SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 27
Baixar para ler offline
EROS

Nomes: Eros (grego)
        Cupido (Romano)
Fillo de Afrodita, ou xurdido
do Caos, segundo Hesíodo.
É neno porque é inocente.
Leva arco e frechas coas
que fire
Leva ás veces os ollos
vendados porque é cego
AFRODITA
     Nace da espuma do mar,
     producida o caer nela o
     semen de Urano. Segundo
     outras versións é filla de
     Zeus e Dione.
     Deusa do amor, filla de
     Urano e nai de Eros
     Esposo: Hefesto, o ferreiro
     dos deuses
     Amantes: Ares e Adonis
     (entre outros)
     Era a única deusa que os
     antigos representaban
     espida
DIFERENTES TIPOS DE AMOR



 Cando pensamos nunha historia de amor, os primeiros protagonistas que
imaxinamos soen ser un home e unha muller, ou sexa unha parella heterosexual. Na
antigüidade, sobre todo en Grecia, a situación de discriminación da muller non
facilitaba relacións normais home-muller, xa que esta, se era decente, non saía de
casa nin falaba con homes.
 Os antigos gregos e romanos, xeralmente limitaban as súas relacións coas mulleres
á procreación, e para o disfrute concibían diferentes tipos de relacións amorosas.
SAFO DE LESBOS, S. VIA.C.
Parece un deus ese home
que senta fronte a ti escoitándote moi preto
mentres falas docemente e ris cun xeito encantador.
Mais a min o corazón báteme no peito sen parar
e con só mirarte un intre enmudezo,
a lingua rómpeme,
un lene lume acéndese baixo a pel,
non vexo cos ollos, enxórdanme os oídos,
asolágame a suor, un tremor sacódeme enteira,
síntome máis pálida que a herba seca e paréceme que
vou morrer...
MIMNERMO (s. VII a. C.)
¿Que vida hai ou que pracer sen a dourada Afrodita?
Quixera morrer cando xa non me importe isto,
nin a paixón furtiva nin o leito nin os favores doces como o mel,
flores de xuventude desexadas por homes e mulleres.
Despois que se abate a penosa vellez,
que volve repugnante mesmo a un home fermoso,
sempre lle desgastan o corazón terribles preocupacións,
e non goza vendo a luz do sol,
senón que se fai odioso AOs mozos, e desprezable ás mulleres.
Tan dura fixeron os deuses a vellez
UNHA OPINIÓN...




Mantemos amantes para o pracer, concubinas para
que se ocupen de nós e esposas para concibir fillos
lexítimos e para que se ocupen da casa.
                                  Demóstenes, s. iv a.
A PEDERASTIA




 As relacións amorosas entre un adulto (O AMANTE) e un neno (o
AMADO), tiñan un carácter formativo para os antigos gregos, eran unha
fase máis da educación.
 Hoxe en día considerámolas como un abuso de menores e están
castigadas.
AMOR PLATÓNICO
 Segundo Platón, o amor ideal é
o amor da alma, por riba do amor
corporal:

 “É home vil aquel namorado
vulgar, que ama máis o corpo que
a alma, pois o seu amor non pode
ser duradeiro, xa que ama una
cousa que non dura...En cambio,
o que ama unha alma fermosa é
fiel toda a súa vida, pois o que
ama é duradeiro”.
               Platón, Banquete
MITO DO ANDRÓXINO
                      Había tres tipos de seres: os homes, a mulleres e o andróxino,
                      unha mestura de ambos os dous, cunha metade de home e
                      outra de muller. Zeus decidiu castigalos porque quixeron
                      atacar ós deuses, polo que os cortou pola metade. Apolo
                      encargouse de coserlles e remendarlles a pel. Cada metade
                      botaba de menos á outra, polo que quería atoparse con ela:
                      - As partes que procedían do andróxino buscaban a súa
                      metade do sexo contrario e son os homes que aman a
                      mulleres e as mulleres que aman a homes.
 Platón no Banquete
explica as diferentes - As partes que procedían dunha muller son as mulleres
tendencias sexuais :  lesbianas, que aman a outras mulleres.
                      - As partes que procedían dun home, son os homes
Antigamente os        homosexuais “que buscan o sexo masculino. Cando son
homes tiñan forma novos aman os homes e agrádalles deitarse con eles, estes
redondeada, con       son os máis distinguidos e virís entre adultos e adolescentes.
dúas cabezas, catro Non obran así por falta de pudor, senón porque teñen un valor
brazos, catro pernas masculino e carácter viril xa que buscan ós seus semellantes”
e dous órganos
sexuais.
OUTRA FORMA
DE VER AS COUSAS
       Para os antigos gregos e romanos,
       a representación do falo non tiña
       ningún significado obsceno.

