10. Eu empecei a escola con oito anos e ós once, a traballare. A ghanar o xornal, a cavar na viña, e despois ós catorce anos empecei a ir ós percebes, pra conseguir diñeiro, cinco duros, que daquela era muito, porque os nosos pais non podían. Colliámolos en Oia e tiñamos que ir vendelos á Guarda. E íbamos a pé, atravesábamo-lo monte e chegábamos a Portecelo. Alí tamén ibamos ó arghazo donde o vendíamos, e ó xerez. Ó mellor carghabamos con trinta quilos nas costas. Isto ata os quince ou dezasete anos.
11.
12.
13.
14.
15. Pasándoo ben nunha voda cos amigos e coa familia