1. Un día en Entreculturas
Por Andrea Brage (1º ESO, CPI Virxe da Cela, Monfero)
No noso primeiro encontro da rede, as nenas de primeiro quedamos encantadas:
En canto chegamos acolléronnos e puxéronnos unha identificación, tamén nos deron un
pequeno regalo feito a man en unha pulseira. O seguinte foi darnos unha charla na que
nos explicaban o que íamos facer durante o día e nos ensinaron como era o colexio.
Despois comezamos cun xogo moi divertido: Apareceu un novo continente no que varios
países queren entrar na ONU; consistía en obter información sobre os países a base de
facer uns xogos; ao rematar xa tiñamos case toda a información sobre ditos países. A
continuación dirixímonos a un obradoiro no que traballamos con certos valores e fixemos
un traballo en pequenos grupos.
Cando acabou o obradoiro fomos comer, a comida estaba moi rica e despois
fixemos un fotocall ( unha sesión de fotos). Logo ensaiamos as presentacións das axendas
solidarias e representámolas (cun peiteado moi chulo por obra da profe Verónica),
déronnos unha charlas e despois unhas clowclusións sobre os obxetivos do milenio;
houbo un pequeno homenaxe aos profesores e voluntarios +18.
Déronnos a merenda e marchamos para a casa escoitado o partido Barça- Madrid
( moi amable o condutor por poñelo). Foi un día xenial ;))
Fin