SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 22
Baixar para ler offline
• Xeralmente a procrastinación
consiste en aprazar tarefas que
deberiamos facer, escusándonos, e
sentindo malestar (case sempre
psicolóxico) a causa da culpa.
• A presión do tempo ou do exceso de
tarefas xerará estrés e os resultados
case sempre serán peores.
• Á marxe das escusas dadas, a causa
disto é sentir incomodidade por facer
algo no presente, e preferir algunha
recompensa inmediata (ocio, redes
sociais, etc…).
• Imaxina algo que tes que facer dende
hai tempo e que aínda non
empezaches. Ponte que pretendes
empezar agora. Que sentes? Ahí o tes.
• Temos unha “zona de confort”.
Aquilo que non nos custa facer e que
gozamos ao instante.
• Pero o que non percibe o
procrastinador e que está a perder
un ben que no futuro podería ter
aproveitado: o tempo!
• “Tes que facelo ou queres facelo?” A
motivación, se ven dende fóra, non
nace en ti, é moito máis débil.
• Non é sinxelo, pero hai que aprender
a ser conscientes do beneficio a
longo prazo, tan conscientes que
“desexemos” facer a tarefa en
cuestión.
• De feito a sensación vai ser de
mentirse a un mesmo... Pero non te
obsesiones co final, simplemente
comeza: pode que os pasos iniciais
que deas che motiven un pouco
máis. Non lle deas voltas, non te
queixes, acepta o malestar e tenta
conseguir algo que che motive a
seguir adiante.
• “Tes que facelo ou queres facelo?” A
motivación, se ven dende fóra, non
nace en ti, é moito máis débil.
• Non é sinxelo, pero hai que aprender
a ser conscientes do beneficio a
longo prazo, tan conscientes que
“desexemos” facer a tarefa en
cuestión.
13 consellos
1. Observa os teus “debería”...
Así como os “teño que”, “estou obrigado a”, etc... Ás
veces a falta de liberdade empeora a nosa
disposición para traballar. Lembra tentar de cambiar
as obrigas por desexos, en vez de “teño que facer
este traballo”, “quero facer este traballo”.
2. Analiza as túas escusas razoablemente
Fai unha lista coas escusas que che impiden acabar
unha tarefa. Examina cada unha das escusas e
escribe un pensamento máis realista. “Non estou de
humor para isto” pódese cambiar por “estar de
humor non é exactamente o que fai que o traballo
se faga”.
3. Pensa en afirmacións motivadoras
Repetirse unha frase ou anotala nun post-it. Algo ao
teu alcance que che axude a perseverar. Por
exemplo: “unha vez acabe estarei libre”, ou “se o
fago agora, non será unha distracción outro día”.
4. Fai unha lista de tarefas pendentes
Escribe nunha lista as tarefas que tes que facer na
semana/día/mes e cunha cruz vai marcando as que
vas completando. Na lista poderás ver exactamente
o traballo pendente, e seguro que che sentirás
mellor cando vexas que conseguiches facer moitas
cousas.
5. Establece prioridades
Na lista de tarefas pendentes, dálle un orde de
acción ás tarefas segundo a súa importancia, e logo
concéntrate só nunha de cada vez.
6. Divide a tarefa
Importantísimo establecer uns pasos para un
determinado proxecto, sendo cada un deles
alcanzable cun esforzo menor. Incluso se non son
agradables, se son curtos manexarémolos mellor.
7. Vixía o tempo
Ás veces non somos conscientes do tempo que nos
vai levar facer ben unha tarefa. Mellor que tolear
unha semana antes de ter que entregar un traballo,
trata de calcular canto tempo real levará facer as
tarefas precisas. Ao mellor sóbrache tempo e todo.
8. Maniféstate
Escribe para ti mesmo un contrato e fírmao. Ou fala
cun amigo de confianza acerca do plan de acabar
unha tarefa unha data determinada. De feito, non
gardar para si os obxectivos e compartilos coas
persoas adecuadas pode axudar a que en momentos
de fraqueza recibamos apoios.
9. Organízate.
Ten a túa área de traballo limpa e con todo material
necesario a man. Elimina distraccións do ambiente
como a televisión, o teléfono ou o ordenador. Avisa
aos demais de que durante ese tempo non vas a
estar dispoñible.
10. Controla o estrés
Mediante técnicas xa coñecidas como: respiración
profunda, relaxación progresiva, visualización... Pero
tamén exercicio físico, humor e música.
11. Empeza canto antes
Non esperes a sentirte inspirado para empezar a
escribir. Vai escribindo o que che ven á cabeza, xa o
revisarás máis tarde. Un pequeno paso inicia o
camiño.
12. Recompénsate por acadar
pequenas metas
En vez de pasar toda a tarde charlando polo móbil,
faino só cando termines de facer o traballo marcado,
a modo de recompensa.
13. Lembra todo o que xa conseguiches
En vez de sentirte mal por non facer o suficiente,
pensa de xeito máis positivo tendo constancia do
que si fixeches.
E celebra cando completes unha tarefa. Ten en
mente unha recompensa específica para cando o
proxecto esta terminado. Unha cea, unha viaxe de
fin de semana, unha festa... A celebración pode ser
proporcional á dificultade da tarefa.
•
•
•

http://www.profesion.es/procrastinacion-que-es-y-como-tratarla/
http://greatist.com/happiness/how-not-to-procrastinate-reasonprocrastination
http://www.carroll.edu/students/wellness/counseling/time.cc

