fora respostas que só atoparemos en nós mesmos. Que todos utilicen a palabra e non a forza para defender os seus puntos de vista. Toda idea é digna de ser escoitada, pero calquera idea envilécese en mans da violencia. A palabra non pode seguir cautiva, amordazada, filtrada, disfrazada. Ás veces, calada para sempre polos inimigos da vida e os seus cómplices. Pero, sobre todo, non pode seguir ausente. O silencio é a antítese da democracia. É submisión, é docilidade. Hoxe poden reprocharnos o que dicimos. Mañá -é o único que importa- reprocharannos sobre todo o que non tivemos a coraxe de dicir hoxe. “Hoxe- é un verso de Enrique Badosa- falamos por quen quixera falar. Por quen non pode”. Federico Mayor Zaragoza, 10 de Agosto de 2022
  21. 21. ADEUS ÁS ARMAS 21
  22. 22. QUE FOI DO PACIFISMO? 22 Jordi Armadans é politólogo e xornalista. Analista e activista pola paz e o desarmamento. Foi director da Fundación per la Pau (FundiPau)
  23. 23. ADEUS ÁS ARMAS 23 O pacifismo sempre estivo aí Pois nada, que sempre estivo e está aí. Hoxe, tentando dar respostas nun mundo gobernado pola cultura da violencia, magoado polas violencias físicas e fracturado por violencias estruturais, onde proliferan os discursos de odio e a deshumanización cara os “outros” (sexan migrantes, refuxiados, estranxeiros, mulleres, diferentes, diversos, etc.) e onde diante do ataque ruso á Ucraína, no lugar de revisar criticamente o modelo de seguridade militarista que nos trouxo ate aquí, as receitas oficiais, políticas e mediáticas insisten acrítica e inxenuamente en reforzar e consolidar o mesmo modelo: máis gasto militar, máis armas. O movemento pola paz ten sido quen, en varios momentos, de conectar fortemente a nivel social, como sucedeu coa obxección de conciencia e a insubmisión, o movemento contra da OTAN ou as mobilizacións contra da guerra de Iraq. Non é fácil que isto suceda e cando sucede, o movemento pola paz xera grandes ondas cidadáns de difusión, denuncia, presión e cambio. Pero, na maioría das veces, cando case que ninguén se fixa, fai un traballo máis xordo, menos visible e público, pero profundamente necesario. Obviamente, e paga a pena lembralo, o movemento pola paz é diverso. Nas súas expresións, nas súas formas, nas súas miradas, nas súas análises e nas súas propostas. Entre outras posibilidades, podemos falar do activismo pola paz de base, de ONGs comprometidas coa cultura da paz que impulsan programas e campañas, da corrente de investigación pola paz na Universidade e centros de pensamento e das múltiples experiencias de educación para a paz nas escolas, nos grupos de educación no tempo de lecer e na sociedade en xeral. Pode que non todas e todos teñan as mesmas prioridades. Mesmo, non todas se recoñecerán necesariamente como “pacifistas”. Pero
  24. 24. QUE FOI DO PACIFISMO? 24 todas as persoas e entidades que están aí, puxan cara a construción da paz, dunha forma ben diversa e necesaria: fomentando o diálogo e a escoita entre persoas diferentes, que pensan diferente e que aspiran a cousas diferentes; defendendo os dereitos humanos, especialmente dos máis vulnerables; promovendo a empatía cos que nos son diferentes pero iguais en dignidade e necesidade de xustiza e liberdade; defendendo unha necesaria cultura de paz que supere e substitúa progresivamente a cultura da violencia reinante; fomentando a non violencia como forma de pensamento e como ferramenta de intervención e transformación social; denunciando o gasto militar e o atroz comercio de armas; lembrando que a auténtica seguridade é aquela que se preocupa das persoas e das súas necesidades non da que as esquece e as sepulta; batallando polo desarmamento e a prohibición das armas de destrución masiva (nucleares, químicas, biolóxicas) ou especialmente daniñas (minas, bombas de racimo) ou futuras e inquietantes (robots). O traballo pola paz, o movemento pola paz, o pacifismo, seguen aí: con toda a súa grandeza e lucidez, e tamén con todas as súas dificultades, contradicións e erros. Pero, sen dúbida, para aspirar a un mundo máis xusto e pacífico, necesitamos moito máis pacifismo, moito máis traballo pola paz. E todo o lúcido, intelixente, ambicioso, autocrítico, humilde e empático que sexa posible. Jordi Armadans
  25. 25. ADEUS ÁS ARMAS 25
  26. 26. QUE FOI DO PACIFISMO? 26 Manoel Barbeitos é economista, xubilado, membro do Consello de Redacción e contidos de Tempos Novos. Colaboro regularmente con Galiciapress, Praza Pública e Nos diario, tanto en temas políticos como económicos e sociais.
  27. 27. ADEUS ÁS ARMAS 27 Corren malos tempos para o pacifismo Corren malos tempos para o pacifismo. A invasión de Ucraína polo exercito ruso, un acto criminal que atenta contra os dereitos humanos e o dereito internacional, semella que colleu ao pacifismo internacional totalmente desmobilizado. Unha evidencia preocupante porque a resposta á ofensiva rusa por parte da OTAN, baixo o férreo liderado dos Estados Unidos, está consistindo en poñer en primeiro e case único plano a acción militar o que nos pode levar a unha terceira guerra mundial. Un enfrontamento que, dado o armamento nuclear en poder de Rusia e os Estados Unidos, podería seren definitivo para a humanidade -non poucos científicos afirman que nunca estivemos tan preto do holocausto nuclear: "as maneillas do reloxo do fin do mundo están en 100 segundos antes da medianoite"-. Corren malos tempos para o pacifismo porque neste marco de guerra non cabe outra que poñerse do lado do pobo ucraíno - "os ucraínos teñen todo o dereito a defenderse"- pero reclamando a paz, que pasa por parar inmediatamente a guerra para dar paso ao diálogo e a negociación, por que esa é a mellor solución tanto para Ucraína como para Rusia, Europa e o mundo. Unha paz que sería desexable non tivera nin vencedores nin vencidos algo que dada a situación actual da contenda e as posicións das partes parece moi, moi difícil de conseguir. Porque hoxe a paz en Ucraína só parece posible si se lle recoñece a Putin unha parte das razóns coas que xustificou a invasión: garantir a seguridade de Rusia. Porque do contrario, e como a historia nos ten demostrado de xeito farto contundente, a paz só chegará cando un dos contendentes recoñeza a súa derrota. A derrota....a vitoria....linguaxe de guerra non de paz. Pero esa é a linguaxe que utilizan practicamente todos os líderes políticos das partes implicadas no lugar da linguaxe da diplomacia
  28. 28. QUE FOI DO PACIFISMO? 28 e a negociación. Hoxe por hoxe en Europa non contamos entre as elites políticas con voces autorizadas e prestixiosas como, por caso, foron no seu día as de Bertrand Russell, Jean Jaurès, Rosa Luxembourg, Karl Liebknecht ou Olof Palme quen sempre puxeron a paz por diante da guerra aínda que por elo moitos deles pagaran o prezo das súas propias vidas. Hai si, fóra da política, voces autorizadas de persoas moi prestixiosas -dende Noam Chomsky a Agnes Callamard (AI) e Catherine M. Rusell (UNICEF), pasando por Antonio Guterres (ONU) e Federico Mayor Zaragoza (exdirector xeral da UNESCO)-tamén de cidadáns relevantes de vida civil -velaí os asinantes do documento "Pola Paz. Fóra Tropas Rusas de Ucraína"-, pero son voces que están sendo ignoradas e que non reciben nos medios de comunicación e opinión a atención e a difusión que merecen. Velaí outra barreira ao pacifismo: o papel que están a desempeñar nesta guerra unha maioría dos medios de comunicación e opinión que é máis belixerante que pacifista. Unha opción que está colaborando moi activamente á desinformación da cidadanía e tamén contribuíndo a que entre os europeos medre a rusofobia con novas falsas sobre, por caso, atrocidades do exército ruso: segundo unha enquisa do CIS o 85% dos españois cren que o exército ruso está atacando deliberadamente ao poboación civil ucraína. Moitos gobernantes pensan que a cidadanía non debe estar ben informada para así poder tanto xustificar mellor as súas estratexias belicistas como rexeitar as pacifistas. A cidadanía non debe estar ben informada, non debe ser unha cidadanía activa porque os activismos políticos, como sucede co pacifismo, poden ser perigosos. "O activismo político é o responsable do grado de democracia que temos hoxe, do sufraxio universal dos adultos, dos dereitos da muller, dos sindicatos, dos dereitos civís e das liberdades que desfrutamos" (Noam Chomsky). Velaí que, como está sucedendo agora no caso da guerra en Ucraína as partes
  29. 29. ADEUS ÁS ARMAS 29 belixerantes do conflito (Rusia e a OTAN especialmente, pero tamén Ucraína), traten de dificultar e impedir a labor humanitaria de organizacións como UNICEF, SAVE THE CHILDREN, ACNUR, AMNISTÍA INTERNACIONAL....das mesmas NACIÓNS UNIDAS. Aqueles son conscientes de que o pacifismo que estes defenden é contrario aos seus intereses porque, entre outras razóns, pode facer chegar á cidadanía unha información sobre a guerra en Ucraína distinta a que eles e os medios que lle serven queren facer chegar. Algo que realmente sería moi perigoso para as opcións belicistas e militaristas de dereitas e de esquerdas. Corren malos tempos para o pacifismo pero en liña coas opinións doutro lúcido e sólido pacifista: "non importa que agora non exista un movemento pacifista organizado como antes. Quizais non sexa necesario, ou seguramente debería seren diferente. Son a xente de a pé, as organizacións sociais e os grupos políticos quen deberían rebelarse contra este tipo de conflitos, sen excepcións" (Vicenç Fisas). Manoel Barbeitos
  30. 30. QUE FOI DO PACIFISMO? 30 Ana Barrero Tíscar Diplomada en Biblioteconomía e Documentación, Universidade de Granada; Licenciada en Documentación, Universidade de Alcalá; Máster en Investigación en Documentación e Doctoranda na Universidade Carlos III de Madrid sobre as "Alfabetizacións múltiples para unha cultura de paz". É Presidenta da Asociación Española de Investigación para a Paz, Directora da Fundación Cultura de Paz, membro do Consello do Instituto Universitario de Dereitos Humanos, Democracia, Cultura de Paz e Noviolencia (DEMOSPAZ-UAM). Entre as súas liñas de investigación están a convivencia e a paz nos municipios, nesta liña participou no desenvolvemento da Axenda Local de Paz e Convivencia; as tecnoloxías para a paz; e as alfabetizacións múltiples para unha cultura de paz.
