SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 71
Baixar para ler offline
Lingua Galega

APUNTAMENTOS E
   EXERCICIOS


 (GRAMÁTICA E
 ORTOGRAFÍA)



    Gramática da Lingua Galega 1
TEMA 1
1. Fonoloxía

A fonética é a ciencia que estuda os
sons.
A fonoloxía é a ciencia que estuda os
fonemas.
O fonema é o elemento mínimo
distintivo.
Fonema vocálico : pode formar sílaba só e o aire sae pola boca sen ningún obstáculo.
Fonema consonántico : non pode formar sílaba só e o aire atopa obstáculos ao saír.

1.2.- Sistema vocálico do galego
      - En posición tónica: sistema de sete fonemas.




/a/: central, aberta.
/ /: posterior, media aberta.
/o/: posterior, media pechada.
/u/: posterior, pechada.
/i/. anterior, pechada.
/e/: anterior, media pechada.
/e/: anterior, media aberta.

       Cando se quere marcar ortograficamente o timbre da tónica, acentúase sempre a aberta :
Fóra-fora, óso-oso, bóla-bola, póla pola, vés-ves, pé-pe, présa-presa...

       Algunhas indicacións para sabermos se a tónica media é aberta ou pechada:
a) As palabras rematadas en vogal tónica acostuman ser abertas: avó, bebé ...
b) As tónicas rematadas en -el, -ol acostuman ser abertas: papel, español (mais: el, aquel)
c) Boa parte da secuencia 'on' é pechada (lambón, monte) e 'en' aberta (ninguén, ben)
d) A vogal temática dos verbos da 2ª conxugación é pechada: lamber, lambedes
e) Nos verbos con alternancia vocálica no radical, a vogal é aberta na 2ª, 3ª e 6ª persoas do


                                  Gramática da Lingua Galega 2
presente de indicativo: segues, dorme, foxen.
Verbos en -er que teñen -e- ou -o- como últimas vogais do radical. Na 2ª, 3ª e 6ª do presente de
indicativo presentan a vogal aberta: bebes, bebe, beben, comes, come, comen.
f) As vogais equivalentes aos ditongos ie, ue en castelán acostuman ser abertas: pé, ovo.

       En posición átona (non final): non hai oposición de medias abertas-pechadas. Hai un sistema
de cinco vogais.
       En posición final (átona): sistema de tres vogais : /E/ /a/ /O/

1.2.- Sistema consonántico do galego.

                                                    /b/: oclusiva, bilabial, sonora. Grafemas b,v
                                                    /d/: oclusiva, dental, sonora.
                                                    /g/: oclusiva, velar, sonora. Grafemas: g (+a,o,u),
                                                    gu (+e,i).
                                                    /h/: gheada dialectal.
                                                    /p/: oclusiva, bilabial, xorda.
                                                    /t/: oclusiva, dental, xorda.
                                                    /k/: oclusiva, velar, xorda. Grafemas: c (+a,o, o),
                                                    qu (+e,i), k
                                                    /f/: fricativa, babiodental, xorda.
                                                    /q/: fricativa, interdental, xorda. Grafemas: z
                                                    (final, +a,o,u), c (+e,i).
                                                    /s/: fricativa, alveolar, xorda. Seseo dialectal.
                                                    /∫/: fricativa, palatal, xorda. Grafema x.
                                                    /t∫/: africada, palatal, xorda. Grafema ch.
                                                    /m/: nasal, bilabial, sonora.
                                                    /n/: nasal, alveolar, sonora.
/ /: nasal, palatal, sonora. Grafema ñ.
/ /: nasal, velar, sonora. Grafema nh.
/l/: lateral, alveolar, sonora.
/λ /: lateral, palatal, sonora. Grafema ll (moi escasa nos falantes).
/r/: vibrante, alveolar. Grafema r (inicial, despois de n,s,l) ou rr.

        Un mesmo fonema pode realizarse a través de sons diferentes (e o máis habitual e
esperábel é que así sexa), mais que posúen todos eles en común os trazos que opoñen ese fonema a
todos os outros fonemas da mesma lingua. Estes sons diferentes chámanse alófonos. Existen
alófonos e neutralizacións. En fonoloxía a neutralización consiste na eliminación da oposición
(diferenza) que se establece entre dous fonemas nun determinado contexto, de maneira que
foneticamente soan igual, aínda que se trate da realización de dous fonemas distintos (Madrid).
        Os alófonos pódense dar en distribución complementar ou libre. Os alófonos en distribución
complementar son os que aparecen sempre en determinados contextos e non noutros: onde
aparece unha variante non pode aparecer outra. Por exemplo, en galego o b oclusivo ([b]) dase
despois dunha pausa ou dunha nasal. O b fricativo ([β])aparece en todos os demais casos. Hai
complementariedade entre unhas realizacións e outras, unhas valen para uns casos e outras para
outros.




                                    Gramática da Lingua Galega 3
Os alófonos en distribución libre non se exclúen, senón que na mesma posición pódense dar
dúas realizacións: non hai complementariedade, senón superposición.
        As diferenzas fonolóxicas permiten que nunha lingua determinada se poidan distinguir
significados. Os dous b de vai e avó non manteñen unha oposición distintiva, pero si /p/ e /b/ en
todos os casos.

2. A entoación. É como a musica, o ritmo da frase.
       O tonema é a unidade melódica mínima (desde a sílaba tónica ata a pausa). Pode ser
horizontal, ascendente ou descendente.
       Os tonemas van formando grupos melódicos separados por pausas.

Aprobaches o exame?          Dáme a revista!              Colleu o chaveiro, os cartos e o pano.




       O campo de entoación dunha lingua é a máxima distancia entre o ton dos tonemas
ascendentes máis agudos e o dos descendentes máis graves (o do galego é máis amplo có do
castelán e máis reducido có do portugués brasileiro).

3. A sílaba.
        A sílaba é cada un dos golpes de voz con que se articula a palabra. O núcleo é sempre unha
vogal, é obrigatorio. A marxe non é obrigatoria.
        Marxe explosiva : anterior ao núcleo.
        Marxe implosiva : posterior ao núcleo.
        Sílabas libres son aquelas que acaban en núcleo e trabadas as que acaban en marxe silábica.

        3.1.- O ditongo é a combinación de dúas vogais. Unha delas é forte (núcleo silábico) e a
outra feble (marxe silábica). Exs: Vougo (baleiro, deserto); Ousia (ábsida); Vouta (Bóveda)
Ditongos: Ai-Au-Ia-Ua-Ei-Eu-Ie-Ue-Oi-Ou-Io-Uo. O núcleo é a vogal máis aberta: Ou-ro. Xei-tei-
ra. Noi-te.
        Os ditongos poden ser crecentes decrecentes ou homoxéneos :
- Crecentes : marxe+núcleo, a 2ª é forte. A abertura das vogais vai de menos a máis, é dicir, que
crece . Son pouco frecuentes en galego.
                    Exemplos: Ciencia, Manuel, piano, fiestra, miolo, cuarto, tenue, triduo
- Decrecentes : núcleo+marxe, a 2ª é feble. A abertura das vogais vai de máis a menos, é dicir, que
decrece. Son os máis característicos do galego. Exemplos: Feira, xouba, troitas, caixa, niveis,
queixo, Roi, coita, causa, eu, veu, pouco, pediu

- Homoxéneos: na mesma sílaba atópanse dúas vogais pechadas. Neles o núcleo é a vogal que recibe
máis intensidade. Ex: Lin-güis-ta. Diu-ré-ti-co.
          OLLO : os ditongos homoxéneos en final de palabra equipáranse aos decrecentes a
          efectos de acentuación gráfica e, polo tanto, non se acentúan as palabras agudas
          rematadas en estes ditongos: partiu, azuis.



                                  Gramática da Lingua Galega 4
3.2. Tritongo: encontro de tres vogais nunca única sílaba. Fórmase cunha vogal tónica,
aberta ou media, entre dúas vogais pechadas. Os tritongos son combinacións de tres vogais
(feble+forte+feble). Son escasos : denunciou, policiais, vieiros. Cu-miais. Ha-bi-tuais. Bueu. Luou.

      3.3. Hiato: encontro de dúas vogais que están en sílabas distintas. EX: Rí-o. Crú-a. Mo-er.
Má-go-a. Me-di-te-rrá-ne-o

4. O acento
       Atendendo ao acento, as sílabas poden ser tónicas ou átonas. O acento é a maior
intensidade articulatoria que recae sobre unha sílaba. Ten valor distintivo : maza/ mazá,
temera/temerá...
       No galego soamente se usa un tipo de acento, o acento agudo (´).

ESQUEMA:      REGRAS DE ACENTUACIÓN GRÁFICA:
             CENTÚANSE                               ON SE ACENTÚAN


             Se rematan en:                          Se rematan en:
             -vogal:                                 -consoante distinta de –n, -s:
                Ex: papá, Xosé, gogó                   Ex: papel, cantar, nariz, arroz, capital,
AGUDAS                                               anal,
             -n:
                   Ex: camión, lambón                 -ditongo decrecente:
                                                                (seguido ou non de “s”)
             -s:                                        Ex: ademais, controis, despois, amou,
                   Ex: papás, gogós, mamás           rompeu, estudei, españois, capitais,
                                                     papeis, romeu, bacallau, xubileu, dezaseis.
             -ns:                                    Tamén partiu, azuis.
                Ex: camións, lambóns
                                                     -os monosílabos:
                                                       Ex: Pan, can, sal, fol, mol, gol, sol, fel,
                                                     mel, rol, cal, mal, son, man, san, paz, ron.


             Se rematan en:                          Se rematan en:

             -consoante distinta –n, -s:            -vogal:
GRAVES        Ex: móbil, carácter, alférez, cráter,     Ex: gata, lata, ruta, gruta, loito, loita,
                                                    froito, froita, canta, pata.
             -ditongo decrecente:
                  (seguido ou non de “s”)           -vogal + n:
              Ex: amábeis, imposíbeis (plurais de       Ex: cantaran,
             palabras reatas en –bel); hóckey,
             jóckey (estranxeirismos acabados no -vogal + s:
             ditongo –ey = -ei).                         Ex: cantas, mantas, mantos, coles,
                                                    soles, males, malos, rusos, lapis,
             -grupos cultos latinos -ps, -x:


                                   Gramática da Lingua Galega 5
Ex: tríceps, bíceps, clímax, Félix,              -vogal + ns:
                     tórax.                                           Ex: canons, colons, dolmens,


ESDRÚ-            Acentúanse todas:
XULAS              Ex: mágoa, bárbaro, tépedo, túnica,
                 tónico,


            OLLO: Sobre as agudas: A efectos de acentuación gráfica, en final de palabra os
            ditongos homoxéneos (iu, ui) equipáranse aos ditongos decrecentes e, polo tanto, non se
            acentúan nas palabras agudas. Exemplos: partiu, azuis.

         4.1. Casos especiais de acentuación:

       4.1.1.- Acentuación de i, u en hiato:
       As vogais “i”, “u” tónicas acentúanse graficamente cando van inmediatamente antes ou
despois dunha vogal átona, para indicar que pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non
forman ditongo.
        Exemplos: Acentúo, aínda, baúl, Paúl, túa, lúa, rúa, rúas, túas, súas, caída, saída, Coímbra, constituíu,
egoísmo, miúdo, muíño, moía, prexuízo, xuízo, raíña, raíz, río, tío, lío, roía, ruído, saía, saín, caín, ruín, saír, traía,
etc.


        4.1.2.- Acentuación de estranxeirismos e latinismos:
      As palabras estranxeiras seguen as mesmas regras de acentuación xerais.
Exemplos:
     Agudas: autobús, iglú, iglús, obús, popurrí, puré, organdí, ralentí, tabú, vermú, xampú, xampús, puré, purés,
aerosol, anorak, argot, autocar, autostop, ballet, boicot, coñac, fagot, iceberg, leitmotiv, neceser, relax, voleibol.
      Graves: accésit, béisbol, cénit, córner, ídem, karaoke, líder, álbum, médium, macádam, quórum, réquiem,
smóking, superávit, tándem, télex, tótem, harakiri, ioga, lapilli, mitin, pelotari, penalti, fútbol, pizza, quimono,
ravioli, zombi.
     Esdrúxulas: bádminton, búmerang, cárdigan, déficit, hábitat, hándicap, ínterim, magníficat, párkinson.


          OLLO: As palabras rematadas graficamente en “y” (i grego) teñen o mesmo tratamento
          que se rematasen en “i” (i latino).
            Exemplos: playboy (aguda rematada en ditongo decrecente: “oy” = “oi”), spray (coma convoi, samurai),
hóckey, hippy, hobby, rugby, whisky.


        4.1.3.- Acentos diacríticos: Úsase para distinguir dúas palabras que se escriben igual, para
evitar confusión.

PALABRAS CON ACENTOS DIACRÍTICOS OBRIGATORIOS:
á (a + a artigo; substantivo)                          a (artigo; pronome; preposición)
ás (a + as artigo; substantivo)                        as (artigo; pronome)
bóla (esfera)                                          bola (peza de pan)
cá (ca + a)                                            ca (conxunción comparativa)
cás (ca + as)                                          cas (preposición)
chá (plana)                                            cha (che + a)



                                          Gramática da Lingua Galega 6
chás (planas)                                     chas (che + as)
có (ca + o)                                       co ( con + o)
cós (ca + os; subst.:parte da camisa)             cos (con + os)
cómpre (é mester, fai falta, é necesario)         compre (merque: do verbo mercar)
cómpren (son mester)                              compren (merquen)
dá (presente e imperativo do verbo dar)           da (de + a)
dás (presente do verbo dar)                       das (de + as)
dó (compaixón)                                    do ( de + o)
é (presente do verbo ser)                         e (conxunción)
fóra (adverbio de lugar)                          fora (antepretérito dos verbos ser e ir)
má (ruín)                                         ma (me + a)
más (ruíns)                                       mas (me + as)
máis (adverbio)                                   mais (conxunción: sinónimo de pero)
nó (substantivo: “nudo”)                          no (en + o)
nós (subst.: Plural de nó; pron. Tónico)          nos (en + os; pron. Átono)
ó (a+ o)                                          o (artigo; pronome)
ós (a + os)                                       os (artigo; pronome)
óso (do corpo)                                    oso (animal)
pé (parte do corpo)                               pe (letra)
póla (rama)                                       pola (galiña; por + a)
pór (poñer)                                       por (preposición)
présa (apuro)                                     presa (prendida, cativa; presada)
sé (“sede catedral; imperativo de ser)            se (conxunción; pronome reflexivo)
só (adverbio e adxectivo)                         so (preposición= debaixo de)
té (infusión)                                     te (pronome; letra)
vén (presente do verbo vir)                       ven (presente de ver; imperativo de vir)
vés (presente de vir)                             ves (presente de ver)
vós (pronome tónico)                              vos (pronome átono)


       4.1.4.- Verbo + pronome enclítico e verbo + 2ª forma do artigo:
      Se o verbo leva despois o pronome unido a el, ou o artigo (este sempre mediante guión),
trátase coma se fose unha soa palabra e acentúase segundo as normas anteditas.
Exemplos:
       - Con pronomes enclíticos: Cantaraa, cantáraa. Bebérala, beberala. Catárana, cantarana. Métese,
méteseche. Metéusenos, metéusevos, metéronvolo. Tómao, tómallo, tómallos, tómallelo.
        - Con 2ª forma do artigo: Ti cóme-lo caldo; É bo come-lo caldo; Ti bebéra-la auga; Ti bebera-la auga.
           OLLO: As formas verbais que levan til diacrítico mantéñeno cando van unidas a un
          pronome átono. Exemplo: é / élle; éa; dáo; dáme; dálle; ti dálo á forza; ti dáslle; ti dásme; ¿ti vélo
           comprar?
                 4.1.5.- Adverbios en –mente: Nunca levan til, porque son graves rematadas en vogal.


                                      Gramática da Lingua Galega 7
4.1.6.- Interrogativos e exclamativos: Non se acentúan os interrogativos e exclamativos
directos:
        Exemplo: Canto queres? Onde vas? Como estás? Cal é o teu coche? Que fixeches? Por que non vas hoxe?
Cando vés? Como medraches, neno! Que caro! Onde vas! Que desgraza! Que demo de rapaces!
       Tampouco se acentúan as formas do interrogativo e do exclamativo cando introducen
interrogativas indirectas.
        Exemplo: Pregúntalle canto quere polo coche. Pregúntalle onde está o meniño. Pregúntalle cando volve.


          ATENCIÓN: Soamente se acentuarían se fose preciso para evitar confusións:
                  Exemplo: Dille qué queres/Dille que queres;
                         Xa sabes qué hai/Xa sabes que hai


5. O apóstrofo:
       Admítese o seu uso en dous casos:
1-Cando se quere reproducir fielmente a pronuncia do galego oral ou dialectal. Exemplo: n´é
verdade; n´o fixen; ont´á noite;
2-Cando se citan títulos ou cabeceiras de publicacións sempre que o artigo inicial se integre coas
preposicións “de” ou “en”. Exemplo: O argumento d´A Esmorga. Iso está n´Os Eoas.

6. Signos de interrogación e admiración:
     A interrogación ( ? ) e a exclamación ( ! ) só se poñen ao final da frase:
     Exemplos:
       Por que non foches onte ao cine ?
       Cando queres que vaia contigo ?
      Vaiche boa !
       Malo raio te coma !


          OLLO: Aínda que, para facilitar a lectura e evitar ambigüidades, poden poñerse tamén ao
          principio da frase ( ¿ ), ( ¡ ).


7. Grupos consonánticos
        As palabras patrimoniais establecen cal é a estrutura silábica normal do noso idioma. Pero
os préstamos e mais as palabras cultas con frecuencia teñen unha estrutura silábica diferente, e
de aí que presenten problemas de adaptación. Debe terse en conta, con todo, que hai préstamos
sen apenas acomodación e con pronuncias particulares, mesmo de grafías existentes con outro
valor en galego: allegro, hippy.
        No tocante ás agrupacións de consoantes, a adaptación gráfica dos cultismos e dos
préstamos faise de acordo cos criterios xerais seguintes:
        a) Mantense a grafía -cc- nos cultismos cando corresponde á pronuncia [kc], coma en
acceso, acción, micción, etc.
        b) Mantéñense os grupos formados por dúas consoantes que pertencen a sílabas distintas,
isto é, que forman grupo heterosilábico, sempre que non se trate dunha consoante dobre: obxecto,
apto, administrar, atmosfera, máximo, magma, nafta, himno.
       Deste comportamento exceptúanse algunhas palabras de circulación restrinxida ou aínda
non plenamente adaptadas, coma súmmum, gamma ‘letra grega’, enneasílabo, kappa, razzia, pizza, así coma
os derivados formados por un prefixo rematado en -n e unha base produtiva iniciada por n- :

                                      Gramática da Lingua Galega 8
circunnavegar; connatural, connotar; ennobrecer; innato, innecesario, innegable, innervar, innobre, innomeable,
innovar, innumerable.
      Téñase en conta que existen formas populares como connosco, ennegrecer, ennobelar,
ademais das secuencias verbo + pronome persoal átono do tipo chámannos, víronnos, collerannos,
sempre coa pronuncia [Nn].
      c) Tamén se manteñen en xeral os grupos de dúas consoantes explosivas: ctenóforos, gnomo,
mnemotécnico, pneuma, psicópata, pterodáctilo, atlas, ínclito, perplexo etc.
       d) En posición implosiva normalmente non se admiten grupos de dúas consoantes, salvo
cando a segunda é s: obsceno, adscribir, externo, construír, circunstancia, perspectiva, bíceps, relax.
       Con todo, algúns préstamos estranxeiros manteñen excepcionalmente as dúas consoantes
en final de sílaba, polo menos graficamente: zinc, hínterland, round, lord, golf, windsurf, búmerang,
cámping, iceberg, kirsch, sketch, folk, sprint, test. Da mesma maneira, escríbense con consoante dobre final
palabras como full ou jazz.


8.1. Grupos bl, cl, fl, gl, pl, tl
        Estes grupos mantéñense inalterados nos cultismos e nos préstamos ou formacións
recentes: ablativo, aclarar, atlántico, atleta, blasfemar, blindar, bloque, clamar, clan, claridade, clarín, claro,
clase, clasificar, cláusula, clero, clima, club, exemplo, explicar, flamante, flan, flexión, flor, fluxo, glaciar, glándula,
glicerina, globo, gloria, glosa, incluír, influír, oblación, oblicuo, plano, planta, plasma, plástico, plátano, plaxio,
plenario, pluma, plumaxe, plural, problema, proclamar, publicar, reflexión, subliminar, subliñar, templo, troglodita.
        As palabras latinas semicultas e algúns préstamos antigos doutros idiomas mudaron o l en
r: aprazar, branco, brancura, brando, brasón, compracer, cravar, cravo, cravuñar, cumprir, dobrar, emprazar,
empregar, escravo, fraco, frauta, frecha, fretar, frota, frouxo, igrexa, nobre, obrigar, pracer, praga, praia, prata,
prato, praza, prazo, preamar, pregar, preito recruta, singradura etc.


8.2. Grupos bc, bd, bm, bn, bs, bt, bv e bx
       Mantéñense sempre sen alteración: abdicar, abdome, abnegación, absentismo, absoluto, absolver,
absorber, absurdo, insubmisión, obcecar, obnubilar, obsequiar, observar, obsesión, obsoleto, obter, obtuso, obviar,
obxección, obxectividade, obxecto, subconsciente, subdirector, súbdito, submersión, subministrar, subsección,
subsidio, subsistir, subsumir, subtítulo, subxectivo, subxugar.
       Sutil e a súa familia léxica (sutileza, sutilidade, sutilmente, sutilizar) perderon o b desde as
orixes do idioma.

8.3. Grupo bs + consoante
       Aínda que existe a tendencia popular a eliminar a primeira consoante nas palabras con
moito uso, na escrita débese manter a solución culta con conservación do grupo: abstemio, abstención,
abstracción, abstracto, obsceno, obstáculo, obstinado, obstruír, subscrición, substancia, substantivo, substitución,
substituír, substituto.
        Deben evitarse as formas *substraer, *substracción, *substraendo, tomadas do castelán.
O verbo latino de que derivan era SUBTRAHERE, polo que, se se adopta o cultismo latino, débese
utilizar subtraer, subtracción e subtraendo.

