SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 15
Baixar para ler offline
Música en galego
Unha pequena guía de
A música en galego ten séculos de historia. Seguro que coñeces as cantigas
medievais, algunha das coplas populares que se cantan na túa casa ou che
soa algún himno rock na nosa lingua. Moitas artistas procuran reinventar
esta tradición, outras crean pezas e motivos novos. Con esta pequena
guía procuramos que, segundo os teus intereses, poidas coñecer grupos e
artistas que fan música en galego. Faltan moitas ou as que están non están
correctamente compartimentadas, mais este pequeno libriño quere servir como
estímulo para investigar sobre a música en galego pola nosa conta.
Para desprazarte polos apartados podes empregar as frechas que están
situadas ao longo da guía, e para escoitar as cancións podes premer nos
símbolos, os cales te levarán a unha ligazón de YouTube.
Moitas das artistas teñen perfís onde penduran a súa música, animámoste a
apoiar e compartir música en galego!
Se tes algún comentario ou suxestión, podes escribir a musicasengalego@gmail.com
Para obter todas as funcionalidades na versión móbil deste arquivo interactivo é preciso ter instalado un
visor pdf. Pode descargar a aplicación na seguinte ligazón Pdf
Tradicional Pop Rap Rock e ska Electrónica
Defensa da lingua
Feminismo Defensa da terra Poesía Recursos
Un pouco de todo
7 8 9 10 11
1 2 3 4 5 6
Que tipo de música che gusta?
Interésache algún destes temas? Queres saber máis?
1. Tradicional
Mercedes Peón quizais foi (e é) a artista máis transgresora do panorama musical, pois leva
anos compilando e modernizando melodías populares, ademais de crear outras novas con
instrumentos tradicionais (e non tanto).
Outras instrumentistas revolucionaron a música galega. Cristina Pato , Carlos Núñez ,
Budiño ou Susana Seivane . E se buscamos folk máis experimental, Na Lúa ,
Berrogüetto ou Davide Salvado .
Mais se queredes música para unha foliada ou un serán, mellor Xosé Lois Romero e Aliboria ,
Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre , Leilía , as pandereteiras Bouba , Lulavai , Caldo ,
Os d’Abaixo ou Tanxedoras . E música para bailar mais que lembran a outros lugares do
mundo: Oîma , Radio Cos , Caamaño e Ameixeiras ...
E non podemos esquecer outros grupos ou agrupacións tradicionais como Treixadura ,
Luar na Lubre ou Malvela .
2. Pop e indie en galego
Comezamos cun pouco de retranca... Galicia es una mierda dos Ataque Escampe .
Todas as súas músicas son recomendábeis, mais sabedes quen é Alan Lomax? Foi un
estadounidense que nos anos cincuenta percorreu o noso país gravando os cantares
populares . E non foi o único, a musicologa suíza Dorothé Schubarth rexistrou, canda a
Antón Santamarina, o que foi chamado o Cancioneiro Popular Galego. Está en andamento
un documental para coñecer en que consistiu este proceso .
Caxade , Atrás Tigre , Chicharrón , Os Amigos dos Músicos , Esposa , Gancho Sanches ,
Momboi ou Oh! Ayatollah son algunhas bandas con produción musical actual.
3. Rap en galego
O Hevi é un músico que estivo detrás de moitos proxectos da música galega:
Non Residentz , Juanito Broders , Fluzo ou máis recentemente Malandrómeda .
Actualmente, traballa producindo para outros grupos galegos.
Tamén están os Dios Ke Te Crew , García MC , Rebeliom do Inframundo , SonDaRúa ,
Sokram , Aid , Ezetaerre , Labregos do Tempo dos Sputniks , ou AMORODO .
E se collemos outros ritmos está HighPaw .
4. Rock e ska en galego
Algúns grupos de rock son Narf , Terbutalina , Nao , Astarot , Zënzar , Ruxe Ruxe ,
Os Esquíos , Nuada , Os Resentidos , Xenreira ou Os Diplomáticos de Montealto .
E de ska SkandaloGZ , Trapallada , Skárnio , Liska , Indar Galega ou Os Papaqueixos .
5. Electrónica e mestura
Quen dixo que non se podía mesturar a música tradicional e a música feita por ordenador?
Temos a Baiuca , Igmig , Fanny + Alexander , Projecto Trépia, que tamén mestura danza ,
Faia , Alexandre Villalba ou Eclectica Ensemble .
Davide Salvado, de quen falamos antes, colaborou en multitude de proxectos, mais
recentemente colaborou coa cantadora Fransy González e co violinista Cibrán Seixo .
Deixando atrás a mestura coa música tradicional temos a Das Kapital , Emilio José ou
Pantis .
6. Un pouco de todo
Nos últimos anos xurdiron novos estilos musicais cuxos embaixadores en galego son
bastante recoñecidos entre a mocidade. Boyanka Kostova e Verto son dous grupos
