SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 9
Baixar para ler offline
Xeometría Descriptiva
         A XEOMETRÍA DESCRIPTIVA ten por obxecto a representación científica dos corpos volumétricos
(tridimensionais) sobre un plano (bidimensional), examinando as súas formas, posicións e medidas.
Dependendo da finalidades da representación utilizarase un o outro SISTEMA DE REPRESENTACIÓN,
xa que cada un deles facilita distinta información e análise dos aspectos formais, dimensións e
estructuras do obxecto a representar.



OS TIPOS DE PROXECCIÓN PODEN SER



Proxección Cilíndrica
É a que se obtén por proxección de raios proxectantes paralelos entre si, a xeito de xeneratriz dun
cilindro.

1.   ACOTADO

2.   DIÉDRICO

3.   AXONOMÉTRICO, que a su vez divídese en:

     3.1. ISOMÉTRICO.

     3.2. DIMÉTRICO.

     3.3. TRIMÉTRICO.

     3.4. PERSPECTIVA AXONOMÉTRICA CABALEIRA (QUE PODE SER DI OU TRIMÉTRICA)



Proxección Cónica.


Os raios de proxectantes parten cara o obxeto, dun único punto ou centro de proxección, situado a unha
distancia determinada respecto ó plano de proxección. As rectas proxectantes forman un feixe diverxente
ou cono visual.

1.   CENTRAL.

2.   OBLÍCUA




                                                                                                      1
OS SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN

En función de se a representación do obxecto sobre o plano se fai coas súas dimensións en verdadeira
magnitude ou no, considéranse dous tipos de sistemas de representación espacial:



Sistemas de Medida
Usan verdadeiras magnitudes. As proxeccións do obxecto están en verdadeira magnitude:

1.   ACOTADO.

2.   DIÉDRICO.



Sistemas Perspectivos
Non representan o obxecto, ou parte de el, en verdadeira magnitude.

1.   AXONOMÉTRICO (ISO-, DI- E TRIMÉTRICO)

2.   CÓNICO (CENTRAL E OBLÍCCUO)




                                                                                                   2
1. SISTEMAS DE MEDIDA

 1.1. SISTEMA ACOTADO.


         Neste sistema utilízase unicamente un plano de proxección, o horizontal. O tipo de proxección é
cilíndrica ortogonal. A súa principal aplicación é a representación de superficies topográficas, é dicir,
plasmar sobre un plano as características xerais do releve dos terreos, montes, ríos, etc.. O estudio
destas características realízase por planimetría e altimetría, a primeira estudia a superficie e distancias
do terreo e a segunda estudia as alturas destes puntos. Os mapas topográficos máis modernos utilizan a
fotogrametría aérea, a ciencia coa que podense obtener medicións a partir de pares estereoscópicos de
fotografías aéreas.

                                                           SECCIÓN DUNHA MONTAÑA. UTILIZACIÓN DUNHA PLANTILLA MILIMETRADA
                                                     300
                                                     280
                                                     260
                                                     240
                                                     220
                                                     200
                                                     180
                                                     160
                                                     140
                                                     120
                                                     100
                                                      80
                                                      60
                                                      40
                                                      20




                                                                                                    250
                                                                                                          200

                                                                                                                150
                                                                                                                   100
                                                                                                                         50

                                                                                                                         0

        A Representación Topográfica consiste en seccionar os terreos mediante planos imaxinarios
horizontais e equidistantes entre si, obtendo por cada un destes planos unha liña de sección denominada
curva de nivel, que proxectadas ortogonalmente sobre un plano producen a representación do terreo. En
cada curva de nivel pode indicarse o número de cota dos puntos que a compoñen.

CURVAS DE NIVEL.

         Son liñas que, nun mapa, unen puntos da mesma altitude, por encima o por debaixo dunha
superficie de referencia, que polo xeral coincide coa liña do nivel do mar. Nos modernos mapas
topográficos é moi frecuente a súa utilización, normalmente combinada con outros métodos como o
corear zonas ou sombrear outeiros para facilitar a lectura do mapa. O espaciado entra as curvas de
nivel depende do intervalo de curvas de nivel seleccionado e do escarpado do terreo: canto máis
empinada sexa a pendiente, máis próximas entre si aparecerán as curvas. As curvas de nivel teñen o
mesmo fundamento técnico que as isobatas, curvas de nivel submarinas, e isobaras, líñas que unen
puntos coa a mesma presión atmosférica. (o prefixo iso- significa igual)




                                                                                                                              3
1.2. SISTEMA DIÉDRICO.


