SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 144
o medio natural
OS ECOSISTEMAS
   GALEGOS
En Galiza podemos atopar ecosistemas moi diferentes e
           variados, como o son a súa xeografía e o seu clima.




Devesa da Rogueira, no Courel.



                       Illas Sisargas, na Costa da Morte.
Galicia, pola súa situación ten clima oceánico suavizado, nas zonas próximas á
costa, pola corrente do Golfo. O accidentado do seu relevo e a orientación do
terreo fan que o clima non sexa uniforme, senón que presente unha gran
variedade de zonas diferenciadas.




                                                        Climas
                                                          de
                                                        Galicia
Esta diversidade de
ambientes está ocupada
polas especies vexetais
correpondentes á zona de
converxencia entre as
especies atlánticas e
mediterráneas polo que as de
ámbalas dúas zonas
aparecen constantemente
mesturadas.
Se a esto lle engadimos a
diferente composición dos
solos e as transformacións
producidas, dende a
prehistoria, pola intervención
humana atopámonos con
multitude de espazos
variados con características
diferenciadas nos que é
posible distinguir múltiples
ecosistemas.
ECOSISTEMAS GALEGOS
NATURAIS         Terrestres       -bosques: mixtos: carballeira, reboleira, bidueiral,
                                  acibeiral, bosque de ribeira
                                  -matogueira
                                  -montaña

                 Acuáticos        -lagoas
                                  -ríos
                                  -Mar: océano, costa (areosa, rochosa)

                 Mixtos           -gándaras
                                  -brañas
                                  -turbeiras
                                  -esteiros
                                  -marismas

ANTRÓPICOS       Cultivos         Terrestres:
creados ou                        -forestais; souto, piñeiral, eucaliptal...
                                  -cereais: millo, centeo, trigo, prados...
influídos pola
                                  -viñedos
actividade                        -horta: nabos, patacas, leitugas, tomates, cebolas...
humana.                           -invernadoiros...
                                  Acuáticos:
                                  -parques de cultivo
                                  -bateas

                 Parques e xardíns
                 Sebes, beirais
                 Construcións     -muros, paredes, valados
                                  -tellados
                                  -encoros
                                  -estanques
BOSQUE CADUCIFOLIO
É o tipo de bosque que lle corresponde pola súa situación. Formado
por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado
sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen
antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques.
Acollen aos animais máis grandes da fauna galega.
As fragas son os bosques naturais e maior diversidade.
As fragas son fragmentos dos bosques antigos orixinais que
chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou
menos importante.
Biduídos. Bosques de bidueiras, formacións asociadas
ás zonas húmidas de altitude media.
Carballeiras. Bosques de carballos cun aproveitamento silvo-
pastoral. Presentan un grao de naturalidade inferior ás fragas.
Os faiales galegos son pequenas masas forestais asociados
aos terreos calcários. Os máis importantes atópanse en
Ancares, O Courel e Serra de Meira..
Acibeiral en Ancares. O acivro é unha árbore común no
sotobosque que forma pequenas masas moi pechadas e
escuras nas montañas de Ancares e o Courel.
As árbores vivas e
                                               mortas alimentan aos
                                               fungos que producen
                                               cogomelos para
                                               dispersar as súas
                                               esporas.




Acivro (Ilex aquifolium)




Carballo (Quercus robur). As súas follas son
inconfundibles coa súa beira lobulada. Os seus           Aproveitando a humidade e buscando a
froitos (landras) sérvenlle de alimento a moitos         luz os brións e os liques desenvólvense
animais do bosque.                                       nas ponlas das árbores.
Xilbarbeira (Ruscus aculeatus), unha
                                      curiosa planta que vive ao abrigo das
Cabrifollo, unha planta trepadoras.   grandes árbores. As láminas que
                                      semellan follas son en realidade talos
                                      aplanados.
Gato bravo (Felix silvestris)




                                      O leirón (Glis glis) aliméntase dos froitos do
                                      bosque e aproveita os furados das árbores
Bacalouras e véporas                  para agocharse e hibernar.
A pita do monte (Tetrao
urogallus) está en perigo
de extinción, pero aínda
sobrevive nalgúns lugares
dos Ancares.




       Ferreiro abelleiro (Pharus major),   Gabeador (Certhia ...). Gabea polos toros das
       un paxaro insectivoro.               árbores buscando alimento nas súas rendixas.
REBOLEIRAS
                 BOSQUE MEDITERRÁNEO
Atópanse na zona suroriental, máis seca. A especie máis abundante é
o rebolo, unha especie de carballo propia do clima seco, con
algunhas sobreiras e aciñeiras e sotobosque de erbedos e carrascas.


FLORA: rebolo, érbedo, aciñeira, esteva, cantroxo, orquídeas...
FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, gato algario,
gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas...
Aciñeira (Quercus ilex).
Rebolo
                          (Quercus pubescens)




Érbedo (Arbutus unedo).
Orquídea           Cantroxo, arzaia
                             (Orchis italica)   (Lavandula stoechas).




Esteva (Cistus ladanifer).
Escarabello aceiteiro (Meloe majalis).   Bolboreta (Charases jasius).
BOSQUE DE RIBEIRA




Pequenas superficies arboradas que acompañan o percorrido dos ríos,
sobre todo nos lugares de dificil acceso.
Teñen gran importancia ecolóxica: serven de proteción e depuración aos
ríos e de corredores para a fauna. Acollen especies vexetais e animais de
gran interese, algunha protexidas.
FLORA:
Amieira, salgueiros, freixo, avelaira, sabugueiro, carballo, herba
salgueira, silveira, herba dos pobres, lúpulo, pe de boi, anxélica,
narcisos, cáncaros, violetas, fentos, brións, liques, fungos...




                                             Amieira (Alnus glutinosa).
                                             A árbore de máis talla das
                                             ribeiras do río.
Dentabrú (Osmunda regalis).
                                                  O fento máis grande da beira do río.




Cabriña (Davalia canariensis).

                                 Fento femia
                                 (Athyrium filis-femina).
Os brións atópanse por todas
Violeta (Viola palustris)                       partes: sobre as pedras, nos
                                                toros das árbores, no solo…




                            Pé de boi
                            (Oenanthe   Hepáticas
                            crocata)
FAUNA:
    Merlo rieiro, lavandeiras, ferreiriño subeliño, saramaganta, ra,
    pintafontes, cabalos do demo, escarabellos, moscas, típulas,
    mosquitos, lesmas, caracois, cárabos...




O merlo rieiro (Cinclus cinclus) métese
debaixo da auga para cazar as larvas de
insectos e outros animais que viven nos    Lavandeira branca (Motacilla alba). Todas
ríos de augas limpas.                      as lavandeiras percorren as beiras dos
                                           ríos e demais zonas húmidas pillando
                                           nelas pequenos insectos.
Caracol (Elona quinperiana)                 Lesmas




                              Saramaganta galega (Chioglosa lusitanica)
Os cabalos do demo son
comúns á beira da auga na
que poñen os ovos e se
desenvolven as larvas.




                            Efémera
MONTAÑAS
      A pesar de que non acadan grandes cotas, os curutos das máis
      elevadas están cubertos de prados e especies arbustivas de
      desenvolvemento moi escaso (queirugas, uces) entre as que viven
      papuxas e outros pequenos paxaros.




Pena Trevinca. O monte máis alto de Galicia.
Pradeira de montaña. Os Ancares.
FLORA:
         Xenebreiro, sempreviva, gramíneas, xuncos, breixo, dente de
         can, uvas de lagarto, campaíñas, lirios, xensás...




Campaíñas (Campanula herminii)
                                                    Xensá (Gentiana luttea),
                                                    florece no verán nos prados
                                                    de montaña situados por
                                                    enriba dos 1.000 m.
FAUNA:
          Cabra fera, corzo, lobo, águia, voutre, choia, laverca,
          cotovía, merlo rubio, víbora, escarabellos...




As bolboretas son algo que nunca falta nas
pradeiras floridas da montaña.




       Choias (Pyrrhocorax pyrrhocorax).
       Córvidos que aniñan en fendas dos
       penedos nas montañas máis altas.
MATOGUEIRA-MONTE BAIXO
Son a formación vexetal máis abundante en Galicia. Ocupan máis do
30% do territorio, a maior parte dos terreos incultos e as partes máis
altas das montañas. Teñen distinta constitución segundo a zona.
FLORA:
Piornos (só nas altas), toxos (só nas baixas), uces, carqueixas, xestas,
breixos, queirugas, abrodias, arandeiras...




                                            O toxo (Ulex...) é a planta máis
                                            común nas zonas baixas. Todos
                                            os toxos son arbustos
                                            espiñentos comúns en Galicia.
                                            Foron moi usados sobre todo
                                            para estrar as cortes do gando
                                            de onde se sacaba máis tarde
                                            para abonar as leiras.
Carqueixa (Ptrospartinum tridentatum).   Breixo (Erica cinerea). Atópanse distintas
  Vive en terreos pobres e soleados.       castes de breixos en todas as matogueiras.




                                             Os arandos (Vaccinium myrtillus)
Xesta (Cytisus striatus).                    maduran ao abrigo dos piornos.
FAUNA:
   Coello, raposo, tartaraña, perdiz, paspallás, papuxas, chasco,
   lagartos, bolboretas, saltóns, carricantas...




                                      Carricanta (Ephippigera ephippiger). Camúflse
                                      na herba para alimentarse doutros insectos.
                                      Fregando as as produce un son característico.




                                     Os saltóns vense no verán nos lugares secos.
Perdices                             Aliméntanse de vexetais.
RÍOS
Son ecosistemas acuáticos mai variados en función da temperatura
e movemento da auga, e da profundidade.
CURSO ALTO: moita corrente e pouca profundidade. Os seres
precisan refuxiarse ou ter unha gran capacidade de movemento.
CURSO MEDIO: corrente lenta, máis profundidade e
zonas con sedimentos que proporcionan suxección
aos vexetais e refuxio aos animais.
REMANSOS, POZOS: zonas de augas calmas, con moitos
sedimentos onde abonda a vexetación.
CURSO BAIXO: pouca corrente, maior profundidade e abundancia
de sedimentos. Abonda a vexetación. No último tramo aparecen
augas salobres e especies mariñas.
FLORA:
      Pé de boi, callitriche, herba das rans, ranúnculos, xuncos,
      molinia, chantaxe de auga....




                                              Herba lameiriña (Callitriche satagnalis)




Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica)   Ouca, herba da prata (Ranunculus peltatus)
FAUNA:
   Londra, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavanco, garza, bilurico, troita,
   anguía, salmón, escalo, espiñento, lamprea, ra verde, cabalos do demo,
   patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas,
   mexillón de río...




