SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 13
Lingua e Cultura Galegas I
Universidade de São Paulo
1
Lingua e Cultura Galegas I
Universidade de São Paulo
2
O ENTROIDO EN GALIZA
I. ORIXE E SIGNIFICADO
O Entroido é unha festa popular que indica o final do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen
rituais cristiáns e pagáns, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cámbiase de
personalidade ou identidade e ironízase sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa
máis irreverente do calendario galego. A pesar de que a súa orixe é medieval, inclúe elementos
herdados da Antigüidade Clásica como a concepción da persoa formada pola unión do corpo e a
alma ou a representación do corpo como metade humano e metade animal. O Entroido ten orixe nos
rituais pagáns dos ciclos agrarios e do equinoccio de primavera, sen embargo, posteriormente
sabemos que a Igrexa elaborou unha imaxe da relixión antiga como relixión do desenfreo, da orxía e
da borracheira para combater os restos do paganismo. Polo tanto, trátase dunha reelaboración cristiá
na que se representa ás persoas que viven dominadas polos praceres da carne.
O Entroido coñécese en Galicia cos nomes de: Entroido (xeral), Entroito (Bierzo), Entrudo,
Entruido, Intruido, Antroido (Lugo), Entroiro. Todos teñen a súa orixe no termo latino INTROCTUS
que significa ‘ a entrada ou o comezo’, a despedido do tempo da carnalidade para dar paso á
abstinencia, á Coresma.Tamén é chamado “Carnaval” con dúas posibles orixes: procedencia do
latino CARNEM LEVARE `quitar a carne’ ou CARRUS NAVALIS ‘ Carroza decorada’ .
Lingua e Cultura Galegas I
Universidade de São Paulo
3
Lingua e Cultura Galegas I
Universidade de São Paulo
4
II. CARACTERÍSTICAS XERAIS:
1. O Comportamento: o mundo ao revés
O Entroido deléitase con todo aquilo que a Coresma prohibe. Encarna o gran pecado da sociedade, a
luxuria, polo tanto, permítese o abuso de carne e viño para representar a carnalidade. O único exceso
que non é permitido é o do sexo. Os excesos sexuais limítanse a expresións mímicas (correr detrás
das mulleres, abrazalas ou levantarlles a saia) ou de linguaxe a través de cancións e diálogos con alta
carga sexual.
Ninguén traballa nestes días, o corpo é preguiceiro. Con esta preguiza está relacionado o costume de
botar formigas, símbolo da laboriosidade, á xente que funciona como un castigo.
Todas estas inversións teñen un obxectivo pedagóxico, pretenden mostrar o mal funcionamento
dunha sociedade con principios opostos aos tradicionais, probando deste xeito a validade da vida
tradicional e mostrando a necesidade da posición contraria.
Polo tanto, vemos que o Entroido ten por un lado unha función catártica, isto é, funciona como
válvula de escape aos recortes de liberdades que supón a vida en sociedade, e por outro lado ten unha
función pedagóxica e crítica dos comportamentos sociais que non se adecúan ás normas.
2. Representacións:
En Galiza o Entroido é personificado de diferentes maneiras:
a) Animalizacións: a maneira tradicional de simbolizar o corpo e que representa a carnalidade
do home. Temos diferentes tipos
- Por medio de animais reais: por exemplo a través do galo, símbolo da luxuria
- Por medio de figuras que representan animais como a vaca (a Morena de Laza) que desde
a Antigüidade ten sona de animal lascivo, a mula (Viana do Bolo ou Castro Caldelas) ou
o touro (San Pedro de Moreiras).
- Por medio de animais indiferenciados que simbolizan a animalidade de forma abstracta:
os Cigarróns de Verín, os Peliqueiros de Laza, os Chocallóns de Vilardevós ou os Felos
de Maceda, entre outros que veremos a seguir.
Lingua e Cultura Galegas I
Universidade de São Paulo
5
b) Representacións non relacionadas con animais
- O vello: simboliza a corrupción moral. Temos os exemplos da vella de Viana do Bolo
onde un home se viste de muller ou dos Curruvellos de Moaña.
- Figuras con vestidos luxosos representando a unha sociedade inclinada aos praceres e á
preocupación exclusiva por asuntos estéticos. Temos os exemplos das Madamas, os
Galán e os Señoritos.
III.TIPOS
1. A Pantalla de Xinzo da Limia
As pantallas son as protagonistas do Entroido de
Xinzo e saen á rúa o día grande do Entroido, o
martes. Van coa cara cuberta por unha pantalla feita
con cartón, xornais e feltro, todo pegado cunha
mestura de fariña e auga, que nunca quitan e que lle
dá nome ao conxunto e que está. Da súa parte de
atrás sae un corno que se decora con motivos
astrais, animais. A Pantalla viste calzón longo e
camisa ou camiseta brancos. Nas pernas unhas
polainas negras e na cintura unha faixa encarnada. Polo lombo cae unha capa de seda encarnada ou
negra con fitas de cores. No pescozo, un pano da cabeza de muller, atado na parte de atrás. A
vestimenta non está completa sen un par de globos feitos de vexigas de animais que se golpean entre
eles producindo ruído constante. As pantallas non desfilan, elas toman as rúas e toman a orde durante
o Entroido, vixiando que todo o mundo vaia disfrazado. Se fose unha muller a que vai sen disfrace,
as pantallas cércana e bailan ao seu redor e se fose un home, será perseguido e levado en brazos ata o
bar máis próximo para que convide a unha rolda de viños.
Existe tamén en Xinzo outro día tradicional que é o domingo oleiro. Nese día desenvólvese un xogo