          Consiste na proxección cilíndrica ortogonal simultánea sobre os tres planos de proxección
(vertical, horizontal e perfil). O espacio, no sistema diédrico, divídese en catro cuadrantes (ou diedros)
resultantes da intersección dun plano imaxinario de proxección horizontal con outro tamén imaxinario
de proxección vertical, ambos considerados infinitos. Os elementos a representar poden situarse en
calquera dos catro cuadrantes, pero a visión do espectador sitúase no primeiro cuadrante, visto de perfil
é o superior dereito (sistema europeo, no sistema americano o espectador sitúase no terceiro cadrante).




                                              P     2



                                                            P




                                                                P       1




                                                        C           u       a   d   r   a   n   t   e   I   V




 Elementos Principais do Sistema Diédrico



    Plano de proxección Horizontal (P.H.). Plano que se supón en posición horizontal.

    Plano de proxección Vertical (P.V.). Plano perpendicular ó anterior

    Plano de Perfil ou plano Auxiliar (P.P. ou P.W.). Perpendicular ós anteriores, non é sempre
     necesario

    Liña de terra (L.T.). É a recta intersección dos planos horizontal e vertical de proxección (P.H. e
     P.P.)

    Chámase COTA á lonxitude que existe entre o punto situado no espacio e o plano horizontal de
     proxección.

    Chámase DISTANCIA ou ALONXAMENTO á lonxitude que hai entre o punto a representar e o
     plano vertical de proxección



As proxeccións horizontais e verticais dun punto representado no sistema diédrico coinciden SEMPRE
sobre unha mesma recta (trazada con liña de trazos finos) perpendicular á liña de terra.




                                                                                                                4
VISTAS DIÉDRICAS (no sistema europeo)


1.   A proxección sobre o plano vertical (P.V.) chámase ALZADO. A figura a representar debe situarse
     no espacio de tal xeito que o alzado coincida coa vista máis representativa do mesmo, a que ofreza a
     información máis clara da forma. Soe ser a primeira vista que se debuxa.

2.   A proxección sobre o plano horizontal (P.H.) chámase PLANTA. É a representación da figura
     dende arriba. No debuxo sitúase SEMPRE debaixo do alzado.

3.   A proxección sobre o plano de perfil (P.P.) chámase PERFIL. Obtense visualizando o corpo dende
     a posición lateral esquerda ou dereita, respecto á vista do alzado. A vista que representa a parte
     esquerda do corpo sitúase sobre o papel á dereita do alzado, e viceversa, a vista lateral dereita
     sitúase á esquerda do alzado. Isto é debido ó sentido de abatemento dos planos de proxección.

As tres direccións de visualización, que determinan as vistas, son sempre ortogonais e correspondentes
entre si.

Atención ó seguinte exemplo: Unha peza situada no espacio proxecta sobre 3 planos ortogonais tres
proxeccións distintas (o alzado, o perfil e a planta). Estas proxeccións abátense para formar sobre un
único plano as vistas diédricas da peza inicial.




         PASO 1                             PASO 2                              PASO 3

(PROXECCIÓN DA FIGURA)              (VISTAS RESULTANTES)              (ABATEMENTO DOS PLANOS DE

                                                                      PROXECCIÓN)


                                                         D

                               2     1               A   B   C




                                                                                                        5
2. SISTEMAS PERSPECTIVOS.


Aínda que para o deseño e o estudio de proxeccións o sistema diédrico ten un control absoluto da forma,
tamén se fai necesario dispor doutros sistemas que permitan apreciar unha imaxe de fácil comprensión.
As perspectivas dan unha clara percepción do aspecto volumétrico, conservando as relacións de
proporcionalidade. Tanto a axonometría como a perspectiva cónica fan os debuxos moito máis
comprensibles, aínda que con inevitables efectos de distorsión óptica.

