SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
Carta gañadora no certame “San Valentín” 2012
Querida Escola do Xestal:
Levo xa uns cantos anos aquí, que veñen sendo case dez anos, pois
cheguei aquí no ano 2002, dunha escola de Lugo chamada CEIP “Illa Verde”.
Aquí, ós meus cinco anos, cursei Educación Infantil, recordo á nosa mestra, que
se chamaba María José Otero. Tamén me lembro de tod@s @s que estábamos
naquela aula, que hoxe estamos en terceiro e segundo da ESO (sen contar a
Thais, que marchou). Tamén estaban, nunha mesa redonda, algún dos que agora
están en primeiro da ESO. Moito me gustaba a escola daquela, e aínda me gusta
hoxe. O dicir que me gustaba moito a escola daquela é algo sobre o que miña nai
e miña avoa poden discrepar, pois os primeiros días, foron elas as que me
levaron á forza á parada, e eu ía berrando ou chorando. Mais cando chegaba o
autobús á parada, eu calmábame e subía nel.
Durante os primeiros días, para min, o mellor de todo era a viaxe no
autobús, pero na clase volvía chorar algo. No cuarto día de escola, eu xa estaba
afeito e ía de boa gana. Lémbrome das pelexas que había na clase por ver quén
era o que tiña o tractor de xoguete, pois tan só había un que coidábamos ben
(curioso feito de que hoxe hai varios e están mal coidados). Eu levaba un
mandilón de cadros verde.
Hoxe en día a escola gústame, pero é diferente á de entón. Hoxe é algo
triste, pois somos cento setenta ou algo así de cativ@s, e daquela eramos cerca
de catrocent@s.
Había moita máis xente. Había que agardar na cola para ir ós columpios,
que estaban enferruxados. Tamén no tobogán (é preciso apuntar que hoxe o
patio non é como daquela). Persoalmente, o parque gustábame máis que agora,
porque había máis árbores e estaba ó descuberto, acórdome dun salgueiro
chorón que había preto do aparcadoiro dos autobuses, ó cal lle colliamos as
ramallas e usábamos como látegos (para andar a zorregadas). Estou falando dos
primeiros anos, en primeiro e segundo de Primaria, a nosa mestra foi Teresa
Lagares, que foi moi boa con nós. Non só me acordo das profesoras e dos
profesores que nós tivemos, acórdome de case todos (Pereiro, Lagares, Maruja,
Mercedes, Noli, Merchy, Mercedes Dosinda, Celia, Luis, Pilar) e dos que daban na
ESO (Nieves, Dopico, don José, dona Mercedes).
Acórdome dunha anécdota curiosa, que sendo Alfonso, o de Galego,
director da escola, eu funme “chivar” a el por unha pelexa que tiveramos eu e
mais outro. O tipo non me fixo caso ningún.
Tamén me acordo de cando se xubilara a cociñeira, das tardes de chuvia,
nas que unha pila de cativ@s estábamos revolt@s no patio cuberto. Xogabamos
á pilla ou, se estaba o chan mollado, “patinábamos” no patio. Outras veces,
quedabamos castigados no comedor.
Carta gañadora no certame “San Valentín” 2012
Entre @s nos@s profes, están Teresa (1º e 2º), Merchy (3º e 4º), Mercedes
Dosinda (5º e 6º e MUS) e José Carlos (E.F e MAT), Natalia, Luis e Pilar (ING),
Celia (MATE) e Conchi, Belén, Chus, Alberto e Vanesa, que substituíron a algún
mestre nunha baixa.
Moito temos xogado nos recreos (ó escondite, á pilla, ó escondite-pilla, ó
fútbol, ó brilé, ó fútbol sen balón…). O recordo das tardes de chuvia son moitos,
cando nevaba ou sarabiaba tamén nos sorprendíamos e alegrábamos; o recordo
de cando saían os “maiores” (da ESO), todo está aí.
Todo son lembranzas e nostalxia, pero a estima e amor que che teño eu e
outros, non o sabe ninguén. O conxunto de sensacións, emocións e todos os bos
momentos que xa pasamos non os podemos volver pasar. Eu, así o desexaría,
pero nin eu nin ninguén pode.
Sobre o que levo escrito nesta carta de gran amor pódese deducir que a
quen lle remito esta carta non é un edificio, pero tampouco é a miña estancia
aquí. Para min, a escola do Xestal éo todo. A miña vida xira ó redor dela, non
como edificio, senón como o conxunto do tempo que levo nela, as persoas que
por aquí pasaron (alumnos e profesores), as emocións e sensacións que aquí
vivín cos meus compañeiros e as miñas compañeiras, os bos e malos momentos,
as anécdotas que aquí escoitei, contei e vivín, o moito que me rin e o pouco que
chorei, o conxunto de amig@s e coñecid@s que aquí fixen, e o edificio. Xa dende
antes e durante a miña estancia, meus pais, miñas tías e meus tíos, e curmáns
deles contaban multitude de anécdotas de cando estiveron alí, a miúdo cun certo
ton de nostalxia – contaban cando non había campo de fútbol, cando o comedor
era máis pequeno, cando o autobús facía unha ruta diferente, etc. – polo que,
dalgún xeito, eles influíron na miña actitude cara á escola.
O día que me vaia do Xestal, non sei como farei, pois o ambiente é o mellor
posible, estamos cada un de nós, que temos as nosas particularidades, ao igual
que os profesores, e por esas particularidades somos coñecidos entre nós. A
miúdo, polo noso sobrenome, que o temos tanto cativ@s como profesor@s. En
fin, todo isto é o que digo de ti, escola da miña vida, pero podería dicir e escribir
moito máis.
A escola, como edificio, tamén cambiou, pois tamén me lembro de cando,
no que hoxe é o aumento da biblioteca e na aula que hoxe é de usos múltiples,
estaban aulas de 3ºA e 3ºB ESO, había moita máis xente. No autobús da ruta Val
de Xestoso, hoxe imos dezaoito e dezanove cativ@s, e chegamos a ir trinta e pico
ou corenta. Pero iso é igual, pois, ó fin e ó cabo, é a miña vida.
Nunca te esquecerei.
Antonio González López

