As noticias de lampi

345 visualizações

Publicada em

Dende a biblioteca, Lampi, ao recibir as noticias que remitiron as clases, elaborou unha historia que remitiu ás clases. CEIP Vilaverde

Publicada em: Educação
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
345
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
122
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
1
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

As noticias de lampi

  1. 1. LAMPI REPORTEIRO, VIAXA POLO MUNDO ENTEIRO CEIP VILAVERDE
  2. 2. EN MASCOTILANDIA PRECISABAN UN REPORTEIRO QUE VIAXASE POLO MUNDO ENTEIRO… EU QUERÍA SER A MASCOTA AFORTUNADA. ATA AGORA SÓ VIAXABA POLOS LIBROS DA BIBLIOTECA. VIVÍA AVENTURAS ESTUPENDAS CON XULIO VERNE (FUN CON EL AO CENTRO DA TERRA E Á LÚA), CON MIGUEL DE CERVANTES (FUN CON EL E O SEU QUIXOTE Á MANCHA), CON QUINO (Á ARXENTINA DE MAFALDA)… PERO EU QUERÍA IR DE VERDADE
  3. 3. VILAVERDIÑO, A NOSA MASCOTA XEFA, DECIDÍU QUE QUEN CONSEGUISE MÁIS NOTICIAS PODERÍA VIAXAR ATA OS LUGARES EN QUE SE PRODUCÍAN PARA VER QUE MÁIS SUCEDÍA ALÍ. ADIVIÑADES QUEN GAÑOU? POIS SI, EU. GAÑEI COA VOSA AXUDA. CONVERTÍNME NO ENVIADO ESPECIAL DE MASCOTILANDIA CON MOTIVO DO DÍA DA PRENSA (3 DE MAIO). NA MIÑA EQUIPAXE ÍA O MEU AMIGO MICRÓFONO, PRECISARÍAO PARA ENTREVISTAR A MOITA XENTE… SEGUÍDEME NUN MAPA –SE PODEDES-
  4. 4. CON EDUCACIÓN INFANTIL DE 5 ANOS B, 5ºA, 4ºA E CON 2ºB FUN A NEPAL. UN PAÍS FERMOSO QUE QUEDOU DESTROZADO POR UN TERREMOTO, MAIS QUE TEN ENORMES MONTAÑAS, AS MÁIS ALTAS DO MUNDO. É UN PAÍS NO QUE VIVEN PERSOAS DE MOI DIVERSAS RAZAS E CULTURAS. CONVIVEN EN PAZ , O RESPECTO É A CARACTERÍSTICA MÁIS IMPORTANTE DAS E DOS NEPALÍS. COÑECÍN A UNHA NENA SHERPA QUE ME CONDUCÍU Á CIMA DO EVEREST, ELA COÑECÍA MOI BEN TODOS OS CAMIÑOS E LEVABA ÁS COSTAS TODO O QUE PRECISABAMOS PARA VARIOS DÍAS
  5. 5. A NENA SHERPA CHÁMASE CHANDRA (QUE SIGNIFICA LÚA), SEGURO QUE LLO PUXERON PORQUE XA SUPUÑAN QUE SEMPRE ANDARÍA POLAS ALTURAS. CHANDRA FOI DESPEDIRME AO AEROPORTO CANDO MARCHEI A ITALIA. ALÍ FUN PERSEGUINDO A NOTICIA DE 3ºB PARA OBSERVAR O RESCATE DE DEZ MIL EMIGRANTES E DESPOIS QUEDEI UNS DÍAS PARA VISITAR AS RUÍNAS ROMANAS DO COLISEO. NO FOXO DO COLISEO VIVE UN LEÓN CHAMADO FEROCIUS QUE ME CONTOU QUE OS SEUS ANTEPASADOS PELEXABAN CON GLADIADORES. DENDE ALÍ CRUCEI PARTE DO MEDITERRÁNEO ATA MALLORCA…
