SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 56
Baixar para ler offline
O VOCEIRO
DO
PIÑEIRO MANSO
CPI Pontecesures
05/2013
Páxina 1
2012/2013, na memoria
ANDRÉS DOBARRO, PROTAGONISTA DO NOSO
LIPDUB
Quen é ese Andrés Dobarro do que tanto falamos este curso?
Que fixo para que merecese que seleccionásemos unha canción
súa para o lipdub? Cristian e Ricardo de 3º de ESO
investigaron sobre a súa biografia e resumírona así:
Andrés Lapique do Barro naceu en Pontedeume o 1 de outubro do ano 1947 e
faleceu en Madrid o 22 de decembro de 1989. Foi un músico galego nos
últimos anos da ditadura franquista. Por se querer adicar ao mundo musical, Andrés pasou a ser a
ovella negra da familia xa que rompeu a tradición familiar de ser membro da Armada.
Aínda que por aqueles tempos na ditadura franquista estiveran prohibidas todas as cancións en
galego, o público non dubidou un instante en mostrarlle o seu apoio ao compositor.
Pese a todos os éxitos musicais que logrou ter ao longo da súa carreira toda a súa vida foi marcada
pola penuria económica pola que pasou cara ao final dos seus días.
Os seus maiores éxitos musicais foron:"O Tren","Corpiño xeitoso" e, por último, "San Antón"(estes
tres éxitos chegaron a ser moi rápido número un nos medios radiofónicos).
Tamén actuou en filmes como "En la red de mi canción" acompañado por Concha Velasco.
Un dos mellores amigos de Andrés foi Juan Pardo, tamén músico, pero un día por unha pelexa entre
ambos, romperon a súa boa amizade e seguiron por separado.
Como Andrés xa rompera coa compañía discografica RCA, decidiu marchar para México durante tres
anos onde sobreviviu traballando de cociñeiro nun local. Aos tres anos da súa ida regresou xa
repatriado en 1979.
As súas últimas aparicións foron en programas da TVG en 1989. O día 23 de decembro de 1989
coñeceuse a noticia da morte de Andrés Dobarro debido a un cancro hepático aos 42 anos de idade.
Atrás deixaba unha estela de grandes éxitos e grandes cancións aínda moi coñecidas hoxe en día.
Cristian e Ricardo 3ºESO
SUMARIO
2012/2013 NA MEMORIA, actividades complementarias e extraescolares
deste curso. PÁXINAS 1-13
ARREDOR DE NÓS, artigos nos que o alumnado do CPI é o protagonista.
PÁXINAS 14-25
ONDE O MUNDO SE CHAMA PONTECESURES, investigamos sobre o
noso medio. PÁXINAS 26-35
AS MUSAS TAMÉN SENTAN EN PUPITRES, poesías. PÁXINAS 36-40
OS ANDEIS DO MAXÍN, relatos. PÁXINAS 41-49
VIDAL BOLAÑO: COMEZA A FUNCIÓN, autor do Día das Letras Gale-
gas 2013. PÁXINAS 50, 51
RISOS E SORRISOS, viñetas humorísticas. PÁXINAS 52-54
REVISTA EDITADA POLO
ENDL DO CPI DE PONTE-
CESURES, QUE CONTA CO
APOIO ECONÓMICO DA
DXPL E O CPI DE PONTE-
CESURES
MAQUETACIÓN: Patricia
Antas Ramos e Suso Ambo-
axe García
DENDE O EQUIPO AGRA-
DECEMOS A COLABORA-
CIÓN DO PROFESORADO ,
SEN A CAL ESTE TRABA-
LLO NON SE PODERÍA LE-
VAR A CABO.
Páxina 2
2012/2013, na memoria
Corría o mes de outubro e dende o equipo de normalización lingüística do centro marcamos, coma to-
dos os anos, a primeira reunión co alumnado que formaba parte del, coa intención de que as actividades
propostas no centro para fomentar o galego non partan sempre do profesorado, senón que todos nos sin-
tamos protagonistas deste proceso. Xa o ano anterior algún alumnos/as propuxeran a idea de facer un
lipdub no centro, mais non obtivera a aprobación da maioría. Este curso parecía que o interese por levar
adiante este proxecto era maior, así que se decidiu consultarlle ao profesorado de todos os niveis educa-
tivos que lle parecía a proposta e se estaban tamén decididos a implicarse nela, xunto aos rapaces/as das
súas titorías. A adhesión foi total e o entusiasmo dalgúns/as determinou que o proxecto se puxese en
marcha.
Aló polo mes de xaneiro comezamos a barallar varias posibles cancións que servisen de base para a gra-
vación e, despois de debatelo, optamos polo célebre tema de Andrés Dobarro, “O tren”. Era coñecido e
gustaba entre o alumnado de todos os niveis, ademais de que no seu momento supuxera un valente pulo
normalizador para o galego, cando as autoridades franquistas entorpecían o seu uso no ámbito cultural e
en tantos outros. Estaba claro que Dobarro podía adaptarse aos nosos tempos como un exemplo de re-
sistencia ante a adversidade, a referencia ao tren vinculaba o proxecto con Pontecesures, unha vila que
medrou arredor das vías férreas, e o ritmo vital da música axudaría a que durante a gravación os partici-
pantes se desinhibisen e, cando menos, o pasasen ben.
SUBE AO TREN DA LINGUA!, COMO SE FIXO
O LIPDUB DO CPI DE PONTECESURES
Páxina 3
2012/2013, na memoria
Tocaba logo trazar o percorrido, idear un guión para vencellar a letra da canción, que non fai referen-
cia á lingua, coa intención que tiñamos de promocionar o noso idioma. Surxiu a idea de xogar coa fra-
se feita “non debemos perder este tren”, que empregamos cando nos referimos á oportunidade históri-
ca que temos en momentos decisivos para sumarnos a un avance social. Así, cada aula do centro podía
representar un ámbito de uso lingüístico ao que o galego (polo tanto os seus falantes tamén) debe
“subirse”: o medio urbano, as novas tecnoloxías, a música, os xogos, a ciencia, o cine, os medios de
comunicación… Seguindo esta proposta distribuímos papeis e posicións e, no mes de marzo, cando
remataba a 2ª avaliación, todo estaba disposto para a gravación.
Con dous días de ensaios foi suficiente para a gravación final, que se fixo o 22 de marzo. Tras os tra-
ballos de edición, adaptación de luz e inclusión do son, que deron o seu traballo, demos a coñecer o
resultado na rede na semana da Pascua. A experiencia serviu para amosar que, cando o esforzo colec-
tivo se aúna con afán construtivo, as lembranzas sempre son positivas. E neste caso esa sensación de
proxecto colectivo é a que fai que lle teñamos agarimo ao resultado final, que o podedes ver en:
www.youtube.com/watch?v=dQJowxpVb-4
Páxina 4
2012/2013, na memoria
APRENDEMOS DIVERTÍNDONOS EN
EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
Deixámosvos aquí unhas poucas fotos dalgunhas actividades
extraescolares e complementarias que se fixeron ao longo deste
curso:
Comezamos o curso celebrando o magosto e o samaín:
Logo viñeron os Reis e marcharon
cargados de cartas...
En Valga os de 1º ciclo vimos un Belén cu-
rioso:
Páxina 5
2012/2013, na memoria
A Biblioteca do centro tamén organizou
actividades polo Día do Libro:
Os de infantil tivemos unhas sesións de
contacontos:
Os de 6º fomos a piragüismo:
Un ano máis continuamos co proxecto
“Xogo limpo”
No 2º e 3º ciclo tamén nos divertimos coa
ciencia
Os de 2º ciclo descubrimos o Museo
de Pontevedra
Páxina 6
2012/2013, na memoria
Este ano todo o centro decidimos disfrazarnos no entroido de pobos e civilizacións, e os
resultados foron incribles. Que vos parecen?
Páxina 7
2012/2013, na memoria
Páxina 8
2012/2013, na memoria
Páxina 9
2012/2013, na memoria
Páxina 10
2012/2013 , na memoria
III DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Un ano máis sumámonos dende o noso centro a esta efeméride que promove a Coor-
dinadora de Equipos de Normalización Lingüística xunto a outros colectivos pe-
dagóxicos da área científica. Neste curso a celebración foi o martes 6 de novembro,
baixo o lema: “A tecnoloxía fala galego”, centrándose ademais na divulgación do
legado dos científicos Leonardo da Vinci e Ramón Verea. Ademais, dende a Coor-
dinadora organizouse unha videoconferencia na que destacados investigadores gale-
gos da Universida-
de de Santiago de
Compostela desti-
nados en distintas
Universidades do
mundo divulgaron
temas de interese
curricular para o
noso alumnado e
falaron sobre os
proxectos científi-
cos que desenvol-
ven na actualidade.
En particular, Car-
los Salgado (Departamento de Física de Partículas Instituto Galego de Física e Altas
Enerxías) e Abraham Gallás (Investigador Ramón y Cajal do Departamento de Físi-
ca de Partículas da USC) falaron sobre os experimentos do LHC no CERN, onde
levan máis de dous anos de toma de datos. Neste proxecto internacional traballan
físicos galegos que colaboran con colegas de todo o mundo nun contexto multilin-
güe. Moitos deles utilizan o noso idioma para realizar parte do seu traballo, tanto no
contexto informal de discusións entre eles, como para a realización de traballos
científicos (teses e teses de mestrado) así como na docencia e a divulgación científi-
ca.
Nesta videoconferencia estes investigadores espallados polo mundo que participan
nos experimentos do LHC contáronnos a súa experiencia científica.
Páxina 11
2012/2013 , na memoria
NADAL 2012
Aínda que non co-
memos as uvas
aquí, si celebra-
mos outra volta a
chegada do Nadal.
Dende o Equipo
de Normalización
este ano mantive-
mos a actividade
dos Cantos de Reis
polas aulas. O
alumnado da ESO
volveu coller os
instrumentos, afi-
nou as cordas vo-
cais e ensaiou
dous cantos ben diferentes entre si pero igual de divertidos para festexar polas aulas
do centro o final do primeiro trimestre. Este
ano escollemos unha canción do Xabarín
Club, “Animal Nadal”, e outra do grupo Mal-
vela, “Os reises do Quiquiriquí”, para a actua-
ción. Disfrazámonos de distintos animais: ga-
liñas, galos, vacas, cans e incluso alieníxenas,
e puxemos as gorxas á obra. Na foto de arri-
ba podedes vernos en plena acción.
Pero non quedou aí a cousa… A profe Patri-
cia tivo a idea de facer este ano unha árbore
para decorar o centro na que se reutilizasen
CD en desuso, así que puxémonos en todas as
aulas ao traballo de decoralos e incluír frases
ou palabras que expresasen unha idea relacio-
nada coa chegada do novo ano. Na foto vedes
como quedou finalmente
Páxina 12
2012/2013 , na memoria
EXCURSIÓN A
CANTABRIA, 2º ESO
O martes 2 de abril un grupo de 16 rapaces/
as do CPI de Pontecesures xunto a outros 12
do IES de Valga saímos de excursión a
Cantabria. A vila pesqueira de Cudillero foi a
nosa primeira parada. Alí puidemos admirar
a beleza da disposición das casas
encaramadas na ladeira dunha montaña que
remataba no mar. O porto pesqueiro, as cores
das fachadas, as tendas turísticas das rúas...
fan de Cudillero un enclave que merece a
pena visitar. Logo dirixímonos ao Santuario
de Covadonga, onde fixemos unha foto de
grupo a carón dunha fermosa fervenza.
Rematamos o día instalándonos no albergue
Max de Entrambasaguas, ás portas dos Picos
de Europa. As instalacións eran aceptables
pero o que nos chamou a atención era a hora
da cea: ás 20 hs!, o que nos facía levantarnos
pola noite a comer lambetadas.
Ao día seguinte tocaba visitar o lugar máis
esperado da excursión: o Parque Natural de
Cabárceno, onde vimos moitas especies de
animais salvaxes, algún deles en posturas un
pouco comprometedoras, quizais demasiado
íntimas... Chamounos a atención a extensión
de terreo que tiña cada grupo de animais con
respecto a un zoo clásico. Sirva como
exemplo que os elefantes dispuñan de 25
hectáreas. Pola tarde visitamos Santander,
onde tivemos un tempo libre para percorrer a
cidade e tamén a Isla de la Magdalena, na
que había leóns mariños, focas e pingüíns.
Pola noite, viñeron uns rapaces canarios aos
que lles chamaba a atención que nós
falásemos en galego: como se fósemos
doutro planeta!
O xoves foi un día dedicado a visitar a
montaña cántabra: o teleférico de Fuente De,
o santuario de Santo Toribio de Liébana e a
vila turística de Potes. Nunca viramos tanta
neve, polo que a experiencia foi incrible.
O último día suspendeuse a visita as covas de
El Soplao, debido a que nevaba demasiado e
era perigoso. Finalmente regresamos con
tristeza e coa sensación de que a excursión se
fixera demasiado curta. Quen nos dera repetir
e, a ser posible, cos mesmos compañeiros/as
de Valga cos que fixemos moita amizade.
Alumnado de 2º ESO
Curso 2012/2013
Páxina 13
2012/2013 , na memoria
ANDORRA 2013
O día 2 de febreiro ás 23.00 comezou a nosa
intrépida aventura. Reunímonos todos na
entrada do colexio para esperar o autobús
que nos levaría a Andorra. Esperamos
ansiosos a súa chegada para coñecer por fin
aos nosos compañeiros de viaxe. Connosco
viñan os colexios de Barrantes e Meaño. Nós
eramos o grupo menos numeroso, tan só dez,
pero iso non trouxo ningún problema.
Durante o traxecto de ida fómonos
coñecendo mellor. Unha vez alá
asignáronnos as nosas habitacións e os nosos
equipos de esquí.
Ás 7:00 soaba o espertador que nos
anunciaba o comezo doutro marabilloso día.
Logo de almorzar, o autobús levábanos ás
pistas, onde máis dun caía aparatosamente.
Despois de recibir as clases de esquí,
comiamos no restaurante de alí. Cando
rematabamos tiñamos unhas horas de esquí
libre, e ás 18:00 regresabamos ao hotel, onde,
logo dunha ducha, nos adicabamos a
percorrer as habitacións dos nosos
compañeiros/as para coñecernos mellor...
O xoves foi o único día que non puidemos
subir ás pistas porque estaba caendo unha das
maiores nevaradas que se recordaban en
Andorra nos últimos trinta anos. Este
pequeno contratempo non nos impediu
divertirnos, xa que estivemos pelexando coa
neve e facendo concursos de bonecos de
neve entre os tres colexios que participamos
na actividade.
Este mesmo día, á tardiña, fomos a Caldea.
Alí relaxámonos nas piscinas exteriores á luz
das estrelas e máis dun saíu enrugado da
sauna. Sen dúbida este foi un dos mellores
lugares nos que estivemos.
O venres á noite tivemos que devolver os
nosos equipos de esquí e despedirnos dos
nosos apartamentos (aos que lles collemos
moito cariño, sobre todo ao microondas...)
Collemos o autobús e emprendemos o
camiño de regreso facendo paradas puntuais.
Cando estabamos chegando, comezaron a
brotar as primeiras bágoas e, unha vez en
Pontecesures, todos rompemos a chorar na
despedida. Fixemos unha foto no colexio
como último recordo e dixémoslles adeus aos
nosos compañeiros/as con bágoas nos ollos.
Sen dúbida foi a mellor excursión que
tivemos dende que estamos no CPI e que nos
será imposible esquecer, xa que foi unha
semana incrible con persoas impresionantes
ás que non poderemos esquecer e coas que
seguimos en contacto a día de hoxe.
Finalmente, queremos dedicarlle esta crónica
aos nosos amigos de Meaño e Barrantes aos
que non esqueceremos xamais. Tamén lle
agradecemos a Felipe o esforzo realizado
para levar a cabo esta actividade.
Podes consultar a memoria da actividade así
como moitas fotos se premes no enlace:
www.blogoteca.com/trasnoparoleiro/
index.php?cod=121805
Alumnado de 3º ESO
Páxina 14
arredor de nós
OS NENOS/AS DE TRES ANOS TRABALLAMOS O TEMA DOS ALIMENTOS E UN DÍA
PREPARAMOS UNHA MACEDONIA DE FROITAS NA CLASE
Páxina 15
arredor de nós
ELABORACIÓN:
TODOS AXUDAMOS A PARTIR A FROITA EN CACHIÑOS. FIXEMOS ZUME DE
LARANXA E BOTÁMOSLLO ÁS FROITAS CO AZUCRE. TODOS PROBAMOS
UN POUQUIÑO, MESMO OS QUE SOMOS MÁIS REMISOS A PROBAR SABO-
RES NOVOS.FOI UNHA EXPERIENCIA MOI POSITIVA QUE VOLVEREMOS RE-
PETIR
Páxina 16
arredor de nós
OS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS
“VIAXAMOS” POR DIFERENTES CIDADES DE ES-
PAÑA. CANDO CHEGAMOS A BARCELONA
QUIXEMOS PROBAR O SEU PRATO TÍPICO: O PAN
TUMACA. ASÍ QUE NOS PUXEMOS MANS A OBRA.
Páxina 17
arredor de nós
Páxina 18
arredor de nós
OS ALUMNOS DE 5 ANOS ANDAMOS VIAXANDO POLO MUNDO ADIANTE; COÑE-
CENDO DIFERENTES PAÍSES, OS DIFERENTES COSTUMES, OS SEUS MONUMENTOS, A
SÚA ARTE, A SÚA MÚSICA… E TAMÉN A SÚA COMIDA.
PERCORREMOS OS CINCO CONTINENTES, E EN AMÉRICA DO NORTE, VIAXAMOS
A EE.UU. NA MESMA CIDADE DE NOVA IORK DECIDIMOS PROBAR UNHA SOBREMESA
MOI GALDRUMEIRA: OS BROWNIES.
MANS Á MASA!
RECEITA:
1 FUNDIMOS O CHOCOLATE
2 ESCACHAMOS OS OVOS
3 PESAMOS O AZUCRE
Páxina 19
arredor de nós
4 BOTÁMOSLLE O LEITE: 5 E REMEXEMOS TODO...
6 ENGADIMOS O CHOCOLATE FUNDIDO
“BATE QUE BATE O CHOCOLATEEEEEE…”
7 PESAMOS A FA-
RIÑA
8 BOTÁMOSLLE A LEVADURA
9 E DE NOVO A REMEXER 10 VERTEMOS TODO NO MOLDE
E 5 MINUTIÑOS AO MICROONDAS
E A COMEEERRRRRR
Páxina 20
arredor de nós
Os nenos e nenas de 4º B de E.P aproveitamos a celebración das Letras Galegas deste ano
para amosarvos na revista escolar una experiencia de aula relacionada coa ciencia. De
coma unha semente se tranforma nunha planta que dá un froito que contén sementes….
Fixemos unha animación fotográfica do proceso. Se queres vela, preme no enlace:
http://animoto.com/play/y61LTGbEuGCbs2usW08DBw
Páxina 21
arredor de nós
QUERES SABER ALGO MÁIS SOBRE 5º B?
.
Que o colexio é algo máis que ler, escribir, multiplicar ou dividir non é nada novo.
No colexio ante todo hai persoas; persoas con desexos, con inquedanzas, con vidas e
familias moi diversas, con personalidades e caracteres diferentes.
No colexio os nenos aprenden a convivir, a relacionarse, fan amizades, teñen conflitos que
deben aprender a resolver. Aprenden a negociar, a respectar as distintas opinións, a loitar
para acadar as súas metas, a xogar. Tamén a expresar emocións, a saber escoitar, a opinar, a
amosar os seus puntos de vista. O colexio tamén é un bo lugar para aprender a asimilar os
pequenos “golpes”, a recompoñerse e seguir adiante.
O que pretendo con estas verbas non é máis que humanizar a figura do alumno e mesmo dos
demais membros da comunidade educatica.
A través destas imaxes e deste vídeo (poderédelo
ver na edición dixital) gustaríame poñerlle cara a
ese alumnado, que ás veces semella ser tan só un
conxunto de cifras e cualificacións nun papel,
pero que é, sen dúbida, moito máis.
Para intentar achegar aos lectores o que pode ser a
“vida” dentro dunha aula de primaria,
ocorréuseme coller o teléfono móbil, acender a
cámara e que cada un dos alumnos de 5ºB se
presentasen e me contasen un chisquiño deles, sen
máis pretensións.
Non quixen que fose algo guionizado, nin
preparado de antemán. Aviseinos un pouco antes,
Páxina 22
arredor de nós
sen tempo para artificios de máis. Eles mesmos se
distribuíron en grupos, segundo afinidade ou gustos.
Simplemente lles organicei minimamente o espazo e
animeinos a falar. Só se fixo unha vez, porque a idea era
precisamente esa; que fose espontáneo, sen cortes, sen
repeticións, incluso con fallos ou risos, coa cámara do
móbil cambiando de man, como podería telo visto calquera
persoa “in situ”.
Loxicamente, estaban un tanto “cortados” ante tal proposta,
sen saber moi ben o que sairía e coa intimidación de ter
unha “cámara” diante.
Desta vez non
quixemos participar
na revista con traballos de clase, nin con actividades
extraescolares, nin recordando algunha efeméride.
Quixen amosar aos nenos de “carne e óso”, tal e
como son e tal e
como se ven eles
mesmos.
Espero que esta
pequena
gravación sen
pretensións,
consiga achegar
ao lector ao día a día dos alumnos de primaria.
Disfrutade deles!
Fran, titor de 5º B
PREME NA LIGAZÓN E NÓS
MESMOS CHO CONTAMOS:
www.youtube.com/watch?v=HzYnjkCOlRA&feature=youtu.be
Páxina 23
arredor de nós
2ºA OS MELLORES DO MUNDOMUNDIAL
GÚSTANOS:
A UXÍO ir a natación e nadar cara atrás, rímonos moito con el.
CARMEN quere ser mestra de matemáticas e no seu tempo libre xoga ao baloncesto.
ADRIANA bailando ballet é como mellor o pasa e xogando coas súas bonecas.
Páxina 24
arredor de nós
MARI CARMEN ten moitas amigas e con elas é moi boa.
MATEO ten unha irmá moi guapiña “Martina” pero prefire estar no parque.
BRAIS F. é feliz comendo salchichas e hamburguesas mentres ve a tele.
AINHOA métese coas súas irmás (Pati e Ligia) porque elas fana rabear.
XOANA quere moito á súa prima Matilda e encántalle estar con ela.
A ELIANA gustaríalle ir patinar tódolos días e xogar máis co seu irmán Saúl.
HUGO tamén está contento xogando coa súa irmá Alba e vendo a tele.
BRAIS C. quere ser veterinario para coidar do seu can Soni.
RAÚL gústalle xogar ao fútbol, ás veces é porteiro, métenlle goles.
Páxina 25
arredor de nós
ÁNXELA vai ser pintora, gústalle xogar ao “pillapilla” con Uxía.
IAGO é moi boiño, ten moitos amigos e todos o pasan moi ben con el.
MARTÍN morre polo fútbol e quere moitísimo ás súas vaquiñas.
SOMOS OS SUPERNENOS E SUPERNENAS
DE 2º A PONTECESURES
Páxina 26
onde o mundo se chama Pontecesures
UN OFICIO CON MOITA TRADICIÓN
Chámome Verena Vieites Fernandes. A miña familia dedícase á venda de churros na churrer-
ía "LA CESUREÑA", dende hai catro xeracións, cando comezou a miña tataravoa Luísa.
Ela, á parte de ser a pioneira na miña familia, tamén o foi en Pontecesures e arredores.
Houbo épocas mellores, pero agora coa crise e co explotado que está o negocio xa non se
gaña tanto coma antes.
Na actualidade nós vendemos por mercados e romarías en: Vilagarcía, A Estrada, Melide,
Padrón, Caldas, Forcarei, Lalín, etc. Traballamos os luns, martes, mércores, sábados e do-
mingos. Tamén, algún xoves e venres que nos cadre. Acostumamos traballar dez horas
aproximadamente.
Tárdase sobre vinte minutos en montar un posto de churros.
Para preparar a masa, o primeiro que hai que facer é quentar a fariña (se vai frío) senón non
fai falla. Mentres peneiras a fariña, pos a ferver a auga e bótaslle un cacharriño de sal. Des-
pois, cando a auga fer-
va, bótaslle a fariña e
coa pa, amasas. Logo a
