SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 25
Baixar para ler offline
Escolma Poética

ROSALÍA DE CASTRO
                   IES de Curtis
                  Curso 2012-13
ROSALÍA DE CASTRO

                            Escolma Poética




       Cantares Gallegos
Edición Juan Compañel, Vigo, 1863               2
ROSALÍA DE CASTRO

                                                          Escolma Poética




                    Nasín cando as plantas nasen,
                    no mes das flores nasín,
                    nunha alborada mainiña,
                    nunha alborada de abril.
                    Por iso me chaman Rosa,
                    mais a do triste sorrir,
                    con espiñas para todos,
                    sen ningunha para ti.               ¿De que, pois, te queixas, di,

                    Desque te quixen, ingrato,          cando sabes que morrera

                    todo acabou para min,               por te contemplar felís?

                    que eras ti para min todo,          Duro cravo me encravaches

                    miña gloria e meu vivir.            con ese teu maldesir,

                    ¿De que, pois, te queixas, Mauro?   con ese teu pedir tolo
                                                        que non sei que quer de min,
                                                        pois dinche canto dar puden
                                                        avariciosa de ti.
Cantares Gallegos




                                                        O meu corasón che mando
                                                        cunha chave para o abrir,
                                                        nin eu teño máis que darche,
                                                        nin ti máis que me pedir


                                                                                         3
ROSALÍA DE CASTRO

                                                      Escolma Poética




                    Campanas de Bastabales,        Non me roubaran, traidores,
                    cando vos oio tocar,           ¡ai!, uns amores toliños,
                    mórrome de soidades.           ¡ai!, uns toliños amores.


                               I                   Que os amores xa fuxiron,
                    Cando vos oio tocar,           as soidades viñeron...
                    campaniñas, campaniñas,        de pena me consumiron.
                    sen querer torno a chorar.
                                                              II
                    Cando de lonxe vos oio,        Aló pola mañanciña
                    penso que por min chamades,    subo enriba dos outeiros,
                    e das entrañas me doio.        lixeiriña, lixeiriña.


                    Dóiome de dor ferida,          Como unha cabra lixeira,
                    que antes tiña vida enteira,   para oír das campaniñas
                    i hoxe teño media vida.        a badalada primeira.
Cantares Gallegos




                    Solo media me deixaron         A primeira da alborada
                    os que de aló me trouxeron,    que me traen os airiños
                    os que de aló me roubaron.     por me ver máis consolada.


                                                   Por me ver menos chorosa,     4
                                                   nas súas alas ma traen
                                                   rebuldeira e queixumbrosa.
ROSALÍA DE CASTRO

                                                          Escolma Poética




                    Queixumbrosa e retemblando         Cal se deita, cal se esconde,
                    por entre a verde espesura,        mentras tanto corre a lúa
                    por entre o verde arborado.        sen saberse para onde.
                                                       Para onde vai tan soia,
                    E pola verde pradeira,             sen que aos tristes que a miramos
                    por riba da veiga llana,           nin nos fale, nin nos oia.
                    rebuldeira e rebuldeira.
                                                       Que si oíra e nos falara,
                              III                      moitas cousas lle dixera,
                    Paseniño, paseniño,                moitas cousas lle contara.
                    vou pola tarde calada,
                    de Bastabales camiño.                           IV
                                                       Cada estrela, o seu diamante;
                    Camiño do meu contento;            cada nube, branca pluma;
                    i en tanto o sol non se esconde,   triste a lúa marcha diante.
                    nunha pedriña me sento.
                                                       Diante marcha clarexando
Cantares Gallegos




                    E sentada estou mirando            veigas, prados, montes, ríos,
                    como a lúa vai saíndo,             onde o día vai faltando.
                    como o sol se vai deitando.        Falta o día, e noite escura
                                                       baixa, baixa pouco a pouco,
                                                       por montañas de verdura.
                                                                                       5
ROSALÍA DE CASTRO

                                                     Escolma Poética




                    De verdura e de follaxe,      Vén a noite..., morre o día,
                    salpicada de fontiñas         as campanas tocan lonxe
                    baixo a sombra da ramaxe.     o tocar da Ave María.


                    Da ramaxe onde cantan         Elas tocan pra que rece;
                    paxariños piadores            eu non rezo, que os saloucos,
                    que coa aurora se levantan.   afogándome parece
                                                  que por min ten que rezar.
                    Que coa noite se adormecen
                    para que canten os grilos     Campanas de Bastabales,
                    que coas sombras aparecen.    cando vos oio tocar,
                                                  mórrome de soidades.
                              V
                    Corre o vento, o río pasa;
                    corren nubes, nubes corren
                    camiño da miña casa.
                    Miña casa, meu abrigo:
Cantares Gallegos




                    vanse todos, eu me quedo
                    sen compaña, nin amigo.


