SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
8. Esquema da filosofía de Aristóteles 
1. Contexto: o tránsito cara ao mundo helenístico. Vida e obra de Aristóteles. 
2. A crítica da teoría das ideas. 
3. O ser humano e o coñecemento. 
4. A clasificación aristotélica das ciencias. 
5. Metafísica, máis alá da física. A teoría hilemórfica no seo da phisis. 
a) Estamos no terreo das ciencias teóricas, que se ocupan de contemplar e coñecer a realidade. 
A metafísica,a física, a teoloxía e as matemáticas. 
b) A metafísica enténdese de varias maneiras ao longo deste apartado: Filosofía primeira (a 
máis importante), ciencia do ser en xeral, ciencia da substancia e Teoloxía ou ciencia do ser 
supremo (theós). 
c) A física –a outra grande ciencia teórica xunto coas matemáticas– ocúpase dos seres naturais. 
d) Aristóteles busca explicar o fenómeno do cambio, que afecta a todos os seres. A súa 
explicación deste fenómeno físico, lévaa ata o terreo da Metafísica. Vai tratar de superar as 
posicións ao respecto de Heráclito, Parménides e Platón. 
e) A teoría da substancia. 
Todo o que existe é unha substancia. 
Primeira: cada un dos seres 
individuais. Son a auténtica 
realidade. 
Segunda: o que teñen en común todos os seres 
individuais do mesmo tipo. A esencia non ten 
existencia independente, só existe na substancia 
primeira ao revés do que ocurría en Platón. 
f) A teoría hilemórfica. 
Toda substancia (primeira) é un composto de materia e forma. 
Materia: elemento físico dunha 
cousa. Divídese en primeira 
(indeterminada e inexistente) e 
próxima (dterminada, é dicir, con 
forma) 
Forma: calidades específicas desa cousa. Pódese 
identificar coa substancia segunda ou esencia da 
cousa. 
A materia é o soporte (substrato) 
da forma. Sen materia non hai 
cousa. 
A forma é o que fai que unha cousa sexa o que é e 
non outra cousa diferente. 
g) O ser tamén pode ser por esencia ou por accidente. 
Por esencia: aqueles trazos dunha cousa 
que non poden cambiar porque de facelo a 
cousa deixa de ser a mesma. 
Por accidente: aqueles trazos dunha 
cousa que aínda que cambien a cousa 
sigue sendo a mesma.
h) Outra forma de referirse ao ser son as categorías ou xéneros supremos do ser. 
Refírense todas elas á substancia primeira (o único realmente existente) e son os trazos máis 
xerais que se poden dicir dela. Entre a substancia e o resto de categorías establécese unha 
relación similar á que hai entre o suxeito (Aristóteles di que a substancia é hipokeímenon, é 
dicir, suxeito) e o predicado na oración. Por exemplo, Xoan (substancia) é atravesado 
(calidade). Todas as categorías dependen para existir da categoría de substancia. Ademais da 
substancia están as seguintes. 
Cantidade Calidade Relación Lugar Tempo Posición Estado Acción Paixón 
i) O cambio na substancia: a teoría da potencia e o acto. 
Serve para explicar o cambio na natureza. 
Permite superar a negación parmenídea do cambio. 
O cambio ou movemento enténdese como o paso da potencia ao acto mentres está en potencia. 
Os tres principios explicativos do cambio: a materia (o que permanece) a forma nova (o que 
aparece) e a forma que se perde (algo que desaparece). 
Os tipos de cambio: substancial (por xeración e corrupción da substancia) e accidental 
(calidade, cantidade e lugar). 
j) A teoría da causalidade sirve para completar a explicación do cambio. 
A teoría das causas responde á pregunta de “por que se produce un fenómeno, unha cousa 
ou un cambio na natureza”. As causas proporciónannos coñecemento científico. 
Material Formal Eficiente Final 
k) A causa final é a que explica máis a fondo o que sucede na natureza (e tamén na sociedade, 
como veremos no apartado seguinte). Pois existe na natureza a tendencia cara a un fin, a 
tendencia a actualizar todas as potencias ou a adquirir todas as formas que pode chegar a acadar 
unha cousa. En definitiva, unha tendencia a perfeccionarse. 
l) Tendo en conta o feito do movemento, tamén establece unha diferenciación entre 
seres naturais seres artificiais 
Teñen en si mesmos a razón do seu 
movemento 
Non teñen en si mesmos a razón do seu 
movemento 
l) A Cosmoloxía de Aristóteles dá unha explicación última do movemento. 
Existen dous mundos: o sublunar e o supralunar (reaparece en certa maneira o dualismo 
ontolóxico de Platón). 
O Primeiro Motor Inmóbil é o que da explicación e sentido a todo o movemento que hai no 
universo. Pódese entender como causa primeira (orixe do todo o movemento do universo, xa 
que logo, causa eficiente) e tamén causa última (a súa perfección atrae a todo o que existe no 
universo; por iso, é o fin último de todo. 
Carácter perfecto do Primeiro Motor: non ten materia, é só forma, e non ten potencia é só acto. 
O Primeiro Motor é trascendente, é dicir, non se mezcla co resto das cousas 
Concepción xerárquica do Universo: hai distintos tipos de seres y cada un ten a súa 