       O falo era o símbolo da fertilidade e
       prosperidade, e a súa
       representación servía para apartar
       os malos espíritos (función
       apotropaica) e para atraer a boa
       sorte.
FUNCIÓN
APOTROPAICA




         Con este príapo na porta
         dunha casa Pompeiana, ou
         esta inscripción atraíse a boa
         sorte e a prosperide para a os
         seus habitantes
OS SÁTIROS




                          Xenios da natureza, metade home,
                          metade cabra, que solen
                          representarse con falo erecto.
                          Representan a menudo a lascivia e
Pan, o deus dos           as chanzas
pastores, protector dos   En Roma identifícanse cos faunos,
rebaños                   xenios selváticos, compañeiros dos
                          pastores
DISTINTAS FORMAS DE
   ENTENDER O PUDOR




Así decoraban os
habitantes de
Pompeia estancias
privadas, baños e
bordeis
EN OBXECTOS COTIÁNS




        Tintinnabula:                   Lucerna
Campaíñas para colgar das portas   (Lámpadas de aceite)
nos banquetes suntuosos ou nas
      estancias privadas
CERÁMICA ERÓTICA
HERMES
Hermes era o deus grego protector dos camiñantes.
Os Hermes eran bloques de pedra cuadrangulares
que se puñan nas beiras e cruces de camiños, o
equivalente ós nosos cruceiros. Neles
representábanse os xenitais masculinos, para apartar
os malos espíritos dos camiños.

No ano 415 a. C. Alcibíades, político ateniense, e
varios colegas mutilaron varios hermes en Atenas
nunha noite de marcha. Por esta gamberrada e
algunha outra Alcibíades foi condenado ó ostracismo
(exilio).
AS BACANAIS
Eran as festas que se
celebraban na antiga
Roma en honor a Baco,
deus do viño. O seu
equivalente en Grecia
eran as orxías, en honor
a Dioniso, deus do viño,
e a Deméter, deusa das
colleitas.
Dioniso ou Baco era
ademais o deus da
traxedia e do
desenfreno, polo que
nas súas festas
cometíanse todo tipo de
excesos.
HISTORIAS DE AMOR NA MITOLOXÍA:
        ARES                   AFRODITA
                               A pobre  Afrodita estaba casada co deus
                               máis feo, Hefesto, ferreiro dos deuses
                               a quen os romanos chamaban Vulcano.
                               Como Hefesto estaba todo o día
                               currando na forxa, Afrodita buscábase
                               a vida como podía. Eran frecuentes a
                               súas escapadas con Ares, deus da
                               guerra, o Marte romano. Un día Helios,
                               o sol que todo o ve, descubriunos e
                               foillo contar ó marido. Hefesto, que era
                               moi mañoso, decidiu vingarse
                               construíndo unha rede finísima que
                               colocou no seu leito para atrapalos in
                               fraganti.
 Cando estaban no mellor, funcionou o invento e Ares e Afrodita
 quedaron suspendidos do teito dentro da rede. Hefesto chamou ós
 deuses e deusas para que os visen e pediu xustiza a Zeus. Pero Zeus ó
 ver a Afrodita espida, non foi quen de castigala.
AFRODITA                            ADONIS
                                  Afrodita namorouse de Adonis nada
                                  máis nacer este da cortiza dunha
                                  árbore, na que o transformara a súa
                                  nai Mirra. Como aínda era moi cativo,
                                  entregoullo a Perséfone, muller do
                                  deus dos infernos Hades, para que o
                                  criara. Perséfone tamén se namorou
                                  del, polo que Zeus dictaminou que o
                                  compartiran: 1/3 do ano con cada
                                  unha e o outro tercio con que quixera
                                  el; polo que Adonis pasaba con
                                  Afrodita 2/3.