8.4. Grupos -ct- e -cc-
       Os grupos ct e cc mantéñense nos vocábulos cultos cando os preceden as vogais a, e, o:
abstracto, acción, acta, actor, actualidade, adxectivo, afección, arquitecto, artefacto, aspecto, atracción, cacto,
calefacción, carácter, circunspecto, coacción, colección, colectivo, compacto, confección, contacto, contracción,
conxectura, corrección, desinfección, detectar, detractor, dialecto, dirección, directo, distracción, elección,
electricista, equinoccio, estupefacción, exactitude, extracción, fracción, impacto, imperfección, incorrección,
indirecto, infección, insecticida, inspección, insurrección, intacto, intelecto, intersección, inxección, inxectar,
lactante, lácteo, lección, lector, obxecto, occidente, octosílabo, olfacto, pacto, perfección, perfecto, perspectiva,



                                           Gramática da Lingua Galega 9
predilecto, prospecto, protección, proxectar, proxecto, putrefacción, putrefacto, reacción, reactivo, recto,
rectitude, redacción, redactor, reflector, refracción, respectar, respecto, resurrección, retrospección,
satisfacción, sección, sector, selección, sintáctico, táctica, tacto, tracción, tractor, traxecto, traxectoria, vector.
        Perderon o c as palabras catarata, contratación, contratar, contrato, tratado, tratamento,
tratar, trato.
               Suprímese a primeira consoante nos dous grupos cando os preceden as vogais i e u:
              abdutor, aflición, aflito, condución, conduta, condutor, conflito, constrición, constritivo,
              construción, construtivo, construtor, contradición, contrición, dedución, dedutivo, delito,
              destrución, destrutor, dicionario, distrito, ditado, ditadura, ditame, ditar, estrito, estrutura,
              flutuación, flutuar, frutífero, frutificar, indución, introdutor, introdutorio, lutuoso, obstrución,
              obstrucionista, obstrutivo, produción, produtivo, produto, produtor, reconstrución, redución,
reduto, redutor, reprodución, reprodutor, restrición, restritivo, tradutor, vítima, vitoria, vitorioso, xurisdición.
       Porén, convén manter esta primeira consoante nalgunhas palabras pertencentes a linguaxes
especializadas, de escasa presencia na fala ou para evitar homonimias. Son voces como adicción,
adicto, amicto, anfictión, anfictionia, apodíctico, convicción, convicto, deíctico, dicterio, dúctil, ductilidade, ducto,
evicción, ficción, ficticio, flictena, fricción, friccionar, ictericia, ictérico, ictiografía, ictioloxía, ictiomancia (e
outras formas con ictio- ), indicción, invicto, lictor, micción, nictalope, nictalopía, pictografía, pictórico (e outras
formas con picto-), ricto, succión, succionar, veredicto, vindicta.
       Non se debe esquecer que hai algúns semicultismos con vocalización da consoante implosiva
en u ou en i: doutor, doutoramento, doutrina; reitor, reitorado, reitoral, reitoría; seita (pero
sectario, sectarismo); suxeitar e suxeito. Ás veces, ao lado destas formas existe a culta
correspondente, cun significado menos restrinxido, como ocorre, por ex., en pauto / pacto.

8.5. Grupo -cn-
       Consérvase en todos os casos: acne, arácnido, cnidarios, cnitosporídeos, pícnico, picnómetro, picnose,
pirotécnico, politécnico, radiotécnico, técnica, tecnicismo, tecnocracia, tecnoloxía, zootécnico.


8.6. Grupo -cd-
Mantense o grupo en todos os casos: anécdota, anecdotario, anecdótico, sinécdoque.

8.7. Grupo [ks] (grafía -x- )
       Mantense sempre na grafía como x: aproximar, asfixia, axila, axilar, axioma, bórax, convexo, elixir,
exacto, exame, exceder, excelente, exceso, exclamar, exilio, eximir, éxodo, exótico, explosión, extra, galaxia,
hexágono, laxo, léxico, maxilar, nexo, reflexionar, sexo, sexto, sílex, sintaxe, téxtil, texto, tórax, tóxico.
       Con todo, algunhas voces moi populares, documentadas xa deste modo en textos medievais,
así como os seus derivados, deben escribirse con s: escava, escavar, escavación, escavadora; estender
(pero extensión, extensivo, extenso, extensor); estrañar, estrañamento, estraño, estrañeza; estranxeiro,
estranxeiría, estranxeirismo; estremar ‘derregar’, estrema, estremo ‘linde’ (pero extremar, extremidade,
extremismo, extremo).


8.8. Grupos -gm- , gn- e -gn-
       Mantéñense sempre nos cultismos: agnosticismo, benigno, cognoscitivo, consignar, designar,
diafragma, diagnosticar, dignidade, digno, dogma, estigma, fragmento, gnomo, gnose, ígneo, ignominia, ignoto,
impregnar, impugnar, incógnito, indignar, pigmento, pigmeo, prognóstico, pugna, repugnante, repugnar, resignar,
segmento, significado, significar, signo.
       Por seren semicultismos presentan só -n- asinar, ensinanza, ensinar, ensino, sinalar,
sinatura, sino ‘campá’ e outras palabras da mesma familia léxica.



8.9. Grupos mn- , - mn- e -nm-


                                         Gramática da Lingua Galega 10
Mantéñense as dúas consoantes nos cultismos: alumnado, alumno, amnesia, amnistía, autumnal,
calumnia, columna, cindemne, indemnizar, inmaculado, inmaterial, inmaturo, inmediato, inmemorial, inmensidade,
inmenso, inmensurable, inmerecido, inmersión, inmerso, inmigración, inmigrante, inmigrar, inminente, inmiscirse,
inmóbil, inmolar, inmoral, inmune, mnemotécnica, ómnibus, omnímodo, omnipotente, omnipresente, omnívoro,
solemne, solemnidade, ximnasio, ximnasta, ximnástico, ximnocarpo, ximnospermas.
      A secuencia nm é habitual dentro da fonética do galego (víronme, enmagrecer, enmudecer,
conmover etc.), de tal maneira que a súa pronunciación non resulta insólita.

8.10. Grupos -mm- e -nn-
       O nome da letra grega gamma debe escribirse con -mm- , por ser unha voz fixada na
terminoloxía internacional da física e da astronomía.
       Convén escribir con -nn- algúns vocábulos cultos de circulación moi restrinxida: connubio,
enneágono, perenne etc.
       Un tratamento á parte merecen as palabras derivadas mediante un prefixo rematado en -n,
que se une a unha base que comeza tamén por n- . Neste caso, cando existe no galego a palabra
base, consérvase o grupo -nn- : circunnavegar (circun + navegar), connatural (con + natural),
innobre (in + nobre) etc. O mesmo sucede cando, aínda non estando viva a forma primitiva, esta
sexa transparente por existiren outras palabras da mesma familia ou ben por haber derivados con
outros prefixos sobre a mesma base: innovar (non existe *novar, pero si novo, e ademais hai outros
derivados como anovar, renovar etc.).

8.11. Grupo -ns- anteconsonántico
        Nas palabras cultas mantense sen reducir: circunscrición, circunspecto, circunstancia, consciente,
conspicuo, conspiración, constancia, constelación, consternar, constipado, constitución, constituír, construción,
construtor, inconsciente, inspección, inspirar, instalación, instalar, instancia, instante, institución, instituír,
instituto, instrución, instruír, instrumento, instrutor.
        O prefixo trans- mantén o grupo ns cando a base é un cultismo: transbordar, transcendental,
transcendente, transcender, transcribir, transcrición, transferencia, transferir, transformación, transformar,
translación, transmisor, transmitir, transpirar, transporte, transvasar, transvasamento.
       Cando se une trans- a unha palabra que empeza por s- hai simplificación das dúas
consoantes sibilantes: transecular, transiberiano, transubstanciación.
       Este sufixo reduciuse a tras- en palabras populares como: trasfegar, trasladar, trasler,
trasnoitar, traspasar, traspoñer, trastornar...


8.12. Grupos -pc-, -pn-, -ps- e -pt-
       Como norma xeral mantéñense estes grupos nos cultismos: abrupto, acepción, adaptar, adepto,
anticonceptivo, aptitude, cápsula, captar, captura, coleóptero, concepción, concepto,corrupto, críptico, decepción,
eclipse, elipse, epiléptico, erupción, escepticismo, eucalipto, excepción, exipcio, Exipto, hipnose, imperceptible,
inepto, interceptar, irrupción, nupcial, opción, óptica, optimismo, percepción, precepto, rapsodia, rapto, recepción,
réptil, ruptura, sinopse, susceptible, tríptico, voluptuosidade, voluptuoso.
         Hai, así e todo, unha serie de palabras que perden o primeiro elemento do grupo -pc- ou
-pt- , algunhas por seren xa antigas no idioma, outras por teren hoxe un uso frecuente; e o mesmo
ocorre cos derivados cultos da familia do latín SCRIPTUS. Así: adscrición, adscrito, cativar, catividade,
cativo, circunscrición, descrición, descritivo, descrito, ditongo, escrito, indescritible, inscrición, inscrito,
manuscrito, prescrición, prescrito, proscrición, proscrito, setembro, setentrión, setentrional, subscrición,
subscrito, transcrición, transcrito, tritongo.
       Amais disto, existen no galego varios casos de vocalización da consoante implosiva: receita
e receitar; adoitar (‘acostumar’, diferente do cultismo adoptar); bautismo e bautizar.
       Diferéncianse pola presenza ou ausencia dun p as familias de retar (‘desafiar, culpar etc.’,



                                        Gramática da Lingua Galega 11
que procede do lat.    REPUTARE,   a través do francés) e de reptar (do lat.      REPTARE   ‘andar a rastro’).

8.13. Grupos pn- , ps- e pt-
        Aparecen en posición inicial en palabras cultas e, segundo a regra xeral, consérvanse na
lingua escrita, a pesar de que na fala existe a tendencia a non pronunciar a primeira consoante:
pneumático, pneumonía, pneumopatía, pneumoscopio, pneumoterapia, pneumotórax etc.; pseudo- , pseudociencia,
pseudónimo etc.; psicanálise, psicanalista, psicodiagnóstico, psicofísica, psicoloxía, psicolóxico, psicometría,
psicopatoloxía, psique, psiquiatra, psiquiatría, psíquico etc.; pterobranquiado, pterodáctilo, pterópodo etc.
        Xa non se escriben con p- : salterio, salmista, salmo e salmodiar.

8.14. Grupo -st-
       Este grupo consonántico é frecuente nas palabras patrimoniais, e non adoita presentar
problemas na escrita do galego. Un caso especial é a alternancia de formas do prefixo post- /pos- :
escríbese post- cando vai seguido dunha base que comeza por vogal (postelectoral,
postoperatorio); úsase pos- cando vai seguido dunha base que comeza por consoante (posclásico,
posguerra, pospoñer).


                                      EXERCICIOS:
1. Fai a transcrición fonolóxica deste texto:
         “Capetón”, dicían os nosos mariñeiros. Tiña gracia, soaba ben. Aínda que non era así. Xacinto sabíao. El tiña
bo oído. Escoitara a pronuncia atentamente. Sempre tivo máis curiosidade que os demais por estas cousas, máis
cultura. El sempre quixo chegar a ser unha persoa culta. Por iso atendía moito as explicacións do seu mestre cando
ía á escola.


2. Di a abertura (a= aberto; p= pechado) do “e” e mais do “o” nestas palabras:


Corvo (ave)               Corvo (curvado)               Pega (ave)                  Pega (atranco)
Pola (ave)                Pola (rama)                   Bola (pan)                  Bola (pelota)
Doce (pastel)             Doce (número)                 Golpe (golpear)             Golpe (raposo)
Mes (do ano)              Mes (seara)                   Presa (encoro)              Presa (rapidez)
Oso (animal)              Oso (anatomía)                Pe (anatomía)               Pe (letra)
Corte (do Rei)            Corte (do animal)             Ceo (de cear)               Ceo (firmamento)
Bote (chalupa)            Bote (tire algo)              Corda (soga)                Corda (xuizosa)
Moa ( da boca)            Moa (de moer)                 Pelo (de pelar)             Pelo (cabelo)
Sen (vidalla)             Sen (preposición)             Toco (de tocar)             Toco (manco)
Sela (asento)             Sela (se selar)               Vela (da nave)              Vela (ver + a)
Neto (medida)             Neto (familiar)               Verme (mirarme              Verme (lombriga)


3. Diferencia de significado nestas palabras homófonas:


Baca                     Vaca                         Bario                       Vario
Boga                     Voga                         Benia                       Venia
Bago                     Vago                         Bacante                     Vacante

                                        Gramática da Lingua Galega 12
Bocal                   Vocal                    Bou                       Vou
Beta                    Veta                     Basto                     Vasto
Barro                   Varro                    Bacía                     Vacía
Beo                     Veo                      Barón                     Varón
Botar                   Votar                    Rebelar                   Revelar


4. Indica a norma de porqué se acentúan (ou non se acentúan):


Ademais                                           Clímax
Bíceps                                            Cantei
Paúis                                             Soamente
Hóckey                                            Contáronvola
Amable                                            Posíbeis


5. Pon o til adecuadamente ás seguintes palabras, se deben levalo:


Textil              Enfase          Beisbol                Climax              Smoking
Amais               Amabeis         Constituiu             Cantaroncho         Bilingüismo
Hockey              Prensil         Automobil              Rompeu              Forceps
Dolmens             Xampu           Rua                    Album               Egoismo
Fieis               Superavit       Lambons                Parkinson           Habitat
Tandem              Partiu          Accesit                Crater              Misiles
Raiña               Prexuizo        Sain                   Requiem             Deficit
Magoa               Triceps         Azuis                  Pauis               Acentuo
Forcei              Egoismo         Arauxo                 Españois            Telex


6. Indica cales destas parellas de palabras levan til diacrítico:


Ca (ca + a)              Ca (conx. compar)       Chas (planas)           Chas (che + as)
Compre (fai falta)       Compre (merque)         Fora (adverbio)         Fora (de ser ou ir)
No (“nudo”)              No (en + o)             Por (poñer)             Por (preposición)
Te (infusión)            Te (pron.; letra)       Ven (verbo vir)         Ven ( verbo ver)
Vos (pron. tónico)       Vos (pron. átono)       Ves (verbo vir)         Ves (verbo ver)
Mais (adverbio)          Mais (=pero)            Mas (ruíns)             Mas (me + as)
As (a + as; alas)        As (artigo; pron.)      E (verbo ser)           E (conxunción)
Cos (ca + os)            Cos (con + os)          Das (verbo dar)         Das (de + as)
Do (compaixón)           Do ( de + o)            Os (a + os)             Os (artigo; pron.)
Nos (pron. tónico)       Nos (pron. Átono)       Pe (do corpo)           Pe (letra)

                                              TEMA 2
                                       Gramática da Lingua Galega 13
FORMACIÓN DO PLURAL
1. Palabras rematadas en vogal (átona ou tónica) ou en ditongo:
-Fan o plural en –s: mesa/mesas; café/cafés; bocoi/bocois; lei/leis.
-Os estranxeirismo acabados en vogal fan o plural en –s ou ben respectando a forma plural da
lingua de orixe: spray/sprays; hippy/hippys ou tamén hippies.

2. Palabras rematadas en –r e –z:
-Engaden –es: mar/mares; paz/paces; luz/luces.
-Os estranxeirismos, en xeral, tamén (palier/palieres; somier/somieres; húsar/húsares;
dólar/dólares), a non ser algúns casos de palabras pouco integradas, que poden formar o plural en –
s: póster/posters ou pósteres; gángter/gángteres ou gángters; júnior/júniores ou júniors.

3. Palabras rematadas en –s e –x [ks]:
-Agudas en –s fano engadindo –es: deus/deuses; compás/compases, a non ser as rematadas en
grupo consonántico (tamén as acabadas en –x [ks]: luns, fax, lux, unisex, que permanecen
invariables.
-As graves e esdrúxulas en –s ou en –x [ks], son invariables: chomomicas, lapis, martes, oasis,
xoves, mércores, bíceps, tórax, clímax, télex, etc.

4. Palabras rematadas en –n:
Engaden –s: can/cans; lambón/lambóns; dolmen/dolmens; mitin/mitins.

5. Palabras rematadas en –l:
-Os monosílabos engaden –es: cal/cales; el/eles; tal/tales; val/vales; xel/xeles; vil/viles; fol/foles;
gol/goles; mal/males; mol/moles; sol/soles.

-As palabras compostas en que o 2º elemento sexa algún monosílabo acabado en –l, fan o plural
coma o monosílabo, é dicir en –es: chuchamel/chuchameles; xirasol/xirasoles;ollomol/ollomoles;
cartafol/cartafoles.
         O plural de aquel é aqueles (aínda non sendo un monosílabo nin un derivado de el, polo que
cabería esperar un plural uns ele e aquele, coma no portugués, e así os plurais serían loxicamente
eles e aqueles. A explicación estaría na posterior perda da vogal final).
-As agudas polisílabas substitúen o –l por –is: animal/animais; aval/avais; fiel/fieis; cruel/crueis;
civil/civís; español/españois; control/controis; azul/azuis; Paúl/Paúis. OLLO: caracol/caracois;
aerosol/aerosois.
          Atención: Nos rematados en –il soluciónase en –ís: cadril/cadrís; cantíl/cantís (nunca
          cadríis ou cantíis).

          -As palabras graves fan o plural en –es: áxil/áxiles; téxtil/téxtiles; prénsil/prénsiles;
útil/útiles; pénsil/pénsiles; mísil/mísiles; réptil/réptiles; difícil/difíciles; túnel/túneles;
cónsul/cónsules.
Atención: Exceptúase a terminación –bel, que fará o plural en –beis: amábel/amábeis;
potábel/potábeis; posíbel/posíbeis; bebíbel/bebíbeis.

6. Palabras rematadas noutras consoantes:



                                   Gramática da Lingua Galega 14
A maioría delas son estranxeirismos ou cultismos, e forman o plural engadindo –s: frac/fracs;
club/clubs; pub/pubs; snob/snobs; clac/clacs; coñac/coñacs; lord/lords; tic/tics; crómlech/crómlechs;
sándwich/sándwichs;      sketch/sketchs; stick/sticks; round/rounds;      talmud/talmuds;   rosbif/rosbifs;
anorak/anoraks; búmerang/búmerangs; iceberg/icebergs; ring/rings; smóking/smókings; álbum/álbums;
réquiem/requiems; slálom/sláloms; tándem/tándems; tótem/tótems; clip/clips; jeep/jeeps; hándicap/hándicaps;
boicot/boicots; complot/complots; fagot/fagots; mamut/mamuts; robot/robots; spirnt/sprints; test/tests;
trust/trusts; leitmotiv/leitmotivs.



                                  EXERCICIOS:
1. Pon en plural as seguintes palabras:
Cantil                          Xirasol                         Stick
Crómlech                        Pénsil                          Cruel
Frac                            Cantábel                        Cadril
Téxtil                          Chuchamel                       Mísil


2. Xustifica teoricamente o plural das seguintes palabras:
Funil
Prénsil
Parasol
Trusts


3. Poñer as seguintes palabras en plural

local                     café                       señor                      caracol
fusil                     oasis                      país                       algún
tren                      álbum                      cru                        bocoi
paraugas                  vacaloura                  cal                        azul
rapaz                     plural                     túnel                      fiábel
útil                      cónsul                     lambón                     israelí
amábel                    venres                     mandil                     proxectil
ruín                      garda civil                sol                        clímax
gardacostas               pel                        vagalume                   u
quebranoces               can                        fácil                      ancián
xirasol                   pobre                      rei                        dor
cabalo do demo            fiel                       dolmen                     mel
lei                       cruz                       un                         tórax
sapoconcho                bo                         xudeu                      xentil
decreto lei               tonel                      baúl                       ollomol
xardín                    luns                       nó                         lapis
animal                    réptil                     cartafol                   prismáticos

4. Poñer en plural as seguintes frases
- O marroquí é un home que ten unha cultura moi diferente á occidental.
- O mércores sempre tomo un café tranquilamente ante a televisión sen ter o mandil posto e mentres fumo un



                                    Gramática da Lingua Galega 15
cigarro, xa que é o único día que non debo traballar despois de xantar.
- Ese rei ditou unha lei sorprendente: obriga ao coronel e ao cónsul a presentárense o luns e o xoves ante a
Comandancia da Garda Civil.
- O nivel cultural e económico desa familia é aceptábel: todos teñen anel e len algún libro cada semana.
- Ese val é moi fértil e agradábel, e ten de todo. Alí podes ver desde un pónei ou un boi pacendo ata un hindú
xogando ao hóckey no xardín do hotel.
- Hai un farol municipal no parque infantil, mais como está fronte ao cuartel aínda se vai vendo.
- Ese can é un berrón, non fai máis que ladrar.
- O gol marcado polo xogador israelí non foi legal.
- Din que a estrela de mar non é hostil ao ollomol.


5. Completar as frases coas formas do comparativo que teñan sentido
A Encina sempre tivo moitos ......... cartos ......... el.
O Rubén era ......... fedello ......... o seu curmán.
O Miguel obtivo resultados ......... bos ......... pensaba.
O Daniel é case ......... rico ......... o veciño.
A Helena nunca estaba ......... atenta ......... min.
A Carme ten ......... leiras ......... parece.
Xamais conduciu ......... ben ......... elas.
Agora é ......... forte .........o Ricardo.
O descoñecido sempre será ......... mao ......... o coñecido.
Os perigos son ......... grandes ......... pensabamos.
Están ......... abraiados ......... vós.
As rendas son......... pequenas ......... esperabades.
O Santiago era ......... divertido ......... os compañeiros.
A Irimia ten ......... forza ......... vostede.
O Paulo é ......... trasfego ......... a Alba.
Recollemos ......... fabas ......... contabamos.
Penso que ten ......... poderes ......... ti.
O Manuel está ......... alto ......... a Laura.
O Brais atopou ......... moedas ......... se propuxo.


6. Cal das dúas é a correcta? Se son as dúas, explicar a diferenza de significado
persoa ou persona                                               xerar ou xenerar
persoaxe ou personaxe                                           xeración ou xeneración
persoalizar ou personalizar                                     vixiar ou vixilar
persoalismo ou personalismo                                     segredo ou secreto
persoificar ou personificar                                     segredamente ou secretamente
persoal ou personal                                             meio ou medio
xeral ou xeneral                                                dorido ou dolorido
xeralizar ou xeneralizar                                        doroso ou doloroso
xeralato ou xeneralato                                          corado ou colorado
xerador ou xenerador                                            corante ou colorante
xeralidade ou xeneralidade                                      corar ou colorar


7. Corrixir todos os erros das frases:
•        Vaia cansancio que me quedou de anoar os zapatos de todos os cativos que teñen amizade co Luís! Nun día
tan caluroso como hoxe xa me apetecería tomar uns amorodos con xeo e frambuesa, que xantei garbanzos con
feixóns.
•        Antes de subir no teleférico tiven que tomar unha pílula para o vértigo. Son un home valeroso, mais se alá
arriba se me dá por ollar pola portela, e antes non tomei a vacuna, vólvome un cobarde.
•        Viña moi ufano porque na selva capturara un papagaio, un xabaril e un reptil venenoso. Logo trocounos por
unha marabillosa sortilla e unha papoula de almafí.
•        Teña coidado de non esvarar coa grasa que caeu dun automóbil nesa curva. Agora deixan as estradas cheas



                                            Gramática da Lingua Galega 16
de suciedade e colillas.
•        Disminúen as súas enfermidades, agora xa só ten as encías inchadas e un quiste encetado no calcañal; só lle
faltaba que lle saíse un cactus nas engurras da empeña.
•        Dimitiu o director do club de élite que está ao pé da confitería. Seica o relacionaron co soborno na venda
dun novo misil ao Iraque.
•        Que non lle pasase a chuleta non é unha traizón, que el é un rencoroso e non me empresta nin un lápiz;
oxalá lle dea unha cambra no entrenamento de hoxe.
•        Hai un novo remedio para a sífilis: medio gramo de pole de margarita, un gramo de lexía común mesturado
con gaseosa sabor cola e dous gramos de morcilla castelá. Todo ben revolto e en pequenas doses. Durante o
tratamento absterase de comer fiambres e de obter boas calificacións en Literatura. NOTA: tamén vale para a
SIDA.