que consiste en lanzar centenares de olas de barro entre os participantes e non deixalas caer ao chan.
Lingua e Cultura Galegas I
Universidade de São Paulo
6
2. O Cigarrón de Verín
En Verín manda o Cigarrón, personaxe excepcional que algúns remontan ao
século XVI. A máscara é de madeira decorada con motivos animais e na
parte traseira leva unha trenza ou rabo, cun vistoso e elaborado traxe que
pesa arredor de 25 Kg. Porta unha fusta coa que simula azoutar á xente,
sendo costume, como noutros Entroidos, encher de fariña ao público.
O Entroido en Verín dura 8 días e os máis sinalados son: xoves de
“compadres” e de “comadres”, domingo “corredoiro”, no que ten lugar o
desfile de cigarróns, luns “fareleiro” e o martes.
Nestes desfiles toman parte elementos de actualidade, así como disfraces
con orixe nos acontecementos notables acontecidos ao longo do ano.
Declarado de Interese Turístico, pasa por ser un dos Entroidos máis ancestrais de Galicia.
3. O Peliqueiro de Laza
Laza, xunto con Xinzo e Verín, forma un dos vértices
do triángulo máxico do Entroido de Galiza. A festa
comeza semanas antes da chegada do propio Entroido,
coa celebración de catro Venres de Folión, comparsas
que percorren as rúas durante a noite tocando obxectos
variados para espantar os malos espíritos. Desde o
Domingo de Entroido, os folións ceden o
protagonismo aos peliqueiros, semellantes aos
cigarróns de Verín. O seu traxe compleméntase cun
cinto de chocas e a zamarra, unha fusta coa que castiga aos que ousan saír á rúa sen disfrace. Aínda
que os Peliqueiros son as figuras centrais en Laza, tamén existen outras como a Morena e o
Maragato. A Morena é a representación dunha vaca, coa cabeza feita de madeira e cornos auténticos.
A Morena arremete contra a xente e especialmente contra as mulleres con saias, que tenta levantar
cos seus cornos. Os mozos que a escoltan levan fariña para emporcallar á xente e un saco con
formigas rabiosas.
O martes ten lugar a lectura do Testamento do Burro: Un pregoeiro montado nun burro le unhas
coplas burlonas e satíricas que recordan con sorna os acontecementos da vila desde o entroido
anterior.
Lingua e Cultura Galegas I
Universidade de São Paulo
7
4. O Felo de Maceda
O Felo de Maceda aseméllase, aínda que con
elementos externos diferentes, coa indumentaria
convencional dos Peliqueiros de Laza e Cigarróns
de Verín. Calcetíns de lá brancos, medias negras,
ringleiras de borlas de distintas cores, rabo de zorro
no alto da mitra, “colares” varios e caxato como
arma intimidatoria. Aconséllase pintar na mitra
animais ou aves da Serra de San Mamede.
As orixes da máscara remóntana algunhas fontes ás festas pagás: sociedades tribais, tótems, feitizos
de fecundidade e caza, ritos de iniciación. Outras déixano na Roma imperial e os medievalistas, na
época dos bufóns e dos impostos feudais arredor dos castelos.
Antes saían os Felos illadamente ao comezo do ano dende as aldeas do val e da serra para pulular a
pé divertíndose de aldea en aldea para logo invadir a vila onde demandaban comida e bebida nas
casas para continuar a troula. O son provocativo das chocas disuadía os lobos nas perigosas noites de
invernía.
5. O Vergalleiro de Sarreaus
O traxe leva unha camisa de liño con tres cintas entrelazadas de cor verde,
negra e vermella; un chaleco de feltro negro e polainas tamén negras con
borlas vermellas, que van desde o xeonllo aos pés. Faixa tamén vermella,
colgando chócalas ou campás pequenas e borlas negras. O corno de vaca é
imprescindible para chamar co seu son á festa. A careta está feita en cartón e
decorada con motivos animais ou celtas.
Lingua e Cultura Galegas I
Universidade de São Paulo
8
6. A Mázcara de Manzaneda
A mázcara é a protagonista central no Entroido de
Manzaneda. Adoita levar o rostro ao descuberto, a
pesar do seu nome, na cabeza leva o pucho, un
enorme tocado e no resto do corpo un traxe composto
de camisa e polainas brancas, unha mantilla floreada,
botas altas, bastón e fitas de cores. Na cintura leva
varios chocallos que serven para gardar o ritmo.
Sempre vai acompañado do Folión, unha comparsa
musical que usa tambores e instrumentos de labranza
para tocar.
O martes é a foliada, unha representación satírica na que participan mázcaras e folións.
7. O Boteiro
7.1. O Boteiro de Viana do Bolo
O seu traxe de custosa realización ten na súa confección máis de mil metros de
cinta. A máscara pesa varios quilos e está formada por unha pequena careta tallada
en madeira que presenta un gran sorriso. Sen dúbida o que máis a caracteriza é a
enorme figura xeométrica que se eleva da careta feita con cartón e arames
recuberto de cintas de moitas cores.
Folión, grandes bombos, sachos, gadañas, cornas, trespés, etc… resoan nas rúas da
vila, especialmente o domingo gordo no que ten lugar o desfile dos boteiros e as
carrozas.
Lingua e Cultura Galegas I
Universidade de São Paulo
9
7.2. O Boteiro de Vilariño de Conso
O boteiro porta unha enorme máscara que pode ter
formas distintas, sendo a máis singular a formada por
un gran rectángulo primorosamente adornado con
flores de papel, o seu peso é moi elevado, sendo de
difícil porte. Está feita de madeira de bidueiro,
pintada de negro e o bico vermello. Leva unha
camisa bordada con infinidade de anacos de fitas de