                                                 A londra (Lutra lutra) caza peixes
                                                 nos ríos limpos.




A troita (Salmo trutta) é o peixe
que podemos atopar en todas as
zonas do curso do río.                  Ra patilonga
CADEA ALIMENTICIA. RÍO
LAGOAS
Depresións cheas de auga dóce na que se atopan
comunidades esencialmente acuáticas.




                                          Lagoa de Sobrado
FLORA:
Salgueiro, espadaina, carrizo, xuncos, ambroíño, oucas, eneas, verdello,
utricularia, lentellas de auga...




                    O salgueiro (Salix cinerea)
                    é a árbore máis común das
                    zonas húmidas.




        Eneas ou palla real (Typha latifolia).
Lentella de auga (Lemna minor), a
                               máis pequena das plantas con flor.




                                                      Ambroíño (Nymphaea alba).



Xunco (Eleocaris palustris).
FAUNA:
Aguaneira, lavanco, garza, galiñola, galiña de auga, mergullón, anguía,
espiñento, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga,
escaravellos de auga, caracois, lapas...




                                             A galiñola negra (Fulica atra) é común en
                                             todos os lugares onde exista unha
                                             pequena lagoa rodeada de vexetación.
 Lavanco real (Anas plathyrrynchos),
 macho e femia.
Aeshna. O máis grande dos
                         cabalos do demo.



Ra verde (Rana perezi)
HUMIDAIS
   GÁNDARAS, BRAÑAS, TURBEIRAS
                                          Lagoa
Podemos consideralas como
elementos en distinta fase do
proceso de colmatación (recheo
natural producido nas lagoas
polos restos que van caíndo e as
achegas dos ríos) de zonas
húmidas pechadas.
Presentan un tipo de vexetación
en sucesión entre os vexetais
acuáticos, de ribeira e tipicamente
terrestres da zona na que se
atopan.
                                          Gándara




                   Evolución desde unha
                   lagoa a unha braña     Braña
Os humedais teñen unha gran importancia ecolóxica porque
reteñen a auga cando sobra e cédena cando falta. Manteñen a
biodiversidade servindo como puntos de descanso e lugares de
desenvolvemento de especies únicas. Son ecosistemas moi
sensibles que se contaminan facilmente e destrúense case sempre
por desecación ou recheo.
Gándara
Braña
Turbeira ou tremoal.
A acumulación de restos vexetais
sen osíxeno vai producinto turba.
FLORA:
      Salgueiros, espadainas, palla real, xuncos, brións, lirios,
      rorelas, breixos pinguícola...


                                   Os narcisos
                                   (Narcisus...)
                                   florecen nos
                                   lugares
                                   húmidos.




Pinguicula... planta carnívora             A rorela (Drosera...) é unha planta
das brañas de monte.                       carnívora común nas brañas.
Os esfagnos son os brións máis comúns das
                                      brañas e a materia prima das turbeiras.




Breixo de turbeira (Erica tetralis)
                                                             Xunca de algodón.
Papuxa




Gaiteiros (Pyrrhosoma ninphula)
                                  Pica dos prados
ECOSISTEMAS MARIÑOS
A pesar da súa uniformidade no mar e na costa atópanse espazos con
características propias que condicionan o asentamento e as adaptacións
dos seres vivos. As características de cada zona están determinadas pola
súa situación, a profundidade, as correntes e, na zona costeira, polo tipo
de materiais que a constitúen, a influencia do vento e as mareas.
A combinación destas características crean variados ecosistemas nos que se dan
condicións particulares e onde viven seres que se adaptan a elas con éxito.
REXIÓN NERÍTICA OU LITORAL:                           SISTEMA PELÁXICO:
                         situada enriba da plataforma continental,             conxunto das augas
                         ata 200 m de profundidade.

intermareal
                                                                                               Rexión peláxica

                                                                                 zona fótica ou iluminada

                                                                                               200 m
                   Rexión litoral ou plataforma continental:
                   prolongación dos continentes debaixo da auga.
                                                                                              Rexión batipeláxica

                                                 Cantil (talude continental)          zona afótica ou escura

        ZONAS
              DO
          MAR


                                      SISTEMA BENTÓNICO                 Abismos: + 6.000 m.
                                                                                                 Fondos oceánicos:
                                                                                                 3.000 a 5.000 m de
                                                                                                 profundidade




                                     Foxas mariñas (ata + de 11. 000 m de profundidade)
REXIÓN OCEÁNICA
É a que se atopa lonxe das costas onde se superan os 200 m de
fondo e poden chegar aos 4.000 de media. A súa importancia ven
dada pola riqueza da vida que acolle e, sobre todo, porque os
organismos que constitúen o fitoplanto son, polo seu número, os
máis grandes produtores de osíxeno do planeta.
Nesta zona só poden vivir os seres que aboian libremente e os bos
nadadores, e, na profundidade, os que son capaces de soportar a
falta de luz e as grandes presións.
Planto e nadadores


                       Zona fótica (iluminada)

Plataforma                                         Zona afótica (escura)
continental
                                                                Peixes abisais



                                   Chemineas
                                   hidrotermais




                                                  Cantil
balea azul: máis de 30 m                                                               augamar: 3 m diámetro
                                                                       manta raia: 80 m            tentáculos: 35 m



   cachalote: 20 m



lura: 22 m                                                                                             peixe vela: 4 m



                                                                                                       peixe lúa: 4 m

                                             polbo: 10 m


    tiburón balea: 18 m
                              rei das anchoas: 7-8 m       tiburón banco: 10 m                  cangrexo xigante 4 m




                 Nos océnos atópanse algúns dos animais máis grandes
FLORA:
Algas, sobre todo as microscópicas (fitoplanto).
FAUNA:
         Balea, cachalote, golfiño, atún, bonito, xurelo, sardiña, cigala,
         tiburón, pescada, bacallao, augamares, cigala, cangrexo real,
         calamar e polbo xigantes...




Pescada (Merlucius merlucius). Vive entre os
100 e os 1.000 m de profundidade, aínda que
cando é nova achégase moito á costa. Pode      Bonito (Tunnus alalunga). Pode chegar
acadar 1 m de longo e pesar máis de 10 kg.     a medir 1 m e pesar entre 9 e 10 kg.




Peixe pescador. Vive nas profundidades
abisais. Como consecuencia da falta de luz     Quenlla (Prionace glauca). Un tiburón
non presenta pigmentación.                     que pode acadar os 4 m de lonxitude.
Augamar (Chysaora hysoscella).




Cachalote (Physeter macrocephalus).
Mamífero mariño que pode acadar os 25
m de lonxitude. É o máis grande dos
cetáceos con dentes. Aliméntase de
luras que pesca buceando a grandes
profundidades. En Galicia aparece
ocasionalmente varado nas praias.          Crustáceo isópodo bentónico que
                                           vive nas grandes profundidades
                                           mariñas, a máis de 3.000 m.
REXIÓN LITORAL
A zona costeira ou litoral esténdese desde a faixa de terra influída polas
mareas e os salseiros do mar ata os 200 m de profundidade (augas
situadas sobre a plataforma continental).
ZONAS DO LITORAL
                       (en función do nivel medio que acadan as mareas)




                            ROCHOSO                 Zona supralitoral: é a situada por enriba do límite
                                                    máximo das mareas e está constituída por terreos
                                                    pobres. Recibe constantemente os ataques do
                                                    vento e das ondas do mar e a humidade das
                                                    brétemas mariñas cargadas de sal.




Zona litoral ou intermareal: é a zona de
oscilación das mareas, a que cobre a marea
alta e queda descuberta ao debalar o mar.
                                                  AREOSO
                                                       Zona sublitoral: atópase por debaixo do nivel
                                                       mínimo das mareas. É a zona comprendida
                                                       entre o punto neutro (liña na que as ondas
                                                       tocan o fondo) e o límite da marea baixa.
                                                       Nunca queda descuberta.
REXIÓN LITORAL (COSTA)
Esténdese desde a faixa de terra influída polas mareas e os salseiros do
mar ata os 200 m de profundidade (augas situadas sobre a plataforma
continental).
Podemos atopar hábitats moi diversos en función de factores como a
exposición aos ventos dominantes e aos embates das ondas (exposta-
protexida), o tipo de materiais do substrato (rochosa, areosa-fangosa), ou
a influencia das mareas.
A vida nestes medios ven marcada polo periódico ascenso e descenso do nivel do
mar que implica que durante un periodo de tempo unha grande parte dos fondos
mariños queden ao descuberto e polo tanto os seus habitantes teñen que
desenvolver estratexias para tratar de solventar este problema.
AS RÍAS
As rias galegas son medios cunhas condicións especiais.
Polas combinación de características físicas, oceanográficas e biolóxicas
son espazos naturais únicos no mundo de gran productividade primaria e
extraordinaria riqueza ecolóxica.
A súa situación, tanto pola orientación como pola protección fronte ás
forzas do mar e do vento, influida polas correntes oceánicas, a localización
diante dunha área de afloramento de minerais procedentes das
profundidades do mar e as achegas minerais e biolóxicas dos ríos,
multiplican a súa riqueza biolóxica e a súa produtividade.




 Ría de Muros e Noia
CIRCULACIÓN DA
AUGA NAS RÍAS
A pesar de semellar
sistemas case
pechados, nas rías
prodúcese un contínuo
trasvase e renovación
das augas.
Rabada ou peixe sapo
                                             (Lophius piscatorius).
                                             Vive en fondos
Rodaballo (Psetta maxima). Pode              fangosos de 10 a 500 m
acadar 1 m de lonxitude e os 12 kg de        de profundidade. Pode
peso. Vive en terreos areosos ata os         acadar 2 m de lonxitude
100 m de profundidade.                       e 40 kg de peso.




                                        A sardiña é um dos peixes máis coñecidos porque se
Rabioso (Glycimeris                     captura en grandes cantidades no noso litoral. É un peixe
glycimeris). Vive en fondos             oceánico que forma grandes bancos, sobre todo cando
de area en zonas de ata                 migra no verán e se achega á costa para alimentarse de
100 m de profundidade.                  seres plantónicos e poñer entre 50.000 e 60.000 ovos.
COSTA ROCHOSA
COSTA ROCHOSA
Formada por materiais en grandes bloques.
Con pouco terreo no que as plantas poidan asentarse. Os animais viven
en zonas onde poidan protexerse (fendas, pozas de marea, covas) ou son
visitantes ocasionais.
Zona supralitoral
                A dureza dos materiais e a súa verticalidade
                dificultan o asentamento dos seres vivos. As
                plantas, que só viven na parte alta e nas
                fendas, son pequenas, con raíces fortes e
                longas, e coas follas moi reducidas ou
                cubertas de pelos para resistir o ataque do
                vento e do sal.
                Os animais viven nos lugares onde poden
                protexerse ou son visitantes ocasionais. É a
                zona escollida por moitas aves como lugar de
                descanso e de cría.