Mais conteúdo relacionado

Mais de telecocurso1

13 estratexias-toma-apuntamentos.pptx
13 estratexias-toma-apuntamentos.pptx13 estratexias-toma-apuntamentos.pptx
13 estratexias-toma-apuntamentos.pptxtelecocurso1
 
Ansiedade nos exames
Ansiedade nos examesAnsiedade nos exames
Ansiedade nos examestelecocurso1
 
Traballo en grupo - Ferramentas software
Traballo en grupo - Ferramentas softwareTraballo en grupo - Ferramentas software
Traballo en grupo - Ferramentas softwaretelecocurso1
 
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivoTraballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivotelecocurso1
 
Resolución de problemas II
Resolución de problemas IIResolución de problemas II
Resolución de problemas IItelecocurso1
 
Resolucion de problemas I
Resolucion de problemas IResolucion de problemas I
Resolucion de problemas Itelecocurso1
 
4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet
4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet 4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet
4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet telecocurso1
 
Mapas conceptuais - ferramentas
Mapas conceptuais - ferramentasMapas conceptuais - ferramentas
Mapas conceptuais - ferramentastelecocurso1
 
Preparando os exames finais
Preparando os exames finaisPreparando os exames finais
Preparando os exames finaistelecocurso1
 
Método Cornell para tomar apuntamentos
Método Cornell para tomar apuntamentosMétodo Cornell para tomar apuntamentos
Método Cornell para tomar apuntamentostelecocurso1
 
5 apps para establecer e monitorizar metas.
5 apps para establecer e monitorizar metas.5 apps para establecer e monitorizar metas.
5 apps para establecer e monitorizar metas.telecocurso1
 
Establecimiento de metas
Establecimiento de metasEstablecimiento de metas
Establecimiento de metastelecocurso1
 
Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.
Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.
Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.telecocurso1
 

Mais de telecocurso1 (15)

13 estratexias-toma-apuntamentos.pptx
13 estratexias-toma-apuntamentos.pptx13 estratexias-toma-apuntamentos.pptx
13 estratexias-toma-apuntamentos.pptx
 
Ansiedade nos exames
Ansiedade nos examesAnsiedade nos exames
Ansiedade nos exames
 
Traballo en grupo - Ferramentas software
Traballo en grupo - Ferramentas softwareTraballo en grupo - Ferramentas software
Traballo en grupo - Ferramentas software
 
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivoTraballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo
 
Resolución de problemas II
Resolución de problemas IIResolución de problemas II
Resolución de problemas II
 
Resolucion de problemas I
Resolucion de problemas IResolucion de problemas I
Resolucion de problemas I
 
4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet
4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet 4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet
4 fontes de aprendizaxe dispoñibles en Internet
 
Mapas conceptuais - ferramentas
Mapas conceptuais - ferramentasMapas conceptuais - ferramentas
Mapas conceptuais - ferramentas
 
Preparando os exames finais
Preparando os exames finaisPreparando os exames finais
Preparando os exames finais
 
Memoria
MemoriaMemoria
Memoria
 
Mapas mentales
Mapas mentales Mapas mentales
Mapas mentales
 
Método Cornell para tomar apuntamentos
Método Cornell para tomar apuntamentosMétodo Cornell para tomar apuntamentos
Método Cornell para tomar apuntamentos
 
5 apps para establecer e monitorizar metas.
5 apps para establecer e monitorizar metas.5 apps para establecer e monitorizar metas.
5 apps para establecer e monitorizar metas.
 
Establecimiento de metas
Establecimiento de metasEstablecimiento de metas
Establecimiento de metas
 
Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.
Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.
Diagrama de 4 cuadrantes de S. Covey - Xestión do tempo.
 