formados por dous mozos que fan trap en galego.
Outra persoa que estivo detrás de moitos proxectos musicais galegos e O Leo . E outros
punks son Lamprea Explosiva , Fascismo ou Zurraspa .
Durante os anos setenta e oitenta, moitos cantantes expresaron as súas opinións sobre
os problemas que afectaban o noso país mediante a música, algúns experimentando cos
instrumentos e recursos do momento. Bibiano , María Manoela , Miro Casabella , Xerardo
Moscoso ou Emilio Cao . Algúns deles formaron a agrupación Voces Ceibes .
Mais tamén música instrumental e jazz como a de Aida Saco Beiroa , Xoán López ou Ataúlfo
Bigárdez . E neste último... recoñeces a serie?
7. Música en galego e feminista
Cantigas de Mulleres un álbum compilatorio de músicas realizadas por mulleres. Cantan
Uxía, Guadi Galego, Marful...
En Marful , cuxa canción Tristras coñecemos en parte porque Sabela a levou a
Operación Triunfo, canta Ugia Pedreira .
Ses é das voces máis coñecidas e potentes do panorama musical galego, mais ademais ten
sempre unhas mensaxes feministas. Non son fada .
E para falarmos de todas as mulleres que fan que o mundo siga xirando? A canción de
MJ Pérez Casandra , Skandalo GZ Por ser muller , Matriarcas de Guadi Galego, Xoana con
Mártires ou as Tanxugueiras co seu Desposorio .
E, por último, este himno do Xabarín Club contra o acoso: Non me amoles das Pussycats .
8. Defender o monte e a vida
Esta artista francesa instalouse no rural galego e fai electrónica cos sons do medio.
Camille Hédouin é MounQup e aquí fai un divertido directo na horta . Unha defensa do rural
de Pelenuca .
E lembrades o desastre natural do Prestige? Varios artistas lembraron este episodio e
homenaxearon o voluntariado. Un deles foi o xa nomeado Miro Casabella .
9. En galego e conscientes
Seguro que vos soan estas artistas aínda que sexan algo vellas... Juan Pardo canta A Fala
e Falade Galego , A Roda co Falemos galego ...
Mais mellor algo máis actual... En galego NON mola dos SonDaRúa , A lingua cortada de Nao ,
Coa lingua de fóra de Quempallou , Linguas ceibes de Dakidarría .
10. A poesía galega en música
Alexandro González reúne as voces de diferentes artistas galegos para homenaxear a poesía
de Lois Pereiro. Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro .
Amancio Prada, cantautor dunha desas localidades fóra do territorio galego onde se fala a
nosa lingua, musicou moitos poemas da nosa tradición literaria, desde a medieval até as
composicións de autores do século XX. Cantou cantigas medievais en Lelia doura , coplas
de tradición oral en De Mar e Terra , a Rosalía de Castro en Rosalía de Castro e en Rosas a
Rosalía , as composicións de Álvaro Cunqueiro en A Dama e o Cabaleiro e os seis poemas
que Federico Lorca escribiu en galego en Federico García Lorca: Poeta en Galicia .
Uxía Senlle tamén cantou os poemas de varios escritores galegos. En Andando a Terra canta a
Manuel María e en Uxía-O canta a Uxío Novoneyra .
Os Labregos do Tempo dos Sputniks é un proxecto do Leo Arremecághona e García MC e no seu
disco cantan as músicas de Celso Emilio Ferreiro e doutros poetas e letristas .
E se non se trata de musicar poemas, senón de creación propia, de poesía musicada,
temos Cintaadhesiva ou Samuel L. París .
Queres coñecer máis?Por aquí van algunhas canles, listaxes musicais e proxectos
para que exploredes máis!
- Cancións en galego para cantar cancións en versión karaoke.
- A primavera do Bandini , unha canle de YouTube onde os rapaces de Verto animan a quen
faga música en galego a compartir as súas creacións.
- Galician Fresh Tracks - Galego a Tope! , unha playlist de Spotify que se vai actualizando a
cada pouco con novas músicas en galego.
- Músicas Galegas Ilustradas , un proxecto da artista Laura Romero onde ilustra mulleres
solistas e integrantes de grupos galegos.
- O centro social A Gentalha do Pichel de Santiago de Compostela organiza cada ano un
festival, o Eclosom , un certame para novas músicas en galego e con presenza feminina.
- aCentral Folque é unha escola de música popular e avanzada que fai un grande labor de
compilación e difusión de cantigas e músicas.
- Punto e Volta é un proxecto para compilar puntos de baile e coplas por todo o país.
- GZMúsica percorre o país gravando concertos e entrevistando artistas.
- E se vos gusta o hip hop, Hip Hop em Galego é a vosa canle.
2020
Elia Lago
Deseño Editorial: Paula Lago