cores formando distintas figuras xeométricas. O
pantalón, xeralmente encarnado, leva sobre o cinto
campaíñas do gando, un báculo, símbolo do poder e no remate un rabo de raposa. Adoita saír ás
noites con enormes bombos, cornas e apeiros de labranza para desfilar polas rúas con compasado
ritmo. O Domingo Gordo ten lugar unha concentración de todos os folións das aldeas dos arredores.
8. A Pita de Ourense
Na cidade de Ourense ten lugar un concorrido Carnaval de corte
urbano cuxo día grande é o martes. Sen embargo, no barrio da
Ponte existe unha peculiar máscara, a Pita de Eiroás, ligada na súa
orixe ao entroido que se celebraba no Pazo de Eiroás.
Lingua e Cultura Galegas I
Universidade de São Paulo
10
9. A Charrúa de Allariz
A súa vestimenta non é específica, isto significa que
pode levar calquera roupa, sempre que sexa de moito
colorido e un sombreiro decorado con plásticos de
cores. Tamén leva pelicas, chocallos e unha vara na
man. Percorren as rúas de Allariz soas ou en parellas
e cando son recoñecidas cambian de traxe.
10. Os troteiros de Bande
O nome Troteiro vén de trouleo ou trote polas rúas e polos
camiños e son uns disfraces de entroido que se están
recuperando despois de 60 anos. Levan unha vara e corren
polos camiños meténdose coas mulleres e cos vellos. Levan
caretas feitas na casa de cartón, con campás arredor e un
sombreiro adornado con postais e espellos, a cara cóbrena con
tapetes bordados.
11. Xenerais do Ulla
É unha celebración que atopamos na comarca do Ulla nos
concellos de Teo, Vedra, Touro, A Estrada, Silleda e Vila de
Cruces.
Non se coñece a orixe desta tradición: uns opinan que ven da
Guerra da Independencia contra os franceses; outros cren que ten
relación coas loitas carlistas debido ao parecido dos uniformes.
Os protagonistas fundamentais son os correos e os xenerais.
Os correos, son chamados tamén lanceiros. Adiántanse ao grupo
para anunciar a súa chegada e solicitan permiso para entrar nas eiras. Levan unha chaqueta con
borlas douradas e tamén un gorro con abelorios. Van montados a cabalo facendo soar un timbre ou
axóuxeres.
Lingua e Cultura Galegas I
Universidade de São Paulo
11
Os xenerais tamén van montados a cabalo e o seu traxe recorda ao dos xenerais do exército
napoleónico. O seu traxe consta dunha chaqueta con medallas, borlas douradas, unha faixa, unha
banda e cordón dourado. Levan un pantalón axustado e botas con esporas. Na cabeza levan un
tricornio adornado con plumas de pavo e avestruz tinguidas. Como complementos adoitan levar un
bastón de mando e un sable. Van acompañados dun director que os dirixe cando entoan os seus
cantos satíricos.
Para rematar a festa celébrase o "atraque, salto ou alto" que consiste nunha disputa verbal entre dous
bandos de xenerais. Nesta disputa fan referencia a feitos ocorridos ao longo do ano na cultura,
deporte, política... Por último firman a Paz.
12. Madamas e Galáns de Cobres
Madamas e Galáns son as representacións
características das festas de Cobres e teñen como
obxectivo satirizar os excesos e a preocupación
por aspectos puramente estéticos das clases
dominantes. Traxes, música e danza remiten a un
mundo galante e cortesán onde a posición social
de cada personaxe está claramente diferenciada.
Xa no século XVIII hai referencias escritas sobre
este carnaval.
As Madamas visten camisa e saia brancas, medias finas con zapatos negros. Sobre o peito suxeitan
os colares, todo enfeitado con fitas, plumas e pedraría. Na cabeza levan un sombreiro que pode pesar
ata 7 Kg.
Os Galáns compiten en elegancia coas Madamas, cedendo unicamente no tamaño do sombreiro que é
máis pequeno que o delas.
Lingua e Cultura Galegas I
Universidade de São Paulo
12
IV.PERÍODOS
1. Domingo Fareleiro ou Borrallento: neste día é costume que os veciños se manchen uns a
outros con “borralla” ou “farelo”, fariña da peor calidade.
2. Domingo Corredoiro ou Oleiro: Existen diferentes celebracións segundo os lugares.
Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo. En Laza lánzanse formigas e en Xinzo
de Limia celébrase o xogo das olas.
3. Xoves de Compadres: tradicional pelexa de sexos. As mozas fabrican un ou varios bonecos
que representan os homes e tentan queimalos mentres os mozos loitan por roubalos.
4. Xoves de Comadres: ao revés do xoves de Compadres, neste caso son os homes quen
fabrican os bonecos con forma de muller e as mulleres quen intentan que non os queimen.
5. Domingo de Entroido: festa maior
6. Martes de Entroido: celébranse os “Testamentos” do Entroido e entérrase a representación
da festa. Nalgún lugar somenten o Entroido a xuízo no que a acusación se centra nos seus
pecados e a súa representación pode ser queimando un boneco ou matando un galo nunha
corrida.
7. Mércores de Cinza: É unha parodia dos enterros reais. O defunto Entroido está representado
por algún obxecto simbólico como un boneco ou un animal (sardiña).
FONTES:
ENTROIDO 2014, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia:
http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2014
O ENTROIDO EN GALICIA, TURGALICIA 2014:
http://www.turgalicia.es/docs/mdaw/mtu0/~edisp/turga154817.pdf
MARIÑO FERRO, Xosé Ramón, Antropoloxía de Galicia, Xerais, Vigo 2000. p.466-477.
Lingua e Cultura Galegas I
Universidade de São Paulo
13