O estar Adonis asociado coa vexetación, este é un mito máis que
explica os ciclos naturais: fai brotar as plantas cando está contento,
con Afrodita, mentres que cando está con Perséfone a vexetación
descansa.
PARIS                    HELENA
                                    Paris era un príncipe Troiano. Unha vez
                                    que andaba tan tranquilo polo monte Ida
                                    controlando o gando, aparecéuselle o
                                    deus Hermes encomendándolle unha
                                    difícil tarefa: xulgar as deusas Hera,
                                    Atenea e Afrodita para decidir quen era
                                    máis fermosa. As tres fixeron trampa e
                                    subornárono, pero ante a promesa de
                                    Afrodita de que tería a muller máis
                                    fermosa non puido resistir, e elixiuna
A promesa cumpriuse cando foi de “Miss”.
negocios a Esparta e viu alí á
fermosa Helena e decidiu raptala (ela
estaba encantada). O problema foi
que ó marido de Helena, Menelao,
non lle gustou esta manobra e
convenceu ó gregos para declararlle
a guerra a Troia, guerra que causou
moitas desgracias.
DIDO      ENEAS
       Eneas, fillo de Afrodita e Anquises, é
       un heroe troiano. Tal como conta
       Virxilio na Eneida, fuxe da
       destrucción de Troia porque os
       deuses revélanlle que vai ser o
       fundador dun grande imperio e
       ordénanlle viaxar cara occidente.
       Nas súas viaxes chega a Cartago,
       onde a raíña Dido namórase
       perdidamente del; pero Eneas ten
       unha misión máis importante e debe
       abandonar a Dido.
       A raíña, desesperada, suicídase.
EROS                     PSIQUÉ I
                                     Segundo nos conta Apuleio no Asno
                                     de Ouro, Psiqué (a alma ou mente,
                                     en grego) era a fermosísima filla dun
                                     rei. A súa fermosura era tanta, que
                                     era venerada como unha
                                     reencarnación de Venus. Pero esta
                                     mesma fermosura espantaba ós
                                     seus pretendentes, polo que seu pai
                                     para poder casala houbo de seguir a
                                     instruccións dun oráculo: ataviala
                                     como para unha voda e abandonala
O terrible monstro profetizado non   nunha rocha, xa que un terrible
era outro que Eros (a paixón), que   monstro íase apoderar dela.
se namorara de Psiqué en contra      Así se fixo, pero para a súa sorpresa,
da vontade da súa nai Venus,         Psiqué foi levada a un marabilloso
polo que lle impuxo a súa amada      palacio onde se lle uniu un amante
a condición de non poder velo, se    marido que non podía ver.
non quería perder o seu amor.
EROS                         PSIQUÉ II
  Psiqué aturou a súa curiosidade
como puido, ata que un día deron
con ela as súas irmás e a
convenceron para que observase ó
seu amante mentres durmía. Pola
noite Psiqué acendeu unha lámpada
de aceite e descubriu asombrada ó
seu fermoso e divino marido, pero
sen querer pinchouse cunha das
súas frechas, polo que quedou
“ferida” de amor.
  Eros espertouse e fuxiu, a pesar de
que amaba a Psiqué. Psique
desesperada andou na súa busca,
ata que os deuses se compadeceron
e Venus permitiulle volver co seu
fillo.

  Conclusión: se a mente ou razón descubre ó amor,
                   este pérdese.
AMORES NA HISTORIA
     PERICLES ASPASIA
                         A intelixencia e desenvoltura non eran propias
                        das mulleres decentes, e quizás por isto se lle
                        acusaba de “hetera” (concubina).
                         Pericles, o gran político do s. V a. C. artífice da
                        democracia ateniense, namorouse dela e fíxoa a
                        súa muller (estaba divorciado dunha primeira).
                        Pericles permitía que Aspasia estivese presente
                        nas reunións importantes e que opinase, cousa
                        que supuxo un grande escándalo e motivo de
                        moitas acusacións dos seus inimigos. Pericles
 Aspasia chegou a       saíase do normal porque non tiña amantes
Atenas procedente       masculinos e porque estaba namorado da súa
de Mileto cando tiña    muller lexítima. Plutarco sinala como curiosidade
20 anos. Era unha       que a bicaba ó entrar e saír da casa.
muller fermosa e moi
instruída, algo pouco    Desta unión naceu un fillo, Pericles, que puído
común nas mulleres      conseguir a cidadanía ateniense, a pesares de
atenienses.             ser fillo de estranxeira cando morreron os fillos
                        do anterior matrimonio do seu pai Pericles.
Marco Antonio                                 Cleopatra
  Cleopatra VII (69-30 a. C.) foi a última raíña de
Exipto, pertencente á dinastía grega dos Ptolomeos,
descendentes dun xeneral de Alexandre Magno do
mesmo nome. Subiu ó trono con 17 anos xunto co seu
irmán de 10.
  Cleopatra tiña fama de ser moi ambiciosa e irresistible
ós homes. Cando Xulio César chegou a Exipto
perseguindo ó seu inimigo Pompeio, non tivo moitos
problemas para seducilo e así conseguir o seu apoio
en problemas internos do seu reino. Cleopatra e César
tiveron un fillo, Cesarión.
  Despois do asasinato de César en Roma, chegou a
Alexandría, Marco Antonio, outro romano que andaba
metido en política e necesitaba diñeiro. Aquí comezou        Cleopatra,
unha das máis grandes historias de amor.                    prisioneira de
  A Marco Antonio fóronselle das mans as cousas con         Octavio,
Cleopatra e acabou enfrontándose a Octavio (despois         suicidouse
Augusto). Antonio foi derrotado por Octavio na batalla      tamén,
de Actium (Grecia) e, crendo que Cleopatra morrera,         facéndose
suicidouse.                                                 morder por unha
                                                            serpe velenosa.
HADRIANO                                ANTÍNOO
                                        O emperador romano Hadriano
                                       (76-138 d. C.), de orixe hispana,
                                       foi un bo home de estado. A súa
                                       política foi pacifista, intentando a
                                       integración de todas as partes do
                                       Imperio e en canto a política
                                       interior,    tentou     mellorar   a
                                       situación dos campesiños.



