SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
4. Luz e cor
Estamos tan acostumados a convivir coa luz natural (Sol), e coa luz artificial que non
nos paramos a reflexionar sobre a importancia que esta ten para poder percibir o
entorno e as cousas que nel hai.
Imos analizar algúns aspectos xerais da luz que nos permiten ver e distinguir o
entorno desde o punto de vista da creación de imaxes, xeración de ambientes e
construción das formas, máis adiante analizaremos a luz como xeradora das cores que
vemos.
• As fontes de luz sabemos que proceden do Sol e da luz artificial.
• Os resultados da incidencia da luz sobre as cousas do noso entorno é percibida
polos ollos e procesada polo cerebro.
• Vemos e diferenciamos as cousas e persoas do noso entorno grazas as variacións
de luz que se producen nestes obxectos ou persoas xerando zonas de luz e de
sombra. Os contrastes entre cores tamén son vitais no proceso da diferenciación.
Mira e analiza a seguinte imaxe sobre que efectos produce a luz ao incidir sobre
algúns obxectos.
4.1 O claroscuro medio para distinguir e representar imaxes
Claroscuro. M.Busto. CC BY-SA
Cando a luz ilumina os obxectos podemos distinguir varios aspectos neste
proceso.
• Claves tonais ou o nivel de iluminación, escuridade e contraste dunha
composición.
– Esta pode ser alta (clara) baixa (escura) ou moi contrastada
(iluminación forte)
• A dirección da luz: Frontal, lateral, cenital, desde abaixo e de
contraluz.
• A luz pode ser dura ou difusa, sendo a primeira a máis intensa e a
outra máis suave.
Luz frontal
Busto. CC BY-SA
Busto. CC BY-SA
Busto. CC BY-SA
X5. Busto. CC BY-SA
Clave contrastada
Luz lateral Luz cenital Luz baixa Contraluz
Clave baixa
Clave alta
4.2 As cores
Chámase luz (do latín lux, lucis) á parte da radiación electromagnética que pode ser percibida polo ollo
humano. Na física o término luz emprégase nun sentido máis amplo, incluíndo todo o campo da
radiación coñecido como espectro electromagnético, mentres que a expresión luz visible sinala
soamente á radiación no espectro visible.
A óptica é a rama da física que estuda el comportamento de la luz, as súas características e
manifestacións.
Para saber máis preme nesta ligazón á Wikipedia. http://es.wikipedia.org/wiki/Luz#Naturaleza_de_la_luz
Electromagnetic spectrum-es. Wikipedia. CC BY-SA Texto modificado por Manuel Busto. CC BY-SA
O espectro visible, que é a parte do espectro electromagnético da luz solar que
podemos ver, ten unha lonxitude de onda (enerxía) que é percibida polo cerebro como
unha cor diferente.
Cor Lonxitude de onda
violeta ~ 380-450 nm
azul ~ 450-495 nm
verde ~ 495-570 nm
amarelo ~ 570–590 nm
laranxa ~ 590–620 nm
vermello ~ 620–750 nm
A pesar de que o espectro é continuo e polo
tanto non hai cantidades valeiras entre unha e
outra cor, podemos ver a seguinte táboa de
lonxitudes de onda aproximada para as cores
principais.
Newton empregou por primeira vez a palabra
espectro no 1671, ao describir os seus
experimentos en óptica. Newton observou que
cando un estreito feixe de luz solar bate nun prisma
de vidro triangular con un ángulo, unha parte pasa
a través do vidro e desintégrase en diferentes
bandas de cores.
Cando chove e o sol incide nas gotas de auga
prodúcese o arco da vella, este efecto é o mesmo
que o do prisma de Newton.
Descomposición da luz
Prisma arco da vella. Wikipedia. CC BY-SA
Cando la luz incide sobre un obxecto, a súa superficie absorbe certas lonxitudes de
onda e reflicte outras. Solo podemos ver as lonxitudes de onda reflectidas e polo tanto o
cerebro, por medio do ollo, solo percibirá esas cores.
Cando non hai luz natural ou luz artificial branca non vemos as cores, polo tanto
tampouco vemos os obxectos que temos nas nosa contorna. Se temos outro tipo de luz
artificial alumeando pola noite, esta cambia as cores e o que de día era vermello ou
verde, agora é laranxa; isto pasa coa luz laranxa que sitúan en rúas ou estradas.
