SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 5
Baixar para ler offline
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
A CIVILIZACIÓN GREGA
1.- O NACEMENTO DO MUNDO GREGO
1.1.- O ESPAZO FÍSICO
● As orixes da civilización grega sitúanse ao sur da peninsula dos Balcáns, e axiña se estendeu polas illas
dos mares Exeo e Xónico e as costas de Asia Menor. Todo este territorio recibiría o nome de Hélade.
● Os gregos, influídos pola orografía, organizáronse en pequenas cidades- Estado independentes unhas das
outras chamadas polis, pero compartían unha mesma lingua, relixión, cultura e territorio.
● Os gregos vivían da agricultura, do pastoreo, da pesca e do comercio que desenvolveron ao longo de
todo o Mediterráneo.
● A relixión grega era politeísta. Os deuses habitaban no monte sagrado do Olimpo e Zeus era o pai de
todos eles.
1.2.- A HISTORIA DE GRECIA
● Durante a Idade dos Metais, viviron na península Balcánica varios pobos que se uniron e deron
lugar ás civilizacións prehelénicas:
 A civilización cretense ou minoica desenvolveuse na illa de Creta durante o III milenio a. C. o
seu dominio eran as illas do Exeo.
 A civilización micénica desenvolveuse entre os anos 1600 e 1200 a.C. Foi fundada polos
aqueos, pobos procedentes do norte que dominarían a Grecia continental.
 Época escura. Deuse no territorio grego sobre o 1200 a. C. e estivo protagonizada polos
dorios, uns pobos procedentes do norte que someteron o resto dos habitantes da península do
Peloponeso. Desde este momento ata o século VIII a. C., produciuse unha etapa de decadencia.
● A época arcaica: entre os séculos VIII e VI a. C. Neste período os gregos asentaron as polis e
colonizaron as costas do mar Mediterráneo.
● A época clásica: desde o século V a. C. ata a primeira metade do século IV a. C. Foi a etapa de
maior esplendor de Grecia. Nela destacaron as polis de Atenas e de Esparta.
● A época helenística: desde mediados do século IV ata o século I a. C. Durante este período
apareceu unha das figuras máis relevantes da historia: Alexandre Magno. Do seu magno imperio
xurdiron os reinos helenísticos que, co paso do tempo, serían sometidos polos romanos.
2.- A ÉPOCA ARCAICA (SÉC. VIII – VI a. C.)
2.1.- A FORMACIÓN DAS POLIS
● Os gregos estaban organizados en pequenas cidades-Estado independentes chamadas POLIS e
contaban coas súas leis, moedas, exércitos e gobernos propios.
● As partes máis importantes dunha polis era:
• A Acrópole: situada na zona elevada da cidade, era un lugar de refuxio, onde tamén se construían
os templos.
• A Ágora: unha praza central de grandes dimensións, onde se desenvolvía a vida comercial e
política
1
1º ESO
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
● As primeiras polis tiñan un goberno oligárquico, compostos por uns poucos aristócratas, grandes
propietarios agrícolas que constituían a elite guerreira. Esparta é un exemplo deste tipo de goberno.
● Na polis de Atenas xurdiu unha nova forma de goberno: a DEMOCRACIA: poder exercido polos
cidadáns, reunidos periodicamente en Asembleas. As reformas de Solón e Clístenes contribuíron á súa
implantación.
2.2.- AS COLONIZACIÓNS GREGAS
● Entre os séculos VIII-VI a.C numerosos habitantes das cidades gregas emigraron a diferentes lugares
das costas mediterráneas e do Mar Negro e colonizaron novas terras.
● As causas desta emigración foron:
• A escaseza de terras, a maioría eran propiedade dos aristócratas,
• A miseria na que vivían moitos campesiños porque en Grecia habitaba moita xente e non había
terras nin alimentos para todos.
• A existencia de escravitude por débedas.
• O espírito comercial e navegante dos gregos que buscaban comerciar cos indíxenas e extraeren
materias primas.
● As zonas máis importantes de colonización foron: a Magna Grecia (sur de Italia e Sicilia), Massalia
(sur de Francia), Iberia (Emporion, Homeroskopeion, Mainaké) e o Mar Negro.
● Nestas zonas os gregos fundaron colonias, polis independentes das cidades de orixe (METRÓPOLE)
aínda que mantiñan con ela relacións comerciais e culturais. Introduciron novos cultivos, uso da moeda,
escritura, etc.
3.- A ÉPOCA CLÁSICA (SÉC. V – IV a. C.)