importancia. Aquí tamén se amosa a influencia de Platón. 
6. A idea aristotélica de cidadán.
6.1. O ser humano: a antropoloxía aristotélica. 
Significado do termo ‘alma’: vida, alento (psykhe) 
Posición dualista (Platón): alma e corpo, materia e forma, potencia e acto. 
Aínda que corpo e alma non son principios opostos (Platón) senón complementarios. A alma 
depende do corpo para existir. Unidade do ser humano: unha única substancia. 
Tres tipos ou funcións da alma: vexetativa, sensitiva e racional (esta última é exclusiva do ser 
humano e nela se fundamenta a superioridade deste sobre o resto de seres vivos). 
A visión antropolóxica do ser humano inflúe na ética aristotélica (como imos ver agora) 
6.2. As ciencias prácticas: ética e política. 
a) Teñen como finalidade o ben do home a nivel individual (ética) e colectivo (política). 
b) Superioridade da política sobre a ética. 
6.2.1. A ética: na procura da felicidade. 
Teleoloxía no campo da ética: o comportamento humano está dirixido cara un fin último. 
Cal é ese fin último?: en último termo a felicidade 
Como se entende a felicidade? Como sabedoría. 
Por que? Porque o ser humano ten que desenvolver a súa natureza para ser feliz. E a súa 
natureza non debe identificarse coas necesidades que xorden da alma vexetativa ou sentitiva 
(aínda que estas necesidades, os chamados bens externos, sexan importantes) senón, sobre 
todo, da alma racional. 
Por tanto o fin propio do ser humano: vida contemplativa adicada ao saber. Esta vida chámase 
‘contemplativa’ porque se fai polo saber mesmo e non por outra cousa. 
· O concepto de virtude ( areté ) . ethos e praxe ) 
Concepto: aquela actividade ou modo de ser (ethos) que perfeccionan ao home en canto home 
e que acada mediante a práctica (praxe). 
Virtudes éticas. 
o Sirven para perfeccionar a parte irracional da alma humana (vexetativa e sensitiva) 
o Controlan os sentimentos e paixóns.Por iso se entende como xusto medio… 
o Non se nace con elas (contra Platón) senón que se aprenden mediante o hábito (praxe) 
forxando así o noso carácter (ethos). 
o A ética axuda á convivencia, pois da lugar a costumes que fomentan a vida en común. 
o A virtude da xustiza: dar a cada un o que é debido. Tamén como xustiza distributiva, que 
regula o reparto dos bens da sociedade, e conmutativa, que regula as relacións entre os 
cidadans 
Virtudes dianoéticas. 
o Sirven para perfeccionar a parte racional da alma humana. 
o A parte racional da alma ten tres funcións básicas: productiva, práctica e teórica (os tres 
tipos de ciencias). Entón haberá virtudes para perfeccionar cada unha desas funcións. 
o Especial mención merece a prudencia (phrónesis) ou virtude da dimensión práctica da 
alma racional, que consiste no coñecemento dos fins e dos medios propios de cada acción 
humana a nivel ético e político. 
o A vida contemplativa é a forma máis perfecta de felicidade para os seres humanos. 
Chámase ‘contemplativa’ porque se trata dunha actividade adicada ao saber polo saber,
sen agardar outra cousa a cambio que non sexa a propia sabedoría. 
o A dedicación a unha completa vida contemplativa non é posible. Aínda así, canto máis se 
aproxime á mesma máis feliz chegará a ser. Non hai que esquecer que é da propia natureza 
humana, tal como Aristóteles a entende na súa antropoloxía, de onde nace a necesidade do 
concepto de virtude do ser humano. 
6.2.2. A política: a idea de polis e a condición de cidadán. 
Ética e política (ciencias prácticas) son inseparables polo seu obxectivo, pero a ética está 
subordinada á política (texto 2 PAU). 
· O ser humano, un animal político. 
Aclaración do termo ‘polis’. Ademais deste Aristóteles utiliza diferentes expresión sinónimas, 
que serían cidade, cidade- estado, estado, sociedade civil, sociedade. 
A superioridade da cidade-estado sobre outras formas de organización das persoas: nela o ser 
humano pode vivir ben (felicidade). 
A cidade é por natureza: porque é o fin ao que se tende e a natureza é fin (causa final). 
Ademais é perfecta: carácter autárquico. Independencia económica, política e, sobre todo 
moral. 
O ser humano é social por natureza. A linguaxe mostra este feito 
Visión organicista da sociedade. O individuo está sometido ao estado. Pero a liberdade do 
individuo debe quedar garantizada polo estado. 
· Os rexímenes políticos. 
A idea de xustiza como obediencia ás leis (porque o home fóra da lei é a peor das bestas) leva 
ao tema da importancia dunha constitución política adecuada. É dicir á reflexión sobre as leis 
axeitadas. 
Os rexímenes políticos pódense dividir en dous grupos. 
A elección é unha república intermedia gobernada por una clase media maioritaria. 
Algunhas diferenzas con Platón: importancia da familia e a propiedade privada para acadar a 
felicidade (pois forman parte daqueles bens externos dos que falaba na ética). 
Concepto restrinxido de cidadanía Xustificación dos valores da aristocracia da súa época.