More Related Content

What's hot (20)

15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)
 
11. a importancia da escrita
11.  a importancia da escrita11.  a importancia da escrita
11. a importancia da escrita
 
14. adolescente embarazada
14.  adolescente embarazada14.  adolescente embarazada
14. adolescente embarazada
 
9. amor á terra
9.  amor á terra9.  amor á terra
9. amor á terra
 
4. comezo dunha longa etapa
4.  comezo dunha longa etapa4.  comezo dunha longa etapa
4. comezo dunha longa etapa
 
16. experiencia escolar en fin de semana (1)
16.  experiencia escolar en fin de semana (1)16.  experiencia escolar en fin de semana (1)
16. experiencia escolar en fin de semana (1)
 
17. remate dunha etapa
17.  remate dunha etapa17.  remate dunha etapa
17. remate dunha etapa
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
 
Revista web
Revista webRevista web
Revista web
 
Revista 2010 2011 en word
Revista 2010  2011 en wordRevista 2010  2011 en word
Revista 2010 2011 en word
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
Obradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaObradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTica
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
REVISTA CUMES
REVISTA CUMESREVISTA CUMES
REVISTA CUMES
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 

Viewers also liked

6. ¡sorpresa, sorpresa!
6.  ¡sorpresa, sorpresa!6.  ¡sorpresa, sorpresa!
6. ¡sorpresa, sorpresa!satelite1
 
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)satelite1
 
Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001satelite1
 
María josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegioMaría josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegiosatelite1
 
O desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalO desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalsatelite1
 
Os inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezOs inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezsatelite1
 
7. o pé de ouro
7.  o pé de ouro7.  o pé de ouro
7. o pé de ourosatelite1
 
Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96satelite1
 
Xogos populares infantil
Xogos populares infantilXogos populares infantil
Xogos populares infantilsatelite1
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anossatelite1
 
Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do actosatelite1
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antoniosatelite1
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergiosatelite1
 
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguezsatelite1
 

Viewers also liked (15)

6. ¡sorpresa, sorpresa!
6.  ¡sorpresa, sorpresa!6.  ¡sorpresa, sorpresa!
6. ¡sorpresa, sorpresa!
 