 Pero, sobre todo, destacouse na historia de Roma por ser un home
moi cultivado, amante da cultura grega e dotado dunha grande
sensibilidade. Esta sensibilidade, quizás, foi a que lle fixo sufrir tanto a
perda do seu amado Antínoo, afogado nas augas do Nilo. Para
consolarse, Hadriano declarouno deus e erixiu estatuas e templos
dedicados a el por todo o Imperio Romano.
Eros

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Mais procurados (13)

Astronomía e mitoloxía
Astronomía e mitoloxía Astronomía e mitoloxía
Astronomía e mitoloxía
 
O mundo do máis alá na Eneida
O  mundo do máis alá na EneidaO  mundo do máis alá na Eneida
O mundo do máis alá na Eneida
 
Mulleres
MulleresMulleres
Mulleres
 
Presentación deuses gregos
Presentación deuses gregosPresentación deuses gregos
Presentación deuses gregos
 
Eros o cupido
Eros o cupidoEros o cupido
Eros o cupido
 
Odisea
OdiseaOdisea
Odisea
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregasAlgunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
Algunhas historias da mitoloxía e a lingua gregas
 
Exercicios de repaso: gramática
Exercicios de repaso: gramáticaExercicios de repaso: gramática
Exercicios de repaso: gramática
 
A odisea ahinoa
A odisea ahinoaA odisea ahinoa
A odisea ahinoa
 
De Troia a Roma
De Troia a RomaDe Troia a Roma
De Troia a Roma
 
O Ciclo Bretón
O Ciclo BretónO Ciclo Bretón
O Ciclo Bretón
 
Circe ou o pracer do azul
Circe ou o pracer do azulCirce ou o pracer do azul
Circe ou o pracer do azul
 

Destaque

Vocabulario Unidad 6: Ο ΛΥΚΟΣ
Vocabulario Unidad 6: Ο ΛΥΚΟΣVocabulario Unidad 6: Ο ΛΥΚΟΣ
Vocabulario Unidad 6: Ο ΛΥΚΟΣJuanjo Castro
 
Ἀλέξανδρος, τὸ Ἑλληνικὸν παιδίον.
Ἀλέξανδρος, τὸ Ἑλληνικὸν παιδίον.Ἀλέξανδρος, τὸ Ἑλληνικὸν παιδίον.
Ἀλέξανδρος, τὸ Ἑλληνικὸν παιδίον.gnothiseauton
 

Destaque (6)

Hel·lèniques: verbs 1
Hel·lèniques: verbs 1Hel·lèniques: verbs 1
Hel·lèniques: verbs 1
 
Moda Clasica
Moda ClasicaModa Clasica
Moda Clasica
 
Hel·lèniques: verbs 2
Hel·lèniques: verbs 2Hel·lèniques: verbs 2
Hel·lèniques: verbs 2
 
CAPITALIS MONVMENTALS
CAPITALIS MONVMENTALSCAPITALIS MONVMENTALS
CAPITALIS MONVMENTALS
 
Vocabulario Unidad 6: Ο ΛΥΚΟΣ
Vocabulario Unidad 6: Ο ΛΥΚΟΣVocabulario Unidad 6: Ο ΛΥΚΟΣ
Vocabulario Unidad 6: Ο ΛΥΚΟΣ
 
Ἀλέξανδρος, τὸ Ἑλληνικὸν παιδίον.
Ἀλέξανδρος, τὸ Ἑλληνικὸν παιδίον.Ἀλέξανδρος, τὸ Ἑλληνικὸν παιδίον.
Ἀλέξανδρος, τὸ Ἑλληνικὸν παιδίον.
 