3.1.- A ATENAS DE PERICLES
● No século V a.C, baixo o goberno de Pericles, Atenas converteuse na polis hexemónica de Grecia.
● A forma de goberno que se estableceu en Atenas foi a democracia: poder do pobo. As institucións
básicas deste sistema político eran:
• Asemblea ou Ekklesia: reunión de todos os cidadáns de Atenas (), para votar as leis, decidir as
declaracións de guerra e elixir aos maxistrados.
• Consello ou Boulé: 500 cidadáns que tiñan como función supervisar os maxistrados e facer que se
cumprisen as leis.
• Maxistrados: eran cidadáns elixidos pola Asemblea que se ocupaban dos asuntos públicos. Os
máis importantes eran os Estrategos: dirixían a política exterior e o exército e os Arcontes:
presidían os tribunais e as cerimonias relixiosas.
• Tribunais populares de xustiza ou heliea: 6.000 cidadáns.
● A democracia ateniense era limitada: só podían participar na vida política os cidadáns: todos os homes
libres, maiores de idade, nados de pai cidadán e nai ateniense. Formaban parte do exército, eran os
hoplitas.
● Estaban excluídos dos dereitos políticos: as mulleres, os metecos (estranxeiros) e os escravos., polo
tanto non se consideraban cidadáns.
2
1º ESO
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
3.2.- A OLIGARQUÍA EN ESPARTA
● Era unha sociedade militarista encabezada por unha aristocracia militar, onde había periecos
(homes libres sen dereitos políticos) e ilotas (escravos)
● O goberno consistía nun sistema oligárquico e diárquico: Tiñan á fronte a dous reis, pertencentes
a dúas familias distintas, que exercían poderes militares e relixiosos.
● O resto do goberno estaba composto por:
• O Consello de Anciáns ou Xerusía: Estaba formado por 28 anciáns das familias máis
poderosas e tamén polos dous reis. A súa función era propoñer leis e administrar xustiza,
incluso aos propios reis.
• Os maxistrados ou éforos: Eran 5, encargados de poñer en funcionamento as decisións da
Xerusía, asesorar os reis e manter a orde interna.
• A asemblea ou apella: Estaba formada por homes libres maiores de 30 anos (espartiatas ou
hómoioi). O seu poder era escaso; as súas funcións limitábanse a elixir os éforos e os membros
da Xerusía.
3.2.- ESPLENDOR E DECADENCIA DE ATENAS
● No século V a.C., os persas (medos) lánzanse á conquista das polis de Grecia, producíndose as Guerras
Médicas (492-449 a.C) .
● Os exércitos atenienses xunto coas polis aliadas inflixíronlles importantes derrotas ( Maratón e
Salamina ) aos persas que acabarán retirándose.
● A vitoria sobre os persas outorgoulle a Atenas un papel dominante sobre o resto de cidades gregas, as
cales formaron a Liga de Delos (447 a.C), alianza dirixida por Atenas, en previsión dun novo ataque dos
persas.
● Atenas recadaba e administraba os impostos que pagaban as polis e gardábaos na illa de Delos: Tesouro
da Liga de Delos.
● Cando algunhas polis, cansas do dominio abusivo de Atenas, quixeron abandonar a alianza, esta
impedíullelo pola forza estalando as Guerras do Peloponeso ( 431 - 404 a.C ). Esparta encabezou unha
coalición de cidades, Liga do Peloponeso, contra a Liga de Delos dirixida por Atenas.
● Estas guerras remataron coa derrota de Atenas e a decadencia das polis gregas.
4.- A GRECIA HELENÍSTICA (SÉC. IV – I a. C.)
● Macedonia, norte de Grecia, era no século IV un reino illado.
● O rei Filipo II aproveitando o declive das cidades gregas, logo das Guerras do Peloponeso, cun potente
exército (falanxes) conseguiu o dominio de Grecia cara o 338 a.C.
● No 336 a.C o fillo de Filipo II, Alexandre Magno sucedeuno no goberno, e conseguiu unificar as
cidades gregas, derrotar aos persas e chegar ata a India, creando un gran Imperio.
● Tras a morte de Alexandre Magno (323 a.C) os seus xenerais repartíronse o imperio, xurdindo reinos
independentes chamados reinos helenísticos. Os máis importantes foron Exipto, con centro en
Alexandría, e Siria, con capital en Antioquía. Entre os século II e I a. C. pasaron a depender do Imperio
Romano.
3
1º ESO
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
5.- A HERDANZA DA CULTURA CLÁSICA GREGA