  31. 31. ADEUS ÁS ARMAS 31 Que foi do pacifismo? As orixes do pacifismo remóntanse á antigüidade, opóndose sempre ás guerras. Heródoto xa dicía: “Ninguén é tan insensato para preferir a guerra á paz; en tempo de paz os fillos enterran aos seus pais, en tempos de guerra os pais enterran aos seus fillos?”. Ao longo da historia o pacifismo traballou por un mundo sen guerras, propondo as condicións e as vías para a construción efectiva da paz. Rexeitando a lóxica militarista baseada na premisa de que si se desexa a paz hai que combater para conseguila, é dicir, prepararse para a guerra. Porque desde o pacifismo sabemos, e soubemos sempre, que a paz só pode conseguirse por medios pacíficos. Por iso, o pacifismo apostou tradicionalmente polo desarmamento e o antimilitarismo, e promoveu a arbitraxe, a negociación, a diplomacia e o diálogo como vías para previr os conflitos bélicos e como alternativas para solucionalos. Desde esta rebelión contra a guerra, o pacifismo orientouse nunha forma organizada da sociedade civil encamiñada á construción dun mundo máis xusto, solidario e pacífico, o movemento pacifista, que foi constante e foise adaptando segundo os requirimentos e esixencias de cada momento histórico. Así mesmo, tentou influír na opinión pública contribuíndo á xeración dun pensamento pola paz. “Construíndo a paz na mente das persoas”. Ao longo do tempo se ten xerado unha extensa e variada axenda de preocupacións e ocupacións do movemento pacifista, influída por outros enfoques e axendas como a feminista, ecoloxista, etc., que reivindica tamén unha paz positiva, vinculada coa satisfacción das necesidades básicas, que pon no centro as persoas e a súa dignidade; e que defende os valores universais de solidariedade, igualdade e xustiza.
  32. 32. QUE FOI DO PACIFISMO? 32 O momento actual é particularmente difícil e crítico para o movemento pacifista. Ás preocupacións e ocupacións que se teñen por mor das crises económicas e financeiras que veñen arrastrando, as enormes desigualdades, o impacto da pandemia da Covid-19, a crise e emerxencia climática, as violacións sistemáticas dos dereitos humanos, os conflitos armados en distintos países do mundo ... A todo isto, engadiuse, ademais, a Guerra en Ucraína. O clamor que se esperaba contra a guerra, contra todas as guerras, como en 2003 coa invasión de Iraq, non se produciu. Pola contra, presentouse o uso das armas como a única opción posible e inevitable. O que está a acelerar, aínda máis, a militarización e o incremento inxente do gasto militar desviándose e reducíndose doutros investimentos ecosociales necesarias, que son as que realmente protexen ás persoas e ao planeta. Ademais, están a imporse as narrativas militaristas, narrativas que contribúen á espectacularización e normalización da guerra. E, á mesma vez, estase estigmatizando, criticando e atacando ás persoas que defenden que a paz só pode conseguirse por medios pacíficos. Como dicía o profesor Vicent Martínez Guzmán “nós as pacifistas somos as realistas”, e ante esta situación actual, as voces e o traballo pola paz é máis necesario que nunca para continuar pondo de manifesto que todas as violencias, absolutamente todas, son evitables; que as armas non paran as guerras, se non que as alimentan; e que as persoas temos as capacidades para facer as paces. Que as e os pacifistas, o movemento pacifista, estamos e seguiremos onde estivemos sempre: clamando contra as guerras; denunciando o militarismo; influíndo para que se reduzan os gastos militares e diríxanse para abordar as necesidades humanas e para o coidado da vida; presionando polo
  33. 33. ADEUS ÁS ARMAS 33 desarmamento e a abolición das armas nucleares; defendendo o multilateralismo; redefinindo un concepto de seguridade centrado nas persoas; promovendo o diálogo para a transformación dos conflitos; defendendo o medio ambiente; impulsando e visibilizando o papel das mulleres na construción da paz; analizando procesos de paz; abordando a polarización social e os extremismos violentos; traballando pola recuperación da memoria histórica e democrática; impulsando o municipalismo de paz e de convivencia; implementando a Axenda 2030; pondo a énfase na ética do coidado ... O movemento pacifista sabemos que temos retos importantes aos que facer fronte, dilemas que debemos abordar, nestes momentos de incerteza, de ameaza para a convivencia e a paz. Pero, tamén, sabemos que temos o coñecemento, a experiencia e as ferramentas do traballo realizado durante todos estes anos para afrontar os novos retos con novas repostas, adaptándoos aos novos desafíos e esixencias do mundo actual, para contribuír a transformar as culturas de violencia por culturas de paz. “Os defensores do pacifismo son conscientes da influencia dos valores que defenden. Saben que aínda son poucos, pero son conscientes de que serven á mellor das causas posibles” Bertha von Suttner Ana Barrero
  34. 34. QUE FOI DO PACIFISMO? 34 José Antonio Binaburu Iturbide é Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación. Catedrático de Filosofía de Ensino Secundario. Foi coordinador da rede andaluza “Escuela: Espacio de Paz” na Consejería de Educación da Junta de Andalucía. Entre as súas publicacións podemos salientar: “Educar desde el conflicto. Guía para la mediación escolar”. Editorial Planeta. Barcelona, 2006 ou “Metodologías para hacer las paces”. Publicaciones de la Universidad de Málaga, 2012 ou “Pensando en la violencia”. Ed. Libros de la Catarata, Bilbao, 1994.
  35. 35. ADEUS ÁS ARMAS 35 O pacifismo na escola A Educación para a Paz entra na escola nos anos 1920/30, pola influencia dos Movementos de Renovación Pedagóxica de Cataluña, pero moi cedo queda abolida pola Ditadura. E será no ano de 1964 dos fastos de exhaltación do Réxime, logo da celebración dos famosos XXV anos de paz – a paz das tapias dos cemiterios e das cunetas- cando o maiorquín Llorenc Vidal, poeta e pacifista, daquela inspector de educación en Cádiz, propón a un grupo de mestres e mestras a organización dunhas xornadas sobre convivencia “pensando que durarían un ou dous cursos” pero aquela iniciativa da celebración do 30 de Xaneiro, cabodano do asasinato de Gandhi, do Día Escolar da Non violencia e da Paz (DENYP) “para sementar ideais e reclamar unha educación permanente e independente para a paz”, vai hoxe camiño de completar seis décadas nas escolas; e séguena escolas de todo o mundo. En España, a celebración está recoñecida oficialmente desde 1976. O desenvolvemento da Educación para a Paz na escola ten iniciativas nalgunhas CCAA que quixera salientar polas súas características integrais nas aulas e non só dun día no ano de celebración. En Galicia, no ano 1983 Xesús R. Jares promove o colectivo de Educadores pola Paz no marco do MRP Nova Escola Galega. E en 1985 créase o Seminario Permanente de Educación para a Paz por iniciativa do profesor Manuel Dios, dentro do Sindicato Galego do Ensino e a Investigación da CXTG, ambos co obxectivo de elaborar materiais didácticos para as escolas e todos os niveis educativos. No País Vasco, pola espiral de violencia e asasinatos de ETA, xorden colectivos e ONGs como o Centro de Investigación para a Paz “Gernika Gogoratuz”, Gesto por la Paz, Bakeaz, que tamén elaboran materiais didácticos para as escolas, ademais de ser símbolos de resistencia contra da violencia etarra manifestándose nos centros escolares e nos
  36. 36. QUE FOI DO PACIFISMO? 36 barrios diante dos asasinatos de ETA co lazo azul e en actitude silenciosa. Iniciativas similares de educación e de investigación para a paz apareceron por toda a xeografía española nestes mesmos anos aproximadamente, en Cataluña, País Valenciá, Madrid, Valladolid... e tamén na veciña Portugal. Máis adiante, en Andalucía, elaborouse no ano 2000 o coñecido como Plan Andaluz para a Cultura da Paz e a Non violencia coa colaboración de membros do Instituto de Investigación para a Paz e os Conflitos da Universidade de Granada, destacando o traballo realizado polo seu Director, Francisco Muñoz, que xa non está entre nós, e a continuación poñeríanse mans á obra para crear, no curso 2002-2003 a Rede Andaluza “Escuela: Espacio de Paz”. E a tarefa de implementar ese Plan correspondeu ao Director General de la Consejería de Educación, Sebastián Sánchez Fernández e aos Gabinetes Provinciais de asesoramento sobre Cultura de Paz e Convivencia Escolar. Aínda que as verdadeiras protagonistas foron as case que 4.000 comunidades educativas dos centros escolares de Andalucía que acolleron como unha bocanada de aire fresco a súa entrada nas aulas levando a innovación e compromiso educativo. Nunha avaliación da UE de Proxectos de Cultura de Paz en 2007, a Rede Andaluza posicionouse entre os dez mellores proxectos dos 27 estados da Unión. Para a investigación e a formación do profesorado en Educación para a Paz debemos salientar aos distintos membros e entidades que conforman hoxe a Asociación Española de Investigación para a Paz (AIPAZ), como o Seminario de Investigación para la Paz de Zaragoza, a Fundación Cultura de Paz que preside o profesor Mayor Zaragoza, a Cátedra UNESCO de Filosofía para a Paz da Universidade Jaume I de Castelló, o Instituto de Paz y Conflictos da Universidade de Granada, a
