2. Que é a Literatura?
• Calquera forma de comunicación escrita.
• Unha forma determinada de mensaxe
verbal.
• A comunicación é transmisión de
información. O xeito máis importante de
comunicación é a linguaxe. Por tanto, a
comunicación é a función esencial da
lingua, pero
• Cando a mensaxe é literaria, a esa
función sumáselle unha función
3.
4. Que é a Literatura?
• Na obra literaria, a lingua sofre distintas
alteracións que teñen como finalidade a
LITERATURIZACIÓN do código lingüístico. O
emisor chama a atención sobre a lingua.
• A linguaxe literaria caracterízase por
representar un mundo imaxinario e pola súa
plurignificación
• O signo lingüístico é portador de múltiples
dimensións semánticas, lonxe do significado
unívoco das linguaxes científica, xurídica…
5. Que é a Literatura?
• A historia da Literatura é unha constante
exploración das posibilidades
significativas da lingua e unha
permanente creación de novos recursos
expresivos.
• A Literatura pode servir como vehículo de
evasión e ao mesmo tempo de crítica
social.
6. Sobre a Literatura
• Félix de Azúa :
“Sobre a poesía,
canto menos se diga, mellor.
A poesía é a verdade da arte,
non nace da conciencia do poeta, senón da súa
coraxe.
A conciencia do home
só fala do paso do tempo”.
7. Sobre a Literatura
• José Ángel Valente :
“A poesía non é comunicación, é
incomunicación, para andar no oculto,
para nos meter nun cuarto pechado sen
chave, sen que ninguén apareza e nos
saque e nos suplicie a xorda ladaíña
cotiá, a ladaíña aciaga da morte”.
“Como fuxir da morte? A través da poesía”
8. 1. Literatura e comunicación
• A Literatura é unha arte que utiliza unha
lingua como medio de expresión, un
permanente acto de comunicación
lingüística.
- Creación verbal ou tradición oral (uso da
lingua falada, por ex. as primeiras
composicións como cancións, lendas e
contos).
- Creación escrita (literatura culta).
9. Elementos do acto comunicativo
1. Emisor: autor ou autora.
2. Receptor: lector@s ou oíntes.
3. Mensaxe: obra literaria.
4. Canle: libro ou formato dixital.
5. Código: lingua literaria.
6. Contexto: factores históricos e sociais.
10. Características da lingua literaria
1. Predominio da función poética: o acto de
comunicación céntrase na mensaxe, na
súa disposición, na forma como se
transmite. A linguaxe ten un propósito
estético.
2. Uso da linguaxe connotativa: as palabras
cárganse de significacións subxectivas.
3. Emprego de recursos literarios.
11.
12. Características da lingua non
literaria
1. Predominio da función representativa.
2. Uso da lingua denotativa.
3. Emprego dunha lingua informativa.
13. 2. A linguaxe literaria e os seus
recursos
• A lingua literaria caracterízase por
presentar a mensaxe dun xeito atractivo a
través da utilización de recursos literarios.
• Estes recursos empréganse tanto na
prosa como no verso (ex. as figuras e os
tropos), aínda que algúns deles aparecen
só na poesía (ex. a métrica).
14. 2.1. Recursos literarios
1. Tropos: símil, metáfora, alegoría, metonimia…
2. Figuras:
1. De dicción
• De carácter fonolóxico e morfolóxico: aliteración,
paronomasia…
• De carácter sintáctico: anáfora, epífora, anadiplose,
epanadiplose…
1. De pensamento: hipérbole, antítese, oxímoro,
personificación…
15. 1 . Tropos : τρόπος en grego significa
“dirección” ou “desprazamento” e designa o
uso dunha palabra nun sentido distinto do
habitual, polo que ten carácter semántico.
O tropo é o cambio de dirección dunha
expresión que se desvía do seu contido
orixinal para adoptar outro contido distinto.
Son: o símil, a metáfora, a alegoría e a
metonimia.
16. Tropos
• Símil : comparación entre dous termos
expresos, que se fai explícita coa palabra
“como”:
– Unha canción tan lonxana… / como a
sombra do aire sobre a herba. (Luís
Pimentel)
• Metáfora : substitución dun elemento por
outro, habitualmente co uso do verbo ser ou
da aposición:
– Dime onde vas, miña cerva querida. (Álvaro
Cunqueiro)
17. Tropos
• Alegoría : é unha metáfora continuada:
– A negra sombra. (Rosalía de Castro)
– A roseira. (Ramón Cabanillas)
Nas artes visuais é un tema artístico
que pretende representar unha idea
valéndose de formas humanas, animais
ou de obxectos cotiáns, como por
exemplo, a alegoría da República
Española, que se representaba por medio
dunha muller con gorro frixio que sostiña
unha balanza na man dereita e unha
bandeira na esquerda.
