Neotrobadorismo

364 visualizações

Publicada em

0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
364
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
70
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
6
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Neotrobadorismo

  1. 1. NEOTROBADORISMOAna María García Caneiro
  2. 2. INDICE1. Contextualización histórico Literaria1.1. Antecedentes1.2. Desenvolvemento1.3. O Neotrobadorismo como movemento poético2. Concepto de Neotrobadorismo2.1. Definición2.2. Características2.3. Influencias, tendencias e cronoloxía3. Influencia na literatura Galega e Portuguesa3.1. Autores destacados3.2. Repercusións e relacións na literatura galega e portuguesa
  3. 3. Contextualización histórico Literaria Antecedentes• Os cancioneiros medievais galego-portugueses foron redescubertos, no S. XIX.• Ata ben entrado o S.XIX esta seguirá a ser a norma: noticias dispersas e afirmacións difusas serán as únicas referencias á existencia dunha escola trobadoresca galego-portuguesa, de forma que esta acabará por identificarse con poetas posteriores• Haberá que esperar ata os setenta para que esta vaguidade se traduza en noticias concretas: as primeiras referencias explícitas aos cancioneiros galego-portugueses, ás súas edicións e ás cantigas dalgúns trobadores.
  4. 4. Desenvolvemento• A atención ás cantigas como textos literarios vai ter lugar sobre todo no S. XX e unha consecuencia vai ser a influencia no ámbito da creación poética, no movemento denominado`neotrobadorismo.• Tendencia poética que toma como referente o corpus trobadoresco galego-portugués, nas súas características xenéricas, elementos formais máis característicos ou nos seus textos máis representativos para reescribilos, reelaboralos ou simplemente dialogar con eles.• comprendería tanto o movemento poético que comeza a conformarse nos anos vinte como a súa derivación cara unha formulación de escola, especialmente na década dos cincuenta• non podemos establecer unha periodización con límites cronolóxicos precisos, pois cada unha das liñas definidas poden -e así o fan- sobreporse en determinados períodos históricos.
  5. 5. O Neotrobadorismo como movemento poético• Hay que ter en conta o especial interese suscitado pola poesía medieval galego- portuguesa nesta altura e as interpretacións de que vai ser obxecto. A teorización nacionalista vai procurar unha definición dos elementos característicos do espírito galego para impulsalos como valores necesarios nas realizacións artísticas e culturais que se querían propiamente galegas.
  6. 6. Concepto de Neotrobadorismo Definición• Co nome de neotrobadorismo recoñecemos unha dirección da poesía contemporánea que propón unha relectura da lírica galego-portuguesa medieval, utilizando para isto os recursos estilísticos e/ou temáticos propios dos trobadores. Esta tendencia, tamén coñecida como Escola medievalista ou cancioneirista, está propiciada directamente polo coñecemento da existencia da tradición medieval• Supón unha nova concepción da poesía dos trobadores medievais. Xorde en relación ás vangardasde comezos do século XX e supón unha poesía que lembra ás cantigas medievais, pero está influída polas correntes do momento
  7. 7. Características• A poesía neotrobadoresca caracterízase por unha extraordinaria perfección formal. Recupera procedementos temáticos (o amor…), ambientación espacial e estilísticos propios da lírica dos cancioneiros (paralelismo, refrán, leixaprén...) que concilia con imaxes atrevidas do creacionismo pero arredada da deshumanización da arte presente na vangarda plena.• As composicións están suxeitas á estrofa, ao cómputo silábico e á rima e reivindican as formas populares, de modo paralelo ao neopopularismo de poetas contemporáneos en castelán (García Lorca, Rafael Alberti...)
  8. 8. Influencias, tendencias e cronoloxía
