Cantigasimpress

439 visualizações

Publicada em

Tópicos nas cantigas de amor

Publicada em: Educação
0 comentários
1 gostou
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
439
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
9
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
5
Comentários
0
Gostaram
1
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Cantigasimpress

  1. 1. Tópicos naTópicos na lírica medieval galego-lírica medieval galego- portuguesaportuguesa 3º ESO - IES Tomiño3º ESO - IES Tomiño
  2. 2. ÍndiceÍndice  Introdución á lírica medieval (d 3)  Trazos das cantigas de amor (d 4-5)  Tópicos: fin'amors (d 6-7) descriptio puellae (d 8-9) coita de amor (d 10-11) metus praecludit vocem (d 12)  Fontes (d 13) Pergamiño Vindel que recolle as cantigas de amigo de Martin Codax con anotación musical
  3. 3. IntroduciónIntrodución  A lírica trobadoresca en galego- portuguesa nace do contacto cos trobadores occitanos.  Co camiño de Santiago a corte compostelá convértese en centro de peregrinaxe e vía de entrada das innovacións poéticas cultivadas nas refinadas cortes provenzais.  A cantiga de amor é o xénero máis provencializante da nosa lírica (< cançó).  Figuras conceptuais (antíteses, paradoxos, parodia, ironía) e formais (dobre, mordobre).  Conservánse nos códices en 1º lugar: 377 de refrán e 321 de mestría.
  4. 4.  Céntrase no tema da fin'amors ou amor cortés.  Expresión dunha voz masculina que manifesta a súa paixón amorosa cara a unha dama nobre, normalmente casada.  Trasvasamento do ríxido código feudal de vasalaxe á relación amorosa: trobador=vasalo/dona=senhor  O amante, como bo vasalo, ha ser constante e fiel, á espera dun prezado ben. Trazos temáticos da cantiga de amorTrazos temáticos da cantiga de amor  Visión idelaizadda da dama, apenas descrita para non desvelar a súa identidade (amor adúltero per se) e respectar a mesura.(motivo do segredo do amor  O amor non correspondido polo desdén ou rexeitamento da dama (sanha) é fonte de coita e sufrimento constante, mesmo morte de amor.  Amor entendido como camiño de perfección espiritual.
  5. 5. Como morreu quem nunca bem houve da rem que mais amou, e que[m] viu quanto receou dela, e foi morto por en: ai, mia senhor, assi moir'eu! Como morreu quem foi amar quem lhe nunca quis bem fazer, e de que lhe fez Deus veer de que foi morto com pesar: ai, mia senhor, assi moir'eu! Com'home que ensandeceu, senhor, com gram pesar que viu e nom foi ledo nem dormiu depois, mia senhor, e morreu: ai, mia senhor, assi moir'eu! Como morreu quem amou tal dona que lhe nunca fez bem, e quen'a viu levar a quem a nom valia, nen'a val: ai, mia senhor, assi moir'eu! Cantiga de amor de Paio Soares de Taveirós A 35 B 150 Versións musicadas de Tomás Borba e J. Vicente Narciso en http://cantigas.fcsh.unl.pt Cancioneiro da Ajuda (A)
  6. 6. Fin'amorsFin'amors  A doutrina do amor cortés codifica o ritual amoroso nas cantigas.  Dáse unha traslación do concepto do servicio feudal ao servizo amoroso: o trobador entrégase como vasalo á sua dona (que se converte así na súa senhor con dominio pleno sobre el) aceptando os deberes que os lazos feudais implican e, asemade, esperando o seu merecido ben, que nunca chega a acadar o abnegado e fiel amante da lírica galego- portuguesa.
  7. 7. Fin'amorsFin'amors .  O bon amador ha posuír calidades de seu: constante no servizo amoroso, fiel, xeneroso, mesurado e de bon sen.  O trobador ten divinizada a súa dama, contémplaa como a un ser superior; por iso, malia ser un amor non correspondido (desprezo da dama ou separación), este servizo amoroso supón para o trobador, alén de sufrimento, un proceso de perfeccionamento espiritual.
