SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
1
TEMA 3:
A ECONOMÍA MUNDIAL NA ACTUALIDADE
A economía é a forma na que unha sociedade organiza os seus medios de existencia, que sempre son
limitados. A actividade económica é aquilo que as persoas fan para satisfacer as súas necesidades e os seus desexos
a través de bens e servizos. É dicir, a economía ou a actividade económica, é o modo que teñen as persoas de
satisfacer as súas necesidades: cómo extraen as materias primas da natureza, cómo as transforman ou consumen,
cómo as distribúen, cómo cobren as necesidades de determinados servizos, etc.
Os bens son mercadorías tanxibles (un coche, un electrodoméstico, unha flor...), mentres que os servizos son
actividades que cobren as necesidades humanas pero non son obxectos concretos (servizos educativos, sanitarios,
de transporte...). As persoas que producen bens e servizos son produtoras e as persoas que os consomen son as
consumidoras.
Os produtores e produtoras poñen á venda unha cantidade determinada de un produtos, e iso é a oferta1
(o
que se quere vender). A cantidade de produtos e servizos que os consumidores e as consumidoras queren comprar é
a demanda.
As actividades económicas poden agruparse en tres grandes sectores:
- Sector primario. Agrupa as actividades dirixidas a obter alimentos e materias primas da natureza.
Comprende a agricultura, a gandaría, a pesca e a explotación forestal.
- Sector secundario. Son as actividades económicas que transforman as materias primas en produtos
elaborados. Inclúe a industria, a minaría, o sector enerxético e a construción.
- Sector terciario. Tamén chamado sector servizos porque comprende os servizos. É dicir, este sector
agrupa as actividades dirixidas a atender as necesidades da poboación de servizos como a sanidade, a
educación, o transporte, o lecer, etc.
O valor en diñeiro do conxunto dos bens e servizos producidos durante un período de tempo nun territorio é o
que se denomina Produto Interior Bruto (PIB). É dicir, o PIB de España no segundo trimestre de 2016, foi de 279.043
millóns de euros. O PIB per cápita divide a riqueza de cada territorio entre os habitantes que hai. Por exemplo o PIB
trimestral de España no segundo trimestre do 2016 foi de 5.998 euros.
Calquera forma de actividade económica xera riqueza, pero a súa rendibilidade depende de moitos factores,
sendo unhas moito máis rendibles que outras. Pode influír a competencia, os costos de produción, a tecnoloxía
existente, a intervención do goberno... En xeral, as actividades do sector terciario son as que presentan unha maior
rendibilidade, despois as do sector secundario e logo as do primario. O tipo de actividades económicas que
predominan nun país depende da tecnoloxía coa que conte, os recursos, a man de obra, e en xeral, do seu grado de
desenvolvemento. Os países desenvolvidos son os que máis actividade do sector terciario desenvolven. Os países en
desenvolvemento teñen máis desenvolvidos os sectores primario e secundario.
1
A palabra oferta ten varios significados:
- Ofrecemento para facer ou cumprir unha cousa: “fixéronme unha oferta tan boa que non puiden rexeitala”.
“Fixéronme unha oferta de traballo”.
- Acción de ofrecer un produto para a súa venda, especialmente cando se ofrece a un prezo máis baixo do normal: “a
oferta consiste en levar tres e pagar dous”.
- En economía a oferta é a cantidade de bens ou servizos que os produtores e produtoras están dispostos a vender baixo
determinadas condicións de mercado.
2
No segundo trimestre estudaremos polo miúdo cada un destes sectores económicos. Neste primeiro trimestre
estudaremos os principais aspectos relacionados coa economía:
1. Os tipos de sistemas económicos do mundo (Sistemas tradicionais, capitalismo, socialismo, sistema mixto –
Estado do Benestar-).
2. A fase actual do capitalismo: a Globalización.
3. As desigualdades económicas a nivel Mundial.
4. O mercado de traballo.
TIPOS DE SISTEMAS ECONÓMICOS DO MUNDO
SISTEMAS TRADICIONAIS:
O sistema económico tradicional é o que houbo ao longo dos séculos
antes do desenvolvemento da industria en fábricas. Baséase
fundamentalmente nas actividades do sector primario (agricultura, gandería
e pesca), realizadas con escasa tecnoloxía e cun comercio moi reducido. O
sector secundario redúcese á artesanía. É unha economía de subsistencia, é
dicir, non comercial, senón destinada a cubrir as necesidades básicas dos
habitantes. Este tipo de economías aínda persisten en áreas e comunidades pouco desenvolvidas (zonas tropicais,
centro de África, sueste de Asia...).