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)3.  botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
3. botándome a voar polo mundo adiante (31-3-2016)
 
Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001Escolas viaxeiras 2000 2001
Escolas viaxeiras 2000 2001
 
María josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegioMaría josé ramos 40º aniversario colegio
María josé ramos 40º aniversario colegio
 
O desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestalO desastre demográfico visto desde o xestal
O desastre demográfico visto desde o xestal
 
Os inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópezOs inicios, por antonio gonzález lópez
Os inicios, por antonio gonzález lópez
 
7. o pé de ouro
7.  o pé de ouro7.  o pé de ouro
7. o pé de ouro
 
Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96Escolas viaxeiras 95 96
Escolas viaxeiras 95 96
 
Xogos populares infantil
Xogos populares infantilXogos populares infantil
Xogos populares infantil
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anos
 
Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do acto
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio
 
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
 
Recursos samain
Recursos samainRecursos samain
Recursos samain
 

Similar to Carta escola antonio gonzález

Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celiasatelite1
 
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016radiorasca
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)satelite1
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
Despedida 6º 2011 2012
Despedida 6º 2011  2012Despedida 6º 2011  2012
Despedida 6º 2011 2012oscar14tania
 
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017Yolanda Castro
 
Texto paco nogueiras
Texto paco nogueirasTexto paco nogueiras
Texto paco nogueirassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Así son eu
Así son euAsí son eu
Así son eu2TERE
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015Diana Sánchez
 
Ceip Celso Emilio Ferreiro
Ceip Celso Emilio FerreiroCeip Celso Emilio Ferreiro
Ceip Celso Emilio FerreiroJavier Vázquez
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 
Deixasnos as tuas pegadas
Deixasnos as tuas pegadasDeixasnos as tuas pegadas
Deixasnos as tuas pegadasangeles loures
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principiosatelite1
 
Inicio curso
Inicio cursoInicio curso
Inicio cursoYaiza Iay
 
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 

Similar to Carta escola antonio gonzález (20)

Adeus a dona celia
Adeus a dona celiaAdeus a dona celia
Adeus a dona celia
 
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)
 
Grazas
GrazasGrazas
Grazas
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Despedida 6º 2011 2012
Despedida 6º 2011  2012Despedida 6º 2011  2012
Despedida 6º 2011 2012
 
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
 
Texto paco nogueiras
Texto paco nogueirasTexto paco nogueiras
Texto paco nogueiras
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Así son eu
Así son euAsí son eu
Así son eu
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
 
Ceip Celso Emilio Ferreiro
Ceip Celso Emilio FerreiroCeip Celso Emilio Ferreiro
Ceip Celso Emilio Ferreiro
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
Deixasnos as tuas pegadas
Deixasnos as tuas pegadasDeixasnos as tuas pegadas
Deixasnos as tuas pegadas
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principio
 
Moita poesía
Moita poesía Moita poesía
Moita poesía
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Inicio curso
Inicio cursoInicio curso
Inicio curso
 
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Carta escola antonio gonzález