8. Colocar r ou l en lugar dos puntos:
Por exemplo: p..ano: plano; p..aza: praza.
p..aia                 imp..osivo             ab..andar              f..aco                 b..andir
p..acer                c..avo                 b..ando                f..aqueza              b..asón
p..ato                 esc..avo               g..obo                 f..echa                nob..e
p..aca                 c..avar                c..ásico               f..ota                 f..ouxo
p..azo                 c..ave                 c..oro                 desp..azar             ob..iga
c..amar                c..ase                 p..aga                 imp..icar              nob..eza
cump..ir               conc..ave              p..anto                sop..o                 ob..igar
amp..o                 conc..uír              p..egar                reg..a                 sab..e
comp..acer             c..aro                 p..aneta               sing..adura            f..echazo
p..anta                p..ancha               p..ebe                 sop..ar                p..ateado
emp..egar              p..uma                 b..andura              ig..exa                p..acidez
p..ural                b..anco                b..usa                 f..etar                ap..acar

9. Comentar as seguintes palabras
Ouvella                               Tiduo                                  Amenazar
Cuchilo                               Corazonhe                              Númaro
Pegaxoso                              Acontescer                             Inorante
Ambente                               Manoxo                                 Perescer
Custión                               Diviño                                 Crarificar
Suelo                                 Outura                                 Adeprender


10. Pon todos os tiles que faltan:
- Fun a Lugo e ti a santiago coas tuas irmas.
- A terra nesta zona e moi cha; non ten ningunha montaña.
- O oso do pe do oso estaba roto.
- As polas do meu tio Andres comen moito millo cando estan pola horta.
- Non quero ir o cine contigo, porque sempre chegamos tarde; ti nunca tes presa.
- Fixo mal o no dos zapatos e agora desatouselle.
- Ai fora hai un rapaz que quere ir comigo a feira, mais eu non sei se irei.
- A nos non nos gusta que compre eses pantalons, mais gustanlle a el.
- Ese rapaz nunca da nada e logo esta sempre pedindo. Non teñas do del.
- Fixo albondigas de mais e botounas fora para os cans.
- Compre que estudes mais se queres aprobar os exames.
- Dalle o que ela queira da neveira e que logo compre mais.
- Hai unha pola na pola desa nogueira. Se queres que baixe teslle que por aqui abaixo unha cunca chea da auga que
da a fonte.
- E mais alto cos fillos da miña veciña ainda que cos seus anos non deberia.
- Dille o neno que cale se quere ir o cine con nos.
- Non xoguedes as bolas na clase, porque vos vai reñer a profesora.




                                       Gramática da Lingua Galega 17
TEMA 3
                        FEMININOS E MASCULINOS:
1. MASCULINOS:
       Os nomes das letras: be, ce, de, etc.
       Os rematados en –ote: lote, dote, pote… Pero: epiglote.
       A maioría dos rematados en –(u)me:
       Exemplos: teitume, lume, gume, costume, legume, cume, estrume, cerume, arame,
enxame, exame, nome, etc.
       Excepto: servidume, negrume (escuridade intensa; melancolía, tristeza; capa de
sucidade), que son femininas.

        Leite, aceite, couce, ubre, sangue, peite, sal, mar, cal, costume, fel, mel, sinal, nariz, lume,
cume, labor, xeonllo, riso, sorriso, til, cuspe, berce, dinamo, trade, xene, cumio, iota (e demais
letras gregas), cardume, estrume, pesadume, paradoxo, acedume, bechamel, cárcere, teitume, xiz,
zócolo, testemuño (declaración da testemuña: testimonio en castelán).

2. FEMININOS:
        Rematados en –axe: tatuaxe, equipaxe, viaxe, friaxe, personaxe,… Excepcións: traxe, paxe,
garaxe.
        Rematados en –ite: apendicite, bronquite, sinosite,…
        Rematados en –se: análise, trombose, cirrose, antítese,… (sífilis é feminino, pero mantense
escrito así).
        Rematados en –ade: liberdade, puberdade, lealdade, irmandade,..
        A maioría das árbores froiteiras: cerdeira, laranxeira, ameixeira, maceira, figueira, (pero:
o figo), nespereira (pero: o néspero), amorodeira (pero: amorodo ou morodo).
        Excepcións: castiñeiro, limoeiro, piñeiro, pexegueiro.

        Cor, color, dor, dolor, auga, arma, aula, aguia, alma, arte, podremia, sebe, sede, árbore,
ponte, orde, desorde, contraorde, pantasma, calor, suor, canle, fame, orixe, pálpebras, armazón,
icona, cute, tise, dose, feluxe, personaxe, ábsida, arquitrabe, azouta, birreme, trirreme, tanza,
sedela, apócope, avestruz, apóstrofe, estrea, fin (remate), paréntese, pube, rega, seca, sentinela,
síncope, análise, marxe, testemuña (o que presencia algo).

        O xénero oposto permite establecer diferencias de significado:
- Individual/colectivo: leño/leña, ovo/ova, froito/froita, madeiro/madeira, gran/gra,
etc.
- Maior/menor: cesta/cesto, leira/leiro, agra/agro, carballa/carballo, foxa/foxo,
palleira/palleiro, lago/laga.
        Pero OLLO: machado/machada, vasoiro/vasoira.
- Forma diferente: zapato/zapata, río/ría, porto/porta, pozo/poza, sacho/sacha, caldeiro/caldeira.
- Río/Comarca: o Arnoia/A Arnoia, o Limia/A Limia, o Ulla/A Ulla…

3. 1. Formación do feminino
       O feminino dos substantivos e adxectivos fórmase comunmente coa terminación -a, que se
une directamente á forma do masculino se esta remata en consoante ou vogal tónica (deus / deusa,

                                   Gramática da Lingua Galega 18
rapaz / rapaza, avó / avoa, cru / crúa) ou substitúe a vogal final da forma do masculino se remata
en vogal átona (sobriño / sobriña, presidente / presidenta). Con todo, hai algúns casos especiais.

       3.1.1. Nomes rematados en -n
       a) Os substantivos e adxectivos rematados en -án (< anum) forman o feminino en -á : ancián
/ anciá, temperán / temperá; en troques, os caracterizadores despectivos rematados en -án
fórmano en -ana: folgazán / folgazana, mentirán / mentirana.
         Exemplos: alazán, alazá; aldeán, aldeá; ancián, anciá; artesán, artesá; barregán, barregá; bosquimán,
bosquimá; capitán, capitá; chan, chá; cidadán, cidadá; cirurxián, cirurxiá; cortesán, cortesá; cotián, cotiá; cristián,
cristiá; curmán, curmá; ermitán, ermitá; escribán, escribá; gardián, gardiá; gran, gra; insán, insá, san, sá; irmán,
irmá; livián, liviá; louzán, louzá; malsán, malsá; marrán, marrá; musulmán, musulmá; nugallán, nugallá; pagán, pagá;
rufián, rufiá; sancristán, sancristá; sultán, sultá; tecelán, tecelá; temperán, temperá; temporán, temporá; truán,
truá; van, va; verán; vilán, vilá.
         Só para os pexorativos: barrigán, barrigana; barullán, barullana; brután, brutana; burrán, burrana; bocalán,
bocalana; cabezán, cabezana; cagán, cagana; carallán, carallana; carcamán, carcamana; charlatán, charlatana;
farfallán, farfallana; folgazán, folgazana; lacazán, lacazana; langrán, langrana; larpán ,larpana; leilán, leilana;
lerchán, lerchana; lordán, lordana; loubán, loubana; mentirán, mentirana; orellán, orellana; pailán, pailana; papán,
papana; parvallán, parvallana; paspán, paspana; pastrán, pastrana; pelandrán, pelandrana; pillabán, pillabana;
porcallán, porcallana; ruán, ruana; testalán, testalana; testán, testana; toleirán, toleirana; etc.


        Este sufixo serve tamén para formar xentilicios. Exemplos: afgán, afgá; alemán, alemá; castelán,
castelá; catalán, catalá; coimbrán, coimbrá. Pero especialmente tamén os referidos a lugares galegos:
arzuán, arzuá; bergantiñán, bergantiñá; caldelán, caldelá; vilagarcián, vilagarciá; salnesán salnesá; muxián, muxiá;
fisterrán, fisterrá; compostelán, compostelá; etc.
         Pero certos xentilicios galegos poden facerse coa súa forma local –ao/-á: Exemplos: arnoiao,
arnoiá; burelao, burelá; courelao, courelá; caldelao, caldelá (do Castro Caldelas); ribeirao, ribeirá (do Ribeiro);
mariñao, mariñá (da Mariña).
      Tamén se admite a forma feminina local –án en casos como: unha carnotán, unha fisterrán,
unha muradán, etc.

        b) Feminino dos rematados en -ón (león / leoa, mais lambón / lambona). Forman o feminino
en -oa. Exemplos: anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión, campioa; ladrón, ladroa (pero tamén ladra); león,
leoa; patrón, patroa; saxón, saxoa; teutón, teutoa.
       -ón / -ona: queda só reservado para os aumentativo e os pexorativos:Rematan en –ón / -ona
as palabras en que esta terminación é un sufixo aumentativo ou deverbal pexorativo: homón,
mullerona, zapatón, casona; abusón, abusona; acusón, acusona; faltón, faltona; preguntón, preguntona etc.


        c) Os rematados en -ín forman o feminino en -ina, coa excepción de ruín, que é invariable:
bailarín / bailarina, benxamín / benxamina, danzarín / danzarina, galopín / galopina, malandrín / malandrina; pero un
viño ruín / unha terra ruín.

       d) Os rematados en -ún difiren no seu comportamento: os adxectivos cabrún, cervún, vacún
forman o feminino patrimonial cabrúa, cervúa, vacúa; común é invariable; euscaldún engade -a,
euscalduna.
       e) O único nome rematado en -én susceptíbel de moción xenérica é invariable: un refén
americano / unha refén americana.

3.1.2. Nomes rematados en vogal ou ditongo tónicos
        Os substantivos rematados en vogal tónica adoitan engadir -a, en tanto que os adxectivos


                                        Gramática da Lingua Galega 19
tenden a ser invariables: un avó somalí / unha avoa somalí. Con todo, algúns substantivos son
invariables: unha chimpancé adulta; entre os adxectivos, nu, cru e recrú, só e mao forman os
femininos núa, crúa e recrúa, soa e má: o peixe cru / a carne crúa, un só día / unha casa soa, o ollo
mao / unha má ocasión.
        Presentan características morfolóxicas especiais grou / grúa, xudeu / xudía e sandeu /
sandía.

3.1.3. Nomes rematados en -és
        Os xentilicios rematados en -és presentan un feminino en -esa: cambadés / cambadesa, chinés /
chinesa, noruegués / norueguesa, portugués / portuguesa, romanés / romanesa. O mesmo ocorre con outros
adxectivos, coma burgués / burguesa, camoés / camoesa, canchés / canchesa, montés / montesa e palmés /
palmesa; algúns, en troques, son invariables: estilo cortés / mirada cortés.


3.1.4. Formacións especiais
        Algunhas palabras de xénero feminino presentan terminacións especiais, sobre a mesma
base léxica: heroe / heroína, tsar / tsarina; galo / galiña; rei / raíña; abade / abadesa; barón / baronesa; príncipe
/ princesa; sacerdote / sacerdotisa, profeta / profetisa, poeta / poetisa; emperador / emperatriz; actor / actriz
etc.



                                             EXERCICIOS
1. Nesta lista de palabras pon M (Masculino) ou F (Feminino):
Azucre                    legume                      arte                     Cuspe
Pube                      Garaxe                      Trade                    Marxe
Ponte                     Árbore                      Dolor                    Sifilis
Personaxe                 tise                        tatuaxe                  iota


2. Lembra o xénero destas palabras e ponlle diante o artigo correspondente:
Arte                   Cofre                   Couce                  Azouta                 Robalo
Azar                   Ponte                   Análise                Ra                     Plumaxe
Ele                    Dote                    Xénese                 Birreme                Plebe
Lume                   Val                     Nariz                  Ubre                   Karate
Riso                   Mel                     Lapis                  Leite                  Inmortalidade
Sorriso                Cume                    Servidume              Trirreme               Robaliza
Dor                    Cumio                   Azucre                 Marxe                  Arbitraxe
Dolor                  Carne                   Farinxite              Orixe                  Meninxite
Grilo                  Carné                   Legume                 Cabelo                 Puberdade
Aguia                  Cute                    Tise                   Pel                    Porcentaxe
Pálpebras              Uve                     Cuspe                  Radio                  Suor
Cor                    Trade                   Chuspe                 Cabotaxe               Sentinela
Color                  Varanda                 Sífilis                Ferruxe                Podremia
Labor                  Broca                   Cerume                 Abordaxe               Alfa



                                       Gramática da Lingua Galega 20
Laboura             Trabe                Sondaxe        Céspede              Paxe
Fame                Arquitrabe           Sangue         Dose                 Pé
Sebe                Feluxe               Serán          Betume               Árbore
Unlla               Pube                 Tatuaxe        Mel                  Pesadume
Crise               Personaxe            Cal            Énfase               Marxe
Xene                Queixume             Til            Cerume               Aula
Canle               Ábsida               Dinamo         Sal                  Pe
Desorde             Icona                Berce          La                   Iota
Orde                Peaxe                Calor          Acedume              Negrume
Contraorde          Costume              Avestruz       Culler               Traxe
Sinal               Viaxe                Colar          Cardume              Alma
Talismán            Cárcere              Auga           Atlas                Estrume


3. Indica o feminino das seguintes palabras:
Tecelán                          Alemán                          Castrón
Sacerdote                        Abade                           Tabán
Saltón                           Cónsul                          Compadre
Testemuña                        Freire                          Cabaleiro
Alcalde                          Frade                           Sapo
Compostelán                      Emperador                       Monxe
Cristián                         Estudante                       Tsar
Xudeu                            Boi                             Actor
Papa                             Padrastro                       Afgán
Deus                             Marido                          Parente
Robaliza                         Vizconde                        Tirolés
Nugallán                         Xenro                           Novelista
Fisterrán                        Barón                           Sultán
Mártir                           Varón                           Hindú
Capitán                          Contratista                     Rei
Louzán                           Charlatán                       Robalo
Idiota                           Cortesán                        Ladrón
San                              Testalán                        Nu
Vivente                          Cru                             Curmán
Cirurxián                        Xastre                          Indíxena
Tartaruga                        Gardián                         Oco
Ancián                           Comellón                        Marrán
Formiga                          Patrón                          León
Vítima                           Cabalo                          Cidadán


                                 Gramática da Lingua Galega 21
Aldeán                                    Heroe                                   Doado
Coimbrán                                  Carneiro                                Xuíz


4. Forma xentilicios (4 mínimo) a partir dos seguintes sufixos:
-A/Ø:                   -ao/-á:                  -eno/-ena:               -eo/-ea:                 -o/-a:
-aco/-aca               -aro/-ara:               -ense/Ø:                 -í/Ø:                    -ón/-ona:
-án/-ana:               -ego/-ega:               -eño/-eña:               -ino/-ina:               -ota/Ø:
-ano/-ana:              -eiro/-eira:             -és/-esa:                -ita/Ø:                  -án/-á:

5. Acentúa este texto:
       Dame igual o que pensen, el debia facer o que lle corresponde e nada mais. Xa habia tempo
que decidira sair daquel sitio e agora sentia un no na gorxa o pensar que non ia volver nunca mais.

6. Colocar nos ocos as palabras que van entre parénteses fixándose no xénero e número que lles
corresponda, engadindo os artigos e facendo as contracción necesarias
Entraron catro ............de ........... (camión, leite, fresco).
En ............. dese lugar sobresaen ............. (paisaxe, árbore, froiteiro).
Esas ............. publicáronse en varios ............. (lei, xornal, nacional).
En ............. grande hai ............. de tráfico ............. (ponte, algún, sinal, indescifrábel).
Comprou varios ............. para as cociñeiras dos seus ............. (mandil, azul, hotel).
Non podía aturar ............. de ............. a pesar das ............. (aquel, dor, ril, inxección).
As palmeiras dan moitos ............., as colmeas ............. e os burros ............. (dátil, saboroso, mel,
couce, doloroso).
As listas de ............. godos son ............. de memorizar para ............. e ............. para outros (rei, fácil,
un, difícil).
............. que aquí fixeron os .............piratas figurará nos ............. da historia local (pillaxe, capitán,
libro).
Ás ............. os nosos ............. non podían remediar os ............. aos emigrantes (vez, cónsul, mal).
............. dos ............. paseaban polos pazos ............. con ............. (algún, paxe, rei, real, traxe, branco)
Boteille ............. á comida (pouco, sal).
A parella de ............. meteu o coche en ............. mais deixoulle as ............. acesas (garda civil, garaxe,
luz).
Cal é ............. de ............. dos .............? (cor, sangue, animal).




                                          Gramática da Lingua Galega 22
TEMA 4
                  COMPARATIVOS E SUPERLATIVOS:
     Ademais das formas analíticas (mediante varias palabras ou cun complexo ou fórmula da
comparación) úsanse tamén os comparativos sintéticos (mediante unha soa palabra) seguintes:


Para bo (en vez de máis bo)                                      Mellor
Para malo ou mao (en vez de máis malo ou máis mao)                Peor
Para grande (en vez de máis grande)                             Maior ou Meirande
Para pequeno (en vez de máis pequeno)                            Menor
Para grande/alto (en vez de máis grande ou alto)                Superior (coa prep. a)
Para pequeno/baixo (en vez de máis pequeno ou baixo)             Inferior (coa prep. a)


EXS: Alberte é superior a Alexandre. Alberte é inferior a Alexandre.

        Para formar superlativos absolutos úsase o sufixo –ísimo. Exemplo: altísimo, grandísimo.
Este sufixo ás veces engádese á raíz culta da palabra e non á patrimonial. Exemplos: antigo,
antiquísimo; fiel, fidelísimo; nobre, nobilísimo.
        Nos adxectivos rematados en –ble ou en –bel este superlativo ten sempre a terminación –
bilísimo. Exemplos: Amable ou amábel -à amabilísimo; Estable ou estábel -à estabilísimo.

       En rexistros cultos aparecen os superlativos co sufixo –érrimo. Exemplo: de célebre -à
celebérrimo, de libre -à libérrimo, de mísero -à misérrimo, de pobre -à paupérrimo, de pulcro -à
pulquérrimo, de úbere -à ubérrimo.

1. Normas para a construción das frases comparativas (comparativo analítico):
      O 1º grao do adxectivo ou grao positivo expresa libremente unha calidade que posúe: EX: pan
fresco; pan duro.
       O 2º grao do adxectivo ou superlativo eleva esa calidade ao grao máis alto: EX: pan
fresquísimo; pan durisímo ou pan moi duro.
      O 3º grao do adxectivo é a comparación. Comparar consiste en atribuír unha calidade a algo
ou alguén poñéndoo en relación con esa mesma calidade existente noutro ou noutros obxectos.
      Non só se compara o adxectivo, senón que tamén se compara o verbo (EX: fala máis do que
fai), o adverbio (EX: tira máis para aquí que para aí) e o substantivo (EX: serve o mesmo para cans
que para gatos).

       1.1. Comparación de igualdade:
                   (adverbio)                (relator)
            + verbo +Tan/Tanto + adxectivo + Como/Coma + segundo termo
EX: Brais     está      tan           alto         coma         Xoán

      Tamén hai outro xeito de realizar a COMPARACIÓN DE IGUALDADE: (Neste caso
empréganse as conxuncións igual que a comparación de superioridade e inferioridade).


                                 Gramática da Lingua Galega 23
+ verbo + igual (de) + adxectivo + Ca/Que/Do que + 2º termo
EXS: Iria      é     igual (de)   fermosa    Ca/Que/Do que                           Xoana
      1.2. Comparación de inferioridade:
                (adverbio)              (relator)
     + verbo + Menos + adxectivo + Que/Ca/Do que + 2º termo

         1.3. Comparación de superioridade:
                  (adverbio)                (relator)
            + verbo + Máis + adxectivo + Que/Ca/Do que + 2º termo

2. Usos das partículas comparativas:
                           ÚSASE                                                          SE O…
Como                                                            …2º termo é un verbo (unha oración), aínda que
                                                                leve pronome
                                                                EX: Ela sabe tanto como sabe Xoán
                                                                Ela sabe tanto como ti sabes

Coma                                                            2º termo é un pronome persoal
                                                                (min, ti, ela, el, nós, vós, elas, eles)
                                                                EX: Corre tanto coma min

Como/Coma                                                        Nos demais casos pódese usar calquera dos
                                                                dous
                                                                EX: Corre tanto como/coma unha pantera

Ca                                                               …2º termo é un pronome persoal
                                                                EX: Corre máis/menos ca min

  Do que                                                         …2º termo é un verbo (unha oración)
                                                                EX: Fala máis/menos do que pode

Ca/Que/Do que1                                                  Nos demais casos calquera delas.
                                                                EXS: Corre máis ca un can
                                                                Corre máis que un can
                                                                Corre máis do que un can


2.1. TAMÉN se deben empregar COMA e CA se o 2º termo é unha:


Oración temporal                                                EX: Fixo COMA CANDO lle deron aquel o susto.
                                                                Está mellor CA CANDO era un mociño

Oración de relativo                                             EX: Despediuse COMA QUEN vai á guerra
                                                                É máis maleducado CA QUEN cospe no chan

Oración condicional                                             EX: Fixo COMA SE non oíse o que lle dicían
                                                                Corre mellor CA SE lle viñese un lobo detrás


       Cando a comparación ten como 2º termo un sintagma cuantitativo é posible o uso da
preposición DE. EXS: Non vale máis de dez mil pesos = Non vale máis ca dez mil pesos.


1 algunhas gramáticas non permiten usar do que nestes casos, e só permiten usar Ca ou Que. Pero debería permitirse porque:
“Corre máis ca/que un can”, é o mesmo que: “Corre máis do que (corre) un can” , (aínda que o verbo vaia elidido).


                                           Gramática da Lingua Galega 24
2.2. CONTRACCIÓN DA PARTÍCULA COMPARATIVA CA, CO ARTIGO (A, O, AS, OS):
       Hai dúas opcións:


                -Facer a contracción:                                - Non facer a contracción:
  Ca + a = cá               Ca + o = có                   Ca + a = ca a               Ca + o = ca o
  Ca + as = cás             Ca + os = cós                Ca + as = ca as              Ca + os = ca os
(OLLO: A partícula Que nunca contrae co artigo).