● A cultura creada polos antigos gregos e romanos é a base da nosa cultura occidental.
● En Grecia naceron a filosofía, o coñecemento científico, os canons artísticos, os Xogos Olímpicos e a
democracia como forma de goberno.
5.1.- A RELIXIÓN
● A relixión grega era politeísta: os deuses gregos habitaban no Olimpo, eran antropomorfos e
inmortais: Zeus, Hera, Poseidón, Apolo, Ares, Dionisio,… Existían ademais heroes: fillos de deuses e
mortais.
● As historias dos Deuses denomínase mitoloxía. Os mitos gregos explicaban a orixe do mundo.
Exemplos: mito do talón de Aquiles ou o mito de Pandora.
● Celebraban moitas cerimonias ou cultos para adorar aos seus deuses:
- Cultos familiares: o pai era quen facía os ritos
- Cultos das cidades: cada cidade tiña as súas cerimonias: en Atenas celebrábanse as Panateneas,
culto á deusa Atenea, no que unha procesión percorría as rúas da cidade.
- Cultos panhelénicos (de todos os gregos): Destacan o Oráculo de Delfos no que unha
sacerdotisa (pitonisa) facía preguntas ao deus Apolo sobre o futuro das persoas; Xogos olímpicos
en honor a Zeus.
5.2.- A CULTURA GREGA
● Grecia foi o berce da Filosofía e do pensamento racional, xa que os gregos trataron de buscar unha
explicación lóxica da realidade.
● Os grandes filósofos gregos foron Sócrates, Platón e Aristóteles.
● Nas ciencias destacaron: Pitágoras (matemáticas), Arquímedes (física), Hipócrates (medicina),
Eratóstenes (xeografía) e Aristarco (astronomía)
.● O teatro naceu en Grecia. Existen dous grandes xéneros teatrais: a traxedia e a comedia.
– A traxedia, unha peza que ten un desenlace funesto. Os grandes autores tráxicos foron Esquilo,
Sófocles e Eurípides.
– A comedia obra divertida cun desenlace feliz. Neste xénero salienta Aristófenes.
6.- A ARTE GREGA: ARQUITECTURA, ESCULTURA E PINTURA
6.1.- ARQUITECTURA
● Os gregos non usaron nin o arco nin a bóveda.
● A arquitectura grega é arquitrabada ou alintelada: unión de columnas e trabes horizontais.
● Foron os creadores das ordes ou estilos arquitectónicos:
• Dórico: non ten basa e o fuste ten arestas moi marcadas.
• Xónico: ten basa e o seu chapitel está decorado con volutas.
• Corintio: ten basa e o seu chapitel está decorado cunha especie de follas de acanto.
● Os templos constaban de tres partes fundamentais:
• Naos: sala principal e central onde se resgardaba a estatua da divindade.
4
1º ESO
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA
• Pronaos: vestíbulo dun templo.
• Opistodomo: lugar no que se depositaban as ofrendas realizadas polos fieis.
● Os edificios máis representativos foron os templos como o Partenón de Atenas e os teatros como o
Teatro de Epidauro.
6.2.- ESCULTURA
● As estatuas esculpíanse en pedra, mármore ou bronce e estaban pintadas con vivas cores.
● Pretendían representar a beleza ideal e o movemento.
● Buscaron as proporcións ideais do corpo humano e desenvolveron un modelo para a súa
representación baseado nun xogo de proporcións entre as distintas partes do corpo: o canon.
● Tres etapas:
• Época arcaica: Na época arcaica representábase a mozos/atletas espidos (koúroi) e doncelas
ataviadas con vestidos (korai). O corpo tratábase rixidamente, sen movemento, en posición frontal,
cos brazos pegados ao corpo e rostro inexpresivo. Koré do peplos; Kourós de Anavyssos; Cleobis
e Bitón; Dama de Auxerre.
• Época clásica: Na época clásica (séculos V e IV a.C) conseguiron representar o corpo humano de
maneira proporcionada (canon) e darlle movemento. Escultores destacados: Mirón (Discóbolo),
Fidias, Polícleto (Doríforo), Praxíteles (Hermes con Dionisos) e Lisipo (Apoxiómeno).
• Época helenística: Na época helenística a escultura adquiriu un sentido máis dramático e realista,
xa que se buscaba a expresión das emocións humanas (dor, forza, tensión...).. Gálata moribundo;
Laoconte e os seus fillos; Venus de Milo.
6.3.- A PINTURA
● Os oleiros gregos foron hábiles artesáns. Moitas pezas tiñan fermosas pinturas. Estas imaxes
proporcionáronnos unha valiosa información sobre a cultura e mais o modo de vida dos gregos.
● Salientaban as de figuras negras sobre fondo ocre ou vermello e as de figuras vermellas sobre fondo
negro.
5
1º ESO

