Quero ir á escola

2.980 visualizações

Publicada em

PRESENTACIÓN

Publicada em: Diversão e humor
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
2.980
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
2.405
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
12
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Quero ir á escola

  1. 1. QUERO IR Á ESCOLA!! CEIP VILAVERDE 2012-2013
  2. 2. PAKISTÁN É UN PAÍS DE ASIA.AS LEIS DESTE PAÍS ESTABLECEN QUE AS NENAS E OS NENOS DEBEN RECIBIR EDUCACIÓN, UNHA EDUCACIÓN IGUAL.TANTO AS NENAS COMO OS NENOS TEÑEN DEREITO A ASISTIR Á ESCOLA.PERO…
  3. 3. NO NOROESTE DE PAKISTÁN OS TALIBÁNS TEÑEN MOITO PODER. PENSAN QUE AS NENAS NON DEBEN IR Á ESCOLA.OS TALIBÁNS EXTREMISTAS DESTRÚEN CENTOS DE COLEXIOS PARA NENAS E INTIMIDAN E AMEAZAN ÁS NAIS E AOS PAIS DAS NENAS PARA QUE NON AS MANDEN Á ESCOLA.(SÓ UN 29% DAS NENAS ASISTEN Á ESCOLA NESE PAÍS).
  4. 4. AÍ, NO NOROESTE DE PAKISTÁN EXISTE UNHA CIDADE, MINGORA.MINGORA TEN AO REDOR DE 300000 HABITANTES E ESTÁ PRETO DO RÍO SWAT.
  5. 5. EN MINGORA VIVE MALALA YÚSAFZAI.MALALA É UNHA NENA MOI VALENTE E LISTA.DENDE PEQUENA GUSTÁBALLE APRENDER, QUERÍA SABER MOITAS COUSAS E TAMÉN APRENDER A FALAR EN VARIOS IDIOMAS… PARA ISO SABÍA QUE ERA NECESARIO IR Á ESCOLA.
  6. 6. MALALA NACERA EN MINGORA O 12 DE XULLO DE 1997.ALÍ VIVE COA SÚA NAI, O SEU PAI ZIAUDDIN E DOUS IRMÁNS.
  7. 7. CANDO MALALA TIÑA 10 ANOS OS TALIBÁNS APODERÁRONSE DA CIDADE E PROHIBIRON ÁS NENAS ASISTIR Á ESCOLA. TAMPOUCO PODÍAN VESTIR CON CORES BONITAS…
  8. 8. MALALA DECIDIU LOITAR, INDA QUE NON LLO PERMITÍAN ELA LÍA LIBROS ÁS AGACHADAS, ESCRIBÍA,…CANDO CUMPRIU OS ONCE ANOS PENSOU QUE DEBÍA FACER ALGO PARA QUE TODO O MUNDO SOUBESE O QUE PASABA NA SÚA CIDADE…- QUE PODO FACER? PREGUNTOUSE
  9. 9. OCORRÉUSELLE ESCRIBIR UN BLOG.- NON PODO POÑER NO BLOG O MEU VERDADEIRO NOME… SE O FAGO PODEN FACERME DANO A MIN OU Á MIÑA FAMILIA…
  10. 10. - XA SEI!... ESCRIBIREI CON OUTRO NOME… GÚSTAME GUL MAKAI.COMENTOULLO Á NAI E AO PAI.- SI, É UN FERMOSO NOME.MALALA ESCRIBÍA TODOS OS DÍAS NO SEU BLOG, COMO SE ESCRIBISE UN DIARIO…
  11. 11. CONTABA O MEDO QUE TIÑA, COMO OBRIGARAN ÁS MULLERES A LEVAR VEO, COMO PECHARAN TODAS AS ESCOLAS DE NENAS E COMO ELA FACÍA PARA PODER LER E QUE NON A DESCUBRISEN, …O BLOG CHEGOU SER COÑECIDO EN TODO O MUNDO, MAIS NINGUÉN DABA CON GUL MAKAI… QUEN SERÍA?