             ATENCIÓN: Cando coinciden a partícula comparativa Ca, a preposición A, e mais o
             artigo (O, A, OS; AS), a contracción da preposición co artigo (a + a = á; a + o = ao (ó); a
             + as = ás; a + os = aos (ós)) prevalece a contracción previa da preposición A co artigo. É
             dicir, non se pode contraer ca cunha contracción na que xa está contraída a
             preposición A.
        EXS: Quere máis ás miñas ca ás túas
        Ao sol non se ve máis ca á sombra
        Vai máis a Lugo ca       ao( ó)      Carballiño
        (prep. A + artigo O) NON: Vai máis a Lugo có Carballiño


ATENCIÓN: As conxuncións Ca e Que poden usarse tamén para introducir o 2º termo doutras
construcións de tipo comparativo.
EXS: Igual (ca) ti
    Igual (ca os/que os) outros
     Da mesma forma (que/ca/do que) antes




                                              EXERCICIOS
1. Pon a partícula comparativa adecuada ( usando todas as posibilidades que ofrece CA e as súas
contracción):


É tan fermosa                 parecía cando a vin        Respecto máis a Brais                    ao seu irmá
O neno está moito máis san                        ti     Estou eu máis contigo                    a túa muller
Sempre se pon                     se lle fosen pegar     Gústame menos O Bolo                    A Limia
Está tan elegante                   eu cría              Estou máis a gusto hoxe                   o outro día
Parece menos listo                   ti me dixeras       Xosé sempre fai            quen non escoita
Vai máis ao Grove                    A Coruña            Traballo moito mellor                     el


2. Substitúe a oración adxectiva de relativo (en cursiva) por un adxectivo:
EX: Ese é un feito que non se pode discutir__________indiscutible ou indiscutíbel
Produce un son que non se pode percibir ___________
Mercou unha casaca que non deixa pasar a auga_____
Contou unha historia que semella que non acaba nunca____
Estes mobles están feitos dun material que non pode arder_____
Ese planeta ten unha extensión que non se pode medir________
O meu can ten un apetito que non se pode saciar____________



                                       Gramática da Lingua Galega 25
4. Explica cunha oración de relativo o significado dos adxectivos en cursiva:
EX: Esa viaxe presenta riscos ineludibles (ou ineludíbeis).
    Esa viaxe presenta riscos que non podemos eludir (ou evitar).
O xuíz actuou cun rigor implacable (ou implacábel)_______
A amizade ten un valor imponderable (ou imponderábel)___
Para o home, a liberdade é un dereito imprescritible______
O dereito á vida é inalienábel_____________
Esa é unha verdade incontrovertíbel________
Ningunha lei feita polo home é inmutábel______
A liberdade de pensamento é algo intanxíbel____
Breogán era un guerreiro invulnerábel_________
Escoitou con rostro impasíbel os insultos que lle lanzaron_______
Os seus textos teñen un humor case que inaprensíbel________


5. Resposta á pregunta explicando o significado do adxectivo en cursiva:
Que é    unha decisión irrevogábel?                     Que son designios inescrutábeis?
Que é    unha persoa inconsecuente?                     Que é un mozo indolente?
Que é    unha proba inequívoca?                         Que é un acto infame?
Que é    un día infausto?                               Que é unha resposta irreverente?
Que é    un traballo ímprobo?                           Que é un relato incongruente?


6. Indica o adxectivo que remite ao superlativo culto:
      EX: Sapientísimo ---à sabio
Ubérrimo                                 Misérrimo                     Crudelísimo
Celebérrimo                              Sacratísimo                   Acérrimo
Paupérrimo                               Libérrimo                     Magnificentísimo
Salubérrimo                              Nobilísimo                    Pulquérrimo


7. Sinala con que palabra da lista B se relaciona cada adxectivo da lista A polo significado ou pola
etimoloxía:
        LISTA A                LISTA B
Boreal                           Olor
Anular                           Raza
Agónico                          Escudo
Culinario                        Morte
Étnico                           Norte
Fáctico                          Excremento
Fecal                            Cociña
Fétido                           Fóra
Foráneo                          Anel
Heráldico                        Feito


8. Procura o substantivo correspondente a cada adxectivo:
ADXECTIVO            SUBSTANT.           ADXECTIVO      SUBSTANT.         ADXECTIVO        SUBSTANT.
Legal                                    Lúdico                           Naútico
Palustre                                 Sideral                          Purulento
Letal                                    Marcial                          Hípico



                                          Gramática da Lingua Galega 26
Pecuario                                 Tóxico                            Onomástico
Toponímico                               Lacustre                          Ético
Gótico                                   Pancreático                       Úrico
Renal                                    Pecuniario                        Cardiaco
Castrexo                                 Filatélico                        Castrense
Outonizo                                 Palatal                           Carolinxio
Neolítico                                Numismático                       Paleozoico
Estival                                  Penal                             Nasal


9. Indicar todas as formas de superlativo que se coñezan:
Por exemplo, rico: riquísimo, moi rico, rico abondo, ben rico, superrico, requeterrico, ten cartos
como millos, etc.
bo                                                       branco
parvo                                                    enfermo
verde                                                    groso
custoso                                                  louco
mao                                                      negro
fácil                                                    canso

10. En cada unha das seguintes frases hai algún erro. Cópiaas de novo explicando en que consiste
cada erro e corrixíndoas:
-Son as tres da tarde. Xa fai media hora que pedimos o almorzo.
-Os teus amigos creen que tódalas carreteiras están en bo estado.
-Os automóviles ingleses levan o voante á dereita.
-Fai uns días, o abó de Helena dixome que falase cun abogado.
-O viaxe foi longo, e o teu hirmán dicia que facía moito calor.

11. Pon atención aos ditongos e hiatos que aparecen no exercicio e acentúa correctamente.
      quot;A rua da raiña Luisa estendiase unha legua ata o rio; onde se atopaba a ducía de muiños que mais adiante
darían nome duciaao barrio de infausta memoria polo moito que ah se sufriu nos anos ruins da posguerra. Hoxe
deixou de ser lugar de reunión de odios e enerxias abafadas a raiz da recuperación das liberdades pola cidadaniaquot;.

12. Repara nos seguintes conxuntos de substantivos e identifica o morfema común. engadindo out-
ros exemplos aos dados. Unha vez feito isto, constrúe un cadro con tres columnas: á esquerda a
palabra co morfema común subliñado, no centro, a significación do morfema común e á dereita, o
elemento diferencial.
Por exemplo:
Bibliófilo                               que ama                            los libros


1. Diámetro, diacronía, diálogo ...                      11. Coedición...
2. Portamoedas, portaequipaxe ...                        12. Cosmogonía, cosmonauta, cosmopolita...
3. Telegrama, telepatía...                               13. Crisóstomo, crisantemo, crisocarpo...
4. Democracia, oligocracia ...                           14. Anemia, leucemia, uremia...
5. Toponimia, hidronimia ...                             15. Omnívoro, ómnibus...
6. Endocarpo, endosfera, endoscopio...                   16. Arquitrabe, arquiduque ...
7. Sinónimo, sincronía...                                17. Fonoloxía, gramófono ...
8. Biografía, bioxénese, biotopo...                      18. Amorfo. morfoloxía ...
9. Bisavó, biscoito...                                   19. Epiderme, dermatite ...
10. Diglosia, ditongo, dilema...                         20 Bibliófilo, filosofía, zoófilo...




                                         Gramática da Lingua Galega 27
13. Analiza o sufixo -EIRO//-EIRA no seguinte texto e establece valores:
a) Formante de substantivos.
a. 1. Nomes de árbores.
a.2. Nomes de lugar c,u obxecto.
a.3. Nornes colectivos (valor abundancial).
b) Formante de adxectivos.
b. 1. Adxectivos sen cambio notorio de significado con respecto á base.
b.2. Adxectivos con valor axente (que + verbo).

           quot; Con emoción, conforme rubían a costa, advertía o traballo cantareiro das augas. Viñan dos chaos en
centeeíras ( .. ) Un grande salgueiro isolado, vestido de ouro, sinalaba o final da costa (...). De súpeto as montañas
tinxíronse dun apaixoado púrpura, soaron bateladas das eirexas (...). Dende alí as murmuraciós tremaban no morno
pazo da neboeira (...). Canturrexaron un anaco de ópera, a que ouviu dende o galiñeiro no Coliseo, botábase pola
escaleira cando lle deu un brinco o corazón (...). Víu o campo dos caracochos, as galiñas tomando o sol no cabaceiro,
a sombra que rubia dos lameiros invernizos (...). Anos griseiros, ó largo dos que se sumaba un outono a outro outono
(...). Tiven unha espranza e un acouga ó se erguer na nosa tristeira familia a túa baril mocedade (...). Perdoa, meu
fillo, fuxo do meu propio pensamento. Ás vegadas figúrome que son unha grea de homes, que cada figuración, cada
tempo do vivir, resiste unha carne mortal diferente e asina os días todos que vivín, personalizados, veñen comigo,
calados, silandeiros, acompañando o enterro das espranzas que a todos eles animaron. As cartas de Edith
chegábanme sempre cun consolo como naves viaxeiras tripulados de ensoño ou como brancas nubens pelingrinas que
botaban unha sombra fresqueira nos eidos enxoitos do meu sofrimentoquot;.
                                                                                  (Otero Pedrayo. Os camiños da vida)


14. O texto anterior é de Otero Pedrayo, que característucas lingüísticas observas nel?

15. Homonimia, polisemia e paronomasia
        A gracia destes chistes baséase claramente nos xogos de palabras: identifica en cada caso
se se trata de homonimia, polisemia, paronomasia ...

1. - Sobe o crudo.
- A min o que lle me preocupa é o cocido.
- Ese despois.

2. - Préstame mil pesetas ... deica mañá.
- Deica mañá, se Deus quer (dicindo adeus coa man).

3. - Canta.
- ¡Se vas a San Benitiñoooo!
- Digo canta gasolina.
- Ah, ¿pero sabe cantar tamén? ¡Por ¡so subiu tanto!

4. - ¡A ver! Que ten?
- Home, sr. doutor, moito non é, pero para pagarlle chegará, supoño.

5.- (Fala un garda de tráfico)
- Vostede non coñece os sinais de tráfico?
- Como coñecer, coñézoos, pero aínda así moita confianza neles non lle teño.




                                        Gramática da Lingua Galega 28
Tema 5:
                                            O ARTIGO
1-    O ARTIGO DETERMINADO:


                    Masculino                   Feminino
Singular            o (lo)                      a (la)
Plural              os (los)                    as (las)


        Como se ve no cadro anterior, existe tamén unha variante alomórfica (alomorfos: lo, la, los,
las), que soamente é de uso obrigatorio:
    ● Despois da preposición POR (por + o, a, os as = polo, pola, polos, polas).
     OLLO: sempre sen guión. EX: El vai polo camiño.
    ●    Despois do interrogativo U (u + o, a, os, as = u-lo libro?, u-la casa?, u-los cans, u-las
        cadelas). Ollo: sempre con guión.

        Estes alomorfos tamén se poden representar na escrita nos seguintes casos:
      ●    Despois de infinitivo, das formar verbais conxugadas que rematen en –R ou
          en –S e tamén dos pronomes enclíticos NOS, VOS e LLES:
           EXS: Vou colle-las laranxas
               Perdíche-los cartos
               Collémo-lo peixe.
               Ti e-lo demo.
               Quitóulle-las ganas de xogar2.


OLLO: Nunca se usa despois de participio plural. EX:
NON: Foron collido-los ladróns.                            SI: Foron collidos os ladróns.

NON: Rematada-las clases, saímos.                          SI: Rematadas as clases, saímos.


      ●   Despois dos pronomes tónicos NÓS e VÓS cando van seguidos dunha precisión numérica,
          sempre con guión.
EXS: Nó-los tres iremos. Vó-los catro non iredes.

      ●Tamén, e sempre sen guión:
-Despois de AMBOS/AMBAS, ENTRAMBOS/ENTRAMBAS e TODOS/TODAS:
          EXS: Ámbalas dúas amigas. Tódolos rapaces. Entrámbolos dous.
-Despois da preposición TRAS: EX: Está tralos montes de Marín.
-Despois da conxunción copulativa (E) MAIS:
     EXS: Eu e mailo teu irmán non imos. Eu mailo meu amigo
 - Tamén existe un arcaísmo de uso protocolario (e xa pouco frecuente): EL, que quedou
inmobilizado en secuencias como: EXs: El rei, El señor, etc.
       Ex: Hoxe veume visitar o meu señor El-rei




2     Como se observa nos exemplos: sempre con guión.


                                       Gramática da Lingua Galega 29
1.1. CONTRACCIÓNS DO ARTIGO DETERMINADO:
         Artigo
                           O                   A                  OS                 AS
Prep.
         A               ao/ó                  á                aos/ós                ás
      CON                 co                  coa                 cos                coas
         DE               do                  da                  dos                das
         EN               no                   na                 nos                nas
      POR                polo                 pola               polos              polas


OLLO: Na contracción da preposición A co artigo masculino O(S) é mellor usar a contracción AO
(AOS) na escrita, pero a pronuncia correcta é Ó.

ATENCIÓN :
* Estas contraccións realízanse tamén cando o artigo dos topónimos vai precedido dunha destas
preposicións: EXS: Veño da Coruña. Entou no Grove. Voa ao Carballiño.
* Pero non se realizan cando a preposición non rexe o substantivo determinado polo artigo que a
segue: EX: Antes de os galos cantaren = Antes de cantaren os galos.

1.2. USO OBRIGATORIO DO ARTIGO:
1- Debe preceder sempre ao posesivo: EX: As miñas mans. A vosa casa. (Agás en relacións de
parentes ou en vocativos. EXS: ¡Meu Deus! Miña nai non veu).
2- Emprégase con algúns topónimos: A Coruña. O Carballiño. O Grove. A Pobra do Caramiñal, etc.
3- En certas locucións adverbiais: ás escuras; ás agachadas; ás veces, etc.
4- Debe usarse (sen guión) despois de AMBOS/AS, ENTRAMBOS/AS, TODO(S). EXS: Todo o
mundo sabe iso. Ambos os irmáns entraron na tenda.
5-Despois da partícula U: EXS: U-lo gato?
6-Despois da preposición POR (sen guión): EXS: Vai polo río



2-   O ARTIGO INDETERMINADO:
                    Masculino                  Feminino
Singular                        Un                      Unha
Plural                          Uns                     Unhas


2.1. CONTRACCIÓNS DO ARTIGO INDETERMINADO:
      Artigo
Prepos.                     UN                 UNHA                  UNS              UNHAS
CON                         cun                 cunha                cuns              cunhas
DE                          dun                 dunha                duns              dunhas
EN                          nun                 nunha                 nus              nunhas


OLLO: se a preposición non forma parte da mesma frase ca o artigo, non se pode facer a
contracción.
EXS: De un médico estar alí, salvaríalle a vida ao ferido (= De estar alí un médico, salvaríalle a vida ao ferido.


                                        Gramática da Lingua Galega 30
ATENCIÓN: Non confundir estas contraccións das preposicións CON, DE e EN co numeral
indefinido UN.


                                              EXERCICIOS
1. Explica as diferenzas semánticas (de significado da frase) que se dan nestas frases segundo
leven ou non leven determinante:
1-Acusárono de (do) furto
2-Unha noite de (do) inverno
3-A rapaza ten (os) oito anos
4-Tiraron (as) pedras contra (as) ventás
5-Dicídelle a (ao) Antón que non fale tan alto
6-(as) Xoias, (as) teas, (as) pratas… nada deixaron alí.
7-Non teño (os) cartos para mercar (o) coche.
8-O avogado falounos de (dos) problemas laborais.
9-O autor retirou (os) cadros da exposición.
10-Por fin, a festa faise en (no) sábado.
11-Viñeron (os) catro delegados de persoal.


2. .- Encher os ocos co artigo correspondente, facendo as contraccións necesarias
O neno ficou sorprendido ao ver que ... leite saía a fío por ... ubre da vaca que estaba muxindo seu tío.
Ao chegarmos a aquela curva, tivemos que facer ... viraxe bruscamente para evitarmos ... choque contra ... camión.
Levantóuselle ... forte dor de cabeza ao saber que a súa filla quería casar e non tiña ... cartos para lle dar ... dote.
Mentres arrolaba ... berce de ... seu neto miraba con desacougo para ... lume que se achegaba ameazadoramente a ...
casa desde ... cume de ... monte.
... febre fora provocada por ... farinxite que pillara uns días antes cando agatuñara case espido a ... árbore que
estaba diante de ... súa casa.
... aguia é ... ave que percorre o ceo voando e ... anguía móvese sempre por ... auga.
Houbo que lle facer ... análise de sangue porque temiamos que tivese ... infección provocada por ... ferida que fora
consecuencia de ... couce daquel burro.
En ... ponte do Lérez Sara e Lucía Marsán pararon a mirar ... fume que viña de ... fábricas que se vían en ...
horizonte.
De onde se saca ... mel? Preguntas. Seica ... abellas producen mel e tamén en ... tendas venden mel de flores.


3. Explica as diferenzas de significado destas palabras atendendo ó xénero:
vieiro/vieira                              cancelo/cancela                           pozo/poza

cesto/cesta                                carballo/carballa                         leiro/leira




4. Corrixe todos os erros que atopes nestas oracións:
- Os cartaxineses recorreron moitos kilómetros co obxecto de combatir contrra os románs.
- Esta é unha cuestión a debatir no mes vindeiro, agora cumpre rebatir os argumentos nos que se basan para a
defensa da edificación dos amplios espacios urbáns.
- Convertiron os monasterios en hoteles de luxo, explotados polos propios monxes. Isto, sen duda, ha revertir no
interés económico da orden relixiosa.
- Non me dou adormentado polo moito que tuses de noite. ¡Se colleses a receta e foses polo xarope que te recetou
o doutor! ¡De seguires así, aínda te has de afogar!
- Quenes lle avisaron de que lle apodreceran as plantas, non lle dixeron tamén que a súa irmán se caera polas
escaleiras abaixo e se partira unha perna.
- Luce un sol espléndido e, mentres a vella sube a costiña traballosamente, ti durmes a perna suelta.


                                         Gramática da Lingua Galega 31
TEMA 6
                                           DEMOSTRATIVOS

1. OS DEMOSTRATIVOS.

     prox.            núm.             masc.            fem.           neutro
     I                sing.                 este               esta        isto
                      pl.                   estes             estas        ---
     II               sing.                 ese                esa         iso
                      pl.                   eses              esas         ---
     III              sing.                 aquel             aquela      aquilo
                      pl.                  aqueles        aquelas          ---

                OLLO: En galego só existen as formas en “i” (isto, iso, aquilo) e non as formas en “e”
                (esto, eso, aquelo).
                Ademais, a forma neutra non ten plural. Polo tanto, non existen en galego: istos/estos;
                isos/esos; aquilos/aquelos.

1.1. Contraccións dos demostrativos:
     ● Contraen coas preposicións DE e EN:
     Demostrat.
                                  Este,…                  Ese,…                 Aquel,…
Preposic.
                            Deste(s)                Dese(s)             Daquel(s)
           DE               Disto                   Diso                Daquilo
                            Desta(s)                Desa(s)             Daquela(s)
                            Neste(s)                Nese(s)             Naquel(s)
           EN               Nisto                   Niso                Naquilo
                            Nesta(s)                Nesa(s)             Naquela(s)


       Estas contraccións non teñen lugar cando a preposición non rexe o substantivo modificado
polo demostrativo: de estas razóns seren admitidas.
     ●     Contraen co indefinido OUTRO:
Persoa       Número Masculino                            Feminino
1ª           Singular Estoutro                           estoutra
1ª           Plural     Estoutros                        estoutras
2ª           Singular Esoutro                            esoutra
2ª           Plural     Esoutros                         esoutras
3ª           Singular Aqueloutro                         aqueloutra
3ª           Plural     Aqueloutros                      aqueloutras


                                           Gramática da Lingua Galega 32
OLLO: Aínda que estas son as formas habituais para o masculino e o feminino, existen
              tamén as formas plenas, que son as únicas posibles para o neutro: estes outros, aquilo
              outro.
                Os demostrativos xa contraídos con OUTRO, poden tamén contraer de novo coas
              preposicións DE e EN: EXS: Destoutro/a; desoutro/a; nesoutro/a; daqueloutro/a;
              daqueloutras, naqueloutro; etc.

2. Rendemento estilístico dos demostrativos:
        Os demostrativos sitúan (é dicir, fan referencia deíctica) no tempo e no espazo o
substantivo ao que acompañan ou se refiren. ESTE indica o campo do falante; ESE, o campo do
oínte; AQUEL, o situado no campo de EL/ELA ou o que está afastado dos dous interlocutores.
        Pero os demostrativos poden desempeñar tamén unha función de referencia intratextual,
porque poden representar:
        1- Un sintagma presente anteriormente no discurso e remitir a el (ANÁFORA)
                  EX: El vende verzas e grelos, estes un pouco máis caros que aquelas.
                              Verzas = aquelas           Grelos = estes
     2-Ou tamén pode anunciar un sintagma que vai aparecer máis adiante no discurso
(CATÁFORA): EX: Para gañar o partido esta será a nosa táctica: xogaremos polas bandas. (Esta =
xogaremos polas bandas)


3. Valores especiais dos demostrativos:
    ● Valor afectivo.     EX: “¡Este Paco!
    ● Valor pexorativo. EX: E ti vas comer iso?; A iso lle chamas ti coche?
    ● Valor despectivo: EX: Ese non sabe o que é bo; Non sei nin como che escoito iso
    ● Valor de palabra clixé ou comodín (só é de uso vulgar), usando AQUEL e AQUELA como
        substantivos de significado indeterminado. EXS: Co aquel dunha dor de moas, non veu traballar.
        (Aquel = escusa); Ten un aquel para o baile que dá gusto velo.
    ●   Tamén se constrúen formas verbais comodín (AQUELAR E AQUELOUTRAR) cun
        significado indeterminado que depende do contexto (só de uso vulgar). EX: Cando lle mandas
        facer algo aqueloútrase. Deixouno aquelado o accidente3.
    ●   Valor adverbial temporal: NISO; NESTAS; CON ISTO (= nese intre; entón). EXS: Ían
        descubrir o asasino e nisto (ou nestas)…estragouse o televisor; Entoaron o himno e con isto deuse por
        rematado o acto.
    ●   DAQUELA admite dous valores:
           1-Adverbial temporal. EX: Daquela non había coches coma os de hoxe.
                                  (Daquela = naquela época; naquel tempo)
           2-Conxunción: (= en consecuencia; polo tanto; así que). EX: Non é socio do club, daquela non
poden deixalo entrar.
    ●   En certas expresións ou frases feitas, o uso fixou unha forma indeterminada do
        demostrativo que se aparta da súa función básica como demostrativo. EXS: Con esas; Iso si;
        Iso xa; Isto é; Por esas; Por iso; etc.




