1. SE TI PODES… POR QUE NON?
Esta frase tan directa é a elixida polo alumnado de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela para lanzar
unha campaña en prol do voluntariado, obxectivo principal do obradoiro impartido por Ramón Molina
dentro do programa "Rede de Centros Escolares Solidarios" do Plan Proxecta. Así que estes rapaces e
rapazas pasarán todo o día de hoxe deseñando un guión e finalmente gravando as imaxes que ilustrarán
un spot publicitario.
Antes de nada, parabéns aos cativos e cativas de 1º da ESO, que mostraron unha tremenda
enerxía, motivación e gañas de cambiar o mundo. Foron moitas horas seguidas de traballo, e máis que
houbera, porque ao final ata quedounos un pouco curto o obradoiro para a cantidade de ideas que
xurdiron…
Iniciamos a xornada cunha reflexión en torno ao mundo do voluntariado, e a través dunha
tormenta de ideas, démonos de conta da cantidade de riqueza e experiencia que nos aporta como
individuos o feito de comprometernos e axudar aos demais. Con todos os conceptos que saíron a flote,
os vinte rapaces/zas de 1º da ESO dividíronse en catro grupos de 5 persoas, e tras o visionado de varios
vídeos que publicitaban campañas solidarias, lanzáronse a inventar lemas dirixidos a potenciar a
voluntariedade no noso centro. Como todo traballo en equipo, tomamos unha decisión conxunta
mediante votación democrática, e case por unanimidade acollémonos ao sinxelo pero potente lema: Se
ti podes… por que non?
Unha vez decidido e lema, pasamos á elaboración dos guións ou storyboards, que quedaron
listos na xornada de mañá. Xa despois de comer, e co depósito cheo, demos paso á gravación en vídeo
das propostas dos catro grupos, que foron moi variadas: unha utilizando letras, outra figuras
xeométricas, e dous grupos elixiron a interpretación actoral… Estamos desexando ver os resultados para
poder lanzar unha súper campaña de captación de novos voluntarios para o inicio de próximo curso
escolar!!!