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigorubempaul
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanarubempaul
 
Os Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os AustriasOs Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os Austriasrubempaul
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)rubempaul
 
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XIA Península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XIDudas-Historia
 
Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
Unidade 3.  os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelatoUnidade 3.  os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelatoAgrela Elvixeo
 
Traballo sociales ( o inicio da idade media )
Traballo sociales ( o inicio da idade media )Traballo sociales ( o inicio da idade media )
Traballo sociales ( o inicio da idade media )Eva Domínguez Cortiñas
 
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicosrubempaul
 
A fragmentación do Mundo Antigo
A fragmentación do Mundo AntigoA fragmentación do Mundo Antigo
A fragmentación do Mundo AntigoAgrela Elvixeo
 
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaDudas-Historia
 
Vocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUVocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUAgrela Elvixeo
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galiciarubempaul
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudalrubempaul
 
Imperio bizantino e carolinxio
Imperio bizantino e carolinxioImperio bizantino e carolinxio
Imperio bizantino e carolinxioRosacidgalante
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalrubempaul
 

Mais procurados (20)

Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigoTema 16 A fragmentación do mundo antigo
Tema 16 A fragmentación do mundo antigo
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
 
Os Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os AustriasOs Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os Austrias
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XIA Península Ibérica entre os séculos VIII e XI
A Península Ibérica entre os séculos VIII e XI
 
Tema6 150518150755-lva1-app6892
Tema6 150518150755-lva1-app6892Tema6 150518150755-lva1-app6892
Tema6 150518150755-lva1-app6892
 
Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
Unidade 3.  os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelatoUnidade 3.  os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato
 
Traballo sociales ( o inicio da idade media )
Traballo sociales ( o inicio da idade media )Traballo sociales ( o inicio da idade media )
Traballo sociales ( o inicio da idade media )
 
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
 
A fragmentación do Mundo Antigo
A fragmentación do Mundo AntigoA fragmentación do Mundo Antigo
A fragmentación do Mundo Antigo
 
Tema5 1 Idade Madia
Tema5 1 Idade MadiaTema5 1 Idade Madia
Tema5 1 Idade Madia
 
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
 
Vocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAUVocabulario Historia España ABAU
Vocabulario Historia España ABAU
 
Presentación cc sociais
Presentación cc sociaisPresentación cc sociais
Presentación cc sociais
 
Portada sociais idade media difinitivo
Portada sociais idade media difinitivoPortada sociais idade media difinitivo
Portada sociais idade media difinitivo
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
Imperio bizantino e carolinxio
Imperio bizantino e carolinxioImperio bizantino e carolinxio
Imperio bizantino e carolinxio
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 