                ZONA INTERMAREAL
                Os seres vivos apéganse ás rochas ou
Poza de marea   aproveitan as fendas. Teñen órganos de
                suxección e cubertas fortes ou corpos flexibles,
                e unha gran resistencia á desecación.


                ZONA INFRALITORAL
                Abondan as algas que xunto coas rochas
                constitúen os refuxios onde viven ou acuden a
                alimentarse todo tipo de animais, que adoitan
                ser de formas mais ou menos comprimidas
                para moverse comodamente nos espazos
                estreitos e de cores pardas, con liñas ou
                manchas, para pasar desapercibidos.
As pozas de marea son pequenos espazos que
quedan cheos de auga durante a marea baixa,
onde se desenvolven algas e se acobillan
moitos animais.
FLORA:
Algas, liques, herba de namorar, pirixel do mar...




                                 Bocho (Fucus vesiculosus). Son algas que
                                 viven na zona intermareal da costa
                                 protexida e resisten ben a desecación




Golfos (Laminaria ochroleuca).
Algas pardas que poden acadar
máis de 2 m de lonxitude e
forman bosques submariños
no infralitoral exposto.
Lique (Lichina pigmaea), vive xusto
                                          na línea a onde chega o mar.




Herba de namorar (Armeria maritima).
Reúne todas as características
necesarias para sobrevivir nestes
lugares: raíces longas, forma
compacta, follas con pelos, …



                Prixel do mar (Crithmum
                maritimum). Vive en
                rochas abrigadas.
FAUNA:
      Gaivota, corvo mariño, percebe, arneiróns, mexillóns, lapas,
      ourizos, estrelas de mar, cangrexos, vermes...




                                            Arneirón (Balanus spp).




Os percebes (Pollicipes cornucopia) son
crustáceos cirripedos que viven fixos nas       Os mexillóns (Mytilus galloprovincialis) están
rochas batidas na zona intermareal.             perfectamente adaptados á vida nas rochas,
                                                teñen cunchas fortes e órganos de suxección.
Caramuxo (Littorina littorea). Vive sobre     Ourizo.
as rochas e as algas da zona mediolitoral.




                                             Chuponas (Actinia equina). Un
                                             dos animáis máis comúns das
Queimacasas                                  pozas de marea.
As gaivotas e outras aves mariñas
                                                     aproveitan os ocos e as plataformas
                                                     das rochas dos cantís para aniñar.




Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristolelis).
As aves pescadoras usan as rochas da costa para
descansar e os cantís para facer os seus niños.
COSTA AREOSA
É a que está formada por area ou materiais miúdos soltos.
ZONA SUPRALITORAL
Os materiais soltos son movidos constantemente
polo vento e reteñen pouca auga, o que fai dificil
o asentamento dos vexetais que teñen que
desenvolver adaptacións: longas raíces para
suxeitarse e captar a auga, talos curtos, moi
flexibles, rasteiros ou subterráneos para resistir o
vento e os golpes da area, e follas reducidas ou       ZONA INTERMAREAL
finas, cubertas de pelo, coirentas para evitar a       Presenta moitas variacións segundo o tipo de substrato (area,
perda de auga, ou carnosas para almacenala e de        limo, grava ou cascallo) e a forza das ondas. A mobilidade do
cores craras para resistir o exceso de luz.            substrato impide a fixación das algas aínda que permite a das
Os animais viven nos refuxios que lles                 fanerógamas mariñas (plantas con flores) grazas ás súas
proporcionan as plantas e os restos depositados        longas raíces.
polo mar.                                              Os animais son de formas comprimidas ou deprimidas, realizan
                                                       migracións ao ritmo das mareas, enterrarse na area ou
                                                       protéxense entre as plantas. É a zona máis visitada polas aves,
                                                       especialmente as limícolas.




                                                       ZONA INFRALITORAL
                                                       Con poucas algas e nas zonas protexidas con pradeiras
                                                       de fanerógamas mariñas. Habitada por animais que se
                                                       enterran ou viven pousados nos fondos.
PRAIAS
Son zonas baixas co terreo formado por area ou
materiais miúdos soltos polo que as plantas teñen
moita dificultade para suxeitarse e os animais
poucos sitios nos que agocharse.
DUNAS
Son un medio moi hostil para o desenvolvemento da vida porque
están formadas por material solto en movemento no que a auga
é escasa e están sometidos a unha forte insolación e exposición
ao vento. Son medios moi fráxiles que se alteran gravemente
pola acción humana.
Asentamento da vexetación nunha duna
FLORA:
   Algas, herba coral, seba, cardo mariño, cebola das
   gaivotas, feo, carrascas de San Xoán, arenaria...



Leituga de mar (Ulva rigida).
Alga de talo laminar que se
atopa frecuentemente
aboaiando nas augas tranquilas.




                                     Seba (Zostera…). Planta con flores que
                                     vive por debaixo do límite das mareas.
                                     Forma extensos campos submariños
                                     nas zonas de augas tranquilas de area
                                     fina ou lama desde o nivel da baixamar
                                     ata os 10 m de profundidade,
                                     especialmente nos esteiros e enseadas.
Arenaria do mar
(Honkenya peploides).
A planta das praias que
vive máis perto do mar.



                               Cardo mariño. (Eryngium
                               maritimum). Desenvólvese nos
                               primeiros amoreamentos de area que
                               se forman po enriba da liña de marea.




                          Feo (Ammophila arenaria), medra na
                          parte máis alta da duna móbil, onde o
                          vento bate con máis forza. Coas
                          longas raíces e talos subterráneos
                          contribúe a fixar a area.
FAUNA:
         Solla, lenguado, faneca brava, escacho, xiba, mavalla, arola,
         ameixa, berberecho, miñocas, cangrexos...




                                                    Ourizo de area
                                                    (Echinocardium
                                                    cordatum). Vive
   Lenguado (Solea vulgaris). Os peixes planos      enterrado ata 20 cm
   están adaptados á vida nos fondos areosos.       de profundidade na
                                                    area das praias
                                                    expostas.




                                     Navalla (Ensis ensis).
                                     Vive enterrada           Arola (Lutratia lutraria). Molusco
Coquina (Donax vitatus). Un                                   bivalvo que pode acadar os 13 cm de
molusco abundante nos fondos         verticalmente en
                                     fondos de area fina.     lonxitude. Vive en fondos de area e
areosos das praias de mar aberto.                             grava ata os 100 m de profundidade.
Raia (Raja clavata). Vive en fondos de
       area e fango ata 500 de profundidade.
       Pode acadar 1 m de lonxitude.




Xiba ou chopo (Sepia officinalis). Molusco cefalópodo que
vive en zonas de area e fango con vexetación. Nace preto
da costa e vaise alonxando dela segundo medra.
A ameixa san (Venerupis decussata) vive          Berberecho (Cerastoderma edule).
  na zona intermareal enterrada ata 15 cm          Molusco bivalvo que vive en fondos de
  de profundidade.                                 area fina no intermareal de augas pouco
                                                   fondas e tranquilas.



Cagón (Arenicola marina), vive nunha galería en
forma de U. Aliméntase dos restos que filtra dos
sedimentos. Polo orificio de entrada colle
material e polo orificio de saída expulsa a area
filtrada formando as moreas características.
LAGOAS LITORAIS
 Son medios formados por auga dóce ou solobre polas filtracións que
 chegan do mar. Nelas aséntase unha vexetación acuática propia de augas
 dóces na parte máis alonxada do mar e plantas que soportan a salinidade na
 zonas máis próximas a el. Son refuxios de aves acuáticas e acollen unha
 gran diversidade de anfibios e insectos.




Lagoa de Louro
FORMACIÓN DUNHA LAGOA LITORAL
FLORA:
           Xuncos, espadanas, nenúfares, oucas...




                                           Carrizos (Phragmites australis).
Antela (Scirpus lacustris). Son            É unha planta que vive nas
típicos de lugares húmidos,                augas dóces e soporta unha
especialmente preto da costa.              lixeira salinidade.
FAUNA:
           Lavancos, parrulos, galiñolas, ras, cabalos do demo...




                                          Galiñola negra (Fulica atra)




Garza real (Ardea cinerea)

                                          Lavancos (Anas platyrrynchos)
ESTEIROS OU MARISMAS
       Son lugares chans que sofren o efecto das mareas. Neles viven
       plantas que soportan o sal e inmersións periódicas e plantas
       puramente acuáticas, pero o máis importante, pola súa función
       depuradora, é o número de seres que viven no substrato dos que
       se alimentan aves acuáticas e limícolas.




Esteiro do Miño
FLORA:
Xuncos, carrizos, herba coral, algas espadanas...




A vexetación acuática xoga un papel importante na evolución da marisma
xa que frea a velocidade das augas e capta as pequenas partículas en
suspensión que se depositan entre elas e, co paso do tempo, van
elevando o terreo evolucionando de medio acuático a terrestre.
Spartina maritima. É unha das plantas
                       máis comúns dos esteiros e marismas.
                       Vive en terreos de lama e resiste ben a
                       salinidade e a inmersión.




                                              Os xuncos son os compoñentes
                                              fundamentais das xunqueiras,
Herba coral (Sarcocornia perennis).           cos seus rizomas forman un
Planta de marisma de talos e follas           entramado que retén os
carnosos que vive no límite da marea.         sedimentos.
A acelga salgada (Limonium vulgare) ten
unhas flores que conservan a súa cor
durante moito tempo. Existen variedades
que se cultivan para adorno.
FAUNA:
    Lavancos, parrulos, píllaras, biluricos, garzas…




As limícolas son as aves típicas dos esteiros. Teñen as patas longas para vadear
e os peteiros adaptados para capturar animais que viven enterrados.
Cullereiros (Platalea leucorodia). Co seu
                                         curioso peteiro en forma de culler filtra o
                                         fango e captura pequenos animais.