3 Hai que evitar o uso na fala e na escrita destas palabras comodín pois só empobrecen a expresión.


                                       Gramática da Lingua Galega 33
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
Apuntes Gramatica

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Las lenguas de España
Las lenguas de EspañaLas lenguas de España
Las lenguas de EspañaAitor Rivas
 
Dialectos históricos del español
Dialectos históricos del españolDialectos históricos del español
Dialectos históricos del españollenguavalera
 
4º eso romanticismo
4º eso romanticismo4º eso romanticismo
4º eso romanticismoEduardo Gomez
 
Yo quiero ser, llorando, el hortelano
Yo quiero ser, llorando, el hortelanoYo quiero ser, llorando, el hortelano
Yo quiero ser, llorando, el hortelanoadriadiazlozano
 
Origen y evolución del español
Origen y evolución del españolOrigen y evolución del español
Origen y evolución del españolAndrea Segura
 
Texto dramático 2º ESO teoría y práctica pptx
Texto dramático 2º ESO teoría y práctica pptxTexto dramático 2º ESO teoría y práctica pptx
Texto dramático 2º ESO teoría y práctica pptxAJuani ACruz Lengua
 
Evolución fonética del latín al castellano
Evolución fonética del latín al castellanoEvolución fonética del latín al castellano
Evolución fonética del latín al castellanoSilvia Docampo
 
Llengues Del Món
Llengues Del MónLlengues Del Món
Llengues Del Mónguestc26b49
 
Monemas explicación
Monemas explicaciónMonemas explicación
Monemas explicacióncmosquera69
 
Desvíos léxicos
Desvíos léxicosDesvíos léxicos
Desvíos léxicosCelia Díaz
 
Introducción a la lengua latina (Paula Freiría)
Introducción a la lengua latina (Paula Freiría)Introducción a la lengua latina (Paula Freiría)
Introducción a la lengua latina (Paula Freiría)Manuel Rodriguez
 
Verbos griego clásico
Verbos griego clásicoVerbos griego clásico
Verbos griego clásicosgv002
 
Las Lenguas Romances Finalizado1
Las Lenguas Romances Finalizado1Las Lenguas Romances Finalizado1
Las Lenguas Romances Finalizado1laura.valin
 
Análisis sintáctico de un texto de César (PAU 2016-17)
Análisis sintáctico de un texto de César (PAU 2016-17)Análisis sintáctico de un texto de César (PAU 2016-17)
Análisis sintáctico de un texto de César (PAU 2016-17)Javier Almodóvar
 

Mais procurados (20)

Las lenguas de España
Las lenguas de EspañaLas lenguas de España
Las lenguas de España
 
La literatura española barroca
La literatura española barrocaLa literatura española barroca
La literatura española barroca
 
Dialectos históricos del español
Dialectos históricos del españolDialectos históricos del español
Dialectos históricos del español
 
Pasos del analisis metrico
Pasos del analisis metricoPasos del analisis metrico
Pasos del analisis metrico
 
Las Jarchas
Las JarchasLas Jarchas
Las Jarchas
 
4º eso romanticismo
4º eso romanticismo4º eso romanticismo
4º eso romanticismo
 
O Pronome Persoal en Galego
O Pronome Persoal en GalegoO Pronome Persoal en Galego
O Pronome Persoal en Galego
 
Yo quiero ser, llorando, el hortelano
Yo quiero ser, llorando, el hortelanoYo quiero ser, llorando, el hortelano
Yo quiero ser, llorando, el hortelano
 
Origen y evolución del español
Origen y evolución del españolOrigen y evolución del español
Origen y evolución del español
 
Texto dramático 2º ESO teoría y práctica pptx
Texto dramático 2º ESO teoría y práctica pptxTexto dramático 2º ESO teoría y práctica pptx
Texto dramático 2º ESO teoría y práctica pptx
 
Locuciones y frases hechas
Locuciones y frases hechasLocuciones y frases hechas
Locuciones y frases hechas
 
Evolución fonética del latín al castellano
Evolución fonética del latín al castellanoEvolución fonética del latín al castellano
Evolución fonética del latín al castellano
 
Llengues Del Món
Llengues Del MónLlengues Del Món
Llengues Del Món
 
Monemas explicación
Monemas explicaciónMonemas explicación
Monemas explicación
 
Desvíos léxicos
Desvíos léxicosDesvíos léxicos
Desvíos léxicos
 
Introducción a la lengua latina (Paula Freiría)
Introducción a la lengua latina (Paula Freiría)Introducción a la lengua latina (Paula Freiría)
Introducción a la lengua latina (Paula Freiría)
 
Verbos griego clásico
Verbos griego clásicoVerbos griego clásico
Verbos griego clásico
 
Las Lenguas Romances Finalizado1
Las Lenguas Romances Finalizado1Las Lenguas Romances Finalizado1
Las Lenguas Romances Finalizado1
 
El sintagma nominal
El sintagma nominalEl sintagma nominal
El sintagma nominal
 
Análisis sintáctico de un texto de César (PAU 2016-17)
Análisis sintáctico de un texto de César (PAU 2016-17)Análisis sintáctico de un texto de César (PAU 2016-17)
Análisis sintáctico de un texto de César (PAU 2016-17)
 

Destaque (6)

Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (...
 
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito. Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
Sint. Nominal, Sint Verbal, Suxeito.
 
El signo lingüístico
El signo lingüísticoEl signo lingüístico
El signo lingüístico
 
Guía didáctica rosa caramelo
Guía didáctica rosa carameloGuía didáctica rosa caramelo
Guía didáctica rosa caramelo
 
Ficha arturo y clementina
Ficha arturo y clementinaFicha arturo y clementina
Ficha arturo y clementina
 
Arturo y Clementina
Arturo y ClementinaArturo y Clementina
Arturo y Clementina
 

Semelhante a Apuntes Gramatica

Fonética e fonoloxía
Fonética e fonoloxíaFonética e fonoloxía
Fonética e fonoloxíaAmparo Cereixo
 
Fonética e fonoloxía
Fonética e fonoloxíaFonética e fonoloxía
Fonética e fonoloxíabego3gc
 
Fonetica
FoneticaFonetica
Foneticabego3gc
 
Variedades xeográficas da lingua galega
Variedades xeográficas da lingua galegaVariedades xeográficas da lingua galega
Variedades xeográficas da lingua galegaxoanseca
 
Variedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galegoVariedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galegoCelia Díaz
 
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»vitinhoourense
 
Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.Celsa
 
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0Carmela Garcia
 
Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Celia Díaz
 
Linguas en contacto. Desvíos normativos.
Linguas en contacto. Desvíos normativos.Linguas en contacto. Desvíos normativos.
Linguas en contacto. Desvíos normativos.Marlou
 
Alfabeto latino 1.4 - 4_eso
Alfabeto latino 1.4 - 4_esoAlfabeto latino 1.4 - 4_eso
Alfabeto latino 1.4 - 4_esoDives Gallaecia
 
Galego medieval
Galego medievalGalego medieval
Galego medievalxenevra
 
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.Dives Gallaecia
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaxenevra
 
Presentación dialectoloxía
Presentación dialectoloxíaPresentación dialectoloxía
Presentación dialectoloxíanatividad1981
 

Semelhante a Apuntes Gramatica (20)

Fonética e fonoloxía
Fonética e fonoloxíaFonética e fonoloxía
Fonética e fonoloxía
 
Fonética e fonoloxía
Fonética e fonoloxíaFonética e fonoloxía
Fonética e fonoloxía
 
Fonetica
FoneticaFonetica
Fonetica
 
Variedades xeográficas da lingua galega
Variedades xeográficas da lingua galegaVariedades xeográficas da lingua galega
Variedades xeográficas da lingua galega
 
Alfabeto Latino
Alfabeto LatinoAlfabeto Latino
Alfabeto Latino
 
Variedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galegoVariedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galego
 
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»
Carlos Garrido: «Léxico galego actual: ingenuidades, imposturas e escándalos»
 
Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.
 
Cambios no galego
Cambios no galegoCambios no galego
Cambios no galego
 
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
 
A AcentuaciÓN
A AcentuaciÓNA AcentuaciÓN
A AcentuaciÓN
 
Alfabeto latino 1.6
Alfabeto latino 1.6Alfabeto latino 1.6
Alfabeto latino 1.6
 
Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--
 
Linguas en contacto. Desvíos normativos.
Linguas en contacto. Desvíos normativos.Linguas en contacto. Desvíos normativos.
Linguas en contacto. Desvíos normativos.
 
Alfabeto latino 1.4 - 4_eso
Alfabeto latino 1.4 - 4_esoAlfabeto latino 1.4 - 4_eso
Alfabeto latino 1.4 - 4_eso
 
Galego medieval
Galego medievalGalego medieval
Galego medieval
 
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.
Regras evolución fonética do latín ao galego e castelán.
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxía
 
Presentación dialectoloxía
Presentación dialectoloxíaPresentación dialectoloxía
Presentación dialectoloxía
 
Dialectoloxía
DialectoloxíaDialectoloxía
Dialectoloxía
 

Mais de xenevra

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfxenevra
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXxenevra
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe xenevra
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangardaxenevra
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nósxenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizosxenevra
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilxenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 