Destaque

O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primariorubempaul
 
O Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-AndalusO Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-Andalusrubempaul
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficerubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...rubempaul
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)rubempaul
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)rubempaul
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Mediarubempaul
 
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíarubempaul
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antigarubempaul
 
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)rubempaul
 
O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)rubempaul
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...rubempaul
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)rubempaul
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismorubempaul
 
A poboación mundial
A poboación mundial A poboación mundial
A poboación mundial rubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)rubempaul
 

Destaque (19)

O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
O Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-AndalusO Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-Andalus
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)
 
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
As cidades e o mundo urbano (2º ESO)
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxíaTema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
Tema 0. A historia: fontes, etapas e cronoloxía
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
 
O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
A poboación mundial
A poboación mundial A poboación mundial
A poboación mundial
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 

Semelhante a A civilización grega (1º ESO)

Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)
Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)
Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)rubempaul
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antigarubempaul
 
Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 greciacamposseijo
 
Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 greciacamposseijo
 
12 13 c grecia
12 13 c grecia12 13 c grecia
12 13 c greciaroberto
 
09 a civilización grega
09 a civilización grega 09 a civilización grega
09 a civilización grega roberto
 
A civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parteA civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parteSanti Pazos
 
Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 greciacamposseijo
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica gregaAgrela Elvixeo
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanamasinisa
 
A vida en Grecia
A vida en GreciaA vida en Grecia
A vida en GreciaJorLaJuSky
 

Semelhante a A civilización grega (1º ESO) (20)

Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)
Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)
Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 grecia
 
Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 grecia
 
12 13 c grecia
12 13 c grecia12 13 c grecia
12 13 c grecia
 
09 a civilización grega
09 a civilización grega 09 a civilización grega
09 a civilización grega
 
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdfA CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
 
Grecia e roma
Grecia e romaGrecia e roma
Grecia e roma
 
Grecia
GreciaGrecia
Grecia
 
A civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parteA civilización grega 1ª parte
A civilización grega 1ª parte
 
Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 grecia
 
Grecia
GreciaGrecia
Grecia
 
Grecia final
Grecia finalGrecia final
Grecia final
 
Unidade 2 ESA
Unidade 2 ESAUnidade 2 ESA
Unidade 2 ESA
 
Unidade 2 esa
Unidade 2 esaUnidade 2 esa
Unidade 2 esa
 
A historia
A historiaA historia
A historia
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica grega
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
A vida en Grecia
A vida en GreciaA vida en Grecia
A vida en Grecia
 
Tema 10. grecia i
Tema 10. grecia iTema 10. grecia i
Tema 10. grecia i
 

Mais de rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciariorubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 

Mais de rubempaul (18)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 

A civilización grega (1º ESO)