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados (14)

O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
O entroido
O entroidoO entroido
O entroido
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
Salvador garcia bodaño
Salvador garcia bodañoSalvador garcia bodaño
Salvador garcia bodaño
 
Entroido
EntroidoEntroido
Entroido
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
O entroido en Galiza. Ainhoa
O entroido en Galiza. AinhoaO entroido en Galiza. Ainhoa
O entroido en Galiza. Ainhoa
 
Folleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdadeFolleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdade
 
Carla Vidal. O Entroido tradicional galego
Carla Vidal. O Entroido tradicional galegoCarla Vidal. O Entroido tradicional galego
Carla Vidal. O Entroido tradicional galego
 
Guía lectura de Entroido 2014
Guía lectura de Entroido 2014Guía lectura de Entroido 2014
Guía lectura de Entroido 2014
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Folleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdadeFolleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdade
 
Tempo de Samaín
Tempo de Samaín Tempo de Samaín
Tempo de Samaín
 

Destaque

Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisPoesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisnoagaliza
 
Cociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalCociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalnoagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amornoagaliza
 
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...noagaliza
 
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. ArraianosXosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianosnoagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Folenoagaliza
 
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa GalegaA Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galeganoagaliza
 
Grupo Rompente
Grupo RompenteGrupo Rompente
Grupo Rompentenoagaliza
 
Década dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresDécada dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresnoagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueironoagaliza
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2noagaliza
 
áLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - CastelaoáLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - Castelaonoagaliza
 
Cousas da vida - Castelao
Cousas da vida - CastelaoCousas da vida - Castelao
Cousas da vida - Castelaonoagaliza
 
Samaín e/ou Magosto
Samaín e/ou MagostoSamaín e/ou Magosto
Samaín e/ou Magostonoagaliza
 
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo NósAs Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo Nósnoagaliza
 
Luisa Villalta
Luisa VillaltaLuisa Villalta
Luisa Villaltanoagaliza
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabananoagaliza
 
Poesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerraPoesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerranoagaliza
 
Variantes xeográficas do galego
Variantes xeográficas do galegoVariantes xeográficas do galego
Variantes xeográficas do galegonoagaliza
 

Destaque (20)

Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisPoesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Cociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalCociña galega tradicional
Cociña galega tradicional
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
 
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
 
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. ArraianosXosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
 
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa GalegaA Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galega
 
Grupo Rompente
Grupo RompenteGrupo Rompente
Grupo Rompente
 
Década dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresDécada dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autores
 
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
 
áLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - CastelaoáLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - Castelao
 
Cousas da vida - Castelao
Cousas da vida - CastelaoCousas da vida - Castelao
Cousas da vida - Castelao
 