More Related Content

Similar to ESQUEMA ARISTÓTELES

Esquema de aristóteles
Esquema de aristótelesEsquema de aristóteles
Esquema de aristótelesvaldexeadas
 
Tema 2. As preguntas da Filosofía.
Tema 2. As preguntas da Filosofía.Tema 2. As preguntas da Filosofía.
Tema 2. As preguntas da Filosofía.MariaPazLopez
 
Tema 1 hª fil grega 1
Tema 1 hª fil grega 1Tema 1 hª fil grega 1
Tema 1 hª fil grega 1xcabido
 
Que es filosofia2
Que es filosofia2Que es filosofia2
Que es filosofia2Eva Garea
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)nieveslopez
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)nieveslopez
 
3. platon comprensión
3. platon comprensión3. platon comprensión
3. platon comprensiónAfrica Lopez
 
Etica Como ComunicacióN
Etica Como ComunicacióNEtica Como ComunicacióN
Etica Como ComunicacióNguest9b27c
 

Similar to ESQUEMA ARISTÓTELES (20)

Esquema de aristóteles
Esquema de aristótelesEsquema de aristóteles
Esquema de aristóteles
 
Tema 2. As preguntas da Filosofía.
Tema 2. As preguntas da Filosofía.Tema 2. As preguntas da Filosofía.
Tema 2. As preguntas da Filosofía.
 