  12. 12. ALGO DO SEU BLOG SÁBADO 3 DE XANEIRO DE 2009. TEÑO MEDOTIVEN UN SOÑO TERRIBLE POLA NOITE, NEL HABÍA HELICÓPTEROS DO EXÉRCITO E TALIBÁNS. … FUN Á ESCOLA CON MEDO PORQUE O TALIBÁN EMITIU UN EDITO NO QUE PROHIBE QUE AS NENAS VAIAMOS Á ESCOLA. (…) AS MIÑAS TRES AMIGAS FÓRONSE COAS SÚAS FAMILIAS A OUTROS LUGARES. (…) MENTRES ÍA Á ESCOLA ESCOITEI A UN HOME DICIR “VOUTE MATAR”, MIREI CARA A ATRÁS CON MOITO MEDO PERO VIN ALIVIADA QUE FALABA POR TELÉFONO E QUE NON ÍA POR MIN. DOMINGO 4 DE XANEIRO: DEBO IR Á ESCOLAHOXE ERGUINME TARDE, A ISO DAS 10 DA MAÑÁ, OS DOMINGOS ANTES IAMOS DE PICNIC, PERO AGORA NON PODEMOS. FIXEN AS TAREFAS DE CASA E XOGUEI CO MEU IRMÁN… PERO O CORAZÓN LÁTEME RÁPIDO PORQUE MAÑÁ TEÑO QUE IR Á ESCOLA.
  13. 13.  LUNS 5 DE XANEIRO: NON USES VESTIDOS DE COLORESESTABA VESTÍNDOME PARA IR Á ESCOLA… LEMBREI QUE A DIRECTORA NOS DIXERA QUE NON USÁRAMOS O UNIFORME SENÓN QUE PUXERAMOS A NOSA ROUPA HABITUAL, ASÍ NON SABERÍAN QUE IAMOS Á ESCOLA.ASÍ QUE PUXEN O MEU VESTIDO ROSA FAVORITO. (…) MÁIS TARDE, NA ESCOLA, DIXÉRONNOS QUE NON USÁRAMOS ROUPA DE COLORES PORQUE O TALIBÁN NON ESTARÍA DE ACORDO…
  14. 14. ALGO DO SEU BLOG MÉRCORES 14 DE XANEIRO: QUIZÁIS NON VAIA MÁIS Á ESCOLAHOXE ESTABA DE MAL HUMOR MENTRES ÍA Á ESCOLA, PORQUE MAÑÁ COMEZAN AS VACACIÓNS DE INVERNO. MENCIONARON AS VACACIÓNS NA ESCOLA PERO NON CANDO SE VOLVERÍA ABRIR A ESCOLA, É A PRIMEIRA VEZ QUE SUCEDE… SEMPRE NOS DIN CANDO AS CLASES COMEZARÁN DE NOVO. CREO QUE O TALIBÁN VAI PROHIBIR A EDUCACIÓN DAS NENAS DENDE O 15 DE XANEIRO XOVES 15 DE XANEIRO: NOITE DE DISPAROSHOUBO DISPAROS TODA A NOITE, NON DURMÍN.LIN O MEU DIARIO ESCRITO NO BLOG.Á MIÑA NAI GÚSTALLE O MEU SEUDÓNIMO GUL MAKAI E DÍXOLLE AO MEU PAI POR QUE NON NOS CAMBIABAMOS O NOME.A MIN TAMÉN ME GUSTA ESE NOME.O MEU PAI DÍXOME QUE ALGUÉN LLE TROUXERA UNHA COPIA FOTOCOPIADA DO MEU DIARIO E QUE LLE DIXERA QUE ERA MARABILLOSO, PERO O MEU PAI NON DIXO QUE O ESCRIBIRA EU, A SÚA FILLA, NON PODÍA DICILO.
  15. 15. TEÑEN QUE MARCHAR DE MINGORA E TIVO QUE INTERROMPER OS SEUS ESCRITOS NO BLOG.MALALA VIVIU VARIOS MESES LONXE DA SÚA CASA E DI QUE O PEOR FOI NON TER LIBROS. DECIDIU QUE SE FORMARÍA E EDUCARÍA PARA PODER LOITAR POLO SEU POBO, POLAS MULLERES E O SEU DEREITO A EDUCARSE.
  16. 16. POR FIN NO ANO 2009, CANDO OS TALIBÁNS PERDEN ALGO DE PODER EN MINGORA, UN DOCUMENTAL DO New York Times AMOSA A MALALA E AO SEU PAI QUE FALAN DE COMO A EDUCACIÓN DAS NENAS NO SEU PAÍS É IMPOSIBLEhttp://www.nytimes.com/video/2012/10/09/world/asia/100
  17. 17. “EU QUERÍA BERRAR, BERRAR E DICIRLLE AO MUNDO ENTEIRO O QUE ESTABAMOS PASANDO. PERO NON ERA POSIBLE. OS TALIBÁNS TERÍANME MATADO E TAMÉN Á MIÑA FAMILIA ENTEIRA. ASÍ QUE ELIXÍN ESCRIBIR CUN NOME DIFERENTE” DIXO ANOS MÁIS TARDE CANDO A INVITARON A UNHA ENTREVISTA.
  18. 18. CANDO SE COÑECEU A SÚA IDENTIDADE, EN 2011, DÉRONLLE O PREMIO NACIONAL POLA SÚA VALENTÍA E FOI NOMINADA AO PREMIO INFANTIL INTERNACIONAL DA PAZ.
