SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 22
Había unha vez na comarca de
Valdeorras un bosque moi colorido
de piñeiros, castiñeiros, aciñeiras,
sobreiras e teixos entre outros.
Alí vivían tamén moitos animais:
xabaríns, serpes, paxariños, esquíos, e
un ourizo cacho moi presumido coa súa
mamá.
A Pincho, o pequeno ourizo, gustáballe xogar cos
seus amigos, ir ás festas, e, por riba de todo, que
a súa nai lle lera contos nos que aparecían
animais doutros lugares: Xigantescas xirafas,
feroces leóns, canguros e cabaliños con cornos
que...ata podían voar!!
Ao Pincho gustáballe moito camiñar e un día
paseando atopouse cun caracol.
-Ola Ourizo, cómo estás? Son o caracol Ton, e
estaba pensando en facer unha boa festa.
O Pincho contestou que era unha boa idea, así que
se puxeron mans á obra: Decidiron invitar ao Oso
Panda de China, á Xirafa de África, ao Carpincho
de Uruguai...pero esquecéronse do Crocodilo do
Nilo?
Miña naiciña... organizaron unha
festa moi divertida!
Xogaron ás agochadas, ás catro
esquinas, bailaron, deixaron
gravadas as súas pegadas,
comeron a torta e.... pasárono
bomba!!!
O crocodilo do Nilo enfadado porque
non o convidaran disfrazouse e foi á
festa. Cando rematou a festa Pincho e
Ton desapareceran... Onde se meteran?
Pois resulta que Ton e Pincho correran
ata o souto máis cercano, e agochados
na caracocha dun castiñeiro centenario,
moi caladiños, comezaron a escoitar uns
ruídos moi, pero que moi estranos.
Achegáronse moi amodiño ata o lugar
do que viña o ruído....¡ Era o Crocodilo
do Nilo! Estaba moi enfadado e non
deixaba de rosmar porque non podía
quitar o disfrace.
Ton e Pincho faláronlle para tranquilizalo
dicindo que lle ían axudar a saír daquel
disfrace de Porco, e entre protestas e berros
aceptou a súa axuda..
Ton e Pincho pedíronlle desculpas
por non convidalo á festa. Croco, o
crocodilo, perdoounos e invitounos
a visitar Exipto. O ourizo e o caracol
pedíronlle permiso ás súas nais,
prepararon a equipaxe, mercaron os
billetes do avión e comezaron a
viaxe.
A viaxe en avión foi moi bonita...
descubriron unha paisaxe seca e desértica.
Ao chegar a Exipto viron moitos animais
que non coñecían e fixeron moitos amigos.
Montaron en camelo para
visitar o río Nilo, as
pirámides e a tomba dun
faraón que tiña un
labirinto onde se
perderon.
Tom, Croco e Pincho esgotados de tanto
camiñar polo labirinto decidiron sentarse
un anaco para descansar. Aos poucos de
sentar e beber escoitaron un ruído que cada
vez soaba máis preto deles.
Tremían por se fose un monstro. Non
sabían o que era pero cando estivo á vista
decatáronse que era unha momia...
botáronse a correr en todas as direccións,
pero ao cabo dun momento déronse de
conta de que estaban perdidos.
Daquela Croco decidiu buscar aos
seus amigos. Coa présa esvarou e
caeu, e co ruído, a momia decatouse
e foi cara el. Croco pensou rápido, e
lembrando unha antiga historia dixo:
-Lembra momia, que os teus
ancestros adoraban aos crocodilos e
cumprían os seus desexos. Se o
destino che trouxo ata min, o teu
deber é sacarnos de aquí.
A momia, obediente,
encamiñouse á saída e Croco a
seguía. Polo camiño atoparon a
Ton e a Pincho, e xuntos saíron
de alí.
Alí, na saída, coa luz do deserto viron unha
especie de debuxo na parede da pirámide, e ao
chegarse observaron que estaba cuberto de
area, así que pasáronlle a man e descubriron
que se trataba dun xeroglífico. Tentárono ler
pero non sabían, así que Croco ordeoulle á
momia que lles axudase a descifralo...
No xeroglífico había árbores...
-Que raro! -exclamou a momia
-Este xeroglífico parece un mapa .dixo
Pincho-, e ten castiñeiros e aciñeiras,
como o noso bosque. E ten unha casiña
que parece a nosa, e uns animaliños
facendo unha festa....
-Mira! Eses somos nós...
-Eu creo que debe haber algún tesouro exipcio
agochado nalgún lugar do noso bosque onde
fixemos a festa- dixo Pincho
-Pois non se diga máis, voltamos para a casa
de contado- acordaron entre todos
Mentras viaxaban todos ían pensando no
tesouro e no que atoparían.
Puxéronse a cavar ao redor do castiñeiro para
ver se atopaban algo, e, tras un bo anaco
cavando, Ton dixo:
-Ei, vinde ver que aquí, aquí hai algo!
Era unha porta subterránea que daba á tumba
dun faraón.
-Isto non poder ser. Que vai facer aquí a tumba
dun faraón?- dixo Pincho
Ton abriu o sarcófago e... sorpresa... o que
había era un tesouro con moedas de ouro e
prata, xoias... e unha nota que dicía:
“Aínda que pensedes que isto é un tesouro
que pertencía aos faraóns exipcios, a verdade e
que é meu. Asinado o pirata Barbanegra”
Todos quedaron abraiados co achado que
acababan de facer... Estaban tan contentos que
decidiron facer outra festa para celebralo e
compartilo con todos os seus amiguiños do
bosque.
E colorín colorado, este
conto está xa rematado!