O CAPITALISMO
O capitalismo é un sistema de organización económica en que o protagonista é o capital. O capital é todo o
que nos vale para gañar cartos: diñeiro, mercadorías, materias primas e tamén terras, edificios, fábricas, etc. No
capitalismo puro o Estado2
non regula a economía, non é o goberno nin o parlamento o que di quén pode fabricar
qué, cando, onde, etc. Quen regula a economía no capitalismo é o mercado, é dicir a oferta e a demanda. Por
exemplo: non é o goberno o que di cánto debe custar un litro de leite, senón que se hai moita oferta de leite o prezo
do leite baixa e se hai pouca o prezo sube. Hai liberdade económica. A propiedade é privada, non pública, é dicir, os
terreos, as fábricas, as empresas, os servizos (sanidade, ensino...) pertencen a persoas particulares ou grupos de
persoas, non ao Estado. O capitalismo crea desigualdades e fai aos ricos máis ricos e aos pobres máis pobres. Os
partidarios deste sistema defenden que as persoas donas do capital, ou sexa capitalistas, están moi motivadas a
investir para obter beneficio e enriquecerse, creando así riqueza e postos de traballo. Malia isto, o traballo é unha
mercadoría máis , e está suxeito á lei da oferta e a demanda. A clase traballadora recibe un salario máis alto ou tan
baixo que pode chegar ao grao de explotación, en función do número de traballadores e traballadoras e da
cualificación que teñan.
O COMUNISMO
O comunismo recibe tamén o nome de socialismo, aínda que non debe confundirse cos socialistas dos actuais países
occidentais que actualmente defenden un sistema mixto.
O comunismo é un sistema que naceu como reacción á explotación dos traballadores e traballadoras por parte dos
capitalistas do século XIX. O seu principal teórico foi Carl Marx por iso tamén se lle chama marxismo.
2
Os órganos de goberno dun país.
3
Neste sistema é o Estado, e non o mercado, o que toma as decisións económicas. O Estado organiza, planifica,
decide e controla totalmente a economía, qué se vai producir, cómo, a forma de distribuílo, etc. A propiedade dos
medios de produción é pública. Non hai propiedade privada.
Este sistema limita a liberdade da xente. A xente partidaria deste sistema o defende porque cubre as necesidades
básicas de toda a poboación e diminúe as inxustas diferenzas sociais entre ricos e pobres. Pero os seus detractores
entenden que sacrificar a liberdade é un prezo demasiado alto. Ademais opinan que o comunismo desmotiva aos
traballadores e traballadoras e polo tanto diminúe a produtividade.
SISTEMAS MIXTOS
O capitalismo triunfou no mundo occidental durante o século XIX, e parte do século XX. Pero as crises
económicas e o medo das clases altas á revolución socialista fixo que se foran introducindo cambios por influencia
do socialismo, dando lugar a un sistema mixto que é o que se coñece como Estado do Benestar.
O principal teórico do sistema mixto e do Estado de Benestar foi John Keynes. En 1929 houbo unha crise
económica sen precedentes, unha crise mundial do sistema capitalista que produciu un baixón impresionante na
produción e no mercado, peche de empresas, desemprego etc. O economista Keynes propuxo a participación activa
do Estado para saír da crise. O Estado debía investir (investimento público) para crear emprego público e favorecer o
emprego privado baixando impostos, debía protexer á poboación con medidas como o seguro de desemprego,
debía lexislar e intervir no eido económico (fixación de salarios mínimos, xornada laboral máxima, prezos máximos
en produtos de primeira necesidade, etc.). Non deixaban de moverse dentro dos principios básicos do capitalismo,
pero limitando os abusos e protexendo ás capas máis desfavorecidas da poboación.
Dicimos, xa que logo, que existe un Estado de benestar ou Estado social, cando os gobernos interveñen na
economía e na sociedade coa fin de lograr que todos os cidadáns teñan un nivel de vida digno e se reduzan as
desigualdades sociais. Para iso os Estados establecen servizos de saúde e de educación gratuítos para toda a
poboación, conceden subsidios para axudar as persoas que están no paro, establecen pensións de xubilación e fixan
un salario mínimo por debaixo do cal non se pode traballar.