Resumo platón
Resumo platónResumo platón
Resumo platón
 
A filosofía e a súa historia
A filosofía e a súa historiaA filosofía e a súa historia
A filosofía e a súa historia
 
Tema 1 hª fil grega 1
Tema 1 hª fil grega 1Tema 1 hª fil grega 1
Tema 1 hª fil grega 1
 
Dimensión natural do ser humano
Dimensión natural do ser humanoDimensión natural do ser humano
Dimensión natural do ser humano
 
Teorías éticas
Teorías éticasTeorías éticas
Teorías éticas
 
Que es filosofia2
Que es filosofia2Que es filosofia2
Que es filosofia2
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos LozanoHistoria da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
 
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede RodríguezEl mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
 
Utopías
UtopíasUtopías
Utopías
 
O discurso do método
O discurso do método O discurso do método
O discurso do método
 
3. platon comprensión
3. platon comprensión3. platon comprensión
3. platon comprensión
 
Platón web
Platón webPlatón web
Platón web
 
Platón Guitiriz 2010/11
Platón Guitiriz 2010/11Platón Guitiriz 2010/11
Platón Guitiriz 2010/11
 
06 tomé de aquino e a escolástica
06 tomé de aquino e a escolástica06 tomé de aquino e a escolástica
06 tomé de aquino e a escolástica
 
Platon
PlatonPlaton
Platon
 
Etica Como ComunicacióN
Etica Como ComunicacióNEtica Como ComunicacióN
Etica Como ComunicacióN
 