Mais conteúdo relacionado

Destaque

What do i need to create multimedia
What do i need to create multimediaWhat do i need to create multimedia
What do i need to create multimediaIngrid Quill
 
Athletes graduating from college
Athletes graduating from collegeAthletes graduating from college
Athletes graduating from collegedondremcbean
 
My city new
My city newMy city new
My city newsp9katow
 
My city new
My city newMy city new
My city newsp9katow
 
My Career Powerpoint
My Career PowerpointMy Career Powerpoint
My Career Powerpointjgood55
 
My country poland - jan stopka
My country   poland - jan stopkaMy country   poland - jan stopka
My country poland - jan stopkasp9katow
 
Box project
Box projectBox project
Box projectstockerh
 
Empathy & Engineering
Empathy & EngineeringEmpathy & Engineering
Empathy & EngineeringKim Nicol
 
National holidays
National  holidaysNational  holidays
National holidayssp9katow
 
Presentatie basisprincipes isoleren
Presentatie basisprincipes isolerenPresentatie basisprincipes isoleren
Presentatie basisprincipes isolerenklimaatverbond
 
Donderdag Veggiedag in Gent succesvol
Donderdag Veggiedag in Gent succesvolDonderdag Veggiedag in Gent succesvol
Donderdag Veggiedag in Gent succesvolklimaatverbond
 
Box project
Box projectBox project
Box projectstockerh
 

Destaque (20)

What do i need to create multimedia
What do i need to create multimediaWhat do i need to create multimedia
What do i need to create multimedia
 
Athletes graduating from college
Athletes graduating from collegeAthletes graduating from college
Athletes graduating from college
 
My city new
My city newMy city new
My city new
 
My school
My schoolMy school
My school
 
Metodos
MetodosMetodos
Metodos
 
Power point
Power pointPower point
Power point
 
My city new
My city newMy city new
My city new
 
My Career Powerpoint
My Career PowerpointMy Career Powerpoint
My Career Powerpoint
 
My country poland - jan stopka
My country   poland - jan stopkaMy country   poland - jan stopka
My country poland - jan stopka
 
çIzgi film
çIzgi filmçIzgi film
çIzgi film
 
Box project
Box projectBox project
Box project
 
Empathy & Engineering
Empathy & EngineeringEmpathy & Engineering
Empathy & Engineering
 
National holidays
National  holidaysNational  holidays
National holidays
 
Presentatie basisprincipes isoleren
Presentatie basisprincipes isolerenPresentatie basisprincipes isoleren
Presentatie basisprincipes isoleren
 
Donderdag Veggiedag in Gent succesvol
Donderdag Veggiedag in Gent succesvolDonderdag Veggiedag in Gent succesvol
Donderdag Veggiedag in Gent succesvol
 
Box project
Box projectBox project
Box project
 
Hemoglobin
HemoglobinHemoglobin
Hemoglobin
 
Game
GameGame
Game
 
Lenda_celta
Lenda_celtaLenda_celta
Lenda_celta
 
Unha historia para contar
Unha historia para contarUnha historia para contar
Unha historia para contar
 

