Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Pedras máxicas en galicia
1. Galicia é unha terra onde as pedras se asocian con prodixios e milagres
2. ACIBECHE
O acibeche é unha variedade de lignito,negra e brillante.A súa extracción sempre foi
artesanal. Está considerado o talismán do peregrino durante o Camiño de Santiago,
ademais empregábase contra o mal de ollo,un efecto negativo sobre a saúde das persoas
ou os animais.O que mais se empregaba contar o mal de ollo era a figa,unha figura dunha
man.
Sara Pérez Taboada
3. O Portalén do Monte Seixo, situado no municipio de Cerdedo na provincia de
Pontevedra.
Este conxunto pétreo era considerado como una porta que poder cruzar, sempre de
norte a sur no mes de tódolos Santos (novembro) para falar e escoitar aos defuntos.
Edgar
4. A PEDRA DOS CADRÍS
Punta da Barca no concello de
Muxía
A pedra dos Cadrís que segundo
a lenda cristiá simbolizaría a
vela da embarcación na que
apareceu a virxe , ten forma de
ril . Atribúenselle propiedades
curativas para doenzas dos
cadrís , reuma etc . Para que
estas doenzas curen e preciso
pasar nove veces por debaixo
dela .
5. O SANTO DOS CROQUES
No parteluz,da catedral de Santiago de Conpostela, encontrase unha figura de
Santiago apostolo cun bastón de peregrino, como patrón da basilica.
No pé da columna esta a figura do mestre mateo,a esta imaxe coñecese popularmente
O SANTO DOS CROQUES ,pola antiga tradición dos estudantes de golpear a súa cabeza
contra a figura para recibir sabedoría .
Esta tradición foi adoptada , posteriormente polos peregrinos
Alba
María
6. A PEDRA DA SERPE
En toda Galicia rendeuse culto á serpe, que foi símbolo da terra, como noutras rexións do mundo.
Numerosos restos arqueolóxicos e obxectos da época castrexa confirman a presencia significativa da
serpe na cultura do noroeste peninsular. Moitos monumentos cristiáns foron levantados sobre pedras
cunha serpe gravada. Quizais para simbolizar que o pecado —serpe— era vencido pola fe cristiá.
Segundo a Xénese, a serpe —demo— introduciu o pecado no mundo. En ocasións convive o paganismo
co cristianismo en cruceiros coa serpe esculpida. Para algúns historiadores, a serpe é un animal que
evolucionou, outros pensan que é un xenio protector da casa e dos seus habitantes, máis todos
confirman a existencia dun culto antigo á serpe, se ben non é exclusivo da etnografía galega.
LUCAS GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ
7. A Pedra dos Cadrís (Muxia - A Coruña)
Atribúenselle propiedades curativas para doenzas dos cadrís,
reuma, etc. Para que estas doenzas curen é preciso pasar nove
veces por debaixo dela.
Daniel Sousa Rodríguez
8. O Tangaraño é una rocha mói grande que se sitúa en parada de Piñor
no concello de barbadas(OURENSE).Hoxe en dia só se sube para
contemplar o paisaxe mirar a rocha o meterse na “mini” cova que
ten.Ademais esta rocha tamén ten unha lenda que di que os nenos
enfermos de raquitismo denudábanse,ataban a ropa nunha arbore que
abia a o lado unha vez feito eso pasaban pola “mini”cova e curarase a
enfermidade
Nicolás Blanco Mayorgas
9. O Tangaraño de Barbadás
No Monte de San Bieito da Cova do Lobo, en San Lourenzo de Piñor, concello de Barbadás (Ourense) hai
un penedo denominado O Tangaraño, Penedo Vigón e tamén O Enganido, que serve como excepcional
mirador sobre a cidade de Ourense, e é moi visitado durante a romería do San Bieito da Cova do Lobo
por milleiros de peregrinos. O santuario como sempre fixo, soubo aproveitar moi ben este enclave
adxudicándolle os beneficios que podía aportar a milagres que facía o Noso Señor.