                    Eu me quedo contemplando
                    as laradas das casiñas
                    por quen vivo suspirando.                                     6
ROSALÍA DE CASTRO

                                                         Escolma Poética




                    —   Meniña, ti a máis fermosa     Mais, de onde queira que sexas,
                    que a luz do sol alumbrara;       tristísima pasionaria,
                    ti a estrela da mañanciña         por ti sento un amor puro
                    que en puras tintas se baña;      que pouco a pouco me mata.
                    ti a flor das floridas cumbres,   Por ti, de noite e de día,
                    ti a ninfa das frescas augas,     cal vaga sombra encantada,
                    ti como folla do lirio            preto do teu vivir ximo,
                    branca, pura e contristada        ximo cos ventos que pasan
                    ¿Quen es, fada sen nome           facendo vibrar sonoras
                    de tan dormentes miradas,         sentidas cordas dun harpa,
                    de tan dorida sonrisa             que con ecos tembladores
                    de feituriña tan cándida?         dos meus amores che falan.
                    ¿Quisais de muller naceches       Mais dime: ¿por que estás muda,
                    sendo tan limpia e tan casta?     di por que estás solitaria,
                    ¿Quisais das brisas da tarde,     di por que vives nos montes
                    quisais das brétemas vagas        cos paxariños que cantan,
Cantares Gallegos




                    das burbulliñas dun río,          mentras ti choras e choras
                    quisais dunha nube branca?        ó pé dun olmo sentada,
                    ¿Ou as espumas do mare            toda de loito cuberta,
                    a un raio de sol xuntadas         toda cuberta de lágrimas.
                    pousáronte ó ser de aurora
                    nunha cunchiña de nácar?                                        7
ROSALÍA DE CASTRO

                                                        Escolma Poética




                    — Déixame vivir nos montes,      as suaves cordas dun harpa
                    déixame estar solitaria,         que nin dá vida ós que morren
                    déixame cos paxariños            nin as tristes tombas levanta.
                    que en derredor de min cantan.   Cala, galán, cos cantares
                    Déixame vestir de loito,         que con paixón de amor cantas,
                    cuberta por tristes bágoas,      que os meus amores morreron
                    i eco de homes non escoite       i aló antre as tombas me agardan.
                    nin son de harmoniosas harpas,   Para min morreu a dicha,
                    que eses sons de amor á vida     morreu tamén a esperanza,
                    rompen as miñas entrañas.        cubreuse o seu de tristura
                    ¿Si deles, galán, por sorte      i a terra de ásperas plantas.
                    doce consolo arrancaras          Déixame vivir nos montes,
                    para un dor que non ten cura,    déixame estar solitaria,
                    para un mal que non se acaba!    déixame vestir de loito,
                    ¡Si ó seu vibrar sonoroso        cuberta de amargas lágrimas.
                    as tombas se levantaran
                    i o polvo que nelas mora         Que a rula que viudou,
Cantares Gallegos




                    volto a vivir se axitara…!       xurou de non ser casada,
                    Mais, cala, galán…, non toques   nin pousar en ramo verde
                                                     nin beber da iauga clara.



                                                                                      8
ROSALÍA DE CASTRO

                                                       Escolma Poética



                                                   ¡Adiós groria! ¡Adiós contento!
                    Adiós, ríos; adios, fontes;     ¡Deixo a casa onde nacín,
                                                   .
                    adios, regatos pequenos;        deixo a aldea que conozo
                    adios, vista dos meus ollos:   por un mundo que non vin!
                    non sei cando nos veremos.     Deixo amigos por estraños,
                                                   deixo a veiga polo mar,
                    Miña terra, miña terra,        deixo, en fin, canto ben quero...
                    terra onde me eu criei,        ¡Quen pudera non deixar!...
                    hortiña que quero tanto,       .........................................
                    figueiriñas que prantei,       Mais son pobre e, ¡mal pecado!,
                    prados, ríos, arboredas,       a miña terra non é miña,
                    pinares que move o vento,      que ata lle dan de prestado
                    paxariños piadores,            a beira por que camiña
                    casiña do meu contento,        ó que naceu desdichado.
                    muíño dos castañares,          Téñovos, pois, que deixar,
                    noites claras de luar,         hortiña que tanto amei,
                    campaniñas trimbadoras,        fogueiriña do meu lar,
Cantares Gallegos




                    da igrexiña do lugar,          arboriños que plantei,
                    amoriñas das silveiras         fontiña do cabañar.
                    que eu lle daba ó meu amor,    Adiós, adiós, que me vou,
                    camiñiños antre o millo,       herbiñas do camposanto,
                    ¡adios, para sempre adios!     onde meu pai se enterrou,
                                                   herbiñas que biquei tanto,                  9
                                                   terriña que nos criou.
ROSALÍA DE CASTRO

                                            Escolma Poética




                    Adiós Virxe da Asunción,
                    branca como un serafín;
                                    .
                    lévovos no corazón:
                    Pedídelle a Dios por min,
                    miña Virxe da Asunción.
                    Xa se oien lonxe, moi lonxe,
                    as campanas do Pomar;
                    para min, ¡ai!, coitadiño,
                    nunca máis han de tocar.
                    Xa se oien lonxe, máis lonxe
                    Cada balada é un dolor;
                    voume soio, sen arrimo...
                    ¡Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!
                    ¡adiós tamén, queridiña!...
                    ¡adiós por sempre quizais!...
                    Dígoche este adiós chorando
                    desde a beiriña do mar.
Cantares Gallegos




                    Non me olvides, queridiña,
                    si morro de soidás...
                    tantas légoas mar adentro...
                    ¡Miña casiña!,¡meu lar!