masa métela no molde
e vas cortando os chu-
rros (o aceite ten que
estar ben quente,
senón saen aceitados)
e, cando estean ben
torradiños, bótanse na
bandexa. Así xa están
listos para a venda.
Ademais dos churros
normais, tamén se ven-
den churros de choco-
late, porras de crema e
roscas.
Á miña avoa, actual
xefa, gústalle moito o
oficio porque lle en-
canta tratar coa xente, coñecer novos sitios e ata lle gustan os madrugóns que se ten que pe-
gar. A min en cambio non me agrada nada porque hai que levantarse moi cedo, e é un traba-
llo moi duro para calquera rapaz.
Verena Vieites Fernandes
2º de ESO Curso 2012/2013
Páxina 27
onde o mundo se chama Pontecesures
A FEIRA DO
AUTOMÓBIL
No ano 1925, un grupo de amigos e
veciños de Pontecesures comezaron a
pensar na idea de levar a cabo unha
feira do automóbil.
Esta idea naceu porque nas feiras de
cabalos que daquela se celebraban
pola zona, no medio dos animais,
expoñíase algún vehículo para a súa
venda. Daquela, se había feiras de
cabalos, que eran o medio de
transporte da época, por que non
podía haber feiras de automóbiles,
que xa comezaban a verse nas
estradas?
Con este pensamento os señores
Eugenio
Escuredo e
Salvador Sierra
viaxaron a Alemaña, onde
se celebraba unha feira do
automóbil. Cando regresaron,
informaron aos seus compañeiros do
que viran e puxéronse a traballar.
Durante 3 días a feira recibiu máis de
10.000 visitas. Había expostos 598
vehículos e o valor do material
superaba os 5 millóns de pesetas da
época.
Como tivo tanto éxito, a feira
celebrouse de novo en 1926.
O responsable de celebrar a Feira Do
Automóbil na actualidade é Antonio
Ferro, o presidente da Asociación.
Alba, Ángela, Aharón, Borja, Jacobo
e Iria.
1º ESO CURSO 2012/2013
O Coche de PedraO Coche de Pedra
O coche de Pedra é un monumento situado na rúa
San Lois, en Pontecesures. Inaugurouse no 1985 en
conmemoración da I Feira do Automóbil celebrada
en España, que tivo lugar neste pequeno concello o
día 27 de Xuño de 1925. O monumento é unha répli-
ca do primeiro coche que circulou por Galicia coa
matrícula PO-2. Nel aparecen reflectidos os nomes
de todas as persoas que contribuíron á celebración
daquela feira. Dous deles foron Carlos Maside, o
famoso pintor, e o escritor Castelao. O actual coche
é de pedra, pero o monumento orixinal era diferente.
Fíxose unha reconstrución en pedra para poder con-
servalo mellor e para que non se deteriorase.
Ligia, José Jaime, Claudia e Micaela, 1º ESO
Páxina 28
onde o mundo se chama Pontecesures
ENTREVISTAA D. ANTONIO FERRO,
RESPONSABLE DA ORGANIZACIÓN DA FEIRA DO
AUTOMÓBILANTIGO E DE OCASIÓN DE PONTECESURES
O día 11 de abril contamos coa
oportunidade de conversar no noso
centro con D. Antonio Ferro, a per-
soa que se responsabiliza da organi-
zación desta feira nos últimos anos,
un labor que require tempo e esforzo
pero que tamén esperta o entusiasmo
de quen, a pesar das dificultades
destes tempos de austeridade, aínda
non perdeu a motivación necesaria
para que esta celebración xa clásica
en Pontecesures siga adiante.
1. Dende cando é vostede o organizador da Feira do automóbil e cales fo-
ron as motivacións que o levaron a poñerse á fronte deste evento?
Pois levo xa nisto sete anos. Todo partiu da miña afección por coleccionar motos antigas. A
través dese interese meu, entrei en contacto con outras persoas da vila e de fóra dela coas
mesmas inquietudes. Por iso, un ano xurdiu a idea, falando entre nós, de rescatar aquelas an-
tigas feiras do automóbil tan nomeadas que se fixeran en Pontecesures.
2. Cal das feiras garda con mellor recordo?
Pois quizais a primeira, porque ten un valor sentimental e simbólico, polo esforzo que su-
puxo e a motivación que tiñamos todos en levala adiante. Non me refiro a que tivese máis
éxito comercial ou actividades máis destacadas, senón polo entusiasmo que espertou en nós.
Tamén foi cando se fixo a réplica do monumento do automóbil
De todas formas convén lembrar que nós quixemos homenaxear aquela serie das catro feiras
iniciais (1925,1926,1950 e 1954), que tiveran tanto éxito de público. Daquela tede en conta
que Renfe poñía trens especiais dende Vigo e A Coruña para a Feira do Automóbil de Ponte-
cesures. Nalgún xornal da época chégase a falar de 100.000 visitantes nalgunha delas, qui-
zais esaxeradamente, pero en todo caso si que conseguiran converter isto nun evento moi im-
portante para un concello que acababa de crearse, porque antes de 1925 Pontecesures aínda
pertencía a Valga.
Páxina 29
onde o mundo se chama Pontecesures
3. Por que tivo tanta repercusión esta feira, logo?
Porque decatádevos de que daquela, en 1925, circulaban moi poucos coches aínda. Quizais
podía pasar pola estrada xeral un pola mañá e outro pola noite. Imaxinade o que foi para a
xente da época ver aparcados 400 ou 500 coches no peirao de Pontecesures
4.Canto custa organizar a feira e conta co apoio económico dalgún organismo
oficial ou privado?
A deste ano ten un custo moi baixo. A nosa previsión inicial era levala a cabo en maio,
coma sempre, e que se situase na zona do porto de Pontecesures, como era tradicional. Pero
este ano había que reducir moito o orzamento e montala alí supoñía contratar unha carpa,
que encarece moito, ademais de pagarlle á Autoridade Portuaria unha taxa similar á que nos
cobrou o ano pasado simplemente por utilizar uns terreos que son da súa xurisdición (1907
euros), cantidade que nos pareceu desorbitada. Por iso decidimos celebrala nos terreos do
recinto escolar e no pavillón de deportes, para evitar estes gastos. O que máis vai custar este
ano son os anuncios da feira en revistas especializadas.
En canto a apoios económicos, contamos de momento só co Concello de Pontecesures.
Tamén lle solicitamos a La Caixa a súa colaboración, pero aínda non está confirmada. Logo
hai a colaboración persoal de moitos particulares que axudan na organización do evento.
5. Que ten que facer para conseguir que traian tantos vehículos antigos?
Simplemente contactar coas persoas que teñen eses vehículos, con asociacións vinculadas
con este mundo e convencelos para que participen, ben para expoñelos ou ben para
vendelos.
6. Que actividades vai haber este ano?
Vai haber vehículos aparcados no recinto escolar e no pavillón estarán os recambios,
accesorios e produtos á venda. Tamén uns paneis que explican a historia da feira.
Pois moitas grazas por concedernos esta entrevista e desexámoslle que esta
feira sexa un éxito.
Grazas a vós por interesarvos por esta celebración.
Iván, Álvaro, Jennifer, David García
1º ESO, Curso 2012/2013
Páxina 30
onde o mundo se chama Pontecesures
O RÍO ULLA
O río Ulla nace en Olveda (Antas de Ulla).
Ten unha extensión de cunca de 2764 quiló-
metros cadradros. É a segunda máis impor-
tante de Galicia despois da do Miño. Desem-
boca na ría de Arousa e percorre as provin-
cias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. Este
río só ten un encoro: o de Portodemouros,
construído no ano 1967. Atópase entre os
conce-llos de Arzúa e Vila de Cruces, ade-
mais de asolagar terras dos concellos de San-
tiso e Agolada.
Entre os espazos naturais de maior interese
paisaxístico, están as chamadas Torrentes de
Mácara (no concello lugués de Palas de Rei),
un tramo do río formado por moitas ferven-
zas, pozas e rápidos nos que se celebra anual-
mente un campionato ibérico de kaiak extre-
mo e que forman un conxunto de grande be-
leza.
Ademais, ao longo do seu curso podemos go-
zar de moitas praias fluviais como a de A-
gronovo (situada no concello de Vedra), ou a
de Vilarello (situada en Catoira).
A parte destas praias, tamén é necesario des-
tacar algún outro tramo do río, como as pes-
queiras de Herbón, que están situadas no con-
cello de Padrón. Estas pesqueiras, foron un
sistema de pesca ideado polos romanos para
atrapar aqueles peixes que quedaban nas re-
des .
Actualmente aínda se seguen utilizando para
a pesca da lamprea.
Páxina 31
onde o mundo se chama Pontecesures
No río Ulla pódense practicar algúns
deportes de especial interese. O máis
destacado é o piragüismo. Hai un club
situado en Pontecesures e outro no concello
de Catoira.
En canto ás especies de flora que nos
atopamos nas beiras do río, debemos
mencionar en primeiro lugar as árbores que
forman o bosque de ribeira: ameneiros,
salgueiros, freixos e carballos. No tramo final
do río, preto da desembocadura, destacamos
o carrizal, como o que hai no concello de
Dodro. A vexetación do carrizal é variada: a
espadana amarela, o fento real...
Polo que respecta á fauna, as aves máis
comúns destas zonas son: os corvos mariños,
gaivotas, rascóns, ánades reais, galiñas de
río, garzas reais, garzotas comúns... Entre as
aves de rapina, os máis abundantes son os
miñatos, xunto aos azores e os gabiáns.
Tamén hai pegas, carrizos, lavandeiras,
merlos acuáticos, martiños peixeiros,
papuxas das amoras, etc... Estas variedades
de aves, fan do río un paraíso para os seus
observadores.
Por suposto tamén hai anfibios como: os
limpafontes, as salamántigas, as ras, os sapos
e as serpes de auga.
Tamén hai especies en perigo de extinción
por culpa da contaminación, como a náiade
ou mexillón de río, un molusco cunha forma
semellante ao dun mexillón ou a unha grande
ameixa de mar. Ademais, a toupa de río, un
pequeno mamífero semiacuático que habita
nas ribeiras e regatos do curso alto, tamén
está en perigo.
O río Ulla actualmente está contaminado
pola acción de moitas empresas e antigas
explotacións mineiras a ceu aberto que verten
residuos nos seus afluentes. Pero non só se
contaminan as augas polos residuos das
industrias, senón tamén polas augas “sucias”
que proveñen das nosas casas.
No río hai varias especies invasoras que
alteran o ecosistema, por exemplo: os
eucaliptos, especies de árbores típicas de
Australia que se adaptaron moi ben ao noso
ecosistema húmido, o que fai que crezan moi
rápido e as robinias, árbore coas follas de cor
verde amarelentas .
Hai un proxecto que se chama Margal Ulla,
que consiste en mellorar o contorno sen ser
alteado polo home, para que así as especies
que habitan nel poidan levar unha mellor
vida. Podedes consultar máis sobre este
proxecto no enderezo:
http://margalulla.xunta.es/es
Sofía , Lorena, Raquel, Manuel, David
Bernal, Fernando, Xenxo
1º ESO, Curso 2012/2013
Páxina 32
onde o mundo se chama Pontecesures
COÑECEMOS O CAMIÑO
Durante o primeiro trimestre deste curso os nenos e nenas de 4ºA estivemos traballando e
aprendendo máis cousas sobre o Camiño de Santiago e, sobre todo, do Camiño Portugués
que é o que pasa polo noso concello.
O primeiro que fixemos foi ler información sobre distintos aspectos do Camiño de Santiago:
orixes históricas, os distintos camiños a Santiago, a vestimenta do peregrino medieval e ac-
tual e os símbolos e sinais do camiño. Logo afondamos na información máis concreta do Ca-
miño Portugués: as etapas deste camiño, lendas relacionadas co apóstolo Santiago, outras
lendas do camiño e rematamos coa gastronomía do camiño portugués.
Nas clase de plástica fixemos dous murais, un dun peregrino medieval e outro dun actual.
Fomos de visita ao albergue de peregrinos de Pontecesures, onde nos puxeron o primeiro se-
lo na nosa credencial:
Páxina 33
onde o mundo se chama Pontecesures
Tamén fixemos un tramo do camiño andando: Dende Pontecesures a Padrón. Alí vimos o
Pedrón na Igrexa de Santiago. Incluso tivemos forzas para volver ata Pontecesures tamén
andando.
Na biblioteca, un técnico do Xacobeo deunos máis información e proxectáronnos un vídeo
sobre o camiño.
Finalmente fixemos o camiño portugués de forma virtual, é dicir, fixemos as 6 etapas que hai
dende Tui ata Santiago. Para conseguir selar a credencial tiñamos que ir superando unha fi-
cha por cada unha das etapas (algunhas eran fáciles, pero outras non o foron tanto). Ao con-
seguir selar a credencial en todas as etapas conseguimos a nosa Compostela, que é o diploma
que lle dan aos peregrinos que fan o camiño.
Agora, se queres, podes entreterte un pouco facendo a seguinte proba:
Busca na sopa de letras 8 partes da vestimenta do peregrino medieval.
........................................................
........................................................
........................................................
........................................................
........................................................
........................................................
........................................................
........................................................
Consulta o noso traballo no seguinte enderezo:
www.blogoteca.com/trasnoparoleiro/index.php?cod=121804
Tamén podes ver o seguinte vídeo no enlace:
www.youtube.com/watch?v=l9KNKBeCxuQ
Alumnado de 4º A de Primaria
E S P O R T A S C I
N S O B D Q R Z A U
M O C I L G B R B M
R M A L F O R X A S
T B N M A L E S Z U
U R I C A V B N A O
O E T O T H I D Ñ F
V I E I R A P N V L
D R Ñ T U N I C A D
B O R D O N H S U C Solucións:Alforxa,bordón,cabaza,esclavina,
esporta,sombreiro,túnicaevieira.
Páxina 34
onde o mundo se chama Pontecesures
OS CLUBS DEPORTIVOS DE PONTECESURES
C.B. RÍO ULLA
Foi creado por uns Mestres do colexio CPI Pontecesures: Manuel Amoe-
do e Xosé Ramón Martínez, na tempada 1985-1986. Neses principios o
club trasladouse durante catro anos a Padrón. Tras quince anos de vida,
no 2001, o C.B. Cesures e o C.B. Valga uníronse para facer un equipo
máis sólido e con máis medios.
Actualmente, o club conta con máis de 100 xogadores federados, 9 equi-
pos e 7 adestradores.
Ten arredor dos 150 socios, entre eles Andrés Quintá, presidente do Extrugasa, que colabora
co club C.B. Río Ulla. Entre estes socios tamén
se encontran moitos dos pais e nais dos xogado-
res/as, entre eles a súa presidenta Mónica Espa-
das, que colaboran en gran medida para que
este proxecto se faga realidade ano tras ano.
Por último, facemos unha mención especial a
unha destas persoas que comezou co traballo
desde o principio e fai posible que este club si-
ga cara a adiante, “Fruqui”, que comezou como
xogador, logo como adestrador e finalmente
como peza clave da directiva.
ULLA C.F.
Este club de fútbol comeza unha nova etapa no ano 2012 grazas ao esforzo
dun grupo de pais e nais de Pontecesures que na súa maioría tamén forman a
directiva deste club e que fixeron posible que os nenos/as e veteranos da vila
teñan a posibilidade de practicar o seu deporte preferido, o fútbol. Entre eles
está o seu presidente Ricardo Somoza “Richard”.
Este club ten a súa sede na cima do histórico barrio do Porto, en Pontecesures,
e alí mesmo está situado o campo de herba sintética chamado “ Ramón Dié-
guez”, onde se celebran durante a semana os numerosos adestramentos e a fin de semana as
diferentes competicións.
O club conta con numerosas categorías
inferiores que compiten nas categorías de
Pre-Benxamín, Benxamín A e B , Alevín,
Infantil e Cadete, que fan posible que de-
cenas de rapaces de Pontecesures practi-
quen deporte. O club tamén conta cun
equipo federado de veteranos que compite
na máxima categoría.
Páxina 35
onde o mundo se chama Pontecesures
CLUB NÁUTICO PONTECESURES
Este club é tamén un histórico desta vila que ten moitas historias e conseguiu
os logros deportivos máis importantes desta vila no deporte do piragüismo.
O presidente deste club que fai posible todo isto é Ángel Barreiro que fai un
gran labor neste mítico club náutico xunto a diversos adestradores como po-
de ser Javier Bouzas.
Este presidente e os diversos adestradores levan moitos rapaces da vila de
Pontecesures e de vilas e ciudades dos arredores. Incluso moitos destes rapa-
ces deste club náutico
pasan a formarse máis
profesionalmente no piragüismo no Cen-
tro de Alta Tecnificación de Pontevedra.
Os rapaces que forman parte do club son
de moitas categorías (infantil,cadete, xu-
venil …) teñen diversas actividades e
participan en moitos campionatos impor-
tantes como: probas do calendario galego
e español como regatas copa de España,
Campionato de España de pista, Mara-
tóns,Travesías, Ascensos e Descensos da
Copa de España.
OS CLUBS NO CPI DE PONTECESURES
O labor destes tres clubs a nivel educativo e formati-
vo é moi importante dentro do concello de Pontece-
sures e arredores xa que lles facilita aos nenos/as a
posibilidade de practicar diferentes actividades físi-
cas que axudan á súa formación física e tamén á súa
formación como persoas.
Dende o colexio téntase dirixir aos rapaces cara a es-
tas propostas deportivas e colaborar o máximo posi-
ble con estes clubs, realizando diferentes actividades
dentro e fóra do colexio como poden ser: xornadas de
iniciación ao piragüismo no club náutico de Pontece-
sures, campionatos e torneos de baloncesto e fútbol sala a nivel centro para promocionar a
práctica destes principais deportes locais.
Traballo realizado polos mestres e alumnos/as de 5ºA
Páxina 36
as musas tamén sentan en pupitres
Os alumnos de terceiro A
de primaria ao longo do
curso elaboraron unha se-
rie de poesías.
Páxina 37
as musas tamén sentan en pupitres
Páxina 38
as musas tamén sentan en pupitres
O AMOR
O amor é belo,
o amor é triste,
e ao ser belo e triste
o amor existe.
A min gústame o amor,
pode que a ti tamén
e fará moito calor
se os dous temos ilusión.
(Estela)
O AMIGO XOÁN
Debuxo un gato na area
á beiriña do mar.
a onda xigante alcánzao,
o gato ri e rasca a panza.
No patio xogo, xogo
e pásoo moi ben
cos meus amigos divírto-
me
e eles tamén.
(Luismi)
NO PATIO
No patio do colexio
xogo coa miña amiga,
xogo todo o tempo
e fágolle cosquillas.
Animo ao meu primo
cando xoga un partido
sempre acaba gañando
é o mellor do equipo.
(Noelani)
O COLEXIO
No patio xogo, xogo,
encántame o balón
ata que me canso
e vou para a casa.
En Informática xogo
divírtome un montón,
co meu ordenador
son un campeón.
(Borja)
O FÚTBOL
No fútbol se gaña
e se perde
nós gañamos
contra o Conxo.
Perdemos na casa
e non temos copas,
hai que xogar limpo
e non enfadarse.
(Ángel)
A ESCOLA
Eu vou á escola
e sempre o paso divertido
xogo cos meus amigos
eso está sabido.
Pola tarde como,
fago os deberes,
vexo a tele
e vou para os xoguetes.
(María)
O COLE
O cole é o meu
lugar favorito,
nel podo aprender
e é divertido.
Fago contas
e escribo moito
cos meus amigos xogo
e ríome sempre.
(Amélie)
A BOLBORETA
A bolboreta
voa e voa
sen deixar rastro
coas súas ás voa
A bolboreta
sobe e sobe
ata chegar
á primeira nube.
(Icíar)
DONA XOANIÑA
Dona xoaniña
foi ao prado
entretívose moito
e esqueceu o recado.
A pobre xoaniña
marchou a voar
contenta quedou
e volveu ao seu fogar.
(Rubén)
UN BICHIÑO
Aquí hai un bichiño
alongadiño e grandón,
vive nunha col
co seu amigo caracol.
Os dous xogan
moi ben xuntos
axúdanse como insectos
moi amiguiños.
(Samuel)
XOANIÑA
Xoaniña, xoaniña
ven aquí
teño unha sorpresa
para ti.
Teño un vermiño
que che vou ensinar
un vermiño para ti
que che vai gustar.
( Nerea)
O MEU ORDENADOR
No meu ordenador
xogo ao tren.
xogo, xogo e xogo
e o fago moi ben.
Eu xa sei xogar
porque aprendín
en informática
xunto a un xardín.
(Cristina)
A ESCOLA
Eu veño ao colexio
todos os días,
traio a merenda
que marabilla!
Somos quince na clase
nove nenas e seis nenos,
pero cando soa o timbre
xogamos todos xuntos.
(Carla)
XOANIÑA
Había unha vez
unha xoaniña
que se chamaba
Maruxiña.
Era moi bonita
aquela xoaniña
era tan pequeniña
esa xoaniña.
(Julián)
VERÁN
Un día de verán
casan dous tabáns.
María e Xoán
casan en Tatabán.
Teñen seis padriños
para cinco fillos
moi espabilados
e tamén moi listos.
(Paula)
Páxina 39
as musas tamén sentan en pupitres
Páxina 40
as musas tamén sentan en pupitres
páxina 41
os andeis do maxín
XOCAS E O
PENDENTE DE
FREDDY KRUEGER
Freddy Krueger estaba en paro e necesitaba
traballo. Dende que as súas películas non
tiñan éxito, non tiña nin para comer.
Camiñando pola rúa caviloso, fixouse nun
pequeno anuncio que había no taboleiro da
rúa Deputación, nunha pequena vila chamada
Pontecesures. Entre as ofertas fixouse nunha
que pedía un xardineiro con experiencia para
o concello. Esa mesma mañá acudiu ás
oficinas de emprego municipais. Cando a
funcionaria o viu, sorriu con satisfacción.
- Por fin me van agradecer algo os do grupo
de goberno. Ti es a persoa que estabamos
buscando. Non temos nin un peso para
comprar as tesoiras de podar e ti xa as traes
incorporadas. Quedas contratado!
Freddy sorprendeuse do fácil que fora
conseguir o traballo. Non estaba mal, pero
aos tres días xa lle parecía aburrido. Decidiu
no tempo libre ir xogar ao 3×3 cos rapaces.
Eles aceptárono porque non tiñan porteiro.
Na primeira parada xa pinchou o balón, así
que decidiu facer o seguinte saque cunha
pedra que había alí, coa mala sorte que lle
deu a un rapaz na cabeza. Freddy foi a toda
présa, colleuno e levouno aínda inconsciente
ao centro de saúde. Alí puxéronlle unha
venda, e, despois dun anaco, recobrou o
coñecemento. Freddy desculpouse e
preguntoulle se quería ir a Padrón. Alí había
festa, pois era Pascua e había atraccións. O