ESQUEMA ARISTÓTELES

  • 1. 8. Esquema da filosofía de Aristóteles 1. Contexto: o tránsito cara ao mundo helenístico. Vida e obra de Aristóteles. 2. A crítica da teoría das ideas. 3. O ser humano e o coñecemento. 4. A clasificación aristotélica das ciencias. 5. Metafísica, máis alá da física. A teoría hilemórfica no seo da phisis. a) Estamos no terreo das ciencias teóricas, que se ocupan de contemplar e coñecer a realidade. A metafísica,a física, a teoloxía e as matemáticas. b) A metafísica enténdese de varias maneiras ao longo deste apartado: Filosofía primeira (a máis importante), ciencia do ser en xeral, ciencia da substancia e Teoloxía ou ciencia do ser supremo (theós). c) A física –a outra grande ciencia teórica xunto coas matemáticas– ocúpase dos seres naturais. d) Aristóteles busca explicar o fenómeno do cambio, que afecta a todos os seres. A súa explicación deste fenómeno físico, lévaa ata o terreo da Metafísica. Vai tratar de superar as posicións ao respecto de Heráclito, Parménides e Platón. e) A teoría da substancia. Todo o que existe é unha substancia. Primeira: cada un dos seres individuais. Son a auténtica realidade. Segunda: o que teñen en común todos os seres individuais do mesmo tipo. A esencia non ten existencia independente, só existe na substancia primeira ao revés do que ocurría en Platón. f) A teoría hilemórfica. Toda substancia (primeira) é un composto de materia e forma. Materia: elemento físico dunha cousa. Divídese en primeira (indeterminada e inexistente) e próxima (dterminada, é dicir, con forma) Forma: calidades específicas desa cousa. Pódese identificar coa substancia segunda ou esencia da cousa. A materia é o soporte (substrato) da forma. Sen materia non hai cousa. A forma é o que fai que unha cousa sexa o que é e non outra cousa diferente. g) O ser tamén pode ser por esencia ou por accidente. Por esencia: aqueles trazos dunha cousa que non poden cambiar porque de facelo a cousa deixa de ser a mesma. Por accidente: aqueles trazos dunha cousa que aínda que cambien a cousa sigue sendo a mesma.
  • 2. h) Outra forma de referirse ao ser son as categorías ou xéneros supremos do ser. Refírense todas elas á substancia primeira (o único realmente existente) e son os trazos máis xerais que se poden dicir dela. Entre a substancia e o resto de categorías establécese unha relación similar á que hai entre o suxeito (Aristóteles di que a substancia é hipokeímenon, é dicir, suxeito) e o predicado na oración. Por exemplo, Xoan (substancia) é atravesado (calidade). Todas as categorías dependen para existir da categoría de substancia. Ademais da substancia están as seguintes. Cantidade Calidade Relación Lugar Tempo Posición Estado Acción Paixón i) O cambio na substancia: a teoría da potencia e o acto. Serve para explicar o cambio na natureza. Permite superar a negación parmenídea do cambio. O cambio ou movemento enténdese como o paso da potencia ao acto mentres está en potencia. Os tres principios explicativos do cambio: a materia (o que permanece) a forma nova (o que aparece) e a forma que se perde (algo que desaparece). Os tipos de cambio: substancial (por xeración e corrupción da substancia) e accidental (calidade, cantidade e lugar). j) A teoría da causalidade sirve para completar a explicación do cambio. A teoría das causas responde á pregunta de “por que se produce un fenómeno, unha cousa ou un cambio na natureza”. As causas proporciónannos coñecemento científico. Material Formal Eficiente Final k) A causa final é a que explica máis a fondo o que sucede na natureza (e tamén na sociedade, como veremos no apartado seguinte). Pois existe na natureza a tendencia cara a un fin, a tendencia a actualizar todas as potencias ou a adquirir todas as formas que pode chegar a acadar unha cousa. En definitiva, unha tendencia a perfeccionarse. l) Tendo en conta o feito do movemento, tamén establece unha diferenciación entre seres naturais seres artificiais Teñen en si mesmos a razón do seu movemento Non teñen en si mesmos a razón do seu movemento l) A Cosmoloxía de Aristóteles dá unha explicación última do movemento. Existen dous mundos: o sublunar e o supralunar (reaparece en certa maneira o dualismo ontolóxico de Platón). O Primeiro Motor Inmóbil é o que da explicación e sentido a todo o movemento que hai no universo. Pódese entender como causa primeira (orixe do todo o movemento do universo, xa que logo, causa eficiente) e tamén causa última (a súa perfección atrae a todo o que existe no universo; por iso, é o fin último de todo. Carácter perfecto do Primeiro Motor: non ten materia, é só forma, e non ten potencia é só acto. O Primeiro Motor é trascendente, é dicir, non se mezcla co resto das cousas Concepción xerárquica do Universo: hai distintos tipos de seres y cada un ten a súa importancia. Aquí tamén se amosa a influencia de Platón. 6. A idea aristotélica de cidadán.