                                                                10
ROSALÍA DE CASTRO

                                  Escolma Poética




                   Follas Novas
Madrid, A Habana, 1880
                                                      11
ROSALÍA DE CASTRO

                                              Escolma Poética




               Daquelas que cantan as pombas i as flores,
               todos din que teñen alma de muller;
               pois eu que non as canto, Virxe da Paloma,
               ¡ai! ¿de que a terei?
Follas Novas




                                                                  12
ROSALÍA DE CASTRO

                                              Escolma Poética



                      A XUSTICIA POLA MAN


               Aqués que tén fama de honrados na vila
               roubáronme tanta brancura que eu tiña:
               botáronme estrume nas galas dun día,
               a roupa de cote puñéronma en tiras.
               Nin pedra deixaron en onde eu vivira;
               sen lar, sen abrigo, morei nas curtiñas;
               ó raso coas lebres dormín nas campías;
               meus fillos… ¡meus anxos!… que tanto eu quería
               ¡morreron, morreron coa fame que tiñan!
               Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
               fixéronme un leito de toxos e silvas,
               i en tanto, os raposos de sangre maldita,
               tranquilos nun leito de rosas durmían.


               —Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
               De min se mofaron, vendeume a xusticia.
Follas Novas




               —Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda…
               tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.




                                                                  13
ROSALÍA DE CASTRO

                                              Escolma Poética



                      A XUSTICIA POLA MAN


               Aqués que tén fama de honrados na vila
               roubáronme tanta brancura que eu tiña:
               botáronme estrume nas galas dun día,
               a roupa de cote puñéronma en tiras.
               Nin pedra deixaron en onde eu vivira;
               sen lar, sen abrigo, morei nas curtiñas;
               ó raso coas lebres dormín nas campías;
               meus fillos… ¡meus anxos!… que tanto eu quería
               ¡morreron, morreron coa fame que tiñan!
               Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
               fixéronme un leito de toxos e silvas,
               i en tanto, os raposos de sangre maldita,
               tranquilos nun leito de rosas durmían.


               —Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
               De min se mofaron, vendeume a xusticia.
Follas Novas




               —Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda…
               tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.




                                                                  14
ROSALÍA DE CASTRO

                                               Escolma Poética




               Estonces, cal loba doente ou ferida,
               dun salto con rabia pillei a fouciña,
               rondei pasenino (nin as herbas sentían)
               I a lúa escondíase, i a fera dormía
               cos seus compañeiros en cama mullida.
               Mireinos con calma, i as mans estendidas,
               dun golpe ¡dun soio! deixeinos sen vida.
               I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
               tranquila, esperando pola alba do día.


               I estonces… estonces cumpreuse a xusticia:
               eu, neles; i as leises, na man que os ferira.
Follas Novas




                                                                   15
ROSALÍA DE CASTRO

                                                      Escolma Poética




               XAN
               Xan vai coller leña ó monte,      Pepa, a afortunada Pepa,
               Xan vai a compoñer cestos,        muller do Xan que sabemos,
               Xan vai a podar as viñas,         mentres seu home traballa,
               Xan vai a apañar o esterco,       ela lava os pés no rego,
               e leva o fol ó muíño,             cátalle as pulgas ó gato,
               e trai o estrume ó cortello,      peitea os longos cabelos,
               e vai á fonte por auga,           bótalle millo ás galiñas,
               e vai á misa cos nenos,           marmura co irmán do crego,
               e fai o leito i o caldo.          mira se hai ovos no niño,
               Xan, en fin, é un Xan completo,   bota un ollo ós mazanceiros
               deses que a cada muller           e lambe a nata do leite,
               lle conviña un polo menos,        e se pode bota un neto
               pero cando un busca un Xan,       coa comadre, que agachado
               casi sempre atopa un Pedro.       traillo embaixo do mantelo.
Follas Novas




                                                                               16
ROSALÍA DE CASTRO

                                            Escolma Poética



               E cando Xan pola noite
               chega cansado e famento,
               ela xa o espera entre as mantas,
               e ó velo entrar dille quedo:


               —Por Dios non barulles moito,
               que me estou mesmo morrendo.
               —¿Pois que tes, ña mulleriña?
               —¿Que hei de ter? Deita eses nenos,
               que esta madre roe en min
               cal roe un can nun codelo,
               i ó cabo ha de dar comigo
               nos terrós do simiterio…
               —Pois, ña Pepa, toma un trago
               de risolio que aquí teño,
               e durme, ña mulleriña,
               mentres os meniños deito.
Follas Novas




               De bágoas se enchen os ollos
               de Xan ó ver tales feitos;
               mas non temás, que antre mil
               non hai máis que un anxo antre os demos;
               non hai máis que un atormentado
                                                                17
               antre mil que dan tormentos.
ROSALÍA DE CASTRO

                                       Escolma Poética




               P
               ¡ RA A HABANA!
                       I
               Vendéronlle os bois,
               vendéronlle as vacas,
               o pote do caldo
               i a manta da cama.
               Vendéronlle o carro
               i as leiras que tiña;
               deixárono soio
               coa roupa vestida.
               —María, eu son mozo,
               pedir non me é dado;
               eu vou polo mundo
               para ver de ganalo.
               Galicia está probe,
               i á Habana me vou…
               ¡adiós, adiós, prendas
Follas Novas




               do meu corazón!