  37. 37. ADEUS ÁS ARMAS 37 Escola de Cultura de Pau de la UAB, entre outras entidades e institucións cataláns e no conxunto do Estado. A implementación de Programas de Cultura de Paz por parte dos centros escolares, levou consigo o desenvolvemento de obxectivos como: fomentar a participación e a responsabilidade do alumnado nas aulas e nos centros. Búscanse estratexias para a mellora da convivencia escolar en equipo. Embárcanse nun proxecto conxunto de investigación-acción. Reaprópianse do tempo tendo paciencia para acadar os dilatados obxectivos da Cultura de Paz. Vanse transformando nunha comunidade educativa cos retos cívicos e realizando servizos para a comunidade. O plus educativo que aportan os Programas de Cultura de Paz aos centros escolares e reconvertelos en espazos de paz para tratar educativamente os conflitos. Moitos deses conflitos xéstanse no entorno, pero algunhas veces estalan tamén na escola, os conflitos poden ser tratados civilizadamente, comezando polo desenvolvemento de proxectos integrais preventivos. Educar para unha Cultura de Paz será contribuír a sementar e xerar na sociedade, valores que non leven a recorrer ao uso da violencia para resolver os conflitos, a traballar por un mundo máis xusto e solidario, a aceptar a todas as persoas independentemente da súa condición, a desterrar a guerra e os fastuosos gastos militares que leva consigo, a construír relacións de igualdade e fraternidade entre os seres humanos. En definitiva, contrapoñer moitos dos valores que a nosa sociedade ofrece, de maneira máis ou menos explícita, cos valores dunha Cultura de Paz. En moi poucos anos, di Federico Mayor Zaragoza, o concepto de Cultura de Paz foise estendendo e consolidando, podendo agora converterse nun punto de referencia para un gran
  38. 38. QUE FOI DO PACIFISMO? 38 movemento social a escala mundial. Conscientes, por primeira vez, da calidade de vida dos “outros” en todos os currunchos da terra, xa non podemos mirar cara outro lado. Temos que asumir as nosas responsabilidades e deixar de ameazar para distribuír, para repartir axeitadamente, para substituír a forza pola palabra, para cumprir co artigo primeiro da Declaración Universal que reclama vivir “fraternalmente”. José Antonio Binaburu Iturbide
  39. 39. ADEUS ÁS ARMAS 39
  40. 40. QUE FOI DO PACIFISMO? 40 Irene Comins Mingol é profesora do Departamento de Filosofía e Socioloxía da Universitat Jaume I de Castelló. Foi directora do Máster Universitario en Estudos Internacionais de Paz, Conflitos e Desenvolvemento da Universitat Jaume I (2009-2015) e directora do Instituto Interuniversitario de Desenvolvemento Social e Paz da Universitat Jaume I e da Universidade de Alacante (2015-2019). É investigadora da Cátedra UNESCO de Filosofía para a Paz. Membro da Asociación Española de Investigación para a Paz, AIPAZ e de WILPF-España, sección española da liga Internacional de Mulleres para a Paz e a Liberdade. Investiga e publica sobre Filosofía para a Paz, Antropoloxía Filosófica, Estudos de Xénero, Educación para a Paz e Epistemoloxías para a Paz.
  41. 41. ADEUS ÁS ARMAS 41 E que foi do pacifismo? Nos últimos tempos o pacifismo parece estar a perder fol entre a opinión pública. Aínda que non nos enganemos, como corrente de oposición á guerra, o pacifismo, non foi unha corrente hexemónica tampouco noutros momentos históricos. Como advirte Bertha von Suttner en Abaixo as armas! en cada época os poderes fácticos aseguráronse de manter vivos e glorificar os valores vinculados á guerra -como a coraxe, o orgullo do soldado ou o amor á patria-, todo iso co obxectivo principal de asegurar a aceptación e beneplácito da poboación en caso de guerra. Como se indica no subtítulo do libro do Centre Delàs de Estudos para a Paz “Mentes militarizadas” «edúcannos para asumir a guerra e a violencia». Pero aínda que o pacifismo nunca foi hexemónico, o que resulta incomprensible é que, nas sociedades actuais, contemporáneas da democracia e os dereitos humanos, e cunha poboación amplamente formada, non se cuestione con maior afán a guerra. Varios factores parecen estar detrás deste feito. Por unha banda, a militarización das mentes que segue tan forte hoxe como o foi noutros tempos. Con novas linguaxes, pero coa mesma mensaxe de fondo, os medios de comunicación, a clase política e mesmo a industria do lecer, entre outros, van estendendo a cultura da guerra, que non é outra que a cultura do medo e a violencia. Todo iso á vez que se enarbora como bandeira unha idea de seguridade terxiversada, construída contra o outro, que como profecía autocumprida só fai que aumentar máis a desconfianza, e con iso a inseguridade, entre os pobos. Do mesmo xeito que o escotoma no ollo reduce o noso campo visual, así a militarización das mentes impídenos ver outras posibilidades, outras formas alternativas de relacionarnos entre os seres humanos. E impídenos ver, sobre todo, que o
  42. 42. QUE FOI DO PACIFISMO? 42 investimento militar non é fonte de seguridade senón de inseguridade. Como advertía Bertrand Russell o único efecto que conseguen os estados «é aumentar o perigo contra o cal queren protexerse». En concreto o investimento militar é fonte de inseguridade en tres sentidos. En primeiro lugar, porque o investimento militar socava a confianza entre grupos humanos, xerando incerteza sobre as intencións recíprocas e debilitando a capacidade de resolución dialogada dos problemas. Os estados confían así menos uns noutros e embárcanse nunha carreira armamentística e unha cultura do medo con efectos devastadores para as capacidades comunicativas, mediadoras ou de arbitraxe de transformación dos conflitos. En segundo lugar, porque o investimento militar implica que os recursos que poderían ir destinados ao desenvolvemento económico e social reséntense significativamente; cando, paradoxalmente, aspectos como a sanidade, a educación ou os servizos sociais, entre outros, son a fonte da auténtica seguridade humana. E finalmente, porque a violencia directa que supón o uso, intencionado ou accidental, dese armamento é dunha crueldade e un horror atroz, con consecuencias nefastas para o ser humano, para o planeta e as xeracións futuras. Sen dúbida, en pleno S.XXI, os seres humanos estamos chamados a mostrar unha maior altura de miras. Doutra banda, xunto coa militarización das mentes, o pacifismo tampouco atopa moito arraigamento nunha sociedade distraída, que mira cara a outra parte. E é que a cultura do medo e a violencia teñen un efecto perverso no ser humano: a impotencia interiorizada, é dicir, a sensación de que non podemos facer nada, que o cambio non é posible. Xorde así unha especie de resignación que nos fai apartar a mirada das cousas verdadeiramente importantes. Para
  43. 43. ADEUS ÁS ARMAS 43 Hathaway e Boff a impotencia interiorizada é a que impide hoxe a auténtica transformación a nivel global, unha impotencia que as estruturas e poderes actuais explotan e reforzan, e que se basea sobre todo no medo. Así, a cultura do medo rouba á xente «o poder de controlar o seu propio destino, inmobilízaa e inhibe a acción transformadora». Chegamos a crer que esa visión do mundo desde o medo é «realista»: polo que toda suxestión dunha alternativa resúltanos utópica e impracticable. Así, como sinalan Hathaway e Boff, «a impotencia interiorizada serve para perpetuar os sistemas que explotan á comunidade humana». A impotencia condúcenos á alienación, a virar a mirada, e mantémonos en estado de parálise colectiva. A sociedade de consumo e o noso estilo de vida contribúen significativamente a ese escapismo que nos aliena da realidade e distráenos do verdadeiramente importante. Como agudamente advirte Federico Mayor «Quen queda que non estea atrapado en baratixas e en urxencias?». Así, a militarización das mentes e a impotencia interiorizada parecen confabularse en detrimento do pacifismo como corrente de oposición á guerra. Pero non todo está perdido, temos a oportunidade, e a responsabilidade, de desaprender a guerra e reconstruír as relacións humanas. Un importante aliado que non podemos ningunear neste obxectivo é o feminismo. A cultura da guerra e o patriarcado conforman unha amalgama, como xa denunciou Betty Reardon na obra clásica Sexism and the War System. O patriarcado, advirte Reardon, xira ao redor da idea de dominación do ou a diferente, que se constrúe como inimigo. E é que, como Gilligan e Snider sinalan, o patriarcado xustifica o mantemento de xerarquías e o exercicio do poder sobre a outredade. Fronte a iso, podemos reconstruír unha concepción relacional dos seres humanos, na que os suxeitos sexamos conscientes das nosas vulnerabilidades e mutuas
  44. 44. QUE FOI DO PACIFISMO? 44 interdependencias e coidemos uns e unhas doutros e doutras, así como da natureza. Trátase de afrontar e recoñecer a vulnerabilidade non desde a dominación da outredade, senón desde a construción de políticas do coidado e o recoñecemento da interdependencia humana. A política e a ética do coidado promoven un concepto de ser humano preocupado polo benestar do outro, a outra e a natureza, un ser humano participativo, comprometido e non adormentado. En definitiva, unha cidadanía coidadora e pacifista. E é que, como reza o Preámbulo da Declaración Internacional da Carta da Terra «a elección é nosa: formar unha sociedade global para coidar a terra e coidarnos uns a outros ou arriscarnos á destrución». Temos por diante un importante obxectivo: desaprender a guerra e reaprendernos como humanos. Irene Comins Mingol Fontes: Calvo Rufanges, Jordi. 2016. Mentes militarizadas. Barcelona: Icaria Gilligan, Carol e Naomi Snider. 2018. Why Does Patriarchy Persist? Cambridge: Polity Press Hathaway, May e Leonardo Boff. 2014. O Tao da Liberación. Madrid: Trotta. Mayor, Federico. 2011. Donde no habite el miedo. Málaga: Litoral. Reardon, Betty. 1996. Sexism and the war system. Syracuse: Syracuse University. Russell, Bertrand. [1910] 2009. Ensayos filosóficos. Madrid: Alianza. von Suttner, Bertha. [1889] 2014. Abajo las armas! Madrid: Cátedra.