18.
19. Tropos
• Metonimia : substitución dun elemento por
outro co que garda unha relación de
contigüidade:
– Non traias viños tristes de Hungría. Quero
Burdeos. Quero Marsala ardente.
– Comprou dous Laxeiros.
20. 2. Figuras : utilización de palabras no seu
sentido habitual, pero con algunha
particularidade fonética, gramatical ou
semántica que as afasta do seu uso na
lingua cotiá.
Hai figuras de dicción (segundo a
colocación dos sons ou das palabras) e
figuras de pensamento (serven para
expoñer dun modo peculiar unha idea ou
concepto: plano semántico da lingua).
21. Figuras de dicción, de carácter
fonolóxico e morfolóxico
• Aliteración : repetición de fonemas ou
sílabas en palabras próximas:
- Lagoas laiando na lama das leiras (Informe da
gavilla, Vítor Vaqueiro).
• Paronomasia : colocación próxima de
palabras con significantes parecidos, pero
significados diferentes:
– No sagrado segredo de Vigo. (Luz Pozo Garza)
22. Figuras de dicción, de carácter
fonolóxico e morfolóxico
• Onomatopea : Repetición de fonemas
que reproducen sons naturais
- Fiu, Fiu (asubío)
• Calembur: as sílabas dunha ou máis
palabras reagrúpanse para obter outro
significado diferente
-Aí van cen tolas con centolas.
23. Figuras de dicción de carácter
sintáctico
• Anáfora : repetición dunha ou máis
palabras ao comezo de varios enunciados:
– Era Galicia un puro val… Era Galicia a chaira
máis espida… Era Galicia a patria do
traballo… (Xosé Luís Méndez Ferrín)
• Epífora : repetición dunha ou máis palabras
ao final de varios enunciados:
– Camiños de mortos, hortos de mortos, feixes
de mortos, medas de mortos. (Arcadio López
Casanova)
24. Figuras de dicción de carácter
sintáctico
• Anadiplose : repetición dunha ou varias
palabras finais dun verso ao comezo do
seguinte:
– Que non se debe ter por trobador / trobador
que troba por trobar. (Uxío Novoneyra)
• Epanadiplose : repetición dunha palabra
ao principio e ao final dun verso:
– ‘Amén, miña vella, amén’ .
25. Figuras de dicción de carácter
sintáctico
• Poliptoto e Derivación : Repetición dun
mesmo lexema con diversos morfemas
- o que queremos quérenos/ aínda que non queira
querernos
• Polisíndeto : Repetición de conxuncións
para unir varios elementos
- E pinchaba, e brincaba, e corría, e bailaba.
• Asíndeto : Supresión de conxuncións.
26. Figuras de dicción de carácter
sintáctico
• Paralelismo : Repetición de construcións
similares
- Ti destérrasme por un; /
Eu destérrome por catro
• Elipse : Omisión de elementos que se
sobreentenden
- Mercou un pantalón de cincuenta euros e unha
chaqueta de setenta
27. Figuras de dicción de carácter
sintáctico
• Enumeración : consiste en expresar
rapidamente diversas ideas.
- para min eras /branca aurora e craro sol /auga
limpa en fresca fonte /rosa do xardín de Dios
/alentiño do meu peito /vida do meu corazón
(Rosalía de Castro (de "Quíxente tanto meniña")
• Hipérbato : Alteración da orde normal da
oración
- Volverán as escuras andoriñas no teu balcón os
seus niños a colgar
28. Figuras de pensamento
• Hipérbole : esaxeración desmesurada e
inverosímil:
– Estou tan canso que non podo dar un paso
máis
• Antítese : contraposición entre dúas
palabras:
– Invoca a luz desde esta dura tebra.
29. Figuras de pensamento
• Oxímoro : pór en contacto palabras de sentido
contrario que parecen excluírse mutuamente.
– Música silenciosa
• Personificación : atribución de
características humanas a seres
inanimados:
– Hoxe cásanse os paxaros (Luís Amado
Carballo)
30. Figuras de pensamento
• Ironía : consiste en dicir o contrario do
que se quere dar a entender.
- Que boa sorte teño!
• Interrogación retórica : Pregunta da
que non se agarda resposta.