  • 1. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA A CIVILIZACIÓN GREGA 1.- O NACEMENTO DO MUNDO GREGO 1.1.- O ESPAZO FÍSICO ● As orixes da civilización grega sitúanse ao sur da peninsula dos Balcáns, e axiña se estendeu polas illas dos mares Exeo e Xónico e as costas de Asia Menor. Todo este territorio recibiría o nome de Hélade. ● Os gregos, influídos pola orografía, organizáronse en pequenas cidades- Estado independentes unhas das outras chamadas polis, pero compartían unha mesma lingua, relixión, cultura e territorio. ● Os gregos vivían da agricultura, do pastoreo, da pesca e do comercio que desenvolveron ao longo de todo o Mediterráneo. ● A relixión grega era politeísta. Os deuses habitaban no monte sagrado do Olimpo e Zeus era o pai de todos eles. 1.2.- A HISTORIA DE GRECIA ● Durante a Idade dos Metais, viviron na península Balcánica varios pobos que se uniron e deron lugar ás civilizacións prehelénicas:  A civilización cretense ou minoica desenvolveuse na illa de Creta durante o III milenio a. C. o seu dominio eran as illas do Exeo.  A civilización micénica desenvolveuse entre os anos 1600 e 1200 a.C. Foi fundada polos aqueos, pobos procedentes do norte que dominarían a Grecia continental.  Época escura. Deuse no territorio grego sobre o 1200 a. C. e estivo protagonizada polos dorios, uns pobos procedentes do norte que someteron o resto dos habitantes da península do Peloponeso. Desde este momento ata o século VIII a. C., produciuse unha etapa de decadencia. ● A época arcaica: entre os séculos VIII e VI a. C. Neste período os gregos asentaron as polis e colonizaron as costas do mar Mediterráneo. ● A época clásica: desde o século V a. C. ata a primeira metade do século IV a. C. Foi a etapa de maior esplendor de Grecia. Nela destacaron as polis de Atenas e de Esparta. ● A época helenística: desde mediados do século IV ata o século I a. C. Durante este período apareceu unha das figuras máis relevantes da historia: Alexandre Magno. Do seu magno imperio xurdiron os reinos helenísticos que, co paso do tempo, serían sometidos polos romanos. 2.- A ÉPOCA ARCAICA (SÉC. VIII – VI a. C.) 2.1.- A FORMACIÓN DAS POLIS ● Os gregos estaban organizados en pequenas cidades-Estado independentes chamadas POLIS e contaban coas súas leis, moedas, exércitos e gobernos propios. ● As partes máis importantes dunha polis era: • A Acrópole: situada na zona elevada da cidade, era un lugar de refuxio, onde tamén se construían os templos. • A Ágora: unha praza central de grandes dimensións, onde se desenvolvía a vida comercial e política 1 1º ESO
  • 2. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA ● As primeiras polis tiñan un goberno oligárquico, compostos por uns poucos aristócratas, grandes propietarios agrícolas que constituían a elite guerreira. Esparta é un exemplo deste tipo de goberno. ● Na polis de Atenas xurdiu unha nova forma de goberno: a DEMOCRACIA: poder exercido polos cidadáns, reunidos periodicamente en Asembleas. As reformas de Solón e Clístenes contribuíron á súa implantación. 2.2.- AS COLONIZACIÓNS GREGAS ● Entre os séculos VIII-VI a.C numerosos habitantes das cidades gregas emigraron a diferentes lugares das costas mediterráneas e do Mar Negro e colonizaron novas terras. ● As causas desta emigración foron: • A escaseza de terras, a maioría eran propiedade dos aristócratas, • A miseria na que vivían moitos campesiños porque en Grecia habitaba moita xente e non había terras nin alimentos para todos. • A existencia de escravitude por débedas. • O espírito comercial e navegante dos gregos que buscaban comerciar cos indíxenas e extraeren materias primas. ● As zonas máis importantes de colonización foron: a Magna Grecia (sur de Italia e Sicilia), Massalia (sur de Francia), Iberia (Emporion, Homeroskopeion, Mainaké) e o Mar Negro. ● Nestas zonas os gregos fundaron colonias, polis independentes das cidades de orixe (METRÓPOLE) aínda que mantiñan con ela relacións comerciais e culturais. Introduciron novos cultivos, uso da moeda, escritura, etc. 3.- A ÉPOCA CLÁSICA (SÉC. V – IV a. C.) 3.1.