Busto. CC BY-SA
4.2.1 Vemos as cores reflectidas
A mestura aditiva é cando as cores luz (lanterna con filtros a cores)
se superpoñen e dan como resultado outros diferentes.
Na imaxe da dereita temos tres círculos de luz de cores primarias,
azul violáceo, verde e carmesí. Superpostos obtemos o azul cian,
maxenta e amarelo que serán as secundarias. Se superpoñemos
cores luz secundarias obtemos terciarias, eta.
4.2.2 Mestura aditiva e subtractiva das cores
Mestura aditiva de cores. Wikipedia. CC BY-SA
A mestura subtractiva é cando mesturamos cores reais (óleo,
témpera ou acuarela) nunha paleta. Se empregamos a mesma
cantidade de maxenta, azul cian e amarelo (primarios), o resultado
da mestura será negro ou gris moi escuro.
Se mesturamos de dou en dous, obtemos os secundarios. Cian +
maxenta = violeta azulado. Amarelo + magenta = laranxa. Cian +
amarelo = verde.
Mestura subtractiva de cores. Wikipedia. CC BY-SA
4.2.3 As cores no mundo dixital e nas artes gráficas
Características cores. M. Busto. CC BY-SA
Á parte das mesturas que nos poidamos facer coas cores de pintura, os aparellos tecnolóxicos
coma os ordenadores empregan un tipo de cores dixitais chamados RVA (RGB) baseados nas
cores luz das que falamos anteriormente. Estes parten do vermello (carmesí), verde e azul
violáceo.
Á súa vez, as artes gráficas, a imprenta e a prensa, empregan o sistema de cores pigmento
chamado CMAN (CMYK). Tamén o vimos no apartado anterior e empregan as cores carmesí,
amarelo e azul.
Características das cores:
• Ton ou cromacidade é a característica que nos
permite diferencias as cores: amarelo, vermello, ....
• Saturación é o grao de pureza dunha cor
dependendo de si está mesturado ou non con outra
cor.
• Luminosidade ou valor é o grao de brillantez,
claridade ou luminosidade que se percibe nunha cor.
O amarelo e o máis claro e o violeta o máis escuro.
4.2.4 Círculo cromático
Coa mestura de cores pigmento,
podemos construír o chamado círculo
cromático partindo das cores primarias
e mesturando a mesma cantidade de
cada un, conseguimos as secundarias,
coas primarias e secundarias obtemos
as terciarias, eta.
Tamén temos a relación entre as
cores opostas chamadas
complementarias, pois combinando
estas conseguimos un forte contraste.
Fíxate no exemplo seguinte.
M. Busto. CC BY-SA
Cores cálidas ou quentes:
Son aquelas que van do magenta ao
amarelo no círculo cromático. Estas cores
parecen que se expanden emitindo
sensacións de calor ou ambiente cálido,
probablemente relacionados coas cores do
sol ou do lume.
Cores frías:
As cores frías parecen que tenden a fuxir e
a retraerse e van do verde ao violeta no
círculo cromático. Estas evocan sensacións
xeadas, noite e está relacionada co infindo.
4.2.5 As cores na expresión plástica
Bodegón frío. M. Busto. CC BY-SA
Bodegón cálido. M. Busto. CC BY-SA
Escalas cromáticas:
Nesta escala os valores tonais
obtémolos mesturando unha cor saturada
ou pura co branco e co negro.
Escalas acromáticas:
Nestoutra escala búscanse tons en gris
que poden ir do negro máis negro ao
branco máis branco.
4.2.6 As escalas cromáticas na expresión plástica
Bodegón acromático. M. Busto. CC BY-SA
Bodegón cromático. M. Busto. CC BY-SA
Podemos distinguir as seguintes gamas cromáticas:
Monocroma. Escalas ou gradacións dunha cor cara o branco ou o negro.
Cromáticas. Unha serie continua de cores cálidas ou frías.
Policromas. Unha serie ou variacións de dúas ou máis cores diferentes, como por
exemplo o arco da vella.
4.2.7 As gamas cromáticas na expresión plástica
Bodegón cromático. M. Busto. CC BY-SABodegón monocromático. M. Busto. CC BY-SA Bodegón policroma. M. Busto. CC BY-SA
A harmonía de cores refírese a
combinación harmónica nunha
imaxe de tons de cor do círculo
cromático. Poden ser contiguos,
opostos, combinación de cálidos e
fríos, eta.
4.2.8 Harmonía de cores
Bodegón cromático. M. Busto. CC BY-SA
Bodegón policroma. M. Busto. CC BY-SA