Pilro curlibico (Calidris alpina)


                                    Garzota (Egretta garzetta)
MEDIOS ANTRÓPICOS
CULTIVOS TERRESTRES
Son ecosistemas onde predomina a acción humana.
A preparación do terreo para os cultivos altera a súa composición
natural o que dificulta o desenvolvemento das especies propias da
zona e os labores que se lles fan elimínanas case por completo,
polo que os cultivos son zonas pobres en especies vexetais e os
animais atopan poucos sitios onde protexerse.
O ecosistema está dominado pola especie de cultivo acompañada
polas chamadas malas herbas ou especies resistentes, animais
herbívoros ou comedores de froitos e sementes e algún
depredador.
SOUTOS




Bosques ou plantacións de castiñeiros. Son máis
comúns nas provincias de Lugo e Ourense. Ocupan
o espazo de antigas carballeiras.
Fistulina hepática sobre o toro dun castiñeiro
PIÑEIRAIS
Plantacións de piñeiros. Na zonas baixas e preto da costa están
constituídos por piñeiro galego e piñeiro de repoboación e nas
altas, do interior, por piñeiro silvestre.
Debaixo dos piñeiros, a falta de luz impide o desenvolvemento de
moitas especies. So se desenvolven ben os fentos e algunhas
herbas. Por ser máis pobre en especies vexetais a fauna é menos
variada que a do bosque caducifolio.
Nas zonas máis altas os bosques son de piñeiros
silvestres (Pinus sylvestris) porque resisten mellor o
frío.
Nos bosques claros e nas
             beiras medran as carpazas
             (Cistus...).




Escoba de bruxa,
producido por unha
bacteria




             Peido de lobo
                                             Fentos (Pteridium aquilinum)
             (Licoperdon...). Un fungo que
             medra nos claros do chan do
             bosque de piñeiros.
O peor enemigo dos piñeiros son as eirugas da
                                                 procesionaria ou alacráns dos piñeiros
                                                 (Thaenmetopoca pinivora) que lle comen as follas.




O esquío (Sciurus vulgaris), que se alimenta
de gomos de piñeiros e de piñóns, está
aumentando o seu número.                       O peto (Picus viridis) busca larvas de
                                               insectos debaixo da casca e na madeira das
EUCALIPTAIS
Os eucaliptos foron introducidos como cultivo hai pouco máis dun
século. Na actualidade cobren grandes superficies que presentan,
pola falta de auga e as secrecións das propias árbores, o terreo case
espido, no que apenas se desenvolven máis que algunhas herbas e
arbustos residuais resistentes.
A especie máis abundante é o Eucaliptus globulus
Eucalipto (Eucalyptus globulus).
As flores atraen ás abellas.


                                   Gonipterus, un escarabello que se alimenta
                                   das folllas do eucalipto.
Viña
Campo de centeo
Prados
Grelos
Patacas
Larvas de escarabellos
das patacas
Horta
Cochinillas e pulgóns, insectos
parásitos das plantas.
Bolboreta das coles (Pieris brassicae)
Invernadeiro
CULTIVOS MARIÑOS

PARQUES MARISQUEIROS
Terreos areosos acondicionados para o cultivo de ameixa e
berberecho. Sométense a limpezas periódicas, seméntanse as
especies e elimínanse competidores.
BATEAS:
Instalacións flotantes para o cultivo de bivalvos filtradores:
mexillón, ostra, vieira, ameixa. Nos soportes e sobre as propias
especies cultivadas aséntanse comunidades de algas e
invertebrados e entre elas aliméntanse algúns peixes.
Gradicela, estrela de mar, un depredador habitual nas bateas e parques de cultivo.
SEBES E BEIRAIS




Liñas de vexetación que rodean os cultivos nas que perviven especies
que foron desaloxadas do seu medio natural. Estas formacións supoñen
unha oportunidade de supervivencia para moitas especies vexetais e
animais. Manteñen a biodiversidade das zonas cultivadas e sérvenlle de
refuxio aos animais silvestres.
O sapo (Bufo...) busca o abeiro dos
                                              beirais para protexerse durante o día.
                                              Pola noite caza nos cultivos.




Os lagartos son habituais nos valos onde
atopan alimento e buratos para refuxiarse.
Lagartiño galego (Podarcis bocagei)
endémico de Galicia e o norte de Portugal.   Rato de campo
Ourizo




Estalotes (Digitalis purpurea) e abella
                                          Cardo e mosca
PARQUES E XARDÍNS




Espazos públicos ou privados situados xeralmente no interior das
cidades con vexetais plantados con fins ornamentais. Son os lugares
onde podemos atopar máis especies alleas ao noso medio natural,
algunha de gran interese pola súa singularidade ou monumentalidade.
A protección que ofrecen e a facilidade para atopar alimento fai que
neles se asenten especies forestais e oportunistas.
Pazo de Oca



              Balneario de Guitriz
Camelia (Camelia japonica).
Unha árbore común nos parques e
xardíns galegos, especialmente das
Rías Baixas.
SOLARES SEN EDIFICAR
Son espazos de vida silvestre no medio dos lugares
habitados. As sementes das plantas chegan ata eles cos
excrementos das aves ou traídas polo vento, e tamén
voando chegan os insectos e os paxaros.
Os insectos, pola súa capacidade para
voar, chegan a todas partes. A xoaniña
(Cocinella setempunctata) aliméntase dos
pulgóns parásitos das plantas.
As estrugas (Urtica...) desenvólvense en
                                                  lugares ricos en materia orgánica.




A hedra (Hedera helix) aproveita calquera
soporte para gabear suxeitándose coas       Silvas (Rubus...). Os seus froitos, as amorias, son
raíces que bota ao longo dos seus talos.    aproveitados polos paxaros e polas persoas.
CONSTRUCCIÓNS
VALADOS, PAREDES E TELLADOS
Son lugares aparentemente
pouco axeitados para o
desenvolvemento dos seres
vivos, pero nos casos nos
que se dan as condicións
mínimas as plantas poden
convertelos en pequenos
“xardíns” onde os fentos,
os couselos, as herbas da
pedra, os brións e os liques
crean o ambiente preciso
para que poidan asentarse
pequenos animais como
pulgóns, xoaniñas,
caracois, arañas...
Os liques soportan as
condicións de vida máis
Fento dos valos (Polypodium vulgare).




Mexacán (Taraxaccum officinale).                 Unlla de gato (Sedum...).
Oxalis
Curroxo (Phoenicurus ochruros).   O merlo (Turdus merula) é outra ave
Un paxaro comedor de insectos     habitual que aproveita os arbustos dos
cada vez máis común nos lugares   parques e as matogueiras dos solares
habitados. Fai o niño nos ocos    para facer os seus niños.
das paredes.
Pardal (Paser domesticus).
Nalgúns parques achégase ata                 Ao chasco (Saxicola torquata) podémolo
comer na man das persoas.                    atopar nos beirais ou nas matogueiras
                                             curioseando sempre desde a ponla máis alta.




                                       As pegas (Pica pica) son
                                       aves do bosque que se
 As pombas aproveitan calquera
                                       adaptan perfectamente á
 resto comestíble e os ocos dos
                                       vida nos parques.
 edificios para facer os seus niños.
Os morcegos aproveitan os ocos para
acollerse e a noite para cazar os insectos
que son atraídos pola luz das cidades.




                                             As ratas (Ratus norvegicus), tal vez a
                                             especie animal máis numerosa do planeta,
                                             aliméntanse dos restos que deixamos e
                                             viven en case todos os espacios posibles.
ENCOROS




Grandes masas de auga dóce contidas por unha presa. As
caracteríticas son unha mestura das dos ríos e as dos lagos.
ESTANQUES
Pequenos espazos pechados con auga doce e especies
ornamentais entre as que se desenvolven outras silvestres
propias dos ambientes acuáticos.
Ambroíños e xuncos
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet.
DEBUXOS: Mon Daporta

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

As rexións bioxeográficas de España
As rexións bioxeográficas de EspañaAs rexións bioxeográficas de España
As rexións bioxeográficas de Españaprofesor historia
 
LIC Bidueiral de Montederramo
LIC Bidueiral de MontederramoLIC Bidueiral de Montederramo
LIC Bidueiral de Montederramomonadela
 
Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)monadela
 
Miño Neira
Miño NeiraMiño Neira
Miño Neiramonadela
 
La Gomera (Garajonay)
La Gomera (Garajonay)La Gomera (Garajonay)
La Gomera (Garajonay)monadela
 
Unidade 4 paisaxes vexetais
Unidade 4   paisaxes vexetaisUnidade 4   paisaxes vexetais
Unidade 4 paisaxes vexetaiscaruncho
 
Parque Natural Monte Aloia
Parque Natural Monte AloiaParque Natural Monte Aloia
Parque Natural Monte Aloiamonadela
 
LIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do ArnegoLIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do Arnegomonadela
 
Diversidade Dos Ecosistemas
Diversidade Dos EcosistemasDiversidade Dos Ecosistemas
Diversidade Dos EcosistemasCristina
 
A_vexetación_en_España
A_vexetación_en_EspañaA_vexetación_en_España
A_vexetación_en_Españagermanvila
 
Parque Natural O Invernadeiro
Parque Natural O InvernadeiroParque Natural O Invernadeiro
Parque Natural O Invernadeiromonadela
 

Mais procurados (18)

As rexións bioxeográficas de España
As rexións bioxeográficas de EspañaAs rexións bioxeográficas de España
As rexións bioxeográficas de España
 
LIC Bidueiral de Montederramo
LIC Bidueiral de MontederramoLIC Bidueiral de Montederramo
LIC Bidueiral de Montederramo
 
Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)Biodiversidade (especies protexidas)
Biodiversidade (especies protexidas)
 
Traballo ecosistema
Traballo ecosistemaTraballo ecosistema
Traballo ecosistema
 
Ecosistemas2º
Ecosistemas2ºEcosistemas2º
Ecosistemas2º
 
Miño Neira
Miño NeiraMiño Neira
Miño Neira
 
La Gomera (Garajonay)
La Gomera (Garajonay)La Gomera (Garajonay)
La Gomera (Garajonay)
 
Unidade 4 paisaxes vexetais
Unidade 4   paisaxes vexetaisUnidade 4   paisaxes vexetais
Unidade 4 paisaxes vexetais
 
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
 
Parque Natural Monte Aloia
Parque Natural Monte AloiaParque Natural Monte Aloia
Parque Natural Monte Aloia
 
Humidais
HumidaisHumidais
Humidais
 
LIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do ArnegoLIC Sobreirais do Arnego
LIC Sobreirais do Arnego
 
Bosque mediterráneo
Bosque mediterráneoBosque mediterráneo
Bosque mediterráneo
 
Diversidade Dos Ecosistemas
Diversidade Dos EcosistemasDiversidade Dos Ecosistemas
Diversidade Dos Ecosistemas
 
O paxaro bobo
O paxaro boboO paxaro bobo
O paxaro bobo
 
A_vexetación_en_España
A_vexetación_en_EspañaA_vexetación_en_España
A_vexetación_en_España
 
