SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 1
A NOSA PAISAXE, A NOSA VIDA
Mural
Realización dun mural na parede do peche frontal do centro.
Este proxecto levouse a cabo en colaboración con Educación Infantil , Primaria e Secundaria. As profesoras
responsables foron Mercedes Dosinda Sánchez e Marta Novo. O proxecto consistiu en parcelar a parede e traballar por sectores
de maneira colectiva unhas imaxes, todas elas baixo o tema de: “O contorno”. Os grupos traballaron coa súa profesora de plástica
a idea, fixeron os bosquexos, e por último saíron nas datas programadas a pintalo na parede. Esta última fase comezámola no
curso 2011-12 e rematámola no presente curso 2012-13.
Comezamos pedíndolle axuda ao concello para preparar a parede xa que estaba con cemento pero moi deteriorada. O
concello enviounos uns obreiros que en poucos días tiñan o muro rematado. Isto foi xa no mes de setembro do ano 2011. Así no
primeiro trimestre comezamos a fase de planificación do proxecto.
Decidimos que tíñamos que ter un tema para unificar cada parte que despois ían a traballar por cursos. Optamos polo
tema da contorna por ser o suficientemente amplo para que dende infantil a 4º de ESO puidesen aportar a súa intervención,
ademais de ser un tema relevante nos currículos.
Despois pasamos a medir e facer os planos do muro. Esta tarefa levárona a cabo os alumnos de Educación Plástica e
Visual de 4º de ESO. O muro mide 115m e ten 25 columnas que o dividen en anacos de 5m, pero que como se observa na imaxe
con alturas moi distintas, dende 1,70m na parte máis alta ata a 0,5m na máis baixa.
Unha vez feitos os planos o dividimos en función dos grupos tendo en conta as idades e o número de alumnos de cada
grupo.
Tamén ao longo deste primeiro trimestre decidimos o tipo de pintura que íamos a usar, xa que tiña que ser resistente
(para exteriores), pero tamén que a puideran utilizar os nenos sen risco. Tamén tiñamos que ter en conta que necesariamente tiña
que abarcar unha gama o suficientemente ampla como para poder obter calquera cor. Calculamos a cantidade de pintura necesaria
e investigamos sobre as distintas imprimacións que se podían utilizar.
Como todo o traballo de pintar era ao aire libre, non podiamos facelo ata que houbera unhas condicións meteorolóxicas
favorables, polo tanto deixamos esta parte para a terceira avaliación.
Ao principio da terceira avaliación traballamos cos alumnos nas aulas as ideas para o proxecto. Individualmente fixeron
bosquexos cas distintas ideas que propoñían. Despois entre alumnos e profesores seleccionamos as ideas que mellor resultaban
para a proposta. Nalgúns casos volveuse a traballar de novo esta proposta seleccionada, noutros varias das propostas individuais
se unificaron nunha sola.
Pouco a pouco fomos unindo as distintas propostas nun todo único. O muro arranca na parte dereita, a máis alta, cun
fondo mariño coma si este fose o inicio dunha viaxe, que percorre o mar, achégase a costa onde vemos unha vila reflectida no
mar, despois unha cidade que identificamos como A Coruña pola torre de Hércules, despois seguimos cunha praia, que nos
sabemos que é Miño na ría de Betanzos, e seguimos pola ría buscando o Eume, e entón segue Pontedeume, onde vemos a
desembocadura do río que vai dar o nome ás Fragas, e que van ser as protagonistas de moitos metros do noso muro. A paisaxe da
nosa contorna vese representada agora con prados floridos cheos de bolboretas, caracois e paxaros, avanzando atopamos outros
animais, o raposo, coellos nas súas tobeiras, cervos e moitos máis.
Seguindo adiante volve a aparecer o río e ata o encoro do Eume, cos peixes e outros animais que poboan as Fragas.
A continuación aparecen as terras traballadas polas xentes de Monfero, con moitos cultivos distintos, as casas, os
tractores e ata un rally polas montañas. Tamén temos o mosteiro, a obra arquitectónica máis representativa de Monfero.
E xa por fin atopamos representada a nosa escola a través dos proxectos: Monfero Solidario e o intercambio ca India, e
das ideas: frases e palabras que falan de educación e de valores. Rematando esta parte, e xa que estamos co mundo das ideas,
temos unha parte abstracta cun fondo branco e chea de cores, transmitindo alegría e poñendo fin a este percorrido pola nosa
paisaxe.
A parte final do muro está dedicada ás firmas. Pintamos un muro de ladrillos e cada alumno pintou o seu con distintas
cores e despois puxo seu nome.