    2.1. SISTEMA AXONOMÉTRICO.


    Este sistema utilízase, xeralmente, para a representación de figuras de pequeno e mediano formato e
consíguese ver de xeito inmediato todos (ou case todos) os detalles da peza a representar. Utiliza un só
plano de proxección, e as imaxes obtidas percébense en tres dimensións. Nos obxectos debuxados,
ordinariamente distínguense tres direccións principais, paralelas entre si e correspondentes ás tres
dimensións espaciais (longo, ancho e alto).

Se divíde en:

        ISOMÉTRICA. Os tres ángulos entre eixos son iguais (120º).

        DIMÉTRICA. Dous dos tres ángulos entre eixos son iguais (por exemplo: 135º, 135º e 90º).

        TRIMÉTRICA. Ningún ángulo dos tres formados entre eixos é igual a outro.

                                                                                                    z
             z                                                             z
                                      z
                                                                                                       
                                                                                                      x
                                                                                            y       
    y               x       y                       x         y                 x


        E UN CASO ESPECIAL: A PERSPECTIVA CABALEIRA.

        ISOMÉTRICO               DIMÉTRICO                           TRIMÉTRICO              P. CABALEIRA




                            

PERSPECTIVA AXONOMETRICA ISOMÉTRICA                         PERSPECTIVA AXONOMETRICA CABALEIRA




                                                                                                                  6
PERSPECTIVA CABALEIRA.


    É a proxeccción que produce un ángulo entre dous dos eixos de 90º. Normalmente entre os eixos “ZX” ou
    “ZY” pero tamén pode ser entre os “XY”, nese caso a perpectiva cabaleira denomínase ademáis MILITAR.

    Consello: Sempre deberá colocarse a cara con máis formas irregulares ou con partes circulares, na
    posición de paralelismo co plano de debuxo, sobre o plano "XZ"




               C A B A L E IR A                     C A B A L E IR A                        C A B A L E IR A
               D IM É T R IC A                 M IL ITA R C O N V E N C IO N A L          M IL ITA R "A E R E A "
                                                          Z                                          Z
                                                                                                         135º
                       z
                                        150º                                       135º
                                                                      120º
      9 0 º

                                                                                               90º
                                    1 3 5 º
X
                                                         90º                  X    Y                              X
                                               Y

                      1 3 5 º
                                  Y




          c o e fic ie n te d e re d u c c ió n    coeficiente de reducción            c o e fic ie n te d e re d u c c ió n
              X :Y :Z ::1 :1 /2 :1                       X:Y:Z::1:1:1                       X :Y :Z ::1 :1 :1 /2




                                                                                                                               7
2.2. SISTEMA CÓNICO. Chamado tamén Perspectiva Cónica.


         A diferencia dos sistemas anteriores (que utilizan proxeccións cilíndricas) este sistema ten a súa
proxección particular: a proxección cónica. Trata de representar a realidade dende un punto de vista
fixo (o ollo do espectador, ó que se cháma "V"). Os raios visuais percibidos polo ollo concorren en dito
punto, formando o cono visual. Utiliza un só plano de proxección. O sistema cónico semella a
visualización que do espacio fai o ollo humáno, atendendo ós cambios aparentes de forma e tamaño.

Este sistema proporciona a descrición de conxunto dos corpos, permitindo a simple vista apreciar a súa
configuración. Aplícase principalmente en representacións panorámicas de arquitectura, tanto de
interiores como de exteriores, áreas ou formas de grandes dimensións, nas que se poden percibir as
fugas (nas figuras pequenas case non se perceben as liñas de fuga características deste sistema) que está
baseado en dous conceptos fundamentais:

    Todas as liñas paralelas entre si (e non paralelas ó plano do cadro) converxen nun mesmo punto,
     chamado punto de fuga.

    O tamaño con que se representan as distintas dimensións das figuras é proporcional á distancia
     á que cada unha delas está separada do espectador.




                                                                                                          8
Elementos principais do sistema cónico


  P.C.: Plano do cadro. É o plano do vertical que se supón transparente e situado entre o
   observador e o obxecto. Sobre el producese teoricamente a imaxe do obxecto, o que na práctica
   será o papel do debuxo.