                                                           18
ROSALÍA DE CASTRO

                                               Escolma Poética




               Unha vez tiven un cravo
               cravado no corazón,
               i eu non me acordo xa se era aquel cravo
               de ouro, de ferro ou de amor.
               Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
               que tanto me atormentou,
               que día e noite sen cesar choraba
               cal chorou Madanela na pasión.
               «Señor, que todo o podedes,
               -pedinlle unha vez a Dios-
               daime valor para arrincar dun golpe
               cravo de tal condición».
               E doumo Dios e arrinqueino,
               mais... ¿quen pensara...? Despois
               xa non sentín máis tormentos
               nin soupen que era delor;
               soupen só que non sei que me faltaba
Follas Novas




               en onde o cravo faltou,
               e seica, seica tiven soidades
               daquela pena... ¡Bon Dios!
               Este barro mortal que envolve o esprito
               ¡quen o entenderá, Señor...!                        19
ROSALÍA DE CASTRO

                                             Escolma Poética




               Mais vé que o meu corazón
               é unha rosa de cen follas,
               i é cada folla unha pena
               que vive apegada noutra.


               Quitas unha, quitas dúas,
               penas me quedan de sobra;
               hoxe dez, mañán corenta,
               desfolla que te desfolla...


               ¡O corazón me arrincaras
               desque as arrincares todas!
Follas Novas




                                                                 20
ROSALÍA DE CASTRO

                                             Escolma Poética




               Tecín soia a miña tea,
               sembrei soia o meu nabal,
               soia vou por leña ó monte,
               soia a vexo arder no lar.
               Nin na fonte nin no prado,
               así morra coa carrax,
               el non ha de virme a erguer,
               el xa non me pousará.
               ¡Que tristeza! O vento soa,
               canta o grilo ó seu compás…
               Ferve o pote… mais, meu caldo,
               soíña te hei de cear.
               Cala, rula, os teus arrulos
               ganas de morrer me dan;
               cala, grilo, que si cantas,
               sento negras soïdás.
               O meu homiño perdeuse,
Follas Novas




               ninguén sabe en onde vai…
               Anduriña que pasache
               con el as ondas do mar;
               anduriña, voa, voa,
               ven e dime en onde está.                          21
ROSALÍA DE CASTRO

                                             Escolma Poética




               Miña casiña, meu lar          A vista se me barría,
               Miña casiña, meu lar,         que era aquel moito aunar.
               ¡cántas onciñas               Fun á porta dun veciño
               de ouro me vals!              que tiña todo a fartar;
                                             pedinlle unha pouca broa
               Vin de Santiago a Padrón
                                             e non ma quixo emprestar.
               cun chover que era arroiar,
                                             As bagullas me caían,
               descalciña de pé e perna,
                                             que me fora a avergonzar.
               sen comer nin almorzar.
                                             Volvinme á miña casiña
               Polo camiño atopaba
                                             alumada do luar;
               ricas cousas que mercar,
                                             rexistrei cada burato
               i anque ganas tiña delas,
                                             para ver de algo atopar;
               non tiña para as pagar.
                                             atopei fariña munda,
               Nos mesóns arrecendía
                                             un puñiño a todo dar.
               a cousas de bon gustar,
                                             Vino no fondo da artesa.
               mais o que non ten diñeiro
                                             Púxenme a Dios alabar.
               sen elas ten que pasar.
               Fun chegando á miña casa
Follas Novas




               toda rendida de andar,
               non tiña nela frangulla
               con que poidera cear.


                                                                        22
ROSALÍA DE CASTRO

                                                Escolma Poética




               Quixen alcender o lume,      Mentras escaravellaba

               non tiña pau que queimar;    na cinza, vin relumbrar

               funllo pedir a unha vella,   un ichavo da fertuna...

               tampouco mo quixo dar,       ¡Miña Virxe do Pilar!

               se non era un toxo verde     Correndiño, correndiño

               para me facer rabiar.        o fun en sal a empregar,

               Volvín triste como a noite   máis contenta que unhas páscoas

               a chorar que te chorar;      volvín a porta pechar,

               collín un feixe de palla,    e na miña horta pequena

               do meu leito o fun pillar;   unhas coles fun catar.

               rexistrei polo cortello      Con un pouco de unto vello

               mestres me puña a rezar      que o ben soupen aforrar,

               e vin uns garabulliños       e coa fariñiña munda,

               e fieitos a Dios dar.        xa tiña para cear.

               ¡Meu San Antón milagroso,
               xa tiven fogo no lar!
               Arrimei o pote ó lume
               con auga para quentar.
Follas Novas




                                                                         23
ROSALÍA DE CASTRO

                                              Escolma Poética




               Fixen un caldo de gloria
               que me soubo que la mar;
               fixen un bolo do pote
               que era cousa de envidiar;
               despóis que o tiven comido,
               volvín de novo a rezar;
               e despois que houben rezado,
               puxen a roupa a secar,
               que non tiña fío enxoito
               de haber tanto me mollar.
               Nantramentras me secaba,
               púxenme logo a catar
               para que me oíran
               en todo o lugar:


               Meu lar, meu fogar,
               ¡cántas onciñas
Follas Novas




               de ouro me vals!