rapaz aceptou, así que colleron o primeiro
autobús que levaba a Padrón. Cando
chegaron, Freddy non se decatara de que non
sabía o nome do rapaz. Preguntoullo e o
neno, sorrindo, contestoulle que Xocas. A
Xocas gustáballe moito xogar na tómbola, así
que decidiron probar fortuna. O que gañase,
tocáballe unha minimoto, pero eles non
tiveron sorte e non lles tocou. Como Xocas
empezou a poñer cara triste, Freddy saltou
por riba do mostrador e montou na minimoto.
Pero non tiña gasolina. Entón, alporizado,
cortou coas coitelas varios premios e
empezaron a correr. Xocas tropezou cunha
pedra e caeu. Freddy ía atrás e, como
camiñaba mirando a ver se os perseguían,
tropezou co rapaz e caeu enriba del
furándolle a orella. Xocas empezou a chorar.
Freddy colleu un pendente que levaba e,
como o rapaz sangraba, púxollo a ver se así
se detiña o fluxo de sangue. Xocas calou
mais, ao ver o sangue, esvaeuse de novo.
Cando espertou e se viu na cama, recapitulou
todo o que pasara e pensou que fora un soño.
De súpeto, lembrouse da película que vira o
día anterior: a
de Freddy
Krueger, e
decatouse que
nela, todo o
que se soñaba,
se facía
realidade.
Asustado
saltou da cama
e foi ao baño.
Acendeu as
luces e
mirouse ao
espello. Tiña
un pendente
na orella
dereita con
forma de luvas con coitelas, e estaban
asinadas cun F!
Alumnado 2º ESO A- Candela Lafuente
López
Páxina 42
os andeis do maxín
O CAMBIO DE
FRANKENSTEIN
-Canastra do "lume prometeo"- Di o locutor
de radio.
Frankenstein está vendo un partido de
baloncesto no que xoga o seu ídolo
Prometeo. Frankenstein adórao moitísimo e
gustaríalle ser coma el; pero Prometeo, a
pesar de ser moi boa persoa, era moi feo, alto
e descompensado.
A pesar diso, Frankenstein someteuse a
cirurxía estética para ser tan alto coma o seu
ídolo; pero era moita altura a que lle tiñan
que aumentar, así que tiveron que coserlle
partes doutras persoas xa mortas. Tamén se
someteu a unha operación para facer a súa
cabeza máis grande e pálida, xa que
Prometeo a tiña así porque non tomaba o sol.
Unha vez rematada a recuperación, foi dar
unha volta para ver como reaccionaba a xente
ao velo e se de verdade a xente pensaba que
se parecía a Prometeo. Algo así pasou: á
xente non era que non se lle parecera ao
xogador, senón que o confundiron con el!
Querían autógrafos seus, os nenos e nenas
desexaban facer fotos con el, pitábanlle os
coches cando paseaba pola rúa...
Pero pasaron os días e a xente decatouse de
que Frankenstein era un impostor polo que
todo o mundo o rexeitaba.
Frankenstein non podía soportar o baleiro
nin o dano que lle fixeran as palabras de
resentimento de Prometeo nun programa
televisivo, así que decidiu mudarse a
Uganda. Alí, polo menos, ninguén o coñecía
aínda que dende o primeiro día andou triste:
non podía ver xogar ao seu admirado
Prometeo.
María Navarro Jamardo
2º ESO Curso 2012/2013
Páxina 43
os andeis do maxín
MICROCÁMARAS
Estaba eu tan tranquila na miña habitación
escoitando música cando, de súpeto, soou o
teléfono móbil da miña nai. De alí a un
pouco, veu ela moi ilusionada dicíndome que
o meu tío Xoán viña á vila a pasar unhas
pequenas vacacións. Eu non me alegrei
moito, pois non o coñecía. A miña nai
dicíame que era unha boa persoa, aínda que
estivera no cárcere. Ela dicía que cambiara
moitísimo.
Esa mesma tarde fomos ao aeroporto, que
estaba a tres quilómetros, a recollelo. Cando
o vin por primeira vez, deime conta de que el
aparecía nunha foto na casa da miña amiga
Raquel. A súa nai e o meu tío saían nela.
Decidín que llo preguntaría máis tarde.
De entrada, pareceume moi simpático. Cando
se achegou, deume unha bolsa de caramelos.
Fixémonos amigos e non me separaba en
ningún momento del.
Un día decidín xogar aos espías, e perseguín
ao meu tío por toda a vila. De repente, vin
como se metía na casa da miña amiga Raquel
forzando a porta. Decidín ir e ver o que
pasaba. Entrei moi silenciosamente pola
porta e atravesei o salón. O meu tío estaba
colocando algo no marco que anteriormente
dixera, na que saía el e a nai de Raquel, coa
mala sorte que me viu. Veu correndo ata min
e pregoume que non dixera nada.
Pregunteille que facía e respondeume que
estaba poñendo unha microcámara para
vixiar á nai de Raquel. Explicoume que
anteriormente, antes de que eu nacera,
estaban namorados, pero cando entrou no
cárcere deixoulle de falar e púxolle unha orde
de afastamento. Díxome que seguía
namorado dela, e que por iso poñía unha
microcámara, para poder vela. Por iso non llo
podía dicir a ninguén. Eu saín correndo da
casa, e nun descampado preto de alí vin a
Raquel e á súa nai paseando. Preguntáronme
se estaba ben, que parecía preocupada. Eu
saín correndo, sen dar ningunha resposta.
Cheguei á miña casa e pecheime na miña
habitación. Case non saía da casa, non quería
volver ver ao meu tío.
Xa pasaran algúns días e o meu tío Xoán xa
marchaba da vila.
Tiven que ir e despedirme del, non dixera
nada aínda da microcámara, pero non podía
máis. Conteillo todo á miña nai e chamamos
á policía para que o detesen por entrar na
casa de Raquel e poñer cámaras. Viñeron a
por el e levárono. A miña nai díxome que
fixera moi ben en dicilo, que algúns segredos
se poden gardar pero outros non.
Candela Lafuente López, 2º ESO
Páxina 44
os andeis do maxín
OS PALLASETES DA CLASE
Nunha clase de 2º había tres nenos que soamente sabían facer o pallaso. A mestra e os
demais nenos/ás, xa estaban máis que fartos.
Entretiñan aos compañeiros, cando o que tiñan que facer era traballar (botaban peidos,
colgábanse do canón, berraban, rompían cristais e facían o calzón chinés....).
Toda a clase sabía as táboas menos eles, non sabían coñecemento, lengua, lingua,
matemáticas..... non sabían nada, o único que sabían era facer “pallasadas”.
As súas nais e os seus pais, decatáronse, enfadáronse e castigaron os nenos.... sen fútbol,
sen consola, sen excursións, sen festa de cumpre e con moitos deberes…
Daquela déronse conta de que facer pallasadas estaba mal porque non aprendían e
quedaban atrás dos seus compañeiros así que empezaron a portarse ben.
Polos pelos, non repetiron curso pero aprenderon unha boa lección: as pallasadas fanse
nos circos.
Nós fomos os autores deste conto. (2º A PRIMARIA)
Páxina 45
os andeis do maxín
FANTASÍA OU
REALIDADE?
Xoana ía xogando polo xardín cando de
repente tropezou cunha pedra e caeu. Debido
a isto, quedou profundamente durmida.
Cando espertou, viu que estaba nun mundo
distinto ao seu e pensou que tiña que voltar o
antes posible.
Preto dela apareceu un grilo que lle dixo:
-Ola neniña! Ti non es de aquí, de Xúpiter,
verdade?
-Non, eu son da Terra-contestoulle Xoana
moi timidamente.
-Da Terra? Que nome máis estraño. E onde
está iso?- preguntoulle o grilo.
-A Terra, o planeta azul. Ten moita auga e
persoas coma min- díxolle ela.
-Perdoa polos meus modais, non me
presentei. Eu son Antonio , o grilo-
informoulle el.
-Ola, Antonio. Eu son Xoana. Pódesme
axudar a voltar ao meu planeta?-
preguntoulle a rapaza.
-Claro que si, pero temos que solucionalo
antes das 12, senón isto non tería sucedido-
aseguroulle Antonio-. Pero, non te
preocupes. Imos ver o que atopamos
Xoana e Antonio estiveron andando un bo
anaco. Antes de renderse, atoparon un reloxo
que podía facer retroceder o tempo. Á nena
ocorréuselle retrasalo ata a hora de antes de
tropezar coa pedra.
Entón, apareceu outra vez brincando polo
xardín e, cando se atopou coa rocha, saltou
por enriba dela. Despois, deuse a volta e
fixouse que nela estaba un grilo. Parecíase
moito a Antonio. A neniña parecéralle que lle
chiscara un ollo.
Sofía Rarís Frois
1ºESO CURSO 2012/ 2013
UNS PATÍNS CON
PODERES
É un amor inexpicable. De que estou
falando? Da miña paixón pola patinaxe.
Vénme de familia: miña nai foi profesional e
crecín vendo o ben que o facía. Ela faleceu o
ano pasado. O seu soño era que eu tamén
fose profesional. Levo un ano adestrando
pero ata o de agora non consideraron que era
o suficientemente boa coma para competir.
Onte todo cambiou. Coma sempre, fun
adestrar pero, cando ía xa de camiño,
decateime de que me quedaran os patíns na
casa. Cando cheguei ao pavillón, xa temendo
unha rifa da miña adestradora, non sei como,
apareceron os patíns da miña nai dentro da
mochila . Tiven que adestrar con eles. De
súpeto, mirei para os patíns e volvéranse de
cor vermella! O pavillón enchérase de xente.
Estaba nunha competición e facíao moi ben.
Non durou moito o optimismo, xa que me dei
conta de que todo era produto da miña
imaxinación. Decateime nunha das
reviravoltas, cando acabei no chan.
Pasaron uns días e celebrábase unha
importante competición na miña localidade.
Ese día, desexando que sucedese o que
soñara días atrás, puxen os patíns da miña
nai. Collín forzas e saín á pista. Imaxineime
que estaba no pavillón e esta vez si:
sucedeume o mesmo que soñara. Grazas aos
patíns conseguín o ouro. Aquel día sentín a
presenza da miña nai e conseguín facer
realidade o meu soño: ser unha profesional.
Micaela Amarelle García
1º ESO Curso 2012/2013
Páxina 46
os andeis do maxín
A FIN DO MUNDO
Un día, eu estaba na miña casa facendo os
deberes mentres meu pai estaba na sala
mirando a televisión, porque chegara de
traballar e, como era costume nel, ao vir,
sentara no sofá para descansar un anaco e ver
as noticias. Acórdome ben que eu estaba
estudando sociais cando meu pai chamou a
miña nai dicíndolle que nas noticias saíra que
a fin do mundo ía chegar. Eu, toda asustada,
fun xunto a eles e pregunteilles se iso era
verdade. Eles dixéronme que si, que en todas
as canles estaban
dando esa
noticia. Eu tiña
dez anos e
apenas entendía
por que o mundo
tiña que acabar,
pero despois do
que me explicara
meu pai, máis ou
menos xa tiña
unha idea de
como podía ser.
Propuxérame
que, antes de que
iso pasase, tiña que facer unha listaxe de
desexos que quería realizar xa había tempo.
Pois ben, fun ao meu cuarto, collín unha
libreta e un bolígrafo e marchei para o campo
para alí anotar eses desexos. Empecei polo
que podía facer coa miña familia.
Ocorréronseme un par de ideas. A primeira
era que podiamos organizar unha cea con
toda a familia e a segunda era que lle ía
regalar algo a cada un deles para
demostrarlles o cariño que lles tiña.
Continuei polos meus amigos. Ocorréuseme
que podiamos ir todos ao cine unha tarde e
tamén que, como estabamos en pleno verán,
podía celebrar unha festa na miña casa, na
piscina. Por último, seguín por un rapaz que
coñecera cando estabamos en párvulos e do
que me namorara dende o primeiro día que o
vin, sentimento que ía medrando co tempo.
Chamábase David. El non sabía que me
gustaba, simplemente pensaba que eu só o
consideraba un amigo. Nunca me atrevera a
dicirlle que me gustaba pero, como ía acabar
o mundo, pensei que sería necesario
sincerarme con el. Había moitas máis rapazas
namoradas del, así que, aínda que eu lle
dixese a verdade, todo ía quedar como
estaba. Estiven buscando o momento para llo
dicir a el, pero nunca
estaba só, así que non
me quedaba máis
remedio que
comentarllo diante de
todos. Un día na
escola puxémonos a
xogar na clase. O
xogo consistía en
que, se alguén te
elixía, tiñas que
desvelar un desexo.
Eu aproveitei ese día
e díxenlle diante de
todos que me
gustaba. Marchei a correr e, durante uns días
non tiña pensado volver ao colexio.
Uns días máis tarde púxenme a ver as
noticias con meus pais e dicían que o do fin
do mundo fora unha falsa alarma. Eu, coa
vergoña, cambieime de escola, non quixen
volver á que estaba, porque sabía que, se
volvía, todos se ían rir de min e que ía ser a
rapaza máis patética da escola. Dende esa,
ninguén volveu saber nada mais de min.
Verena Vieites Fernandes
2º ESO B Curso 2012/2013
Páxina 47
os andeis do maxín
A BICICLETA
FANTASMAL
A señora María del Mar (por todos
coñecida como "señora María") nacera en
Santiago de Compostela había xa noventa e
seis anos. Levaba desde os dez anos vivindo
en Bos Aires (Arxentina). A señora María
era unha señora de pelo branco e liso, ollos
azuis e pel morena. Era baixiña, moi
tranquila, e sempre cun sorriso na súa cara.
Ela sempre
axudaba a todos e
daba os mellores
consellos do
mundo, eses
consellos que só o
corazón sabe dar.
Era unha persoa
moi tolerante e
comprensiva. Non
viaxara moito co
corpo, pero si coa
súa mente. O que
máis lle gustaba
facer á señora
María era ler.
Ela e o seu
marido Marcos
tiñan catro fillas, dous fillos, seis netos, catro
netas, tres bisnetos e unha bisneta.
A señora María facía unha comida
familiar todos os anos, o 25 de xullo, para
celebrar a festa de Santiago Apóstolo. Aquel
ano tiña preparada unha sorpresa para ese
día. A señora María pediulle un favor moi
especial á súa familia.
Chegou o día 25 de xullo e na casa da
señora María estaba toda a súa familia. Non
faltaba ninguén. Ela estaba feliz de velos a
todos xuntos un ano máis. Despois da súa
sobremesa favorita, a tarta de améndoa, a
señora María pediu un minuto de atención:
-Quero darvos as grazas a todos por
vir e aproveito que estades todos xuntos para
pedirvos un favor moi especial: Gustaríame
que alguén da miña familia, cando eu morra,
peregrine a Santiago de Compostela e pouse
unha orquídea no centro da praza do
Obradoiro e outra orquídea nese anaco de
terra que hai entre o río Sar e o río Ulla antes
de que se unan un co outro.
A orquídea era a flor preferida da
señora María. A
praza do Obradoiro
e as beiras dos ríos
Ulla e Sar eran
lugares máxicos
para ela; O
primeiro, porque alí
pasara moitas horas
xogando cos seus
amigos e amigas
cando era pequena;
e o segundo, porque
fora alí onde o seu
pai coñecera á súa
nai.
Iago, un dos
netos da señora
María, levou a cabo
o desexo da súa avóa dous anos despois de
que ela morrera. Iago decidira facer o
Camiño Portugués en bicicleta. Empezou a
pedalear en Lisboa e pouco a pouco ía
camiño de Compostela. Todo para el era
novo. Coñeceu a moita xente, fixo un
puñado de amigos e amigas que pedalearon
xuntos durante varios días. Mentres as súas
pernas se enchían de quilómetros, Iago
enchíase de experiencias e aventuras
inesquecibles.
Páxina 48
os andeis do maxín
Cando faltaba só unha etapa para chegar a
Compostela, aconteceu algo moi estrano e
inesperado. Despois de almorzar todos
xuntos no albergue de Pontecesures, baixaron
para coller as bicicletas e chegar ese mesmo
día a Compostela. Iago estaba moi
emocionado pero... faltaba unha bicicleta. Si,
faltaba a bicicleta de Iago. Buscaron e
buscaron pero non a atoparon. Iago tomou a
decisión de seguir o camiño a pé. Quedara
en verse cos seus compañeiros e compañeiras
de camiño á noitiña na praza do Obradoiro.
Iago chegou a Compostela á tardiña.
Despois de deixar as cousas no albergue e
darse unha boa ducha, pasou por unha
floraría para mercar unha orquídea antes de
chegar ao Obradoiro. Unha vez alí, Iago
pousou a orquídea no centro da praza, como
lle prometera á súa avoa. Quedou pasmado
pola beleza e encanto do Obradoiro.
Unha vez xuntos outra vez os
compañeiros e compañeiras de camiño,
decidiron ir cear. Cando saían da praza, a
Iago pareceulle ver a súa bicicleta apoiada
nunha parede. Camiñou todo o rápido que
puido entre toda a xente que había, pero
cando chegou á que el cría que era a súa
bicicleta, xa non estaba. Iago estaba
convencido de que aquela era a súa bicicleta.
Ao día seguinte colleu o tren para ir a
Padrón e cumprir a segunda das súas
promesas. Baixou do tren, mercou unha
orquídea, preguntou polo paseo a carón do
río e alá foi. Cando chegou á confluencia dos
dous ríos, pousou a orquídea e sentouse a
contemplar a fermosura da paisaxe. Tiña a
sensación de que alguén o estivera
acompañando eses dous últimos días desde
que perdera a bicicleta en Pontecesures.
Cando se levantou para empezar a camiñar
de novo cara á estación de tren... alí estaba,
era a súa bicicleta apoiada nun banco. Non
había ninguén! Iago colleuna e empezou a
pedalear mentras non deixaba de pensar en
como chegara a súa bicicleta ata alí e quen a
trouxera.
Este conto foi realizado polos alumnos/as de
2ºB coa axuda do seu titor.
Páxina 49
os andeis do maxín
MICRORRELATOS
Cando me ían matar, soou o espertador.
Rubén Martínez Barreiro. 2º ESO A
Durante a guerra quedei durmido. Cando
espertei, non había ninguén alí.
José Luís Jamardo Buceta. 2º ESO A
Cando ela chegou, el xa tiña comido ao
presidente Obama dos Estados Unidos de
América.
Samuel Castro Dios. 2º ESO A
Abrín a neveira e estaba o ratiño Oliveira.
José Luís Miguéns. 2ºESO B
Cando rematei de estudar, non tiña pasado
nin un minuto.
Daniel Olivera García. 2º ESO B
Onte Xoán pediulle que prendera o
cachivache; el negouse.
María Navarro Jamardo. 2º ESO B
Viviu a mosca. Morreu a mosca.
Pablo Oliveira Chenlo. 2º ESO B
Bebía e bebía, mais a botella non se
baleiraba.
Francisco Refojo Lavandeira. 2º ESO B
Daquela o león espertou.
Laura Helena Von Hertwig Bernhardt. 2º
ESO B
Abrín a neveira. Alí estaba a Nutella.
Ethan Potel Gómez. 2º ESO B
Páxina 50
Vidal Bolaño: comeza a función
AUTOR, ACTOR,
DIRECTOR
-1950, nace en Compostela no seo dunha
familia proletaria.
-Servizo militar en Ceuta.
-Preocupación polo cine desde a infancia.
-Estudos nas clases nocturnas do instituto
Xelmírez.
-Participa nas Xuventudes Obreiras
Cristiás, onde se inicia no teatro.
-1971, entra en contacto co equipo Lupa
(Euloxio R. Ruibal e Félix Casado) aos 20
anos, con quen coñece a realidade do
teatro popular galego.
-1974, funda o grupo de teatro profesional
Antroido, con Xaquín García Marcos.
-1976, casa coa actriz Laura Ponte.
-1977, logo do seu despido na entidade
bancaria na que traballaba, tiña como única
fonte de ingresos as obras nas que
participaba como actor.
-1984, colabora na creación do Centro
Dramático Galego e participa nas súas
montaxes como director, actor ou
encargado da iluminación.
-Apártase deste teatro institucional a causa
do seu profundo espírito crítico co poder
político.
-91-2002 Anos de maior produtividade
teatral, recibe numerosos premios.
-1992, casa coa actriz Belén Quintáns. Crea
o grupo Teatro do Aquí
-Morre de cancro de pulmón o 11 setembro
do 2002, aos 52 anos.
CONCEPCIÓN PROPIA DO
TEATRO
-O seu teatro conta cunha profunda
influencia do cine, de formación
cinematográfica autodidacta.
-Interésase polo cine máis vangardista.
-Rompe co concepto tradicional do
decorado e os elementos escénicos.
-Crítica social e política.
LUCES, CÁMARA, ACCIÓN!
-Actor, director de sala e director artístico
da produtora CTV- Galaxia
-Dobraxe de películas ao galego para a
TVG.
-Participa en diversos proxectos
audiovisuais pioneiros do cine en galego.
-Adapta textos dos grandes escritores
galegos (Cunqueiro, Fole, etc.) ao cine.
1987, Novo de Parmuíde.
1989, Os outros feirantes; Sempre Xonxa.
1990, Morosos.
1991, O resplandor da morte; Memorias
dun parado.
1992, Un café de ollos verdes.
1997, A noiva de medianoite.
1999, A lingua das bolboretas; Amor
Serrano
2000, Un mundo de historias.
Episodio piloto da serie Morosos Varios
LETRAS GALEGAS 2013
Este ano a Academia decidiu homenaxear ao dramaturgo santiagués
pola súa longa traxectoria no eido teatral. En 4º de ESO fixemos
este traballo de síntese da súa carreira profesional que resume os
datos máis destacados da biografía, a obra e conta tamén con enla-
ces onde podedes visionar algunha das súas colaboracións cinema-
tográficas.
Páxina 51
ROBERTO VIDAL BOLAÑO NA REDE
www.culturagalega.org/noticia.php?id=21110 – BIOGRAFÍA
http://bvg.udc.es/paxina.jsp?id_obra=Abudoga+1&alias=Roberto+Vidal+Bola%
F1o&id_edicion=Abudoga+1002&formato=video&pagina=1&cabecera=%3Ca+href%3D%
22ficha_obra.jsp%3Fid%3DAbudoga+1%26alias%3DRoberto+Vidal+Bola%F1o%
22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EA+burla+do+galo%3C%2Fa%
3E&maxpagina=2&minpagina=1 – FRAGMENTO DA REPRESENTACIÓN DE “A burla
do galo”
www.youtube.com/watch?v=ob7opMV-xks – FRAGMENTO “Lingua das bolboretas”.
Sergio Martínez Gómez, 4º ESO
UN TRABALLO BEN RECOÑECIDO
Premio Abrente (1976, 1978, 1980). Premios Max de Teatro (2001).
O Facho (1977, 1979). Premios Rafael Dieste (1992,1997).
Medalla de ouro (1983, 1984). Premio Eixo Atlántico.
Premio Álvaro Cunqueiro 1991 con Saxo Tenor. Premio Maruxa Villanueva, 2001
Premio Xacobeo (1992). María Casares da AAAG (1998,
1999, 2001, 2003).
VIDA CURTA PERO
PRODUCIÓN INTENSA
1965, publicación da súa primeira obra.
Teatral.
1978, Laudamuco, Señor de ningures, Le-
daíñas pola morte do Meco.
1992, Bailadela da morte ditosa; Escribe e
dirixe Agasallo de sombras, en colabora-
ción co CDG, cuxa representación lle cau-
sa represalias; Cochos; Días sen gloria.
1993, Saxo Tenor.
1996, Touporroutou da lúa e do sol.
1998, Doentes; A ópera de patacón; Ras-
tros.
2001, Mar revolto.
2003, Animaliños; Integral.
2004, A burla do galo.
2005, As actas escuras, obra polémica e
perseguida.
Vidal Bolaño: comeza a función
Páxina 52
risos e sorrisos
TIRAS CÓMICAS DO ALUMNADO DE 6º
Páxina 53
risos e sorrisos
Páxina 54
risos e sorrisos
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010cenlf
 