4.2.9 Harmonía por contraste de cores
Cando nunha composición
diferenciamos os tons de cor por
contraste de:
• Tons
• Luminosidade alta ou baixa.
• Saturación (pureza da cor)
• Por claro escuro.
• Por cálido ou frío.
A simboloxía das cores empregase para transmitir mensaxes concretos á vez que producen
efectos psicolóxicos no espectador. Os significados simbólicos son diferentes dunhas culturas
a outras e aquí presentamos algúns que todos, máis ou menos, aceptamos.
4.2.10 Simboloxía da cor
Podes visitar a páxina sobre o significado das cores de Mª Claudia Cortés. http://www.mariaclaudiacortes.com/
CoresCores SimboloxíaSimboloxía
Vermello Calor, perigo, amor, actividade,...
Laranxa Calor, pureza, alegría,...
Amarelo Ouro, riqueza, sorte,...
Marrón Terra, calor,....
Verde Esperanza, fe, natureza,...
Azul Frío, profundidade, sabedoría,...
Violeta Penitencia, dignidade, resignación,...
Branco Pureza, inocencia,...
Negro Noite, morte, diferencia, protección,...
Precisarás un lapis, goma de borrar e pinturas secas ou
húmidas para colorear. (Ceras plásticas, lapis a cores,
témperas,...)
Segue as instrucións:
• Debuxa un un círculo de 10 cm. de radio e divídeo en
doce partes iguais. Tes un exemplo á dereita.
• Coloca primeiro as cores primarias e logo mestúraos
en igual proporción dous a dous e vai completando o
círculo como tes no exemplo da dereita.
• Recomendacións: Se empregas cores húmidas, a
mestura que non sexa moi augada. Podes traballar
por capas.
• Despois de rematar toda a tarefa valora o teu traballo
partindo da rúbrica que tes a continuación.
• Pon o teu nome e apelidos, curso e grupo nunha
esquina do caderno xunto coa túa valoración. Manuel Busto. CC BY-NC-SA
4.2.11 Actividade: Caderno de debuxo
4.2.12 Táboa de valoración da tarefa
CONCEPTOS Excelente 4 Ben 3 Aceptable 2 Insuficiente 1 Ponderación Nota
Debuxo e
precisión
O debuxo é
excelente así
com a textura
dos recheos.
O debuxo está
correcto aínda
que irregular a
textura.
O debuxo está
correcto, aínda
que é
mellorable.
O debuxo está
feito de xeito
descoidado.
x1
Cores
As cores
adecúanse aos
tons esixidos na
tarefa.
As cores están
ben resoltas.
As cores
requiren máis
precisión pero
son aceptables.
A cor non se
adecúa as
valoracións
tonais.
x1
Creatividade
Excelente
resultado visual
da totalidade.
Amosou moito
interese polo
resultado.
O conxunto ten
bo aspecto e
mostra
interese polo
bo resultado da
tarefa.
O conxunto
ofrece un
resultado visual
aceptable.
Mostra
interese.
O conxunto
non ofrece un
bo resultado
visual. Nótase
falta de
interese.
x1
Luz e cor. Manuel Busto Magdalena, dentro do curso con licenza:
Curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel Iglesias e Manuel Busto, está baixo licenza
Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.
Créditos e autoría:
Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con licenza CC BY-SA ou CC BY-NC-SA, outras de dominio
público, con licenza creative commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se
poden empregar,acolléndose ao dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes, e recursos diversos de diferentes páxinas web
e se enlaza -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios recursos.
Outras licenzas:
Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.
4.3 Dereitos de autor
Bibliografía de consulta
Velázquez Pérez, M. A., Ortiz de Lejarazu, F. “A educación plástica e visual dende as TIC” [En liña]. Dispoñible:
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1369051774/contido/plastica/index_ga.html. [Consulta: 3-xuño-2014].
Moreno, Luciano, “Teoría del color. Estudio de algunos colores I” [En liña]. Dispoñible: http://www.desarrolloweb.com/articulos/1527.php. [Consulta:
7-xuño-2014].
Albers, J. “La interacción del color”. Alianza Editorial. Madrid. 1979.
Kúppers, H. “Fundamentos de la teoría de los colores”. Editorial Gustavo Gili. Barcelona. 1982