                                                                  24
Casa - Museo Rosalía de Castro
Padrón (A Coruña)




ROSALÍA DE CASTRO
                                 25

Mais conteúdo relacionado

Destaque

Dinche o corazón na man
Dinche o corazón na manDinche o corazón na man
Dinche o corazón na manMarlou
 
Xentilicios
XentiliciosXentilicios
XentiliciosSanti P
 
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º BacharelatoManuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelatotrafegandoronseis
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castrotrafegandoronseis
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoxoanseca
 
Rosalía de Castro en imaxes
Rosalía de Castro en imaxesRosalía de Castro en imaxes
Rosalía de Castro en imaxesmati2011
 
ExpresióNs Latinas 3º Trimestre
ExpresióNs Latinas 3º TrimestreExpresióNs Latinas 3º Trimestre
ExpresióNs Latinas 3º TrimestreAlfonso Blanco
 
Cantigas De Santa MaríA Alfonso X
Cantigas De Santa MaríA Alfonso XCantigas De Santa MaríA Alfonso X
Cantigas De Santa MaríA Alfonso Xisapintospo
 
O galego na historia: da Idade Media aos Séculos Escuros
O galego na historia: da Idade Media aos Séculos EscurosO galego na historia: da Idade Media aos Séculos Escuros
O galego na historia: da Idade Media aos Séculos EscurosGalego en Berlín
 
Cantigas de amor duas análises
Cantigas de amor duas análisesCantigas de amor duas análises
Cantigas de amor duas análisesheleira02
 

Destaque (20)

Dinche o corazón na man
Dinche o corazón na manDinche o corazón na man
Dinche o corazón na man
 
Xentilicios
XentiliciosXentilicios
Xentilicios
 
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º BacharelatoManuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
Manuel Curros Enríquez, 1º Bacharelato
 
Cantiga de escarnio
Cantiga de escarnioCantiga de escarnio
Cantiga de escarnio
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
 
Antología Rosalía de Castro
Antología Rosalía de CastroAntología Rosalía de Castro
Antología Rosalía de Castro
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
A cantiga de amigo
A cantiga de amigoA cantiga de amigo
A cantiga de amigo
 
Rosalía de Castro en imaxes
Rosalía de Castro en imaxesRosalía de Castro en imaxes
Rosalía de Castro en imaxes
 
ExpresióNs Latinas 3º Trimestre
ExpresióNs Latinas 3º TrimestreExpresióNs Latinas 3º Trimestre
ExpresióNs Latinas 3º Trimestre
 
Cantigas De Santa MaríA Alfonso X
Cantigas De Santa MaríA Alfonso XCantigas De Santa MaríA Alfonso X
Cantigas De Santa MaríA Alfonso X
 
Cantigas de santa maría
Cantigas de santa maríaCantigas de santa maría
Cantigas de santa maría
 
Prosa medieval
Prosa medievalProsa medieval
Prosa medieval
 
EvolucióN FonéTica
EvolucióN FonéTicaEvolucióN FonéTica
EvolucióN FonéTica
 
A narrativa medieval
A narrativa medievalA narrativa medieval
A narrativa medieval
 
O galego na historia: da Idade Media aos Séculos Escuros
O galego na historia: da Idade Media aos Séculos EscurosO galego na historia: da Idade Media aos Séculos Escuros
O galego na historia: da Idade Media aos Séculos Escuros
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Cousas
CousasCousas
Cousas
 
Cantigas de amor duas análises
Cantigas de amor duas análisesCantigas de amor duas análises
Cantigas de amor duas análises
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 

Semelhante a Escolma Rosalía de Castro

Semelhante a Escolma Rosalía de Castro (20)

Recitado
Recitado Recitado
Recitado
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castro
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010
 
Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castro
 
Alborada
AlboradaAlborada
Alborada
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimental
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Adios ríos adios fontes
Adios ríos adios fontesAdios ríos adios fontes
Adios ríos adios fontes
 
Cantigas Galegas
Cantigas GalegasCantigas Galegas
Cantigas Galegas
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Tempo2
Tempo2Tempo2
Tempo2
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro   Rosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Poemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaPoemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalía
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 

Mais de Teresa Meixide Portos (20)

Roberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal BolañoRoberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal Bolaño
 
Curros
CurrosCurros
Curros
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Traballo Entroido
Traballo EntroidoTraballo Entroido
Traballo Entroido
 
A lingua sabe a pan
A lingua sabe a panA lingua sabe a pan
A lingua sabe a pan
 
En imaxes: 1900-1939
En imaxes: 1900-1939En imaxes: 1900-1939
En imaxes: 1900-1939
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
A poesía das Irmandades da Fala
A poesía das Irmandades da FalaA poesía das Irmandades da Fala
A poesía das Irmandades da Fala
 
II Día da Ciencia en Galego
II  Día da Ciencia en GalegoII  Día da Ciencia en Galego
II Día da Ciencia en Galego
 
Feiras de Galicia
Feiras de GaliciaFeiras de Galicia
Feiras de Galicia
 
María Casares
María CasaresMaría Casares
María Casares
 
Programación 2011 12
Programación 2011 12Programación 2011 12
Programación 2011 12
 
Tallador de madeira
Tallador de madeiraTallador de madeira
Tallador de madeira
 
Muiñeiros
Muiñeiros Muiñeiros
Muiñeiros
 
Cesteiros
CesteirosCesteiros
Cesteiros
 
Lois Pereiro
Lois PereiroLois Pereiro
Lois Pereiro
 
Guión lecturas 3º eso
Guión lecturas 3º esoGuión lecturas 3º eso
Guión lecturas 3º eso
 
Lois Pereiro
Lois PereiroLois Pereiro
Lois Pereiro
 
Lois Pereiro
Lois PereiroLois Pereiro
Lois Pereiro
 
As bibliotecas do mundo
As bibliotecas do mundoAs bibliotecas do mundo
As bibliotecas do mundo
 