  • 1. Carta gañadora no certame “San Valentín” 2012 Querida Escola do Xestal: Levo xa uns cantos anos aquí, que veñen sendo case dez anos, pois cheguei aquí no ano 2002, dunha escola de Lugo chamada CEIP “Illa Verde”. Aquí, ós meus cinco anos, cursei Educación Infantil, recordo á nosa mestra, que se chamaba María José Otero. Tamén me lembro de tod@s @s que estábamos naquela aula, que hoxe estamos en terceiro e segundo da ESO (sen contar a Thais, que marchou). Tamén estaban, nunha mesa redonda, algún dos que agora están en primeiro da ESO. Moito me gustaba a escola daquela, e aínda me gusta hoxe. O dicir que me gustaba moito a escola daquela é algo sobre o que miña nai e miña avoa poden discrepar, pois os primeiros días, foron elas as que me levaron á forza á parada, e eu ía berrando ou chorando. Mais cando chegaba o autobús á parada, eu calmábame e subía nel. Durante os primeiros días, para min, o mellor de todo era a viaxe no autobús, pero na clase volvía chorar algo. No cuarto día de escola, eu xa estaba afeito e ía de boa gana. Lémbrome das pelexas que había na clase por ver quén era o que tiña o tractor de xoguete, pois tan só había un que coidábamos ben (curioso feito de que hoxe hai varios e están mal coidados). Eu levaba un mandilón de cadros verde. Hoxe en día a escola gústame, pero é diferente á de entón. Hoxe é algo triste, pois somos cento setenta ou algo así de cativ@s, e daquela eramos cerca de catrocent@s. Había moita máis xente. Había que agardar na cola para ir ós columpios, que estaban enferruxados. Tamén no tobogán (é preciso apuntar que hoxe o patio non é como daquela). Persoalmente, o parque gustábame máis que agora, porque había máis árbores e estaba ó descuberto, acórdome dun salgueiro chorón que había preto do aparcadoiro dos autobuses, ó cal lle colliamos as ramallas e usábamos como látegos (para andar a zorregadas). Estou falando dos primeiros anos, en primeiro e segundo de Primaria, a nosa mestra foi Teresa Lagares, que foi moi boa con nós. Non só me acordo das profesoras e dos profesores que nós tivemos, acórdome de case todos (Pereiro, Lagares, Maruja, Mercedes, Noli, Merchy, Mercedes Dosinda, Celia, Luis, Pilar) e dos que daban na ESO (Nieves, Dopico, don José, dona Mercedes). Acórdome dunha anécdota curiosa, que sendo Alfonso, o de Galego, director da escola, eu funme “chivar” a el por unha pelexa que tiveramos eu e mais outro. O tipo non me fixo caso ningún. Tamén me acordo de cando se xubilara a cociñeira, das tardes de chuvia, nas que unha pila de cativ@s estábamos revolt@s no patio cuberto. Xogabamos á pilla ou, se estaba o chan mollado, “patinábamos” no patio. Outras veces, quedabamos castigados no comedor.
  • 2. Carta gañadora no certame “San Valentín” 2012 Entre @s nos@s profes, están Teresa (1º e 2º), Merchy (3º e 4º), Mercedes Dosinda (5º e 6º e MUS) e José Carlos (E.F e MAT), Natalia, Luis e Pilar (ING), Celia (MATE) e Conchi, Belén, Chus, Alberto e Vanesa, que substituíron a algún mestre nunha baixa. Moito temos xogado nos recreos (ó escondite, á pilla, ó escondite-pilla, ó fútbol, ó brilé, ó fútbol sen balón…). O recordo das tardes de chuvia son moitos, cando nevaba ou sarabiaba tamén nos sorprendíamos e alegrábamos; o recordo de cando saían os “maiores” (da ESO), todo está aí. Todo son lembranzas e nostalxia, pero a estima e amor que che teño eu e outros, non o sabe ninguén. O conxunto de sensacións, emocións e todos os bos momentos que xa pasamos non os podemos volver pasar. Eu, así o desexaría, pero nin eu nin ninguén pode. Sobre o que levo escrito nesta carta de gran amor pódese deducir que a quen lle remito esta carta non é un edificio, pero tampouco é a miña estancia aquí. Para min, a escola do Xestal éo todo. A miña vida xira ó redor dela, non como edificio, senón como o conxunto do tempo que levo nela, as persoas que por aquí pasaron (alumnos e profesores), as emocións e sensacións que aquí vivín cos meus compañeiros e as miñas compañeiras, os bos e malos momentos, as anécdotas que aquí escoitei, contei e vivín, o moito que me rin e o pouco que chorei, o conxunto de amig@s e coñecid@s que aquí fixen, e o edificio. Xa dende antes e durante a miña estancia, meus pais, miñas tías e meus tíos, e curmáns deles contaban multitude de anécdotas de cando estiveron alí, a miúdo cun certo ton de nostalxia – contaban cando non había campo de fútbol, cando o comedor era máis pequeno, cando o autobús facía unha ruta diferente, etc. – polo que, dalgún xeito, eles influíron na miña actitude cara á escola. O día que me vaia do Xestal, non sei como farei, pois o ambiente é o mellor posible, estamos cada un de nós, que temos as nosas particularidades, ao igual que os profesores, e por esas particularidades somos coñecidos entre nós. A miúdo, polo noso sobrenome, que o temos tanto cativ@s como profesor@s. En fin, todo isto é o que digo de ti, escola da miña vida, pero podería dicir e escribir moito máis. A escola, como edificio, tamén cambiou, pois tamén me lembro de cando, no que hoxe é o aumento da biblioteca e na aula que hoxe é de usos múltiples, estaban aulas de 3ºA e 3ºB ESO, había moita máis xente. No autobús da ruta Val de Xestoso, hoxe imos dezaoito e dezanove cativ@s, e chegamos a ir trinta e pico ou corenta. Pero iso é igual, pois, ó fin e ó cabo, é a miña vida. Nunca te esquecerei. Antonio González López