Procrastinación - que é e como combatela

  • 1.
  • 2. • Xeralmente a procrastinación consiste en aprazar tarefas que deberiamos facer, escusándonos, e sentindo malestar (case sempre psicolóxico) a causa da culpa. • A presión do tempo ou do exceso de tarefas xerará estrés e os resultados case sempre serán peores.
  • 3. • Á marxe das escusas dadas, a causa disto é sentir incomodidade por facer algo no presente, e preferir algunha recompensa inmediata (ocio, redes sociais, etc…). • Imaxina algo que tes que facer dende hai tempo e que aínda non empezaches. Ponte que pretendes empezar agora. Que sentes? Ahí o tes.
  • 4. • Temos unha “zona de confort”. Aquilo que non nos custa facer e que gozamos ao instante. • Pero o que non percibe o procrastinador e que está a perder un ben que no futuro podería ter aproveitado: o tempo!
  • 5. • “Tes que facelo ou queres facelo?” A motivación, se ven dende fóra, non nace en ti, é moito máis débil. • Non é sinxelo, pero hai que aprender a ser conscientes do beneficio a longo prazo, tan conscientes que “desexemos” facer a tarefa en cuestión.
  • 6. • De feito a sensación vai ser de mentirse a un mesmo... Pero non te obsesiones co final, simplemente comeza: pode que os pasos iniciais que deas che motiven un pouco máis. Non lle deas voltas, non te queixes, acepta o malestar e tenta conseguir algo que che motive a seguir adiante.
  • 7. • “Tes que facelo ou queres facelo?” A motivación, se ven dende fóra, non nace en ti, é moito máis débil. • Non é sinxelo, pero hai que aprender a ser conscientes do beneficio a longo prazo, tan conscientes que “desexemos” facer a tarefa en cuestión.
  • 9. 1. Observa os teus “debería”... Así como os “teño que”, “estou obrigado a”, etc... Ás veces a falta de liberdade empeora a nosa disposición para traballar. Lembra tentar de cambiar as obrigas por desexos, en vez de “teño que facer este traballo”, “quero facer este traballo”.
  • 10. 2. Analiza as túas escusas razoablemente Fai unha lista coas escusas que che impiden acabar unha tarefa. Examina cada unha das escusas e escribe un pensamento máis realista. “Non estou de humor para isto” pódese cambiar por “estar de humor non é exactamente o que fai que o traballo se faga”.
  • 11. 3. Pensa en afirmacións motivadoras Repetirse unha frase ou anotala nun post-it. Algo ao teu alcance que che axude a perseverar. Por exemplo: “unha vez acabe estarei libre”, ou “se o fago agora, non será unha distracción outro día”.
  • 12. 4. Fai unha lista de tarefas pendentes Escribe nunha lista as tarefas que tes que facer na semana/día/mes e cunha cruz vai marcando as que vas completando. Na lista poderás ver exactamente o traballo pendente, e seguro que che sentirás mellor cando vexas que conseguiches facer moitas cousas.
  • 13. 5. Establece prioridades Na lista de tarefas pendentes, dálle un orde de acción ás tarefas segundo a súa importancia, e logo concéntrate só nunha de cada vez.
  • 14. 6. Divide a tarefa Importantísimo establecer uns pasos para un determinado proxecto, sendo cada un deles alcanzable cun esforzo menor. Incluso se non son agradables, se son curtos manexarémolos mellor.
  • 15. 7. Vixía o tempo Ás veces non somos conscientes do tempo que nos vai levar facer ben unha tarefa. Mellor que tolear unha semana antes de ter que entregar un traballo, trata de calcular canto tempo real levará facer as tarefas precisas. Ao mellor sóbrache tempo e todo.
  • 16. 8. Maniféstate Escribe para ti mesmo un contrato e fírmao. Ou fala cun amigo de confianza acerca do plan de acabar unha tarefa unha data determinada. De feito, non gardar para si os obxectivos e compartilos coas persoas adecuadas pode axudar a que en momentos de fraqueza recibamos apoios.
  • 17. 9. Organízate. Ten a túa área de traballo limpa e con todo material necesario a man. Elimina distraccións do ambiente como a televisión, o teléfono ou o ordenador. Avisa aos demais de que durante ese tempo non vas a estar dispoñible.
  • 18. 10. Controla o estrés Mediante técnicas xa coñecidas como: respiración profunda, relaxación progresiva, visualización... Pero tamén exercicio físico, humor e música.
  • 19. 11. Empeza canto antes Non esperes a sentirte inspirado para empezar a escribir. Vai escribindo o que che ven á cabeza, xa o revisarás máis tarde. Un pequeno paso inicia o camiño.
  • 20. 12. Recompénsate por acadar pequenas metas En vez de pasar toda a tarde charlando polo móbil, faino só cando termines de facer o traballo marcado, a modo de recompensa.
  • 21. 13. Lembra todo o que xa conseguiches En vez de sentirte mal por non facer o suficiente, pensa de xeito máis positivo tendo constancia do que si fixeches. E celebra cando completes unha tarefa. Ten en mente unha recompensa específica para cando o proxecto esta terminado. Unha cea, unha viaxe de fin de semana, unha festa... A celebración pode ser proporcional á dificultade da tarefa.