Escolma Rosalía de Castro

  • 1. Escolma Poética ROSALÍA DE CASTRO IES de Curtis Curso 2012-13
  • 2. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética Cantares Gallegos Edición Juan Compañel, Vigo, 1863 2
  • 3. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética Nasín cando as plantas nasen, no mes das flores nasín, nunha alborada mainiña, nunha alborada de abril. Por iso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir, con espiñas para todos, sen ningunha para ti. ¿De que, pois, te queixas, di, Desque te quixen, ingrato, cando sabes que morrera todo acabou para min, por te contemplar felís? que eras ti para min todo, Duro cravo me encravaches miña gloria e meu vivir. con ese teu maldesir, ¿De que, pois, te queixas, Mauro? con ese teu pedir tolo que non sei que quer de min, pois dinche canto dar puden avariciosa de ti. Cantares Gallegos O meu corasón che mando cunha chave para o abrir, nin eu teño máis que darche, nin ti máis que me pedir 3
  • 4. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética Campanas de Bastabales, Non me roubaran, traidores, cando vos oio tocar, ¡ai!, uns amores toliños, mórrome de soidades. ¡ai!, uns toliños amores. I Que os amores xa fuxiron, Cando vos oio tocar, as soidades viñeron... campaniñas, campaniñas, de pena me consumiron. sen querer torno a chorar. II Cando de lonxe vos oio, Aló pola mañanciña penso que por min chamades, subo enriba dos outeiros, e das entrañas me doio. lixeiriña, lixeiriña. Dóiome de dor ferida, Como unha cabra lixeira, que antes tiña vida enteira, para oír das campaniñas i hoxe teño media vida. a badalada primeira. Cantares Gallegos Solo media me deixaron A primeira da alborada os que de aló me trouxeron, que me traen os airiños os que de aló me roubaron. por me ver máis consolada. Por me ver menos chorosa, 4 nas súas alas ma traen rebuldeira e queixumbrosa.
  • 5. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética Queixumbrosa e retemblando Cal se deita, cal se esconde, por entre a verde espesura, mentras tanto corre a lúa por entre o verde arborado. sen saberse para onde. Para onde vai tan soia, E pola verde pradeira, sen que aos tristes que a miramos por riba da veiga llana, nin nos fale, nin nos oia. rebuldeira e rebuldeira. Que si oíra e nos falara, III moitas cousas lle dixera, Paseniño, paseniño, moitas cousas lle contara. vou pola tarde calada, de Bastabales camiño. IV Cada estrela, o seu diamante; Camiño do meu contento; cada nube, branca pluma; i en tanto o sol non se esconde, triste a lúa marcha diante. nunha pedriña me sento. Diante marcha clarexando Cantares Gallegos E sentada estou mirando veigas, prados, montes, ríos, como a lúa vai saíndo, onde o día vai faltando. como o sol se vai deitando. Falta o día, e noite escura baixa, baixa pouco a pouco, por montañas de verdura. 5
  • 6. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética De verdura e de follaxe, Vén a noite..., morre o día, salpicada de fontiñas as campanas tocan lonxe baixo a sombra da ramaxe. o tocar da Ave María. Da ramaxe onde cantan Elas tocan pra que rece; paxariños piadores eu non rezo, que os saloucos, que coa aurora se levantan. afogándome parece que por min ten que rezar. Que coa noite se adormecen para que canten os grilos Campanas de Bastabales, que coas sombras aparecen. cando vos oio tocar, mórrome de soidades. V Corre o vento, o río pasa; corren nubes, nubes corren camiño da miña casa. Miña casa, meu abrigo: Cantares Gallegos vanse todos, eu me quedo sen compaña, nin amigo. Eu me quedo contemplando as laradas das casiñas por quen vivo suspirando. 6
  • 7. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética — Meniña, ti a máis fermosa Mais, de onde queira que sexas, que a luz do sol alumbrara; tristísima pasionaria, ti a estrela da mañanciña por ti sento un amor puro que en puras tintas se baña; que pouco a pouco me mata. ti a flor das floridas cumbres, Por ti, de noite e de día, ti a ninfa das frescas augas, cal vaga sombra encantada, ti como folla do lirio preto do teu vivir ximo, branca, pura e contristada ximo cos ventos que pasan ¿Quen es, fada sen nome facendo vibrar sonoras de tan dormentes miradas, sentidas cordas dun harpa, de tan dorida sonrisa que con ecos tembladores de feituriña tan cándida? dos meus amores che falan. ¿Quisais de muller naceches Mais dime: ¿por que estás muda, sendo tan limpia e tan casta? di por que estás solitaria, ¿Quisais das brisas da tarde, di por que vives nos montes quisais das brétemas vagas cos paxariños que cantan, Cantares Gallegos das burbulliñas dun río, mentras ti choras e choras quisais dunha nube branca? ó pé dun olmo sentada, ¿Ou as espumas do mare toda de loito cuberta, a un raio de sol xuntadas toda cuberta de lágrimas. pousáronte ó ser de aurora nunha cunchiña de nácar? 7
  • 8. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética — Déixame vivir nos montes, as suaves cordas dun harpa déixame estar solitaria, que nin dá vida ós que morren déixame cos paxariños nin as tristes tombas levanta. que en derredor de min cantan. Cala, galán, cos cantares Déixame vestir de loito, que con paixón de amor cantas, cuberta por tristes bágoas, que os meus amores morreron i eco de homes non escoite i aló antre as tombas me agardan. nin son de harmoniosas harpas, Para min morreu a dicha, que eses sons de amor á vida morreu tamén a esperanza, rompen as miñas entrañas. cubreuse o seu de tristura ¿Si deles, galán, por sorte i a terra de ásperas plantas. doce consolo arrancaras Déixame vivir nos montes, para un dor que non ten cura, déixame estar solitaria, para un mal que non se acaba! déixame vestir de loito, ¡Si ó seu vibrar sonoroso cuberta de amargas lágrimas. as tombas se levantaran i o polvo que nelas mora Que a rula que viudou, Cantares Gallegos volto a vivir se axitara…! xurou de non ser casada, Mais, cala, galán…, non toques nin pousar en ramo verde nin beber da iauga clara. 8