More Related Content

Viewers also liked

Viewers also liked (6)

O debuxo lineal
O debuxo linealO debuxo lineal
O debuxo lineal
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
Elementos básicos do debuxo
Elementos básicos do debuxoElementos básicos do debuxo
Elementos básicos do debuxo
 
O Cómic
O CómicO Cómic
O Cómic
 
O guión dun cómic
O guión dun cómicO guión dun cómic
O guión dun cómic
 
Edmodo
EdmodoEdmodo
Edmodo
 

Similar to Luz e cor (13)

Resumen CN A luz
Resumen CN A luzResumen CN A luz
Resumen CN A luz
 
Teoría da cor
Teoría da corTeoría da cor
Teoría da cor
 
Unidade 3 cor_e_as_harmonias
Unidade 3 cor_e_as_harmoniasUnidade 3 cor_e_as_harmonias
Unidade 3 cor_e_as_harmonias
 
Luz e son. Saray
Luz e son. SarayLuz e son. Saray
Luz e son. Saray
 
Luz e son. saray cañás
Luz e son. saray cañásLuz e son. saray cañás
Luz e son. saray cañás
 
A cor
A corA cor
A cor
 
Curso de deseño e fotografía, O color
Curso de deseño e fotografía, O color Curso de deseño e fotografía, O color
Curso de deseño e fotografía, O color
 
A luz
A luzA luz
A luz
 
Experiencia sensible
Experiencia sensibleExperiencia sensible
Experiencia sensible
 
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido 2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
 
Síntese aditiva
Síntese aditiva Síntese aditiva
Síntese aditiva
 
A luz
A luzA luz
A luz
 
Tema 5. a luz
Tema 5. a luzTema 5. a luz
Tema 5. a luz
 

More from Manuel Busto

Percepción e comunicación visual
Percepción e comunicación visualPercepción e comunicación visual
Percepción e comunicación visualManuel Busto
 
Xeometria espacial1 a
Xeometria espacial1 aXeometria espacial1 a
Xeometria espacial1 aManuel Busto
 
Xeometria espacial1
Xeometria espacial1Xeometria espacial1
Xeometria espacial1Manuel Busto
 
Xeometria espacial0
Xeometria espacial0Xeometria espacial0
Xeometria espacial0Manuel Busto
 
3 tanxencias enlaces-f
3 tanxencias enlaces-f3 tanxencias enlaces-f
3 tanxencias enlaces-fManuel Busto
 