Semelhante a Eros

Semelhante a Eros (17)

MITOLOXÍA GREGA.pdf
MITOLOXÍA GREGA.pdfMITOLOXÍA GREGA.pdf
MITOLOXÍA GREGA.pdf
 
A sociedade grega II
A sociedade grega IIA sociedade grega II
A sociedade grega II
 
Orfeo
OrfeoOrfeo
Orfeo
 
Guión para os nenos e nenas de 2º
Guión para os nenos e nenas de 2ºGuión para os nenos e nenas de 2º
Guión para os nenos e nenas de 2º
 
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiEu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
 
Erotismo na Antiga Grecia
Erotismo na Antiga GreciaErotismo na Antiga Grecia
Erotismo na Antiga Grecia
 
Deuses nas moedas
Deuses nas moedasDeuses nas moedas
Deuses nas moedas
 
Divinidades menores na ruta da esmorga
Divinidades menores na ruta da esmorgaDivinidades menores na ruta da esmorga
Divinidades menores na ruta da esmorga
 
A CULTURA EXIPCIA
A CULTURA EXIPCIAA CULTURA EXIPCIA
A CULTURA EXIPCIA
 
O mar mitoloxía
O mar mitoloxíaO mar mitoloxía
O mar mitoloxía
 
Mundo grego
Mundo gregoMundo grego
Mundo grego
 
Perseo
PerseoPerseo
Perseo
 
Dioses olímpicos solos
Dioses olímpicos solosDioses olímpicos solos
Dioses olímpicos solos
 
Dioses olímpicos solos
Dioses olímpicos solosDioses olímpicos solos
Dioses olímpicos solos
 
As Sereas
As SereasAs Sereas
As Sereas
 
A orixe dos deuses
A orixe dos deusesA orixe dos deuses
A orixe dos deuses
 
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdfAlquimia e simboloxía en Dragal. pdf
Alquimia e simboloxía en Dragal. pdf
 

Mais de Susana Losada

Viaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de Ames
Viaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de AmesViaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de Ames
Viaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de AmesSusana Losada
 
Viaxe a Sicilia 2013
Viaxe a Sicilia 2013Viaxe a Sicilia 2013
Viaxe a Sicilia 2013Susana Losada
 
Aprendendo a resumir
Aprendendo a resumirAprendendo a resumir
Aprendendo a resumirSusana Losada
 
Aprendendo a ser profe
Aprendendo a ser profeAprendendo a ser profe
Aprendendo a ser profeSusana Losada
 
Viaxe a Mérida e Andalucía
Viaxe a Mérida e AndalucíaViaxe a Mérida e Andalucía
Viaxe a Mérida e AndalucíaSusana Losada
 
Lendo en grego polas rúas de Atenas
Lendo en grego polas rúas de AtenasLendo en grego polas rúas de Atenas
Lendo en grego polas rúas de AtenasSusana Losada
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeSusana Losada
 
MODA NO IES DE MELIDE
MODA NO IES DE MELIDEMODA NO IES DE MELIDE
MODA NO IES DE MELIDESusana Losada
 
Radiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaRadiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaSusana Losada
 
Viaxe a Tarraco e Sagunt
Viaxe a Tarraco e SaguntViaxe a Tarraco e Sagunt
Viaxe a Tarraco e SaguntSusana Losada
 
Recursos para biliotecas
Recursos para biliotecasRecursos para biliotecas
Recursos para biliotecasSusana Losada
 

Mais de Susana Losada (20)

Viaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de Ames
Viaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de AmesViaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de Ames
Viaxe a Grecia 2014. IES de Melide & IES de Ames
 
Cinema de romanos
Cinema de romanosCinema de romanos
Cinema de romanos
 
Viaxe a Sicilia 2013
Viaxe a Sicilia 2013Viaxe a Sicilia 2013
Viaxe a Sicilia 2013
 
10 Anos de Prestige
10 Anos de Prestige10 Anos de Prestige
10 Anos de Prestige
 
Aprendendo a resumir
Aprendendo a resumirAprendendo a resumir
Aprendendo a resumir
 
Aprendendo a ser profe
Aprendendo a ser profeAprendendo a ser profe
Aprendendo a ser profe
 
Viaxe a Mérida e Andalucía
Viaxe a Mérida e AndalucíaViaxe a Mérida e Andalucía
Viaxe a Mérida e Andalucía
 
Lendo en grego polas rúas de Atenas
Lendo en grego polas rúas de AtenasLendo en grego polas rúas de Atenas
Lendo en grego polas rúas de Atenas
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lume
 
Viaxe a Grecia 2011
Viaxe a Grecia 2011Viaxe a Grecia 2011
Viaxe a Grecia 2011
 
MODA NO IES DE MELIDE
MODA NO IES DE MELIDEMODA NO IES DE MELIDE
MODA NO IES DE MELIDE
 
Radiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaRadiografía do Idioma
Radiografía do Idioma
 
Viaxe a Tarraco e Sagunt
Viaxe a Tarraco e SaguntViaxe a Tarraco e Sagunt
Viaxe a Tarraco e Sagunt
 