Senegal
SenegalSenegal
Senegal
 
Parque Natural O Invernadeiro
Parque Natural O InvernadeiroParque Natural O Invernadeiro
Parque Natural O Invernadeiro
 

Destaque

Wtf(what’re the fact) about pedestrian crash in
Wtf(what’re the fact) about pedestrian crash inWtf(what’re the fact) about pedestrian crash in
Wtf(what’re the fact) about pedestrian crash inKhajonsak Jermprapai
 
Challengesfinal
ChallengesfinalChallengesfinal
Challengesfinalkeoughp
 
What have I learnt from the preliminary task?
What have I learnt from the preliminary task?What have I learnt from the preliminary task?
What have I learnt from the preliminary task?Yasmin Soares
 
Know me more : The Extraordinary Interview with KoalaZ
Know me more : The Extraordinary Interview with KoalaZKnow me more : The Extraordinary Interview with KoalaZ
Know me more : The Extraordinary Interview with KoalaZKhajonsak Jermprapai
 

Destaque (7)

Wtf(what’re the fact) about pedestrian crash in
Wtf(what’re the fact) about pedestrian crash inWtf(what’re the fact) about pedestrian crash in
Wtf(what’re the fact) about pedestrian crash in
 
HolisticSolutionCloud
HolisticSolutionCloudHolisticSolutionCloud
HolisticSolutionCloud
 
Challengesfinal
ChallengesfinalChallengesfinal
Challengesfinal
 
Orms
OrmsOrms
Orms
 
What have I learnt from the preliminary task?
What have I learnt from the preliminary task?What have I learnt from the preliminary task?
What have I learnt from the preliminary task?
 
Pereza
PerezaPereza
Pereza
 
Know me more : The Extraordinary Interview with KoalaZ
Know me more : The Extraordinary Interview with KoalaZKnow me more : The Extraordinary Interview with KoalaZ
Know me more : The Extraordinary Interview with KoalaZ
 

Semelhante a Ecosistemas galegos[1]

Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01alfredocp2003
 
Bosques naturais galegos
Bosques naturais galegosBosques naturais galegos
Bosques naturais galegosiesasorey
 
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
LIC Cruzul-Agüeira
LIC Cruzul-AgüeiraLIC Cruzul-Agüeira
LIC Cruzul-Agüeiramonadela
 
Pn fragas do eume
Pn fragas do eume Pn fragas do eume
Pn fragas do eume iesasorey
 
AS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUMEAS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUMEmarichoni
 
Fragas do eume
Fragas do eumeFragas do eume
Fragas do eumelabartos
 
A vida na pradeira de seba
A vida na pradeira de sebaA vida na pradeira de seba
A vida na pradeira de sebaiesasorey
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Charla o ramo día da árbore2011
Charla o ramo día da árbore2011Charla o ramo día da árbore2011
Charla o ramo día da árbore2011rebkblanco
 
Lic Carballido
Lic CarballidoLic Carballido
Lic Carballidomonadela
 
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavín
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de ChavínLiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavín
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavínmonadela
 
LIC Pena Veidosa
LIC Pena VeidosaLIC Pena Veidosa
LIC Pena Veidosamonadela
 
Espazo natural Brañas do Xallas
Espazo natural Brañas do XallasEspazo natural Brañas do Xallas
Espazo natural Brañas do Xallasmonadela
 
Biodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de ArousaBiodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de Arousapinksoda
 
Biodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de ArousaBiodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de Arousapinksoda
 
ZEPA/LIC A Limia/Veiga de Ponteliñares
ZEPA/LIC A Limia/Veiga de PonteliñaresZEPA/LIC A Limia/Veiga de Ponteliñares
ZEPA/LIC A Limia/Veiga de Ponteliñaresmonadela
 
O río que nos une,unha ollada ao Anllóns desde A Laracha
O río que nos une,unha ollada ao Anllóns desde A LarachaO río que nos une,unha ollada ao Anllóns desde A Laracha
O río que nos une,unha ollada ao Anllóns desde A LarachaMaría Rei Vilas
 

Semelhante a Ecosistemas galegos[1] (20)

Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
 
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
 
Bosques naturais galegos
Bosques naturais galegosBosques naturais galegos
Bosques naturais galegos
 
Parques naturais de españa
Parques naturais de españaParques naturais de españa
Parques naturais de españa
 
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
Bosquesnaturaisgalegos 111128005220-phpapp01
 
LIC Cruzul-Agüeira
LIC Cruzul-AgüeiraLIC Cruzul-Agüeira
LIC Cruzul-Agüeira
 
Pn fragas do eume
Pn fragas do eume Pn fragas do eume
Pn fragas do eume
 
AS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUMEAS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUME
 
Fragas do eume
Fragas do eumeFragas do eume
Fragas do eume
 
A vida na pradeira de seba
A vida na pradeira de sebaA vida na pradeira de seba
A vida na pradeira de seba
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Charla o ramo día da árbore2011
Charla o ramo día da árbore2011Charla o ramo día da árbore2011
Charla o ramo día da árbore2011
 
Lic Carballido
Lic CarballidoLic Carballido
Lic Carballido
 
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavín
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de ChavínLiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavín
LiIC Río Landro e Souto da Retorta de Chavín
 
LIC Pena Veidosa
LIC Pena VeidosaLIC Pena Veidosa
LIC Pena Veidosa
 
Espazo natural Brañas do Xallas
Espazo natural Brañas do XallasEspazo natural Brañas do Xallas
Espazo natural Brañas do Xallas
 
Biodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de ArousaBiodivers Vilanova de Arousa
Biodivers Vilanova de Arousa
 
Biodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de ArousaBiodiversidade ría de Arousa
Biodiversidade ría de Arousa
 
ZEPA/LIC A Limia/Veiga de Ponteliñares
ZEPA/LIC A Limia/Veiga de PonteliñaresZEPA/LIC A Limia/Veiga de Ponteliñares
ZEPA/LIC A Limia/Veiga de Ponteliñares
 
O río que nos une,unha ollada ao Anllóns desde A Laracha
O río que nos une,unha ollada ao Anllóns desde A LarachaO río que nos une,unha ollada ao Anllóns desde A Laracha
O río que nos une,unha ollada ao Anllóns desde A Laracha
 

Ecosistemas galegos[1]