2 transform-eixe-rad2
2 transform-eixe-rad22 transform-eixe-rad2
2 transform-eixe-rad2Manuel Busto
 
1 proporcionalidade escalas
1 proporcionalidade escalas1 proporcionalidade escalas
1 proporcionalidade escalasManuel Busto
 
Proyecto Multimedia. Storyline y Guion Técnico
Proyecto Multimedia. Storyline y Guion TécnicoProyecto Multimedia. Storyline y Guion Técnico
Proyecto Multimedia. Storyline y Guion TécnicoManuel Busto
 
Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.
Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.
Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.Manuel Busto
 
Presentación das asignaturas de D.Artístico e Técnico
Presentación das asignaturas de D.Artístico e TécnicoPresentación das asignaturas de D.Artístico e Técnico
Presentación das asignaturas de D.Artístico e TécnicoManuel Busto
 
Presentación y tutorial de Lim
Presentación y tutorial de LimPresentación y tutorial de Lim
Presentación y tutorial de LimManuel Busto
 

More from Manuel Busto (13)

Percepción e comunicación visual
Percepción e comunicación visualPercepción e comunicación visual
Percepción e comunicación visual
 
O debuxo
O debuxoO debuxo
O debuxo
 
Xeometria espacial1 a
Xeometria espacial1 aXeometria espacial1 a
Xeometria espacial1 a
 
Xeometria espacial1
Xeometria espacial1Xeometria espacial1
Xeometria espacial1
 
Xeometria espacial0
Xeometria espacial0Xeometria espacial0
Xeometria espacial0
 
4 conicas
4 conicas4 conicas
4 conicas
 
3 tanxencias enlaces-f
3 tanxencias enlaces-f3 tanxencias enlaces-f
3 tanxencias enlaces-f
 
2 transform-eixe-rad2
2 transform-eixe-rad22 transform-eixe-rad2
2 transform-eixe-rad2
 
1 proporcionalidade escalas
1 proporcionalidade escalas1 proporcionalidade escalas
1 proporcionalidade escalas
 
Proyecto Multimedia. Storyline y Guion Técnico
Proyecto Multimedia. Storyline y Guion TécnicoProyecto Multimedia. Storyline y Guion Técnico
Proyecto Multimedia. Storyline y Guion Técnico
 
Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.
Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.
Presentación de Deseño, Cultura Audiovisual e Debuxo Técnico.
 
Presentación das asignaturas de D.Artístico e Técnico
Presentación das asignaturas de D.Artístico e TécnicoPresentación das asignaturas de D.Artístico e Técnico
Presentación das asignaturas de D.Artístico e Técnico
 
Presentación y tutorial de Lim
Presentación y tutorial de LimPresentación y tutorial de Lim
Presentación y tutorial de Lim
 