- A ATENAS DE PERICLES ● No século V a.C, baixo o goberno de Pericles, Atenas converteuse na polis hexemónica de Grecia. ● A forma de goberno que se estableceu en Atenas foi a democracia: poder do pobo. As institucións básicas deste sistema político eran: • Asemblea ou Ekklesia: reunión de todos os cidadáns de Atenas (), para votar as leis, decidir as declaracións de guerra e elixir aos maxistrados. • Consello ou Boulé: 500 cidadáns que tiñan como función supervisar os maxistrados e facer que se cumprisen as leis. • Maxistrados: eran cidadáns elixidos pola Asemblea que se ocupaban dos asuntos públicos. Os máis importantes eran os Estrategos: dirixían a política exterior e o exército e os Arcontes: presidían os tribunais e as cerimonias relixiosas. • Tribunais populares de xustiza ou heliea: 6.000 cidadáns. ● A democracia ateniense era limitada: só podían participar na vida política os cidadáns: todos os homes libres, maiores de idade, nados de pai cidadán e nai ateniense. Formaban parte do exército, eran os hoplitas. ● Estaban excluídos dos dereitos políticos: as mulleres, os metecos (estranxeiros) e os escravos., polo tanto non se consideraban cidadáns. 2 1º ESO
  • 3. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA 3.2.- A OLIGARQUÍA EN ESPARTA ● Era unha sociedade militarista encabezada por unha aristocracia militar, onde había periecos (homes libres sen dereitos políticos) e ilotas (escravos) ● O goberno consistía nun sistema oligárquico e diárquico: Tiñan á fronte a dous reis, pertencentes a dúas familias distintas, que exercían poderes militares e relixiosos. ● O resto do goberno estaba composto por: • O Consello de Anciáns ou Xerusía: Estaba formado por 28 anciáns das familias máis poderosas e tamén polos dous reis. A súa función era propoñer leis e administrar xustiza, incluso aos propios reis. • Os maxistrados ou éforos: Eran 5, encargados de poñer en funcionamento as decisións da Xerusía, asesorar os reis e manter a orde interna. • A asemblea ou apella: Estaba formada por homes libres maiores de 30 anos (espartiatas ou hómoioi). O seu poder era escaso; as súas funcións limitábanse a elixir os éforos e os membros da Xerusía. 3.2.- ESPLENDOR E DECADENCIA DE ATENAS ● No século V a.C., os persas (medos) lánzanse á conquista das polis de Grecia, producíndose as Guerras Médicas (492-449 a.C) . ● Os exércitos atenienses xunto coas polis aliadas inflixíronlles importantes derrotas ( Maratón e Salamina ) aos persas que acabarán retirándose. ● A vitoria sobre os persas outorgoulle a Atenas un papel dominante sobre o resto de cidades gregas, as cales formaron a Liga de Delos (447 a.C), alianza dirixida por Atenas, en previsión dun novo ataque dos persas. ● Atenas recadaba e administraba os impostos que pagaban as polis e gardábaos na illa de Delos: Tesouro da Liga de Delos. ● Cando algunhas polis, cansas do dominio abusivo de Atenas, quixeron abandonar a alianza, esta impedíullelo pola forza estalando as Guerras do Peloponeso ( 431 - 404 a.C ). Esparta encabezou unha coalición de cidades, Liga do Peloponeso, contra a Liga de Delos dirixida por Atenas. ● Estas guerras remataron coa derrota de Atenas e a decadencia das polis gregas. 4.- A GRECIA HELENÍSTICA (SÉC. IV – I a. C.) ● Macedonia, norte de Grecia, era no século IV un reino illado. ● O rei Filipo II aproveitando o declive das cidades gregas, logo das Guerras do Peloponeso, cun potente exército (falanxes) conseguiu o dominio de Grecia cara o 338 a.C. ● No 336 a.C o fillo de Filipo II, Alexandre Magno sucedeuno no goberno, e conseguiu unificar as cidades gregas, derrotar aos persas e chegar ata a India, creando un gran Imperio. ● Tras a morte de Alexandre Magno (323 a.C) os seus xenerais repartíronse o imperio, xurdindo reinos independentes chamados reinos helenísticos. Os máis importantes foron Exipto, con centro en Alexandría, e Siria, con capital en Antioquía. Entre os século II e I a. C. pasaron a depender do Imperio Romano. 3 1º ESO