Samaín e/ou Magosto
Samaín e/ou MagostoSamaín e/ou Magosto
Samaín e/ou Magosto
 
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo NósAs Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
 
Luisa Villalta
Luisa VillaltaLuisa Villalta
Luisa Villalta
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Poesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerraPoesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerra
 
Variantes xeográficas do galego
Variantes xeográficas do galegoVariantes xeográficas do galego
Variantes xeográficas do galego
 

Semelhante a Entroido Galiza (20)

Entroido
EntroidoEntroido
Entroido
 
Entroido 2021
Entroido 2021Entroido 2021
Entroido 2021
 
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO  2014
UNIDADE DIDÁCTICA DO ENTROIDO 2014
 
Antroido
AntroidoAntroido
Antroido
 
Os Maios
Os MaiosOs Maios
Os Maios
 
Entroido carla
Entroido carlaEntroido carla
Entroido carla
 
Entroido.marta.lucia.fabi 2 (2)
Entroido.marta.lucia.fabi 2 (2)Entroido.marta.lucia.fabi 2 (2)
Entroido.marta.lucia.fabi 2 (2)
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
Samaín
Samaín Samaín
Samaín
 
Os maios
Os maiosOs maios
Os maios
 
Noite de defuntos
Noite de defuntosNoite de defuntos
Noite de defuntos
 
Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico
Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxicoFotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico
Fotorapa10 textos da exposición do museo etnoloxico
 
Hackear.pptx museos
Hackear.pptx museosHackear.pptx museos
Hackear.pptx museos
 
Disfraces medievais
Disfraces medievaisDisfraces medievais
Disfraces medievais
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
 
O ENTROIDO
O ENTROIDOO ENTROIDO
O ENTROIDO
 
O Magosto
O  MagostoO  Magosto
O Magosto
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 

Mais de noagaliza

Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu poboMéndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobonoagaliza
 
A Narrativa de Posguerra
A Narrativa de PosguerraA Narrativa de Posguerra
A Narrativa de Posguerranoagaliza
 
Festas do San Xoán
Festas do San XoánFestas do San Xoán
Festas do San Xoánnoagaliza
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismonoagaliza
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticanoagaliza
 
Coñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegoCoñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegonoagaliza
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosnoagaliza
 
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira VilasMemorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilasnoagaliza
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegasnoagaliza
 
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo AbrenteTeatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrentenoagaliza
 
O Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarioO Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarionoagaliza
 
Teatro galego durante o Franquismo
Teatro galego durante o  FranquismoTeatro galego durante o  Franquismo
Teatro galego durante o Franquismonoagaliza
 

Mais de noagaliza (12)

Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu poboMéndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
 
A Narrativa de Posguerra
A Narrativa de PosguerraA Narrativa de Posguerra
A Narrativa de Posguerra
 
Festas do San Xoán
Festas do San XoánFestas do San Xoán
Festas do San Xoán
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismo
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
 
Coñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegoCoñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galego
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira VilasMemorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo AbrenteTeatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
 
O Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarioO Rexurdimento literario
O Rexurdimento literario
 
Teatro galego durante o Franquismo
Teatro galego durante o  FranquismoTeatro galego durante o  Franquismo
Teatro galego durante o Franquismo
 