  6. 6. ALÍ CHEGUEI PARA AVERIGUAR MÁIS SOBRE O FERRY INCENDIADO DO QUE ME FALABA 4 ANOS B, FUN SUBIDO NUNHA POMBA VIAXEIRA QUE FUXIRA DE PONTEVEDRA. SEICA FUXÍA DA NOSA CIDADE PORQUE QUEREN REDUCIR AS POMBAS NUN 40% (EU XA O SABÍA POLA NOTICIA QUE ME REMITIRA 3º C) E ALGUÉN LLE DIXERA QUE EN MALLORCA HABÍA MOITAS POMBAS NA CATEDRAL. EU QUIXEN DICIRLLE QUE MELLOR NON QUEDASE ALÍ,…
  7. 7. QUE ONDE HAI MOITAS POMBAS, HAI MOITA CACA… PERO NON, PENSEI QUE PODÍA FERILA E CALEI. DURANTE A VIAXE FALEILLE DE CHANDRA E DE FEROCIUS, DE COMO ME CONVERTERA EN REPORTEIRO E ELA QUEDOU CAVILANDO… A QUE SE PODERÍA DEDICAR ELA?. EU PROPÚXENLLE QUE PODÍA AXUDAR A COIDAR NENAS E NENOS NO HOSPITAL, XA QUE ELA TIÑA ACCESO ÁS FIESTRAS CON FACILIDADE (POIS SABÍA POR UNHA NOTICIA DE 3ºA QUE HAI XENTE DA CRUZ VERMELLA QUE BOTABAN UNHA MAN ÁS MAMÁS E AOS PAPÁS COIDANDO DAS NENAS E DOS NENOS INGRESADOS)
  8. 8. - EN QUE HOSPITAL PODERÍA TRABALLAR? - POIS… - SABES ALGÚN? EU FALEILLE DO DE VIGO. SABÍA POLO ALUMNADO DE 2ºA QUE ALÍ AXUDABAN ÁS PERSOAS A OÍR. - ACOMPÁÑASME ATA ALÍ? TAN PRONTO REMATEI DE INFORMARME SOBRE O FERRY ACOMPAÑEINA, AO FIN ELA FORA QUEN ME LEVARA ATA MALLORCA E NON ME COBRARA REN… VARIAS HORAS DESPOIS ESTABAMOS SOBRE A PONTE DE RANDE.
  9. 9. DENDE ALÍ PUIDEMOS VER UNHA BOLSA DE PLÁSTICO FLOTANDO SOBRE O MAR… UN DESASTRE! BAIXAMOS AXIÑA RECOLLELA PARA LEVALA AO LIXO. QUEN TIRARÍA ISO QUE TANTO DANO PODÍA FACER AOS PEIXES? E LEMBREI A NOTICIA QUE ME REMITIRA 5º B QUE FALABA DE COMO A UNIÓN EUROPEA PRETENDE REDUCIR AS BOLSAS DE PLÁSTICO. OGALLÁ QUE O CONSIGA!
  10. 10. DESPEDINME DA POMBA ALÍ NA PONTE. ELA MARCHOU CARA AO HOSPITAL E EU QUEDEI MIRANDO AOS COCHES. UNS COCHES QUE EN BREVE LEVARÁN UN NOVO SISTEMA, CHAMADO E-CALL (SEGUNDO DICÍA A NOTICIA QUE REMITÍU 5ºA) PARA AVISAR DOS PROBLEMAS… SALTEI SOBRE UN DOS COCHES…