Mais conteúdo relacionado

Destaque (20)

1
11
1
 
Asdasdalçsk
AsdasdalçskAsdasdalçsk
Asdasdalçsk
 
Janet
JanetJanet
Janet
 
Xxii tacb2013 class apuramento ao regional (1)
Xxii tacb2013   class apuramento ao regional (1)Xxii tacb2013   class apuramento ao regional (1)
Xxii tacb2013 class apuramento ao regional (1)
 
Top 5
Top 5Top 5
Top 5
 
Tabla de viajes
Tabla de viajesTabla de viajes
Tabla de viajes
 
Adrgaerhaerh
AdrgaerhaerhAdrgaerhaerh
Adrgaerhaerh
 
netzstrategen | Google Adwords | Überblick
netzstrategen | Google Adwords | Überblicknetzstrategen | Google Adwords | Überblick
netzstrategen | Google Adwords | Überblick
 
SAS certificate
SAS certificateSAS certificate
SAS certificate
 
Escanear0008
Escanear0008Escanear0008
Escanear0008
 
Convivencia
ConvivenciaConvivencia
Convivencia
 
ORIGEN DEL INTERNET
ORIGEN DEL INTERNETORIGEN DEL INTERNET
ORIGEN DEL INTERNET
 
07 a320 palace_dining
07 a320 palace_dining07 a320 palace_dining
07 a320 palace_dining
 
Blanca yineth garzon oviedo actividad 1 mapa c.pdf
Blanca yineth garzon oviedo actividad 1 mapa c.pdfBlanca yineth garzon oviedo actividad 1 mapa c.pdf
Blanca yineth garzon oviedo actividad 1 mapa c.pdf
 
շոկոլադ
շոկոլադշոկոլադ
շոկոլադ
 
Tarea reciclaje
Tarea reciclajeTarea reciclaje
Tarea reciclaje
 
A955dfbb46099b2fe0de0e76ae117500
A955dfbb46099b2fe0de0e76ae117500A955dfbb46099b2fe0de0e76ae117500
A955dfbb46099b2fe0de0e76ae117500
 
Imagechef
Imagechef Imagechef
Imagechef
 
Test 2
Test 2Test 2
Test 2
 
for approval
for approvalfor approval
for approval
 

Semelhante a Texto muro

Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2cbrial
 
Antonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revistaAntonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revistasatelite1
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombrecbrial
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Maria Lemos Cerqueira
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
REVISTA ALBORADA 2021
REVISTA ALBORADA  2021REVISTA ALBORADA  2021
REVISTA ALBORADA 2021anxovila
 
Tui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturalezaTui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturalezaguillareta
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68satelite1
 
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013trasnoparoleiro
 
Tâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeTâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeainoaaa
 
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 141 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14mackerel100
 
informe.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdfinforme.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdfrobledoprimeiroA
 
Monferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapurMonferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapursatelite1
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadesatelite1
 
Proxecto mínimo viable
Proxecto mínimo viableProxecto mínimo viable
Proxecto mínimo viableIsabel Bsoto
 

Semelhante a Texto muro (20)

Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2
 
Antonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revistaAntonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revista
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombre
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Unha montana de cine
Unha montana de cineUnha montana de cine
Unha montana de cine
 
REVISTA ALBORADA 2021
REVISTA ALBORADA  2021REVISTA ALBORADA  2021
REVISTA ALBORADA 2021
 
Boletín Turonia 2015
Boletín Turonia 2015Boletín Turonia 2015
Boletín Turonia 2015
 
Tui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturalezaTui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturaleza
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
 
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
 
Tâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeTâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prende
 
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 141 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14
 
informe.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdfinforme.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdf
 
Monferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapurMonferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapur
 
I xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidadeI xornadas convivencia universidade
I xornadas convivencia universidade
 
Proxecto mínimo viable
Proxecto mínimo viableProxecto mínimo viable
Proxecto mínimo viable
 