  45. 45. ADEUS ÁS ARMAS 45
  46. 46. QUE FOI DO PACIFISMO? 46 Manuel Dios Diz é Mestre, profesor xubilado, licenciado en Xeografía e Historia pola USC. Foi o fundador e o Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, ate 2014. Tamén foi Director da Fundación Cultura de Paz e Presidente de AIPAZ. En 2015 foi elixido Concelleiro de Educación e Cidadanía en Santiago de Compostela e tamén Deputado Provincial por Compostela Aberta (2015-2019). Entre as súas publicacións salientamos: “Cine para convivir (2001). Editorial Toxosoutos ou “La paz como cultura” (2010), Editorial Milenio.
  47. 47. ADEUS ÁS ARMAS 47 E logo, que foi do pacifismo? “La paz es mucho más que una toma de postura, es una auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar el planeta, un modo de ser persona” Maria Zambrano Quen interprete que o movemento pacifista existe só en función da súa capacidade de mobilización puntual, diante da guerra ou das guerras, dos conflitos armados concretos, dos máis mediáticos ate os esquecidos e silenciados, probablemente considere que o pacifismo está morto. Certo que houbo grandes movementos de oposición e mobilizacións diversas, de características e intensidades ben distintas, diante das dúas guerras mundiais, Corea, Vietnam, tamén en contra do despregue dos euromisís norteamericanos en Europa nos 80, no referendo contra da OTAN en España, respecto do conflito dos Balcáns ou contra das invasións de Afganistán e Iraq, moi particularmente no ano 2003, unhas mobilizacións que foron certamente globais. Pero non foi igual en todos os casos, aló menos non coa mesma intensidade ou extensión. Como non o é na actualidade en relación con conflitos que seguen enquistados, esquecidos ou ocultos para os grandes media como son Palestina, o Sáhara, Kurdistán, Siria, Libia, Iemen... ou agora mesmo respecto da inaceptable invasión rusa da Ucraína. Os conflitos tampouco foron nin son iguais. A súa orixe, características e desenvolvemento son moi distintos, como os actores principais e os secundarios. As respostas mobilizadoras do movemento pacifista tamén, entre outras razóns porque o pacifismo non é unívoco, non responde militarmente a un Comité
  48. 48. QUE FOI DO PACIFISMO? 48 Central que o decide todo. Desde a súa orixe, da antigüidade até hoxe, o pacifismo, o movemento pola paz en senso máis amplo, revestiu e reviste formas e características ben distintas na súa propia definición e variables como un movemento social vivo que é. Sen embargo, na miña humilde opinión, o pacifismo hoxe está máis presente en ámbitos novos e ben diversos, nas institucións, nas declaracións internacionais, na Investigación e na Educación para unha Cultura de Paz, na sociedade, na Academia, nas escolas e no ensino, nas ONGs, nas relacións humanas e de convivencia, na vida cotiá, no pensamento, ou no crecente rexeitamento da violencia como forma de afrontar os conflitos humanos en todas as súas formas, particularmente, a violencia de xénero. E claro que aínda hai monstros, demos, si, aqueles que levamos dentro do noso propio corazón, os únicos que existen, que dicía o Mahatma Gandhi, pero cada un de nós somos tamén os anxos que levamos dentro como sostiña Steven Pinker, “Los ángeles que llevamos dentro. El declive de la violencia y sus implicaciones” (Paidós, 2012), con quen coincido plenamente. O pacifismo, para sorte de todos e todas, está vivo, creo que máis vivo que nunca, noutros espazos como dixen, aínda que falte un pouco máis certamente, para que a abolición xurídica das guerras sexa una realidade ou que os Dereitos Humanos sexan efectivamente un código universal de obrigado cumprimento, como a afastada liña do horizonte cara onde seguir camiñando, con independencia dos momentos puntuais, mais ou menos mobilizadores, sexa contra Reagan, contra Bush ou agora mesmo contra Putin. Certo que o militarismo e os orzamentos para a destrución e para a morte (seguridade chámanlle algúns), armas pola paz din outros, que bárbara contradición! avanzan na maioría dos estados especialmente naqueles que son, curiosamente, os principais
  49. 49. ADEUS ÁS ARMAS 49 produtores ou exportadores de armamento e con dereito a veto no Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Aumentan extraordinariamente os orzamentos militares, medra tamén o belicismo, o uso da forza, as guerras interpostas, agora chámanlle híbridas, en función de obxectivos e de intereses que non teñen a paz no horizonte senón disputar a supremacía e a hexemonía a escala planetaria e que fan, por exemplo, que Antonio Guterres, Director Xeral de Nacións Unidas, clame no deserto, con desesperación, que estamos a un tris, a un erro, un malentendido, a un nada dunha guerra nuclear que, moi probablemente, será a derradeira, a da aniquilación total. Quizais por iso, aínda que só sexa por iso, o pacifismo, os e as pacifistas son imprescindibles. Ou é que estamos distraídos? Manuel Dios Diz
  50. 50. QUE FOI DO PACIFISMO? 50 Jonan Fernández Erdozia é o Secretario Xeral de Dereitos Humanos, Convivencia e Cooperación do Goberno Vasco. Antes foi o Coordinador Xeral de Elkarri e o fundador de Baketik. Entre os seus libros destacaría “Ser humano en los conflictos. Una reflexión ética tras una vivencia directa en el conflicto vasco” Alianza Editorial, Madrid, 2006 e “Vivir y convivir. Cuatro aprendizajes básicos”. Alianza Editorial, Madrid 2008.
  51. 51. ADEUS ÁS ARMAS 51 Buscar a resposta fóra das zonas de confort Quizais, a última vez que o pacifismo deixou escoitar a súa voz global con claridade foi en 2003, antes e durante o inicio da invasión e guerra de Iraq. Dicir que, desde entón, a súa influencia foise diluíndo é só unha constatación. O problemático é identificar as causas dese debilitamento e proxectar cara o futuro, no seu caso, claves para que esa voz teña algo útil que dicir e que, ademais, iso que teña que dicir, poida ser escoitado. En canto ás causas, e sen ningún ánimo de exhaustividade - imposible por outra parte nun espazo tan reducido- apuntarei dous factores que considero relevantes e que deben sumarse a outros que, con seguridade, formularanse nesta publicación. Dous factores que están vinculados: inadaptación e auto compracencia. Primeiro, inadaptación. O pacifismo moderno, despregado na segunda metade do século XX, pode caracterizarse, visto desde hoxe, como un movemento social tradicional. Tradicional nas súas formas de organizarse, comunicarse e mobilizarse. Este pacifismo ten envellecido e non soubo, ou non puido, rexuvenecerse. Tal vez, poderiamos dicir que respondeu ben nun mundo analóxico e que, sen embargo, perdeu pé nun contexto dixital. Fíxose maior e non tivo a capacidade de anticiparse ou de adaptarse aos extraordinarios cambios de paradigma que, nestas primeiras décadas do S.XXI, experimentou o mundo no seu conxunto e as sociedades de cada un dos seus respectivos países. En calquera caso, esta crise de adaptación ás novas realidades non é algo exclusivo do pacifismo. Igualmente o padeceron todo tipo de movementos sociais, organizacións políticas ou sindicais e institucións relixiosas, agás tal vez o
  52. 52. QUE FOI DO PACIFISMO? 52 movemento feminista que, no S.XXI, vén dando mostras de adaptación, resiliencia e puxanza. Segundo, auto compracencia. Tendo a pensar que o pacifismo medrou no S.XX convencido de ter construído un discurso e unha proposta conceptualmente invulnerable. Dito doutra maneira, indiscutible na súa coherencia e acerto. En definitiva, unha resposta “perfecta”, sen contradicións e destinada a medrar, estenderse e trunfar por percibirse a si mesma como posuidora intrínseca da razón. Esta maneira de auto analizarse non é san, conduce á acomodación e resta capacidade de análise dos cambios que se producen no escenario da realidade. Tal vez, mesmo, conduce a converter algunhas ideas en tópicos sen efecto. Na evolución da realidade todo resulta incerto, o único seguro é o cambio. Non hai tese definitiva. Todo é dinámico e cambiante. O último exemplo é a invasión da Ucraína. Cal ten que ser a postura do pacifismo? Responder á invasión cunha forza internacional coa cobertura das Nacións Unidas? Apoiar á Ucraína con sancións a Rusia e co envío de armas para que se defenda? Aplicar unicamente sancións? Propugnar unha solución dialogada e negociada sen ningunha outra intervención? Presionar á Ucraína para que ceda territorio a cambio de paz? Ningunha destas posicións está libre de contradicións radicais e profundas; pero aquí estamos falando do pacifismo. Si a posición do pacifismo neste escenario é, e nalgúns casos así se manifesta, defender unicamente as vías diplomáticas ou a prevención, parece evidente que, na práctica, isto se traduce nunha luz verde á continuidade da invasión e da guerra ou, no mellor dos casos, a unha paz por territorios, acadada baixo “negociación” coaccionada.