Os países subdesenvolvidos non logran desenvolver un Estado de benestar. Non logran prestar os servizos
máis básicos á maioría da poboación, porque carecen de recursos suficientes para sufragar os gastos que estes
requiren.
O comunismo levouse á práctica en países como Rusia, China, Cuba, Vietnam e varios países de Europa do
leste entre 1949 e 1989. Entre eses anos o mundo estaba dividido simbolicamente polo muro de Berlín en dous
bloques: o bloque do leste con economía comunista e o do oeste con economía capitalista3
. Pero no ano 1989 caeu o
muro e moitos países do antigo bloque socialista cambiaron de sistema, e a maioría dos que o mantiveron (por
exemplo China) introduciron reformas de tipo capitalista: propiedade privada de determinados bens de produción,
progresiva substitución da planificación económica do Estado pola iniciativa privada e liberdade de mercado nalgúns
sectores, etc. Converténdose tamén en sistemas mixtos.
Actualmente a meirande parte dos sistemas económicos do mundo son mixtos cun maior ou menor control
do Estado segundo estean máis achegados ao capitalismo ou ao comunismo.
As grandes multinacionais queren impoñer o neoliberalismo: privatizar empresas públicas, facilitar o despido
e os contratos temporais, deslocalizar empresas para ter máis beneficios, etc.
3
Ainda que non era capitalismo puro, senón máis ben un sistema mixto.
4
A DIVISIÓN POLÍTICA: A DEREITA E A ESQUERDA
Dentro dos países desenvolvidos hai un gran debate sobre o alcance que debe ter o Estado de benestar:
- Os partidos conservadores, de dereitas ou de ideoloxía liberal, opinan que os Estados deben intervir na
economía e na sociedade só para acabar cos casos máis extremos de pobreza e desigualdade. Para eles,
canto menos interveña o Estado, máis se facilita o crecemento da economía e a creación de empregos polas
empresas, polo que será ese crecemento que asegure o benestar da poboación. Ademais, pensan que a
intervención do Estado nun exceso de ámbitos frea o desenvolvemento dunha sociedade libre.
- Os partidos de ideoloxía progresistas, de esquerdas ou de ideoloxía socialista, defenden que o Estado debe
intervir activamente na maior parte dos problemas sociais e económicos, porque se se deixa actuar
libremente aos poderes económicos as desigualdades acrecéntanse: os ricos son cada ve máis ricos e os
pobres cada ve máis pobres. E se as persoas non teñen recursos económicos suficientes, é difícil que poidan
actuar con liberdade.
A FASE ACTUAL DO CAPITALISMO: A GLOBALIZACIÓN.
Hoxe en día, as relacións económicas entre os distintos lugares do planeta son máis intensas que nunca. O
mercado que regula a economía xa non é un mercado local ou estatal. Agora “o mercado” que regula a economía
coa lei da oferta e a demanda é un mercado mundial, por iso falamos de “globalización económica” ou dunha
“economía globalizada”.
As empresas multinacionais teñen cada vez máis poder
económico, e como consecuencia, máis influenza política, porque
no capitalismo o capital está detrás de case todo. As
multinacionais son empresas que están presentes en varios países,
nos que realizan parte da súa actividade. Normalmente establecen
neses países empresas filiais que dependen da empresa principal,
que opera no país de orixe.
Grazas á mellora e ao abaratamento dos transportes e aos
actuais medios de comunicación o comercio internacional creceu
moitísimo. A globalización non sería posible sen a revolución das
comunicacións, e en particular sen Internet. Hoxe, coñécese de forma case inmediata o que sucede en calquera lugar
do mundo algo fundamental para a xestión das empresas. Así, é posible comprar e vender accións desde calquera
sitio; as centrais das empresas controlan facilmente a actividade das súas filiais noutros países; pódense realizar
labores para una empresa situada a miles de kilómetros, etc.
As institucións da economía mundial:
Existen unhas institucións e organizacións internacionais que condicionan o funcionamento da economía
mundial. As principais son o Banco Mundial (BM), o Fondo Monetario Internacional (FMI), a Organización Mundial do
Comercio (OMC) e o G- 8.
O Banco Mundial e o FMI forman parte da Organización das Nacións Unidas (ONU). Por iso, case todos os
países do mundo son membros destas institucións.
 O Banco Mundial ten como obxectivo principal reducir a pobreza. Para iso, concede préstamos e
asistencia aos países necesitados que promovan o seu crecemento económico e o desenvolvemento.