  19. 19. FÍXOSE FAMOSA EN TODO O MUNDO, PERO NIN SEQUERA O SER COÑECIDA FOI SUFICIENTE PARA PROTEXELA.OS TALIBÁNS OPINAN DELA QUE É “UNHA NENA CON MENTALIDADE OCCIDENTAL, QUE SE PASA A VIDA DENUNCIÁNDONOS...” E AMEAZAN CON MATALA
  20. 20. O 9 DE OUTUBRO DE 2012 EN MINGORA, VOLVÍA A CASA NO AUTOBÚS. O AUTOBÚS ESTABA CHEO DE ESCOLARES.VIÑA CON VARIAS AMIGAS, ENTRE ELAS KAINAT E PREPARABAN UN EXAME.UN ENCAPUCHADO BARBUDO TALIBÁN ENTROU NO AUTOBÚS E PREGUNTOU:- QUEN É MALALA? DEBE SER CASTIGADAENTÓN RECOÑECEUNA E DISPAROULLE CUN FUSIL.
  21. 21. KAÍNAT E OUTRA AMIGA TAMÉN RESULTARON FERIDAS PERO NON TAN GRAVES COMO MALALA.MALALA FOI TRASLADADA EN HELICÓPTERO A UN HOSPITAL PAQUISTANÍ
  22. 22. O 15 DE OUTUBRO FOI TRASLADADA A UN HOSPITAL DE INGALTERRA O QUEEN ELIZABETH DE BIRMINGHAM, ONDE SIGUE INGRESADA E EVOLUCIONA FAVORABLEMENTE.NON PODE FALAR DE MOMENTO PERO COMUNÍCASE ESCRIBINDO E ESTÁ DECIDIDA A SEGUIR LOITANDO POLO DEREITO DAS NENAS Á EDCACIÓN
  23. 23. A NOTICIA DO QUE LLE PASOU A MALALA PERCORREU O MUNDO E HOUBERON MOITAS MANIFESTACIÓNS.
  24. 24. MALALA DEDICOU A SÚA INFANCIA A DEFENDER O DEREITO A ESTUDAR DAS NENAS COMA ELA EN PAKISTÁN.SABES QUE HAI OUTROS PAÍSES ONDE TAMPOUCO AS NENAS PODEN ESTUDAR?SABES QUE EN ESPAÑA HAI MOITO TEMPO TAMPOUCO SE PENSABA QUE AS MULLERES DEBÍAN ESTUDAR?COMO PODEMOS AMOSAR O NOSO APOIO A MALALA? COMO PODEMOS DICIR QUE ESTAMOS A FAVOR DA EDUCACIÓN DAS NENAS?IMPEDIR QUE AS MULLERES SE EDUQUEN É UN XEITO DE MALTRATO E VAI EN CONTRA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS.
  25. 25. PARA SABER MÁIShttp://mexico.cnn.com /mundo/2012/10/17/la-memoria-del-ataque-aun-esta-en-mi-mente-relata-una-amiga-de- malalahttp://www.lavoz.com.ar/noticias/mundo/atacan-malala-yusufzai-chica-que-cuestiono-al-talibanhttp://es.globalvoicesonline.org/2012/10/12/paquistan-extremistas-religiosos-atacan-a-malala- yousufzai/http://www.elmundo.es/elmundo/2012/10/19/internacional/1350662984.htmlhttp://www.eltiempo.com/mundo/medio-oriente/ARTICULO-WEB-NEW_NOTA_INTERIOR -12319442.htmlhttp://www.20minutos.es/noticia/1622591/0/malala/tiroteada-talibanes/evoluciona/http://internacional.elpais.com/internacional/2012/10/10/actualidad/1349858160_977148.htmlhttp://cnnespanol.cnn.com/2012/10/14/pakistan-se-une-por-la-recuperacion-de-la-joven-que- recibio-un-disparo-en-la-cabeza/http://news.bbc.co.uk/2/hi/south_asia/7834402.stmhttp://www.europapress.es/internacional/noticia-malala-ya-tiene-pie-comunica-escrito-medicos- 20121019130755.htmlhttp://www.que.es/ultimas-noticias/internacionales/201210200158-malala-escribe-tiene-lverd.htmlhttp://www.huffingtonpost.es/2012/10/13/rezos-en-las-escuelas-de-_n_1963737.html

×