  • 1. o medio natural OS ECOSISTEMAS GALEGOS
  • 2. En Galiza podemos atopar ecosistemas moi diferentes e variados, como o son a súa xeografía e o seu clima. Devesa da Rogueira, no Courel. Illas Sisargas, na Costa da Morte.
  • 3. Galicia, pola súa situación ten clima oceánico suavizado, nas zonas próximas á costa, pola corrente do Golfo. O accidentado do seu relevo e a orientación do terreo fan que o clima non sexa uniforme, senón que presente unha gran variedade de zonas diferenciadas. Climas de Galicia
  • 4. Esta diversidade de ambientes está ocupada polas especies vexetais correpondentes á zona de converxencia entre as especies atlánticas e mediterráneas polo que as de ámbalas dúas zonas aparecen constantemente mesturadas. Se a esto lle engadimos a diferente composición dos solos e as transformacións producidas, dende a prehistoria, pola intervención humana atopámonos con multitude de espazos variados con características diferenciadas nos que é posible distinguir múltiples ecosistemas.
  • 5. ECOSISTEMAS GALEGOS NATURAIS Terrestres -bosques: mixtos: carballeira, reboleira, bidueiral, acibeiral, bosque de ribeira -matogueira -montaña Acuáticos -lagoas -ríos -Mar: océano, costa (areosa, rochosa) Mixtos -gándaras -brañas -turbeiras -esteiros -marismas ANTRÓPICOS Cultivos Terrestres: creados ou -forestais; souto, piñeiral, eucaliptal... -cereais: millo, centeo, trigo, prados... influídos pola -viñedos actividade -horta: nabos, patacas, leitugas, tomates, cebolas... humana. -invernadoiros... Acuáticos: -parques de cultivo -bateas Parques e xardíns Sebes, beirais Construcións -muros, paredes, valados -tellados -encoros -estanques
  • 6. BOSQUE CADUCIFOLIO É o tipo de bosque que lle corresponde pola súa situación. Formado por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques. Acollen aos animais máis grandes da fauna galega. As fragas son os bosques naturais e maior diversidade.
  • 7. As fragas son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante.
  • 8. Biduídos. Bosques de bidueiras, formacións asociadas ás zonas húmidas de altitude media.
  • 9. Carballeiras. Bosques de carballos cun aproveitamento silvo- pastoral. Presentan un grao de naturalidade inferior ás fragas.
  • 10. Os faiales galegos son pequenas masas forestais asociados aos terreos calcários. Os máis importantes atópanse en Ancares, O Courel e Serra de Meira..
  • 11. Acibeiral en Ancares. O acivro é unha árbore común no sotobosque que forma pequenas masas moi pechadas e escuras nas montañas de Ancares e o Courel.
  • 12. As árbores vivas e mortas alimentan aos fungos que producen cogomelos para dispersar as súas esporas. Acivro (Ilex aquifolium) Carballo (Quercus robur). As súas follas son inconfundibles coa súa beira lobulada. Os seus Aproveitando a humidade e buscando a froitos (landras) sérvenlle de alimento a moitos luz os brións e os liques desenvólvense animais do bosque. nas ponlas das árbores.
  • 13. Xilbarbeira (Ruscus aculeatus), unha curiosa planta que vive ao abrigo das Cabrifollo, unha planta trepadoras. grandes árbores. As láminas que semellan follas son en realidade talos aplanados.
  • 14. Gato bravo (Felix silvestris) O leirón (Glis glis) aliméntase dos froitos do bosque e aproveita os furados das árbores Bacalouras e véporas para agocharse e hibernar.
  • 15. A pita do monte (Tetrao urogallus) está en perigo de extinción, pero aínda sobrevive nalgúns lugares dos Ancares. Ferreiro abelleiro (Pharus major), Gabeador (Certhia ...). Gabea polos toros das un paxaro insectivoro. árbores buscando alimento nas súas rendixas.
  • 16. REBOLEIRAS BOSQUE MEDITERRÁNEO Atópanse na zona suroriental, máis seca. A especie máis abundante é o rebolo, unha especie de carballo propia do clima seco, con algunhas sobreiras e aciñeiras e sotobosque de erbedos e carrascas. FLORA: rebolo, érbedo, aciñeira, esteva, cantroxo, orquídeas... FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, gato algario, gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas...
  • 18. Rebolo (Quercus pubescens) Érbedo (Arbutus unedo).
  • 19. Orquídea Cantroxo, arzaia (Orchis italica) (Lavandula stoechas). Esteva (Cistus ladanifer).
  • 20. Escarabello aceiteiro (Meloe majalis). Bolboreta (Charases jasius).
  • 21. BOSQUE DE RIBEIRA Pequenas superficies arboradas que acompañan o percorrido dos ríos, sobre todo nos lugares de dificil acceso. Teñen gran importancia ecolóxica: serven de proteción e depuración aos ríos e de corredores para a fauna. Acollen especies vexetais e animais de gran interese, algunha protexidas.
  • 22. FLORA: Amieira, salgueiros, freixo, avelaira, sabugueiro, carballo, herba salgueira, silveira, herba dos pobres, lúpulo, pe de boi, anxélica, narcisos, cáncaros, violetas, fentos, brións, liques, fungos... Amieira (Alnus glutinosa). A árbore de máis talla das ribeiras do río.
  • 23. Dentabrú (Osmunda regalis). O fento máis grande da beira do río. Cabriña (Davalia canariensis). Fento femia (Athyrium filis-femina).
  • 24. Os brións atópanse por todas Violeta (Viola palustris) partes: sobre as pedras, nos toros das árbores, no solo… Pé de boi (Oenanthe Hepáticas crocata)
  • 25. FAUNA: Merlo rieiro, lavandeiras, ferreiriño subeliño, saramaganta, ra, pintafontes, cabalos do demo, escarabellos, moscas, típulas, mosquitos, lesmas, caracois, cárabos... O merlo rieiro (Cinclus cinclus) métese debaixo da auga para cazar as larvas de insectos e outros animais que viven nos Lavandeira branca (Motacilla alba). Todas ríos de augas limpas. as lavandeiras percorren as beiras dos ríos e demais zonas húmidas pillando nelas pequenos insectos.
  • 26. Caracol (Elona quinperiana) Lesmas Saramaganta galega (Chioglosa lusitanica)
  • 27. Os cabalos do demo son comúns á beira da auga na que poñen os ovos e se desenvolven as larvas. Efémera
  • 28. MONTAÑAS A pesar de que non acadan grandes cotas, os curutos das máis elevadas están cubertos de prados e especies arbustivas de desenvolvemento moi escaso (queirugas, uces) entre as que viven papuxas e outros pequenos paxaros. Pena Trevinca. O monte máis alto de Galicia.
  • 29. Pradeira de montaña. Os Ancares.
  • 30. FLORA: Xenebreiro, sempreviva, gramíneas, xuncos, breixo, dente de can, uvas de lagarto, campaíñas, lirios, xensás... Campaíñas (Campanula herminii) Xensá (Gentiana luttea), florece no verán nos prados de montaña situados por enriba dos 1.000 m.
  • 31. FAUNA: Cabra fera, corzo, lobo, águia, voutre, choia, laverca, cotovía, merlo rubio, víbora, escarabellos... As bolboretas son algo que nunca falta nas pradeiras floridas da montaña. Choias (Pyrrhocorax pyrrhocorax). Córvidos que aniñan en fendas dos penedos nas montañas máis altas.
  • 32. MATOGUEIRA-MONTE BAIXO Son a formación vexetal máis abundante en Galicia. Ocupan máis do 30% do territorio, a maior parte dos terreos incultos e as partes máis altas das montañas. Teñen distinta constitución segundo a zona.
  • 33. FLORA: Piornos (só nas altas), toxos (só nas baixas), uces, carqueixas, xestas, breixos, queirugas, abrodias, arandeiras... O toxo (Ulex...) é a planta máis común nas zonas baixas. Todos os toxos son arbustos espiñentos comúns en Galicia. Foron moi usados sobre todo para estrar as cortes do gando de onde se sacaba máis tarde para abonar as leiras.
  • 34. Carqueixa (Ptrospartinum tridentatum). Breixo (Erica cinerea). Atópanse distintas Vive en terreos pobres e soleados. castes de breixos en todas as matogueiras. Os arandos (Vaccinium myrtillus) Xesta (Cytisus striatus). maduran ao abrigo dos piornos.
  • 35. FAUNA: Coello, raposo, tartaraña, perdiz, paspallás, papuxas, chasco, lagartos, bolboretas, saltóns, carricantas... Carricanta (Ephippigera ephippiger). Camúflse na herba para alimentarse doutros insectos. Fregando as as produce un son característico. Os saltóns vense no verán nos lugares secos. Perdices Aliméntanse de vexetais.
  • 36. RÍOS Son ecosistemas acuáticos mai variados en función da temperatura e movemento da auga, e da profundidade.
  • 37. CURSO ALTO: moita corrente e pouca profundidade. Os seres precisan refuxiarse ou ter unha gran capacidade de movemento.
  • 38. CURSO MEDIO: corrente lenta, máis profundidade e zonas con sedimentos que proporcionan suxección aos vexetais e refuxio aos animais.
  • 39. REMANSOS, POZOS: zonas de augas calmas, con moitos sedimentos onde abonda a vexetación.
  • 40. CURSO BAIXO: pouca corrente, maior profundidade e abundancia de sedimentos. Abonda a vexetación. No último tramo aparecen augas salobres e especies mariñas.
  • 41. FLORA: Pé de boi, callitriche, herba das rans, ranúnculos, xuncos, molinia, chantaxe de auga.... Herba lameiriña (Callitriche satagnalis) Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica) Ouca, herba da prata (Ranunculus peltatus)
  • 42. FAUNA: Londra, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavanco, garza, bilurico, troita, anguía, salmón, escalo, espiñento, lamprea, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas, mexillón de río... A londra (Lutra lutra) caza peixes nos ríos limpos. A troita (Salmo trutta) é o peixe que podemos atopar en todas as zonas do curso do río. Ra patilonga
  • 44. LAGOAS Depresións cheas de auga dóce na que se atopan comunidades esencialmente acuáticas. Lagoa de Sobrado
  • 45. FLORA: Salgueiro, espadaina, carrizo, xuncos, ambroíño, oucas, eneas, verdello, utricularia, lentellas de auga... O salgueiro (Salix cinerea) é a árbore máis común das zonas húmidas. Eneas ou palla real (Typha latifolia).
  • 46. Lentella de auga (Lemna minor), a máis pequena das plantas con flor. Ambroíño (Nymphaea alba). Xunco (Eleocaris palustris).
  • 47. FAUNA: Aguaneira, lavanco, garza, galiñola, galiña de auga, mergullón, anguía, espiñento, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas... A galiñola negra (Fulica atra) é común en todos os lugares onde exista unha pequena lagoa rodeada de vexetación. Lavanco real (Anas plathyrrynchos), macho e femia.
  • 48. Aeshna. O máis grande dos cabalos do demo. Ra verde (Rana perezi)
  • 49. HUMIDAIS GÁNDARAS, BRAÑAS, TURBEIRAS Lagoa Podemos consideralas como elementos en distinta fase do proceso de colmatación (recheo natural producido nas lagoas polos restos que van caíndo e as achegas dos ríos) de zonas húmidas pechadas. Presentan un tipo de vexetación en sucesión entre os vexetais acuáticos, de ribeira e tipicamente terrestres da zona na que se atopan. Gándara Evolución desde unha lagoa a unha braña Braña
  • 50. Os humedais teñen unha gran importancia ecolóxica porque reteñen a auga cando sobra e cédena cando falta. Manteñen a biodiversidade servindo como puntos de descanso e lugares de desenvolvemento de especies únicas. Son ecosistemas moi sensibles que se contaminan facilmente e destrúense case sempre por desecación ou recheo.
  • 53. Turbeira ou tremoal. A acumulación de restos vexetais sen osíxeno vai producinto turba.
  • 54. FLORA: Salgueiros, espadainas, palla real, xuncos, brións, lirios, rorelas, breixos pinguícola... Os narcisos (Narcisus...) florecen nos lugares húmidos. Pinguicula... planta carnívora A rorela (Drosera...) é unha planta das brañas de monte. carnívora común nas brañas.