5
O Banco Mundial recibe fortes críticas dalgúns sectores por ter concedido préstamos a gobernos que
vulneran os dereitos humanos, por financiar proxectos moi prexudiciais para o medio ambiente e por
favorecer certas políticas económicas que benefician en realidade aos países máis ricos.
 O Fondo Monetario Internacional aconsella aos gobernos en cuestións financeiras e pode conceder
préstamos aos países membros.
A crítica mais intensa que se lles fai ao BM e ao FMI é que as políticas de axuste que promoven
supuxeron enormes costos sociais sobre os grupos de poboación máis vulnerables nos países en
desenvolvemento. En realidade, non todos os países teñen o mesmo poder nas decisións que toman
estas institucións. Os países máis ricos teñen unha maior representación e votos; por iso poden
impoñer os seus intereses.
 A Organización Mundial do Comercio. Moitos países pertencen á OMC. A súa finalidade é establecer
as regras do comercio internacional e resolver os desacordos comerciais que xurdan entre os seus
membros.
 O G-8. É o grupo dos oito países máis industrializados. Está integrado por Estados Unidos, Alemaña,
Reino Unido, Francia, Xapón, Italia, Canadá e Rusia. Reúnense anualmente para debater sobre a
situación económica mundial e decidir accións conxuntas en casos de crises.
 A OCDE (Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económicos)reúne aos países capitalistas
máis industrializados. Realizan estudos e fan publicacións sobre os temas máis diversos: economía,
administración pública, educación, medio ambiente, ciencia e tecnoloxía, etc.
3. As desigualdades económicas a nivel Mundial.
O primeiro que nos pode vir á cabeza cando falamos de desigualdade económica a nivel mundial é quen decide
e como se decide que é un país subdesenvolvido ou que é un país desenvolvido.
Hai moitos organismos internacionais que fan estudos sobre a riqueza no mundo, como por exemplo a ONU a
través dos seus distintos organismos, ou a OCDE, etc. Cada país soe ter algún organismo oficial que se encarga dos
estudos estatísticos, en España o INE (Instituto Nacional de Estatística) e na nosa comunidade autónoma o IGE
(Instituto Galego de Estatística). Estes organismos analizan e comparten entre si os datos que obteñen. Con estes
datos fanse estudos que determinan que é o que consideramos países subdesenvolvidos e desenvolvidos.
Poderíamos medir a riqueza dos países do mundo unicamente atendendo ao PIB (Produto Interior Bruto), é
dicir, o conxunto de bens e servizos producidos por un país durante un ano. Pero iso non permitiría ver realmente
como vive a poboación dese país.
O indicador con máis recoñecemento a nivel internacional é o Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Este
indicador combina varias dimensións distintas do desenvolvemento:
- Ter unha vida longa e saudable. Avalíase en función da Esperanza de vida ao nacer.
- Adquirir coñecementos. Mídese polos anos de escolaridade da poboación maior de 25 anos e polos anos que
se espera que estuden os nenos e nenas en idade escolar.
- Gozar dun nivel de vida digno. Mídese pola renda per cápita, é dicir, a riqueza que produce a poboación do
país dividido polo número de habitantes.
6
O problema que ten o IDH é que non reflicte as desigualdades nin entre os dous xéneros, nin entre a poboación
máis rica e a máis pobre. Simplemente fai a media de todos os datos.
Para solucionar este problema un estatístico apelidado Gini, inventou o índice que leva o seu nome e que mide
precisamente esa desigualdade entre a xente máis rica dun país e a máis pobre. Canto máis cerca do 0 estea o índice
dun país, máis igualdade ten; e cando máis cerca do 1, máis desigualdade. Segundo as Nacións Unidas, cando o
coeficiente de Gini é superior a 0,40 estaríamos ante un país cunha gran diferenza entre ricos e pobres. A escala
mundial o índice está en torno ao 0,6, o que confirma, como vimos no vídeo “así funciona el mundo”, que a riqueza
mundial está en moi poucas mans.
Pero cales poden ser as causas de esa diferenza no desenvolvemento dos distintos países?
As causas son múltiples, entre elas podemos atopar a colonización, as diferenzas de partida durante a
industrialización e a forma de desenvolverse a globalización, a débeda externa, o crecemento demográfico ou a
inestabilidade política e as guerras.
7
A colonización
Entre o descubrimento de América en 1492 e o século XX, os gobernos europeos conquistaron e explotaron ao
seu favor os territorios da meirande parte do mundo, territorios que hoxe son países subdesenvolvidos.