Letras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundariaLetras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundariasatelite1
 
Memoria 2012 da A.C. Seixebra
Memoria 2012 da A.C. SeixebraMemoria 2012 da A.C. Seixebra
Memoria 2012 da A.C. SeixebraSeixebra
 

Mais procurados (6)

Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010
Unidades didácticas uxío novoneyra.maio 2010
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Letras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundariaLetras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundaria
 
Memoria 2012 da A.C. Seixebra
Memoria 2012 da A.C. SeixebraMemoria 2012 da A.C. Seixebra
Memoria 2012 da A.C. Seixebra
 

Destaque

IGPS I Assignment 3
IGPS I Assignment 3IGPS I Assignment 3
IGPS I Assignment 3ze1337
 
Cg's senior project proposal approval pp
Cg's senior project proposal approval ppCg's senior project proposal approval pp
Cg's senior project proposal approval ppcarlielynn
 
El 2 de enero
El 2 de eneroEl 2 de enero
El 2 de enerolroczey
 
Applying technology standards for adult basic education
Applying technology standards for adult basic educationApplying technology standards for adult basic education
Applying technology standards for adult basic educationinstructor53
 
Green Ribbon Schools Introduction presentation
Green Ribbon Schools Introduction presentationGreen Ribbon Schools Introduction presentation
Green Ribbon Schools Introduction presentationBayBackpack
 
Cover Letter and Resume
Cover Letter and ResumeCover Letter and Resume
Cover Letter and Resumekhiara_albaran
 
Grammar Book!
Grammar Book!Grammar Book!
Grammar Book!allybove
 
El 19 de enero
El 19 de eneroEl 19 de enero
El 19 de enerolroczey
 
El 14 de febrero
El 14 de febreroEl 14 de febrero
El 14 de febrerolroczey
 
El 10 de febrero
El 10 de febrero El 10 de febrero
El 10 de febrero lroczey
 
El dos de marzo1
El dos de marzo1El dos de marzo1
El dos de marzo1lroczey
 
El 14 de febrero
El 14 de febreroEl 14 de febrero
El 14 de febrerolroczey
 
El 6 de febrero
El 6 de febreroEl 6 de febrero
El 6 de febrerolroczey
 
El 16 de diciembre
El 16 de diciembreEl 16 de diciembre
El 16 de diciembrelroczey
 
Spark with Elasticsearch - umd version 2014
Spark with Elasticsearch - umd version 2014Spark with Elasticsearch - umd version 2014
Spark with Elasticsearch - umd version 2014Holden Karau
 
El 11 de enero
El 11 de eneroEl 11 de enero
El 11 de enerolroczey
 

Destaque (20)

Videopostal
VideopostalVideopostal
Videopostal
 
Memorianieve16
Memorianieve16Memorianieve16
Memorianieve16
 
IGPS I Assignment 3
IGPS I Assignment 3IGPS I Assignment 3
IGPS I Assignment 3
 
Felices festas silvia
Felices festas silviaFelices festas silvia
Felices festas silvia
 
Cg's senior project proposal approval pp
Cg's senior project proposal approval ppCg's senior project proposal approval pp
Cg's senior project proposal approval pp
 
El 2 de enero
El 2 de eneroEl 2 de enero
El 2 de enero
 
Applying technology standards for adult basic education
Applying technology standards for adult basic educationApplying technology standards for adult basic education
Applying technology standards for adult basic education
 
Green Ribbon Schools Introduction presentation
Green Ribbon Schools Introduction presentationGreen Ribbon Schools Introduction presentation
Green Ribbon Schools Introduction presentation
 
Cover Letter and Resume
Cover Letter and ResumeCover Letter and Resume
Cover Letter and Resume
 
Grammar Book!
Grammar Book!Grammar Book!
Grammar Book!
 