  53. 53. ADEUS ÁS ARMAS 53 As contradicións que provoca a invasión da Ucraína no pacifismo son a proba de que nin se tiñan todas as respostas, nin as que se tiñan eran tan redondas como se pensaban. Xa fose pola inadaptación ou “envellecemento” constatados, ou xa sexa pola eventual auto compracencia na que o pacifismo puidera deixarse levar, parece convinte saír das zonas de confort e atreverse a formular algunhas preguntas incómodas ou mesmo disruptivas. Preguntas que permitan facer unha análise sen prexuízos ou estereotipos ideolóxicos encofrados en formigón. En canto ás claves do futuro, formulo abandonar calquera auto compracencia e atreverse a buscar respostas novas para preguntas difíciles, sabendo que non hai posicións 100% puras e libres de contradicións. Suxiro, aló menos, dúas ou tres preguntas incómodas e complexas. Reitero que están formuladas sen ánimo de exhaustividade. Por suposto, o catálogo de interrogantes é moito máis amplo. Esta reflexión non pretende abarcar o todo, senón formular aportacións a algunhas partes do debate ao que se nos convida. Primeira cuestión de futuro. Non hai horizonte sen unha forte consolidación do multilateralismo. Enfrontámonos á irrupción e emerxencia de correntes poderosas que pretenden impoñer localismos unilaterais violentos e expansivos, populismos de extrema dereita ou discursos e políticas contrarias ás grandes conquistas da humanidade en materia de igualdade, dereitos humanos, migración, medio ambiente, legalidade internacional, paz... neste contexto internacional, na miña opinión, o camiño imperfecto, pero realista, é seguir avanzando no multilateralismo. A primeira pregunta é como asociar máis e mellor o pacifismo co multilateralismo e as súas institucións. Cal terá que ser a súa voz crítica e construtiva neste marco. Segunda cuestión de futuro. A seguridade non debe antepoñerse á liberdade e aos dereitos humanos. Esta afirmación clara e contundente non elimina a necesidade de ofrecer unha
  54. 54. QUE FOI DO PACIFISMO? 54 resposta á cuestión da seguridade. Respectando esta xerarquía de valores entre liberdade e seguridade, é necesario que o pacifismo, moito máis logo da invasión rusa, ofreza unha resposta coherente á cuestión da seguridade desde os seus propios principios, entre outras cousas, porque a sociedade necesita coñecer esa proposta. A pregunta sobre como ten que actuar a comunidade internacional diante de supostos do inicio unilateral de invasións, guerras ou procesos bélicos dun país contra outro (ou outros) necesita respostas. Terceira cuestión de futuro. Como pode o pacifismo ser parte dos mellores esforzos internacionais pola paz, a xustiza, a igualdade e a sustentabilidade? Probablemente, vivimos tempos de transversalidade e complementariedade. Ten sentido que os diferentes movementos sociais do mundo sigan actuando cun esquema de espazos estancos? Creo que convén reflexionar sobre os ámbitos con maior capacidade transformadora que hoxe están sobre o taboleiro do xogo mundial. Hai dous conceptos de síntese con ese poderío: sustentabilidade e solidariedade. En concreto, suxiro reflexionar sobre como xerar desde o pacifismo dinámicas de transversalidade e complementariedade cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Seguro que, na Axenda 2030, podemos atopar déficits e contradicións (por outra parte, en que marco propositivo non se atopan?); pero creo que hoxe este proceso é un espazo de confluencia para impulsar as grandes transformacións que o mundo necesita. Probablemente, un dos seus déficits é que o seu “Obxectivo 16. Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas” resulta bastante incompleto e está necesitado de reforzo. Considero que neste punto o pacifismo pode e debe facer a súa contribución. Sen esta matización final que agora farei, a lectura deste texto podería inducir a pensar que o seu contido acocha un balance negativo do pacifismo. Non é así. Todo o contrario.
  55. 55. ADEUS ÁS ARMAS 55 Manifesto con toda convicción que o pacifismo ten contribuído decisivamente a facer un mundo mellor e a construír unha conciencia social pola paz que ten evitado perigosas derivas cara a destrución pola carreira do militarismo. Algunhas das páxinas máis fermosas da historia teñen sido escritas polos principais referentes deste movemento e os seus seguidores. O pacifismo ten conseguido activar o mellor da condición humana e promovelo. Ten sido un contrapeso indispensable para alimentar a esperanza na humanidade e na dignidade humana. Precisamente, porque foi así, e para que o sega sendo, é necesaria unha reflexión autocrítica. Jonan Fernandez Erdoiza
  56. 56. QUE FOI DO PACIFISMO? 56 Lourenzo Fernández Prieto Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa-Ribadeo, 1961) Catedrático de Historia Contemporánea. Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é director científico comisario do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais) das tres universidades galegas. Vicepresidente da Sociedade de Estudios de Historia Agraria (SEHA). Especializado na historia das sociedades rurais e do cambio tecnolóxico agrario, investiga sobre a construción da modernidade no mundo rural e o tempo da guerra civil e a ditadura. Foi membro do consello de redacción de varias revistas de investigación histórica, participou e organizou numerosos congresos e coloquios da especialidade. Un dos seus últimos libros o colectivo: (2021) 1936: un novo relato. Zaragoza. UPZ
  57. 57. ADEUS ÁS ARMAS 57 Ulo pacifismo? Nos anos oitenta todos eramos pacifistas. Tamén Gorbachov. En toda Europa occidental do Reino Unido a Alemaña os pacifistas mobilizaban as vontades das mocidades. Despois da reacción contra a guerra do Vietnam na década anterior, estendeuse a loita contra as armas nucleares e os mísiles de cruceiro. Foi unha época pero xa pasou. O pacifismo estaba de moda. No Estado español nese mesmo tempo estendeuse capilarmente o movemento de obxección de conciencia. Comezou con grupos moi concienciados vinculados aos cristiáns de base e seguiu despois por grupos pacifistas de esquerda que contaxiaron mesmo a aquelas esquerdas que aínda rosmaban sobre o uso da violencia como instrumento dunha revolución na que ninguén acreditaba mentres avanzaba a construción da democracia. Pero en non ir á mili acreditábamos todos. E así, primeiro na mocidade universitaria, foi estendéndose capilarmente aquela práctica de pedir prórrogas, en vez de ir voluntarios ou a milicias, para ao final facérmonos obxectores. Despois, moi axiña estendeuse como a espuma. Lembro datos aparentemente asombrosos a finais dos oitenta, cando a maior porcentaxe de obxectores sobre homes en idade militar dábase en Lugo e Ourense, pero tamén en Cuenca. Foi unha época na que o pacifismo o dominou todo. Tanto ten se as razóns eras moi ideolóxicas ou moi instrumentais, se ían acompañadas de valores e discursos moi definidos ou non, ou eran accións desenfadadas e aparentemente descomprometidas. Dende 1981 abriuse a veda contra o exército español, o intento de golpe e o seu fracaso abriron unha veda. A obxección masiva foi como unha vinganza contra o exército. Unha vinganza dos bisnetos dos que levaron as guerras de África, dos netos que
  58. 58. QUE FOI DO PACIFISMO? 58 levaron á guerra fascista, dos fillos dos que fixeron a mili á forza na Ditadura. Non foi só unha reacción fronte ao exército franquista, que tamén, foi moito máis. Por iso tamén foi o movemento de obxección máis extenso e intenso do mundo. Aínda hai moito que indagar, analizar e explicar sobre aquel fenómeno. O máis curioso é que todo aquel movemento acontecía á vez que o terrorismo continuaba actuando e matando como un remol da guerra, da resistencia, do antifranquismo e mesmo da revolución e da loita anticolonial. Inercias do pasado que o pacifismo tamén logrou combater silandeiramente como unha crecente forza social que non está descrita no medio de tanta lei, tanto pacto e tanta acción policial. Pero foron as mobilizacións populares contra algúns asasinatos as que crebaron a pasividade social e sinalaron o camiño da maioría contra o terrorismo. Que foi de todo aquilo? Pasou o tempo, cambiaron as xeracións, mudaron os xogos. A guerra converteuse nun xogo de rol e de ordenador, a morte teledirixiuse e filmouse en dron. Todo pasou a ser como unha broma. Estamos noutro tempo. Rematou a guerra fría e sucedéronse as guerras quentes. Multiplicáronse os inimigos e o pacifismo perdeu peso. Deixou de estar de moda, deixou de ser un valor partillado por toda unha xeración e visto con simpatía polas demais. Afastadas as guerras, levadas as nosas á memoria, eliminado o servizo militar, o antimilitarismo esvaeuse e o pacifismo perdeu causa. Aínda non sabemos canto o necesitamos. O que tampouco non sabemos é como reconstruílo, reutilizalo e facelo útil no mundo de hoxe, agora que tan necesario vai ser. A guerra de Ucraína está aí, disposta a seguir. Non permite ser neutral. É o que teñen as guerras que non nos afectan directamente tamén as que nos afectan. Asombra o entusiasmo dos partidarios da
  59. 59. ADEUS ÁS ARMAS 59 invasión e tamén a ansia dalgúns partidarios da militarización como única reacción. É difícil axeitar o pacifismo a este tempo. Tan difícil como necesario. Lourenzo Fernández Prieto
  60. 60. QUE FOI DO PACIFISMO? 60 Tica Font i Gregori é investigadora do Centre Delàs de Estudis per la Pau. Foi directora do Institut Català Internacional Per la Pau (2009-2018). Ocupou a Vicepresidencia de Xustiza e Paz de Barcelona e a Vicepresidencia de Xustiza e Paz España. Foi a presidenta da Federación de ONG de Paz de Catalunya. É membro e investigadora de AIPAZ (Asociación Española de Investigación para a Paz) e é membro da sección española da liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade (WILPF).