  8. 8. Descriptio puellaeDescriptio puellae  A senhor das cantigas de amor -a diferenza da dona virgo das cantigas de amigo- é adoito unha muller nobre casada, o que impón a mesura por parte dos amantes; isto é, a discrección deste amor adúltero.  Louvanza da dama con escasas referencias ás súas calidades físicas e piscolóxicas para manter en segredo a súa identidade.  Idealización da dama con figuras estereotipadas: fremosa mha senhor senhor ben talhada senhor de bom parescer senhor do melhor prez boa senhor senhor de bon ssem
  9. 9. Senhor, en tan grave día vos vi que non podería máis; e por Santa María, que vos fex tan mesurada, doede-vos algún día de mí, senhor ben talhada. Pois sempre ha en vós mesura e todo ben e cordura, que Deus fez en vós feitura qual non fez en molher nada, doede-vos por mesura de min, senhor ben talhada. E por Deus, senhor, tomade mesura por gran bondade que vós el deu, e catade qual vida vivo coitada, e algún doo tomade de min, senhor ben talhada.  Cantiga de amor de Don Dinís B 562 V 176 Don Dinis, trobador e rei de Portugal Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B)
  10. 10. Coita de amorCoita de amor  O amor na lírica galego- portuguesa -a diferenza da occitana- é fonte de coita.  O desdén e o rexeitamento da dama ou a simple separación dos amantes é a causa do sufrimento constante do trobador e de toda a sintomatoloxía amorosa que o acompaña: loucura, perda do sen e mesmo morte de amor.
  11. 11. A dona que eu am'e tenho por senhor amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for, se nom dade-mi-a morte. A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus, se nom dade-mi-a morte. Essa que vós fezestes melhor parecer de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer, se nom dade-mi-a morte. Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar, mostrade-mi-a u possa com ela falar, se nom dade-mi-a morte.  Cantiga de amor de Bernal de Bonaval B 1066 V 657  Versión musicada por Amancio Prada en: http://cantigas.fcsh.unl.pt/ http://sondepoetas.blogspot.com/ Muitos dizem com gram coita d'amor que querriam morrer e que assi perderiam coitas; mais eu de mi quero dizer verdad'a mia senhor: queria-me lh'eu mui gram bem querer, mais nom queria por ela morrer com'outros morrerom. E que prol tem? Ca, des que morrer, non'a veerei, nem bõo serviço nunca lhi farei. Por end'a senhor que eu quero bem queria-me lh'eu mui gram bem querer mais nom queria por ela morrer com'outros morrerom no mundo já, que depois nunca poderom servir as por que morrerom, nem lhis pedir rem. Por end'a que m'estas coitas dá queria-me lh'eu mui gram bem querer mais nom queria por ela morrer; ca nunca lhi tam bem posso fazer serviço morto como se viver.  Cantiga de amor de Paio Gomes Chainho B 809 V 393
  12. 12. Metus praecludit vocemMetus praecludit vocem  O fiel amante cortés anuncia o seu amor pero non é quen de llo manifestar á súa dama (precador) polo que sofre amando en silencio... Pois que m'hei ora d'alongar de mia senhor, que quero bem, porque me faz perder o sem, quando m'houver del'a quitar, direi, quando me lh'espedir: de mui bom grado queria ir log'e nunca [m'end'ar] viir. Pois me tal coita faz sofrer, qual sempr'eu por ela sofri, des aquel dia 'm que a vi, e nom se quer de mim doer atanto lhi direi por en: moir'eu e moiro por alguém e nunca vos direi mais en. E já eu nunca veerei prazer com estes olhos meus, de[s] quando a nom vir, par Deus, e com coita que haverei, chorando lhi direi assi: moir'eu porque nom vej'aqui a dona que por meu mal [vi].  Cantiga de Afonso X B 469 Afonso X O Sabio
  13. 13. FontesFontes  Texto:Texto: Enciclopedia galega universal, Ir Indo As mulleres nas cantigas medievais, Esther Corral, SEG,1996 Lírica profana galego-portuguesa, Centro Ramón Piñeiro,1996 http://cadernodelingua.wordpress.com/  Música:Música: http://cantigas.fcsh.unl.pt http://martincodax.org http://sondepoetas.blogspot.com http://www.luarnalubre.com http://www.amancioprada.com  Imaxes:Imaxes: http://www.ite.educacion.es http://www.flickr.com http://www.google.es/imghp

×