  • 9. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética ¡Adiós groria! ¡Adiós contento! Adiós, ríos; adios, fontes; ¡Deixo a casa onde nacín, . adios, regatos pequenos; deixo a aldea que conozo adios, vista dos meus ollos: por un mundo que non vin! non sei cando nos veremos. Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, Miña terra, miña terra, deixo, en fin, canto ben quero... terra onde me eu criei, ¡Quen pudera non deixar!... hortiña que quero tanto, ......................................... figueiriñas que prantei, Mais son pobre e, ¡mal pecado!, prados, ríos, arboredas, a miña terra non é miña, pinares que move o vento, que ata lle dan de prestado paxariños piadores, a beira por que camiña casiña do meu contento, ó que naceu desdichado. muíño dos castañares, Téñovos, pois, que deixar, noites claras de luar, hortiña que tanto amei, campaniñas trimbadoras, fogueiriña do meu lar, Cantares Gallegos da igrexiña do lugar, arboriños que plantei, amoriñas das silveiras fontiña do cabañar. que eu lle daba ó meu amor, Adiós, adiós, que me vou, camiñiños antre o millo, herbiñas do camposanto, ¡adios, para sempre adios! onde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto, 9 terriña que nos criou.
  • 10. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética Adiós Virxe da Asunción, branca como un serafín; . lévovos no corazón: Pedídelle a Dios por min, miña Virxe da Asunción. Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar. Xa se oien lonxe, máis lonxe Cada balada é un dolor; voume soio, sen arrimo... ¡Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós! ¡adiós tamén, queridiña!... ¡adiós por sempre quizais!... Dígoche este adiós chorando desde a beiriña do mar. Cantares Gallegos Non me olvides, queridiña, si morro de soidás... tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!,¡meu lar! 10
  • 11. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética Follas Novas Madrid, A Habana, 1880 11
  • 12. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética Daquelas que cantan as pombas i as flores, todos din que teñen alma de muller; pois eu que non as canto, Virxe da Paloma, ¡ai! ¿de que a terei? Follas Novas 12
  • 13. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética A XUSTICIA POLA MAN Aqués que tén fama de honrados na vila roubáronme tanta brancura que eu tiña: botáronme estrume nas galas dun día, a roupa de cote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron en onde eu vivira; sen lar, sen abrigo, morei nas curtiñas; ó raso coas lebres dormín nas campías; meus fillos… ¡meus anxos!… que tanto eu quería ¡morreron, morreron coa fame que tiñan! Quedei deshonrada, mucháronme a vida, fixéronme un leito de toxos e silvas, i en tanto, os raposos de sangre maldita, tranquilos nun leito de rosas durmían. —Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería! De min se mofaron, vendeume a xusticia. Follas Novas —Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda… tan alto que estaba, bon Dios non me oíra. 13
  • 14. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética A XUSTICIA POLA MAN Aqués que tén fama de honrados na vila roubáronme tanta brancura que eu tiña: botáronme estrume nas galas dun día, a roupa de cote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron en onde eu vivira; sen lar, sen abrigo, morei nas curtiñas; ó raso coas lebres dormín nas campías; meus fillos… ¡meus anxos!… que tanto eu quería ¡morreron, morreron coa fame que tiñan! Quedei deshonrada, mucháronme a vida, fixéronme un leito de toxos e silvas, i en tanto, os raposos de sangre maldita, tranquilos nun leito de rosas durmían. —Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería! De min se mofaron, vendeume a xusticia. Follas Novas —Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda… tan alto que estaba, bon Dios non me oíra. 14
  • 15. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética Estonces, cal loba doente ou ferida, dun salto con rabia pillei a fouciña, rondei pasenino (nin as herbas sentían) I a lúa escondíase, i a fera dormía cos seus compañeiros en cama mullida. Mireinos con calma, i as mans estendidas, dun golpe ¡dun soio! deixeinos sen vida. I ó lado, contenta, senteime das vítimas, tranquila, esperando pola alba do día. I estonces… estonces cumpreuse a xusticia: eu, neles; i as leises, na man que os ferira. Follas Novas 15
  • 16. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética XAN Xan vai coller leña ó monte, Pepa, a afortunada Pepa, Xan vai a compoñer cestos, muller do Xan que sabemos, Xan vai a podar as viñas, mentres seu home traballa, Xan vai a apañar o esterco, ela lava os pés no rego, e leva o fol ó muíño, cátalle as pulgas ó gato, e trai o estrume ó cortello, peitea os longos cabelos, e vai á fonte por auga, bótalle millo ás galiñas, e vai á misa cos nenos, marmura co irmán do crego, e fai o leito i o caldo. mira se hai ovos no niño, Xan, en fin, é un Xan completo, bota un ollo ós mazanceiros deses que a cada muller e lambe a nata do leite, lle conviña un polo menos, e se pode bota un neto pero cando un busca un Xan, coa comadre, que agachado casi sempre atopa un Pedro. traillo embaixo do mantelo. Follas Novas 16