  61. 61. ADEUS ÁS ARMAS 61 Que foi e que é do pacifismo? Hai poucos días nun encontro no que falabamos sobre a guerra de Ucraína, as persoas que asistían eran maioritariamente dunha certa idade, maiores, pouca presenza de mozas e tamén formulaban este tipo de pregunta ou esta especie de queixa, non vemos aos mozos nas manifestacións. Unha primeira consideración que podemos facer é que cada xeración ou grupo social estableceu unhas prioridades de acción- reflexión- mobilización. A xente maior lidera mobilización en favor das pensións dignas e manter a Sanidade Pública. Son xeracións que a súa loita se centra nos servizos que usan e que lles son esenciais. Os adolescentes e os mozos, que non están preocupados pola pensión e que apenas están enfermos e non son usuarios da sanidade, están mobilizados ao redor do cambio climático, a ecoloxía, sistemas de vida sustentables, ser vexetarianos/veganos, etc. Hai outra xeración que sofre os problemas do acceso á vivenda e organízanse e mobilízanse ao redor desta problemática. Cabe mencionar as mobilizacións das mulleres, que senten que hai unha corrente involucionista que quere facelas retroceder un século nos seus dereitos, que volvan á casa coidar aos fillos e á familia (no sentido mais reducionista). Iso ponnos de manifesto que cada xeración ou grupo social sente que se ten que mobilizar por temas que considera máis próximos ás súas vidas ou problemas sociais que lles afectan e que condicionan o seu futuro ou o futuro da humanidade e céntranse niso. Hai bastante sociedade civil mobilizada, outra cousa é que cada un de nós esteamos próximos ou afastados a estas mobilizacións e a presión que sexan capaces de exercer sobre as políticas gobernamentais.
  62. 62. QUE FOI DO PACIFISMO? 62 As persoas que fixeron da paz ou do pacifismo o seu eixo de vida, mobilizáronse contra da invasión de Ucraína e mostraron o rexeitamento á guerra como instrumento político. Outra cousa foi a capacidade comunicativa dos gobernos occidentais na creación de opinión pública a favor da guerra, de dar apoio ao goberno de Ucraína, de xerar apoio ás políticas de Estados Unidos e da OTAN, de mandar armamento ou de incrementar os orzamentos de defensa. Os conflitos armados dos últimos 30 anos foron percibidos pola poboación como conflitos en que os “nosos” gobernos occidentais, eran os agresores, os que invadían outro país. Nesta ocasión os “nosos”, os gobernos occidentais, dabamos apoio político, económico, armamento e formación militar ao bando invadido. Iso provocou emocións de solidariedade cos invadidos, cos que sofren a guerra. Situou a opinión pública favorable ás posicións dos gobernos da Unión Europea e non se mobilizaron ou manifestado contrarios á guerra. As emocións superaron e primaron á racionalidade. Os gobernos comunicaron moi ben que traballar pola paz tamén se pode facer a través da guerra, a UE destinou os Fondos Europeos para a Paz a pagar as armas que se manden a Ucraína. As persoas pacifistas, que entenden a paz en sentido holístico, criticaron estas mensaxes, que non tiveron eco nos medios de comunicación de masas, medios que pedían ás organizacións pacifistas que esta vez desen apoio á guerra, ao goberno de Ucraína. Non dar apoio á guerra ou criticala era considerado como estar ao lado de Putin. Ante un xornalismo de emocións, foi moi difícil situar debates racionais e notouse na resposta da poboación, máis a favor da guerra que non en contra. O pacifismo está e seguirá estando. Seguirá traballando polo desarmamento, para que non haxa guerras e para que as persoas podamos convivir coas nosas diferenzas. Tica Font
  63. 63. ADEUS ÁS ARMAS 63
  64. 64. QUE FOI DO PACIFISMO? 64 Emilio Grandío Seoane Nado na Coruña en 1967. Doutorado en 1995, é Profesor Titular de Historia Contemporánea na USC dende o ano 2003. Especializado na II República, Franquismo e a Transición, coordinou diversos proxectos e redes de investigación sobre historia política do século XX. Autor de numerosas monografías e artigos en revistas científicas. Membro numerario do Instituto de Estudos Coruñeses Jose Cornide, foi redactor dos informes históricos sobre o Pazo de Meirás da Deputación Provincial da Coruña (2018) e do Parlamento de Galicia (2019), sobre a Casa Cornide polo Concello da Coruña (2020), e Presidente do Comité de Expertos pola recuperación das Estatuas do Mestre Mateo, Xunta de Galicia-Concello de Santiago (dende 2021). Na actualidade dirixe o Grupo de investigación HISPONA (USC) e imparte na Facultade de Xeografía e Historia, xunto o Profesor Miguel Cabo, a materia de Grao en Historia ‘Historia dos Procesos de Globalización’.
  65. 65. ADEUS ÁS ARMAS 65 Onde quedou o pacifismo? Responder a esta pregunta de xeito sinxelo non é doado. Unha primeira resposta ‘á galega’: pero, de verdade pódese ser pacifista ao xeito clasicamente asumido no mundo de hoxe en día? Nunha realidade diaria chea de novas violentas que funcionan como reiterativas vagas de información, repetitivas para orixinar tensión, para xerar medo. Nun mundo cheo de violencia en todas as nosas realidades cotiás: videoxogos, comunicacións de impacto, produtos audiovisuais e literarios de todo tipo… Si, esta realidade, a do verán do 2022, está cargada de violencia dialéctica, visual, informativa… Pero dende o mes de febreiro topamos de fronte xa coa ameaza directa. A invasión rusa de Ucraína ten como obxectivo a imposición dun mundo de valores que non acepta de bo grado o desenvolvemento das bases convivenciais da democracia occidental. Un Estado, o ruso, que finalmente, tras un proceso de décadas, considera os valores europeos como unha agresión, non só o seu ‘status’ económico ou social, senón sobre todo á súa identidade. Este mundo do 2022 semella un bucle sucesivo de ‘presentes’. Esta crecente demanda social de respostas dende a experiencia previa dos conflitos, dende o pasado, xurde en grao de necesidade case como solución final tras o descrédito imposto en décadas ás humanidades e á cultura en xeral. Finalmente resulta que os expertos no pasado ofrecemos algo de claridade de análise ante as matanzas, os saqueos, as violacións, a impunidade… que semellaban ser desterrados. Como si unha tormenta de destrución se achegara de xeito lento no horizonte mirando ao leste, e ameazara á nosa Europa forzando cada vez máis a defensa a ultranza do grao de benestar e convivencia pacífica dos Estados. Se algo nos di a historia é que a paz non é permanente nunca.
  66. 66. QUE FOI DO PACIFISMO? 66 Aínda dese permanente ‘bucle de presentes’, a realidade do 2022 non é un mundo que nos chegue de novo: dende a caída do Muro a ruptura da contención nuclear, exemplificada na chamada ‘Guerra Fría’, provocou o incremento do poder das grandes corporacións, fondos de inversión, da especulación financeira en suma… Aínda que fóra do foco de tensión europeo, esa ‘Guerra’ non era nada ‘Fría’ fóra do privilexiado escenario occidental. Pero o realmente decisivo destes derradeiros trinta anos, e que a nosa percepción do mundo apoiase nunha non consciente na súa totalidade ‘revolución’ dos tempos e espazos coa extensión dos fluxos de comunicación. A ‘rede’ foi o grande salto dos últimos trinta anos. Si. Digo, e reitero, trinta anos. Tres décadas de ilusión dun ‘presente’ perpetuo, sacudido por un conflito de enorme perigo, xa non para o futuro da sociedade, senón tamén para a totalidade do que somos, a ameaza contra un planeta que comeza a dar os seus primeiros síntomas de esgotamento pola indiscriminada, rapaz, absurda e cínica explotación en clave de ‘presente’ da totalidade dos seus recursos. Tamén da explotación do ser humano. O que quero dicir con esta longa contextualización do tema que encabeza esta aportación, e perdoade o exceso, é que a banalización da violencia é un feito na nosa sociedade. Como indicaba o xornalista Andrea Rizzi nun artigo de opinión recente esta é ‘unha sociedade exhausta ante un futuro de guerra absolutamente incerto’. Definición rotunda e directa. Non somos os mesmos tras o que nos pasou por riba nos derradeiros quince anos. Reitero. Quince anos de crise económica prolongada cun reaxustamento do mercado global coas súas consecuencias, e nos que se pasou a través dunha pandemia de case dous anos e, para rematar, un conflito localizado que rematará, dun xeito ou doutro, pero con consecuencias para todo o planeta. Hartazgo, cansazo que provoca deixadez e comodidade no pensamento. O lóxico é deixarse ir neste río de calamidades e cando observemos o perigo tentar salvar a vida como se poida. Sen prevención. Sen
  67. 67. ADEUS ÁS ARMAS 67 estudo. Sen conciencia de nós. O contexto que temos provoca o atrincheiramento nas propias posicións, ante a ausencia de necesarias ferramentas de comunicación que posibiliten o debate entre distintos. Non hai mais camiño para o encontro dos diferentes que pensar en clave de futuro. E o futuro, hoxe en día, non está. Nin se lle agarda. A construción da alternativa debería estar xa en ‘think tank’ de perspectiva non reducida senón ampla, precisamente para rematar con este agónico presente. Para os nenos que estudamos a nosa secundaria e Bacharelato entre os setenta e os oitenta aquel texto titulado ‘1984’ que lemos nas aulas dun británico chamado George Orwell, e que nos retrataba unha sociedade caracterizada por unha violencia interior e exterior de xeito permanente, era unha magnífica obra literaria de ciencia ficción. O control social e do pensamento, a consideración do presente perpetuo e a ausencia de futuro, a seguridade do rabaño fronte a un exterior en bucle perpetuo de conflitos, de medo… A Segunda Guerra Mundial, datas nas que Orwell escribiu a obra, era algo ben pasado, e distinto daquela nosa realidade que pensábamos aínda en clave de futuro. Hoxe en día ao relelo de novo non se observa como algo pretérito, case ficción, senón como unha descrición do presente. Veño observando nas aulas esta evolución respecto desta obra nos rapaces das miñas clases dende fai mais dunha década. Creo que resulta ben indicativo de que nada é estático: nin o mundo que te rodea, nin, por suposto, a sociedade na que te atopas. Se continuastes a lectura destas liñas ata aquí xa vedes que ides ter que perdoarme unha segunda vez pola extensión. Porque a resposta a pregunta do tema non creo que sexa sinxela. A súa resolución creo que se atopa mais na consideración dun cambio de paradigma global sobre todo o que nos rodea, mais que sobre a análise concreta da evolución dos movementos sociais. Precisamente nestes meses me acordaba moito daquelas