Mais de satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

Mais de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Texto muro

  • 1. A NOSA PAISAXE, A NOSA VIDA Mural Realización dun mural na parede do peche frontal do centro. Este proxecto levouse a cabo en colaboración con Educación Infantil , Primaria e Secundaria. As profesoras responsables foron Mercedes Dosinda Sánchez e Marta Novo. O proxecto consistiu en parcelar a parede e traballar por sectores de maneira colectiva unhas imaxes, todas elas baixo o tema de: “O contorno”. Os grupos traballaron coa súa profesora de plástica a idea, fixeron os bosquexos, e por último saíron nas datas programadas a pintalo na parede. Esta última fase comezámola no curso 2011-12 e rematámola no presente curso 2012-13. Comezamos pedíndolle axuda ao concello para preparar a parede xa que estaba con cemento pero moi deteriorada. O concello enviounos uns obreiros que en poucos días tiñan o muro rematado. Isto foi xa no mes de setembro do ano 2011. Así no primeiro trimestre comezamos a fase de planificación do proxecto. Decidimos que tíñamos que ter un tema para unificar cada parte que despois ían a traballar por cursos. Optamos polo tema da contorna por ser o suficientemente amplo para que dende infantil a 4º de ESO puidesen aportar a súa intervención, ademais de ser un tema relevante nos currículos. Despois pasamos a medir e facer os planos do muro. Esta tarefa levárona a cabo os alumnos de Educación Plástica e Visual de 4º de ESO. O muro mide 115m e ten 25 columnas que o dividen en anacos de 5m, pero que como se observa na imaxe con alturas moi distintas, dende 1,70m na parte máis alta ata a 0,5m na máis baixa. Unha vez feitos os planos o dividimos en función dos grupos tendo en conta as idades e o número de alumnos de cada grupo. Tamén ao longo deste primeiro trimestre decidimos o tipo de pintura que íamos a usar, xa que tiña que ser resistente (para exteriores), pero tamén que a puideran utilizar os nenos sen risco. Tamén tiñamos que ter en conta que necesariamente tiña que abarcar unha gama o suficientemente ampla como para poder obter calquera cor. Calculamos a cantidade de pintura necesaria e investigamos sobre as distintas imprimacións que se podían utilizar. Como todo o traballo de pintar era ao aire libre, non podiamos facelo ata que houbera unhas condicións meteorolóxicas favorables, polo tanto deixamos esta parte para a terceira avaliación. Ao principio da terceira avaliación traballamos cos alumnos nas aulas as ideas para o proxecto. Individualmente fixeron bosquexos cas distintas ideas que propoñían. Despois entre alumnos e profesores seleccionamos as ideas que mellor resultaban para a proposta. Nalgúns casos volveuse a traballar de novo esta proposta seleccionada, noutros varias das propostas individuais se unificaron nunha sola. Pouco a pouco fomos unindo as distintas propostas nun todo único. O muro arranca na parte dereita, a máis alta, cun fondo mariño coma si este fose o inicio dunha viaxe, que percorre o mar, achégase a costa onde vemos unha vila reflectida no mar, despois unha cidade que identificamos como A Coruña pola torre de Hércules, despois seguimos cunha praia, que nos sabemos que é Miño na ría de Betanzos, e seguimos pola ría buscando o Eume, e entón segue Pontedeume, onde vemos a desembocadura do río que vai dar o nome ás Fragas, e que van ser as protagonistas de moitos metros do noso muro. A paisaxe da nosa contorna vese representada agora con prados floridos cheos de bolboretas, caracois e paxaros, avanzando atopamos outros animais, o raposo, coellos nas súas tobeiras, cervos e moitos máis. Seguindo adiante volve a aparecer o río e ata o encoro do Eume, cos peixes e outros animais que poboan as Fragas. A continuación aparecen as terras traballadas polas xentes de Monfero, con moitos cultivos distintos, as casas, os tractores e ata un rally polas montañas. Tamén temos o mosteiro, a obra arquitectónica máis representativa de Monfero. E xa por fin atopamos representada a nosa escola a través dos proxectos: Monfero Solidario e o intercambio ca India, e das ideas: frases e palabras que falan de educación e de valores. Rematando esta parte, e xa que estamos co mundo das ideas, temos unha parte abstracta cun fondo branco e chea de cores, transmitindo alegría e poñendo fin a este percorrido pola nosa paisaxe. A parte final do muro está dedicada ás firmas. Pintamos un muro de ladrillos e cada alumno pintou o seu con distintas cores e despois puxo seu nome.