  P.G.: Plano xeometral. É o plano do chan sobre o que se supón apoiado o observador e os
   obxectos.

  L.T.: Liña de Terra. A liña resultante dos dous planos anteriores.

  V.: Punto de Vista. Representa a situación teórica do ollo do observador.

  P.: Punto principal. É a proxección do punto V sobre o P.C.. É un punto de moita importancia na
   perspectiva frontal, nel concuorren todas as rectas per- pendiculares ó plano do cadro.

  V.P.: Distancia Principal. É a distancia entre o punto de vista e o punto principal, é dicir, a
   distancia entre o observador e o P.C.

  P.H.: Plano do Horizonte. Plano horizontal, polo tanto paralelo ó P.G., que contén a V. e a P.;
   tamén se pode definir como o plano horizontal situado á altura do punto de vista do observador.

  L.H.: Liña de Horizonte. A intersección entre o plano do horizonte co plano do cadro.

  P.F.: Puntos de Fuga.: Todas as rectas que na realidade son paralelas, na perspectiva cónica
   converxen nun mesmo punto de fuga. Teoricamente atópanse sobre L.H.. Cada dirección dentro
   do debuxo terá o seu propio punto de fuga.




                                                                                                 9

Mais conteúdo relacionado

Mais de Plastilina3

Tutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickrTutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickrPlastilina3
 
30 días 30 fotos
30 días 30 fotos30 días 30 fotos
30 días 30 fotosPlastilina3
 
Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Plastilina3
 
Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12Plastilina3
 
Instrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificaciónsInstrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificaciónsPlastilina3
 
Folleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeirasFolleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeirasPlastilina3
 
Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12Plastilina3
 
Titorial google maps
Titorial google mapsTitorial google maps
Titorial google mapsPlastilina3
 
Proporcion y escalas
Proporcion y escalasProporcion y escalas
Proporcion y escalasPlastilina3
 
Extracto lei de convivencia educativa
Extracto lei de convivencia educativaExtracto lei de convivencia educativa
Extracto lei de convivencia educativaPlastilina3
 
Poligonos regulares basico
Poligonos regulares basicoPoligonos regulares basico
Poligonos regulares basicoPlastilina3
 
Introduccion basico
Introduccion basicoIntroduccion basico
Introduccion basicoPlastilina3
 
Angulos elementais
Angulos elementaisAngulos elementais
Angulos elementaisPlastilina3
 

Mais de Plastilina3 (20)

Blogs de immaa
Blogs de immaaBlogs de immaa
Blogs de immaa
 
Tutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickrTutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickr
 
30 días 30 fotos
30 días 30 fotos30 días 30 fotos
30 días 30 fotos
 
Leccion 4
Leccion 4Leccion 4
Leccion 4
 
12 13 grupos
12 13 grupos12 13 grupos
12 13 grupos
 
12 13 desdobles
12 13 desdobles12 13 desdobles
12 13 desdobles
 
Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Circular libros 12 13
Circular libros 12 13
 
Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12
 
Instrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificaciónsInstrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificacións
 
Folleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeirasFolleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeiras
 
Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12
 
Titorial google maps
Titorial google mapsTitorial google maps
Titorial google maps
 
Cartel 2012
Cartel 2012Cartel 2012
Cartel 2012
 
Proporcion y escalas
Proporcion y escalasProporcion y escalas
Proporcion y escalas
 
Pratos de polbo
Pratos de polboPratos de polbo
Pratos de polbo
 
Rula e vincula
Rula e vinculaRula e vincula
Rula e vincula
 
Extracto lei de convivencia educativa
Extracto lei de convivencia educativaExtracto lei de convivencia educativa
Extracto lei de convivencia educativa
 
Poligonos regulares basico
Poligonos regulares basicoPoligonos regulares basico
Poligonos regulares basico
 
