1. —MANIFESTO POLA PAZ—
Monfero, 30 de xaneiro de 2013
As sociedades evolucionan, os tempos cambian, as persoas pensan, actúan,
reflexionan … É lei de vida. Hoxe celébrase en moitos lugares o Día Internacional da
Paz, e nós, que formamos parte de Monferosolidario, representantes do futuro, temos
que falar e opinar.
Todas as persoas que estamos aquí aprendemos día a día —na casa, na
escola— os valores da sociedade actual e os considerados como valores da
Humanidade —solidariedade, amizade, paz, tolerancia, liberdade—, e por tal motivo
queremos trasladar ós mesmos a tódolos lugares do mundo, a tódalas culturas, ás
tradicións, porque é posible a convivencia intercultural e relixiosa con estes valores ós
que nos referimos.
Porque sabemos que todos somos iguais e que non se deben de facer
discriminacións de ningún tipo con ninguén, porque ó mesmo tempo que todos somos
iguais, somos tamén diferentes, e respectándonos os uns aos outros conseguiremos
un mundo mellor, que é o que todos perseguimos.
Hoxe pedimos paz para tódolos fogares, para tódolos países e para tódalas
xentes do mundo, sí, hoxe en especial, pero tamén tódolos días do ano, porque
sempre é necesaria.
Hoxe pedimos paz verdadeira, que vai acompañada pola man da solidariedade,
da igualdade, da liberdade, da tolerancia, da fraternidade, da amizade, do afecto e das
outras facetas importantes da vida.
Queremos que nos oian e nos escoiten tódolos gobernos e toda a xente, e por
iso realizamos este acto, a 30 de xaneiro de 2013, pola Paz!!!!
Porque a Paz é o principal método para pasar adversidades económicas,
políticas e sociais, e a partir de aí haberá poucos obxectivos que os seres humanos
non poidamos acadar. Porque cremos nisto, que viva a Paz!!!!