  • 55. Os esfagnos son os brións máis comúns das brañas e a materia prima das turbeiras. Breixo de turbeira (Erica tetralis) Xunca de algodón.
  • 57. ECOSISTEMAS MARIÑOS A pesar da súa uniformidade no mar e na costa atópanse espazos con características propias que condicionan o asentamento e as adaptacións dos seres vivos. As características de cada zona están determinadas pola súa situación, a profundidade, as correntes e, na zona costeira, polo tipo de materiais que a constitúen, a influencia do vento e as mareas. A combinación destas características crean variados ecosistemas nos que se dan condicións particulares e onde viven seres que se adaptan a elas con éxito.
  • 58. REXIÓN NERÍTICA OU LITORAL: SISTEMA PELÁXICO: situada enriba da plataforma continental, conxunto das augas ata 200 m de profundidade. intermareal Rexión peláxica zona fótica ou iluminada 200 m Rexión litoral ou plataforma continental: prolongación dos continentes debaixo da auga. Rexión batipeláxica Cantil (talude continental) zona afótica ou escura ZONAS DO MAR SISTEMA BENTÓNICO Abismos: + 6.000 m. Fondos oceánicos: 3.000 a 5.000 m de profundidade Foxas mariñas (ata + de 11. 000 m de profundidade)
  • 59. REXIÓN OCEÁNICA É a que se atopa lonxe das costas onde se superan os 200 m de fondo e poden chegar aos 4.000 de media. A súa importancia ven dada pola riqueza da vida que acolle e, sobre todo, porque os organismos que constitúen o fitoplanto son, polo seu número, os máis grandes produtores de osíxeno do planeta. Nesta zona só poden vivir os seres que aboian libremente e os bos nadadores, e, na profundidade, os que son capaces de soportar a falta de luz e as grandes presións.
  • 60. Planto e nadadores Zona fótica (iluminada) Plataforma Zona afótica (escura) continental Peixes abisais Chemineas hidrotermais Cantil
  • 61. balea azul: máis de 30 m augamar: 3 m diámetro manta raia: 80 m tentáculos: 35 m cachalote: 20 m lura: 22 m peixe vela: 4 m peixe lúa: 4 m polbo: 10 m tiburón balea: 18 m rei das anchoas: 7-8 m tiburón banco: 10 m cangrexo xigante 4 m Nos océnos atópanse algúns dos animais máis grandes
  • 62. FLORA: Algas, sobre todo as microscópicas (fitoplanto).
  • 63. FAUNA: Balea, cachalote, golfiño, atún, bonito, xurelo, sardiña, cigala, tiburón, pescada, bacallao, augamares, cigala, cangrexo real, calamar e polbo xigantes... Pescada (Merlucius merlucius). Vive entre os 100 e os 1.000 m de profundidade, aínda que cando é nova achégase moito á costa. Pode Bonito (Tunnus alalunga). Pode chegar acadar 1 m de longo e pesar máis de 10 kg. a medir 1 m e pesar entre 9 e 10 kg. Peixe pescador. Vive nas profundidades abisais. Como consecuencia da falta de luz Quenlla (Prionace glauca). Un tiburón non presenta pigmentación. que pode acadar os 4 m de lonxitude.
  • 64. Augamar (Chysaora hysoscella). Cachalote (Physeter macrocephalus). Mamífero mariño que pode acadar os 25 m de lonxitude. É o máis grande dos cetáceos con dentes. Aliméntase de luras que pesca buceando a grandes profundidades. En Galicia aparece ocasionalmente varado nas praias. Crustáceo isópodo bentónico que vive nas grandes profundidades mariñas, a máis de 3.000 m.
  • 65. REXIÓN LITORAL A zona costeira ou litoral esténdese desde a faixa de terra influída polas mareas e os salseiros do mar ata os 200 m de profundidade (augas situadas sobre a plataforma continental).
  • 66. ZONAS DO LITORAL (en función do nivel medio que acadan as mareas) ROCHOSO Zona supralitoral: é a situada por enriba do límite máximo das mareas e está constituída por terreos pobres. Recibe constantemente os ataques do vento e das ondas do mar e a humidade das brétemas mariñas cargadas de sal. Zona litoral ou intermareal: é a zona de oscilación das mareas, a que cobre a marea alta e queda descuberta ao debalar o mar. AREOSO Zona sublitoral: atópase por debaixo do nivel mínimo das mareas. É a zona comprendida entre o punto neutro (liña na que as ondas tocan o fondo) e o límite da marea baixa. Nunca queda descuberta.
  • 67. REXIÓN LITORAL (COSTA) Esténdese desde a faixa de terra influída polas mareas e os salseiros do mar ata os 200 m de profundidade (augas situadas sobre a plataforma continental). Podemos atopar hábitats moi diversos en función de factores como a exposición aos ventos dominantes e aos embates das ondas (exposta- protexida), o tipo de materiais do substrato (rochosa, areosa-fangosa), ou a influencia das mareas. A vida nestes medios ven marcada polo periódico ascenso e descenso do nivel do mar que implica que durante un periodo de tempo unha grande parte dos fondos mariños queden ao descuberto e polo tanto os seus habitantes teñen que desenvolver estratexias para tratar de solventar este problema.
  • 68. AS RÍAS As rias galegas son medios cunhas condicións especiais. Polas combinación de características físicas, oceanográficas e biolóxicas son espazos naturais únicos no mundo de gran productividade primaria e extraordinaria riqueza ecolóxica. A súa situación, tanto pola orientación como pola protección fronte ás forzas do mar e do vento, influida polas correntes oceánicas, a localización diante dunha área de afloramento de minerais procedentes das profundidades do mar e as achegas minerais e biolóxicas dos ríos, multiplican a súa riqueza biolóxica e a súa produtividade. Ría de Muros e Noia
  • 69. CIRCULACIÓN DA AUGA NAS RÍAS A pesar de semellar sistemas case pechados, nas rías prodúcese un contínuo trasvase e renovación das augas.
  • 70. Rabada ou peixe sapo (Lophius piscatorius). Vive en fondos Rodaballo (Psetta maxima). Pode fangosos de 10 a 500 m acadar 1 m de lonxitude e os 12 kg de de profundidade. Pode peso. Vive en terreos areosos ata os acadar 2 m de lonxitude 100 m de profundidade. e 40 kg de peso. A sardiña é um dos peixes máis coñecidos porque se Rabioso (Glycimeris captura en grandes cantidades no noso litoral. É un peixe glycimeris). Vive en fondos oceánico que forma grandes bancos, sobre todo cando de area en zonas de ata migra no verán e se achega á costa para alimentarse de 100 m de profundidade. seres plantónicos e poñer entre 50.000 e 60.000 ovos.
  • 71. COSTA ROCHOSA COSTA ROCHOSA Formada por materiais en grandes bloques. Con pouco terreo no que as plantas poidan asentarse. Os animais viven en zonas onde poidan protexerse (fendas, pozas de marea, covas) ou son visitantes ocasionais.
  • 72. Zona supralitoral A dureza dos materiais e a súa verticalidade dificultan o asentamento dos seres vivos. As plantas, que só viven na parte alta e nas fendas, son pequenas, con raíces fortes e longas, e coas follas moi reducidas ou cubertas de pelos para resistir o ataque do vento e do sal. Os animais viven nos lugares onde poden protexerse ou son visitantes ocasionais. É a zona escollida por moitas aves como lugar de descanso e de cría. ZONA INTERMAREAL Os seres vivos apéganse ás rochas ou Poza de marea aproveitan as fendas. Teñen órganos de suxección e cubertas fortes ou corpos flexibles, e unha gran resistencia á desecación. ZONA INFRALITORAL Abondan as algas que xunto coas rochas constitúen os refuxios onde viven ou acuden a alimentarse todo tipo de animais, que adoitan ser de formas mais ou menos comprimidas para moverse comodamente nos espazos estreitos e de cores pardas, con liñas ou manchas, para pasar desapercibidos.
  • 73. As pozas de marea son pequenos espazos que quedan cheos de auga durante a marea baixa, onde se desenvolven algas e se acobillan moitos animais.
  • 74. FLORA: Algas, liques, herba de namorar, pirixel do mar... Bocho (Fucus vesiculosus). Son algas que viven na zona intermareal da costa protexida e resisten ben a desecación Golfos (Laminaria ochroleuca). Algas pardas que poden acadar máis de 2 m de lonxitude e forman bosques submariños no infralitoral exposto.
  • 75. Lique (Lichina pigmaea), vive xusto na línea a onde chega o mar. Herba de namorar (Armeria maritima). Reúne todas as características necesarias para sobrevivir nestes lugares: raíces longas, forma compacta, follas con pelos, … Prixel do mar (Crithmum maritimum). Vive en rochas abrigadas.
  • 76. FAUNA: Gaivota, corvo mariño, percebe, arneiróns, mexillóns, lapas, ourizos, estrelas de mar, cangrexos, vermes... Arneirón (Balanus spp). Os percebes (Pollicipes cornucopia) son crustáceos cirripedos que viven fixos nas Os mexillóns (Mytilus galloprovincialis) están rochas batidas na zona intermareal. perfectamente adaptados á vida nas rochas, teñen cunchas fortes e órganos de suxección.
  • 77. Caramuxo (Littorina littorea). Vive sobre Ourizo. as rochas e as algas da zona mediolitoral. Chuponas (Actinia equina). Un dos animáis máis comúns das Queimacasas pozas de marea.
  • 78. As gaivotas e outras aves mariñas aproveitan os ocos e as plataformas das rochas dos cantís para aniñar. Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristolelis). As aves pescadoras usan as rochas da costa para descansar e os cantís para facer os seus niños.
  • 79. COSTA AREOSA É a que está formada por area ou materiais miúdos soltos.
  • 80. ZONA SUPRALITORAL Os materiais soltos son movidos constantemente polo vento e reteñen pouca auga, o que fai dificil o asentamento dos vexetais que teñen que desenvolver adaptacións: longas raíces para suxeitarse e captar a auga, talos curtos, moi flexibles, rasteiros ou subterráneos para resistir o vento e os golpes da area, e follas reducidas ou ZONA INTERMAREAL finas, cubertas de pelo, coirentas para evitar a Presenta moitas variacións segundo o tipo de substrato (area, perda de auga, ou carnosas para almacenala e de limo, grava ou cascallo) e a forza das ondas. A mobilidade do cores craras para resistir o exceso de luz. substrato impide a fixación das algas aínda que permite a das Os animais viven nos refuxios que lles fanerógamas mariñas (plantas con flores) grazas ás súas proporcionan as plantas e os restos depositados longas raíces. polo mar. Os animais son de formas comprimidas ou deprimidas, realizan migracións ao ritmo das mareas, enterrarse na area ou protéxense entre as plantas. É a zona máis visitada polas aves, especialmente as limícolas. ZONA INFRALITORAL Con poucas algas e nas zonas protexidas con pradeiras de fanerógamas mariñas. Habitada por animais que se enterran ou viven pousados nos fondos.
  • 81. PRAIAS Son zonas baixas co terreo formado por area ou materiais miúdos soltos polo que as plantas teñen moita dificultade para suxeitarse e os animais poucos sitios nos que agocharse.
  • 82. DUNAS Son un medio moi hostil para o desenvolvemento da vida porque están formadas por material solto en movemento no que a auga é escasa e están sometidos a unha forte insolación e exposición ao vento. Son medios moi fráxiles que se alteran gravemente pola acción humana.
  • 84. FLORA: Algas, herba coral, seba, cardo mariño, cebola das gaivotas, feo, carrascas de San Xoán, arenaria... Leituga de mar (Ulva rigida). Alga de talo laminar que se atopa frecuentemente aboaiando nas augas tranquilas. Seba (Zostera…). Planta con flores que vive por debaixo do límite das mareas. Forma extensos campos submariños nas zonas de augas tranquilas de area fina ou lama desde o nivel da baixamar ata os 10 m de profundidade, especialmente nos esteiros e enseadas.