Introduccion basico
Introduccion basicoIntroduccion basico
Introduccion basico
 
Angulos elementais
Angulos elementaisAngulos elementais
Angulos elementais
 

Xeometría descritiva para 3 eso

  • 1. Xeometría Descriptiva A XEOMETRÍA DESCRIPTIVA ten por obxecto a representación científica dos corpos volumétricos (tridimensionais) sobre un plano (bidimensional), examinando as súas formas, posicións e medidas. Dependendo da finalidades da representación utilizarase un o outro SISTEMA DE REPRESENTACIÓN, xa que cada un deles facilita distinta información e análise dos aspectos formais, dimensións e estructuras do obxecto a representar. OS TIPOS DE PROXECCIÓN PODEN SER Proxección Cilíndrica É a que se obtén por proxección de raios proxectantes paralelos entre si, a xeito de xeneratriz dun cilindro. 1. ACOTADO 2. DIÉDRICO 3. AXONOMÉTRICO, que a su vez divídese en: 3.1. ISOMÉTRICO. 3.2. DIMÉTRICO. 3.3. TRIMÉTRICO. 3.4. PERSPECTIVA AXONOMÉTRICA CABALEIRA (QUE PODE SER DI OU TRIMÉTRICA) Proxección Cónica. Os raios de proxectantes parten cara o obxeto, dun único punto ou centro de proxección, situado a unha distancia determinada respecto ó plano de proxección. As rectas proxectantes forman un feixe diverxente ou cono visual. 1. CENTRAL. 2. OBLÍCUA 1
  • 2. OS SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN En función de se a representación do obxecto sobre o plano se fai coas súas dimensións en verdadeira magnitude ou no, considéranse dous tipos de sistemas de representación espacial: Sistemas de Medida Usan verdadeiras magnitudes. As proxeccións do obxecto están en verdadeira magnitude: 1. ACOTADO. 2. DIÉDRICO. Sistemas Perspectivos Non representan o obxecto, ou parte de el, en verdadeira magnitude. 1. AXONOMÉTRICO (ISO-, DI- E TRIMÉTRICO) 2. CÓNICO (CENTRAL E OBLÍCCUO) 2
  • 3. 1. SISTEMAS DE MEDIDA 1.1. SISTEMA ACOTADO. Neste sistema utilízase unicamente un plano de proxección, o horizontal. O tipo de proxección é cilíndrica ortogonal. A súa principal aplicación é a representación de superficies topográficas, é dicir, plasmar sobre un plano as características xerais do releve dos terreos, montes, ríos, etc.. O estudio destas características realízase por planimetría e altimetría, a primeira estudia a superficie e distancias do terreo e a segunda estudia as alturas destes puntos. Os mapas topográficos máis modernos utilizan a fotogrametría aérea, a ciencia coa que podense obtener medicións a partir de pares estereoscópicos de fotografías aéreas. SECCIÓN DUNHA MONTAÑA. UTILIZACIÓN DUNHA PLANTILLA MILIMETRADA 300 280 260 240 220 200 180 160 140 120 100 80 60 40 20 250 200 150 100 50 0 A Representación Topográfica consiste en seccionar os terreos mediante planos imaxinarios horizontais e equidistantes entre si, obtendo por cada un destes planos unha liña de sección denominada curva de nivel, que proxectadas ortogonalmente sobre un plano producen a representación do terreo. En cada curva de nivel pode indicarse o número de cota dos puntos que a compoñen. CURVAS DE NIVEL. Son liñas que, nun mapa, unen puntos da mesma altitude, por encima o por debaixo dunha superficie de referencia, que polo xeral coincide coa liña do nivel do mar. Nos modernos mapas topográficos é moi frecuente a súa utilización, normalmente combinada con outros métodos como o corear zonas ou sombrear outeiros para facilitar a lectura do mapa. O espaciado entra as curvas de nivel depende do intervalo de curvas de nivel seleccionado e do escarpado do terreo: canto máis empinada sexa a pendiente, máis próximas entre si aparecerán as curvas. As curvas de nivel teñen o mesmo fundamento técnico que as isobatas, curvas de nivel submarinas, e isobaras, líñas que unen puntos coa a mesma presión atmosférica. (o prefixo iso- significa igual) 3