Luz e cor

  • 1. 4. Luz e cor Estamos tan acostumados a convivir coa luz natural (Sol), e coa luz artificial que non nos paramos a reflexionar sobre a importancia que esta ten para poder percibir o entorno e as cousas que nel hai. Imos analizar algúns aspectos xerais da luz que nos permiten ver e distinguir o entorno desde o punto de vista da creación de imaxes, xeración de ambientes e construción das formas, máis adiante analizaremos a luz como xeradora das cores que vemos. • As fontes de luz sabemos que proceden do Sol e da luz artificial. • Os resultados da incidencia da luz sobre as cousas do noso entorno é percibida polos ollos e procesada polo cerebro. • Vemos e diferenciamos as cousas e persoas do noso entorno grazas as variacións de luz que se producen nestes obxectos ou persoas xerando zonas de luz e de sombra. Os contrastes entre cores tamén son vitais no proceso da diferenciación. Mira e analiza a seguinte imaxe sobre que efectos produce a luz ao incidir sobre algúns obxectos.
  • 2. 4.1 O claroscuro medio para distinguir e representar imaxes Claroscuro. M.Busto. CC BY-SA
  • 3. Cando a luz ilumina os obxectos podemos distinguir varios aspectos neste proceso. • Claves tonais ou o nivel de iluminación, escuridade e contraste dunha composición. – Esta pode ser alta (clara) baixa (escura) ou moi contrastada (iluminación forte) • A dirección da luz: Frontal, lateral, cenital, desde abaixo e de contraluz. • A luz pode ser dura ou difusa, sendo a primeira a máis intensa e a outra máis suave. Luz frontal Busto. CC BY-SA Busto. CC BY-SA Busto. CC BY-SA X5. Busto. CC BY-SA Clave contrastada Luz lateral Luz cenital Luz baixa Contraluz Clave baixa Clave alta
  • 4. 4.2 As cores Chámase luz (do latín lux, lucis) á parte da radiación electromagnética que pode ser percibida polo ollo humano. Na física o término luz emprégase nun sentido máis amplo, incluíndo todo o campo da radiación coñecido como espectro electromagnético, mentres que a expresión luz visible sinala soamente á radiación no espectro visible. A óptica é a rama da física que estuda el comportamento de la luz, as súas características e manifestacións. Para saber máis preme nesta ligazón á Wikipedia. http://es.wikipedia.org/wiki/Luz#Naturaleza_de_la_luz Electromagnetic spectrum-es. Wikipedia. CC BY-SA Texto modificado por Manuel Busto. CC BY-SA
  • 5. O espectro visible, que é a parte do espectro electromagnético da luz solar que podemos ver, ten unha lonxitude de onda (enerxía) que é percibida polo cerebro como unha cor diferente. Cor Lonxitude de onda violeta ~ 380-450 nm azul ~ 450-495 nm verde ~ 495-570 nm amarelo ~ 570–590 nm laranxa ~ 590–620 nm vermello ~ 620–750 nm A pesar de que o espectro é continuo e polo tanto non hai cantidades valeiras entre unha e outra cor, podemos ver a seguinte táboa de lonxitudes de onda aproximada para as cores principais. Newton empregou por primeira vez a palabra espectro no 1671, ao describir os seus experimentos en óptica. Newton observou que cando un estreito feixe de luz solar bate nun prisma de vidro triangular con un ángulo, unha parte pasa a través do vidro e desintégrase en diferentes bandas de cores. Cando chove e o sol incide nas gotas de auga prodúcese o arco da vella, este efecto é o mesmo que o do prisma de Newton. Descomposición da luz Prisma arco da vella. Wikipedia. CC BY-SA
  • 6. Cando la luz incide sobre un obxecto, a súa superficie absorbe certas lonxitudes de onda e reflicte outras. Solo podemos ver as lonxitudes de onda reflectidas e polo tanto o cerebro, por medio do ollo, solo percibirá esas cores. Cando non hai luz natural ou luz artificial branca non vemos as cores, polo tanto tampouco vemos os obxectos que temos nas nosa contorna. Se temos outro tipo de luz artificial alumeando pola noite, esta cambia as cores e o que de día era vermello ou verde, agora é laranxa; isto pasa coa luz laranxa que sitúan en rúas ou estradas. Busto. CC BY-SA 4.2.1 Vemos as cores reflectidas