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Pequena guía da música tradicional en galego.pdf

A MúSica Galega Quintela, ViañO, Gomez, MañA
A MúSica Galega   Quintela, ViañO, Gomez, MañAA MúSica Galega   Quintela, ViañO, Gomez, MañA
A MúSica Galega Quintela, ViañO, Gomez, MañAguest6fd070
 
A MÚ S I C A G A L E G A Quintela, Viaño, Gomez, Maña
A  MÚ S I C A  G A L E G A    Quintela,  Viaño,  Gomez,  MañaA  MÚ S I C A  G A L E G A    Quintela,  Viaño,  Gomez,  Maña
A MÚ S I C A G A L E G A Quintela, Viaño, Gomez, Mañaguest6fd070
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
DÍA DA TROULA 2019 - HOMENAXE A RICARDO FLORES
DÍA DA TROULA 2019 - HOMENAXE A RICARDO FLORESDÍA DA TROULA 2019 - HOMENAXE A RICARDO FLORES
DÍA DA TROULA 2019 - HOMENAXE A RICARDO FLORESManuel Pérez Lorenzo
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13belengc7
 
5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015
5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 20155º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015
5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015EDLGESPINHEIRA
 
Apravia lg2013 def
Apravia lg2013 defApravia lg2013 def
Apravia lg2013 defbiblioinsua
 
2na fronteira presentacion ALMA
2na fronteira presentacion ALMA2na fronteira presentacion ALMA
2na fronteira presentacion ALMA2naFronteira
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castroboello
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro bibliolois
 
Dossier Zapatiños para Díaz Castro
Dossier Zapatiños para Díaz CastroDossier Zapatiños para Díaz Castro
Dossier Zapatiños para Díaz Castro2naFronteira
 
Promo Once MáIs 15
Promo Once MáIs 15Promo Once MáIs 15
Promo Once MáIs 15cenlf
 
Promo 11+15
Promo 11+15Promo 11+15
Promo 11+15cenlf
 
Promo Once Máis 15
Promo Once Máis 15Promo Once Máis 15
Promo Once Máis 15cenlf
 
Grupo Rompente
Grupo RompenteGrupo Rompente
Grupo Rompentenoagaliza
 

Semelhante a Pequena guía da música tradicional en galego.pdf (20)

A MúSica Galega Quintela, ViañO, Gomez, MañA
A MúSica Galega   Quintela, ViañO, Gomez, MañAA MúSica Galega   Quintela, ViañO, Gomez, MañA
A MúSica Galega Quintela, ViañO, Gomez, MañA
 