Entroido Galiza

  • 1. Lingua e Cultura Galegas I Universidade de São Paulo 1
  • 2. Lingua e Cultura Galegas I Universidade de São Paulo 2 O ENTROIDO EN GALIZA I. ORIXE E SIGNIFICADO O Entroido é unha festa popular que indica o final do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e pagáns, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cámbiase de personalidade ou identidade e ironízase sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. A pesar de que a súa orixe é medieval, inclúe elementos herdados da Antigüidade Clásica como a concepción da persoa formada pola unión do corpo e a alma ou a representación do corpo como metade humano e metade animal. O Entroido ten orixe nos rituais pagáns dos ciclos agrarios e do equinoccio de primavera, sen embargo, posteriormente sabemos que a Igrexa elaborou unha imaxe da relixión antiga como relixión do desenfreo, da orxía e da borracheira para combater os restos do paganismo. Polo tanto, trátase dunha reelaboración cristiá na que se representa ás persoas que viven dominadas polos praceres da carne. O Entroido coñécese en Galicia cos nomes de: Entroido (xeral), Entroito (Bierzo), Entrudo, Entruido, Intruido, Antroido (Lugo), Entroiro. Todos teñen a súa orixe no termo latino INTROCTUS que significa ‘ a entrada ou o comezo’, a despedido do tempo da carnalidade para dar paso á abstinencia, á Coresma.Tamén é chamado “Carnaval” con dúas posibles orixes: procedencia do latino CARNEM LEVARE `quitar a carne’ ou CARRUS NAVALIS ‘ Carroza decorada’ .
  • 3. Lingua e Cultura Galegas I Universidade de São Paulo 3
  • 4. Lingua e Cultura Galegas I Universidade de São Paulo 4 II. CARACTERÍSTICAS XERAIS: 1. O Comportamento: o mundo ao revés O Entroido deléitase con todo aquilo que a Coresma prohibe. Encarna o gran pecado da sociedade, a luxuria, polo tanto, permítese o abuso de carne e viño para representar a carnalidade. O único exceso que non é permitido é o do sexo. Os excesos sexuais limítanse a expresións mímicas (correr detrás das mulleres, abrazalas ou levantarlles a saia) ou de linguaxe a través de cancións e diálogos con alta carga sexual. Ninguén traballa nestes días, o corpo é preguiceiro. Con esta preguiza está relacionado o costume de botar formigas, símbolo da laboriosidade, á xente que funciona como un castigo. Todas estas inversións teñen un obxectivo pedagóxico, pretenden mostrar o mal funcionamento dunha sociedade con principios opostos aos tradicionais, probando deste xeito a validade da vida tradicional e mostrando a necesidade da posición contraria. Polo tanto, vemos que o Entroido ten por un lado unha función catártica, isto é, funciona como válvula de escape aos recortes de liberdades que supón a vida en sociedade, e por outro lado ten unha función pedagóxica e crítica dos comportamentos sociais que non se adecúan ás normas. 2. Representacións: En Galiza o Entroido é personificado de diferentes maneiras: a) Animalizacións: a maneira tradicional de simbolizar o corpo e que representa a carnalidade do home. Temos diferentes tipos - Por medio de animais reais: por exemplo a través do galo, símbolo da luxuria - Por medio de figuras que representan animais como a vaca (a Morena de Laza) que desde a Antigüidade ten sona de animal lascivo, a mula (Viana do Bolo ou Castro Caldelas) ou o touro (San Pedro de Moreiras). - Por medio de animais indiferenciados que simbolizan a animalidade de forma abstracta: os Cigarróns de Verín, os Peliqueiros de Laza, os Chocallóns de Vilardevós ou os Felos de Maceda, entre outros que veremos a seguir.
  • 5. Lingua e Cultura Galegas I Universidade de São Paulo 5 b) Representacións non relacionadas con animais - O vello: simboliza a corrupción moral. Temos os exemplos da vella de Viana do Bolo onde un home se viste de muller ou dos Curruvellos de Moaña. - Figuras con vestidos luxosos representando a unha sociedade inclinada aos praceres e á preocupación exclusiva por asuntos estéticos. Temos os exemplos das Madamas, os Galán e os Señoritos. III.TIPOS 1. A Pantalla de Xinzo da Limia As pantallas son as protagonistas do Entroido de Xinzo e saen á rúa o día grande do Entroido, o martes. Van coa cara cuberta por unha pantalla feita con cartón, xornais e feltro, todo pegado cunha mestura de fariña e auga, que nunca quitan e que lle dá nome ao conxunto e que está. Da súa parte de atrás sae un corno que se decora con motivos astrais, animais. A Pantalla viste calzón longo e camisa ou camiseta brancos. Nas pernas unhas polainas negras e na cintura unha faixa encarnada. Polo lombo cae unha capa de seda encarnada ou negra con fitas de cores. No pescozo, un pano da cabeza de muller, atado na parte de atrás. A vestimenta non está completa sen un par de globos feitos de vexigas de animais que se golpean entre eles producindo ruído constante. As pantallas non desfilan, elas toman as rúas e toman a orde durante o Entroido, vixiando que todo o mundo vaia disfrazado. Se fose unha muller a que vai sen disfrace, as pantallas cércana e bailan ao seu redor e se fose un home, será perseguido e levado en brazos ata o bar máis próximo para que convide a unha rolda de viños. Existe tamén en Xinzo outro día tradicional que é o domingo oleiro. Nese día desenvólvese un xogo que consiste en lanzar centenares de olas de barro entre os participantes e non deixalas caer ao chan.
