SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 2
Baixar para ler offline
LEYMA NATURA VISITA O CPI VIRXE DA CELA
Os rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela estaban expectantes ante a visita de varios
xogadores do equipo de básquet Leyma Natura da Coruña (martes 11 de marzo de 2014). A
ocasión ben o merecía: poder ver de cerca a xogadores profesionais deste deporte, coñecer
algo máis sobre a súa carreira deportiva e incluso baterse en duelo con estes deportistas de
élite. Esta actividade forma parte do proxecto “Colexios con Gancho” que o Leyma Natura leva
a cabo en centros escolares da Coruña e a súa área de influencia para promover a práctica do
baloncesto entre a mocidade.
Agradecemos á Fundación Ayuda en Acción a coordinación desta visita ao noso centro,
como parte dun convenio de colaboración que establecemos no pasado mes de decembro con
esta ONG, participando no seu proxecto de educación en valores “Agora Toca”. Igualmente
temos constancia do apoio que esta Fundación está recibindo por parte de Leyma Natura, sen
ir máis lonxe, parte dos cartos recadados na venda de entradas do partido do Leyma Natura
contra o filial do FC Barcelona que tivo lugar o pasado venres 9 de marzo de 2014 no Palacio
dos Deporte da Coruña foi destinado para o proxecto educativo da Fundación Ayuda en
Acción.
A actividade está programada para o recreo do mediodía. Os primeiros en chegar ao
pavillón polideportivo son os mozos e mozas de 2º da ESO, que nesta ocasión teñen a
responsabilidade de facer un rexistro completo da actividade, como se fosen auténticos
xornalistas: o trípode, a cámara de vídeo, as cámaras de fotos, os bolígrafos e os blocks de
notas… Simpática a imaxe da pequena Diana a carón de Mario recollendo algúns datos para a
entrevista… Van chegando os rapaces/zas de primaria, e nos sentamos en círculo no chan.
Comeza a rolda de prensa. Para demostrar que somos cidadáns do mundo, María Primoy (ESO)
lanza a primeira pregunta en inglés dirixida a Amoke, un xogador que acaba de fichar para o
Leyma e vén dos EEUU: Do you like Galicia? Por suposto que lle gusta, como non, claramente
distinguimos na súa resposta que Galicia “is a beautiful country”. Daniel (EP) demostra que os
seus coñecementos sobre o baloncesto son avanzados, preguntándolle a Óscar se é “base” ou
“alero”. Carlos aproveita para explicar as diferentes posicións e funcións dos xogadores. Mario,
quen destaca notablemente pola súa altura, acapara varias das preguntas: Andrea (EP) lle
pregunta canto corre… por suposto unha das súas zancadas equivalen a varias das nosas, Sara
(ESO) pregúntalle pola súa altura… nen máis nen menos que 2’07. Agora vai unha pregunta un
pouco máis complexa: Ariel (EP) ten curiosidade por saber por que despois de xogar se lle
tocas a un compañeiro poden darte pinchazos… humm… esa pregunta debería respondela a
profe de CCNN, seguro que ten que ver con algo da enerxía electrostática acumulada…
Seguimos centrados con Mario, e descubrimos que comezou a xogar ao baloncesto con 16
anos, e que, a pesares da súa altura, facer un “mate” non é tan doado, hai moito esforzo por
detrás e cada unha destas xogadas é única e especial. E así unha tras outra, cada unha das
preguntas vannos achegando máis ás vidas personais e profesionais de cada un dos catro
xogadores que nos están a visitar.
Pero deixemos de falar e pasemos á acción. Finalizada a rolda de prensa rompemos o
xeo a través dunha pequena dinámica, o “xogo da cadea”, onde xa estamos en movemento
dentro da pista. O paso seguinte será facer unha serie de “minipartidos” nos que podemos
observar que os catro xogadores profesionais son notablemente benévolos co noso
alumnado… Aínda así, a cousa vai gañando en intensidade, e a tensión sube na última das
“partidas”, esta vez cos rapaces da ESO… é que… xa teñen altura e idea suficiente para poñer a
algún nun apuro…
Finalizamos a actividade cunha foto de grupo, e cun agasallo que os nenos e nenas
recibiron con moitísima ilusión: entradas para ver o próximo partido que o Leyma Natura
xogará na Coruña. A próxima cita será de novo nas pistas. Grazas pola vosa visita e quen sabe
se agora que estamos tan motivados iniciamos unha nova traxectoria deportiva no mundo do
baloncesto…

Mais conteúdo relacionado

Mais de satelite1

Mais de satelite1 (20)

Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 
Perfect ed sheeran, xiana mosquera
Perfect ed sheeran, xiana mosqueraPerfect ed sheeran, xiana mosquera
Perfect ed sheeran, xiana mosquera
 