El 19 de enero
El 19 de eneroEl 19 de enero
El 19 de enero
 
El 14 de febrero
El 14 de febreroEl 14 de febrero
El 14 de febrero
 
El 10 de febrero
El 10 de febrero El 10 de febrero
El 10 de febrero
 
El dos de marzo1
El dos de marzo1El dos de marzo1
El dos de marzo1
 
El 14 de febrero
El 14 de febreroEl 14 de febrero
El 14 de febrero
 
Presentation 1
Presentation 1Presentation 1
Presentation 1
 
El 6 de febrero
El 6 de febreroEl 6 de febrero
El 6 de febrero
 
El 16 de diciembre
El 16 de diciembreEl 16 de diciembre
El 16 de diciembre
 
Spark with Elasticsearch - umd version 2014
Spark with Elasticsearch - umd version 2014Spark with Elasticsearch - umd version 2014
Spark with Elasticsearch - umd version 2014
 
El 11 de enero
El 11 de eneroEl 11 de enero
El 11 de enero
 

Semelhante a O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013

Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Encarna Lago
 
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de TorRede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de TorEncarna Lago
 
Red museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do MarRed museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do MarEncarna Lago
 
Actividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce NlActividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce Nlsatelite1
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41xurxobou
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
Apravia lg2013 def
Apravia lg2013 defApravia lg2013 def
Apravia lg2013 defbiblioinsua
 
Museo Provincial Do Mar Cartel E Programacion
Museo Provincial Do Mar Cartel E ProgramacionMuseo Provincial Do Mar Cartel E Programacion
Museo Provincial Do Mar Cartel E ProgramacionEncarna Lago
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Programa nadal 2011 San Paio de Narla
Programa nadal 2011 San Paio de NarlaPrograma nadal 2011 San Paio de Narla
Programa nadal 2011 San Paio de NarlaAna Ferro Fernández
 
Actividades para maiores 2014 - 2015
Actividades para maiores 2014 - 2015Actividades para maiores 2014 - 2015
Actividades para maiores 2014 - 2015Concello de Abegondo
 
Programa de actividades para maiores 2014 - 2015
Programa de actividades para maiores 2014 - 2015Programa de actividades para maiores 2014 - 2015
Programa de actividades para maiores 2014 - 2015Concello de Abegondo
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Iolidesarandon
 

Semelhante a O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013 (20)

Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
 
Gandarela parte 1
Gandarela parte 1Gandarela parte 1
Gandarela parte 1
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
 
Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
 
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de TorRede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
 
Red museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do MarRed museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do Mar
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Actividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce NlActividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce Nl
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Apravia lg2013 def
Apravia lg2013 defApravia lg2013 def
Apravia lg2013 def
 
Museo Provincial Do Mar Cartel E Programacion
Museo Provincial Do Mar Cartel E ProgramacionMuseo Provincial Do Mar Cartel E Programacion
Museo Provincial Do Mar Cartel E Programacion
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Programa nadal 2011 San Paio de Narla
Programa nadal 2011 San Paio de NarlaPrograma nadal 2011 San Paio de Narla
Programa nadal 2011 San Paio de Narla
 
Actividades para maiores 2014 - 2015
Actividades para maiores 2014 - 2015Actividades para maiores 2014 - 2015
Actividades para maiores 2014 - 2015
 
Programa de actividades para maiores 2014 - 2015
Programa de actividades para maiores 2014 - 2015Programa de actividades para maiores 2014 - 2015
Programa de actividades para maiores 2014 - 2015
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 
fiadeiro .pdf
fiadeiro .pdffiadeiro .pdf
fiadeiro .pdf
 

Mais de trasnoparoleiro

"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barraltrasnoparoleiro
 
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzotrasnoparoleiro
 
Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
 Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesurestrasnoparoleiro
 
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNEROtrasnoparoleiro
 
Relato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º cicloRelato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º ciclotrasnoparoleiro
 
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallegoTemporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallegotrasnoparoleiro
 
Trebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en PontecesuresTrebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en Pontecesurestrasnoparoleiro
 
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROSO VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROStrasnoparoleiro
 
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de PontecesuresLibro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesurestrasnoparoleiro
 
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓNA METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓNtrasnoparoleiro
 

Mais de trasnoparoleiro (20)

"As Malvinas"
"As Malvinas""As Malvinas"
"As Malvinas"
 
O regalo terrorífico
O regalo terroríficoO regalo terrorífico
O regalo terrorífico
 
"A Estadea"
"A Estadea""A Estadea"
"A Estadea"
 
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
 
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
 
"Onde está o medo?"
"Onde está o medo?""Onde está o medo?"
"Onde está o medo?"
 
Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
 Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
 
En galego, sen cancelas
En galego, sen cancelasEn galego, sen cancelas
En galego, sen cancelas
 
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
 
O s o r t e o
O    s o r t e oO    s o r t e o
O s o r t e o
 
Relato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º cicloRelato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º ciclo
 
O reloxo maldito
O reloxo malditoO reloxo maldito
O reloxo maldito
 
O galego está en nós
O galego está en nósO galego está en nós
O galego está en nós
 
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallegoTemporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
 
Trebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en PontecesuresTrebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en Pontecesures
 
Plurilingüismo
PlurilingüismoPlurilingüismo
Plurilingüismo
 
Violencia de xénero
Violencia de xéneroViolencia de xénero
Violencia de xénero
 
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROSO VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
 
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de PontecesuresLibro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesures
 
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓNA METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
 