Semelhante a O tesouro de Ton, Pincho e Croco

O libriño de 3º c
O libriño de 3º cO libriño de 3º c
O libriño de 3º cbcode
 
A bubela e outros galegos curiosos
A bubela e outros galegos curiososA bubela e outros galegos curiosos
A bubela e outros galegos curiososMonContos
 
A rata Luisa na granxa
A rata Luisa na granxaA rata Luisa na granxa
A rata Luisa na granxaMonContos
 
A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)
A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)
A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)MonContos
 
As pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blogAs pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blogChelo Alvarez Veira
 
Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014trasnoparoleiro
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciapabloedlg
 
Nuevo documento de microsoft word (2)
Nuevo documento de microsoft word (2)Nuevo documento de microsoft word (2)
Nuevo documento de microsoft word (2)orientacionsf
 
O zoolóxico
O zoolóxicoO zoolóxico
O zoolóxicoMonContos
 
Teatro de monicreques
Teatro de monicrequesTeatro de monicreques
Teatro de monicrequesmarixgv
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Angeles Saco López
 
Oncela na illa de ons
Oncela na illa de onsOncela na illa de ons
Oncela na illa de onsceipcoiron
 
O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º bbcode
 

Semelhante a O tesouro de Ton, Pincho e Croco (20)

O libriño de 3º c
O libriño de 3º cO libriño de 3º c
O libriño de 3º c
 
A PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRAA PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRA
 
A bubela e outros galegos curiosos
A bubela e outros galegos curiososA bubela e outros galegos curiosos
A bubela e outros galegos curiosos
 
O LIBRO DE 5º B
O LIBRO DE 5º  BO LIBRO DE 5º  B
O LIBRO DE 5º B
 
A rata Luisa na granxa
A rata Luisa na granxaA rata Luisa na granxa
A rata Luisa na granxa
 
A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)
A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)
A pedra de afiar agullas (a rata Luisa)
 
As pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blogAs pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blog
 
Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014
 
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa lucia
 
Brancaneves
BrancanevesBrancaneves
Brancaneves
 
Con sabor a monte
Con sabor a monteCon sabor a monte
Con sabor a monte
 
Nuevo documento de microsoft word (2)
Nuevo documento de microsoft word (2)Nuevo documento de microsoft word (2)
Nuevo documento de microsoft word (2)
 
O zoolóxico
O zoolóxicoO zoolóxico
O zoolóxico
 
Teatro de monicreques
Teatro de monicrequesTeatro de monicreques
Teatro de monicreques
 
Daia recomenda
Daia recomendaDaia recomenda
Daia recomenda
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
 
Oncela na illa de ons
Oncela na illa de onsOncela na illa de ons
Oncela na illa de ons
 
O libriño de 3º b
O libriño de 3º bO libriño de 3º b
O libriño de 3º b
 

Mais de xoaquín freixeiro (6)