31. 2.2. Recursos literarios do verso: a
métrica
1. O verso:
1. Medida: palabra final e licenzas poéticas.
2. Rima: consonante, asonante e sen rima.
3. Ritmo: acento, pausas e encabalgamento.
1. A estrofa e o poema:
número de versos e esquema métrico.
32. 1. O verso
• Unidade rítmica en que pode dividirse un
poema, xeralmente superior á palabra e inferior
á estrofa.
• Conxunto de palabras suxeitas a medida, rima e
ritmo, en contraposición á prosa, que non está
sometida habitualmente a estes procedementos.
• Provén do latín versus, que significa “suco ou
liña", por oposición a prorsus, que significa
“dereitamente, todo seguido”, de onde vén
prosa).
• A disciplina que estuda as clases de versos e
estrofas denomínase métrica.
33. 1.1. Medida do verso
• Palabra final:
– Aguda: + 1 sílaba: unha casa de marfil (7+1=8)
– Esdrúxula: - 1 sílaba: estas claras efemérides
(9-1=8)
• Licenzas poéticas:
– Sinalefa: para a virtude o humilde (10 > 8)
– Sinérese: recollendo realidades (9 > 8)
– Diérese: fragor e süavidade (7 > 8)
• Segundo o número de sílabas os versos poden
ser de arte menor (ata 8) ou maior
(desde 9).
34. 1.2. Rima
• Repetición dunha secuencia de fonemas ao
final de dous ou máis versos a partir da
última vogal acentuada, incluída esta.
– Asonante: cando se repiten só as vogais; é
característica da poesía tradicional ou de inspiración
popular: terra-ela (“Airiños, airiños aires” de Rosalía
de Castro).
– Consonante: cando se repiten vogais e
consoantes; é característica da poesía culta, de raíz
trobadoresca, eclesiástica ou italianizante:
verdecente-transparente (Himno galego - “Os pinos”
de Eduardo Pondal).
35. 1.3. Ritmo
• Movemento marcado pola sucesión regular
de elementos fortes e débiles, que se logra
mediante a repetición de acentos e pausas
e mais polos encabalgamentos:
– Acento: último acento presente no verso,
corresponde sempre á penúltima sílaba.
– Pausas: silencios que delimitan elementos do
verso tales como os hemistiquios.
– Encabalgamento: desaxuste entre a pausa
versal e a pausa sintáctica.
36. 2. A estrofa
• Estrofa : é un grupo de versos unidos
por unha serie de criterios fixos de
extensión, rima e ritmo. As estrofas
clasifícanse polo número de versos que
conteñen (habitualmente de 2 a 14).
37. 2.1. Tipos de estrofas
• Pareado: dous versos de rima consonante AA
• Terceto: tres versos de rima consonante A-A
• Cuarteto: catro versos hendecasílabos de rima
consonante ABBA
• Serventesio: catro versos hendecasílabos de
rima consonante ABAB
• Redondilla: catro versos octosílabos de rima
consoante abba
• Cuarteta: catro versos octosílabos de rima
consoante abab
38. 2.1. Tipos de estrofas
• Quintilla: combinación libre de cinco
versos octosílabos con dous xogos de
rimas consonantes aabab, aabba, abaab
• Quinteto: igual que a quintilla pero con
versos de arte maior.
• Oitava real: oito versos de arte maior e
rima consoante ABABABCCA
• Décima: dez versos de arte menor.
39. 2.1. Tipos de estrofas
• Romance: número indeterminado de
versos octosílabos de rima asonante
• Silva: número indeterminado de versos
heptasílabos e hendecasílabos de rima
consonante
• Soneto: Catro estrofas, as dúas primeiras
de catro versos –cuartetos- e as outras
dúas tercetos. Case sempre con
hendecasílabos.
40. 3. O poema
• Poema : é a obra poética en verso.
• Poesía : é un tipo de texto e mais un
xénero literario, habitualmente referido á
poesía lírica.
41. 3.1. Tipos de poema
• Himno: de ton solemne destinada á
afirmación colectiva
• Oda: ton elevado e glorificadora
• Balada: ton melancólico
• Elexía: expresa sentimentos de dor pola
perda de alguén
• Pranto: chórase a morte de alguén
42. 3.1. Tipos de poema
• Égloga: de tema amoroso, xeralmente
entre pastores
• Alba: alude á separación dos amantes ao
nacer do novo día
• Pastorela: un cabaleiro require en amores
a unha pastora
• Madrigal: de tema amoroso con ton alegre
• Sátira: censúrase ou atácase a alguén