  9. 9. Influencias:• Cantigas medievais: hai unha mímese dos recursos estilísticos (paralelismo,leixa-pren, refrán) e son as cantigas de amigoe as de amor os xéneros máis imitados.• Vangardas: léxico, metáforas...• Neopopularismo: inflúe na temática Tendencias:• os poetas neotrobadoristas son moi diferentes, algúns imitan máis as cantigas medievais e outros achegan máis influencias vangardistas. Cronoloxía:• hai dúas obras que se sinalan como o comezo e o feche do Neotrobadorismo, con todo este movemento influirá posteriormente: Nao senlleira (1933)-Cancioeiro de Monfero (1953)
  10. 10. Influencia na literatura Galega e Portuguesa Autores destacados• Quen vai consolidar a escola será Fermín Bouza Brey co seu libro Nao senlleira (1933), vinte poemas neotrobadorescos que foran aparecendo na revista Nós desde 1922. Enriquece os elementos neotrobadorescos engadindo outros de carácter popular, así como coa creación de dúas entidades simbólicas relevantes: o barco e o mar.• O cultivador máis excelso foi, sen dúbida, Álvaro Cunqueiro. Iníciase con Cantiga nova que se chama riveira (1933), e continuará publicando poesía neotrobadoresca nos anos de posguerra con Dona de corpo delgado (1950).
  11. 11. Repercusións e relacións na literatura galega e portuguesa• O estudo da literatura adoita levarse a cabo de acordo cos principios de orixe romántica, que, enmarcados nos procesos de construción nacional, buscaban a súa cohesión interna a través de elementos identitarios que permitisen a diferenciación dunhas colectividades respecto a outras. Isto débese a que a lingua foi considerada a miúdo expresión do espírito dun pobo e, con ela, a literatura vista como manifestación artística• Entre Galicia e Portugal establécese unha lingua común, identificada como propia, por máis que ao falar da lírica se teña en conta un compoñente de artificiosidade derivado da súa natureza poética convencional.• Esta circunstancia levou consigo a reivindicación do corpus lírico trovadoresco por parte de dous sistemas literarios, o portugués e o galego, o que tivo consecuencias nun dobre sentido, xa que, se ben puido favorecer o achegamento entre ambos os dous sistemas, os condicionantes que impón o concepto de literatura nacional determinaron un proceso de apropiación simbólica, ás veces vivido en termos de rivalidade máis ou menos implícita.
  12. 12. Bibliografía• AELG, “As vangardas : As vangardas poéticas galegas do primeiro terzo do século XX”, dispoñible en: <http://asvangardas.blogspot.com.es/2008/03/neotrobadorismo.html>, (acceso, diciembre de 2012)• EDUXUNTA, “A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas”, disponible en: < http://www.edu.xunta.es/centros/iespedradaauga/system/files/Vangardas+m %C3%A1is+resumidas_0.doc>, (acceso, noviembre de 2012)• FREIRE LÓPEZ, X. M., “Historia da literatura galega”, dispoñible en: < http://www.maldura.unipd.it/romanistica/galizia/freire-manual.pdf>, (acceso, noviembre de 2012)• GUTIÉRREZ GARCÍA, S., “La lírica gallegoportuguesa en los procesos de hegemonización y canonizaciónde la literatura gallega”ANUARIO DE ESTUDIOS MEDIEVALES (AEM), vol.37, nº1, enero-junio , (2007), pp. 245-265• LÓPEZ, M. T., “A fontana viva. Cancioneiros, cantigas e neotrobadores na Galiza contemporánea”, A lingua das cantigas”, Congreso da lengua medieval galego portuguesa na rede, dispoñible en: < http://vello.vieiros.com/galego.org/linguadascantigas/relatorios/teresa.html >, (acceso, diciembre de 2012)• _ Neotrobadorismo, dispoñible en: < http://www.blogoteca.com/literalingua/index.php? cod=77371 >, (acceso, noviembre de 2012)• -, “Neotrovadorismo, dispoñible en: < http://www.slideshare.net/xenevra/neotrobadorismo#btnPrevious>, (acceso, noviembre de 2012)• USC, As vangardas en Galiza I: o Neotrobadorismo, en: Curso monográfico de poesía galega, 2006/2007, disponible en: < http://es.scribd.com/doc/18560924/2-As-vangardas-en- Galiza-I-o-Neotrobadorismo >, (acceso, noviembre de 2012)

×