  • 6. Lingua e Cultura Galegas I Universidade de São Paulo 6 2. O Cigarrón de Verín En Verín manda o Cigarrón, personaxe excepcional que algúns remontan ao século XVI. A máscara é de madeira decorada con motivos animais e na parte traseira leva unha trenza ou rabo, cun vistoso e elaborado traxe que pesa arredor de 25 Kg. Porta unha fusta coa que simula azoutar á xente, sendo costume, como noutros Entroidos, encher de fariña ao público. O Entroido en Verín dura 8 días e os máis sinalados son: xoves de “compadres” e de “comadres”, domingo “corredoiro”, no que ten lugar o desfile de cigarróns, luns “fareleiro” e o martes. Nestes desfiles toman parte elementos de actualidade, así como disfraces con orixe nos acontecementos notables acontecidos ao longo do ano. Declarado de Interese Turístico, pasa por ser un dos Entroidos máis ancestrais de Galicia. 3. O Peliqueiro de Laza Laza, xunto con Xinzo e Verín, forma un dos vértices do triángulo máxico do Entroido de Galiza. A festa comeza semanas antes da chegada do propio Entroido, coa celebración de catro Venres de Folión, comparsas que percorren as rúas durante a noite tocando obxectos variados para espantar os malos espíritos. Desde o Domingo de Entroido, os folións ceden o protagonismo aos peliqueiros, semellantes aos cigarróns de Verín. O seu traxe compleméntase cun cinto de chocas e a zamarra, unha fusta coa que castiga aos que ousan saír á rúa sen disfrace. Aínda que os Peliqueiros son as figuras centrais en Laza, tamén existen outras como a Morena e o Maragato. A Morena é a representación dunha vaca, coa cabeza feita de madeira e cornos auténticos. A Morena arremete contra a xente e especialmente contra as mulleres con saias, que tenta levantar cos seus cornos. Os mozos que a escoltan levan fariña para emporcallar á xente e un saco con formigas rabiosas. O martes ten lugar a lectura do Testamento do Burro: Un pregoeiro montado nun burro le unhas coplas burlonas e satíricas que recordan con sorna os acontecementos da vila desde o entroido anterior.
  • 7. Lingua e Cultura Galegas I Universidade de São Paulo 7 4. O Felo de Maceda O Felo de Maceda aseméllase, aínda que con elementos externos diferentes, coa indumentaria convencional dos Peliqueiros de Laza e Cigarróns de Verín. Calcetíns de lá brancos, medias negras, ringleiras de borlas de distintas cores, rabo de zorro no alto da mitra, “colares” varios e caxato como arma intimidatoria. Aconséllase pintar na mitra animais ou aves da Serra de San Mamede. As orixes da máscara remóntana algunhas fontes ás festas pagás: sociedades tribais, tótems, feitizos de fecundidade e caza, ritos de iniciación. Outras déixano na Roma imperial e os medievalistas, na época dos bufóns e dos impostos feudais arredor dos castelos. Antes saían os Felos illadamente ao comezo do ano dende as aldeas do val e da serra para pulular a pé divertíndose de aldea en aldea para logo invadir a vila onde demandaban comida e bebida nas casas para continuar a troula. O son provocativo das chocas disuadía os lobos nas perigosas noites de invernía. 5. O Vergalleiro de Sarreaus O traxe leva unha camisa de liño con tres cintas entrelazadas de cor verde, negra e vermella; un chaleco de feltro negro e polainas tamén negras con borlas vermellas, que van desde o xeonllo aos pés. Faixa tamén vermella, colgando chócalas ou campás pequenas e borlas negras. O corno de vaca é imprescindible para chamar co seu son á festa. A careta está feita en cartón e decorada con motivos animais ou celtas.
  • 8. Lingua e Cultura Galegas I Universidade de São Paulo 8 6. A Mázcara de Manzaneda A mázcara é a protagonista central no Entroido de Manzaneda. Adoita levar o rostro ao descuberto, a pesar do seu nome, na cabeza leva o pucho, un enorme tocado e no resto do corpo un traxe composto de camisa e polainas brancas, unha mantilla floreada, botas altas, bastón e fitas de cores. Na cintura leva varios chocallos que serven para gardar o ritmo. Sempre vai acompañado do Folión, unha comparsa musical que usa tambores e instrumentos de labranza para tocar. O martes é a foliada, unha representación satírica na que participan mázcaras e folións. 7. O Boteiro 7.1. O Boteiro de Viana do Bolo O seu traxe de custosa realización ten na súa confección máis de mil metros de cinta. A máscara pesa varios quilos e está formada por unha pequena careta tallada en madeira que presenta un gran sorriso. Sen dúbida o que máis a caracteriza é a enorme figura xeométrica que se eleva da careta feita con cartón e arames recuberto de cintas de moitas cores. Folión, grandes bombos, sachos, gadañas, cornas, trespés, etc… resoan nas rúas da vila, especialmente o domingo gordo no que ten lugar o desfile dos boteiros e as carrozas.