O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013

  • 1. O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO CPI Pontecesures 05/2013
  • 2. Páxina 1 2012/2013, na memoria ANDRÉS DOBARRO, PROTAGONISTA DO NOSO LIPDUB Quen é ese Andrés Dobarro do que tanto falamos este curso? Que fixo para que merecese que seleccionásemos unha canción súa para o lipdub? Cristian e Ricardo de 3º de ESO investigaron sobre a súa biografia e resumírona así: Andrés Lapique do Barro naceu en Pontedeume o 1 de outubro do ano 1947 e faleceu en Madrid o 22 de decembro de 1989. Foi un músico galego nos últimos anos da ditadura franquista. Por se querer adicar ao mundo musical, Andrés pasou a ser a ovella negra da familia xa que rompeu a tradición familiar de ser membro da Armada. Aínda que por aqueles tempos na ditadura franquista estiveran prohibidas todas as cancións en galego, o público non dubidou un instante en mostrarlle o seu apoio ao compositor. Pese a todos os éxitos musicais que logrou ter ao longo da súa carreira toda a súa vida foi marcada pola penuria económica pola que pasou cara ao final dos seus días. Os seus maiores éxitos musicais foron:"O Tren","Corpiño xeitoso" e, por último, "San Antón"(estes tres éxitos chegaron a ser moi rápido número un nos medios radiofónicos). Tamén actuou en filmes como "En la red de mi canción" acompañado por Concha Velasco. Un dos mellores amigos de Andrés foi Juan Pardo, tamén músico, pero un día por unha pelexa entre ambos, romperon a súa boa amizade e seguiron por separado. Como Andrés xa rompera coa compañía discografica RCA, decidiu marchar para México durante tres anos onde sobreviviu traballando de cociñeiro nun local. Aos tres anos da súa ida regresou xa repatriado en 1979. As súas últimas aparicións foron en programas da TVG en 1989. O día 23 de decembro de 1989 coñeceuse a noticia da morte de Andrés Dobarro debido a un cancro hepático aos 42 anos de idade. Atrás deixaba unha estela de grandes éxitos e grandes cancións aínda moi coñecidas hoxe en día. Cristian e Ricardo 3ºESO SUMARIO 2012/2013 NA MEMORIA, actividades complementarias e extraescolares deste curso. PÁXINAS 1-13 ARREDOR DE NÓS, artigos nos que o alumnado do CPI é o protagonista. PÁXINAS 14-25 ONDE O MUNDO SE CHAMA PONTECESURES, investigamos sobre o noso medio. PÁXINAS 26-35 AS MUSAS TAMÉN SENTAN EN PUPITRES, poesías. PÁXINAS 36-40 OS ANDEIS DO MAXÍN, relatos. PÁXINAS 41-49 VIDAL BOLAÑO: COMEZA A FUNCIÓN, autor do Día das Letras Gale- gas 2013. PÁXINAS 50, 51 RISOS E SORRISOS, viñetas humorísticas. PÁXINAS 52-54 REVISTA EDITADA POLO ENDL DO CPI DE PONTE- CESURES, QUE CONTA CO APOIO ECONÓMICO DA DXPL E O CPI DE PONTE- CESURES MAQUETACIÓN: Patricia Antas Ramos e Suso Ambo- axe García DENDE O EQUIPO AGRA- DECEMOS A COLABORA- CIÓN DO PROFESORADO , SEN A CAL ESTE TRABA- LLO NON SE PODERÍA LE- VAR A CABO.
  • 3. Páxina 2 2012/2013, na memoria Corría o mes de outubro e dende o equipo de normalización lingüística do centro marcamos, coma to- dos os anos, a primeira reunión co alumnado que formaba parte del, coa intención de que as actividades propostas no centro para fomentar o galego non partan sempre do profesorado, senón que todos nos sin- tamos protagonistas deste proceso. Xa o ano anterior algún alumnos/as propuxeran a idea de facer un lipdub no centro, mais non obtivera a aprobación da maioría. Este curso parecía que o interese por levar adiante este proxecto era maior, así que se decidiu consultarlle ao profesorado de todos os niveis educa- tivos que lle parecía a proposta e se estaban tamén decididos a implicarse nela, xunto aos rapaces/as das súas titorías. A adhesión foi total e o entusiasmo dalgúns/as determinou que o proxecto se puxese en marcha. Aló polo mes de xaneiro comezamos a barallar varias posibles cancións que servisen de base para a gra- vación e, despois de debatelo, optamos polo célebre tema de Andrés Dobarro, “O tren”. Era coñecido e gustaba entre o alumnado de todos os niveis, ademais de que no seu momento supuxera un valente pulo normalizador para o galego, cando as autoridades franquistas entorpecían o seu uso no ámbito cultural e en tantos outros. Estaba claro que Dobarro podía adaptarse aos nosos tempos como un exemplo de re- sistencia ante a adversidade, a referencia ao tren vinculaba o proxecto con Pontecesures, unha vila que medrou arredor das vías férreas, e o ritmo vital da música axudaría a que durante a gravación os partici- pantes se desinhibisen e, cando menos, o pasasen ben. SUBE AO TREN DA LINGUA!, COMO SE FIXO O LIPDUB DO CPI DE PONTECESURES
  • 4. Páxina 3 2012/2013, na memoria Tocaba logo trazar o percorrido, idear un guión para vencellar a letra da canción, que non fai referen- cia á lingua, coa intención que tiñamos de promocionar o noso idioma. Surxiu a idea de xogar coa fra- se feita “non debemos perder este tren”, que empregamos cando nos referimos á oportunidade históri- ca que temos en momentos decisivos para sumarnos a un avance social. Así, cada aula do centro podía representar un ámbito de uso lingüístico ao que o galego (polo tanto os seus falantes tamén) debe “subirse”: o medio urbano, as novas tecnoloxías, a música, os xogos, a ciencia, o cine, os medios de comunicación… Seguindo esta proposta distribuímos papeis e posicións e, no mes de marzo, cando remataba a 2ª avaliación, todo estaba disposto para a gravación. Con dous días de ensaios foi suficiente para a gravación final, que se fixo o 22 de marzo. Tras os tra- ballos de edición, adaptación de luz e inclusión do son, que deron o seu traballo, demos a coñecer o resultado na rede na semana da Pascua. A experiencia serviu para amosar que, cando o esforzo colec- tivo se aúna con afán construtivo, as lembranzas sempre son positivas. E neste caso esa sensación de proxecto colectivo é a que fai que lle teñamos agarimo ao resultado final, que o podedes ver en: www.youtube.com/watch?v=dQJowxpVb-4
  • 5. Páxina 4 2012/2013, na memoria APRENDEMOS DIVERTÍNDONOS EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA Deixámosvos aquí unhas poucas fotos dalgunhas actividades extraescolares e complementarias que se fixeron ao longo deste curso: Comezamos o curso celebrando o magosto e o samaín: Logo viñeron os Reis e marcharon cargados de cartas... En Valga os de 1º ciclo vimos un Belén cu- rioso:
  • 6. Páxina 5 2012/2013, na memoria A Biblioteca do centro tamén organizou actividades polo Día do Libro: Os de infantil tivemos unhas sesións de contacontos: Os de 6º fomos a piragüismo: Un ano máis continuamos co proxecto “Xogo limpo” No 2º e 3º ciclo tamén nos divertimos coa ciencia Os de 2º ciclo descubrimos o Museo de Pontevedra
  • 7. Páxina 6 2012/2013, na memoria Este ano todo o centro decidimos disfrazarnos no entroido de pobos e civilizacións, e os resultados foron incribles. Que vos parecen?
  • 11. Páxina 10 2012/2013 , na memoria III DÍA DA CIENCIA EN GALEGO Un ano máis sumámonos dende o noso centro a esta efeméride que promove a Coor- dinadora de Equipos de Normalización Lingüística xunto a outros colectivos pe- dagóxicos da área científica. Neste curso a celebración foi o martes 6 de novembro, baixo o lema: “A tecnoloxía fala galego”, centrándose ademais na divulgación do legado dos científicos Leonardo da Vinci e Ramón Verea. Ademais, dende a Coor- dinadora organizouse unha videoconferencia na que destacados investigadores gale- gos da Universida- de de Santiago de Compostela desti- nados en distintas Universidades do mundo divulgaron temas de interese curricular para o noso alumnado e falaron sobre os proxectos científi- cos que desenvol- ven na actualidade. En particular, Car- los Salgado (Departamento de Física de Partículas Instituto Galego de Física e Altas Enerxías) e Abraham Gallás (Investigador Ramón y Cajal do Departamento de Físi- ca de Partículas da USC) falaron sobre os experimentos do LHC no CERN, onde levan máis de dous anos de toma de datos. Neste proxecto internacional traballan físicos galegos que colaboran con colegas de todo o mundo nun contexto multilin- güe. Moitos deles utilizan o noso idioma para realizar parte do seu traballo, tanto no contexto informal de discusións entre eles, como para a realización de traballos científicos (teses e teses de mestrado) así como na docencia e a divulgación científi- ca. Nesta videoconferencia estes investigadores espallados polo mundo que participan nos experimentos do LHC contáronnos a súa experiencia científica.
  • 12. Páxina 11 2012/2013 , na memoria NADAL 2012 Aínda que non co- memos as uvas aquí, si celebra- mos outra volta a chegada do Nadal. Dende o Equipo de Normalización este ano mantive- mos a actividade dos Cantos de Reis polas aulas. O alumnado da ESO volveu coller os instrumentos, afi- nou as cordas vo- cais e ensaiou dous cantos ben diferentes entre si pero igual de divertidos para festexar polas aulas do centro o final do primeiro trimestre. Este ano escollemos unha canción do Xabarín Club, “Animal Nadal”, e outra do grupo Mal- vela, “Os reises do Quiquiriquí”, para a actua- ción. Disfrazámonos de distintos animais: ga- liñas, galos, vacas, cans e incluso alieníxenas, e puxemos as gorxas á obra. Na foto de arri- ba podedes vernos en plena acción. Pero non quedou aí a cousa… A profe Patri- cia tivo a idea de facer este ano unha árbore para decorar o centro na que se reutilizasen CD en desuso, así que puxémonos en todas as aulas ao traballo de decoralos e incluír frases ou palabras que expresasen unha idea relacio- nada coa chegada do novo ano. Na foto vedes como quedou finalmente
  • 13. Páxina 12 2012/2013 , na memoria EXCURSIÓN A CANTABRIA, 2º ESO O martes 2 de abril un grupo de 16 rapaces/ as do CPI de Pontecesures xunto a outros 12 do IES de Valga saímos de excursión a Cantabria. A vila pesqueira de Cudillero foi a nosa primeira parada. Alí puidemos admirar a beleza da disposición das casas encaramadas na ladeira dunha montaña que remataba no mar. O porto pesqueiro, as cores das fachadas, as tendas turísticas das rúas... fan de Cudillero un enclave que merece a pena visitar. Logo dirixímonos ao Santuario de Covadonga, onde fixemos unha foto de grupo a carón dunha fermosa fervenza. Rematamos o día instalándonos no albergue Max de Entrambasaguas, ás portas dos Picos de Europa. As instalacións eran aceptables pero o que nos chamou a atención era a hora da cea: ás 20 hs!, o que nos facía levantarnos pola noite a comer lambetadas. Ao día seguinte tocaba visitar o lugar máis esperado da excursión: o Parque Natural de Cabárceno, onde vimos moitas especies de animais salvaxes, algún deles en posturas un pouco comprometedoras, quizais demasiado íntimas... Chamounos a atención a extensión de terreo que tiña cada grupo de animais con respecto a un zoo clásico. Sirva como exemplo que os elefantes dispuñan de 25 hectáreas. Pola tarde visitamos Santander, onde tivemos un tempo libre para percorrer a cidade e tamén a Isla de la Magdalena, na que había leóns mariños, focas e pingüíns. Pola noite, viñeron uns rapaces canarios aos que lles chamaba a atención que nós falásemos en galego: como se fósemos doutro planeta! O xoves foi un día dedicado a visitar a montaña cántabra: o teleférico de Fuente De, o santuario de Santo Toribio de Liébana e a vila turística de Potes. Nunca viramos tanta neve, polo que a experiencia foi incrible. O último día suspendeuse a visita as covas de El Soplao, debido a que nevaba demasiado e era perigoso. Finalmente regresamos con tristeza e coa sensación de que a excursión se fixera demasiado curta. Quen nos dera repetir e, a ser posible, cos mesmos compañeiros/as de Valga cos que fixemos moita amizade. Alumnado de 2º ESO Curso 2012/2013
  • 14. Páxina 13 2012/2013 , na memoria ANDORRA 2013 O día 2 de febreiro ás 23.00 comezou a nosa intrépida aventura. Reunímonos todos na entrada do colexio para esperar o autobús que nos levaría a Andorra. Esperamos ansiosos a súa chegada para coñecer por fin aos nosos compañeiros de viaxe. Connosco viñan os colexios de Barrantes e Meaño. Nós eramos o grupo menos numeroso, tan só dez, pero iso non trouxo ningún problema. Durante o traxecto de ida fómonos coñecendo mellor. Unha vez alá asignáronnos as nosas habitacións e os nosos equipos de esquí. Ás 7:00 soaba o espertador que nos anunciaba o comezo doutro marabilloso día. Logo de almorzar, o autobús levábanos ás pistas, onde máis dun caía aparatosamente. Despois de recibir as clases de esquí, comiamos no restaurante de alí. Cando rematabamos tiñamos unhas horas de esquí libre, e ás 18:00 regresabamos ao hotel, onde, logo dunha ducha, nos adicabamos a percorrer as habitacións dos nosos compañeiros/as para coñecernos mellor... O xoves foi o único día que non puidemos subir ás pistas porque estaba caendo unha das maiores nevaradas que se recordaban en Andorra nos últimos trinta anos. Este pequeno contratempo non nos impediu divertirnos, xa que estivemos pelexando coa neve e facendo concursos de bonecos de neve entre os tres colexios que participamos na actividade. Este mesmo día, á tardiña, fomos a Caldea. Alí relaxámonos nas piscinas exteriores á luz das estrelas e máis dun saíu enrugado da sauna. Sen dúbida este foi un dos mellores lugares nos que estivemos. O venres á noite tivemos que devolver os nosos equipos de esquí e despedirnos dos nosos apartamentos (aos que lles collemos moito cariño, sobre todo ao microondas...) Collemos o autobús e emprendemos o camiño de regreso facendo paradas puntuais. Cando estabamos chegando, comezaron a brotar as primeiras bágoas e, unha vez en Pontecesures, todos rompemos a chorar na despedida. Fixemos unha foto no colexio como último recordo e dixémoslles adeus aos nosos compañeiros/as con bágoas nos ollos. Sen dúbida foi a mellor excursión que tivemos dende que estamos no CPI e que nos será imposible esquecer, xa que foi unha semana incrible con persoas impresionantes ás que non poderemos esquecer e coas que seguimos en contacto a día de hoxe. Finalmente, queremos dedicarlle esta crónica aos nosos amigos de Meaño e Barrantes aos que non esqueceremos xamais. Tamén lle agradecemos a Felipe o esforzo realizado para levar a cabo esta actividade. Podes consultar a memoria da actividade así como moitas fotos se premes no enlace: www.blogoteca.com/trasnoparoleiro/ index.php?cod=121805 Alumnado de 3º ESO
  • 15. Páxina 14 arredor de nós OS NENOS/AS DE TRES ANOS TRABALLAMOS O TEMA DOS ALIMENTOS E UN DÍA PREPARAMOS UNHA MACEDONIA DE FROITAS NA CLASE
  • 16. Páxina 15 arredor de nós ELABORACIÓN: TODOS AXUDAMOS A PARTIR A FROITA EN CACHIÑOS. FIXEMOS ZUME DE LARANXA E BOTÁMOSLLO ÁS FROITAS CO AZUCRE. TODOS PROBAMOS UN POUQUIÑO, MESMO OS QUE SOMOS MÁIS REMISOS A PROBAR SABO- RES NOVOS.FOI UNHA EXPERIENCIA MOI POSITIVA QUE VOLVEREMOS RE- PETIR
  • 17. Páxina 16 arredor de nós OS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS “VIAXAMOS” POR DIFERENTES CIDADES DE ES- PAÑA. CANDO CHEGAMOS A BARCELONA QUIXEMOS PROBAR O SEU PRATO TÍPICO: O PAN TUMACA. ASÍ QUE NOS PUXEMOS MANS A OBRA.
  • 19. Páxina 18 arredor de nós OS ALUMNOS DE 5 ANOS ANDAMOS VIAXANDO POLO MUNDO ADIANTE; COÑE- CENDO DIFERENTES PAÍSES, OS DIFERENTES COSTUMES, OS SEUS MONUMENTOS, A SÚA ARTE, A SÚA MÚSICA… E TAMÉN A SÚA COMIDA. PERCORREMOS OS CINCO CONTINENTES, E EN AMÉRICA DO NORTE, VIAXAMOS A EE.UU. NA MESMA CIDADE DE NOVA IORK DECIDIMOS PROBAR UNHA SOBREMESA MOI GALDRUMEIRA: OS BROWNIES. MANS Á MASA! RECEITA: 1 FUNDIMOS O CHOCOLATE 2 ESCACHAMOS OS OVOS 3 PESAMOS O AZUCRE
  • 20. Páxina 19 arredor de nós 4 BOTÁMOSLLE O LEITE: 5 E REMEXEMOS TODO... 6 ENGADIMOS O CHOCOLATE FUNDIDO “BATE QUE BATE O CHOCOLATEEEEEE…” 7 PESAMOS A FA- RIÑA 8 BOTÁMOSLLE A LEVADURA 9 E DE NOVO A REMEXER 10 VERTEMOS TODO NO MOLDE E 5 MINUTIÑOS AO MICROONDAS E A COMEEERRRRRR
  • 21. Páxina 20 arredor de nós Os nenos e nenas de 4º B de E.P aproveitamos a celebración das Letras Galegas deste ano para amosarvos na revista escolar una experiencia de aula relacionada coa ciencia. De coma unha semente se tranforma nunha planta que dá un froito que contén sementes…. Fixemos unha animación fotográfica do proceso. Se queres vela, preme no enlace: http://animoto.com/play/y61LTGbEuGCbs2usW08DBw
  • 22. Páxina 21 arredor de nós QUERES SABER ALGO MÁIS SOBRE 5º B? . Que o colexio é algo máis que ler, escribir, multiplicar ou dividir non é nada novo. No colexio ante todo hai persoas; persoas con desexos, con inquedanzas, con vidas e familias moi diversas, con personalidades e caracteres diferentes. No colexio os nenos aprenden a convivir, a relacionarse, fan amizades, teñen conflitos que deben aprender a resolver. Aprenden a negociar, a respectar as distintas opinións, a loitar para acadar as súas metas, a xogar. Tamén a expresar emocións, a saber escoitar, a opinar, a amosar os seus puntos de vista. O colexio tamén é un bo lugar para aprender a asimilar os pequenos “golpes”, a recompoñerse e seguir adiante. O que pretendo con estas verbas non é máis que humanizar a figura do alumno e mesmo dos demais membros da comunidade educatica. A través destas imaxes e deste vídeo (poderédelo ver na edición dixital) gustaríame poñerlle cara a ese alumnado, que ás veces semella ser tan só un conxunto de cifras e cualificacións nun papel, pero que é, sen dúbida, moito máis. Para intentar achegar aos lectores o que pode ser a “vida” dentro dunha aula de primaria, ocorréuseme coller o teléfono móbil, acender a cámara e que cada un dos alumnos de 5ºB se presentasen e me contasen un chisquiño deles, sen máis pretensións. Non quixen que fose algo guionizado, nin preparado de antemán. Aviseinos un pouco antes,
  • 23. Páxina 22 arredor de nós sen tempo para artificios de máis. Eles mesmos se distribuíron en grupos, segundo afinidade ou gustos. Simplemente lles organicei minimamente o espazo e animeinos a falar. Só se fixo unha vez, porque a idea era precisamente esa; que fose espontáneo, sen cortes, sen repeticións, incluso con fallos ou risos, coa cámara do móbil cambiando de man, como podería telo visto calquera persoa “in situ”. Loxicamente, estaban un tanto “cortados” ante tal proposta, sen saber moi ben o que sairía e coa intimidación de ter unha “cámara” diante. Desta vez non quixemos participar na revista con traballos de clase, nin con actividades extraescolares, nin recordando algunha efeméride. Quixen amosar aos nenos de “carne e óso”, tal e como son e tal e como se ven eles mesmos. Espero que esta pequena gravación sen pretensións, consiga achegar ao lector ao día a día dos alumnos de primaria. Disfrutade deles! Fran, titor de 5º B PREME NA LIGAZÓN E NÓS MESMOS CHO CONTAMOS: www.youtube.com/watch?v=HzYnjkCOlRA&feature=youtu.be
  • 24. Páxina 23 arredor de nós 2ºA OS MELLORES DO MUNDOMUNDIAL GÚSTANOS: A UXÍO ir a natación e nadar cara atrás, rímonos moito con el. CARMEN quere ser mestra de matemáticas e no seu tempo libre xoga ao baloncesto. ADRIANA bailando ballet é como mellor o pasa e xogando coas súas bonecas.
  • 25. Páxina 24 arredor de nós MARI CARMEN ten moitas amigas e con elas é moi boa. MATEO ten unha irmá moi guapiña “Martina” pero prefire estar no parque. BRAIS F. é feliz comendo salchichas e hamburguesas mentres ve a tele. AINHOA métese coas súas irmás (Pati e Ligia) porque elas fana rabear. XOANA quere moito á súa prima Matilda e encántalle estar con ela. A ELIANA gustaríalle ir patinar tódolos días e xogar máis co seu irmán Saúl. HUGO tamén está contento xogando coa súa irmá Alba e vendo a tele. BRAIS C. quere ser veterinario para coidar do seu can Soni. RAÚL gústalle xogar ao fútbol, ás veces é porteiro, métenlle goles.
  • 26. Páxina 25 arredor de nós ÁNXELA vai ser pintora, gústalle xogar ao “pillapilla” con Uxía. IAGO é moi boiño, ten moitos amigos e todos o pasan moi ben con el. MARTÍN morre polo fútbol e quere moitísimo ás súas vaquiñas. SOMOS OS SUPERNENOS E SUPERNENAS DE 2º A PONTECESURES
  • 27. Páxina 26 onde o mundo se chama Pontecesures UN OFICIO CON MOITA TRADICIÓN Chámome Verena Vieites Fernandes. A miña familia dedícase á venda de churros na churrer- ía "LA CESUREÑA", dende hai catro xeracións, cando comezou a miña tataravoa Luísa. Ela, á parte de ser a pioneira na miña familia, tamén o foi en Pontecesures e arredores. Houbo épocas mellores, pero agora coa crise e co explotado que está o negocio xa non se gaña tanto coma antes. Na actualidade nós vendemos por mercados e romarías en: Vilagarcía, A Estrada, Melide, Padrón, Caldas, Forcarei, Lalín, etc. Traballamos os luns, martes, mércores, sábados e do- mingos. Tamén, algún xoves e venres que nos cadre. Acostumamos traballar dez horas aproximadamente. Tárdase sobre vinte minutos en montar un posto de churros. Para preparar a masa, o primeiro que hai que facer é quentar a fariña (se vai frío) senón non fai falla. Mentres peneiras a fariña, pos a ferver a auga e bótaslle un cacharriño de sal. Des- pois, cando a auga fer- va, bótaslle a fariña e coa pa, amasas. Logo a masa métela no molde e vas cortando os chu- rros (o aceite ten que estar ben quente, senón saen aceitados) e, cando estean ben torradiños, bótanse na bandexa. Así xa están listos para a venda. Ademais dos churros normais, tamén se ven- den churros de choco- late, porras de crema e roscas. Á miña avoa, actual xefa, gústalle moito o oficio porque lle en- canta tratar coa xente, coñecer novos sitios e ata lle gustan os madrugóns que se ten que pe- gar. A min en cambio non me agrada nada porque hai que levantarse moi cedo, e é un traba- llo moi duro para calquera rapaz. Verena Vieites Fernandes 2º de ESO Curso 2012/2013
