1. CM Cociña e gastronomía
Produtos Culinarios
As cociñas do Estado
Especialidades rexionais
25 e 26 de xaneiro de 2010
2. A actividade, algún dato
Participan
CM Cociña e gastronomía 2º (elaboración
menús)
CS Restauración 1º (servizo e procura
maridaxe viños)
CS Información e comercialización turísticas
(folletos informativos das comunidades)
CM Panadaría, Repostaría e Confeitaría 2º
(sobremesas)
3. Introdución
En España hai unha gran diversidade gastronómica
canto ao referido a especialidades culinarias típicas
Cada Comunidade Autónoma contén unha
variedade específica de elaboracións, relacionada
moi directamente coa súa realidade cultural,
histórica e ambiental
A variedade gastronómica do estado débese tratar
na programación didáctica do módulo de produtos
culinarios no CM Cociña e gastronomía
Esta realidade vaise tratar de reflectir a través da
elaboración de 13 menús específicos, cada un
deles relacionados cunha Comunidade Autónoma
4. O concepto da actividade
Cada un dos 13 alumnos do CM Cociña e gastronomía dentro
das actividades do módulo de produtos culinarios escolleron
unha Comunidade Autónoma
A continuación cada alumno realizou un pequeno traballo de
estudo e investigación das especialidades culinarias da rexión
que escoulleu; propuxo un menú tipo – aperitivo, dous pratos e
sobremesa – e practicouno nunha clase específica no taller
O resultado son os 13 menús gastronómicos que se van servir
os días 25 e 26 de xaneiro de 2010 no restaurante Álvaro
Cunqueiro
Cada unha das 13 mesas vainas atender no taller de cociña de
xeito individualizado un solo alumno, formando parte polo tanto
esta actividade dun exercizo cuxo comezo foi o pasado mes de
novembro de 2009.
Bo proveito…!!!