  68. 68. QUE FOI DO PACIFISMO? 68 chapas, pegatinas e outros obxectos dos setenta e oitenta que entroncaban con aqueles movementos. Unha das mais socorridas e difundidas naquela España que volvía á democracia con pasos comedidos era o debuxo da pomba da paz de Picasso. Era un símbolo maioritariamente asumido, sen moita controversia, e cunha linguaxe positiva. Non se volveu repetir a utilización deste símbolo dende esta perspectiva tan ampla dende fai décadas. Outra evidencia no contraste entre aqueles anos e estes é o movemento antinuclear. Aquela imaxe do sol impreso en todo tipo de merchandising daqueles anos, era unha icona da loita contra a extensión da enerxía nuclear. Só hai que ver o radical cambio de actitude respecto deste tema dende a primavera deste ano polas autoridades europeas ante o corte de subministro de gas procedente de Rusia… E volvamos á análise. Pensei moito en titular esta aportación co título dunha canción daqueles anos: ‘¿Qué harías tú en un ataque preventivo de la URSS?’. Naqueles principios dos oitenta, Polanski y el Ardor coñecían da rotundidade da frase, pero a provocación formaba parte do relato tradicional de boa parte da música daqueles anos nos que semellaba que todo se podía construír. Creatividade, imaxinación… Futuro. Mesmo algunha pinga de tolemia para ser capaz de ponderar na súa xusta medida as novidades. Dos tres grandes pilares dos novos movementos sociais que xorden dende a Segunda Guerra Mundial -pacifismo, ecoloxismo e feminismo- semella que o pacifismo é o que menos desenvolvemento ten. Calquera dos outros dous hai que ter en conta que tiveron unha autonomía de actuación e unha evolución interna que fixo que a día de hoxe practicamente non se lles poida recoñecer. Podemos comparar as críticas os desfiles de beleza dos sesenta do século pasado co movemento ‘Me Too’? Que dicir entón do pensamento en defensa do planeta, hoxe absolutamente recoñecido e estendido por todas as capas sociais, e que só lle
  69. 69. ADEUS ÁS ARMAS 69 falta ser quen de acometer duras e rotundas medidas institucionais para frear o deterioro inexorable do ‘único’ mundo que coñecemos? Os chamados ‘novos movementos sociais’ característicos do Estado do Benestar tiveron un relativo éxito neste percorrido de case 75 anos. Sobre todo cumpriuse o obxectivo de concienciación social e de cambio das mentalidades como elemento basal do futuro. Eran accións que procuraban a transversalidade social nuns anos nos que a estratificación social reducíase en beneficio dunha maioritaria ‘clase media’. Pero as bases do Estado de Benestar foron atacadas dende os setenta e as fendas do mesmo vanse abrindo na estrutura. En concreto o pacifismo creo que foi quen de irradiar un sentimento colectivo de ‘Non á guerra’ moi estendido. Unha difusión e interiorización dos dereitos humanos que entra en contradición evidente, xa agora en conflito directo, coas posturas autocráticas e de pensamento único. Mais como comentaba inicialmente tamén, os tempos non o favorecen. Pouco a pouco, como choiva fina, foise estendendo, banalizando, normalizando as situación de violencia. Acordámonos das imaxes dos bombardeos das noites de Bagdad e a súa retransmisión co lema daquela información en directo que nos vendían: ‘Está pasando. O estás vendo’? Recordaremos de xeito permanente as imaxes na retina a primeira hora da mañá nos EE.UU ou na hora de xantar na Europa Occidental do atentado das ‘Torres Xemelgas’? Que dicir da lacra e aumento da ‘violencia de xénero’, vergoña social? Ou dos ‘campamentos pseudo militares’ que se están a poñer de moda en boa parte do mundo? Onde quedou co rearme dos países que decidirán abandonar parcial ou totalmente a súa política militar a ‘pacífica Europa’ que supera os enfrontamentos da primeira metade do século XX? O medo é a mensaxe. Precisamente nuns tempos onde temos a maior cantidade de información que nunca. Unha información sen tregua que non permite pararnos a pensar por si
  70. 70. QUE FOI DO PACIFISMO? 70 mesmos. Poden xurdir mesmo certas dúbidas do momento… Isto que nos acontece á Europa Occidental é realmente unha guerra ou non o é? Inflación, retroceso do crecemento, problemas coas fontes de enerxía… Nada novo dos últimos 15 anos. Dramática rutina. Mais o diferencial é sen dúbida o son dos canóns e dos mísiles. Os mortos nas paradas de autobús. Os bloques de edificios derruídos por armas masivas de destrución. Esas imaxes que se observan a través de ferramentas que xa nos acostumaron a non ser quen de distinguir, senón a deglutilas e non sacar análise nin deducións. Flashes de impacto que veñen a ser substituídas rapidamente por outras. E aínda que as percibamos, onde difundimos o que pensamos? Nas mesmas redes, onde o filtrado de autoridade non existe. Onde os debates das distintas posturas? Hainas aínda? É todo unha impresión de realidade virtual que fomente as teses conspiranoicas? Fenómenos globais, nos que as reflexións exclusivamente locais ou estatais non chegan para entender a magnitude da súa forza. O ‘monstro’ do incremento das posicións de intolerancia por todo o mundo é un virus silencioso de magnitudes absolutas. É algo que non se percibe ata que chega. A cada un de nós. O temos arredor xa. O recordo das guerras mundiais, dende aquel enfoque do desastre dun futuro en convivencia, estaba ben presente ós inicios dos anos cincuenta do século pasado. De feito, os novos movementos sociais, o pacifismo entre eles procuraban a construción dunha nova realidade de respecto aos dereitos humanos, entre os cales está loxicamente de xeito prioritario o respecto á mesma existencia. O fenómeno da globalización rematou coa idea dun mundo dividido en bloques xeopolíticos que procuran equilibrios de poder. Creárase a ficción de que non existían. Un mercado global autorregulado como solución perpetua. O ‘fin da historia’. Pero a violencia, a guerra, sempre volve. Os medios para rematar con ela teñen que ser
  71. 71. ADEUS ÁS ARMAS 71 necesariamente reconstruídos. A evolución do movemento pacifista tamén é notable: do discurso de clase de finais do século XIX ata o desenvolvemento de fórmulas transversais tras os grandes conflitos armados e matanzas do século XX. Estamos ante un tempo novo no que nos falta tempo, e máis aínda, vontade para a reflexión sobre o presente, afastado desa inmediatez que nos marca o contexto. Vivimos tempos crueis e moi acelerados, características das grandes etapas de cambio da humanidade. Tristemente, o único valor seguro ao que aferrarnos é que o mañá está por descubrir. Como sabemos os historiadores, sempre hai un futuro. Emilio Grandío
  72. 72. QUE FOI DO PACIFISMO? 72 Rafael Grasa é profesor de Relacións Internacionais da UAB, membro do movemento pola paz desde os anos oitenta e primeiro presidente do Instituto Catalán Internacional para a Paz (2008-2016)
  73. 73. ADEUS ÁS ARMAS 73 A balea está e opera, aínda que estea mergullada, pero non medra Pídeseme unha reflexión sobre que sucede, neste escenario belicista e de incremento do gasto militar xerado pola agresión rusa a Ucraína e a posterior guerra ao usar Ucraína o seu dereito de lexítima defensa. Concretamente, que diga a miña opinión sobre “Onde está o pacifismo? Aí vai, directo e sen matices por constricións de espazo. Primeiro, o pacifismo está onde sempre estivo, porque non debe confundirse co movemento pola paz. O pacifismo, de natureza relixiosa nalgúns casos e sobre todo ética, oponse -de maneira persoal e sen condenar a quen en caso de extrema necesidade para a súa vida recorren a ela- a todo uso da violencia e a toda guerra ou conflito armado, por ter a convicción de que o uso da violencia para resolver disputas xera a medio e longo prazo problemas, dificultades, a pesar de que a primeira vista resolva o motivo da disputa. De aí o seu coñecido lema, “non hai camiño para a paz, a paz é o camiño”. En suma, buscar a plena coherencia entre fins e medios. Iso explica que o pacifismo sexa o núcleo duro do movemento pola paz, un dos seus impulsores, pero que sempre foi, e siga sendo, minoritario. O seu lema, “non queremos matar e ademais facelo acaba empeorando as cousas”. E aí estivo a Internacional do Resistente á Guerra, denunciando a persecución de obxectores en Rusia e Ucraína. O movemento pola paz, emporiso, é un movemento interclasista e de axendas moi amplas, que, ao redor da oposición a unhas armas (nucleares, por exemplo), a unhas guerras concretas (Vietnam, intervención en Iraq, 2003) ou a certas políticas belicistas, consegue periodicamente xerar mobilizacións masivas, de millóns de
  74. 74. QUE FOI DO PACIFISMO? 74 persoas. E tamén vitorias, como a prohibición das minas contrapersoa. Segundo, o movemento pola paz, como escribín hai anos, é unha balea: pasa máis tempo mergullado, sen que se lle vexa, que emerxido. E só vemos o seu poder cando está emerxido. E os ciclos de inmersión poden ser moi longos. Para emerxer necesita ter obxectivos moi claros e facilmente comprensibles para a cidadanía, e transversais a idearios e grupos sociais. Os seus lemas articúlanse ao redor de “non queremos morrer” ou “non queremos que se faga algo no noso nome”. Terceiro, o movemento pola paz, como tantas persoas e institucións, quedou desconcertado pola agresión e guerra iniciada o 24 de febreiro do presente ano. Non soubo articular grandes resistencias, crear unha lema articulador capaz de concitar grandes mobilizacións. Expor as razóns resulta imposible no curto espazo, pero insistirei nunha: os conflitos armados son agora, e o serán cada vez máis, “suxos”, difíciles de captar con lóxicas binarias, a favor e en contra, bos e malos. Lembremos: aínda que con gran vantaxe por parte de Rusia, Nacións Unidas e Estados Unidos, informaron de violacións de ambos os lados do dereito humanitario e de guerra. E, por exemplo, nin Rusia nin Ucraína asinaron e ratificaron o Estatuto da Corte de Roma e non son membros do Tribunal Penal Internacional. Cuarto e final, a balea está, opera, pero non soubo emerxer porque os seus nutrientes para medrar, engordar e mobilizar -o seu plancto- non serven xa, non son os de antes, están entre contaminados e esgotados. Hai que buscar novos nutrientes e afinar nas análises e nas propostas de acción. Rafael Grasa
  75. 75. ADEUS ÁS ARMAS 75
  76. 76. QUE FOI DO PACIFISMO? 76 Xóan Hermida González é Historiador e analista e doutor en Xestión Pública. Activista Social. Foi membro do Consello Confederal da CXTG, fundador e director da ong Amarante Setem e membro do Consello do Foro Social Galego. Secretario de Organización de Esquerda de Galicia e coordinador do Grupo Mixto no Parlamento de Galicia. Coordinou Espazo Ecosocialista. Actualmente dirixe o Foro OBenComún. Analista político. Colabora en diferentes medios. Mantén unha colaboración habitual en InfoLibre. Foi socio fundador de Atlántica de Comunicacións S.L. e membro do Consello de redacción de Altermundo. Con varios obras de autor e colectivas cabe destacar a triloxía editada sobre a nova política en Galicia: [Re]construír a esquerda nacional (OBenComún, 2013); Galicia no labirinto da nova política (Galaxia, 2018) e A saída da encrucillada (OBenComún, 2021).