Administraban os territorios no seu propio proveito, impedindo o desenvolvemento deses territorios. Isto agravouse
coa revolución industrial, no século XIX. Os colonizadores obrigaron ás colonias a especializarse na produción de
produtos agrícolas e materias primas que lle interesaban ás metrópoles para abastecer ás súas industrias. Ao mesmo
tempo empregaban ás colonias como mercados onde vender os seus produtos, e para manter a situación vantaxosa
as metrópoles evitaban coa súa lexislación o desenvolvemento da industria das colonias. A meirande parte dos
países subdesenvolvidos son antigas colonias europeas que acadaron a independencia política no século XX pero non
puideron independizarse economicamente. Ao independizarse seguiron tendo unha dependencia financeira (débeda
externa), industrial e tecnolóxica respecto das súas antigas metrópoles e doutros países ricos.
Intercambio desigual
Como resultado das dinámicas creadas coa colonización os países subdesenvolvidos venden materias primas
que sempre teñen un valor menor que os produtos manufacturados dos países ricos. É moi difícil, partindo de cero,
poñerse á altura tecnolóxica necesaria para competir cos países ricos na produción de determinados produtos
manufacturados.
O desfasamento tecnolóxico
Os países subdesenvolvidos están en desvantaxe ao non ter cartos para investir en melloras tecnolóxicas que
lles permitan competir coas industrias do primeiro mundo.
A débeda externa
Ao longo dos anos, algúns países pobres contraeron unha elevada débeda externa. A débeda externa supón un
freo para o seu desenvolvemento, dado que estes países teñen que destinar unha parte moi importante dos seus
recursos á devolución desta.
A globalización
O capitalismo mundial acrecenta as desigualdades entre pobres e ricos.
O peso da poboación
A aplicación de vacinas e outras medidas fixeron diminuír a mortalidade nos países subdesenvolvidos, pero por
distintas razóns, sobre todo culturais, non diminuíu da mesma maneira a natalidade, o que provoca un espectacular
aumento da poboación. Nesta situación non é doado alimentar, educar, dar traballo e cubrir as necesidades básicas
destas poboacións.
Gobernos inestables e conflitos armados
Moitos países subdesenvolvidos teñen gobernos inestables, frecuentes golpes de Estado, guerras, etc. Isto é
produto dun conxunto de factores moi variados: dunha falta de tradición democrática, da escasa cultura da
meirande parte da poboación, das condicións de vida tan difíciles que soportan, da corrupción especialmente nos
casos en que existen materias primas ou fontes de enerxía moi valiosas, etc. En ocasións, os conflitos bélicos son o
resultado da intervención no pasado ou no presente de países do primeiro mundo polos seus propios intereses
económicos.
8
Como podería solucionarse esta situación?
O desenvolvemento dos países pobres non é só unha cuestión de xustiza social, favorecería tamén aos países
ricos ao diminuír os problemas de inmigración descontrolada, diminuír o terrorismo e as guerras e ao crear
mercados onde vender produtos.
Non é doado vencer ao subdesenvolvemento pero hai camiños que poden limar as diferenzas entre os países
máis ricos e os máis pobres:
 Condonación de parte da débeda externa.
 Axudas ao desenvolvemento por parte dos países ricos. Algúns movementos propoñen ceder o 0,7% do PIB
dos distintos países desenvolvidos para axudar aos subdesenvolvidos..
 Comercio xusto.
 Préstamos máis baratos e xustos.
 Facer un seguimento dos cartos aportados para asegurar a súa inversión en actividades produtivas que
permitan o desenvolvemento.
 Estender a educación.
 Acordar normas internacionais comúns e xustas en aspectos laborais, de impostos, de transaccións
financeiras, etc. Globalizar os dereitos e non só o capitalismo. É dicir, tomar medidas para que sexan os Estados os
que controlen á economía a través de acordos internacionais xustos, e que non sexa a economía capitalista a que
controle aos gobernos.
4. O mercado de traballo.
No capitalismo o traballo é unha mercadoría máis, como xa vimos. O mercado de traballo é o entorno
económico no que se producen as relacións entre as persoas que demandan traballadores e traballadoras e as
persoas que ofrecen a súa capacidade de traballar.
A poboación activa é a que está en idade e condicións para traballar teñan ou non traballo. E dicir, a
poboación activa está formada por todas as persoas que ou ben teñen emprego (poboación activa ocupada) ou o
están buscando (poboación activa desocupada).