A MÚ S I C A G A L E G A Quintela, Viaño, Gomez, Maña
A  MÚ S I C A  G A L E G A    Quintela,  Viaño,  Gomez,  MañaA  MÚ S I C A  G A L E G A    Quintela,  Viaño,  Gomez,  Maña
A MÚ S I C A G A L E G A Quintela, Viaño, Gomez, Maña
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
DÍA DA TROULA 2019 - HOMENAXE A RICARDO FLORES
DÍA DA TROULA 2019 - HOMENAXE A RICARDO FLORESDÍA DA TROULA 2019 - HOMENAXE A RICARDO FLORES
DÍA DA TROULA 2019 - HOMENAXE A RICARDO FLORES
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13
 
5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015
5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 20155º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015
5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015
 
Apravia lg2013 def
Apravia lg2013 defApravia lg2013 def
Apravia lg2013 def
 
Xornal 2013
Xornal 2013Xornal 2013
Xornal 2013
 
2na fronteira presentacion ALMA
2na fronteira presentacion ALMA2na fronteira presentacion ALMA
2na fronteira presentacion ALMA
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castro
 
06 Viaxemusical
06 Viaxemusical06 Viaxemusical
06 Viaxemusical
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Dossier Zapatiños para Díaz Castro
Dossier Zapatiños para Díaz CastroDossier Zapatiños para Díaz Castro
Dossier Zapatiños para Díaz Castro
 
Revista cep-campolongo-2017
Revista cep-campolongo-2017Revista cep-campolongo-2017
Revista cep-campolongo-2017
 
Promo Once MáIs 15
Promo Once MáIs 15Promo Once MáIs 15
Promo Once MáIs 15
 
Promo 11+15
Promo 11+15Promo 11+15
Promo 11+15
 
Promo Once Máis 15
Promo Once Máis 15Promo Once Máis 15
Promo Once Máis 15
 
Música galega actual
Música galega actualMúsica galega actual
Música galega actual
 
Grupo Rompente
Grupo RompenteGrupo Rompente
Grupo Rompente
 

Mais de MarcosSalgadoRodrgue1

Mais de MarcosSalgadoRodrgue1 (8)

Exposición Luísa Villalta_Letras Galegas.pdf
Exposición Luísa Villalta_Letras Galegas.pdfExposición Luísa Villalta_Letras Galegas.pdf
Exposición Luísa Villalta_Letras Galegas.pdf
 
Tema 7. O período de entreguerras (1929-1939)
Tema 7. O período de entreguerras (1929-1939)Tema 7. O período de entreguerras (1929-1939)
Tema 7. O período de entreguerras (1929-1939)
 
Mapa_físico_África_e_Asia.pdf
Mapa_físico_África_e_Asia.pdfMapa_físico_África_e_Asia.pdf
Mapa_físico_África_e_Asia.pdf
 
mulleres_galegas_1.pdf
mulleres_galegas_1.pdfmulleres_galegas_1.pdf
mulleres_galegas_1.pdf
 
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdfA CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
 
SD 9. Civilización romana.pdf
SD 9. Civilización romana.pdfSD 9. Civilización romana.pdf
SD 9. Civilización romana.pdf
 
Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf
Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdfTema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf
Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf
 