Hipatia
HipatiaHipatia
Hipatia
 
Eneas
EneasEneas
Eneas
 
Antiga Roma Share
Antiga Roma ShareAntiga Roma Share
Antiga Roma Share
 
Antiga Grecia
Antiga GreciaAntiga Grecia
Antiga Grecia
 
Historia do libro
Historia do libroHistoria do libro
Historia do libro
 
Recursos para biliotecas
Recursos para biliotecasRecursos para biliotecas
Recursos para biliotecas
 
Edipo
EdipoEdipo
Edipo
 

Eros

  • 1. EROS Nomes: Eros (grego) Cupido (Romano) Fillo de Afrodita, ou xurdido do Caos, segundo Hesíodo. É neno porque é inocente. Leva arco e frechas coas que fire Leva ás veces os ollos vendados porque é cego
  • 2. AFRODITA Nace da espuma do mar, producida o caer nela o semen de Urano. Segundo outras versións é filla de Zeus e Dione. Deusa do amor, filla de Urano e nai de Eros Esposo: Hefesto, o ferreiro dos deuses Amantes: Ares e Adonis (entre outros) Era a única deusa que os antigos representaban espida
  • 3. DIFERENTES TIPOS DE AMOR Cando pensamos nunha historia de amor, os primeiros protagonistas que imaxinamos soen ser un home e unha muller, ou sexa unha parella heterosexual. Na antigüidade, sobre todo en Grecia, a situación de discriminación da muller non facilitaba relacións normais home-muller, xa que esta, se era decente, non saía de casa nin falaba con homes. Os antigos gregos e romanos, xeralmente limitaban as súas relacións coas mulleres á procreación, e para o disfrute concibían diferentes tipos de relacións amorosas.
  • 4. SAFO DE LESBOS, S. VIA.C. Parece un deus ese home que senta fronte a ti escoitándote moi preto mentres falas docemente e ris cun xeito encantador. Mais a min o corazón báteme no peito sen parar e con só mirarte un intre enmudezo, a lingua rómpeme, un lene lume acéndese baixo a pel, non vexo cos ollos, enxórdanme os oídos, asolágame a suor, un tremor sacódeme enteira, síntome máis pálida que a herba seca e paréceme que vou morrer...
  • 5. MIMNERMO (s. VII a. C.) ¿Que vida hai ou que pracer sen a dourada Afrodita? Quixera morrer cando xa non me importe isto, nin a paixón furtiva nin o leito nin os favores doces como o mel, flores de xuventude desexadas por homes e mulleres. Despois que se abate a penosa vellez, que volve repugnante mesmo a un home fermoso, sempre lle desgastan o corazón terribles preocupacións, e non goza vendo a luz do sol, senón que se fai odioso AOs mozos, e desprezable ás mulleres. Tan dura fixeron os deuses a vellez
  • 6. UNHA OPINIÓN... Mantemos amantes para o pracer, concubinas para que se ocupen de nós e esposas para concibir fillos lexítimos e para que se ocupen da casa. Demóstenes, s. iv a.
  • 7. A PEDERASTIA As relacións amorosas entre un adulto (O AMANTE) e un neno (o AMADO), tiñan un carácter formativo para os antigos gregos, eran unha fase máis da educación. Hoxe en día considerámolas como un abuso de menores e están castigadas.
  • 8. AMOR PLATÓNICO Segundo Platón, o amor ideal é o amor da alma, por riba do amor corporal: “É home vil aquel namorado vulgar, que ama máis o corpo que a alma, pois o seu amor non pode ser duradeiro, xa que ama una cousa que non dura...En cambio, o que ama unha alma fermosa é fiel toda a súa vida, pois o que ama é duradeiro”. Platón, Banquete
  • 9. MITO DO ANDRÓXINO Había tres tipos de seres: os homes, a mulleres e o andróxino, unha mestura de ambos os dous, cunha metade de home e outra de muller. Zeus decidiu castigalos porque quixeron atacar ós deuses, polo que os cortou pola metade. Apolo encargouse de coserlles e remendarlles a pel. Cada metade botaba de menos á outra, polo que quería atoparse con ela: - As partes que procedían do andróxino buscaban a súa metade do sexo contrario e son os homes que aman a mulleres e as mulleres que aman a homes. Platón no Banquete explica as diferentes - As partes que procedían dunha muller son as mulleres tendencias sexuais : lesbianas, que aman a outras mulleres. - As partes que procedían dun home, son os homes Antigamente os homosexuais “que buscan o sexo masculino. Cando son homes tiñan forma novos aman os homes e agrádalles deitarse con eles, estes redondeada, con son os máis distinguidos e virís entre adultos e adolescentes. dúas cabezas, catro Non obran así por falta de pudor, senón porque teñen un valor brazos, catro pernas masculino e carácter viril xa que buscan ós seus semellantes” e dous órganos sexuais.