  • 9. Lingua e Cultura Galegas I Universidade de São Paulo 9 7.2. O Boteiro de Vilariño de Conso O boteiro porta unha enorme máscara que pode ter formas distintas, sendo a máis singular a formada por un gran rectángulo primorosamente adornado con flores de papel, o seu peso é moi elevado, sendo de difícil porte. Está feita de madeira de bidueiro, pintada de negro e o bico vermello. Leva unha camisa bordada con infinidade de anacos de fitas de cores formando distintas figuras xeométricas. O pantalón, xeralmente encarnado, leva sobre o cinto campaíñas do gando, un báculo, símbolo do poder e no remate un rabo de raposa. Adoita saír ás noites con enormes bombos, cornas e apeiros de labranza para desfilar polas rúas con compasado ritmo. O Domingo Gordo ten lugar unha concentración de todos os folións das aldeas dos arredores. 8. A Pita de Ourense Na cidade de Ourense ten lugar un concorrido Carnaval de corte urbano cuxo día grande é o martes. Sen embargo, no barrio da Ponte existe unha peculiar máscara, a Pita de Eiroás, ligada na súa orixe ao entroido que se celebraba no Pazo de Eiroás.
  • 10. Lingua e Cultura Galegas I Universidade de São Paulo 10 9. A Charrúa de Allariz A súa vestimenta non é específica, isto significa que pode levar calquera roupa, sempre que sexa de moito colorido e un sombreiro decorado con plásticos de cores. Tamén leva pelicas, chocallos e unha vara na man. Percorren as rúas de Allariz soas ou en parellas e cando son recoñecidas cambian de traxe. 10. Os troteiros de Bande O nome Troteiro vén de trouleo ou trote polas rúas e polos camiños e son uns disfraces de entroido que se están recuperando despois de 60 anos. Levan unha vara e corren polos camiños meténdose coas mulleres e cos vellos. Levan caretas feitas na casa de cartón, con campás arredor e un sombreiro adornado con postais e espellos, a cara cóbrena con tapetes bordados. 11. Xenerais do Ulla É unha celebración que atopamos na comarca do Ulla nos concellos de Teo, Vedra, Touro, A Estrada, Silleda e Vila de Cruces. Non se coñece a orixe desta tradición: uns opinan que ven da Guerra da Independencia contra os franceses; outros cren que ten relación coas loitas carlistas debido ao parecido dos uniformes. Os protagonistas fundamentais son os correos e os xenerais. Os correos, son chamados tamén lanceiros. Adiántanse ao grupo para anunciar a súa chegada e solicitan permiso para entrar nas eiras. Levan unha chaqueta con borlas douradas e tamén un gorro con abelorios. Van montados a cabalo facendo soar un timbre ou axóuxeres.
  • 11. Lingua e Cultura Galegas I Universidade de São Paulo 11 Os xenerais tamén van montados a cabalo e o seu traxe recorda ao dos xenerais do exército napoleónico. O seu traxe consta dunha chaqueta con medallas, borlas douradas, unha faixa, unha banda e cordón dourado. Levan un pantalón axustado e botas con esporas. Na cabeza levan un tricornio adornado con plumas de pavo e avestruz tinguidas. Como complementos adoitan levar un bastón de mando e un sable. Van acompañados dun director que os dirixe cando entoan os seus cantos satíricos. Para rematar a festa celébrase o "atraque, salto ou alto" que consiste nunha disputa verbal entre dous bandos de xenerais. Nesta disputa fan referencia a feitos ocorridos ao longo do ano na cultura, deporte, política... Por último firman a Paz. 12. Madamas e Galáns de Cobres Madamas e Galáns son as representacións características das festas de Cobres e teñen como obxectivo satirizar os excesos e a preocupación por aspectos puramente estéticos das clases dominantes. Traxes, música e danza remiten a un mundo galante e cortesán onde a posición social de cada personaxe está claramente diferenciada. Xa no século XVIII hai referencias escritas sobre este carnaval. As Madamas visten camisa e saia brancas, medias finas con zapatos negros. Sobre o peito suxeitan os colares, todo enfeitado con fitas, plumas e pedraría. Na cabeza levan un sombreiro que pode pesar ata 7 Kg. Os Galáns compiten en elegancia coas Madamas, cedendo unicamente no tamaño do sombreiro que é máis pequeno que o delas.
  • 12. Lingua e Cultura Galegas I Universidade de São Paulo 12 IV.PERÍODOS 1. Domingo Fareleiro ou Borrallento: neste día é costume que os veciños se manchen uns a outros con “borralla” ou “farelo”, fariña da peor calidade. 2. Domingo Corredoiro ou Oleiro: Existen diferentes celebracións segundo os lugares. Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo. En Laza lánzanse formigas e en Xinzo de Limia celébrase o xogo das olas. 3. Xoves de Compadres: tradicional pelexa de sexos. As mozas fabrican un ou varios bonecos que representan os homes e tentan queimalos mentres os mozos loitan por roubalos. 4. Xoves de Comadres: ao revés do xoves de Compadres, neste caso son os homes quen fabrican os bonecos con forma de muller e as mulleres quen intentan que non os queimen. 5. Domingo de Entroido: festa maior 6. Martes de Entroido: celébranse os “Testamentos” do Entroido e entérrase a representación da festa. Nalgún lugar somenten o Entroido a xuízo no que a acusación se centra nos seus pecados e a súa representación pode ser queimando un boneco ou matando un galo nunha corrida. 7. Mércores de Cinza: É unha parodia dos enterros reais. O defunto Entroido está representado por algún obxecto simbólico como un boneco ou un animal (sardiña). FONTES: ENTROIDO 2014, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia: http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2014 O ENTROIDO EN GALICIA, TURGALICIA 2014: http://www.turgalicia.es/docs/mdaw/mtu0/~edisp/turga154817.pdf MARIÑO FERRO, Xosé Ramón, Antropoloxía de Galicia, Xerais, Vigo 2000. p.466-477.
  • 13. Lingua e Cultura Galegas I Universidade de São Paulo 13