O Tangaraño é un xigantesco penedo, un típico bolo granítico de moitos metros de diámetro asentado
enriba doutros penedos, de maneira que se pode pasar por debaixo del agachado. Dentro, nun
curruncho hai unha pequena cavidade na rocha que sempre, sexa verán ou inverno, está chea de auga.
Este lugar é, sen dúbida, un deses nos que a enerxía telúrica sae á luz, un lugar máxico, curativo,
repoñedor. Dende sempre os habitantes dos arredores adxudícanlle propiedades curativas, sobre todo
para enfermidades da pel, en especial as verrugas, tumores, bocio, feridas e especialmente para o
raquitismo dos nenos, enfermidade coñecida como tangaraño.
pasando o neno por riba da poza de auga.
Logo visten ao neno con roupa nova, abandonando alí as que levaba postas.
Este penedo quixérono romper uns canteiros pero non houbo maneira, non entraban na pedra nin
cuñeiros nin punteiros.
O nome de San Bieito da Cova do Lobo venlle da crenza de que o mesmo San Bieito andaba fuxindo de
algo por aqueles montes e foise agachar nunha cova de lobo.
A romería principal celébrase o 11 de xullo, aínda que o día 21 de marzo ten lugar o chamado San Bieito
do Inverno.
Iván Carril Fernández
10. CRUCEIRO DE LAMEIRO
Este monumento está situado no concello
do Lameiro (Lugo) e ten orixe prehistórica.
Para as antigas civilizacións eran obxectos
moi preciados.
• o cruceiro é unha cruz de pedra de
granito, varias imaxes elevadas sobre unha
columna e unha plataforma que está
situada nos lugares públicos, cruces de
camiños, ermitas e entradas a
ceminterios…
• Constrúense nos lugares sagrados como
símbolo de protección onde a xente pedía
rogando por unha persoa, polo campo,
pola curación dunha enfermidade.
11.
12. PEDRA DOS CADRÍS
A"Pedra dos Cadrís", que según a lenda
cristiana simbolizaría a vela da
embarcación na que apareceu a Virxen,
ten forma de ril ou óso ilíaco, segundo se
mire, e a ela se lle atribuen propiedades
curativas para dores de rils, reuma, etc.
Para que estas enfermidades curen é
preciso pasar nove veces por debaixo de
ela.
Elena Alonso Fernández
13. O TANGARAÑO DE BARBADÁS
No Monte de San Bieito da Cova do Lobo, en San Lourenzo de Piñor, concello de
Barbadás (Ourense) hai un penedo denominado O Tangaraño, Penedo Vigón e
tamén O Enganido
O Tangaraño é un xigantesco penedo, un típico bolo granítico de moitos metros de
diámetro asentado enriba doutros penedos, de maneira que se pode pasar por
debaixo del agachado. Dentro, nun curruncho hai unha poza que sempre, sexa
verán ou inverno, está chea de auga.
• Este lugar é, sen dúbida, un deses nos que a enerxía telúrica sae á luz, un lugar
máxico, curativo, repoñedor. De sempre os habitantes dos arredores adxudícanlle
propiedades curativas, sobre todo para enfermidades da pel, en especial as
verrugas, tumores, bocio, feridas e especialmente para o raquitismo dos nenos,
enfermidade coñecida como tangaraño
• Aos nenos entangarañados teñen que pasalos tres mulleres polo burato da Pedra
do Tangaraño ou Penedo Vigón, dicindo a que o pasa:
• - Ei María, aí che vai o tangaraño.
• respondendo a seguinte:
• - Devólvocho san e salvo.
Tamén se logra a curación facéndolle uns nós a unha xesta e pasando o neno por riba
da poza de auga.Logo visten ao neno con roupa nova, abandonando alí as que
levaba postas.
Este penedo quixérono romper uns canteiros pero non houbo maneira, non entraban
na pedra nin os punteiros.
O nome de San Bieito da Cova do Lobo venlle da crenza de que o mesmo San Bieito
andaba fuxindo de algo por aqueles montes e foise agachar nunha cova de lobo.