  77. 77. ADEUS ÁS ARMAS 77 20 anos do nacemento da Cidadanía Global: Non a Guerra! “Por que ves a palla do ollo do teu irmán e non a viga que levas no teu?” (Lucas 6,39-42) No ano 2002, o presidente de USA, George W. Bush, acusou a Iraq de formar parte do ‘eixo do mal’ xunto con Corea del Norte e Irán, desencadeando a invasión deste país no 2003 baixo pretexto de que contaba con gran cantidade de armas de destrución masiva e de manter vínculos con Al Qaeda. A sospeita para unha boa parte da poboación é que, detrás da escusa da existencia de perigosísimas armas de destrución masiva en mans do goberno de Sadam Hussein, agochábase unha gran mentira para favorecer intereses económicos. Isto provocou unha resposta social sen precedentes. Esta mobilización foi favorecida por tres factores: a proximidade da ‘inexplicable’ Guerra do Golfo; a posta en cuestión do discurso oficial nas redes alternativas que, por primeira vez, funcionaban de xeito global, xunto coa perda do monopolio da información por parte das grandes axencias occidentais debido ao xurdimento da cadea quatari Al Jazeera; e o rexeitamento da Comunidade Internacional que obrigou a EE.UU. a crear unha alianza de aliados que actuou á marxe das Nacións Unidas. A resolución 1441, aprobada na sesión do Consello da ONU celebrada o 8 de novembro de 2002, requiría a Iraq a realización das inspeccións ordenadas referidas á existencia de armas de destrución masiva, dando un prazo de 30 días para que o goberno iraquí elaborara unha declaración e posteriormente o Consello volvería a reunirse para adoptar as medidas correspondentes. A impaciencia do goberno de George W. Bush, así como o convencemento de que a comunidade internacional non ía referendar unha intervención, precipitou unha guerra que
  78. 78. QUE FOI DO PACIFISMO? 78 fracturou á comunidade internacional poñendo a países como Rusia ou China, pero tamén a outros como Francia e Alemaña na súa contra. Na coalición que se conformou para impulsar a invasión, denominada “Coalición da vontade”, formaban parte os gobernos de Estados Unidos, Reino Unido, España, Portugal, Italia, Polonia, Dinamarca, Australia e Hungría. España non participou con tropas nas accións directas pero fixo algo máis grave desde o punto simbólico: apadriñar xunto con Reino Unido e EE.UU. a declaración de guerra no coñecido como Cumio das Azores (Tony Blair, José María Aznar e George W.Bush, 16 de marzo de 2003). Entre o 15 de febreiro 2003, data na que se convoca a primeira mobilización global contra a guerra por parte dunha alianza de ONGs e movementos sociais, ata o 20 de marzo de 2003, no que se produce o inicio da intervención militar, en practicamente todas as capitais do planeta mobilízanse millóns de persoas no que se entende como a primeira mobilización global da historia. A existencia de vías alternativas de información e coordinación por internet e as redes construídas polos novos movementos sociais foron determinantes no apoio masivo ás mobilizacións e no seu carácter global. O 15 de febreiro de 2003 o berro de ¡No a la Guerra! congregou en Madrid a dous millóns de persoas, na maior manifestación pola paz celebraba en España desde a do 23 de febreiro de 1986, semanas previas ao referendo de ingreso na OTAN, contra a entrada de España na organización atlántica e que congregou preto de 1.000.000 de persoas. 40 anos nos separan do ingreso de España na OTAN (1982) e 20 anos das mobilizacións contra a guerra de Iraq. Nestas catro décadas ten mudado todo, e máis. As primeiras grandes mobilizacións pola Paz en España tiñan como marco a Guerra Fría e a carreira de armamentos entre os dous bloques. As segundas tiñan como contexto o pretexto da guerra contra o terrorismo islámico e a reorientación global dos perigos.
  79. 79. ADEUS ÁS ARMAS 79 Ben é certo que os novos movementos sociais – fundamentalmente o feminismo de nova xeración, o ecoloxismo e o pacifismo – non teñen a estrutura organizativa do movementismo clásico, responde a novas realidades organizativas e a unha sociedade máis liquida, pero quizais o pacifismo é dos tres o que se comporta como o máis volátil e dependente das axendas mediáticas. Sendo isto así, que o pacifismo é un movemento fráxil no senso de capacidade de implantación local, a realidade é que a contenda pola Paz é a que concita máis simpatías, a que ten unha transversalidade maior, e a que no seu momento inaugurou o nacemento da cidadanía global. Entón se isto é así, cabe preguntarse porque hoxe que vivimos unha guerra de transcendencia global como a propiciada pola invasión de Rusia a Ucraína parece que está ausente e non ten os niveis de resposta doutros momentos. Seguramente existen factores de contexto político, que hai que sinalar, pero por suposto tamén corresponde ao movemento pacifista facer unha reflexión sobre as mudanzas que teñen tido lugar nestas últimas catro décadas. Por outro lado, non conviría enganarse. Que non haxa unha presencia nas rúas (en forma de manifestacións) do pacifismo non quere dicir que non exista un rexeitamento amplo da guerra de Ucraína (ata 92% segundo diversos sondaxes) ou que nos países de Europa non se teña claro que o responsable da mesma é Rusia (arredor dun 86% de media na poboación da UE). Entón, que esta a pasar?, atendendo á pregunta que nos concita neste libro. Hai acontecementos que son catalizadores simbólicos de novos tempos. O mudan todo e esixen das activistas, neste caso pola Paz, intelixencia para re-situarse e actualizar o seu ideario.
  80. 80. QUE FOI DO PACIFISMO? 80 A caída do Muro de Berlín (1989) abriu un período de optimismo global. Caia o último dos grandes totalitarismos que tiveran presenza no século XX e a partir de aí realidades como a OTAN empezaron a ser observadas de xeito diferente pola poboación. Outro acontecemento importante foi a Guerra de Iraq (2003). A cidadanía por vez primeira se organizaba a un mesmo tempo a nivel global. Os principais gobernos Neocon asumían como inimigo fundamental o islamismo e non tiñan problema en colaborar con antigos inimigos como Rusia, mesmo a costa de deixarlles xogar un papel de matón rexional, reiniciar unha mensaxe radical de odio aos principios democráticos e mesmo, como foi o caso de Europa, xerar dependencias enerxéticas que co tempo se teñen observado perigosas. A guerra de Ucraína (2022) tense amosado outro deses grandes acontecementos conectores. Mudou a perspectiva que tiñamos do mundo, (re) situou a contradición principal entre democracia e totalitarismo, sacou á luz o ensimesmamento europeo dos últimos anos e debilitou un populismo, que indistintamente de esquerda e dereita, non dubidou en aliñarse co invasor. A historia vai ter un antes e un despois da Guerra de Ucraína case converténdose no último capítulo, aprazado, da Guerra Fría. Os movementos sociais e as forzas progresistas que non o fixeron coa caída do Muro de Berlín van ter que repensar toda a súa pirámide de valores se queren sobrevivir na nova realidade. Xa non chega cun anti-americanismo primario e infantil que concentra na OTAN todos os males do planeta. A OTAN, unha alianza que ata o inicio da Guerra de Ucraína tiña unha crise existencial, tense reactivado e ten adquirido novos apoios impensables ata o momento. Solicitudes de ingreso de países de clara traxectoria democrática e neutral como Suecia e Finlandia ou o apoio de

×