  • 28. Páxina 27 onde o mundo se chama Pontecesures A FEIRA DO AUTOMÓBIL No ano 1925, un grupo de amigos e veciños de Pontecesures comezaron a pensar na idea de levar a cabo unha feira do automóbil. Esta idea naceu porque nas feiras de cabalos que daquela se celebraban pola zona, no medio dos animais, expoñíase algún vehículo para a súa venda. Daquela, se había feiras de cabalos, que eran o medio de transporte da época, por que non podía haber feiras de automóbiles, que xa comezaban a verse nas estradas? Con este pensamento os señores Eugenio Escuredo e Salvador Sierra viaxaron a Alemaña, onde se celebraba unha feira do automóbil. Cando regresaron, informaron aos seus compañeiros do que viran e puxéronse a traballar. Durante 3 días a feira recibiu máis de 10.000 visitas. Había expostos 598 vehículos e o valor do material superaba os 5 millóns de pesetas da época. Como tivo tanto éxito, a feira celebrouse de novo en 1926. O responsable de celebrar a Feira Do Automóbil na actualidade é Antonio Ferro, o presidente da Asociación. Alba, Ángela, Aharón, Borja, Jacobo e Iria. 1º ESO CURSO 2012/2013 O Coche de PedraO Coche de Pedra O coche de Pedra é un monumento situado na rúa San Lois, en Pontecesures. Inaugurouse no 1985 en conmemoración da I Feira do Automóbil celebrada en España, que tivo lugar neste pequeno concello o día 27 de Xuño de 1925. O monumento é unha répli- ca do primeiro coche que circulou por Galicia coa matrícula PO-2. Nel aparecen reflectidos os nomes de todas as persoas que contribuíron á celebración daquela feira. Dous deles foron Carlos Maside, o famoso pintor, e o escritor Castelao. O actual coche é de pedra, pero o monumento orixinal era diferente. Fíxose unha reconstrución en pedra para poder con- servalo mellor e para que non se deteriorase. Ligia, José Jaime, Claudia e Micaela, 1º ESO
  • 29. Páxina 28 onde o mundo se chama Pontecesures ENTREVISTAA D. ANTONIO FERRO, RESPONSABLE DA ORGANIZACIÓN DA FEIRA DO AUTOMÓBILANTIGO E DE OCASIÓN DE PONTECESURES O día 11 de abril contamos coa oportunidade de conversar no noso centro con D. Antonio Ferro, a per- soa que se responsabiliza da organi- zación desta feira nos últimos anos, un labor que require tempo e esforzo pero que tamén esperta o entusiasmo de quen, a pesar das dificultades destes tempos de austeridade, aínda non perdeu a motivación necesaria para que esta celebración xa clásica en Pontecesures siga adiante. 1. Dende cando é vostede o organizador da Feira do automóbil e cales fo- ron as motivacións que o levaron a poñerse á fronte deste evento? Pois levo xa nisto sete anos. Todo partiu da miña afección por coleccionar motos antigas. A través dese interese meu, entrei en contacto con outras persoas da vila e de fóra dela coas mesmas inquietudes. Por iso, un ano xurdiu a idea, falando entre nós, de rescatar aquelas an- tigas feiras do automóbil tan nomeadas que se fixeran en Pontecesures. 2. Cal das feiras garda con mellor recordo? Pois quizais a primeira, porque ten un valor sentimental e simbólico, polo esforzo que su- puxo e a motivación que tiñamos todos en levala adiante. Non me refiro a que tivese máis éxito comercial ou actividades máis destacadas, senón polo entusiasmo que espertou en nós. Tamén foi cando se fixo a réplica do monumento do automóbil De todas formas convén lembrar que nós quixemos homenaxear aquela serie das catro feiras iniciais (1925,1926,1950 e 1954), que tiveran tanto éxito de público. Daquela tede en conta que Renfe poñía trens especiais dende Vigo e A Coruña para a Feira do Automóbil de Ponte- cesures. Nalgún xornal da época chégase a falar de 100.000 visitantes nalgunha delas, qui- zais esaxeradamente, pero en todo caso si que conseguiran converter isto nun evento moi im- portante para un concello que acababa de crearse, porque antes de 1925 Pontecesures aínda pertencía a Valga.
  • 30. Páxina 29 onde o mundo se chama Pontecesures 3. Por que tivo tanta repercusión esta feira, logo? Porque decatádevos de que daquela, en 1925, circulaban moi poucos coches aínda. Quizais podía pasar pola estrada xeral un pola mañá e outro pola noite. Imaxinade o que foi para a xente da época ver aparcados 400 ou 500 coches no peirao de Pontecesures 4.Canto custa organizar a feira e conta co apoio económico dalgún organismo oficial ou privado? A deste ano ten un custo moi baixo. A nosa previsión inicial era levala a cabo en maio, coma sempre, e que se situase na zona do porto de Pontecesures, como era tradicional. Pero este ano había que reducir moito o orzamento e montala alí supoñía contratar unha carpa, que encarece moito, ademais de pagarlle á Autoridade Portuaria unha taxa similar á que nos cobrou o ano pasado simplemente por utilizar uns terreos que son da súa xurisdición (1907 euros), cantidade que nos pareceu desorbitada. Por iso decidimos celebrala nos terreos do recinto escolar e no pavillón de deportes, para evitar estes gastos. O que máis vai custar este ano son os anuncios da feira en revistas especializadas. En canto a apoios económicos, contamos de momento só co Concello de Pontecesures. Tamén lle solicitamos a La Caixa a súa colaboración, pero aínda non está confirmada. Logo hai a colaboración persoal de moitos particulares que axudan na organización do evento. 5. Que ten que facer para conseguir que traian tantos vehículos antigos? Simplemente contactar coas persoas que teñen eses vehículos, con asociacións vinculadas con este mundo e convencelos para que participen, ben para expoñelos ou ben para vendelos. 6. Que actividades vai haber este ano? Vai haber vehículos aparcados no recinto escolar e no pavillón estarán os recambios, accesorios e produtos á venda. Tamén uns paneis que explican a historia da feira. Pois moitas grazas por concedernos esta entrevista e desexámoslle que esta feira sexa un éxito. Grazas a vós por interesarvos por esta celebración. Iván, Álvaro, Jennifer, David García 1º ESO, Curso 2012/2013
  • 31. Páxina 30 onde o mundo se chama Pontecesures O RÍO ULLA O río Ulla nace en Olveda (Antas de Ulla). Ten unha extensión de cunca de 2764 quiló- metros cadradros. É a segunda máis impor- tante de Galicia despois da do Miño. Desem- boca na ría de Arousa e percorre as provin- cias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. Este río só ten un encoro: o de Portodemouros, construído no ano 1967. Atópase entre os conce-llos de Arzúa e Vila de Cruces, ade- mais de asolagar terras dos concellos de San- tiso e Agolada. Entre os espazos naturais de maior interese paisaxístico, están as chamadas Torrentes de Mácara (no concello lugués de Palas de Rei), un tramo do río formado por moitas ferven- zas, pozas e rápidos nos que se celebra anual- mente un campionato ibérico de kaiak extre- mo e que forman un conxunto de grande be- leza. Ademais, ao longo do seu curso podemos go- zar de moitas praias fluviais como a de A- gronovo (situada no concello de Vedra), ou a de Vilarello (situada en Catoira). A parte destas praias, tamén é necesario des- tacar algún outro tramo do río, como as pes- queiras de Herbón, que están situadas no con- cello de Padrón. Estas pesqueiras, foron un sistema de pesca ideado polos romanos para atrapar aqueles peixes que quedaban nas re- des . Actualmente aínda se seguen utilizando para a pesca da lamprea.
  • 32. Páxina 31 onde o mundo se chama Pontecesures No río Ulla pódense practicar algúns deportes de especial interese. O máis destacado é o piragüismo. Hai un club situado en Pontecesures e outro no concello de Catoira. En canto ás especies de flora que nos atopamos nas beiras do río, debemos mencionar en primeiro lugar as árbores que forman o bosque de ribeira: ameneiros, salgueiros, freixos e carballos. No tramo final do río, preto da desembocadura, destacamos o carrizal, como o que hai no concello de Dodro. A vexetación do carrizal é variada: a espadana amarela, o fento real... Polo que respecta á fauna, as aves máis comúns destas zonas son: os corvos mariños, gaivotas, rascóns, ánades reais, galiñas de río, garzas reais, garzotas comúns... Entre as aves de rapina, os máis abundantes son os miñatos, xunto aos azores e os gabiáns. Tamén hai pegas, carrizos, lavandeiras, merlos acuáticos, martiños peixeiros, papuxas das amoras, etc... Estas variedades de aves, fan do río un paraíso para os seus observadores. Por suposto tamén hai anfibios como: os limpafontes, as salamántigas, as ras, os sapos e as serpes de auga. Tamén hai especies en perigo de extinción por culpa da contaminación, como a náiade ou mexillón de río, un molusco cunha forma semellante ao dun mexillón ou a unha grande ameixa de mar. Ademais, a toupa de río, un pequeno mamífero semiacuático que habita nas ribeiras e regatos do curso alto, tamén está en perigo. O río Ulla actualmente está contaminado pola acción de moitas empresas e antigas explotacións mineiras a ceu aberto que verten residuos nos seus afluentes. Pero non só se contaminan as augas polos residuos das industrias, senón tamén polas augas “sucias” que proveñen das nosas casas. No río hai varias especies invasoras que alteran o ecosistema, por exemplo: os eucaliptos, especies de árbores típicas de Australia que se adaptaron moi ben ao noso ecosistema húmido, o que fai que crezan moi rápido e as robinias, árbore coas follas de cor verde amarelentas . Hai un proxecto que se chama Margal Ulla, que consiste en mellorar o contorno sen ser alteado polo home, para que así as especies que habitan nel poidan levar unha mellor vida. Podedes consultar máis sobre este proxecto no enderezo: http://margalulla.xunta.es/es Sofía , Lorena, Raquel, Manuel, David Bernal, Fernando, Xenxo 1º ESO, Curso 2012/2013
  • 33. Páxina 32 onde o mundo se chama Pontecesures COÑECEMOS O CAMIÑO Durante o primeiro trimestre deste curso os nenos e nenas de 4ºA estivemos traballando e aprendendo máis cousas sobre o Camiño de Santiago e, sobre todo, do Camiño Portugués que é o que pasa polo noso concello. O primeiro que fixemos foi ler información sobre distintos aspectos do Camiño de Santiago: orixes históricas, os distintos camiños a Santiago, a vestimenta do peregrino medieval e ac- tual e os símbolos e sinais do camiño. Logo afondamos na información máis concreta do Ca- miño Portugués: as etapas deste camiño, lendas relacionadas co apóstolo Santiago, outras lendas do camiño e rematamos coa gastronomía do camiño portugués. Nas clase de plástica fixemos dous murais, un dun peregrino medieval e outro dun actual. Fomos de visita ao albergue de peregrinos de Pontecesures, onde nos puxeron o primeiro se- lo na nosa credencial:
  • 34. Páxina 33 onde o mundo se chama Pontecesures Tamén fixemos un tramo do camiño andando: Dende Pontecesures a Padrón. Alí vimos o Pedrón na Igrexa de Santiago. Incluso tivemos forzas para volver ata Pontecesures tamén andando. Na biblioteca, un técnico do Xacobeo deunos máis información e proxectáronnos un vídeo sobre o camiño. Finalmente fixemos o camiño portugués de forma virtual, é dicir, fixemos as 6 etapas que hai dende Tui ata Santiago. Para conseguir selar a credencial tiñamos que ir superando unha fi- cha por cada unha das etapas (algunhas eran fáciles, pero outras non o foron tanto). Ao con- seguir selar a credencial en todas as etapas conseguimos a nosa Compostela, que é o diploma que lle dan aos peregrinos que fan o camiño. Agora, se queres, podes entreterte un pouco facendo a seguinte proba: Busca na sopa de letras 8 partes da vestimenta do peregrino medieval. ........................................................ ........................................................ ........................................................ ........................................................ ........................................................ ........................................................ ........................................................ ........................................................ Consulta o noso traballo no seguinte enderezo: www.blogoteca.com/trasnoparoleiro/index.php?cod=121804 Tamén podes ver o seguinte vídeo no enlace: www.youtube.com/watch?v=l9KNKBeCxuQ Alumnado de 4º A de Primaria E S P O R T A S C I N S O B D Q R Z A U M O C I L G B R B M R M A L F O R X A S T B N M A L E S Z U U R I C A V B N A O O E T O T H I D Ñ F V I E I R A P N V L D R Ñ T U N I C A D B O R D O N H S U C Solucións:Alforxa,bordón,cabaza,esclavina, esporta,sombreiro,túnicaevieira.
  • 35. Páxina 34 onde o mundo se chama Pontecesures OS CLUBS DEPORTIVOS DE PONTECESURES C.B. RÍO ULLA Foi creado por uns Mestres do colexio CPI Pontecesures: Manuel Amoe- do e Xosé Ramón Martínez, na tempada 1985-1986. Neses principios o club trasladouse durante catro anos a Padrón. Tras quince anos de vida, no 2001, o C.B. Cesures e o C.B. Valga uníronse para facer un equipo máis sólido e con máis medios. Actualmente, o club conta con máis de 100 xogadores federados, 9 equi- pos e 7 adestradores. Ten arredor dos 150 socios, entre eles Andrés Quintá, presidente do Extrugasa, que colabora co club C.B. Río Ulla. Entre estes socios tamén se encontran moitos dos pais e nais dos xogado- res/as, entre eles a súa presidenta Mónica Espa- das, que colaboran en gran medida para que este proxecto se faga realidade ano tras ano. Por último, facemos unha mención especial a unha destas persoas que comezou co traballo desde o principio e fai posible que este club si- ga cara a adiante, “Fruqui”, que comezou como xogador, logo como adestrador e finalmente como peza clave da directiva. ULLA C.F. Este club de fútbol comeza unha nova etapa no ano 2012 grazas ao esforzo dun grupo de pais e nais de Pontecesures que na súa maioría tamén forman a directiva deste club e que fixeron posible que os nenos/as e veteranos da vila teñan a posibilidade de practicar o seu deporte preferido, o fútbol. Entre eles está o seu presidente Ricardo Somoza “Richard”. Este club ten a súa sede na cima do histórico barrio do Porto, en Pontecesures, e alí mesmo está situado o campo de herba sintética chamado “ Ramón Dié- guez”, onde se celebran durante a semana os numerosos adestramentos e a fin de semana as diferentes competicións. O club conta con numerosas categorías inferiores que compiten nas categorías de Pre-Benxamín, Benxamín A e B , Alevín, Infantil e Cadete, que fan posible que de- cenas de rapaces de Pontecesures practi- quen deporte. O club tamén conta cun equipo federado de veteranos que compite na máxima categoría.
  • 36. Páxina 35 onde o mundo se chama Pontecesures CLUB NÁUTICO PONTECESURES Este club é tamén un histórico desta vila que ten moitas historias e conseguiu os logros deportivos máis importantes desta vila no deporte do piragüismo. O presidente deste club que fai posible todo isto é Ángel Barreiro que fai un gran labor neste mítico club náutico xunto a diversos adestradores como po- de ser Javier Bouzas. Este presidente e os diversos adestradores levan moitos rapaces da vila de Pontecesures e de vilas e ciudades dos arredores. Incluso moitos destes rapa- ces deste club náutico pasan a formarse máis profesionalmente no piragüismo no Cen- tro de Alta Tecnificación de Pontevedra. Os rapaces que forman parte do club son de moitas categorías (infantil,cadete, xu- venil …) teñen diversas actividades e participan en moitos campionatos impor- tantes como: probas do calendario galego e español como regatas copa de España, Campionato de España de pista, Mara- tóns,Travesías, Ascensos e Descensos da Copa de España. OS CLUBS NO CPI DE PONTECESURES O labor destes tres clubs a nivel educativo e formati- vo é moi importante dentro do concello de Pontece- sures e arredores xa que lles facilita aos nenos/as a posibilidade de practicar diferentes actividades físi- cas que axudan á súa formación física e tamén á súa formación como persoas. Dende o colexio téntase dirixir aos rapaces cara a es- tas propostas deportivas e colaborar o máximo posi- ble con estes clubs, realizando diferentes actividades dentro e fóra do colexio como poden ser: xornadas de iniciación ao piragüismo no club náutico de Pontece- sures, campionatos e torneos de baloncesto e fútbol sala a nivel centro para promocionar a práctica destes principais deportes locais. Traballo realizado polos mestres e alumnos/as de 5ºA
  • 37. Páxina 36 as musas tamén sentan en pupitres Os alumnos de terceiro A de primaria ao longo do curso elaboraron unha se- rie de poesías.
  • 38. Páxina 37 as musas tamén sentan en pupitres
  • 39. Páxina 38 as musas tamén sentan en pupitres O AMOR O amor é belo, o amor é triste, e ao ser belo e triste o amor existe. A min gústame o amor, pode que a ti tamén e fará moito calor se os dous temos ilusión. (Estela) O AMIGO XOÁN Debuxo un gato na area á beiriña do mar. a onda xigante alcánzao, o gato ri e rasca a panza. No patio xogo, xogo e pásoo moi ben cos meus amigos divírto- me e eles tamén. (Luismi) NO PATIO No patio do colexio xogo coa miña amiga, xogo todo o tempo e fágolle cosquillas. Animo ao meu primo cando xoga un partido sempre acaba gañando é o mellor do equipo. (Noelani) O COLEXIO No patio xogo, xogo, encántame o balón ata que me canso e vou para a casa. En Informática xogo divírtome un montón, co meu ordenador son un campeón. (Borja) O FÚTBOL No fútbol se gaña e se perde nós gañamos contra o Conxo. Perdemos na casa e non temos copas, hai que xogar limpo e non enfadarse. (Ángel) A ESCOLA Eu vou á escola e sempre o paso divertido xogo cos meus amigos eso está sabido. Pola tarde como, fago os deberes, vexo a tele e vou para os xoguetes. (María) O COLE O cole é o meu lugar favorito, nel podo aprender e é divertido. Fago contas e escribo moito cos meus amigos xogo e ríome sempre. (Amélie) A BOLBORETA A bolboreta voa e voa sen deixar rastro coas súas ás voa A bolboreta sobe e sobe ata chegar á primeira nube. (Icíar) DONA XOANIÑA Dona xoaniña foi ao prado entretívose moito e esqueceu o recado. A pobre xoaniña marchou a voar contenta quedou e volveu ao seu fogar. (Rubén) UN BICHIÑO Aquí hai un bichiño alongadiño e grandón, vive nunha col co seu amigo caracol. Os dous xogan moi ben xuntos axúdanse como insectos moi amiguiños. (Samuel) XOANIÑA Xoaniña, xoaniña ven aquí teño unha sorpresa para ti. Teño un vermiño que che vou ensinar un vermiño para ti que che vai gustar. ( Nerea) O MEU ORDENADOR No meu ordenador xogo ao tren. xogo, xogo e xogo e o fago moi ben. Eu xa sei xogar porque aprendín en informática xunto a un xardín. (Cristina) A ESCOLA Eu veño ao colexio todos os días, traio a merenda que marabilla! Somos quince na clase nove nenas e seis nenos, pero cando soa o timbre xogamos todos xuntos. (Carla) XOANIÑA Había unha vez unha xoaniña que se chamaba Maruxiña. Era moi bonita aquela xoaniña era tan pequeniña esa xoaniña. (Julián) VERÁN Un día de verán casan dous tabáns. María e Xoán casan en Tatabán. Teñen seis padriños para cinco fillos moi espabilados e tamén moi listos. (Paula)
  • 40. Páxina 39 as musas tamén sentan en pupitres
  • 41. Páxina 40 as musas tamén sentan en pupitres