1_Resumo.pdf
1_Resumo.pdf1_Resumo.pdf
1_Resumo.pdf
 

Pequena guía da música tradicional en galego.pdf

  • 1. Música en galego Unha pequena guía de
  • 2. A música en galego ten séculos de historia. Seguro que coñeces as cantigas medievais, algunha das coplas populares que se cantan na túa casa ou che soa algún himno rock na nosa lingua. Moitas artistas procuran reinventar esta tradición, outras crean pezas e motivos novos. Con esta pequena guía procuramos que, segundo os teus intereses, poidas coñecer grupos e artistas que fan música en galego. Faltan moitas ou as que están non están correctamente compartimentadas, mais este pequeno libriño quere servir como estímulo para investigar sobre a música en galego pola nosa conta. Para desprazarte polos apartados podes empregar as frechas que están situadas ao longo da guía, e para escoitar as cancións podes premer nos símbolos, os cales te levarán a unha ligazón de YouTube. Moitas das artistas teñen perfís onde penduran a súa música, animámoste a apoiar e compartir música en galego! Se tes algún comentario ou suxestión, podes escribir a musicasengalego@gmail.com Para obter todas as funcionalidades na versión móbil deste arquivo interactivo é preciso ter instalado un visor pdf. Pode descargar a aplicación na seguinte ligazón Pdf
  • 3. Tradicional Pop Rap Rock e ska Electrónica Defensa da lingua Feminismo Defensa da terra Poesía Recursos Un pouco de todo 7 8 9 10 11 1 2 3 4 5 6 Que tipo de música che gusta? Interésache algún destes temas? Queres saber máis?
  • 4. 1. Tradicional Mercedes Peón quizais foi (e é) a artista máis transgresora do panorama musical, pois leva anos compilando e modernizando melodías populares, ademais de crear outras novas con instrumentos tradicionais (e non tanto). Outras instrumentistas revolucionaron a música galega. Cristina Pato , Carlos Núñez , Budiño ou Susana Seivane . E se buscamos folk máis experimental, Na Lúa , Berrogüetto ou Davide Salvado . Mais se queredes música para unha foliada ou un serán, mellor Xosé Lois Romero e Aliboria , Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre , Leilía , as pandereteiras Bouba , Lulavai , Caldo , Os d’Abaixo ou Tanxedoras . E música para bailar mais que lembran a outros lugares do mundo: Oîma , Radio Cos , Caamaño e Ameixeiras ... E non podemos esquecer outros grupos ou agrupacións tradicionais como Treixadura , Luar na Lubre ou Malvela .
  • 5. 2. Pop e indie en galego Comezamos cun pouco de retranca... Galicia es una mierda dos Ataque Escampe . Todas as súas músicas son recomendábeis, mais sabedes quen é Alan Lomax? Foi un estadounidense que nos anos cincuenta percorreu o noso país gravando os cantares populares . E non foi o único, a musicologa suíza Dorothé Schubarth rexistrou, canda a Antón Santamarina, o que foi chamado o Cancioneiro Popular Galego. Está en andamento un documental para coñecer en que consistiu este proceso . Caxade , Atrás Tigre , Chicharrón , Os Amigos dos Músicos , Esposa , Gancho Sanches , Momboi ou Oh! Ayatollah son algunhas bandas con produción musical actual.
  • 6. 3. Rap en galego O Hevi é un músico que estivo detrás de moitos proxectos da música galega: Non Residentz , Juanito Broders , Fluzo ou máis recentemente Malandrómeda . Actualmente, traballa producindo para outros grupos galegos. Tamén están os Dios Ke Te Crew , García MC , Rebeliom do Inframundo , SonDaRúa , Sokram , Aid , Ezetaerre , Labregos do Tempo dos Sputniks , ou AMORODO . E se collemos outros ritmos está HighPaw .
  • 7. 4. Rock e ska en galego Algúns grupos de rock son Narf , Terbutalina , Nao , Astarot , Zënzar , Ruxe Ruxe , Os Esquíos , Nuada , Os Resentidos , Xenreira ou Os Diplomáticos de Montealto . E de ska SkandaloGZ , Trapallada , Skárnio , Liska , Indar Galega ou Os Papaqueixos .
  • 8. 5. Electrónica e mestura Quen dixo que non se podía mesturar a música tradicional e a música feita por ordenador? Temos a Baiuca , Igmig , Fanny + Alexander , Projecto Trépia, que tamén mestura danza , Faia , Alexandre Villalba ou Eclectica Ensemble . Davide Salvado, de quen falamos antes, colaborou en multitude de proxectos, mais recentemente colaborou coa cantadora Fransy González e co violinista Cibrán Seixo . Deixando atrás a mestura coa música tradicional temos a Das Kapital , Emilio José ou Pantis .
