2. Cantart’ei, Galicia,
Na lengua galega,
Consolo dos males,
Alivio das penas.
...
Qu’asi mó pediron,
Qu’asi mó mandaron
Que cant’e que cante
Na lengua qu’eu falo.
Rosalía de Castro
3. UNHA SARDIÑA
1 SARDIÑA 2 SARDIÑAS 3 SARDIÑA S
E UN GATO
ATOPARON, A MANEIRA, DE METERSE
NUN ZAPATO
ACHICHICHICHIGUAGUÁ (Bis)
AGUAGUAGUAGUACHICHI (Bis)
QUE O REPITA (Bis)
… (A persoa ou grupo comeza de novo a canción)
Canta un grupo e repite
outro cada parte.
4. PANDEIRADA
Vexo Vigo, vexo Cangas,
vexo Vigo, vexo Cangas,
tamén vexo Redondela.
Vexo a ponte de San Paio,
vexo a ponte de San Paio,
vexo a ponte de San Paio,
camiño de Pontevedra.
Ai, la ra la ra, Ai, la ra la ra,
escomencemos a pandeirada,
escomencemos o baile xa. (Bis)
VIGO
REDONDELA
CANGAS
PONTE DE SAN PAIO
PONTEVEDRA
5. VEN BAILAR CARMIÑA
Ven bailar Carmiña,
Carmiña, Carmela,
con zapato baixo,
e media de seda.
E media de seda
e media calada
ven bailar Carmiña,
miña namorada.
Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos,
as raparigas bonitas
piden rapaciños guapos.
6. NA BEIRA DO MAR Popular
Ollos verdes son traidores, [BIS]
azuis son mentireiros.
Os negros e acastañados
son firmes, e verdadeiros. [BIS]
Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña, pra ir a navegar,
pra ir a navegar, pra ir a navegar,
na beira, na beira, na beira do mar.
Cinco sentidos che temos, [BIS]
os cinco che precisamos.
Pero os cinco perdemos
cando nos namoramos. [BIS]
7. CATRO VELLOS MARIÑEIROS
Popular/J. Travieso
Catro vellos mariñeiros, [BIS]
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque.[BIS]
Ailalelo ..
Os mariñeiros traballan [BIS]
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegar-e
pola mañá cedo
cheirando a frescura. [BIS]
Ailalelo ..
Levo sardiña e bocarte, [BIS]
vendo xurelo pequeno.
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiro.) [BIS]
Ailalelo ..
8. A RIANXEIRA
X. Frieiro
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira, [BIS]
descalciña pola area,
parece unha rianxeira. [BIS]
Ondiñas veñen, ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te vaias rianxeira,
que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo, [BIS]
a barquiña que a trouxo
era de pau de laranxo. [BIS]
Ondiñas veñen, ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te vaias rianxeira,
que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe
quen a puxo moreniña? [BIS]
Foi un raíño de sol
que entrou pola ventaniña.
9. HIMNO GALEGO
Letra: Eduardo Pondal
Música: Pascual Veiga
Que din os rumorosos
na costa verdescente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan.
Non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais soio os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
10. BIBLIOGRAFÍA
• PDF Repertorio de Cantigas Galegas
realizada pola Asociación de PAS da
Universidade de Vigo.
• http://www.folkotecagalega.com
• http://www.ogalego.eu/exercicios_de_ling
ua/exercicios/pasatempos/cantigas.htm#2