  • 42. páxina 41 os andeis do maxín XOCAS E O PENDENTE DE FREDDY KRUEGER Freddy Krueger estaba en paro e necesitaba traballo. Dende que as súas películas non tiñan éxito, non tiña nin para comer. Camiñando pola rúa caviloso, fixouse nun pequeno anuncio que había no taboleiro da rúa Deputación, nunha pequena vila chamada Pontecesures. Entre as ofertas fixouse nunha que pedía un xardineiro con experiencia para o concello. Esa mesma mañá acudiu ás oficinas de emprego municipais. Cando a funcionaria o viu, sorriu con satisfacción. - Por fin me van agradecer algo os do grupo de goberno. Ti es a persoa que estabamos buscando. Non temos nin un peso para comprar as tesoiras de podar e ti xa as traes incorporadas. Quedas contratado! Freddy sorprendeuse do fácil que fora conseguir o traballo. Non estaba mal, pero aos tres días xa lle parecía aburrido. Decidiu no tempo libre ir xogar ao 3×3 cos rapaces. Eles aceptárono porque non tiñan porteiro. Na primeira parada xa pinchou o balón, así que decidiu facer o seguinte saque cunha pedra que había alí, coa mala sorte que lle deu a un rapaz na cabeza. Freddy foi a toda présa, colleuno e levouno aínda inconsciente ao centro de saúde. Alí puxéronlle unha venda, e, despois dun anaco, recobrou o coñecemento. Freddy desculpouse e preguntoulle se quería ir a Padrón. Alí había festa, pois era Pascua e había atraccións. O rapaz aceptou, así que colleron o primeiro autobús que levaba a Padrón. Cando chegaron, Freddy non se decatara de que non sabía o nome do rapaz. Preguntoullo e o neno, sorrindo, contestoulle que Xocas. A Xocas gustáballe moito xogar na tómbola, así que decidiron probar fortuna. O que gañase, tocáballe unha minimoto, pero eles non tiveron sorte e non lles tocou. Como Xocas empezou a poñer cara triste, Freddy saltou por riba do mostrador e montou na minimoto. Pero non tiña gasolina. Entón, alporizado, cortou coas coitelas varios premios e empezaron a correr. Xocas tropezou cunha pedra e caeu. Freddy ía atrás e, como camiñaba mirando a ver se os perseguían, tropezou co rapaz e caeu enriba del furándolle a orella. Xocas empezou a chorar. Freddy colleu un pendente que levaba e, como o rapaz sangraba, púxollo a ver se así se detiña o fluxo de sangue. Xocas calou mais, ao ver o sangue, esvaeuse de novo. Cando espertou e se viu na cama, recapitulou todo o que pasara e pensou que fora un soño. De súpeto, lembrouse da película que vira o día anterior: a de Freddy Krueger, e decatouse que nela, todo o que se soñaba, se facía realidade. Asustado saltou da cama e foi ao baño. Acendeu as luces e mirouse ao espello. Tiña un pendente na orella dereita con forma de luvas con coitelas, e estaban asinadas cun F! Alumnado 2º ESO A- Candela Lafuente López
  • 43. Páxina 42 os andeis do maxín O CAMBIO DE FRANKENSTEIN -Canastra do "lume prometeo"- Di o locutor de radio. Frankenstein está vendo un partido de baloncesto no que xoga o seu ídolo Prometeo. Frankenstein adórao moitísimo e gustaríalle ser coma el; pero Prometeo, a pesar de ser moi boa persoa, era moi feo, alto e descompensado. A pesar diso, Frankenstein someteuse a cirurxía estética para ser tan alto coma o seu ídolo; pero era moita altura a que lle tiñan que aumentar, así que tiveron que coserlle partes doutras persoas xa mortas. Tamén se someteu a unha operación para facer a súa cabeza máis grande e pálida, xa que Prometeo a tiña así porque non tomaba o sol. Unha vez rematada a recuperación, foi dar unha volta para ver como reaccionaba a xente ao velo e se de verdade a xente pensaba que se parecía a Prometeo. Algo así pasou: á xente non era que non se lle parecera ao xogador, senón que o confundiron con el! Querían autógrafos seus, os nenos e nenas desexaban facer fotos con el, pitábanlle os coches cando paseaba pola rúa... Pero pasaron os días e a xente decatouse de que Frankenstein era un impostor polo que todo o mundo o rexeitaba. Frankenstein non podía soportar o baleiro nin o dano que lle fixeran as palabras de resentimento de Prometeo nun programa televisivo, así que decidiu mudarse a Uganda. Alí, polo menos, ninguén o coñecía aínda que dende o primeiro día andou triste: non podía ver xogar ao seu admirado Prometeo. María Navarro Jamardo 2º ESO Curso 2012/2013
  • 44. Páxina 43 os andeis do maxín MICROCÁMARAS Estaba eu tan tranquila na miña habitación escoitando música cando, de súpeto, soou o teléfono móbil da miña nai. De alí a un pouco, veu ela moi ilusionada dicíndome que o meu tío Xoán viña á vila a pasar unhas pequenas vacacións. Eu non me alegrei moito, pois non o coñecía. A miña nai dicíame que era unha boa persoa, aínda que estivera no cárcere. Ela dicía que cambiara moitísimo. Esa mesma tarde fomos ao aeroporto, que estaba a tres quilómetros, a recollelo. Cando o vin por primeira vez, deime conta de que el aparecía nunha foto na casa da miña amiga Raquel. A súa nai e o meu tío saían nela. Decidín que llo preguntaría máis tarde. De entrada, pareceume moi simpático. Cando se achegou, deume unha bolsa de caramelos. Fixémonos amigos e non me separaba en ningún momento del. Un día decidín xogar aos espías, e perseguín ao meu tío por toda a vila. De repente, vin como se metía na casa da miña amiga Raquel forzando a porta. Decidín ir e ver o que pasaba. Entrei moi silenciosamente pola porta e atravesei o salón. O meu tío estaba colocando algo no marco que anteriormente dixera, na que saía el e a nai de Raquel, coa mala sorte que me viu. Veu correndo ata min e pregoume que non dixera nada. Pregunteille que facía e respondeume que estaba poñendo unha microcámara para vixiar á nai de Raquel. Explicoume que anteriormente, antes de que eu nacera, estaban namorados, pero cando entrou no cárcere deixoulle de falar e púxolle unha orde de afastamento. Díxome que seguía namorado dela, e que por iso poñía unha microcámara, para poder vela. Por iso non llo podía dicir a ninguén. Eu saín correndo da casa, e nun descampado preto de alí vin a Raquel e á súa nai paseando. Preguntáronme se estaba ben, que parecía preocupada. Eu saín correndo, sen dar ningunha resposta. Cheguei á miña casa e pecheime na miña habitación. Case non saía da casa, non quería volver ver ao meu tío. Xa pasaran algúns días e o meu tío Xoán xa marchaba da vila. Tiven que ir e despedirme del, non dixera nada aínda da microcámara, pero non podía máis. Conteillo todo á miña nai e chamamos á policía para que o detesen por entrar na casa de Raquel e poñer cámaras. Viñeron a por el e levárono. A miña nai díxome que fixera moi ben en dicilo, que algúns segredos se poden gardar pero outros non. Candela Lafuente López, 2º ESO
  • 45. Páxina 44 os andeis do maxín OS PALLASETES DA CLASE Nunha clase de 2º había tres nenos que soamente sabían facer o pallaso. A mestra e os demais nenos/ás, xa estaban máis que fartos. Entretiñan aos compañeiros, cando o que tiñan que facer era traballar (botaban peidos, colgábanse do canón, berraban, rompían cristais e facían o calzón chinés....). Toda a clase sabía as táboas menos eles, non sabían coñecemento, lengua, lingua, matemáticas..... non sabían nada, o único que sabían era facer “pallasadas”. As súas nais e os seus pais, decatáronse, enfadáronse e castigaron os nenos.... sen fútbol, sen consola, sen excursións, sen festa de cumpre e con moitos deberes… Daquela déronse conta de que facer pallasadas estaba mal porque non aprendían e quedaban atrás dos seus compañeiros así que empezaron a portarse ben. Polos pelos, non repetiron curso pero aprenderon unha boa lección: as pallasadas fanse nos circos. Nós fomos os autores deste conto. (2º A PRIMARIA)
  • 46. Páxina 45 os andeis do maxín FANTASÍA OU REALIDADE? Xoana ía xogando polo xardín cando de repente tropezou cunha pedra e caeu. Debido a isto, quedou profundamente durmida. Cando espertou, viu que estaba nun mundo distinto ao seu e pensou que tiña que voltar o antes posible. Preto dela apareceu un grilo que lle dixo: -Ola neniña! Ti non es de aquí, de Xúpiter, verdade? -Non, eu son da Terra-contestoulle Xoana moi timidamente. -Da Terra? Que nome máis estraño. E onde está iso?- preguntoulle o grilo. -A Terra, o planeta azul. Ten moita auga e persoas coma min- díxolle ela. -Perdoa polos meus modais, non me presentei. Eu son Antonio , o grilo- informoulle el. -Ola, Antonio. Eu son Xoana. Pódesme axudar a voltar ao meu planeta?- preguntoulle a rapaza. -Claro que si, pero temos que solucionalo antes das 12, senón isto non tería sucedido- aseguroulle Antonio-. Pero, non te preocupes. Imos ver o que atopamos Xoana e Antonio estiveron andando un bo anaco. Antes de renderse, atoparon un reloxo que podía facer retroceder o tempo. Á nena ocorréuselle retrasalo ata a hora de antes de tropezar coa pedra. Entón, apareceu outra vez brincando polo xardín e, cando se atopou coa rocha, saltou por enriba dela. Despois, deuse a volta e fixouse que nela estaba un grilo. Parecíase moito a Antonio. A neniña parecéralle que lle chiscara un ollo. Sofía Rarís Frois 1ºESO CURSO 2012/ 2013 UNS PATÍNS CON PODERES É un amor inexpicable. De que estou falando? Da miña paixón pola patinaxe. Vénme de familia: miña nai foi profesional e crecín vendo o ben que o facía. Ela faleceu o ano pasado. O seu soño era que eu tamén fose profesional. Levo un ano adestrando pero ata o de agora non consideraron que era o suficientemente boa coma para competir. Onte todo cambiou. Coma sempre, fun adestrar pero, cando ía xa de camiño, decateime de que me quedaran os patíns na casa. Cando cheguei ao pavillón, xa temendo unha rifa da miña adestradora, non sei como, apareceron os patíns da miña nai dentro da mochila . Tiven que adestrar con eles. De súpeto, mirei para os patíns e volvéranse de cor vermella! O pavillón enchérase de xente. Estaba nunha competición e facíao moi ben. Non durou moito o optimismo, xa que me dei conta de que todo era produto da miña imaxinación. Decateime nunha das reviravoltas, cando acabei no chan. Pasaron uns días e celebrábase unha importante competición na miña localidade. Ese día, desexando que sucedese o que soñara días atrás, puxen os patíns da miña nai. Collín forzas e saín á pista. Imaxineime que estaba no pavillón e esta vez si: sucedeume o mesmo que soñara. Grazas aos patíns conseguín o ouro. Aquel día sentín a presenza da miña nai e conseguín facer realidade o meu soño: ser unha profesional. Micaela Amarelle García 1º ESO Curso 2012/2013
  • 47. Páxina 46 os andeis do maxín A FIN DO MUNDO Un día, eu estaba na miña casa facendo os deberes mentres meu pai estaba na sala mirando a televisión, porque chegara de traballar e, como era costume nel, ao vir, sentara no sofá para descansar un anaco e ver as noticias. Acórdome ben que eu estaba estudando sociais cando meu pai chamou a miña nai dicíndolle que nas noticias saíra que a fin do mundo ía chegar. Eu, toda asustada, fun xunto a eles e pregunteilles se iso era verdade. Eles dixéronme que si, que en todas as canles estaban dando esa noticia. Eu tiña dez anos e apenas entendía por que o mundo tiña que acabar, pero despois do que me explicara meu pai, máis ou menos xa tiña unha idea de como podía ser. Propuxérame que, antes de que iso pasase, tiña que facer unha listaxe de desexos que quería realizar xa había tempo. Pois ben, fun ao meu cuarto, collín unha libreta e un bolígrafo e marchei para o campo para alí anotar eses desexos. Empecei polo que podía facer coa miña familia. Ocorréronseme un par de ideas. A primeira era que podiamos organizar unha cea con toda a familia e a segunda era que lle ía regalar algo a cada un deles para demostrarlles o cariño que lles tiña. Continuei polos meus amigos. Ocorréuseme que podiamos ir todos ao cine unha tarde e tamén que, como estabamos en pleno verán, podía celebrar unha festa na miña casa, na piscina. Por último, seguín por un rapaz que coñecera cando estabamos en párvulos e do que me namorara dende o primeiro día que o vin, sentimento que ía medrando co tempo. Chamábase David. El non sabía que me gustaba, simplemente pensaba que eu só o consideraba un amigo. Nunca me atrevera a dicirlle que me gustaba pero, como ía acabar o mundo, pensei que sería necesario sincerarme con el. Había moitas máis rapazas namoradas del, así que, aínda que eu lle dixese a verdade, todo ía quedar como estaba. Estiven buscando o momento para llo dicir a el, pero nunca estaba só, así que non me quedaba máis remedio que comentarllo diante de todos. Un día na escola puxémonos a xogar na clase. O xogo consistía en que, se alguén te elixía, tiñas que desvelar un desexo. Eu aproveitei ese día e díxenlle diante de todos que me gustaba. Marchei a correr e, durante uns días non tiña pensado volver ao colexio. Uns días máis tarde púxenme a ver as noticias con meus pais e dicían que o do fin do mundo fora unha falsa alarma. Eu, coa vergoña, cambieime de escola, non quixen volver á que estaba, porque sabía que, se volvía, todos se ían rir de min e que ía ser a rapaza máis patética da escola. Dende esa, ninguén volveu saber nada mais de min. Verena Vieites Fernandes 2º ESO B Curso 2012/2013
  • 48. Páxina 47 os andeis do maxín A BICICLETA FANTASMAL A señora María del Mar (por todos coñecida como "señora María") nacera en Santiago de Compostela había xa noventa e seis anos. Levaba desde os dez anos vivindo en Bos Aires (Arxentina). A señora María era unha señora de pelo branco e liso, ollos azuis e pel morena. Era baixiña, moi tranquila, e sempre cun sorriso na súa cara. Ela sempre axudaba a todos e daba os mellores consellos do mundo, eses consellos que só o corazón sabe dar. Era unha persoa moi tolerante e comprensiva. Non viaxara moito co corpo, pero si coa súa mente. O que máis lle gustaba facer á señora María era ler. Ela e o seu marido Marcos tiñan catro fillas, dous fillos, seis netos, catro netas, tres bisnetos e unha bisneta. A señora María facía unha comida familiar todos os anos, o 25 de xullo, para celebrar a festa de Santiago Apóstolo. Aquel ano tiña preparada unha sorpresa para ese día. A señora María pediulle un favor moi especial á súa familia. Chegou o día 25 de xullo e na casa da señora María estaba toda a súa familia. Non faltaba ninguén. Ela estaba feliz de velos a todos xuntos un ano máis. Despois da súa sobremesa favorita, a tarta de améndoa, a señora María pediu un minuto de atención: -Quero darvos as grazas a todos por vir e aproveito que estades todos xuntos para pedirvos un favor moi especial: Gustaríame que alguén da miña familia, cando eu morra, peregrine a Santiago de Compostela e pouse unha orquídea no centro da praza do Obradoiro e outra orquídea nese anaco de terra que hai entre o río Sar e o río Ulla antes de que se unan un co outro. A orquídea era a flor preferida da señora María. A praza do Obradoiro e as beiras dos ríos Ulla e Sar eran lugares máxicos para ela; O primeiro, porque alí pasara moitas horas xogando cos seus amigos e amigas cando era pequena; e o segundo, porque fora alí onde o seu pai coñecera á súa nai. Iago, un dos netos da señora María, levou a cabo o desexo da súa avóa dous anos despois de que ela morrera. Iago decidira facer o Camiño Portugués en bicicleta. Empezou a pedalear en Lisboa e pouco a pouco ía camiño de Compostela. Todo para el era novo. Coñeceu a moita xente, fixo un puñado de amigos e amigas que pedalearon xuntos durante varios días. Mentres as súas pernas se enchían de quilómetros, Iago enchíase de experiencias e aventuras inesquecibles.
  • 49. Páxina 48 os andeis do maxín Cando faltaba só unha etapa para chegar a Compostela, aconteceu algo moi estrano e inesperado. Despois de almorzar todos xuntos no albergue de Pontecesures, baixaron para coller as bicicletas e chegar ese mesmo día a Compostela. Iago estaba moi emocionado pero... faltaba unha bicicleta. Si, faltaba a bicicleta de Iago. Buscaron e buscaron pero non a atoparon. Iago tomou a decisión de seguir o camiño a pé. Quedara en verse cos seus compañeiros e compañeiras de camiño á noitiña na praza do Obradoiro. Iago chegou a Compostela á tardiña. Despois de deixar as cousas no albergue e darse unha boa ducha, pasou por unha floraría para mercar unha orquídea antes de chegar ao Obradoiro. Unha vez alí, Iago pousou a orquídea no centro da praza, como lle prometera á súa avoa. Quedou pasmado pola beleza e encanto do Obradoiro. Unha vez xuntos outra vez os compañeiros e compañeiras de camiño, decidiron ir cear. Cando saían da praza, a Iago pareceulle ver a súa bicicleta apoiada nunha parede. Camiñou todo o rápido que puido entre toda a xente que había, pero cando chegou á que el cría que era a súa bicicleta, xa non estaba. Iago estaba convencido de que aquela era a súa bicicleta. Ao día seguinte colleu o tren para ir a Padrón e cumprir a segunda das súas promesas. Baixou do tren, mercou unha orquídea, preguntou polo paseo a carón do río e alá foi. Cando chegou á confluencia dos dous ríos, pousou a orquídea e sentouse a contemplar a fermosura da paisaxe. Tiña a sensación de que alguén o estivera acompañando eses dous últimos días desde que perdera a bicicleta en Pontecesures. Cando se levantou para empezar a camiñar de novo cara á estación de tren... alí estaba, era a súa bicicleta apoiada nun banco. Non había ninguén! Iago colleuna e empezou a pedalear mentras non deixaba de pensar en como chegara a súa bicicleta ata alí e quen a trouxera. Este conto foi realizado polos alumnos/as de 2ºB coa axuda do seu titor.
  • 50. Páxina 49 os andeis do maxín MICRORRELATOS Cando me ían matar, soou o espertador. Rubén Martínez Barreiro. 2º ESO A Durante a guerra quedei durmido. Cando espertei, non había ninguén alí. José Luís Jamardo Buceta. 2º ESO A Cando ela chegou, el xa tiña comido ao presidente Obama dos Estados Unidos de América. Samuel Castro Dios. 2º ESO A Abrín a neveira e estaba o ratiño Oliveira. José Luís Miguéns. 2ºESO B Cando rematei de estudar, non tiña pasado nin un minuto. Daniel Olivera García. 2º ESO B Onte Xoán pediulle que prendera o cachivache; el negouse. María Navarro Jamardo. 2º ESO B Viviu a mosca. Morreu a mosca. Pablo Oliveira Chenlo. 2º ESO B Bebía e bebía, mais a botella non se baleiraba. Francisco Refojo Lavandeira. 2º ESO B Daquela o león espertou. Laura Helena Von Hertwig Bernhardt. 2º ESO B Abrín a neveira. Alí estaba a Nutella. Ethan Potel Gómez. 2º ESO B
  • 51. Páxina 50 Vidal Bolaño: comeza a función AUTOR, ACTOR, DIRECTOR -1950, nace en Compostela no seo dunha familia proletaria. -Servizo militar en Ceuta. -Preocupación polo cine desde a infancia. -Estudos nas clases nocturnas do instituto Xelmírez. -Participa nas Xuventudes Obreiras Cristiás, onde se inicia no teatro. -1971, entra en contacto co equipo Lupa (Euloxio R. Ruibal e Félix Casado) aos 20 anos, con quen coñece a realidade do teatro popular galego. -1974, funda o grupo de teatro profesional Antroido, con Xaquín García Marcos. -1976, casa coa actriz Laura Ponte. -1977, logo do seu despido na entidade bancaria na que traballaba, tiña como única fonte de ingresos as obras nas que participaba como actor. -1984, colabora na creación do Centro Dramático Galego e participa nas súas montaxes como director, actor ou encargado da iluminación. -Apártase deste teatro institucional a causa do seu profundo espírito crítico co poder político. -91-2002 Anos de maior produtividade teatral, recibe numerosos premios. -1992, casa coa actriz Belén Quintáns. Crea o grupo Teatro do Aquí -Morre de cancro de pulmón o 11 setembro do 2002, aos 52 anos. CONCEPCIÓN PROPIA DO TEATRO -O seu teatro conta cunha profunda influencia do cine, de formación cinematográfica autodidacta. -Interésase polo cine máis vangardista. -Rompe co concepto tradicional do decorado e os elementos escénicos. -Crítica social e política. LUCES, CÁMARA, ACCIÓN! -Actor, director de sala e director artístico da produtora CTV- Galaxia -Dobraxe de películas ao galego para a TVG. -Participa en diversos proxectos audiovisuais pioneiros do cine en galego. -Adapta textos dos grandes escritores galegos (Cunqueiro, Fole, etc.) ao cine. 1987, Novo de Parmuíde. 1989, Os outros feirantes; Sempre Xonxa. 1990, Morosos. 1991, O resplandor da morte; Memorias dun parado. 1992, Un café de ollos verdes. 1997, A noiva de medianoite. 1999, A lingua das bolboretas; Amor Serrano 2000, Un mundo de historias. Episodio piloto da serie Morosos Varios LETRAS GALEGAS 2013 Este ano a Academia decidiu homenaxear ao dramaturgo santiagués pola súa longa traxectoria no eido teatral. En 4º de ESO fixemos este traballo de síntese da súa carreira profesional que resume os datos máis destacados da biografía, a obra e conta tamén con enla- ces onde podedes visionar algunha das súas colaboracións cinema- tográficas.
  • 52. Páxina 51 ROBERTO VIDAL BOLAÑO NA REDE www.culturagalega.org/noticia.php?id=21110 – BIOGRAFÍA http://bvg.udc.es/paxina.jsp?id_obra=Abudoga+1&alias=Roberto+Vidal+Bola% F1o&id_edicion=Abudoga+1002&formato=video&pagina=1&cabecera=%3Ca+href%3D% 22ficha_obra.jsp%3Fid%3DAbudoga+1%26alias%3DRoberto+Vidal+Bola%F1o% 22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EA+burla+do+galo%3C%2Fa% 3E&maxpagina=2&minpagina=1 – FRAGMENTO DA REPRESENTACIÓN DE “A burla do galo” www.youtube.com/watch?v=ob7opMV-xks – FRAGMENTO “Lingua das bolboretas”. Sergio Martínez Gómez, 4º ESO UN TRABALLO BEN RECOÑECIDO Premio Abrente (1976, 1978, 1980). Premios Max de Teatro (2001). O Facho (1977, 1979). Premios Rafael Dieste (1992,1997). Medalla de ouro (1983, 1984). Premio Eixo Atlántico. Premio Álvaro Cunqueiro 1991 con Saxo Tenor. Premio Maruxa Villanueva, 2001 Premio Xacobeo (1992). María Casares da AAAG (1998, 1999, 2001, 2003). VIDA CURTA PERO PRODUCIÓN INTENSA 1965, publicación da súa primeira obra. Teatral. 1978, Laudamuco, Señor de ningures, Le- daíñas pola morte do Meco. 1992, Bailadela da morte ditosa; Escribe e dirixe Agasallo de sombras, en colabora- ción co CDG, cuxa representación lle cau- sa represalias; Cochos; Días sen gloria. 1993, Saxo Tenor. 1996, Touporroutou da lúa e do sol. 1998, Doentes; A ópera de patacón; Ras- tros. 2001, Mar revolto. 2003, Animaliños; Integral. 2004, A burla do galo. 2005, As actas escuras, obra polémica e perseguida. Vidal Bolaño: comeza a función
  • 53. Páxina 52 risos e sorrisos TIRAS CÓMICAS DO ALUMNADO DE 6º
  • 54. Páxina 53 risos e sorrisos
  • 55. Páxina 54 risos e sorrisos