2. Esta presentación é unha pequena semente para que,
propietarios e autoridades corespondentes, se decaten
de que o medio rural galego agocha moitos encantos e,
todos xuntos, axudemos a que esta sementiña xermine
para que as nosas aldeas non caian no abandono total.
É unha recopilación de 4 viaxes:
As dúas primeiras na procura das raices dos escritores
aos que se lles adicou o Día das Letras Galegas 2010 e
2011. Na primeira podemos ver a Froxán, exemplo de
aldea rehabilitada.
A terceira e un paseo primaveral camiñando pola
aldea que me acolleu.
A cuarta é un anaquiño da aldea onde nacín sendo o
meu primeiro descanso, cada vez que visito a casa onde
me criei.