Noal

296 visualizações

Publicada em

Textos gañadores concurso Cartas de Amor

Publicada em: Educação
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
296
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
70
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
5
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Noal

  1. 1. Meu amor, Quérote porque es a única persoa capaz de facer bailar bolboretas no meu estómago, porque contigo todo parece sinxelo, porque es capaz de facer que un gran problema se converta nunha gran parvada. Quérote pola túa capacidade ilimitada de facerme sorrir, por ser capaz de valorar pequenas cousas como o olor da chuvia da cidade mollada ou unha posta de sol fermosa. Quérote pola túa capacidade ilimitada de facerme sentir que non estou perdendo o tempo nesta vida e tamén porque sei que ao teu lado todo irá ben, pase o que pase. Quérote porque me fas recordar o que é a dozura, o que é a beleza… Se algún día me prohibes quererte asinarás a miña tristeza, porque quererte é un soño. Mírote e con isto saberás que cando te miro dígoche que te quero coa mirada, e dígoche grazas por corresponderme. XXX (1º ESO)
  2. 2. Xa pasaron uns días dende que recibín a túa primeira carta, así que decidín contestala empezando polo principio: Recordo con moita claridade o día en que me dixeches que os teus pais atoparan traballo noutro país, recordo con moita claridade as bágoas caendo polo teu rostro dicíndome que non me ías esquecer e que volverías. Os días seguintes, ti xa non estabas, boteite e bótote de menos. Boto en falta cando iamos xuntos cara ao instituto falando de parvadas e ríndonos delas. O día que recibín a túa primeira carta sentinme xenial, porque pensei que co tempo acabarías esquecéndote de min…Ao ler esa carta puiden ver que non era así. Houbo unha noite (unha das poucas nas que puiden durmir) na que soñei que estabas comigo outra vez, logo espertei e vin que non era así. Cheguei a pensar que todo isto era un pesadelo no que, no momento máis inesperado espertaría e volverías aquí. Notei moito a túa falta, co tempo creo que me dei de conta de que o amor a distancia non rompe unha parella, só é unha proba na que temos que demostrar o amor que sentimos. Neste momento imaxínome a ti dicíndome que volverías a min. Quero que saibas que dá igual cantos problemas nos impoña o destino, que eu sempre te quererei e sei que ti a min tamén. Só demostraremos que cando o amor é verdadeiro, non importa a distancia. Que as persoas que din que o noso nunca funcionaría, están equivocadas e estas cartas son a proba. Sei que nos volveremos ver porque o noso amor é máis forte ca calquera outra cousa. Noal (2º ESO)
  3. 3. SAIL Se puidese volver atrás, non sería para non coñecerte, volvería para poder dicirche canto te quero e canto te quererei. Sei que isto non o lerás, pero polo menos eu síntome un pouco mellor mentres o escribo. Fun túa dende o primeiro momento no que me miraches, dende que as nosas miradas se atoparon por primeira vez. Aínda lembro a primeira vez que te vin, teño a imaxe tatuada na miña mente. Tamén lembro a nosa primeira “cita” a soas, acórdome do nerviosos que estabamos e o riso que nos entrou… Necesito volver atrás, porque te quero, porque teño a necesidade de amarte até o último día da miña existencia. Porque estou segura de que ti es a única persoa da que me podería namorar, porque non pido nin quero a ninguén que non sexas ti. Ti, meu rei. E queres saber a razón de por que te quero? Ben. Pois quérote porque tes os ollos máis fermosos que vin na miña vida. Quérote porque con só escoitar o teu nome trémenme todas e cada unha das fibras nerviosas do meu corpo. O teu sorriso complementa o meu. Quérote porque me chega con ver o teu sorriso todos os días. Pode que se les isto penses en chamalo parvada, eu prefiro chamalo FELICIDADE. Por fin entendín a sensación que tanto din experimentar nos libros ao atopar o “amor da túa vida”. Esa sensación, esa que parece que o tempo se detén. Sei que cometín erros, que che
  4. 4. fixen dano, inconscientemente. E sabes o que daría por estar sacándoche un sorriso día a día? Se puidese volver atrás, faríache a persoa máis feliz de todo o universo. Se puidese volver atrás, faría todo o que fixen mal, ben; se puidese volver atrás… Pero non podo, o feito, feito está, aínda que che/me faga dano. Non vale de nada arrepentirse, pero si rectificar, arranxalo dalgunha maneira. Tampouco me arrepinto de coñecerte, nunca. Tampouco me arrepinto de dicirche “ámote” ou “quérote”, sempre dixen a verdade. Tampouco me arrepinto de namorarme de ti, si, iso, namorarme. E dirás: “anda, cala, non sabes o que dis”, pero si que o sei, namoreime de ti. Se decides volver algún día, probablemente seguireite querendo. Só sei que o meu corazón agora e por moito tempo, ten e terá dono, e es e serás ti. Ti, si, ti. Sabes esa sensación de cando estás nun sitio alto, pechas os ollos, abres os brazos e parece que voas? Así é como me sinto eu contigo. Ti fixéchesme mellor, mellor do que era. Lunática Lovegood. (3º ESO)
  5. 5. Hoxe vinte outra vez e volvinme preguntar cantas veces máis me vou deixar conxelar polo medo. Hoxe vinte outra vez e morrín afogada na inexistencia absurda dunha vida que non é a miña, pero si é a miña, pero non é de ninguén. E odieite. Pero despois quíxente tanto queme fixen dano. A primeira vez que te vin eras un motón de palabras pausadas, e eu non era máis queunha mortal a cen anos luz da túa casa. Agora es todas as cousas que brillan na miña vida, e púxenche ese nome, aínda que teñas a mirada máis escura do planeta, porque xa estou cansa de sombras. Estou cansa de escribir a miña historia de amor na primeira persoa do singular. De falar do día que non nos coñecemos, da vez que non te toquei, das veces que non me levaches veras luces da túa cidadeencantada. E da primeira vez quenon cometín contigo todos os pecados capitais a un tempo. Véxote cada maldito día, en todas as partes, e non obstante estráñote da forma máis desgarradora, porque por máis que o intento non logro existir para ti. Intentei alcanzarte de todas as formas e desexei que apareceses na miña casa con todas as forzas que teño. E cada vez que fracaso, vólvote odiar, e despois vólvote querer, pero ao final nada cambia. E se nada vai cambiar, se non vas atopar un minuto para deixarme existir, só me queda deixar de buscarte. Iso, e esperar a que un día espertes e, sen razón aparente, me necesites máis quea nada. HOZIER (4º ESO)
  6. 6. A tinta impregna o papel e xorden palabras, sen dar lugar ao pensamento a deterse a imaxinalas, como auga tras choiva torrencial nun río de corrente rápida, para dicirche que, meu amor, es soño cumprido, es, meu ben, calma tras tormenta e tormenta en seca. Alento no sufoco, último paso que outorga vitorias, un romántico, librepensador, inconformista. Labrego de sentimentos en terras hostís. Tímida e silenciosa e suave e doce e apaixonada caricia que se pousa no meu corazón e o esperta. Escritor de versos que se atreve a narrar en prosa a súa historia e rouba a miña para ornamentala. P.D: Querido, agora que as inescrutables vicisitudes da vida nos levan a estar separados esperemos que sexa o sufrimento de agora preludio de tan ansiada felicidade. Un sopro de aire e esperanza (2º BACHARELATO)

×