  • 10. OUTRA FORMA DE VER AS COUSAS Para os antigos gregos e romanos, a representación do falo non tiña ningún significado obsceno. O falo era o símbolo da fertilidade e prosperidade, e a súa representación servía para apartar os malos espíritos (función apotropaica) e para atraer a boa sorte.
  • 11. FUNCIÓN APOTROPAICA Con este príapo na porta dunha casa Pompeiana, ou esta inscripción atraíse a boa sorte e a prosperide para a os seus habitantes
  • 12. OS SÁTIROS Xenios da natureza, metade home, metade cabra, que solen representarse con falo erecto. Representan a menudo a lascivia e Pan, o deus dos as chanzas pastores, protector dos En Roma identifícanse cos faunos, rebaños xenios selváticos, compañeiros dos pastores
  • 13. DISTINTAS FORMAS DE ENTENDER O PUDOR Así decoraban os habitantes de Pompeia estancias privadas, baños e bordeis
  • 14. EN OBXECTOS COTIÁNS Tintinnabula: Lucerna Campaíñas para colgar das portas (Lámpadas de aceite) nos banquetes suntuosos ou nas estancias privadas
  • 16. HERMES Hermes era o deus grego protector dos camiñantes. Os Hermes eran bloques de pedra cuadrangulares que se puñan nas beiras e cruces de camiños, o equivalente ós nosos cruceiros. Neles representábanse os xenitais masculinos, para apartar os malos espíritos dos camiños. No ano 415 a. C. Alcibíades, político ateniense, e varios colegas mutilaron varios hermes en Atenas nunha noite de marcha. Por esta gamberrada e algunha outra Alcibíades foi condenado ó ostracismo (exilio).
  • 17. AS BACANAIS Eran as festas que se celebraban na antiga Roma en honor a Baco, deus do viño. O seu equivalente en Grecia eran as orxías, en honor a Dioniso, deus do viño, e a Deméter, deusa das colleitas. Dioniso ou Baco era ademais o deus da traxedia e do desenfreno, polo que nas súas festas cometíanse todo tipo de excesos.
  • 18. HISTORIAS DE AMOR NA MITOLOXÍA: ARES AFRODITA A pobre Afrodita estaba casada co deus máis feo, Hefesto, ferreiro dos deuses a quen os romanos chamaban Vulcano. Como Hefesto estaba todo o día currando na forxa, Afrodita buscábase a vida como podía. Eran frecuentes a súas escapadas con Ares, deus da guerra, o Marte romano. Un día Helios, o sol que todo o ve, descubriunos e foillo contar ó marido. Hefesto, que era moi mañoso, decidiu vingarse construíndo unha rede finísima que colocou no seu leito para atrapalos in fraganti. Cando estaban no mellor, funcionou o invento e Ares e Afrodita quedaron suspendidos do teito dentro da rede. Hefesto chamou ós deuses e deusas para que os visen e pediu xustiza a Zeus. Pero Zeus ó ver a Afrodita espida, non foi quen de castigala.
  • 19. AFRODITA ADONIS Afrodita namorouse de Adonis nada máis nacer este da cortiza dunha árbore, na que o transformara a súa nai Mirra. Como aínda era moi cativo, entregoullo a Perséfone, muller do deus dos infernos Hades, para que o criara. Perséfone tamén se namorou del, polo que Zeus dictaminou que o compartiran: 1/3 do ano con cada unha e o outro tercio con que quixera el; polo que Adonis pasaba con Afrodita 2/3. O estar Adonis asociado coa vexetación, este é un mito máis que explica os ciclos naturais: fai brotar as plantas cando está contento, con Afrodita, mentres que cando está con Perséfone a vexetación descansa.
  • 20. PARIS HELENA Paris era un príncipe Troiano. Unha vez que andaba tan tranquilo polo monte Ida controlando o gando, aparecéuselle o deus Hermes encomendándolle unha difícil tarefa: xulgar as deusas Hera, Atenea e Afrodita para decidir quen era máis fermosa. As tres fixeron trampa e subornárono, pero ante a promesa de Afrodita de que tería a muller máis fermosa non puido resistir, e elixiuna A promesa cumpriuse cando foi de “Miss”. negocios a Esparta e viu alí á fermosa Helena e decidiu raptala (ela estaba encantada). O problema foi que ó marido de Helena, Menelao, non lle gustou esta manobra e convenceu ó gregos para declararlle a guerra a Troia, guerra que causou moitas desgracias.
  • 21. DIDO ENEAS Eneas, fillo de Afrodita e Anquises, é un heroe troiano. Tal como conta Virxilio na Eneida, fuxe da destrucción de Troia porque os deuses revélanlle que vai ser o fundador dun grande imperio e ordénanlle viaxar cara occidente. Nas súas viaxes chega a Cartago, onde a raíña Dido namórase perdidamente del; pero Eneas ten unha misión máis importante e debe abandonar a Dido. A raíña, desesperada, suicídase.