Maio
MaioMaio
Maio
 
Libro visitas
Libro visitasLibro visitas
Libro visitas
 
Piscina
PiscinaPiscina
Piscina
 
Horto
HortoHorto
Horto
 
Biografia rvb comic
Biografia rvb comicBiografia rvb comic
Biografia rvb comic
 
Samain
SamainSamain
Samain
 

O tesouro de Ton, Pincho e Croco

  • 1. Había unha vez na comarca de Valdeorras un bosque moi colorido de piñeiros, castiñeiros, aciñeiras, sobreiras e teixos entre outros.
  • 2. Alí vivían tamén moitos animais: xabaríns, serpes, paxariños, esquíos, e un ourizo cacho moi presumido coa súa mamá.
  • 3. A Pincho, o pequeno ourizo, gustáballe xogar cos seus amigos, ir ás festas, e, por riba de todo, que a súa nai lle lera contos nos que aparecían animais doutros lugares: Xigantescas xirafas, feroces leóns, canguros e cabaliños con cornos que...ata podían voar!!
  • 4. Ao Pincho gustáballe moito camiñar e un día paseando atopouse cun caracol. -Ola Ourizo, cómo estás? Son o caracol Ton, e estaba pensando en facer unha boa festa.
  • 5. O Pincho contestou que era unha boa idea, así que se puxeron mans á obra: Decidiron invitar ao Oso Panda de China, á Xirafa de África, ao Carpincho de Uruguai...pero esquecéronse do Crocodilo do Nilo?
  • 6. Miña naiciña... organizaron unha festa moi divertida! Xogaron ás agochadas, ás catro esquinas, bailaron, deixaron gravadas as súas pegadas, comeron a torta e.... pasárono bomba!!!
  • 7. O crocodilo do Nilo enfadado porque non o convidaran disfrazouse e foi á festa. Cando rematou a festa Pincho e Ton desapareceran... Onde se meteran?
  • 8. Pois resulta que Ton e Pincho correran ata o souto máis cercano, e agochados na caracocha dun castiñeiro centenario, moi caladiños, comezaron a escoitar uns ruídos moi, pero que moi estranos.
  • 9. Achegáronse moi amodiño ata o lugar do que viña o ruído....¡ Era o Crocodilo do Nilo! Estaba moi enfadado e non deixaba de rosmar porque non podía quitar o disfrace.
  • 10. Ton e Pincho faláronlle para tranquilizalo dicindo que lle ían axudar a saír daquel disfrace de Porco, e entre protestas e berros aceptou a súa axuda..
  • 11. Ton e Pincho pedíronlle desculpas por non convidalo á festa. Croco, o crocodilo, perdoounos e invitounos a visitar Exipto. O ourizo e o caracol pedíronlle permiso ás súas nais, prepararon a equipaxe, mercaron os billetes do avión e comezaron a viaxe.
  • 12. A viaxe en avión foi moi bonita... descubriron unha paisaxe seca e desértica. Ao chegar a Exipto viron moitos animais que non coñecían e fixeron moitos amigos.
  • 13. Montaron en camelo para visitar o río Nilo, as pirámides e a tomba dun faraón que tiña un labirinto onde se perderon.
  • 14. Tom, Croco e Pincho esgotados de tanto camiñar polo labirinto decidiron sentarse un anaco para descansar. Aos poucos de sentar e beber escoitaron un ruído que cada vez soaba máis preto deles.
  • 15. Tremían por se fose un monstro. Non sabían o que era pero cando estivo á vista decatáronse que era unha momia... botáronse a correr en todas as direccións, pero ao cabo dun momento déronse de conta de que estaban perdidos.
  • 16. Daquela Croco decidiu buscar aos seus amigos. Coa présa esvarou e caeu, e co ruído, a momia decatouse e foi cara el. Croco pensou rápido, e lembrando unha antiga historia dixo: -Lembra momia, que os teus ancestros adoraban aos crocodilos e cumprían os seus desexos. Se o destino che trouxo ata min, o teu deber é sacarnos de aquí.
  • 17. A momia, obediente, encamiñouse á saída e Croco a seguía. Polo camiño atoparon a Ton e a Pincho, e xuntos saíron de alí.
  • 18. Alí, na saída, coa luz do deserto viron unha especie de debuxo na parede da pirámide, e ao chegarse observaron que estaba cuberto de area, así que pasáronlle a man e descubriron que se trataba dun xeroglífico. Tentárono ler pero non sabían, así que Croco ordeoulle á momia que lles axudase a descifralo...
  • 19. No xeroglífico había árbores... -Que raro! -exclamou a momia -Este xeroglífico parece un mapa .dixo Pincho-, e ten castiñeiros e aciñeiras, como o noso bosque. E ten unha casiña que parece a nosa, e uns animaliños facendo unha festa.... -Mira! Eses somos nós...
  • 20. -Eu creo que debe haber algún tesouro exipcio agochado nalgún lugar do noso bosque onde fixemos a festa- dixo Pincho -Pois non se diga máis, voltamos para a casa de contado- acordaron entre todos Mentras viaxaban todos ían pensando no tesouro e no que atoparían. Puxéronse a cavar ao redor do castiñeiro para ver se atopaban algo, e, tras un bo anaco cavando, Ton dixo: -Ei, vinde ver que aquí, aquí hai algo! Era unha porta subterránea que daba á tumba dun faraón.
  • 21. -Isto non poder ser. Que vai facer aquí a tumba dun faraón?- dixo Pincho Ton abriu o sarcófago e... sorpresa... o que había era un tesouro con moedas de ouro e prata, xoias... e unha nota que dicía: “Aínda que pensedes que isto é un tesouro que pertencía aos faraóns exipcios, a verdade e que é meu. Asinado o pirata Barbanegra” Todos quedaron abraiados co achado que acababan de facer... Estaban tan contentos que decidiron facer outra festa para celebralo e compartilo con todos os seus amiguiños do bosque.
  • 22. E colorín colorado, este conto está xa rematado!

Notas do Editor

  1. {}