  • 4. 1.2. SISTEMA DIÉDRICO. Consiste na proxección cilíndrica ortogonal simultánea sobre os tres planos de proxección (vertical, horizontal e perfil). O espacio, no sistema diédrico, divídese en catro cuadrantes (ou diedros) resultantes da intersección dun plano imaxinario de proxección horizontal con outro tamén imaxinario de proxección vertical, ambos considerados infinitos. Os elementos a representar poden situarse en calquera dos catro cuadrantes, pero a visión do espectador sitúase no primeiro cuadrante, visto de perfil é o superior dereito (sistema europeo, no sistema americano o espectador sitúase no terceiro cadrante). P 2 P P 1 C u a d r a n t e I V Elementos Principais do Sistema Diédrico  Plano de proxección Horizontal (P.H.). Plano que se supón en posición horizontal.  Plano de proxección Vertical (P.V.). Plano perpendicular ó anterior  Plano de Perfil ou plano Auxiliar (P.P. ou P.W.). Perpendicular ós anteriores, non é sempre necesario  Liña de terra (L.T.). É a recta intersección dos planos horizontal e vertical de proxección (P.H. e P.P.)  Chámase COTA á lonxitude que existe entre o punto situado no espacio e o plano horizontal de proxección.  Chámase DISTANCIA ou ALONXAMENTO á lonxitude que hai entre o punto a representar e o plano vertical de proxección As proxeccións horizontais e verticais dun punto representado no sistema diédrico coinciden SEMPRE sobre unha mesma recta (trazada con liña de trazos finos) perpendicular á liña de terra. 4
  • 5. VISTAS DIÉDRICAS (no sistema europeo) 1. A proxección sobre o plano vertical (P.V.) chámase ALZADO. A figura a representar debe situarse no espacio de tal xeito que o alzado coincida coa vista máis representativa do mesmo, a que ofreza a información máis clara da forma. Soe ser a primeira vista que se debuxa. 2. A proxección sobre o plano horizontal (P.H.) chámase PLANTA. É a representación da figura dende arriba. No debuxo sitúase SEMPRE debaixo do alzado. 3. A proxección sobre o plano de perfil (P.P.) chámase PERFIL. Obtense visualizando o corpo dende a posición lateral esquerda ou dereita, respecto á vista do alzado. A vista que representa a parte esquerda do corpo sitúase sobre o papel á dereita do alzado, e viceversa, a vista lateral dereita sitúase á esquerda do alzado. Isto é debido ó sentido de abatemento dos planos de proxección. As tres direccións de visualización, que determinan as vistas, son sempre ortogonais e correspondentes entre si. Atención ó seguinte exemplo: Unha peza situada no espacio proxecta sobre 3 planos ortogonais tres proxeccións distintas (o alzado, o perfil e a planta). Estas proxeccións abátense para formar sobre un único plano as vistas diédricas da peza inicial. PASO 1 PASO 2 PASO 3 (PROXECCIÓN DA FIGURA) (VISTAS RESULTANTES) (ABATEMENTO DOS PLANOS DE PROXECCIÓN) D 2 1 A B C 5
  • 6. 2. SISTEMAS PERSPECTIVOS. Aínda que para o deseño e o estudio de proxeccións o sistema diédrico ten un control absoluto da forma, tamén se fai necesario dispor doutros sistemas que permitan apreciar unha imaxe de fácil comprensión. As perspectivas dan unha clara percepción do aspecto volumétrico, conservando as relacións de proporcionalidade. Tanto a axonometría como a perspectiva cónica fan os debuxos moito máis comprensibles, aínda que con inevitables efectos de distorsión óptica. 2.1. SISTEMA AXONOMÉTRICO. Este sistema utilízase, xeralmente, para a representación de figuras de pequeno e mediano formato e consíguese ver de xeito inmediato todos (ou case todos) os detalles da peza a representar. Utiliza un só plano de proxección, e as imaxes obtidas percébense en tres dimensións. Nos obxectos debuxados, ordinariamente distínguense tres direccións principais, paralelas entre si e correspondentes ás tres dimensións espaciais (longo, ancho e alto). Se divíde en: ISOMÉTRICA. Os tres ángulos entre eixos son iguais (120º). DIMÉTRICA. Dous dos tres ángulos entre eixos son iguais (por exemplo: 135º, 135º e 90º). TRIMÉTRICA. Ningún ángulo dos tres formados entre eixos é igual a outro. z z z z         x y  y  x y  x y  x E UN CASO ESPECIAL: A PERSPECTIVA CABALEIRA. ISOMÉTRICO DIMÉTRICO TRIMÉTRICO P. CABALEIRA      PERSPECTIVA AXONOMETRICA ISOMÉTRICA PERSPECTIVA AXONOMETRICA CABALEIRA 6