  • 7. A mestura aditiva é cando as cores luz (lanterna con filtros a cores) se superpoñen e dan como resultado outros diferentes. Na imaxe da dereita temos tres círculos de luz de cores primarias, azul violáceo, verde e carmesí. Superpostos obtemos o azul cian, maxenta e amarelo que serán as secundarias. Se superpoñemos cores luz secundarias obtemos terciarias, eta. 4.2.2 Mestura aditiva e subtractiva das cores Mestura aditiva de cores. Wikipedia. CC BY-SA A mestura subtractiva é cando mesturamos cores reais (óleo, témpera ou acuarela) nunha paleta. Se empregamos a mesma cantidade de maxenta, azul cian e amarelo (primarios), o resultado da mestura será negro ou gris moi escuro. Se mesturamos de dou en dous, obtemos os secundarios. Cian + maxenta = violeta azulado. Amarelo + magenta = laranxa. Cian + amarelo = verde. Mestura subtractiva de cores. Wikipedia. CC BY-SA
  • 8. 4.2.3 As cores no mundo dixital e nas artes gráficas Características cores. M. Busto. CC BY-SA Á parte das mesturas que nos poidamos facer coas cores de pintura, os aparellos tecnolóxicos coma os ordenadores empregan un tipo de cores dixitais chamados RVA (RGB) baseados nas cores luz das que falamos anteriormente. Estes parten do vermello (carmesí), verde e azul violáceo. Á súa vez, as artes gráficas, a imprenta e a prensa, empregan o sistema de cores pigmento chamado CMAN (CMYK). Tamén o vimos no apartado anterior e empregan as cores carmesí, amarelo e azul. Características das cores: • Ton ou cromacidade é a característica que nos permite diferencias as cores: amarelo, vermello, .... • Saturación é o grao de pureza dunha cor dependendo de si está mesturado ou non con outra cor. • Luminosidade ou valor é o grao de brillantez, claridade ou luminosidade que se percibe nunha cor. O amarelo e o máis claro e o violeta o máis escuro.
  • 9. 4.2.4 Círculo cromático Coa mestura de cores pigmento, podemos construír o chamado círculo cromático partindo das cores primarias e mesturando a mesma cantidade de cada un, conseguimos as secundarias, coas primarias e secundarias obtemos as terciarias, eta. Tamén temos a relación entre as cores opostas chamadas complementarias, pois combinando estas conseguimos un forte contraste. Fíxate no exemplo seguinte. M. Busto. CC BY-SA
  • 10. Cores cálidas ou quentes: Son aquelas que van do magenta ao amarelo no círculo cromático. Estas cores parecen que se expanden emitindo sensacións de calor ou ambiente cálido, probablemente relacionados coas cores do sol ou do lume. Cores frías: As cores frías parecen que tenden a fuxir e a retraerse e van do verde ao violeta no círculo cromático. Estas evocan sensacións xeadas, noite e está relacionada co infindo. 4.2.5 As cores na expresión plástica Bodegón frío. M. Busto. CC BY-SA Bodegón cálido. M. Busto. CC BY-SA
  • 11. Escalas cromáticas: Nesta escala os valores tonais obtémolos mesturando unha cor saturada ou pura co branco e co negro. Escalas acromáticas: Nestoutra escala búscanse tons en gris que poden ir do negro máis negro ao branco máis branco. 4.2.6 As escalas cromáticas na expresión plástica Bodegón acromático. M. Busto. CC BY-SA Bodegón cromático. M. Busto. CC BY-SA
  • 12. Podemos distinguir as seguintes gamas cromáticas: Monocroma. Escalas ou gradacións dunha cor cara o branco ou o negro. Cromáticas. Unha serie continua de cores cálidas ou frías. Policromas. Unha serie ou variacións de dúas ou máis cores diferentes, como por exemplo o arco da vella. 4.2.7 As gamas cromáticas na expresión plástica Bodegón cromático. M. Busto. CC BY-SABodegón monocromático. M. Busto. CC BY-SA Bodegón policroma. M. Busto. CC BY-SA