Mais de xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 

Apuntes Gramatica

  • 1. Lingua Galega APUNTAMENTOS E EXERCICIOS (GRAMÁTICA E ORTOGRAFÍA) Gramática da Lingua Galega 1
  • 2. TEMA 1 1. Fonoloxía A fonética é a ciencia que estuda os sons. A fonoloxía é a ciencia que estuda os fonemas. O fonema é o elemento mínimo distintivo. Fonema vocálico : pode formar sílaba só e o aire sae pola boca sen ningún obstáculo. Fonema consonántico : non pode formar sílaba só e o aire atopa obstáculos ao saír. 1.2.- Sistema vocálico do galego - En posición tónica: sistema de sete fonemas. /a/: central, aberta. / /: posterior, media aberta. /o/: posterior, media pechada. /u/: posterior, pechada. /i/. anterior, pechada. /e/: anterior, media pechada. /e/: anterior, media aberta. Cando se quere marcar ortograficamente o timbre da tónica, acentúase sempre a aberta : Fóra-fora, óso-oso, bóla-bola, póla pola, vés-ves, pé-pe, présa-presa... Algunhas indicacións para sabermos se a tónica media é aberta ou pechada: a) As palabras rematadas en vogal tónica acostuman ser abertas: avó, bebé ... b) As tónicas rematadas en -el, -ol acostuman ser abertas: papel, español (mais: el, aquel) c) Boa parte da secuencia 'on' é pechada (lambón, monte) e 'en' aberta (ninguén, ben) d) A vogal temática dos verbos da 2ª conxugación é pechada: lamber, lambedes e) Nos verbos con alternancia vocálica no radical, a vogal é aberta na 2ª, 3ª e 6ª persoas do Gramática da Lingua Galega 2
  • 3. presente de indicativo: segues, dorme, foxen. Verbos en -er que teñen -e- ou -o- como últimas vogais do radical. Na 2ª, 3ª e 6ª do presente de indicativo presentan a vogal aberta: bebes, bebe, beben, comes, come, comen. f) As vogais equivalentes aos ditongos ie, ue en castelán acostuman ser abertas: pé, ovo. En posición átona (non final): non hai oposición de medias abertas-pechadas. Hai un sistema de cinco vogais. En posición final (átona): sistema de tres vogais : /E/ /a/ /O/ 1.2.- Sistema consonántico do galego. /b/: oclusiva, bilabial, sonora. Grafemas b,v /d/: oclusiva, dental, sonora. /g/: oclusiva, velar, sonora. Grafemas: g (+a,o,u), gu (+e,i). /h/: gheada dialectal. /p/: oclusiva, bilabial, xorda. /t/: oclusiva, dental, xorda. /k/: oclusiva, velar, xorda. Grafemas: c (+a,o, o), qu (+e,i), k /f/: fricativa, babiodental, xorda. /q/: fricativa, interdental, xorda. Grafemas: z (final, +a,o,u), c (+e,i). /s/: fricativa, alveolar, xorda. Seseo dialectal. /∫/: fricativa, palatal, xorda. Grafema x. /t∫/: africada, palatal, xorda. Grafema ch. /m/: nasal, bilabial, sonora. /n/: nasal, alveolar, sonora. / /: nasal, palatal, sonora. Grafema ñ. / /: nasal, velar, sonora. Grafema nh. /l/: lateral, alveolar, sonora. /λ /: lateral, palatal, sonora. Grafema ll (moi escasa nos falantes). /r/: vibrante, alveolar. Grafema r (inicial, despois de n,s,l) ou rr. Un mesmo fonema pode realizarse a través de sons diferentes (e o máis habitual e esperábel é que así sexa), mais que posúen todos eles en común os trazos que opoñen ese fonema a todos os outros fonemas da mesma lingua. Estes sons diferentes chámanse alófonos. Existen alófonos e neutralizacións. En fonoloxía a neutralización consiste na eliminación da oposición (diferenza) que se establece entre dous fonemas nun determinado contexto, de maneira que foneticamente soan igual, aínda que se trate da realización de dous fonemas distintos (Madrid). Os alófonos pódense dar en distribución complementar ou libre. Os alófonos en distribución complementar son os que aparecen sempre en determinados contextos e non noutros: onde aparece unha variante non pode aparecer outra. Por exemplo, en galego o b oclusivo ([b]) dase despois dunha pausa ou dunha nasal. O b fricativo ([β])aparece en todos os demais casos. Hai complementariedade entre unhas realizacións e outras, unhas valen para uns casos e outras para outros. Gramática da Lingua Galega 3
  • 4. Os alófonos en distribución libre non se exclúen, senón que na mesma posición pódense dar dúas realizacións: non hai complementariedade, senón superposición. As diferenzas fonolóxicas permiten que nunha lingua determinada se poidan distinguir significados. Os dous b de vai e avó non manteñen unha oposición distintiva, pero si /p/ e /b/ en todos os casos. 2. A entoación. É como a musica, o ritmo da frase. O tonema é a unidade melódica mínima (desde a sílaba tónica ata a pausa). Pode ser horizontal, ascendente ou descendente. Os tonemas van formando grupos melódicos separados por pausas. Aprobaches o exame? Dáme a revista! Colleu o chaveiro, os cartos e o pano. O campo de entoación dunha lingua é a máxima distancia entre o ton dos tonemas ascendentes máis agudos e o dos descendentes máis graves (o do galego é máis amplo có do castelán e máis reducido có do portugués brasileiro). 3. A sílaba. A sílaba é cada un dos golpes de voz con que se articula a palabra. O núcleo é sempre unha vogal, é obrigatorio. A marxe non é obrigatoria. Marxe explosiva : anterior ao núcleo. Marxe implosiva : posterior ao núcleo. Sílabas libres son aquelas que acaban en núcleo e trabadas as que acaban en marxe silábica. 3.1.- O ditongo é a combinación de dúas vogais. Unha delas é forte (núcleo silábico) e a outra feble (marxe silábica). Exs: Vougo (baleiro, deserto); Ousia (ábsida); Vouta (Bóveda) Ditongos: Ai-Au-Ia-Ua-Ei-Eu-Ie-Ue-Oi-Ou-Io-Uo. O núcleo é a vogal máis aberta: Ou-ro. Xei-tei- ra. Noi-te. Os ditongos poden ser crecentes decrecentes ou homoxéneos : - Crecentes : marxe+núcleo, a 2ª é forte. A abertura das vogais vai de menos a máis, é dicir, que crece . Son pouco frecuentes en galego. Exemplos: Ciencia, Manuel, piano, fiestra, miolo, cuarto, tenue, triduo - Decrecentes : núcleo+marxe, a 2ª é feble. A abertura das vogais vai de máis a menos, é dicir, que decrece. Son os máis característicos do galego. Exemplos: Feira, xouba, troitas, caixa, niveis, queixo, Roi, coita, causa, eu, veu, pouco, pediu - Homoxéneos: na mesma sílaba atópanse dúas vogais pechadas. Neles o núcleo é a vogal que recibe máis intensidade. Ex: Lin-güis-ta. Diu-ré-ti-co. OLLO : os ditongos homoxéneos en final de palabra equipáranse aos decrecentes a efectos de acentuación gráfica e, polo tanto, non se acentúan as palabras agudas rematadas en estes ditongos: partiu, azuis. Gramática da Lingua Galega 4
  • 5. 3.2. Tritongo: encontro de tres vogais nunca única sílaba. Fórmase cunha vogal tónica, aberta ou media, entre dúas vogais pechadas. Os tritongos son combinacións de tres vogais (feble+forte+feble). Son escasos : denunciou, policiais, vieiros. Cu-miais. Ha-bi-tuais. Bueu. Luou. 3.3. Hiato: encontro de dúas vogais que están en sílabas distintas. EX: Rí-o. Crú-a. Mo-er. Má-go-a. Me-di-te-rrá-ne-o 4. O acento Atendendo ao acento, as sílabas poden ser tónicas ou átonas. O acento é a maior intensidade articulatoria que recae sobre unha sílaba. Ten valor distintivo : maza/ mazá, temera/temerá... No galego soamente se usa un tipo de acento, o acento agudo (´). ESQUEMA: REGRAS DE ACENTUACIÓN GRÁFICA: CENTÚANSE ON SE ACENTÚAN Se rematan en: Se rematan en: -vogal: -consoante distinta de –n, -s: Ex: papá, Xosé, gogó Ex: papel, cantar, nariz, arroz, capital, AGUDAS anal, -n: Ex: camión, lambón -ditongo decrecente: (seguido ou non de “s”) -s: Ex: ademais, controis, despois, amou, Ex: papás, gogós, mamás rompeu, estudei, españois, capitais, papeis, romeu, bacallau, xubileu, dezaseis. -ns: Tamén partiu, azuis. Ex: camións, lambóns -os monosílabos: Ex: Pan, can, sal, fol, mol, gol, sol, fel, mel, rol, cal, mal, son, man, san, paz, ron. Se rematan en: Se rematan en: -consoante distinta –n, -s: -vogal: GRAVES Ex: móbil, carácter, alférez, cráter, Ex: gata, lata, ruta, gruta, loito, loita, froito, froita, canta, pata. -ditongo decrecente: (seguido ou non de “s”) -vogal + n: Ex: amábeis, imposíbeis (plurais de Ex: cantaran, palabras reatas en –bel); hóckey, jóckey (estranxeirismos acabados no -vogal + s: ditongo –ey = -ei). Ex: cantas, mantas, mantos, coles, soles, males, malos, rusos, lapis, -grupos cultos latinos -ps, -x: Gramática da Lingua Galega 5
  • 6. Ex: tríceps, bíceps, clímax, Félix, -vogal + ns: tórax. Ex: canons, colons, dolmens, ESDRÚ- Acentúanse todas: XULAS Ex: mágoa, bárbaro, tépedo, túnica, tónico, OLLO: Sobre as agudas: A efectos de acentuación gráfica, en final de palabra os ditongos homoxéneos (iu, ui) equipáranse aos ditongos decrecentes e, polo tanto, non se acentúan nas palabras agudas. Exemplos: partiu, azuis. 4.1. Casos especiais de acentuación: 4.1.1.- Acentuación de i, u en hiato: As vogais “i”, “u” tónicas acentúanse graficamente cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non forman ditongo. Exemplos: Acentúo, aínda, baúl, Paúl, túa, lúa, rúa, rúas, túas, súas, caída, saída, Coímbra, constituíu, egoísmo, miúdo, muíño, moía, prexuízo, xuízo, raíña, raíz, río, tío, lío, roía, ruído, saía, saín, caín, ruín, saír, traía, etc. 4.1.2.- Acentuación de estranxeirismos e latinismos: As palabras estranxeiras seguen as mesmas regras de acentuación xerais. Exemplos: Agudas: autobús, iglú, iglús, obús, popurrí, puré, organdí, ralentí, tabú, vermú, xampú, xampús, puré, purés, aerosol, anorak, argot, autocar, autostop, ballet, boicot, coñac, fagot, iceberg, leitmotiv, neceser, relax, voleibol. Graves: accésit, béisbol, cénit, córner, ídem, karaoke, líder, álbum, médium, macádam, quórum, réquiem, smóking, superávit, tándem, télex, tótem, harakiri, ioga, lapilli, mitin, pelotari, penalti, fútbol, pizza, quimono, ravioli, zombi. Esdrúxulas: bádminton, búmerang, cárdigan, déficit, hábitat, hándicap, ínterim, magníficat, párkinson. OLLO: As palabras rematadas graficamente en “y” (i grego) teñen o mesmo tratamento que se rematasen en “i” (i latino). Exemplos: playboy (aguda rematada en ditongo decrecente: “oy” = “oi”), spray (coma convoi, samurai), hóckey, hippy, hobby, rugby, whisky. 4.1.3.- Acentos diacríticos: Úsase para distinguir dúas palabras que se escriben igual, para evitar confusión. PALABRAS CON ACENTOS DIACRÍTICOS OBRIGATORIOS: á (a + a artigo; substantivo) a (artigo; pronome; preposición) ás (a + as artigo; substantivo) as (artigo; pronome) bóla (esfera) bola (peza de pan) cá (ca + a) ca (conxunción comparativa) cás (ca + as) cas (preposición) chá (plana) cha (che + a) Gramática da Lingua Galega 6
  • 7. chás (planas) chas (che + as) có (ca + o) co ( con + o) cós (ca + os; subst.:parte da camisa) cos (con + os) cómpre (é mester, fai falta, é necesario) compre (merque: do verbo mercar) cómpren (son mester) compren (merquen) dá (presente e imperativo do verbo dar) da (de + a) dás (presente do verbo dar) das (de + as) dó (compaixón) do ( de + o) é (presente do verbo ser) e (conxunción) fóra (adverbio de lugar) fora (antepretérito dos verbos ser e ir) má (ruín) ma (me + a) más (ruíns) mas (me + as) máis (adverbio) mais (conxunción: sinónimo de pero) nó (substantivo: “nudo”) no (en + o) nós (subst.: Plural de nó; pron. Tónico) nos (en + os; pron. Átono) ó (a+ o) o (artigo; pronome) ós (a + os) os (artigo; pronome) óso (do corpo) oso (animal) pé (parte do corpo) pe (letra) póla (rama) pola (galiña; por + a) pór (poñer) por (preposición) présa (apuro) presa (prendida, cativa; presada) sé (“sede catedral; imperativo de ser) se (conxunción; pronome reflexivo) só (adverbio e adxectivo) so (preposición= debaixo de) té (infusión) te (pronome; letra) vén (presente do verbo vir) ven (presente de ver; imperativo de vir) vés (presente de vir) ves (presente de ver) vós (pronome tónico) vos (pronome átono) 4.1.4.- Verbo + pronome enclítico e verbo + 2ª forma do artigo: Se o verbo leva despois o pronome unido a el, ou o artigo (este sempre mediante guión), trátase coma se fose unha soa palabra e acentúase segundo as normas anteditas. Exemplos: - Con pronomes enclíticos: Cantaraa, cantáraa. Bebérala, beberala. Catárana, cantarana. Métese, méteseche. Metéusenos, metéusevos, metéronvolo. Tómao, tómallo, tómallos, tómallelo. - Con 2ª forma do artigo: Ti cóme-lo caldo; É bo come-lo caldo; Ti bebéra-la auga; Ti bebera-la auga. OLLO: As formas verbais que levan til diacrítico mantéñeno cando van unidas a un pronome átono. Exemplo: é / élle; éa; dáo; dáme; dálle; ti dálo á forza; ti dáslle; ti dásme; ¿ti vélo comprar? 4.1.5.- Adverbios en –mente: Nunca levan til, porque son graves rematadas en vogal. Gramática da Lingua Galega 7
  • 8. 4.1.6.- Interrogativos e exclamativos: Non se acentúan os interrogativos e exclamativos directos: Exemplo: Canto queres? Onde vas? Como estás? Cal é o teu coche? Que fixeches? Por que non vas hoxe? Cando vés? Como medraches, neno! Que caro! Onde vas! Que desgraza! Que demo de rapaces! Tampouco se acentúan as formas do interrogativo e do exclamativo cando introducen interrogativas indirectas. Exemplo: Pregúntalle canto quere polo coche. Pregúntalle onde está o meniño. Pregúntalle cando volve. ATENCIÓN: Soamente se acentuarían se fose preciso para evitar confusións: Exemplo: Dille qué queres/Dille que queres; Xa sabes qué hai/Xa sabes que hai 5. O apóstrofo: Admítese o seu uso en dous casos: 1-Cando se quere reproducir fielmente a pronuncia do galego oral ou dialectal. Exemplo: n´é verdade; n´o fixen; ont´á noite; 2-Cando se citan títulos ou cabeceiras de publicacións sempre que o artigo inicial se integre coas preposicións “de” ou “en”. Exemplo: O argumento d´A Esmorga. Iso está n´Os Eoas. 6. Signos de interrogación e admiración: A interrogación ( ? ) e a exclamación ( ! ) só se poñen ao final da frase: Exemplos: Por que non foches onte ao cine ? Cando queres que vaia contigo ? Vaiche boa ! Malo raio te coma ! OLLO: Aínda que, para facilitar a lectura e evitar ambigüidades, poden poñerse tamén ao principio da frase ( ¿ ), ( ¡ ). 7. Grupos consonánticos As palabras patrimoniais establecen cal é a estrutura silábica normal do noso idioma. Pero os préstamos e mais as palabras cultas con frecuencia teñen unha estrutura silábica diferente, e de aí que presenten problemas de adaptación. Debe terse en conta, con todo, que hai préstamos sen apenas acomodación e con pronuncias particulares, mesmo de grafías existentes con outro valor en galego: allegro, hippy. No tocante ás agrupacións de consoantes, a adaptación gráfica dos cultismos e dos préstamos faise de acordo cos criterios xerais seguintes: a) Mantense a grafía -cc- nos cultismos cando corresponde á pronuncia [kc], coma en acceso, acción, micción, etc. b) Mantéñense os grupos formados por dúas consoantes que pertencen a sílabas distintas, isto é, que forman grupo heterosilábico, sempre que non se trate dunha consoante dobre: obxecto, apto, administrar, atmosfera, máximo, magma, nafta, himno. Deste comportamento exceptúanse algunhas palabras de circulación restrinxida ou aínda non plenamente adaptadas, coma súmmum, gamma ‘letra grega’, enneasílabo, kappa, razzia, pizza, así coma os derivados formados por un prefixo rematado en -n e unha base produtiva iniciada por n- : Gramática da Lingua Galega 8
  • 9. circunnavegar; connatural, connotar; ennobrecer; innato, innecesario, innegable, innervar, innobre, innomeable, innovar, innumerable. Téñase en conta que existen formas populares como connosco, ennegrecer, ennobelar, ademais das secuencias verbo + pronome persoal átono do tipo chámannos, víronnos, collerannos, sempre coa pronuncia [Nn]. c) Tamén se manteñen en xeral os grupos de dúas consoantes explosivas: ctenóforos, gnomo, mnemotécnico, pneuma, psicópata, pterodáctilo, atlas, ínclito, perplexo etc. d) En posición implosiva normalmente non se admiten grupos de dúas consoantes, salvo cando a segunda é s: obsceno, adscribir, externo, construír, circunstancia, perspectiva, bíceps, relax. Con todo, algúns préstamos estranxeiros manteñen excepcionalmente as dúas consoantes en final de sílaba, polo menos graficamente: zinc, hínterland, round, lord, golf, windsurf, búmerang, cámping, iceberg, kirsch, sketch, folk, sprint, test. Da mesma maneira, escríbense con consoante dobre final palabras como full ou jazz. 8.1. Grupos bl, cl, fl, gl, pl, tl Estes grupos mantéñense inalterados nos cultismos e nos préstamos ou formacións recentes: ablativo, aclarar, atlántico, atleta, blasfemar, blindar, bloque, clamar, clan, claridade, clarín, claro, clase, clasificar, cláusula, clero, clima, club, exemplo, explicar, flamante, flan, flexión, flor, fluxo, glaciar, glándula, glicerina, globo, gloria, glosa, incluír, influír, oblación, oblicuo, plano, planta, plasma, plástico, plátano, plaxio, plenario, pluma, plumaxe, plural, problema, proclamar, publicar, reflexión, subliminar, subliñar, templo, troglodita. As palabras latinas semicultas e algúns préstamos antigos doutros idiomas mudaron o l en r: aprazar, branco, brancura, brando, brasón, compracer, cravar, cravo, cravuñar, cumprir, dobrar, emprazar, empregar, escravo, fraco, frauta, frecha, fretar, frota, frouxo, igrexa, nobre, obrigar, pracer, praga, praia, prata, prato, praza, prazo, preamar, pregar, preito recruta, singradura etc. 8.2. Grupos bc, bd, bm, bn, bs, bt, bv e bx Mantéñense sempre sen alteración: abdicar, abdome, abnegación, absentismo, absoluto, absolver, absorber, absurdo, insubmisión, obcecar, obnubilar, obsequiar, observar, obsesión, obsoleto, obter, obtuso, obviar, obxección, obxectividade, obxecto, subconsciente, subdirector, súbdito, submersión, subministrar, subsección, subsidio, subsistir, subsumir, subtítulo, subxectivo, subxugar. Sutil e a súa familia léxica (sutileza, sutilidade, sutilmente, sutilizar) perderon o b desde as orixes do idioma. 8.3. Grupo bs + consoante Aínda que existe a tendencia popular a eliminar a primeira consoante nas palabras con moito uso, na escrita débese manter a solución culta con conservación do grupo: abstemio, abstención, abstracción, abstracto, obsceno, obstáculo, obstinado, obstruír, subscrición, substancia, substantivo, substitución, substituír, substituto. Deben evitarse as formas *substraer, *substracción, *substraendo, tomadas do castelán. O verbo latino de que derivan era SUBTRAHERE, polo que, se se adopta o cultismo latino, débese utilizar subtraer, subtracción e subtraendo. 8.4. Grupos -ct- e -cc- Os grupos ct e cc mantéñense nos vocábulos cultos cando os preceden as vogais a, e, o: abstracto, acción, acta, actor, actualidade, adxectivo, afección, arquitecto, artefacto, aspecto, atracción, cacto, calefacción, carácter, circunspecto, coacción, colección, colectivo, compacto, confección, contacto, contracción, conxectura, corrección, desinfección, detectar, detractor, dialecto, dirección, directo, distracción, elección, electricista, equinoccio, estupefacción, exactitude, extracción, fracción, impacto, imperfección, incorrección, indirecto, infección, insecticida, inspección, insurrección, intacto, intelecto, intersección, inxección, inxectar, lactante, lácteo, lección, lector, obxecto, occidente, octosílabo, olfacto, pacto, perfección, perfecto, perspectiva, Gramática da Lingua Galega 9
  • 10. predilecto, prospecto, protección, proxectar, proxecto, putrefacción, putrefacto, reacción, reactivo, recto, rectitude, redacción, redactor, reflector, refracción, respectar, respecto, resurrección, retrospección, satisfacción, sección, sector, selección, sintáctico, táctica, tacto, tracción, tractor, traxecto, traxectoria, vector. Perderon o c as palabras catarata, contratación, contratar, contrato, tratado, tratamento, tratar, trato. Suprímese a primeira consoante nos dous grupos cando os preceden as vogais i e u: abdutor, aflición, aflito, condución, conduta, condutor, conflito, constrición, constritivo, construción, construtivo, construtor, contradición, contrición, dedución, dedutivo, delito, destrución, destrutor, dicionario, distrito, ditado, ditadura, ditame, ditar, estrito, estrutura, flutuación, flutuar, frutífero, frutificar, indución, introdutor, introdutorio, lutuoso, obstrución, obstrucionista, obstrutivo, produción, produtivo, produto, produtor, reconstrución, redución, reduto, redutor, reprodución, reprodutor, restrición, restritivo, tradutor, vítima, vitoria, vitorioso, xurisdición. Porén, convén manter esta primeira consoante nalgunhas palabras pertencentes a linguaxes especializadas, de escasa presencia na fala ou para evitar homonimias. Son voces como adicción, adicto, amicto, anfictión, anfictionia, apodíctico, convicción, convicto, deíctico, dicterio, dúctil, ductilidade, ducto, evicción, ficción, ficticio, flictena, fricción, friccionar, ictericia, ictérico, ictiografía, ictioloxía, ictiomancia (e outras formas con ictio- ), indicción, invicto, lictor, micción, nictalope, nictalopía, pictografía, pictórico (e outras formas con picto-), ricto, succión, succionar, veredicto, vindicta. Non se debe esquecer que hai algúns semicultismos con vocalización da consoante implosiva en u ou en i: doutor, doutoramento, doutrina; reitor, reitorado, reitoral, reitoría; seita (pero sectario, sectarismo); suxeitar e suxeito. Ás veces, ao lado destas formas existe a culta correspondente, cun significado menos restrinxido, como ocorre, por ex., en pauto / pacto. 8.5. Grupo -cn- Consérvase en todos os casos: acne, arácnido, cnidarios, cnitosporídeos, pícnico, picnómetro, picnose, pirotécnico, politécnico, radiotécnico, técnica, tecnicismo, tecnocracia, tecnoloxía, zootécnico. 8.6. Grupo -cd- Mantense o grupo en todos os casos: anécdota, anecdotario, anecdótico, sinécdoque. 8.7. Grupo [ks] (grafía -x- ) Mantense sempre na grafía como x: aproximar, asfixia, axila, axilar, axioma, bórax, convexo, elixir, exacto, exame, exceder, excelente, exceso, exclamar, exilio, eximir, éxodo, exótico, explosión, extra, galaxia, hexágono, laxo, léxico, maxilar, nexo, reflexionar, sexo, sexto, sílex, sintaxe, téxtil, texto, tórax, tóxico. Con todo, algunhas voces moi populares, documentadas xa deste modo en textos medievais, así como os seus derivados, deben escribirse con s: escava, escavar, escavación, escavadora; estender (pero extensión, extensivo, extenso, extensor); estrañar, estrañamento, estraño, estrañeza; estranxeiro, estranxeiría, estranxeirismo; estremar ‘derregar’, estrema, estremo ‘linde’ (pero extremar, extremidade, extremismo, extremo). 8.8. Grupos -gm- , gn- e -gn- Mantéñense sempre nos cultismos: agnosticismo, benigno, cognoscitivo, consignar, designar, diafragma, diagnosticar, dignidade, digno, dogma, estigma, fragmento, gnomo, gnose, ígneo, ignominia, ignoto, impregnar, impugnar, incógnito, indignar, pigmento, pigmeo, prognóstico, pugna, repugnante, repugnar, resignar, segmento, significado, significar, signo. Por seren semicultismos presentan só -n- asinar, ensinanza, ensinar, ensino, sinalar, sinatura, sino ‘campá’ e outras palabras da mesma familia léxica. 8.9. Grupos mn- , - mn- e -nm- Gramática da Lingua Galega 10
  • 11. Mantéñense as dúas consoantes nos cultismos: alumnado, alumno, amnesia, amnistía, autumnal, calumnia, columna, cindemne, indemnizar, inmaculado, inmaterial, inmaturo, inmediato, inmemorial, inmensidade, inmenso, inmensurable, inmerecido, inmersión, inmerso, inmigración, inmigrante, inmigrar, inminente, inmiscirse, inmóbil, inmolar, inmoral, inmune, mnemotécnica, ómnibus, omnímodo, omnipotente, omnipresente, omnívoro, solemne, solemnidade, ximnasio, ximnasta, ximnástico, ximnocarpo, ximnospermas. A secuencia nm é habitual dentro da fonética do galego (víronme, enmagrecer, enmudecer, conmover etc.), de tal maneira que a súa pronunciación non resulta insólita. 8.10. Grupos -mm- e -nn- O nome da letra grega gamma debe escribirse con -mm- , por ser unha voz fixada na terminoloxía internacional da física e da astronomía. Convén escribir con -nn- algúns vocábulos cultos de circulación moi restrinxida: connubio, enneágono, perenne etc. Un tratamento á parte merecen as palabras derivadas mediante un prefixo rematado en -n, que se une a unha base que comeza tamén por n- . Neste caso, cando existe no galego a palabra base, consérvase o grupo -nn- : circunnavegar (circun + navegar), connatural (con + natural), innobre (in + nobre) etc. O mesmo sucede cando, aínda non estando viva a forma primitiva, esta sexa transparente por existiren outras palabras da mesma familia ou ben por haber derivados con outros prefixos sobre a mesma base: innovar (non existe *novar, pero si novo, e ademais hai outros derivados como anovar, renovar etc.). 8.11. Grupo -ns- anteconsonántico Nas palabras cultas mantense sen reducir: circunscrición, circunspecto, circunstancia, consciente, conspicuo, conspiración, constancia, constelación, consternar, constipado, constitución, constituír, construción, construtor, inconsciente, inspección, inspirar, instalación, instalar, instancia, instante, institución, instituír, instituto, instrución, instruír, instrumento, instrutor. O prefixo trans- mantén o grupo ns cando a base é un cultismo: transbordar, transcendental, transcendente, transcender, transcribir, transcrición, transferencia, transferir, transformación, transformar, translación, transmisor, transmitir, transpirar, transporte, transvasar, transvasamento. Cando se une trans- a unha palabra que empeza por s- hai simplificación das dúas consoantes sibilantes: transecular, transiberiano, transubstanciación. Este sufixo reduciuse a tras- en palabras populares como: trasfegar, trasladar, trasler, trasnoitar, traspasar, traspoñer, trastornar... 8.12. Grupos -pc-, -pn-, -ps- e -pt- Como norma xeral mantéñense estes grupos nos cultismos: abrupto, acepción, adaptar, adepto, anticonceptivo, aptitude, cápsula, captar, captura, coleóptero, concepción, concepto,corrupto, críptico, decepción, eclipse, elipse, epiléptico, erupción, escepticismo, eucalipto, excepción, exipcio, Exipto, hipnose, imperceptible, inepto, interceptar, irrupción, nupcial, opción, óptica, optimismo, percepción, precepto, rapsodia, rapto, recepción, réptil, ruptura, sinopse, susceptible, tríptico, voluptuosidade, voluptuoso. Hai, así e todo, unha serie de palabras que perden o primeiro elemento do grupo -pc- ou -pt- , algunhas por seren xa antigas no idioma, outras por teren hoxe un uso frecuente; e o mesmo ocorre cos derivados cultos da familia do latín SCRIPTUS. Así: adscrición, adscrito, cativar, catividade, cativo, circunscrición, descrición, descritivo, descrito, ditongo, escrito, indescritible, inscrición, inscrito, manuscrito, prescrición, prescrito, proscrición, proscrito, setembro, setentrión, setentrional, subscrición, subscrito, transcrición, transcrito, tritongo. Amais disto, existen no galego varios casos de vocalización da consoante implosiva: receita e receitar; adoitar (‘acostumar’, diferente do cultismo adoptar); bautismo e bautizar. Diferéncianse pola presenza ou ausencia dun p as familias de retar (‘desafiar, culpar etc.’, Gramática da Lingua Galega 11