  • 17. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética E cando Xan pola noite chega cansado e famento, ela xa o espera entre as mantas, e ó velo entrar dille quedo: —Por Dios non barulles moito, que me estou mesmo morrendo. —¿Pois que tes, ña mulleriña? —¿Que hei de ter? Deita eses nenos, que esta madre roe en min cal roe un can nun codelo, i ó cabo ha de dar comigo nos terrós do simiterio… —Pois, ña Pepa, toma un trago de risolio que aquí teño, e durme, ña mulleriña, mentres os meniños deito. Follas Novas De bágoas se enchen os ollos de Xan ó ver tales feitos; mas non temás, que antre mil non hai máis que un anxo antre os demos; non hai máis que un atormentado 17 antre mil que dan tormentos.
  • 18. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética P ¡ RA A HABANA! I Vendéronlle os bois, vendéronlle as vacas, o pote do caldo i a manta da cama. Vendéronlle o carro i as leiras que tiña; deixárono soio coa roupa vestida. —María, eu son mozo, pedir non me é dado; eu vou polo mundo para ver de ganalo. Galicia está probe, i á Habana me vou… ¡adiós, adiós, prendas Follas Novas do meu corazón! 18
  • 19. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentou, que día e noite sen cesar choraba cal chorou Madanela na pasión. «Señor, que todo o podedes, -pedinlle unha vez a Dios- daime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición». E doumo Dios e arrinqueino, mais... ¿quen pensara...? Despois xa non sentín máis tormentos nin soupen que era delor; soupen só que non sei que me faltaba Follas Novas en onde o cravo faltou, e seica, seica tiven soidades daquela pena... ¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito ¡quen o entenderá, Señor...! 19
  • 20. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética Mais vé que o meu corazón é unha rosa de cen follas, i é cada folla unha pena que vive apegada noutra. Quitas unha, quitas dúas, penas me quedan de sobra; hoxe dez, mañán corenta, desfolla que te desfolla... ¡O corazón me arrincaras desque as arrincares todas! Follas Novas 20
  • 21. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética Tecín soia a miña tea, sembrei soia o meu nabal, soia vou por leña ó monte, soia a vexo arder no lar. Nin na fonte nin no prado, así morra coa carrax, el non ha de virme a erguer, el xa non me pousará. ¡Que tristeza! O vento soa, canta o grilo ó seu compás… Ferve o pote… mais, meu caldo, soíña te hei de cear. Cala, rula, os teus arrulos ganas de morrer me dan; cala, grilo, que si cantas, sento negras soïdás. O meu homiño perdeuse, Follas Novas ninguén sabe en onde vai… Anduriña que pasache con el as ondas do mar; anduriña, voa, voa, ven e dime en onde está. 21
  • 22. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética Miña casiña, meu lar A vista se me barría, Miña casiña, meu lar, que era aquel moito aunar. ¡cántas onciñas Fun á porta dun veciño de ouro me vals! que tiña todo a fartar; pedinlle unha pouca broa Vin de Santiago a Padrón e non ma quixo emprestar. cun chover que era arroiar, As bagullas me caían, descalciña de pé e perna, que me fora a avergonzar. sen comer nin almorzar. Volvinme á miña casiña Polo camiño atopaba alumada do luar; ricas cousas que mercar, rexistrei cada burato i anque ganas tiña delas, para ver de algo atopar; non tiña para as pagar. atopei fariña munda, Nos mesóns arrecendía un puñiño a todo dar. a cousas de bon gustar, Vino no fondo da artesa. mais o que non ten diñeiro Púxenme a Dios alabar. sen elas ten que pasar. Fun chegando á miña casa Follas Novas toda rendida de andar, non tiña nela frangulla con que poidera cear. 22
  • 23. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética Quixen alcender o lume, Mentras escaravellaba non tiña pau que queimar; na cinza, vin relumbrar funllo pedir a unha vella, un ichavo da fertuna... tampouco mo quixo dar, ¡Miña Virxe do Pilar! se non era un toxo verde Correndiño, correndiño para me facer rabiar. o fun en sal a empregar, Volvín triste como a noite máis contenta que unhas páscoas a chorar que te chorar; volvín a porta pechar, collín un feixe de palla, e na miña horta pequena do meu leito o fun pillar; unhas coles fun catar. rexistrei polo cortello Con un pouco de unto vello mestres me puña a rezar que o ben soupen aforrar, e vin uns garabulliños e coa fariñiña munda, e fieitos a Dios dar. xa tiña para cear. ¡Meu San Antón milagroso, xa tiven fogo no lar! Arrimei o pote ó lume con auga para quentar. Follas Novas 23
  • 24. ROSALÍA DE CASTRO Escolma Poética Fixen un caldo de gloria que me soubo que la mar; fixen un bolo do pote que era cousa de envidiar; despóis que o tiven comido, volvín de novo a rezar; e despois que houben rezado, puxen a roupa a secar, que non tiña fío enxoito de haber tanto me mollar. Nantramentras me secaba, púxenme logo a catar para que me oíran en todo o lugar: Meu lar, meu fogar, ¡cántas onciñas Follas Novas de ouro me vals! 24
  • 25. Casa - Museo Rosalía de Castro Padrón (A Coruña) ROSALÍA DE CASTRO 25