  • 13. A harmonía de cores refírese a combinación harmónica nunha imaxe de tons de cor do círculo cromático. Poden ser contiguos, opostos, combinación de cálidos e fríos, eta. 4.2.8 Harmonía de cores Bodegón cromático. M. Busto. CC BY-SA Bodegón policroma. M. Busto. CC BY-SA 4.2.9 Harmonía por contraste de cores Cando nunha composición diferenciamos os tons de cor por contraste de: • Tons • Luminosidade alta ou baixa. • Saturación (pureza da cor) • Por claro escuro. • Por cálido ou frío.
  • 14. A simboloxía das cores empregase para transmitir mensaxes concretos á vez que producen efectos psicolóxicos no espectador. Os significados simbólicos son diferentes dunhas culturas a outras e aquí presentamos algúns que todos, máis ou menos, aceptamos. 4.2.10 Simboloxía da cor Podes visitar a páxina sobre o significado das cores de Mª Claudia Cortés. http://www.mariaclaudiacortes.com/ CoresCores SimboloxíaSimboloxía Vermello Calor, perigo, amor, actividade,... Laranxa Calor, pureza, alegría,... Amarelo Ouro, riqueza, sorte,... Marrón Terra, calor,.... Verde Esperanza, fe, natureza,... Azul Frío, profundidade, sabedoría,... Violeta Penitencia, dignidade, resignación,... Branco Pureza, inocencia,... Negro Noite, morte, diferencia, protección,...
  • 15. Precisarás un lapis, goma de borrar e pinturas secas ou húmidas para colorear. (Ceras plásticas, lapis a cores, témperas,...) Segue as instrucións: • Debuxa un un círculo de 10 cm. de radio e divídeo en doce partes iguais. Tes un exemplo á dereita. • Coloca primeiro as cores primarias e logo mestúraos en igual proporción dous a dous e vai completando o círculo como tes no exemplo da dereita. • Recomendacións: Se empregas cores húmidas, a mestura que non sexa moi augada. Podes traballar por capas. • Despois de rematar toda a tarefa valora o teu traballo partindo da rúbrica que tes a continuación. • Pon o teu nome e apelidos, curso e grupo nunha esquina do caderno xunto coa túa valoración. Manuel Busto. CC BY-NC-SA 4.2.11 Actividade: Caderno de debuxo
  • 16. 4.2.12 Táboa de valoración da tarefa CONCEPTOS Excelente 4 Ben 3 Aceptable 2 Insuficiente 1 Ponderación Nota Debuxo e precisión O debuxo é excelente así com a textura dos recheos. O debuxo está correcto aínda que irregular a textura. O debuxo está correcto, aínda que é mellorable. O debuxo está feito de xeito descoidado. x1 Cores As cores adecúanse aos tons esixidos na tarefa. As cores están ben resoltas. As cores requiren máis precisión pero son aceptables. A cor non se adecúa as valoracións tonais. x1 Creatividade Excelente resultado visual da totalidade. Amosou moito interese polo resultado. O conxunto ten bo aspecto e mostra interese polo bo resultado da tarefa. O conxunto ofrece un resultado visual aceptable. Mostra interese. O conxunto non ofrece un bo resultado visual. Nótase falta de interese. x1
  • 17. Luz e cor. Manuel Busto Magdalena, dentro do curso con licenza: Curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel Iglesias e Manuel Busto, está baixo licenza Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License. Créditos e autoría: Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con licenza CC BY-SA ou CC BY-NC-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se poden empregar,acolléndose ao dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes, e recursos diversos de diferentes páxinas web e se enlaza -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios recursos. Outras licenzas: Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso. 4.3 Dereitos de autor Bibliografía de consulta Velázquez Pérez, M. A., Ortiz de Lejarazu, F. “A educación plástica e visual dende as TIC” [En liña]. Dispoñible: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1369051774/contido/plastica/index_ga.html. [Consulta: 3-xuño-2014]. Moreno, Luciano, “Teoría del color. Estudio de algunos colores I” [En liña]. Dispoñible: http://www.desarrolloweb.com/articulos/1527.php. [Consulta: 7-xuño-2014]. Albers, J. “La interacción del color”. Alianza Editorial. Madrid. 1979. Kúppers, H. “Fundamentos de la teoría de los colores”. Editorial Gustavo Gili. Barcelona. 1982