  • 12. que procede do lat. REPUTARE, a través do francés) e de reptar (do lat. REPTARE ‘andar a rastro’). 8.13. Grupos pn- , ps- e pt- Aparecen en posición inicial en palabras cultas e, segundo a regra xeral, consérvanse na lingua escrita, a pesar de que na fala existe a tendencia a non pronunciar a primeira consoante: pneumático, pneumonía, pneumopatía, pneumoscopio, pneumoterapia, pneumotórax etc.; pseudo- , pseudociencia, pseudónimo etc.; psicanálise, psicanalista, psicodiagnóstico, psicofísica, psicoloxía, psicolóxico, psicometría, psicopatoloxía, psique, psiquiatra, psiquiatría, psíquico etc.; pterobranquiado, pterodáctilo, pterópodo etc. Xa non se escriben con p- : salterio, salmista, salmo e salmodiar. 8.14. Grupo -st- Este grupo consonántico é frecuente nas palabras patrimoniais, e non adoita presentar problemas na escrita do galego. Un caso especial é a alternancia de formas do prefixo post- /pos- : escríbese post- cando vai seguido dunha base que comeza por vogal (postelectoral, postoperatorio); úsase pos- cando vai seguido dunha base que comeza por consoante (posclásico, posguerra, pospoñer). EXERCICIOS: 1. Fai a transcrición fonolóxica deste texto: “Capetón”, dicían os nosos mariñeiros. Tiña gracia, soaba ben. Aínda que non era así. Xacinto sabíao. El tiña bo oído. Escoitara a pronuncia atentamente. Sempre tivo máis curiosidade que os demais por estas cousas, máis cultura. El sempre quixo chegar a ser unha persoa culta. Por iso atendía moito as explicacións do seu mestre cando ía á escola. 2. Di a abertura (a= aberto; p= pechado) do “e” e mais do “o” nestas palabras: Corvo (ave) Corvo (curvado) Pega (ave) Pega (atranco) Pola (ave) Pola (rama) Bola (pan) Bola (pelota) Doce (pastel) Doce (número) Golpe (golpear) Golpe (raposo) Mes (do ano) Mes (seara) Presa (encoro) Presa (rapidez) Oso (animal) Oso (anatomía) Pe (anatomía) Pe (letra) Corte (do Rei) Corte (do animal) Ceo (de cear) Ceo (firmamento) Bote (chalupa) Bote (tire algo) Corda (soga) Corda (xuizosa) Moa ( da boca) Moa (de moer) Pelo (de pelar) Pelo (cabelo) Sen (vidalla) Sen (preposición) Toco (de tocar) Toco (manco) Sela (asento) Sela (se selar) Vela (da nave) Vela (ver + a) Neto (medida) Neto (familiar) Verme (mirarme Verme (lombriga) 3. Diferencia de significado nestas palabras homófonas: Baca Vaca Bario Vario Boga Voga Benia Venia Bago Vago Bacante Vacante Gramática da Lingua Galega 12
  • 13. Bocal Vocal Bou Vou Beta Veta Basto Vasto Barro Varro Bacía Vacía Beo Veo Barón Varón Botar Votar Rebelar Revelar 4. Indica a norma de porqué se acentúan (ou non se acentúan): Ademais Clímax Bíceps Cantei Paúis Soamente Hóckey Contáronvola Amable Posíbeis 5. Pon o til adecuadamente ás seguintes palabras, se deben levalo: Textil Enfase Beisbol Climax Smoking Amais Amabeis Constituiu Cantaroncho Bilingüismo Hockey Prensil Automobil Rompeu Forceps Dolmens Xampu Rua Album Egoismo Fieis Superavit Lambons Parkinson Habitat Tandem Partiu Accesit Crater Misiles Raiña Prexuizo Sain Requiem Deficit Magoa Triceps Azuis Pauis Acentuo Forcei Egoismo Arauxo Españois Telex 6. Indica cales destas parellas de palabras levan til diacrítico: Ca (ca + a) Ca (conx. compar) Chas (planas) Chas (che + as) Compre (fai falta) Compre (merque) Fora (adverbio) Fora (de ser ou ir) No (“nudo”) No (en + o) Por (poñer) Por (preposición) Te (infusión) Te (pron.; letra) Ven (verbo vir) Ven ( verbo ver) Vos (pron. tónico) Vos (pron. átono) Ves (verbo vir) Ves (verbo ver) Mais (adverbio) Mais (=pero) Mas (ruíns) Mas (me + as) As (a + as; alas) As (artigo; pron.) E (verbo ser) E (conxunción) Cos (ca + os) Cos (con + os) Das (verbo dar) Das (de + as) Do (compaixón) Do ( de + o) Os (a + os) Os (artigo; pron.) Nos (pron. tónico) Nos (pron. Átono) Pe (do corpo) Pe (letra) TEMA 2 Gramática da Lingua Galega 13
  • 14. FORMACIÓN DO PLURAL 1. Palabras rematadas en vogal (átona ou tónica) ou en ditongo: -Fan o plural en –s: mesa/mesas; café/cafés; bocoi/bocois; lei/leis. -Os estranxeirismo acabados en vogal fan o plural en –s ou ben respectando a forma plural da lingua de orixe: spray/sprays; hippy/hippys ou tamén hippies. 2. Palabras rematadas en –r e –z: -Engaden –es: mar/mares; paz/paces; luz/luces. -Os estranxeirismos, en xeral, tamén (palier/palieres; somier/somieres; húsar/húsares; dólar/dólares), a non ser algúns casos de palabras pouco integradas, que poden formar o plural en – s: póster/posters ou pósteres; gángter/gángteres ou gángters; júnior/júniores ou júniors. 3. Palabras rematadas en –s e –x [ks]: -Agudas en –s fano engadindo –es: deus/deuses; compás/compases, a non ser as rematadas en grupo consonántico (tamén as acabadas en –x [ks]: luns, fax, lux, unisex, que permanecen invariables. -As graves e esdrúxulas en –s ou en –x [ks], son invariables: chomomicas, lapis, martes, oasis, xoves, mércores, bíceps, tórax, clímax, télex, etc. 4. Palabras rematadas en –n: Engaden –s: can/cans; lambón/lambóns; dolmen/dolmens; mitin/mitins. 5. Palabras rematadas en –l: -Os monosílabos engaden –es: cal/cales; el/eles; tal/tales; val/vales; xel/xeles; vil/viles; fol/foles; gol/goles; mal/males; mol/moles; sol/soles. -As palabras compostas en que o 2º elemento sexa algún monosílabo acabado en –l, fan o plural coma o monosílabo, é dicir en –es: chuchamel/chuchameles; xirasol/xirasoles;ollomol/ollomoles; cartafol/cartafoles. O plural de aquel é aqueles (aínda non sendo un monosílabo nin un derivado de el, polo que cabería esperar un plural uns ele e aquele, coma no portugués, e así os plurais serían loxicamente eles e aqueles. A explicación estaría na posterior perda da vogal final). -As agudas polisílabas substitúen o –l por –is: animal/animais; aval/avais; fiel/fieis; cruel/crueis; civil/civís; español/españois; control/controis; azul/azuis; Paúl/Paúis. OLLO: caracol/caracois; aerosol/aerosois. Atención: Nos rematados en –il soluciónase en –ís: cadril/cadrís; cantíl/cantís (nunca cadríis ou cantíis). -As palabras graves fan o plural en –es: áxil/áxiles; téxtil/téxtiles; prénsil/prénsiles; útil/útiles; pénsil/pénsiles; mísil/mísiles; réptil/réptiles; difícil/difíciles; túnel/túneles; cónsul/cónsules. Atención: Exceptúase a terminación –bel, que fará o plural en –beis: amábel/amábeis; potábel/potábeis; posíbel/posíbeis; bebíbel/bebíbeis. 6. Palabras rematadas noutras consoantes: Gramática da Lingua Galega 14
  • 15. A maioría delas son estranxeirismos ou cultismos, e forman o plural engadindo –s: frac/fracs; club/clubs; pub/pubs; snob/snobs; clac/clacs; coñac/coñacs; lord/lords; tic/tics; crómlech/crómlechs; sándwich/sándwichs; sketch/sketchs; stick/sticks; round/rounds; talmud/talmuds; rosbif/rosbifs; anorak/anoraks; búmerang/búmerangs; iceberg/icebergs; ring/rings; smóking/smókings; álbum/álbums; réquiem/requiems; slálom/sláloms; tándem/tándems; tótem/tótems; clip/clips; jeep/jeeps; hándicap/hándicaps; boicot/boicots; complot/complots; fagot/fagots; mamut/mamuts; robot/robots; spirnt/sprints; test/tests; trust/trusts; leitmotiv/leitmotivs. EXERCICIOS: 1. Pon en plural as seguintes palabras: Cantil Xirasol Stick Crómlech Pénsil Cruel Frac Cantábel Cadril Téxtil Chuchamel Mísil 2. Xustifica teoricamente o plural das seguintes palabras: Funil Prénsil Parasol Trusts 3. Poñer as seguintes palabras en plural local café señor caracol fusil oasis país algún tren álbum cru bocoi paraugas vacaloura cal azul rapaz plural túnel fiábel útil cónsul lambón israelí amábel venres mandil proxectil ruín garda civil sol clímax gardacostas pel vagalume u quebranoces can fácil ancián xirasol pobre rei dor cabalo do demo fiel dolmen mel lei cruz un tórax sapoconcho bo xudeu xentil decreto lei tonel baúl ollomol xardín luns nó lapis animal réptil cartafol prismáticos 4. Poñer en plural as seguintes frases - O marroquí é un home que ten unha cultura moi diferente á occidental. - O mércores sempre tomo un café tranquilamente ante a televisión sen ter o mandil posto e mentres fumo un Gramática da Lingua Galega 15
  • 16. cigarro, xa que é o único día que non debo traballar despois de xantar. - Ese rei ditou unha lei sorprendente: obriga ao coronel e ao cónsul a presentárense o luns e o xoves ante a Comandancia da Garda Civil. - O nivel cultural e económico desa familia é aceptábel: todos teñen anel e len algún libro cada semana. - Ese val é moi fértil e agradábel, e ten de todo. Alí podes ver desde un pónei ou un boi pacendo ata un hindú xogando ao hóckey no xardín do hotel. - Hai un farol municipal no parque infantil, mais como está fronte ao cuartel aínda se vai vendo. - Ese can é un berrón, non fai máis que ladrar. - O gol marcado polo xogador israelí non foi legal. - Din que a estrela de mar non é hostil ao ollomol. 5. Completar as frases coas formas do comparativo que teñan sentido A Encina sempre tivo moitos ......... cartos ......... el. O Rubén era ......... fedello ......... o seu curmán. O Miguel obtivo resultados ......... bos ......... pensaba. O Daniel é case ......... rico ......... o veciño. A Helena nunca estaba ......... atenta ......... min. A Carme ten ......... leiras ......... parece. Xamais conduciu ......... ben ......... elas. Agora é ......... forte .........o Ricardo. O descoñecido sempre será ......... mao ......... o coñecido. Os perigos son ......... grandes ......... pensabamos. Están ......... abraiados ......... vós. As rendas son......... pequenas ......... esperabades. O Santiago era ......... divertido ......... os compañeiros. A Irimia ten ......... forza ......... vostede. O Paulo é ......... trasfego ......... a Alba. Recollemos ......... fabas ......... contabamos. Penso que ten ......... poderes ......... ti. O Manuel está ......... alto ......... a Laura. O Brais atopou ......... moedas ......... se propuxo. 6. Cal das dúas é a correcta? Se son as dúas, explicar a diferenza de significado persoa ou persona xerar ou xenerar persoaxe ou personaxe xeración ou xeneración persoalizar ou personalizar vixiar ou vixilar persoalismo ou personalismo segredo ou secreto persoificar ou personificar segredamente ou secretamente persoal ou personal meio ou medio xeral ou xeneral dorido ou dolorido xeralizar ou xeneralizar doroso ou doloroso xeralato ou xeneralato corado ou colorado xerador ou xenerador corante ou colorante xeralidade ou xeneralidade corar ou colorar 7. Corrixir todos os erros das frases: • Vaia cansancio que me quedou de anoar os zapatos de todos os cativos que teñen amizade co Luís! Nun día tan caluroso como hoxe xa me apetecería tomar uns amorodos con xeo e frambuesa, que xantei garbanzos con feixóns. • Antes de subir no teleférico tiven que tomar unha pílula para o vértigo. Son un home valeroso, mais se alá arriba se me dá por ollar pola portela, e antes non tomei a vacuna, vólvome un cobarde. • Viña moi ufano porque na selva capturara un papagaio, un xabaril e un reptil venenoso. Logo trocounos por unha marabillosa sortilla e unha papoula de almafí. • Teña coidado de non esvarar coa grasa que caeu dun automóbil nesa curva. Agora deixan as estradas cheas Gramática da Lingua Galega 16
  • 17. de suciedade e colillas. • Disminúen as súas enfermidades, agora xa só ten as encías inchadas e un quiste encetado no calcañal; só lle faltaba que lle saíse un cactus nas engurras da empeña. • Dimitiu o director do club de élite que está ao pé da confitería. Seica o relacionaron co soborno na venda dun novo misil ao Iraque. • Que non lle pasase a chuleta non é unha traizón, que el é un rencoroso e non me empresta nin un lápiz; oxalá lle dea unha cambra no entrenamento de hoxe. • Hai un novo remedio para a sífilis: medio gramo de pole de margarita, un gramo de lexía común mesturado con gaseosa sabor cola e dous gramos de morcilla castelá. Todo ben revolto e en pequenas doses. Durante o tratamento absterase de comer fiambres e de obter boas calificacións en Literatura. NOTA: tamén vale para a SIDA. 8. Colocar r ou l en lugar dos puntos: Por exemplo: p..ano: plano; p..aza: praza. p..aia imp..osivo ab..andar f..aco b..andir p..acer c..avo b..ando f..aqueza b..asón p..ato esc..avo g..obo f..echa nob..e p..aca c..avar c..ásico f..ota f..ouxo p..azo c..ave c..oro desp..azar ob..iga c..amar c..ase p..aga imp..icar nob..eza cump..ir conc..ave p..anto sop..o ob..igar amp..o conc..uír p..egar reg..a sab..e comp..acer c..aro p..aneta sing..adura f..echazo p..anta p..ancha p..ebe sop..ar p..ateado emp..egar p..uma b..andura ig..exa p..acidez p..ural b..anco b..usa f..etar ap..acar 9. Comentar as seguintes palabras Ouvella Tiduo Amenazar Cuchilo Corazonhe Númaro Pegaxoso Acontescer Inorante Ambente Manoxo Perescer Custión Diviño Crarificar Suelo Outura Adeprender 10. Pon todos os tiles que faltan: - Fun a Lugo e ti a santiago coas tuas irmas. - A terra nesta zona e moi cha; non ten ningunha montaña. - O oso do pe do oso estaba roto. - As polas do meu tio Andres comen moito millo cando estan pola horta. - Non quero ir o cine contigo, porque sempre chegamos tarde; ti nunca tes presa. - Fixo mal o no dos zapatos e agora desatouselle. - Ai fora hai un rapaz que quere ir comigo a feira, mais eu non sei se irei. - A nos non nos gusta que compre eses pantalons, mais gustanlle a el. - Ese rapaz nunca da nada e logo esta sempre pedindo. Non teñas do del. - Fixo albondigas de mais e botounas fora para os cans. - Compre que estudes mais se queres aprobar os exames. - Dalle o que ela queira da neveira e que logo compre mais. - Hai unha pola na pola desa nogueira. Se queres que baixe teslle que por aqui abaixo unha cunca chea da auga que da a fonte. - E mais alto cos fillos da miña veciña ainda que cos seus anos non deberia. - Dille o neno que cale se quere ir o cine con nos. - Non xoguedes as bolas na clase, porque vos vai reñer a profesora. Gramática da Lingua Galega 17
  • 18. TEMA 3 FEMININOS E MASCULINOS: 1. MASCULINOS: Os nomes das letras: be, ce, de, etc. Os rematados en –ote: lote, dote, pote… Pero: epiglote. A maioría dos rematados en –(u)me: Exemplos: teitume, lume, gume, costume, legume, cume, estrume, cerume, arame, enxame, exame, nome, etc. Excepto: servidume, negrume (escuridade intensa; melancolía, tristeza; capa de sucidade), que son femininas. Leite, aceite, couce, ubre, sangue, peite, sal, mar, cal, costume, fel, mel, sinal, nariz, lume, cume, labor, xeonllo, riso, sorriso, til, cuspe, berce, dinamo, trade, xene, cumio, iota (e demais letras gregas), cardume, estrume, pesadume, paradoxo, acedume, bechamel, cárcere, teitume, xiz, zócolo, testemuño (declaración da testemuña: testimonio en castelán). 2. FEMININOS: Rematados en –axe: tatuaxe, equipaxe, viaxe, friaxe, personaxe,… Excepcións: traxe, paxe, garaxe. Rematados en –ite: apendicite, bronquite, sinosite,… Rematados en –se: análise, trombose, cirrose, antítese,… (sífilis é feminino, pero mantense escrito así). Rematados en –ade: liberdade, puberdade, lealdade, irmandade,.. A maioría das árbores froiteiras: cerdeira, laranxeira, ameixeira, maceira, figueira, (pero: o figo), nespereira (pero: o néspero), amorodeira (pero: amorodo ou morodo). Excepcións: castiñeiro, limoeiro, piñeiro, pexegueiro. Cor, color, dor, dolor, auga, arma, aula, aguia, alma, arte, podremia, sebe, sede, árbore, ponte, orde, desorde, contraorde, pantasma, calor, suor, canle, fame, orixe, pálpebras, armazón, icona, cute, tise, dose, feluxe, personaxe, ábsida, arquitrabe, azouta, birreme, trirreme, tanza, sedela, apócope, avestruz, apóstrofe, estrea, fin (remate), paréntese, pube, rega, seca, sentinela, síncope, análise, marxe, testemuña (o que presencia algo). O xénero oposto permite establecer diferencias de significado: - Individual/colectivo: leño/leña, ovo/ova, froito/froita, madeiro/madeira, gran/gra, etc. - Maior/menor: cesta/cesto, leira/leiro, agra/agro, carballa/carballo, foxa/foxo, palleira/palleiro, lago/laga. Pero OLLO: machado/machada, vasoiro/vasoira. - Forma diferente: zapato/zapata, río/ría, porto/porta, pozo/poza, sacho/sacha, caldeiro/caldeira. - Río/Comarca: o Arnoia/A Arnoia, o Limia/A Limia, o Ulla/A Ulla… 3. 1. Formación do feminino O feminino dos substantivos e adxectivos fórmase comunmente coa terminación -a, que se une directamente á forma do masculino se esta remata en consoante ou vogal tónica (deus / deusa, Gramática da Lingua Galega 18
  • 19. rapaz / rapaza, avó / avoa, cru / crúa) ou substitúe a vogal final da forma do masculino se remata en vogal átona (sobriño / sobriña, presidente / presidenta). Con todo, hai algúns casos especiais. 3.1.1. Nomes rematados en -n a) Os substantivos e adxectivos rematados en -án (< anum) forman o feminino en -á : ancián / anciá, temperán / temperá; en troques, os caracterizadores despectivos rematados en -án fórmano en -ana: folgazán / folgazana, mentirán / mentirana. Exemplos: alazán, alazá; aldeán, aldeá; ancián, anciá; artesán, artesá; barregán, barregá; bosquimán, bosquimá; capitán, capitá; chan, chá; cidadán, cidadá; cirurxián, cirurxiá; cortesán, cortesá; cotián, cotiá; cristián, cristiá; curmán, curmá; ermitán, ermitá; escribán, escribá; gardián, gardiá; gran, gra; insán, insá, san, sá; irmán, irmá; livián, liviá; louzán, louzá; malsán, malsá; marrán, marrá; musulmán, musulmá; nugallán, nugallá; pagán, pagá; rufián, rufiá; sancristán, sancristá; sultán, sultá; tecelán, tecelá; temperán, temperá; temporán, temporá; truán, truá; van, va; verán; vilán, vilá. Só para os pexorativos: barrigán, barrigana; barullán, barullana; brután, brutana; burrán, burrana; bocalán, bocalana; cabezán, cabezana; cagán, cagana; carallán, carallana; carcamán, carcamana; charlatán, charlatana; farfallán, farfallana; folgazán, folgazana; lacazán, lacazana; langrán, langrana; larpán ,larpana; leilán, leilana; lerchán, lerchana; lordán, lordana; loubán, loubana; mentirán, mentirana; orellán, orellana; pailán, pailana; papán, papana; parvallán, parvallana; paspán, paspana; pastrán, pastrana; pelandrán, pelandrana; pillabán, pillabana; porcallán, porcallana; ruán, ruana; testalán, testalana; testán, testana; toleirán, toleirana; etc. Este sufixo serve tamén para formar xentilicios. Exemplos: afgán, afgá; alemán, alemá; castelán, castelá; catalán, catalá; coimbrán, coimbrá. Pero especialmente tamén os referidos a lugares galegos: arzuán, arzuá; bergantiñán, bergantiñá; caldelán, caldelá; vilagarcián, vilagarciá; salnesán salnesá; muxián, muxiá; fisterrán, fisterrá; compostelán, compostelá; etc. Pero certos xentilicios galegos poden facerse coa súa forma local –ao/-á: Exemplos: arnoiao, arnoiá; burelao, burelá; courelao, courelá; caldelao, caldelá (do Castro Caldelas); ribeirao, ribeirá (do Ribeiro); mariñao, mariñá (da Mariña). Tamén se admite a forma feminina local –án en casos como: unha carnotán, unha fisterrán, unha muradán, etc. b) Feminino dos rematados en -ón (león / leoa, mais lambón / lambona). Forman o feminino en -oa. Exemplos: anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión, campioa; ladrón, ladroa (pero tamén ladra); león, leoa; patrón, patroa; saxón, saxoa; teutón, teutoa. -ón / -ona: queda só reservado para os aumentativo e os pexorativos:Rematan en –ón / -ona as palabras en que esta terminación é un sufixo aumentativo ou deverbal pexorativo: homón, mullerona, zapatón, casona; abusón, abusona; acusón, acusona; faltón, faltona; preguntón, preguntona etc. c) Os rematados en -ín forman o feminino en -ina, coa excepción de ruín, que é invariable: bailarín / bailarina, benxamín / benxamina, danzarín / danzarina, galopín / galopina, malandrín / malandrina; pero un viño ruín / unha terra ruín. d) Os rematados en -ún difiren no seu comportamento: os adxectivos cabrún, cervún, vacún forman o feminino patrimonial cabrúa, cervúa, vacúa; común é invariable; euscaldún engade -a, euscalduna. e) O único nome rematado en -én susceptíbel de moción xenérica é invariable: un refén americano / unha refén americana. 3.1.2. Nomes rematados en vogal ou ditongo tónicos Os substantivos rematados en vogal tónica adoitan engadir -a, en tanto que os adxectivos Gramática da Lingua Galega 19
  • 20. tenden a ser invariables: un avó somalí / unha avoa somalí. Con todo, algúns substantivos son invariables: unha chimpancé adulta; entre os adxectivos, nu, cru e recrú, só e mao forman os femininos núa, crúa e recrúa, soa e má: o peixe cru / a carne crúa, un só día / unha casa soa, o ollo mao / unha má ocasión. Presentan características morfolóxicas especiais grou / grúa, xudeu / xudía e sandeu / sandía. 3.1.3. Nomes rematados en -és Os xentilicios rematados en -és presentan un feminino en -esa: cambadés / cambadesa, chinés / chinesa, noruegués / norueguesa, portugués / portuguesa, romanés / romanesa. O mesmo ocorre con outros adxectivos, coma burgués / burguesa, camoés / camoesa, canchés / canchesa, montés / montesa e palmés / palmesa; algúns, en troques, son invariables: estilo cortés / mirada cortés. 3.1.4. Formacións especiais Algunhas palabras de xénero feminino presentan terminacións especiais, sobre a mesma base léxica: heroe / heroína, tsar / tsarina; galo / galiña; rei / raíña; abade / abadesa; barón / baronesa; príncipe / princesa; sacerdote / sacerdotisa, profeta / profetisa, poeta / poetisa; emperador / emperatriz; actor / actriz etc. EXERCICIOS 1. Nesta lista de palabras pon M (Masculino) ou F (Feminino): Azucre legume arte Cuspe Pube Garaxe Trade Marxe Ponte Árbore Dolor Sifilis Personaxe tise tatuaxe iota 2. Lembra o xénero destas palabras e ponlle diante o artigo correspondente: Arte Cofre Couce Azouta Robalo Azar Ponte Análise Ra Plumaxe Ele Dote Xénese Birreme Plebe Lume Val Nariz Ubre Karate Riso Mel Lapis Leite Inmortalidade Sorriso Cume Servidume Trirreme Robaliza Dor Cumio Azucre Marxe Arbitraxe Dolor Carne Farinxite Orixe Meninxite Grilo Carné Legume Cabelo Puberdade Aguia Cute Tise Pel Porcentaxe Pálpebras Uve Cuspe Radio Suor Cor Trade Chuspe Cabotaxe Sentinela Color Varanda Sífilis Ferruxe Podremia Labor Broca Cerume Abordaxe Alfa Gramática da Lingua Galega 20
  • 21. Laboura Trabe Sondaxe Céspede Paxe Fame Arquitrabe Sangue Dose Pé Sebe Feluxe Serán Betume Árbore Unlla Pube Tatuaxe Mel Pesadume Crise Personaxe Cal Énfase Marxe Xene Queixume Til Cerume Aula Canle Ábsida Dinamo Sal Pe Desorde Icona Berce La Iota Orde Peaxe Calor Acedume Negrume Contraorde Costume Avestruz Culler Traxe Sinal Viaxe Colar Cardume Alma Talismán Cárcere Auga Atlas Estrume 3. Indica o feminino das seguintes palabras: Tecelán Alemán Castrón Sacerdote Abade Tabán Saltón Cónsul Compadre Testemuña Freire Cabaleiro Alcalde Frade Sapo Compostelán Emperador Monxe Cristián Estudante Tsar Xudeu Boi Actor Papa Padrastro Afgán Deus Marido Parente Robaliza Vizconde Tirolés Nugallán Xenro Novelista Fisterrán Barón Sultán Mártir Varón Hindú Capitán Contratista Rei Louzán Charlatán Robalo Idiota Cortesán Ladrón San Testalán Nu Vivente Cru Curmán Cirurxián Xastre Indíxena Tartaruga Gardián Oco Ancián Comellón Marrán Formiga Patrón León Vítima Cabalo Cidadán Gramática da Lingua Galega 21