  • 22. EROS PSIQUÉ I Segundo nos conta Apuleio no Asno de Ouro, Psiqué (a alma ou mente, en grego) era a fermosísima filla dun rei. A súa fermosura era tanta, que era venerada como unha reencarnación de Venus. Pero esta mesma fermosura espantaba ós seus pretendentes, polo que seu pai para poder casala houbo de seguir a instruccións dun oráculo: ataviala como para unha voda e abandonala O terrible monstro profetizado non nunha rocha, xa que un terrible era outro que Eros (a paixón), que monstro íase apoderar dela. se namorara de Psiqué en contra Así se fixo, pero para a súa sorpresa, da vontade da súa nai Venus, Psiqué foi levada a un marabilloso polo que lle impuxo a súa amada palacio onde se lle uniu un amante a condición de non poder velo, se marido que non podía ver. non quería perder o seu amor.
  • 23. EROS PSIQUÉ II Psiqué aturou a súa curiosidade como puido, ata que un día deron con ela as súas irmás e a convenceron para que observase ó seu amante mentres durmía. Pola noite Psiqué acendeu unha lámpada de aceite e descubriu asombrada ó seu fermoso e divino marido, pero sen querer pinchouse cunha das súas frechas, polo que quedou “ferida” de amor. Eros espertouse e fuxiu, a pesar de que amaba a Psiqué. Psique desesperada andou na súa busca, ata que os deuses se compadeceron e Venus permitiulle volver co seu fillo. Conclusión: se a mente ou razón descubre ó amor, este pérdese.
  • 24. AMORES NA HISTORIA PERICLES ASPASIA A intelixencia e desenvoltura non eran propias das mulleres decentes, e quizás por isto se lle acusaba de “hetera” (concubina). Pericles, o gran político do s. V a. C. artífice da democracia ateniense, namorouse dela e fíxoa a súa muller (estaba divorciado dunha primeira). Pericles permitía que Aspasia estivese presente nas reunións importantes e que opinase, cousa que supuxo un grande escándalo e motivo de moitas acusacións dos seus inimigos. Pericles Aspasia chegou a saíase do normal porque non tiña amantes Atenas procedente masculinos e porque estaba namorado da súa de Mileto cando tiña muller lexítima. Plutarco sinala como curiosidade 20 anos. Era unha que a bicaba ó entrar e saír da casa. muller fermosa e moi instruída, algo pouco Desta unión naceu un fillo, Pericles, que puído común nas mulleres conseguir a cidadanía ateniense, a pesares de atenienses. ser fillo de estranxeira cando morreron os fillos do anterior matrimonio do seu pai Pericles.
  • 25. Marco Antonio Cleopatra Cleopatra VII (69-30 a. C.) foi a última raíña de Exipto, pertencente á dinastía grega dos Ptolomeos, descendentes dun xeneral de Alexandre Magno do mesmo nome. Subiu ó trono con 17 anos xunto co seu irmán de 10. Cleopatra tiña fama de ser moi ambiciosa e irresistible ós homes. Cando Xulio César chegou a Exipto perseguindo ó seu inimigo Pompeio, non tivo moitos problemas para seducilo e así conseguir o seu apoio en problemas internos do seu reino. Cleopatra e César tiveron un fillo, Cesarión. Despois do asasinato de César en Roma, chegou a Alexandría, Marco Antonio, outro romano que andaba metido en política e necesitaba diñeiro. Aquí comezou Cleopatra, unha das máis grandes historias de amor. prisioneira de A Marco Antonio fóronselle das mans as cousas con Octavio, Cleopatra e acabou enfrontándose a Octavio (despois suicidouse Augusto). Antonio foi derrotado por Octavio na batalla tamén, de Actium (Grecia) e, crendo que Cleopatra morrera, facéndose suicidouse. morder por unha serpe velenosa.
  • 26. HADRIANO ANTÍNOO O emperador romano Hadriano (76-138 d. C.), de orixe hispana, foi un bo home de estado. A súa política foi pacifista, intentando a integración de todas as partes do Imperio e en canto a política interior, tentou mellorar a situación dos campesiños. Pero, sobre todo, destacouse na historia de Roma por ser un home moi cultivado, amante da cultura grega e dotado dunha grande sensibilidade. Esta sensibilidade, quizás, foi a que lle fixo sufrir tanto a perda do seu amado Antínoo, afogado nas augas do Nilo. Para consolarse, Hadriano declarouno deus e erixiu estatuas e templos dedicados a el por todo o Imperio Romano.