1. CONCURSO DE CUBERTAS DE LIBROS
O Departamento de Artes Plásticas en colaboración coa Biblioteca Castelao, organiza un concurso de portadas para libros
BASES:
1. 1.- Dirixido a: Todos os alumnos do CPI “Virxe da Cela”, que poderán participar de forma individual
con un máximo de 3 exemplares
2. Tema: O Concurso ten por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro
que o/a alumno/a teña lido. Nesta portada ten que constar o título e o nome do autor do libro e
ademais a decoración que o/a alumno desexe engadir: fondos, ilustracións, fotografías, distintas tipos
de letra, etc. O libro pode ser de calquera xénero literario: poesía, novela, conto, teatro, ensaio,
tratado, … . Tamén se pode optar por castelán, galego, inglés ou francés segundo sexa o idioma no
que se leu o libro.
3. Formato: Tamaño mínimo un cadrado de 21x21 cm e máximo un A3 (29,7x42 cm). Pódese variar a
forma do soporte sempre que quede dentro das dimensións mínimas e máximas sinaladas.
4. Técnica: Poderase utilizar calquera tipo de técnica bidimensional: rotuladores, lapis, témperas,
collage, ordenador etc. Tamén se poden combinar técnicas: letras a ordenador e debuxos a man,
fondos de témpera e un collage superposto, composicións feitas con volume e despois fotografadas,
etc.
5. Soporte: En función da técnica os traballos pódense entregar en papel, cartolina, cartón, táboa, lenzo
ou como arquivo informático se é o caso dun traballo feito por ordenador.
6. Data e lugar de entrega: A data límite de entrega é ata o venres 3 de maio de 2.013. Os traballos
entregaranse na biblioteca ao profesor de garda na mesma.
7. Premios: Os premios entregaranse na semana das letras galegas (do 9 ao 17 de maio). Outorgaranse
varios premios en función da idade e das distintas técnicas. Os traballos participantes serán expostos
no centro e tamén no blogue da biblioteca.
8. Xurado: O xurado estará composto por profesores/as deste centro.