  • 7. PERSPECTIVA CABALEIRA. É a proxeccción que produce un ángulo entre dous dos eixos de 90º. Normalmente entre os eixos “ZX” ou “ZY” pero tamén pode ser entre os “XY”, nese caso a perpectiva cabaleira denomínase ademáis MILITAR. Consello: Sempre deberá colocarse a cara con máis formas irregulares ou con partes circulares, na posición de paralelismo co plano de debuxo, sobre o plano "XZ" C A B A L E IR A C A B A L E IR A C A B A L E IR A D IM É T R IC A M IL ITA R C O N V E N C IO N A L M IL ITA R "A E R E A " Z Z 135º z 150º 135º 120º 9 0 º 90º 1 3 5 º X 90º X Y X Y 1 3 5 º Y c o e fic ie n te d e re d u c c ió n coeficiente de reducción c o e fic ie n te d e re d u c c ió n X :Y :Z ::1 :1 /2 :1 X:Y:Z::1:1:1 X :Y :Z ::1 :1 :1 /2 7
  • 8. 2.2. SISTEMA CÓNICO. Chamado tamén Perspectiva Cónica. A diferencia dos sistemas anteriores (que utilizan proxeccións cilíndricas) este sistema ten a súa proxección particular: a proxección cónica. Trata de representar a realidade dende un punto de vista fixo (o ollo do espectador, ó que se cháma "V"). Os raios visuais percibidos polo ollo concorren en dito punto, formando o cono visual. Utiliza un só plano de proxección. O sistema cónico semella a visualización que do espacio fai o ollo humáno, atendendo ós cambios aparentes de forma e tamaño. Este sistema proporciona a descrición de conxunto dos corpos, permitindo a simple vista apreciar a súa configuración. Aplícase principalmente en representacións panorámicas de arquitectura, tanto de interiores como de exteriores, áreas ou formas de grandes dimensións, nas que se poden percibir as fugas (nas figuras pequenas case non se perceben as liñas de fuga características deste sistema) que está baseado en dous conceptos fundamentais:  Todas as liñas paralelas entre si (e non paralelas ó plano do cadro) converxen nun mesmo punto, chamado punto de fuga.  O tamaño con que se representan as distintas dimensións das figuras é proporcional á distancia á que cada unha delas está separada do espectador. 8
  • 9. Elementos principais do sistema cónico  P.C.: Plano do cadro. É o plano do vertical que se supón transparente e situado entre o observador e o obxecto. Sobre el producese teoricamente a imaxe do obxecto, o que na práctica será o papel do debuxo.  P.G.: Plano xeometral. É o plano do chan sobre o que se supón apoiado o observador e os obxectos.  L.T.: Liña de Terra. A liña resultante dos dous planos anteriores.  V.: Punto de Vista. Representa a situación teórica do ollo do observador.  P.: Punto principal. É a proxección do punto V sobre o P.C.. É un punto de moita importancia na perspectiva frontal, nel concuorren todas as rectas per- pendiculares ó plano do cadro.  V.P.: Distancia Principal. É a distancia entre o punto de vista e o punto principal, é dicir, a distancia entre o observador e o P.C.  P.H.: Plano do Horizonte. Plano horizontal, polo tanto paralelo ó P.G., que contén a V. e a P.; tamén se pode definir como o plano horizontal situado á altura do punto de vista do observador.  L.H.: Liña de Horizonte. A intersección entre o plano do horizonte co plano do cadro.  P.F.: Puntos de Fuga.: Todas as rectas que na realidade son paralelas, na perspectiva cónica converxen nun mesmo punto de fuga. Teoricamente atópanse sobre L.H.. Cada dirección dentro do debuxo terá o seu propio punto de fuga. 9