  11. 11. A CONDUTORA CONVIDOUME A UN DONUTS, UN IGUALIÑO AOS DA NOTICIA QUE ME DEIXARA 3 ANOS B. DONUTS QUE NON PUIDEN COMER PORQUE PARECÍA… QUE ME CHISCABA UN OLLO! MAIS CELEBRAMOS CANTANDO A VITORIA DO TEUCRO E DO PONTEVEDRA (TAL COMO ME CONTARAN AS NENAS E NENOS DE 3 ANOS A NA SÚA NOTICIA)
  12. 12. GRETA, QUE ASÍ SE CHAMABA A CONDUTORA DÍXOME QUE ELA XA TIÑA E-CALL E QUE LLE VIÑERA BEN UN DÍA QUE UNHA ABELLA ENTRARA NO COCHE E PARECÍA QUE A ÍA PICAR… SEGURO QUE SE EQUIVOCARA, O MÁIS PROBABLE É QUE A ABELLA ENTRARA ALÍ POR ERRO… NON CREDES? EU TAMÉN LLE FALEI DAS MIÑAS VIAXES E ASÍ, FALANDO CHEGAMOS A PONTEVEDRA. EU MARCHEI DURMIR ESA NOITE Á BIBLIOTECA DE VILAVERDE E ATOPEI A NOTICIA DO TELESCOPIO HUBBLE QUE ME DEIXARA 5 ANOS A. NON PUIDEN RESISTIRME, POLA MAÑÁ PUXEN O MEU TRAXE ESPACIAL E MARCHEI ATA ONDE SE ATOPABA O TELESCOPIO PARA VER COMO SE CONSERVABA, POIS TEN 25 ANOS XA XIRANDO AO REDOR DA TERRA.
  13. 13. DENDE O HUBBLE PUIDEN VER A CHANDRA, A FEROCIUS, Á POMBA, A GRETA,… COMO ME GUSTARÍA FACERLLES UN AGASALLO! MATINEI UN CHISCO EN POSIBILIDADES: UNHA TARTA, UN XOGUETE, UN TRAXE, UNHA FOTO MIÑA, UN LIBRO… UN LIBRO ESTARÍA BEN, PERO… ONDE ATOPARÍA EU UN LIBRO EN LINGUA DAS POMBAS E DOS LEÓNS? LEMBREI ENTÓN A NOTICIA QUE DEIXARA 1ºB: UNHA FAMILIA QUE ADOPTARA A UNHA CADELIÑA…
  14. 14. PODERÍA AGASALLARLLES UN CAN QUE LLES FIXESE COMPAÑA… ONDE ATOPARÍA EU TANTOS CANS? ONDE? PENSEINO…
  15. 15. ATOPEI A RESPOSTA NA NOTICIA REMITIDA POR 4 ANOS A SOBRE A ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS. COLLÍN VARIOS CANCIÑOS E LEVEILLOS PERSOALMENTE: CHANDRA QUEDOU MOI CONTENTA PORQUE ASÍ TERÍA COMPAÑA CANDO SUBISE ÁS MONTAÑAS, FEROCIUS AGRADECEU MOITO TER UN AMIGO (INDA QUE O CANCIÑO AO PRINCIPIO LLE TIÑA UN CHISCO DE MEDO, SOBRE TODO CANDO RUXÍA), A POMBA DEIXOULLE O SEU CANCIÑO A UN NENO QUE ESTABA NO HOSPITAL CURÁNDOSE DUN ATROPELO E GRETA PÚXOLLE DE NOME Á SÚA CADELA “TIZONA” ANTES DE LEVALA CON ELA NO SEU COCHE PASEAR.
  16. 16. EU, CANSO, CANSO DE TANTA VIAXE FUN DURMIR TODA UNHA SEMANA. ESPERTARÍA A TEMPO PARA IR VOTAR NAS ELECCIÓNS SOBRE AS QUE ME FALARAN AS ALUMNAS E OS ALUMNOS DE 6º. E DESPOIS MARCHARÍA DE PESCA AO LÉREZ TAL COMO DICÍA A NOTICIA DE 1ºA. NON SEI SE PESCARÍA TROITAS OU DEIXARÍA QUE ME PESCASEN… PODERÍA SER TODA UNHA AVENTURA!

×