2. BIOGRAFÍA
,Nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 e falecido en Vigo o 31 de
agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista.
Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra
Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura
galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha
xeración de autores e lectores.
Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989.
3. Celso Emilio Ferreiro pertence á chamada Xeración do 36, composta por
autores nados entre 1910 e 1920.
Os membros desta xeración participaron en actividades nacionalistas durante
a Segunda República española (1931-1936) e moitos deles foron mobilizados
para combater co exército nacional na guerra (os militares sublevados que
logo gañarían a guerra controlaron Galiza desde que esta comezou).
Cando Franco chegou ao poder, todos estes escritores víronse obrigados a
exiliarse, ao silencio ou ben a adaptarse ao novo réxime para non ser
perseguidos .
4. Aquil señor burgués condecorado,
usía ou escelencia ben cabado,
que ronca con pracer na noite longa
e ten muller feliz, de teta oblonga,
con dous fillos petisos ,deportistas,
un pouco libertinos e “juerguistas”,
idiotas pola nai ,polo pai, grosos;
pondo dentes de can que venta os ósos
ponse a rosmar e morde:
“eu prefiro a inxusticia ao desorde”.
GOETHE
http://youtu.be/qorjFrpwzt4
5. Querida, non o esquezas, hai palabras
que é pecado dicilas neste tempo.
Palabras que non debes pronuncialas,
nin sequera pensalas, cavilalas,
tatexalas, gabalas, escribilas…
Moito menos berralas.
Esposa, toma nota e non esquezas:
non digas libertá palabra triste
con perigo de morte e calivera.
Se é certo que me queres nunca digas
esta palabra estúpida
que ten dentes e morde coma un lobo.
Non digas tan sequera
as verbas derivadas,
por moi lonxano e vago
que sexa o parentesco etimolóxico,
como son, verbigratia, libertino,
liborio, liberata, libre cambio.
En troques di cadea, viva, viva,
si señor, moitas grazas, Deus llo pague.
Xa verás que felices imos sere!
CARTA A MIÑA MULLER
http://youtu.be/D-LPQH3lh98
6. Querida, non o esquezas, hai palabras
que é pecado dicilas neste tempo.
Palabras que non debes pronuncialas,
nin sequera pensalas, cavilalas,
tatexalas, gabalas, escribilas…
Moito menos berralas.
Esposa, toma nota e non esquezas:
non digas libertá palabra triste
con perigo de morte e calivera.
Se é certo que me queres nunca digas
esta palabra estúpida
que ten dentes e morde coma un lobo.
Non digas tan sequera
as verbas derivadas,
por moi lonxano e vago
que sexa o parentesco etimolóxico,
como son, verbigratia, libertino,
liborio, liberata, libre cambio.
En troques di cadea, viva, viva,
si señor, moitas grazas, Deus llo pague.
Xa verás que felices imos sere!
CARTA A MIÑA MULLER
http://youtu.be/D-LPQH3lh98