Volta ao cole marcos areosa
Volta ao cole marcos areosaVolta ao cole marcos areosa
Volta ao cole marcos areosa
 
Covid refugiados dpb
Covid refugiados dpbCovid refugiados dpb
Covid refugiados dpb
 

Leyma natura visita o cpi virxe da cela de monfero

  • 1. LEYMA NATURA VISITA O CPI VIRXE DA CELA Os rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela estaban expectantes ante a visita de varios xogadores do equipo de básquet Leyma Natura da Coruña (martes 11 de marzo de 2014). A ocasión ben o merecía: poder ver de cerca a xogadores profesionais deste deporte, coñecer algo máis sobre a súa carreira deportiva e incluso baterse en duelo con estes deportistas de élite. Esta actividade forma parte do proxecto “Colexios con Gancho” que o Leyma Natura leva a cabo en centros escolares da Coruña e a súa área de influencia para promover a práctica do baloncesto entre a mocidade. Agradecemos á Fundación Ayuda en Acción a coordinación desta visita ao noso centro, como parte dun convenio de colaboración que establecemos no pasado mes de decembro con esta ONG, participando no seu proxecto de educación en valores “Agora Toca”. Igualmente temos constancia do apoio que esta Fundación está recibindo por parte de Leyma Natura, sen ir máis lonxe, parte dos cartos recadados na venda de entradas do partido do Leyma Natura contra o filial do FC Barcelona que tivo lugar o pasado venres 9 de marzo de 2014 no Palacio dos Deporte da Coruña foi destinado para o proxecto educativo da Fundación Ayuda en Acción.
  • 2. A actividade está programada para o recreo do mediodía. Os primeiros en chegar ao pavillón polideportivo son os mozos e mozas de 2º da ESO, que nesta ocasión teñen a responsabilidade de facer un rexistro completo da actividade, como se fosen auténticos xornalistas: o trípode, a cámara de vídeo, as cámaras de fotos, os bolígrafos e os blocks de notas… Simpática a imaxe da pequena Diana a carón de Mario recollendo algúns datos para a entrevista… Van chegando os rapaces/zas de primaria, e nos sentamos en círculo no chan. Comeza a rolda de prensa. Para demostrar que somos cidadáns do mundo, María Primoy (ESO) lanza a primeira pregunta en inglés dirixida a Amoke, un xogador que acaba de fichar para o Leyma e vén dos EEUU: Do you like Galicia? Por suposto que lle gusta, como non, claramente distinguimos na súa resposta que Galicia “is a beautiful country”. Daniel (EP) demostra que os seus coñecementos sobre o baloncesto son avanzados, preguntándolle a Óscar se é “base” ou “alero”. Carlos aproveita para explicar as diferentes posicións e funcións dos xogadores. Mario, quen destaca notablemente pola súa altura, acapara varias das preguntas: Andrea (EP) lle pregunta canto corre… por suposto unha das súas zancadas equivalen a varias das nosas, Sara (ESO) pregúntalle pola súa altura… nen máis nen menos que 2’07. Agora vai unha pregunta un pouco máis complexa: Ariel (EP) ten curiosidade por saber por que despois de xogar se lle tocas a un compañeiro poden darte pinchazos… humm… esa pregunta debería respondela a profe de CCNN, seguro que ten que ver con algo da enerxía electrostática acumulada… Seguimos centrados con Mario, e descubrimos que comezou a xogar ao baloncesto con 16 anos, e que, a pesares da súa altura, facer un “mate” non é tan doado, hai moito esforzo por detrás e cada unha destas xogadas é única e especial. E así unha tras outra, cada unha das preguntas vannos achegando máis ás vidas personais e profesionais de cada un dos catro xogadores que nos están a visitar. Pero deixemos de falar e pasemos á acción. Finalizada a rolda de prensa rompemos o xeo a través dunha pequena dinámica, o “xogo da cadea”, onde xa estamos en movemento dentro da pista. O paso seguinte será facer unha serie de “minipartidos” nos que podemos observar que os catro xogadores profesionais son notablemente benévolos co noso alumnado… Aínda así, a cousa vai gañando en intensidade, e a tensión sube na última das “partidas”, esta vez cos rapaces da ESO… é que… xa teñen altura e idea suficiente para poñer a algún nun apuro… Finalizamos a actividade cunha foto de grupo, e cun agasallo que os nenos e nenas recibiron con moitísima ilusión: entradas para ver o próximo partido que o Leyma Natura xogará na Coruña. A próxima cita será de novo nas pistas. Grazas pola vosa visita e quen sabe se agora que estamos tan motivados iniciamos unha nova traxectoria deportiva no mundo do baloncesto…