  • 22. Aldeán Heroe Doado Coimbrán Carneiro Xuíz 4. Forma xentilicios (4 mínimo) a partir dos seguintes sufixos: -A/Ø: -ao/-á: -eno/-ena: -eo/-ea: -o/-a: -aco/-aca -aro/-ara: -ense/Ø: -í/Ø: -ón/-ona: -án/-ana: -ego/-ega: -eño/-eña: -ino/-ina: -ota/Ø: -ano/-ana: -eiro/-eira: -és/-esa: -ita/Ø: -án/-á: 5. Acentúa este texto: Dame igual o que pensen, el debia facer o que lle corresponde e nada mais. Xa habia tempo que decidira sair daquel sitio e agora sentia un no na gorxa o pensar que non ia volver nunca mais. 6. Colocar nos ocos as palabras que van entre parénteses fixándose no xénero e número que lles corresponda, engadindo os artigos e facendo as contracción necesarias Entraron catro ............de ........... (camión, leite, fresco). En ............. dese lugar sobresaen ............. (paisaxe, árbore, froiteiro). Esas ............. publicáronse en varios ............. (lei, xornal, nacional). En ............. grande hai ............. de tráfico ............. (ponte, algún, sinal, indescifrábel). Comprou varios ............. para as cociñeiras dos seus ............. (mandil, azul, hotel). Non podía aturar ............. de ............. a pesar das ............. (aquel, dor, ril, inxección). As palmeiras dan moitos ............., as colmeas ............. e os burros ............. (dátil, saboroso, mel, couce, doloroso). As listas de ............. godos son ............. de memorizar para ............. e ............. para outros (rei, fácil, un, difícil). ............. que aquí fixeron os .............piratas figurará nos ............. da historia local (pillaxe, capitán, libro). Ás ............. os nosos ............. non podían remediar os ............. aos emigrantes (vez, cónsul, mal). ............. dos ............. paseaban polos pazos ............. con ............. (algún, paxe, rei, real, traxe, branco) Boteille ............. á comida (pouco, sal). A parella de ............. meteu o coche en ............. mais deixoulle as ............. acesas (garda civil, garaxe, luz). Cal é ............. de ............. dos .............? (cor, sangue, animal). Gramática da Lingua Galega 22
  • 23. TEMA 4 COMPARATIVOS E SUPERLATIVOS: Ademais das formas analíticas (mediante varias palabras ou cun complexo ou fórmula da comparación) úsanse tamén os comparativos sintéticos (mediante unha soa palabra) seguintes: Para bo (en vez de máis bo) Mellor Para malo ou mao (en vez de máis malo ou máis mao) Peor Para grande (en vez de máis grande) Maior ou Meirande Para pequeno (en vez de máis pequeno) Menor Para grande/alto (en vez de máis grande ou alto) Superior (coa prep. a) Para pequeno/baixo (en vez de máis pequeno ou baixo) Inferior (coa prep. a) EXS: Alberte é superior a Alexandre. Alberte é inferior a Alexandre. Para formar superlativos absolutos úsase o sufixo –ísimo. Exemplo: altísimo, grandísimo. Este sufixo ás veces engádese á raíz culta da palabra e non á patrimonial. Exemplos: antigo, antiquísimo; fiel, fidelísimo; nobre, nobilísimo. Nos adxectivos rematados en –ble ou en –bel este superlativo ten sempre a terminación – bilísimo. Exemplos: Amable ou amábel -à amabilísimo; Estable ou estábel -à estabilísimo. En rexistros cultos aparecen os superlativos co sufixo –érrimo. Exemplo: de célebre -à celebérrimo, de libre -à libérrimo, de mísero -à misérrimo, de pobre -à paupérrimo, de pulcro -à pulquérrimo, de úbere -à ubérrimo. 1. Normas para a construción das frases comparativas (comparativo analítico): O 1º grao do adxectivo ou grao positivo expresa libremente unha calidade que posúe: EX: pan fresco; pan duro. O 2º grao do adxectivo ou superlativo eleva esa calidade ao grao máis alto: EX: pan fresquísimo; pan durisímo ou pan moi duro. O 3º grao do adxectivo é a comparación. Comparar consiste en atribuír unha calidade a algo ou alguén poñéndoo en relación con esa mesma calidade existente noutro ou noutros obxectos. Non só se compara o adxectivo, senón que tamén se compara o verbo (EX: fala máis do que fai), o adverbio (EX: tira máis para aquí que para aí) e o substantivo (EX: serve o mesmo para cans que para gatos). 1.1. Comparación de igualdade: (adverbio) (relator) + verbo +Tan/Tanto + adxectivo + Como/Coma + segundo termo EX: Brais está tan alto coma Xoán Tamén hai outro xeito de realizar a COMPARACIÓN DE IGUALDADE: (Neste caso empréganse as conxuncións igual que a comparación de superioridade e inferioridade). Gramática da Lingua Galega 23
  • 24. + verbo + igual (de) + adxectivo + Ca/Que/Do que + 2º termo EXS: Iria é igual (de) fermosa Ca/Que/Do que Xoana 1.2. Comparación de inferioridade: (adverbio) (relator) + verbo + Menos + adxectivo + Que/Ca/Do que + 2º termo 1.3. Comparación de superioridade: (adverbio) (relator) + verbo + Máis + adxectivo + Que/Ca/Do que + 2º termo 2. Usos das partículas comparativas: ÚSASE SE O… Como …2º termo é un verbo (unha oración), aínda que leve pronome EX: Ela sabe tanto como sabe Xoán Ela sabe tanto como ti sabes Coma 2º termo é un pronome persoal (min, ti, ela, el, nós, vós, elas, eles) EX: Corre tanto coma min Como/Coma Nos demais casos pódese usar calquera dos dous EX: Corre tanto como/coma unha pantera Ca …2º termo é un pronome persoal EX: Corre máis/menos ca min Do que …2º termo é un verbo (unha oración) EX: Fala máis/menos do que pode Ca/Que/Do que1 Nos demais casos calquera delas. EXS: Corre máis ca un can Corre máis que un can Corre máis do que un can 2.1. TAMÉN se deben empregar COMA e CA se o 2º termo é unha: Oración temporal EX: Fixo COMA CANDO lle deron aquel o susto. Está mellor CA CANDO era un mociño Oración de relativo EX: Despediuse COMA QUEN vai á guerra É máis maleducado CA QUEN cospe no chan Oración condicional EX: Fixo COMA SE non oíse o que lle dicían Corre mellor CA SE lle viñese un lobo detrás Cando a comparación ten como 2º termo un sintagma cuantitativo é posible o uso da preposición DE. EXS: Non vale máis de dez mil pesos = Non vale máis ca dez mil pesos. 1 algunhas gramáticas non permiten usar do que nestes casos, e só permiten usar Ca ou Que. Pero debería permitirse porque: “Corre máis ca/que un can”, é o mesmo que: “Corre máis do que (corre) un can” , (aínda que o verbo vaia elidido). Gramática da Lingua Galega 24
  • 25. 2.2. CONTRACCIÓN DA PARTÍCULA COMPARATIVA CA, CO ARTIGO (A, O, AS, OS): Hai dúas opcións: -Facer a contracción: - Non facer a contracción: Ca + a = cá Ca + o = có Ca + a = ca a Ca + o = ca o Ca + as = cás Ca + os = cós Ca + as = ca as Ca + os = ca os (OLLO: A partícula Que nunca contrae co artigo). ATENCIÓN: Cando coinciden a partícula comparativa Ca, a preposición A, e mais o artigo (O, A, OS; AS), a contracción da preposición co artigo (a + a = á; a + o = ao (ó); a + as = ás; a + os = aos (ós)) prevalece a contracción previa da preposición A co artigo. É dicir, non se pode contraer ca cunha contracción na que xa está contraída a preposición A. EXS: Quere máis ás miñas ca ás túas Ao sol non se ve máis ca á sombra Vai máis a Lugo ca ao( ó) Carballiño (prep. A + artigo O) NON: Vai máis a Lugo có Carballiño ATENCIÓN: As conxuncións Ca e Que poden usarse tamén para introducir o 2º termo doutras construcións de tipo comparativo. EXS: Igual (ca) ti Igual (ca os/que os) outros Da mesma forma (que/ca/do que) antes EXERCICIOS 1. Pon a partícula comparativa adecuada ( usando todas as posibilidades que ofrece CA e as súas contracción): É tan fermosa parecía cando a vin Respecto máis a Brais ao seu irmá O neno está moito máis san ti Estou eu máis contigo a túa muller Sempre se pon se lle fosen pegar Gústame menos O Bolo A Limia Está tan elegante eu cría Estou máis a gusto hoxe o outro día Parece menos listo ti me dixeras Xosé sempre fai quen non escoita Vai máis ao Grove A Coruña Traballo moito mellor el 2. Substitúe a oración adxectiva de relativo (en cursiva) por un adxectivo: EX: Ese é un feito que non se pode discutir__________indiscutible ou indiscutíbel Produce un son que non se pode percibir ___________ Mercou unha casaca que non deixa pasar a auga_____ Contou unha historia que semella que non acaba nunca____ Estes mobles están feitos dun material que non pode arder_____ Ese planeta ten unha extensión que non se pode medir________ O meu can ten un apetito que non se pode saciar____________ Gramática da Lingua Galega 25
  • 26. 4. Explica cunha oración de relativo o significado dos adxectivos en cursiva: EX: Esa viaxe presenta riscos ineludibles (ou ineludíbeis). Esa viaxe presenta riscos que non podemos eludir (ou evitar). O xuíz actuou cun rigor implacable (ou implacábel)_______ A amizade ten un valor imponderable (ou imponderábel)___ Para o home, a liberdade é un dereito imprescritible______ O dereito á vida é inalienábel_____________ Esa é unha verdade incontrovertíbel________ Ningunha lei feita polo home é inmutábel______ A liberdade de pensamento é algo intanxíbel____ Breogán era un guerreiro invulnerábel_________ Escoitou con rostro impasíbel os insultos que lle lanzaron_______ Os seus textos teñen un humor case que inaprensíbel________ 5. Resposta á pregunta explicando o significado do adxectivo en cursiva: Que é unha decisión irrevogábel? Que son designios inescrutábeis? Que é unha persoa inconsecuente? Que é un mozo indolente? Que é unha proba inequívoca? Que é un acto infame? Que é un día infausto? Que é unha resposta irreverente? Que é un traballo ímprobo? Que é un relato incongruente? 6. Indica o adxectivo que remite ao superlativo culto: EX: Sapientísimo ---à sabio Ubérrimo Misérrimo Crudelísimo Celebérrimo Sacratísimo Acérrimo Paupérrimo Libérrimo Magnificentísimo Salubérrimo Nobilísimo Pulquérrimo 7. Sinala con que palabra da lista B se relaciona cada adxectivo da lista A polo significado ou pola etimoloxía: LISTA A LISTA B Boreal Olor Anular Raza Agónico Escudo Culinario Morte Étnico Norte Fáctico Excremento Fecal Cociña Fétido Fóra Foráneo Anel Heráldico Feito 8. Procura o substantivo correspondente a cada adxectivo: ADXECTIVO SUBSTANT. ADXECTIVO SUBSTANT. ADXECTIVO SUBSTANT. Legal Lúdico Naútico Palustre Sideral Purulento Letal Marcial Hípico Gramática da Lingua Galega 26
  • 27. Pecuario Tóxico Onomástico Toponímico Lacustre Ético Gótico Pancreático Úrico Renal Pecuniario Cardiaco Castrexo Filatélico Castrense Outonizo Palatal Carolinxio Neolítico Numismático Paleozoico Estival Penal Nasal 9. Indicar todas as formas de superlativo que se coñezan: Por exemplo, rico: riquísimo, moi rico, rico abondo, ben rico, superrico, requeterrico, ten cartos como millos, etc. bo branco parvo enfermo verde groso custoso louco mao negro fácil canso 10. En cada unha das seguintes frases hai algún erro. Cópiaas de novo explicando en que consiste cada erro e corrixíndoas: -Son as tres da tarde. Xa fai media hora que pedimos o almorzo. -Os teus amigos creen que tódalas carreteiras están en bo estado. -Os automóviles ingleses levan o voante á dereita. -Fai uns días, o abó de Helena dixome que falase cun abogado. -O viaxe foi longo, e o teu hirmán dicia que facía moito calor. 11. Pon atención aos ditongos e hiatos que aparecen no exercicio e acentúa correctamente. quot;A rua da raiña Luisa estendiase unha legua ata o rio; onde se atopaba a ducía de muiños que mais adiante darían nome duciaao barrio de infausta memoria polo moito que ah se sufriu nos anos ruins da posguerra. Hoxe deixou de ser lugar de reunión de odios e enerxias abafadas a raiz da recuperación das liberdades pola cidadaniaquot;. 12. Repara nos seguintes conxuntos de substantivos e identifica o morfema común. engadindo out- ros exemplos aos dados. Unha vez feito isto, constrúe un cadro con tres columnas: á esquerda a palabra co morfema común subliñado, no centro, a significación do morfema común e á dereita, o elemento diferencial. Por exemplo: Bibliófilo que ama los libros 1. Diámetro, diacronía, diálogo ... 11. Coedición... 2. Portamoedas, portaequipaxe ... 12. Cosmogonía, cosmonauta, cosmopolita... 3. Telegrama, telepatía... 13. Crisóstomo, crisantemo, crisocarpo... 4. Democracia, oligocracia ... 14. Anemia, leucemia, uremia... 5. Toponimia, hidronimia ... 15. Omnívoro, ómnibus... 6. Endocarpo, endosfera, endoscopio... 16. Arquitrabe, arquiduque ... 7. Sinónimo, sincronía... 17. Fonoloxía, gramófono ... 8. Biografía, bioxénese, biotopo... 18. Amorfo. morfoloxía ... 9. Bisavó, biscoito... 19. Epiderme, dermatite ... 10. Diglosia, ditongo, dilema... 20 Bibliófilo, filosofía, zoófilo... Gramática da Lingua Galega 27
  • 28. 13. Analiza o sufixo -EIRO//-EIRA no seguinte texto e establece valores: a) Formante de substantivos. a. 1. Nomes de árbores. a.2. Nomes de lugar c,u obxecto. a.3. Nornes colectivos (valor abundancial). b) Formante de adxectivos. b. 1. Adxectivos sen cambio notorio de significado con respecto á base. b.2. Adxectivos con valor axente (que + verbo). quot; Con emoción, conforme rubían a costa, advertía o traballo cantareiro das augas. Viñan dos chaos en centeeíras ( .. ) Un grande salgueiro isolado, vestido de ouro, sinalaba o final da costa (...). De súpeto as montañas tinxíronse dun apaixoado púrpura, soaron bateladas das eirexas (...). Dende alí as murmuraciós tremaban no morno pazo da neboeira (...). Canturrexaron un anaco de ópera, a que ouviu dende o galiñeiro no Coliseo, botábase pola escaleira cando lle deu un brinco o corazón (...). Víu o campo dos caracochos, as galiñas tomando o sol no cabaceiro, a sombra que rubia dos lameiros invernizos (...). Anos griseiros, ó largo dos que se sumaba un outono a outro outono (...). Tiven unha espranza e un acouga ó se erguer na nosa tristeira familia a túa baril mocedade (...). Perdoa, meu fillo, fuxo do meu propio pensamento. Ás vegadas figúrome que son unha grea de homes, que cada figuración, cada tempo do vivir, resiste unha carne mortal diferente e asina os días todos que vivín, personalizados, veñen comigo, calados, silandeiros, acompañando o enterro das espranzas que a todos eles animaron. As cartas de Edith chegábanme sempre cun consolo como naves viaxeiras tripulados de ensoño ou como brancas nubens pelingrinas que botaban unha sombra fresqueira nos eidos enxoitos do meu sofrimentoquot;. (Otero Pedrayo. Os camiños da vida) 14. O texto anterior é de Otero Pedrayo, que característucas lingüísticas observas nel? 15. Homonimia, polisemia e paronomasia A gracia destes chistes baséase claramente nos xogos de palabras: identifica en cada caso se se trata de homonimia, polisemia, paronomasia ... 1. - Sobe o crudo. - A min o que lle me preocupa é o cocido. - Ese despois. 2. - Préstame mil pesetas ... deica mañá. - Deica mañá, se Deus quer (dicindo adeus coa man). 3. - Canta. - ¡Se vas a San Benitiñoooo! - Digo canta gasolina. - Ah, ¿pero sabe cantar tamén? ¡Por ¡so subiu tanto! 4. - ¡A ver! Que ten? - Home, sr. doutor, moito non é, pero para pagarlle chegará, supoño. 5.- (Fala un garda de tráfico) - Vostede non coñece os sinais de tráfico? - Como coñecer, coñézoos, pero aínda así moita confianza neles non lle teño. Gramática da Lingua Galega 28
  • 29. Tema 5: O ARTIGO 1- O ARTIGO DETERMINADO: Masculino Feminino Singular o (lo) a (la) Plural os (los) as (las) Como se ve no cadro anterior, existe tamén unha variante alomórfica (alomorfos: lo, la, los, las), que soamente é de uso obrigatorio: ● Despois da preposición POR (por + o, a, os as = polo, pola, polos, polas). OLLO: sempre sen guión. EX: El vai polo camiño. ● Despois do interrogativo U (u + o, a, os, as = u-lo libro?, u-la casa?, u-los cans, u-las cadelas). Ollo: sempre con guión. Estes alomorfos tamén se poden representar na escrita nos seguintes casos: ● Despois de infinitivo, das formar verbais conxugadas que rematen en –R ou en –S e tamén dos pronomes enclíticos NOS, VOS e LLES: EXS: Vou colle-las laranxas Perdíche-los cartos Collémo-lo peixe. Ti e-lo demo. Quitóulle-las ganas de xogar2. OLLO: Nunca se usa despois de participio plural. EX: NON: Foron collido-los ladróns. SI: Foron collidos os ladróns. NON: Rematada-las clases, saímos. SI: Rematadas as clases, saímos. ● Despois dos pronomes tónicos NÓS e VÓS cando van seguidos dunha precisión numérica, sempre con guión. EXS: Nó-los tres iremos. Vó-los catro non iredes. ●Tamén, e sempre sen guión: -Despois de AMBOS/AMBAS, ENTRAMBOS/ENTRAMBAS e TODOS/TODAS: EXS: Ámbalas dúas amigas. Tódolos rapaces. Entrámbolos dous. -Despois da preposición TRAS: EX: Está tralos montes de Marín. -Despois da conxunción copulativa (E) MAIS: EXS: Eu e mailo teu irmán non imos. Eu mailo meu amigo - Tamén existe un arcaísmo de uso protocolario (e xa pouco frecuente): EL, que quedou inmobilizado en secuencias como: EXs: El rei, El señor, etc. Ex: Hoxe veume visitar o meu señor El-rei 2 Como se observa nos exemplos: sempre con guión. Gramática da Lingua Galega 29
  • 30. 1.1. CONTRACCIÓNS DO ARTIGO DETERMINADO: Artigo O A OS AS Prep. A ao/ó á aos/ós ás CON co coa cos coas DE do da dos das EN no na nos nas POR polo pola polos polas OLLO: Na contracción da preposición A co artigo masculino O(S) é mellor usar a contracción AO (AOS) na escrita, pero a pronuncia correcta é Ó. ATENCIÓN : * Estas contraccións realízanse tamén cando o artigo dos topónimos vai precedido dunha destas preposicións: EXS: Veño da Coruña. Entou no Grove. Voa ao Carballiño. * Pero non se realizan cando a preposición non rexe o substantivo determinado polo artigo que a segue: EX: Antes de os galos cantaren = Antes de cantaren os galos. 1.2. USO OBRIGATORIO DO ARTIGO: 1- Debe preceder sempre ao posesivo: EX: As miñas mans. A vosa casa. (Agás en relacións de parentes ou en vocativos. EXS: ¡Meu Deus! Miña nai non veu). 2- Emprégase con algúns topónimos: A Coruña. O Carballiño. O Grove. A Pobra do Caramiñal, etc. 3- En certas locucións adverbiais: ás escuras; ás agachadas; ás veces, etc. 4- Debe usarse (sen guión) despois de AMBOS/AS, ENTRAMBOS/AS, TODO(S). EXS: Todo o mundo sabe iso. Ambos os irmáns entraron na tenda. 5-Despois da partícula U: EXS: U-lo gato? 6-Despois da preposición POR (sen guión): EXS: Vai polo río 2- O ARTIGO INDETERMINADO: Masculino Feminino Singular Un Unha Plural Uns Unhas 2.1. CONTRACCIÓNS DO ARTIGO INDETERMINADO: Artigo Prepos. UN UNHA UNS UNHAS CON cun cunha cuns cunhas DE dun dunha duns dunhas EN nun nunha nus nunhas OLLO: se a preposición non forma parte da mesma frase ca o artigo, non se pode facer a contracción. EXS: De un médico estar alí, salvaríalle a vida ao ferido (= De estar alí un médico, salvaríalle a vida ao ferido. Gramática da Lingua Galega 30
  • 31. ATENCIÓN: Non confundir estas contraccións das preposicións CON, DE e EN co numeral indefinido UN. EXERCICIOS 1. Explica as diferenzas semánticas (de significado da frase) que se dan nestas frases segundo leven ou non leven determinante: 1-Acusárono de (do) furto 2-Unha noite de (do) inverno 3-A rapaza ten (os) oito anos 4-Tiraron (as) pedras contra (as) ventás 5-Dicídelle a (ao) Antón que non fale tan alto 6-(as) Xoias, (as) teas, (as) pratas… nada deixaron alí. 7-Non teño (os) cartos para mercar (o) coche. 8-O avogado falounos de (dos) problemas laborais. 9-O autor retirou (os) cadros da exposición. 10-Por fin, a festa faise en (no) sábado. 11-Viñeron (os) catro delegados de persoal. 2. .- Encher os ocos co artigo correspondente, facendo as contraccións necesarias O neno ficou sorprendido ao ver que ... leite saía a fío por ... ubre da vaca que estaba muxindo seu tío. Ao chegarmos a aquela curva, tivemos que facer ... viraxe bruscamente para evitarmos ... choque contra ... camión. Levantóuselle ... forte dor de cabeza ao saber que a súa filla quería casar e non tiña ... cartos para lle dar ... dote. Mentres arrolaba ... berce de ... seu neto miraba con desacougo para ... lume que se achegaba ameazadoramente a ... casa desde ... cume de ... monte. ... febre fora provocada por ... farinxite que pillara uns días antes cando agatuñara case espido a ... árbore que estaba diante de ... súa casa. ... aguia é ... ave que percorre o ceo voando e ... anguía móvese sempre por ... auga. Houbo que lle facer ... análise de sangue porque temiamos que tivese ... infección provocada por ... ferida que fora consecuencia de ... couce daquel burro. En ... ponte do Lérez Sara e Lucía Marsán pararon a mirar ... fume que viña de ... fábricas que se vían en ... horizonte. De onde se saca ... mel? Preguntas. Seica ... abellas producen mel e tamén en ... tendas venden mel de flores. 3. Explica as diferenzas de significado destas palabras atendendo ó xénero: vieiro/vieira cancelo/cancela pozo/poza cesto/cesta carballo/carballa leiro/leira 4. Corrixe todos os erros que atopes nestas oracións: - Os cartaxineses recorreron moitos kilómetros co obxecto de combatir contrra os románs. - Esta é unha cuestión a debatir no mes vindeiro, agora cumpre rebatir os argumentos nos que se basan para a defensa da edificación dos amplios espacios urbáns. - Convertiron os monasterios en hoteles de luxo, explotados polos propios monxes. Isto, sen duda, ha revertir no interés económico da orden relixiosa. - Non me dou adormentado polo moito que tuses de noite. ¡Se colleses a receta e foses polo xarope que te recetou o doutor! ¡De seguires así, aínda te has de afogar! - Quenes lle avisaron de que lle apodreceran as plantas, non lle dixeron tamén que a súa irmán se caera polas escaleiras abaixo e se partira unha perna. - Luce un sol espléndido e, mentres a vella sube a costiña traballosamente, ti durmes a perna suelta. Gramática da Lingua Galega 31
  • 32. TEMA 6 DEMOSTRATIVOS 1. OS DEMOSTRATIVOS. prox. núm. masc. fem. neutro I sing. este esta isto pl. estes estas --- II sing. ese esa iso pl. eses esas --- III sing. aquel aquela aquilo pl. aqueles aquelas --- OLLO: En galego só existen as formas en “i” (isto, iso, aquilo) e non as formas en “e” (esto, eso, aquelo). Ademais, a forma neutra non ten plural. Polo tanto, non existen en galego: istos/estos; isos/esos; aquilos/aquelos. 1.1. Contraccións dos demostrativos: ● Contraen coas preposicións DE e EN: Demostrat. Este,… Ese,… Aquel,… Preposic. Deste(s) Dese(s) Daquel(s) DE Disto Diso Daquilo Desta(s) Desa(s) Daquela(s) Neste(s) Nese(s) Naquel(s) EN Nisto Niso Naquilo Nesta(s) Nesa(s) Naquela(s) Estas contraccións non teñen lugar cando a preposición non rexe o substantivo modificado polo demostrativo: de estas razóns seren admitidas. ● Contraen co indefinido OUTRO: Persoa Número Masculino Feminino 1ª Singular Estoutro estoutra 1ª Plural Estoutros estoutras 2ª Singular Esoutro esoutra 2ª Plural Esoutros esoutras 3ª Singular Aqueloutro aqueloutra 3ª Plural Aqueloutros aqueloutras Gramática da Lingua Galega 32
  • 33. OLLO: Aínda que estas son as formas habituais para o masculino e o feminino, existen tamén as formas plenas, que son as únicas posibles para o neutro: estes outros, aquilo outro. Os demostrativos xa contraídos con OUTRO, poden tamén contraer de novo coas preposicións DE e EN: EXS: Destoutro/a; desoutro/a; nesoutro/a; daqueloutro/a; daqueloutras, naqueloutro; etc. 2. Rendemento estilístico dos demostrativos: Os demostrativos sitúan (é dicir, fan referencia deíctica) no tempo e no espazo o substantivo ao que acompañan ou se refiren. ESTE indica o campo do falante; ESE, o campo do oínte; AQUEL, o situado no campo de EL/ELA ou o que está afastado dos dous interlocutores. Pero os demostrativos poden desempeñar tamén unha función de referencia intratextual, porque poden representar: 1- Un sintagma presente anteriormente no discurso e remitir a el (ANÁFORA) EX: El vende verzas e grelos, estes un pouco máis caros que aquelas. Verzas = aquelas Grelos = estes 2-Ou tamén pode anunciar un sintagma que vai aparecer máis adiante no discurso (CATÁFORA): EX: Para gañar o partido esta será a nosa táctica: xogaremos polas bandas. (Esta = xogaremos polas bandas) 3. Valores especiais dos demostrativos: ● Valor afectivo. EX: “¡Este Paco! ● Valor pexorativo. EX: E ti vas comer iso?; A iso lle chamas ti coche? ● Valor despectivo: EX: Ese non sabe o que é bo; Non sei nin como che escoito iso ● Valor de palabra clixé ou comodín (só é de uso vulgar), usando AQUEL e AQUELA como substantivos de significado indeterminado. EXS: Co aquel dunha dor de moas, non veu traballar. (Aquel = escusa); Ten un aquel para o baile que dá gusto velo. ● Tamén se constrúen formas verbais comodín (AQUELAR E AQUELOUTRAR) cun significado indeterminado que depende do contexto (só de uso vulgar). EX: Cando lle mandas facer algo aqueloútrase. Deixouno aquelado o accidente3. ● Valor adverbial temporal: NISO; NESTAS; CON ISTO (= nese intre; entón). EXS: Ían descubrir o asasino e nisto (ou nestas)…estragouse o televisor; Entoaron o himno e con isto deuse por rematado o acto. ● DAQUELA admite dous valores: 1-Adverbial temporal. EX: Daquela non había coches coma os de hoxe. (Daquela = naquela época; naquel tempo) 2-Conxunción: (= en consecuencia; polo tanto; así que). EX: Non é socio do club, daquela non poden deixalo entrar. ● En certas expresións ou frases feitas, o uso fixou unha forma indeterminada do demostrativo que se aparta da súa función básica como demostrativo. EXS: Con esas; Iso si; Iso xa; Isto é; Por esas; Por iso; etc. 3 Hai que evitar o uso na fala e na escrita destas palabras comodín pois só empobrecen a expresión. Gramática da Lingua Galega 33