  • 85. Arenaria do mar (Honkenya peploides). A planta das praias que vive máis perto do mar. Cardo mariño. (Eryngium maritimum). Desenvólvese nos primeiros amoreamentos de area que se forman po enriba da liña de marea. Feo (Ammophila arenaria), medra na parte máis alta da duna móbil, onde o vento bate con máis forza. Coas longas raíces e talos subterráneos contribúe a fixar a area.
  • 86. FAUNA: Solla, lenguado, faneca brava, escacho, xiba, mavalla, arola, ameixa, berberecho, miñocas, cangrexos... Ourizo de area (Echinocardium cordatum). Vive Lenguado (Solea vulgaris). Os peixes planos enterrado ata 20 cm están adaptados á vida nos fondos areosos. de profundidade na area das praias expostas. Navalla (Ensis ensis). Vive enterrada Arola (Lutratia lutraria). Molusco Coquina (Donax vitatus). Un bivalvo que pode acadar os 13 cm de molusco abundante nos fondos verticalmente en fondos de area fina. lonxitude. Vive en fondos de area e areosos das praias de mar aberto. grava ata os 100 m de profundidade.
  • 87. Raia (Raja clavata). Vive en fondos de area e fango ata 500 de profundidade. Pode acadar 1 m de lonxitude. Xiba ou chopo (Sepia officinalis). Molusco cefalópodo que vive en zonas de area e fango con vexetación. Nace preto da costa e vaise alonxando dela segundo medra.
  • 88. A ameixa san (Venerupis decussata) vive Berberecho (Cerastoderma edule). na zona intermareal enterrada ata 15 cm Molusco bivalvo que vive en fondos de de profundidade. area fina no intermareal de augas pouco fondas e tranquilas. Cagón (Arenicola marina), vive nunha galería en forma de U. Aliméntase dos restos que filtra dos sedimentos. Polo orificio de entrada colle material e polo orificio de saída expulsa a area filtrada formando as moreas características.
  • 89. LAGOAS LITORAIS Son medios formados por auga dóce ou solobre polas filtracións que chegan do mar. Nelas aséntase unha vexetación acuática propia de augas dóces na parte máis alonxada do mar e plantas que soportan a salinidade na zonas máis próximas a el. Son refuxios de aves acuáticas e acollen unha gran diversidade de anfibios e insectos. Lagoa de Louro
  • 91. FLORA: Xuncos, espadanas, nenúfares, oucas... Carrizos (Phragmites australis). Antela (Scirpus lacustris). Son É unha planta que vive nas típicos de lugares húmidos, augas dóces e soporta unha especialmente preto da costa. lixeira salinidade.
  • 92. FAUNA: Lavancos, parrulos, galiñolas, ras, cabalos do demo... Galiñola negra (Fulica atra) Garza real (Ardea cinerea) Lavancos (Anas platyrrynchos)
  • 93. ESTEIROS OU MARISMAS Son lugares chans que sofren o efecto das mareas. Neles viven plantas que soportan o sal e inmersións periódicas e plantas puramente acuáticas, pero o máis importante, pola súa función depuradora, é o número de seres que viven no substrato dos que se alimentan aves acuáticas e limícolas. Esteiro do Miño
  • 94. FLORA: Xuncos, carrizos, herba coral, algas espadanas... A vexetación acuática xoga un papel importante na evolución da marisma xa que frea a velocidade das augas e capta as pequenas partículas en suspensión que se depositan entre elas e, co paso do tempo, van elevando o terreo evolucionando de medio acuático a terrestre.
  • 95. Spartina maritima. É unha das plantas máis comúns dos esteiros e marismas. Vive en terreos de lama e resiste ben a salinidade e a inmersión. Os xuncos son os compoñentes fundamentais das xunqueiras, Herba coral (Sarcocornia perennis). cos seus rizomas forman un Planta de marisma de talos e follas entramado que retén os carnosos que vive no límite da marea. sedimentos.
  • 96. A acelga salgada (Limonium vulgare) ten unhas flores que conservan a súa cor durante moito tempo. Existen variedades que se cultivan para adorno.
  • 97. FAUNA: Lavancos, parrulos, píllaras, biluricos, garzas… As limícolas son as aves típicas dos esteiros. Teñen as patas longas para vadear e os peteiros adaptados para capturar animais que viven enterrados.
  • 98. Cullereiros (Platalea leucorodia). Co seu curioso peteiro en forma de culler filtra o fango e captura pequenos animais. Pilro curlibico (Calidris alpina) Garzota (Egretta garzetta)
  • 99. MEDIOS ANTRÓPICOS CULTIVOS TERRESTRES Son ecosistemas onde predomina a acción humana. A preparación do terreo para os cultivos altera a súa composición natural o que dificulta o desenvolvemento das especies propias da zona e os labores que se lles fan elimínanas case por completo, polo que os cultivos son zonas pobres en especies vexetais e os animais atopan poucos sitios onde protexerse. O ecosistema está dominado pola especie de cultivo acompañada polas chamadas malas herbas ou especies resistentes, animais herbívoros ou comedores de froitos e sementes e algún depredador.
  • 100. SOUTOS Bosques ou plantacións de castiñeiros. Son máis comúns nas provincias de Lugo e Ourense. Ocupan o espazo de antigas carballeiras.
  • 101. Fistulina hepática sobre o toro dun castiñeiro
  • 102. PIÑEIRAIS Plantacións de piñeiros. Na zonas baixas e preto da costa están constituídos por piñeiro galego e piñeiro de repoboación e nas altas, do interior, por piñeiro silvestre. Debaixo dos piñeiros, a falta de luz impide o desenvolvemento de moitas especies. So se desenvolven ben os fentos e algunhas herbas. Por ser máis pobre en especies vexetais a fauna é menos variada que a do bosque caducifolio.
  • 103. Nas zonas máis altas os bosques son de piñeiros silvestres (Pinus sylvestris) porque resisten mellor o frío.
  • 104. Nos bosques claros e nas beiras medran as carpazas (Cistus...). Escoba de bruxa, producido por unha bacteria Peido de lobo Fentos (Pteridium aquilinum) (Licoperdon...). Un fungo que medra nos claros do chan do bosque de piñeiros.
  • 105. O peor enemigo dos piñeiros son as eirugas da procesionaria ou alacráns dos piñeiros (Thaenmetopoca pinivora) que lle comen as follas. O esquío (Sciurus vulgaris), que se alimenta de gomos de piñeiros e de piñóns, está aumentando o seu número. O peto (Picus viridis) busca larvas de insectos debaixo da casca e na madeira das
  • 106. EUCALIPTAIS Os eucaliptos foron introducidos como cultivo hai pouco máis dun século. Na actualidade cobren grandes superficies que presentan, pola falta de auga e as secrecións das propias árbores, o terreo case espido, no que apenas se desenvolven máis que algunhas herbas e arbustos residuais resistentes. A especie máis abundante é o Eucaliptus globulus
  • 107. Eucalipto (Eucalyptus globulus). As flores atraen ás abellas. Gonipterus, un escarabello que se alimenta das folllas do eucalipto.
  • 108. Viña
  • 110. Prados
  • 111. Grelos
  • 114. Horta
  • 115. Cochinillas e pulgóns, insectos parásitos das plantas.
  • 116. Bolboreta das coles (Pieris brassicae)
  • 118. CULTIVOS MARIÑOS PARQUES MARISQUEIROS Terreos areosos acondicionados para o cultivo de ameixa e berberecho. Sométense a limpezas periódicas, seméntanse as especies e elimínanse competidores.
  • 119. BATEAS: Instalacións flotantes para o cultivo de bivalvos filtradores: mexillón, ostra, vieira, ameixa. Nos soportes e sobre as propias especies cultivadas aséntanse comunidades de algas e invertebrados e entre elas aliméntanse algúns peixes.
  • 120. Gradicela, estrela de mar, un depredador habitual nas bateas e parques de cultivo.
  • 121. SEBES E BEIRAIS Liñas de vexetación que rodean os cultivos nas que perviven especies que foron desaloxadas do seu medio natural. Estas formacións supoñen unha oportunidade de supervivencia para moitas especies vexetais e animais. Manteñen a biodiversidade das zonas cultivadas e sérvenlle de refuxio aos animais silvestres.
  • 122. O sapo (Bufo...) busca o abeiro dos beirais para protexerse durante o día. Pola noite caza nos cultivos. Os lagartos son habituais nos valos onde atopan alimento e buratos para refuxiarse. Lagartiño galego (Podarcis bocagei) endémico de Galicia e o norte de Portugal. Rato de campo
  • 123. Ourizo Estalotes (Digitalis purpurea) e abella Cardo e mosca
  • 124. PARQUES E XARDÍNS Espazos públicos ou privados situados xeralmente no interior das cidades con vexetais plantados con fins ornamentais. Son os lugares onde podemos atopar máis especies alleas ao noso medio natural, algunha de gran interese pola súa singularidade ou monumentalidade. A protección que ofrecen e a facilidade para atopar alimento fai que neles se asenten especies forestais e oportunistas.
  • 125. Pazo de Oca Balneario de Guitriz
  • 126. Camelia (Camelia japonica). Unha árbore común nos parques e xardíns galegos, especialmente das Rías Baixas.
  • 127. SOLARES SEN EDIFICAR Son espazos de vida silvestre no medio dos lugares habitados. As sementes das plantas chegan ata eles cos excrementos das aves ou traídas polo vento, e tamén voando chegan os insectos e os paxaros.
  • 128. Os insectos, pola súa capacidade para voar, chegan a todas partes. A xoaniña (Cocinella setempunctata) aliméntase dos pulgóns parásitos das plantas.
  • 129. As estrugas (Urtica...) desenvólvense en lugares ricos en materia orgánica. A hedra (Hedera helix) aproveita calquera soporte para gabear suxeitándose coas Silvas (Rubus...). Os seus froitos, as amorias, son raíces que bota ao longo dos seus talos. aproveitados polos paxaros e polas persoas.
  • 131. VALADOS, PAREDES E TELLADOS Son lugares aparentemente pouco axeitados para o desenvolvemento dos seres vivos, pero nos casos nos que se dan as condicións mínimas as plantas poden convertelos en pequenos “xardíns” onde os fentos, os couselos, as herbas da pedra, os brións e os liques crean o ambiente preciso para que poidan asentarse pequenos animais como pulgóns, xoaniñas, caracois, arañas...
  • 132.
  • 133. Os liques soportan as condicións de vida máis
  • 134. Fento dos valos (Polypodium vulgare). Mexacán (Taraxaccum officinale). Unlla de gato (Sedum...).
  • 135.
  • 136.
  • 137. Oxalis
  • 138. Curroxo (Phoenicurus ochruros). O merlo (Turdus merula) é outra ave Un paxaro comedor de insectos habitual que aproveita os arbustos dos cada vez máis común nos lugares parques e as matogueiras dos solares habitados. Fai o niño nos ocos para facer os seus niños. das paredes.
  • 139. Pardal (Paser domesticus). Nalgúns parques achégase ata Ao chasco (Saxicola torquata) podémolo comer na man das persoas. atopar nos beirais ou nas matogueiras curioseando sempre desde a ponla máis alta. As pegas (Pica pica) son aves do bosque que se As pombas aproveitan calquera adaptan perfectamente á resto comestíble e os ocos dos vida nos parques. edificios para facer os seus niños.
  • 140. Os morcegos aproveitan os ocos para acollerse e a noite para cazar os insectos que son atraídos pola luz das cidades. As ratas (Ratus norvegicus), tal vez a especie animal máis numerosa do planeta, aliméntanse dos restos que deixamos e viven en case todos os espacios posibles.
  • 141. ENCOROS Grandes masas de auga dóce contidas por unha presa. As caracteríticas son unha mestura das dos ríos e as dos lagos.
  • 142. ESTANQUES Pequenos espazos pechados con auga doce e especies ornamentais entre as que se desenvolven outras silvestres propias dos ambientes acuáticos.
  • 144. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet. DEBUXOS: Mon Daporta