  • 9. 6. Un pouco de todo Nos últimos anos xurdiron novos estilos musicais cuxos embaixadores en galego son bastante recoñecidos entre a mocidade. Boyanka Kostova e Verto son dous grupos formados por dous mozos que fan trap en galego. Outra persoa que estivo detrás de moitos proxectos musicais galegos e O Leo . E outros punks son Lamprea Explosiva , Fascismo ou Zurraspa . Durante os anos setenta e oitenta, moitos cantantes expresaron as súas opinións sobre os problemas que afectaban o noso país mediante a música, algúns experimentando cos instrumentos e recursos do momento. Bibiano , María Manoela , Miro Casabella , Xerardo Moscoso ou Emilio Cao . Algúns deles formaron a agrupación Voces Ceibes . Mais tamén música instrumental e jazz como a de Aida Saco Beiroa , Xoán López ou Ataúlfo Bigárdez . E neste último... recoñeces a serie?
  • 10. 7. Música en galego e feminista Cantigas de Mulleres un álbum compilatorio de músicas realizadas por mulleres. Cantan Uxía, Guadi Galego, Marful... En Marful , cuxa canción Tristras coñecemos en parte porque Sabela a levou a Operación Triunfo, canta Ugia Pedreira . Ses é das voces máis coñecidas e potentes do panorama musical galego, mais ademais ten sempre unhas mensaxes feministas. Non son fada . E para falarmos de todas as mulleres que fan que o mundo siga xirando? A canción de MJ Pérez Casandra , Skandalo GZ Por ser muller , Matriarcas de Guadi Galego, Xoana con Mártires ou as Tanxugueiras co seu Desposorio . E, por último, este himno do Xabarín Club contra o acoso: Non me amoles das Pussycats .
  • 11. 8. Defender o monte e a vida Esta artista francesa instalouse no rural galego e fai electrónica cos sons do medio. Camille Hédouin é MounQup e aquí fai un divertido directo na horta . Unha defensa do rural de Pelenuca . E lembrades o desastre natural do Prestige? Varios artistas lembraron este episodio e homenaxearon o voluntariado. Un deles foi o xa nomeado Miro Casabella .
  • 12. 9. En galego e conscientes Seguro que vos soan estas artistas aínda que sexan algo vellas... Juan Pardo canta A Fala e Falade Galego , A Roda co Falemos galego ... Mais mellor algo máis actual... En galego NON mola dos SonDaRúa , A lingua cortada de Nao , Coa lingua de fóra de Quempallou , Linguas ceibes de Dakidarría .
  • 13. 10. A poesía galega en música Alexandro González reúne as voces de diferentes artistas galegos para homenaxear a poesía de Lois Pereiro. Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro . Amancio Prada, cantautor dunha desas localidades fóra do territorio galego onde se fala a nosa lingua, musicou moitos poemas da nosa tradición literaria, desde a medieval até as composicións de autores do século XX. Cantou cantigas medievais en Lelia doura , coplas de tradición oral en De Mar e Terra , a Rosalía de Castro en Rosalía de Castro e en Rosas a Rosalía , as composicións de Álvaro Cunqueiro en A Dama e o Cabaleiro e os seis poemas que Federico Lorca escribiu en galego en Federico García Lorca: Poeta en Galicia . Uxía Senlle tamén cantou os poemas de varios escritores galegos. En Andando a Terra canta a Manuel María e en Uxía-O canta a Uxío Novoneyra . Os Labregos do Tempo dos Sputniks é un proxecto do Leo Arremecághona e García MC e no seu disco cantan as músicas de Celso Emilio Ferreiro e doutros poetas e letristas . E se non se trata de musicar poemas, senón de creación propia, de poesía musicada, temos Cintaadhesiva ou Samuel L. París .
  • 14. Queres coñecer máis?Por aquí van algunhas canles, listaxes musicais e proxectos para que exploredes máis! - Cancións en galego para cantar cancións en versión karaoke. - A primavera do Bandini , unha canle de YouTube onde os rapaces de Verto animan a quen faga música en galego a compartir as súas creacións. - Galician Fresh Tracks - Galego a Tope! , unha playlist de Spotify que se vai actualizando a cada pouco con novas músicas en galego. - Músicas Galegas Ilustradas , un proxecto da artista Laura Romero onde ilustra mulleres solistas e integrantes de grupos galegos. - O centro social A Gentalha do Pichel de Santiago de Compostela organiza cada ano un festival, o Eclosom , un certame para novas músicas en galego e con presenza feminina. - aCentral Folque é unha escola de música popular e avanzada que fai un grande labor de compilación e difusión de cantigas e músicas. - Punto e Volta é un proxecto para compilar puntos de baile e coplas por todo o país. - GZMúsica percorre o país gravando concertos e entrevistando artistas. - E se vos gusta o hip hop, Hip Hop em Galego é a vosa canle.