  • 4. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA 5.- A HERDANZA DA CULTURA CLÁSICA GREGA ● A cultura creada polos antigos gregos e romanos é a base da nosa cultura occidental. ● En Grecia naceron a filosofía, o coñecemento científico, os canons artísticos, os Xogos Olímpicos e a democracia como forma de goberno. 5.1.- A RELIXIÓN ● A relixión grega era politeísta: os deuses gregos habitaban no Olimpo, eran antropomorfos e inmortais: Zeus, Hera, Poseidón, Apolo, Ares, Dionisio,… Existían ademais heroes: fillos de deuses e mortais. ● As historias dos Deuses denomínase mitoloxía. Os mitos gregos explicaban a orixe do mundo. Exemplos: mito do talón de Aquiles ou o mito de Pandora. ● Celebraban moitas cerimonias ou cultos para adorar aos seus deuses: - Cultos familiares: o pai era quen facía os ritos - Cultos das cidades: cada cidade tiña as súas cerimonias: en Atenas celebrábanse as Panateneas, culto á deusa Atenea, no que unha procesión percorría as rúas da cidade. - Cultos panhelénicos (de todos os gregos): Destacan o Oráculo de Delfos no que unha sacerdotisa (pitonisa) facía preguntas ao deus Apolo sobre o futuro das persoas; Xogos olímpicos en honor a Zeus. 5.2.- A CULTURA GREGA ● Grecia foi o berce da Filosofía e do pensamento racional, xa que os gregos trataron de buscar unha explicación lóxica da realidade. ● Os grandes filósofos gregos foron Sócrates, Platón e Aristóteles. ● Nas ciencias destacaron: Pitágoras (matemáticas), Arquímedes (física), Hipócrates (medicina), Eratóstenes (xeografía) e Aristarco (astronomía) .● O teatro naceu en Grecia. Existen dous grandes xéneros teatrais: a traxedia e a comedia. – A traxedia, unha peza que ten un desenlace funesto. Os grandes autores tráxicos foron Esquilo, Sófocles e Eurípides. – A comedia obra divertida cun desenlace feliz. Neste xénero salienta Aristófenes. 6.- A ARTE GREGA: ARQUITECTURA, ESCULTURA E PINTURA 6.1.- ARQUITECTURA ● Os gregos non usaron nin o arco nin a bóveda. ● A arquitectura grega é arquitrabada ou alintelada: unión de columnas e trabes horizontais. ● Foron os creadores das ordes ou estilos arquitectónicos: • Dórico: non ten basa e o fuste ten arestas moi marcadas. • Xónico: ten basa e o seu chapitel está decorado con volutas. • Corintio: ten basa e o seu chapitel está decorado cunha especie de follas de acanto. ● Os templos constaban de tres partes fundamentais: • Naos: sala principal e central onde se resgardaba a estatua da divindade. 4 1º ESO
  • 5. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA CPI PLURILINGÜE DE NAVIA DE SUARNA • Pronaos: vestíbulo dun templo. • Opistodomo: lugar no que se depositaban as ofrendas realizadas polos fieis. ● Os edificios máis representativos foron os templos como o Partenón de Atenas e os teatros como o Teatro de Epidauro. 6.2.- ESCULTURA ● As estatuas esculpíanse en pedra, mármore ou bronce e estaban pintadas con vivas cores. ● Pretendían representar a beleza ideal e o movemento. ● Buscaron as proporcións ideais do corpo humano e desenvolveron un modelo para a súa representación baseado nun xogo de proporcións entre as distintas partes do corpo: o canon. ● Tres etapas: • Época arcaica: Na época arcaica representábase a mozos/atletas espidos (koúroi) e doncelas ataviadas con vestidos (korai). O corpo tratábase rixidamente, sen movemento, en posición frontal, cos brazos pegados ao corpo e rostro inexpresivo. Koré do peplos; Kourós de Anavyssos; Cleobis e Bitón; Dama de Auxerre. • Época clásica: Na época clásica (séculos V e IV a.C) conseguiron representar o corpo humano de maneira proporcionada (canon) e darlle movemento. Escultores destacados: Mirón (Discóbolo), Fidias, Polícleto (Doríforo), Praxíteles (Hermes con Dionisos) e Lisipo (Apoxiómeno). • Época helenística: Na época helenística a escultura adquiriu un sentido máis dramático e realista, xa que se buscaba a expresión das emocións humanas (dor, forza, tensión...).. Gálata moribundo; Laoconte e os seus fillos; Venus de Milo. 6.3.- A PINTURA ● Os oleiros gregos foron hábiles artesáns. Moitas pezas tiñan fermosas pinturas. Estas imaxes proporcionáronnos unha valiosa información sobre a cultura e mais o modo de vida dos gregos. ● Salientaban as de figuras negras sobre fondo ocre ou vermello e as de figuras vermellas sobre fondo negro. 5 1º ESO