  • 3. 6.1. O ser humano: a antropoloxía aristotélica. Significado do termo ‘alma’: vida, alento (psykhe) Posición dualista (Platón): alma e corpo, materia e forma, potencia e acto. Aínda que corpo e alma non son principios opostos (Platón) senón complementarios. A alma depende do corpo para existir. Unidade do ser humano: unha única substancia. Tres tipos ou funcións da alma: vexetativa, sensitiva e racional (esta última é exclusiva do ser humano e nela se fundamenta a superioridade deste sobre o resto de seres vivos). A visión antropolóxica do ser humano inflúe na ética aristotélica (como imos ver agora) 6.2. As ciencias prácticas: ética e política. a) Teñen como finalidade o ben do home a nivel individual (ética) e colectivo (política). b) Superioridade da política sobre a ética. 6.2.1. A ética: na procura da felicidade. Teleoloxía no campo da ética: o comportamento humano está dirixido cara un fin último. Cal é ese fin último?: en último termo a felicidade Como se entende a felicidade? Como sabedoría. Por que? Porque o ser humano ten que desenvolver a súa natureza para ser feliz. E a súa natureza non debe identificarse coas necesidades que xorden da alma vexetativa ou sentitiva (aínda que estas necesidades, os chamados bens externos, sexan importantes) senón, sobre todo, da alma racional. Por tanto o fin propio do ser humano: vida contemplativa adicada ao saber. Esta vida chámase ‘contemplativa’ porque se fai polo saber mesmo e non por outra cousa. · O concepto de virtude ( areté ) . ethos e praxe ) Concepto: aquela actividade ou modo de ser (ethos) que perfeccionan ao home en canto home e que acada mediante a práctica (praxe). Virtudes éticas. o Sirven para perfeccionar a parte irracional da alma humana (vexetativa e sensitiva) o Controlan os sentimentos e paixóns.Por iso se entende como xusto medio… o Non se nace con elas (contra Platón) senón que se aprenden mediante o hábito (praxe) forxando así o noso carácter (ethos). o A ética axuda á convivencia, pois da lugar a costumes que fomentan a vida en común. o A virtude da xustiza: dar a cada un o que é debido. Tamén como xustiza distributiva, que regula o reparto dos bens da sociedade, e conmutativa, que regula as relacións entre os cidadans Virtudes dianoéticas. o Sirven para perfeccionar a parte racional da alma humana. o A parte racional da alma ten tres funcións básicas: productiva, práctica e teórica (os tres tipos de ciencias). Entón haberá virtudes para perfeccionar cada unha desas funcións. o Especial mención merece a prudencia (phrónesis) ou virtude da dimensión práctica da alma racional, que consiste no coñecemento dos fins e dos medios propios de cada acción humana a nivel ético e político. o A vida contemplativa é a forma máis perfecta de felicidade para os seres humanos. Chámase ‘contemplativa’ porque se trata dunha actividade adicada ao saber polo saber,
  • 4. sen agardar outra cousa a cambio que non sexa a propia sabedoría. o A dedicación a unha completa vida contemplativa non é posible. Aínda así, canto máis se aproxime á mesma máis feliz chegará a ser. Non hai que esquecer que é da propia natureza humana, tal como Aristóteles a entende na súa antropoloxía, de onde nace a necesidade do concepto de virtude do ser humano. 6.2.2. A política: a idea de polis e a condición de cidadán. Ética e política (ciencias prácticas) son inseparables polo seu obxectivo, pero a ética está subordinada á política (texto 2 PAU). · O ser humano, un animal político. Aclaración do termo ‘polis’. Ademais deste Aristóteles utiliza diferentes expresión sinónimas, que serían cidade, cidade- estado, estado, sociedade civil, sociedade. A superioridade da cidade-estado sobre outras formas de organización das persoas: nela o ser humano pode vivir ben (felicidade). A cidade é por natureza: porque é o fin ao que se tende e a natureza é fin (causa final). Ademais é perfecta: carácter autárquico. Independencia económica, política e, sobre todo moral. O ser humano é social por natureza. A linguaxe mostra este feito Visión organicista da sociedade. O individuo está sometido ao estado. Pero a liberdade do individuo debe quedar garantizada polo estado. · Os rexímenes políticos. A idea de xustiza como obediencia ás leis (porque o home fóra da lei é a peor das bestas) leva ao tema da importancia dunha constitución política adecuada. É dicir á reflexión sobre as leis axeitadas. Os rexímenes políticos pódense dividir en dous grupos. A elección é unha república intermedia gobernada por una clase media maioritaria. Algunhas diferenzas con Platón: importancia da familia e a propiedade privada para acadar a felicidade (pois forman parte daqueles bens externos dos que falaba na ética). Concepto restrinxido de cidadanía Xustificación dos valores da aristocracia da súa época.