Os homes e mulleres que traballan poden facelo para outra persoa ou empresa da que reciben un salario
(traballo por conta allea, poboación asalariada), ou traballar pola súa propia conta sen depender de ninguén
(traballo autónomo).
A poboación inactiva é a formada por todas aquelas persoas que non participan directamente na actividade
económica ou que non reciben un salario pola súa actividade e que tampouco están buscando traballo: estudantes,
persoas que realizan labores do fogar ou coidado de familiares non retribuídos, xubilados e xubiladas, pensionistas,
persoas que de rendas, etc.
Para comparar a evolución da situación laboral ou comparar a situación en distintos lugares, empréganse
taxas que relacionan as diferentes variables. A taxa de desemprego é a porcentaxe de poboación activa desocupada
(parados e paradas que buscan traballo) con respecto a poboación total activa, é dicir a poboación que ten traballo
ou o está buscándoo.
Poboación activa desocupada (queren traballo e non o teñen) x 100
Taxa de desemprego=----------------------------------------------------------------------------------
Poboación activa (teñen traballo ou o buscan)
9
Cando comezou o capitalismo no século XIX, ao ser o traballo unha mercadoría máis e haber máis oferta de
traballadores e traballadoras que demanda de traballo, o prezo dos salarios baixou moitísimo, ata facer difícil a vida
dos obreiros e obreiras. Tiñan que traballar todos os membros da familia para chegar a fin de mes e satisfacer as
necesidades máis básicas. Os nenos e mulleres cobraban aínda menos que os homes.
Ao longo do século XIX foi xurdindo o que chamamos movemento obreiro. Os obreiros e as obreiras fóronse
asociando en sindicatos e loitando polos seus dereitos laborais con folgas, manifestacións e negociacións.
Os sindicatos son organizacións de traballadoras e traballadores que teñen como obxectivo a defensa dos seus
intereses, en especial os relacionados co salario, a xornada laboral e as condicións do traballo. Funcionan coas cotas
aportadas polos afiliados e afiliadas e ás veces con subvencións do Estado. Os sindicatos defenden os dereitos da
poboación traballadora negociando coas organizacións empresariais e cos gobernos. Ás veces recorren a medidas de
forza como a folga.
Os sindicatos con máis afiliados en España e en Galicia son UXT (Unión Xeral de Traballadores), Comisións
Obreiras (CC.OO.) e CIG (Confederación Intersindical Galega).
Os empresarios e empresarias tamén forman asociacións en defensa dos seus intereses. En España destacan a
CEOE (Confederación Española de Organizacións Empresariais e a CEPYME (Confederación Española de Pequenas e
Medianas Empresas).
Nos países desenvolvidos conseguíronse leis que obrigan certos dereitos para a poboación traballadora. En
España temos o Estatuto dos Traballadores que é a lexislación mínima que debe cumprir calquera empresario ou
empresaria que nos contrate. Pode haber convenios colectivos ou acordos particulares máis favorables para a
traballadora ou para o traballador, pero nunca poden estar por debaixo do Estatuto.
Isto, sumado ao Estado do Benestar, é dicir, á intervención do Estado na mellora das condicións de vida dos
cidadáns e das cidadás, pon freo aos abusos do capitalismo. O Estado de Benestar proporciona cobertura social ao
desemprego con medidas tales como:
- Pagamento de subsidios aos desempregados, segundo as condicións legais establecidas.
- Fomento da contratación por conta allea, incentivando economicamente aos empresarios e empresarias que
realicen novos contratos.
- Axudas ao autoemprego, especialmente a mozos e mozas e mulleres.
- Programas de formación e capacitación laboral, buscando saídas profesionais para traballadores e
traballadoras sen cualificación.
- Integración laboral de persoas con discapacidade, esixindo a reservas de prazas en oposicións ás
administracións públicas e empresas beneficiarias de subvencións.
E como se costean os gastos do Estado de Benestar? Cos impostos que pagan os traballadores e traballadoras e
as empresas páganse as infraestruturas e os servizos públicos propios do Estado de Benestar. Tanto a poboación
traballadora por conta allea como a que traballa de autónoma ou posúe unha empresa paga impostos. Por iso
distinguimos entre salario bruto e salario neto. O salario bruto é o que a empresa paga ao traballador ou
traballadora incluíndo as retencións e cotizacións, é dicir, que non é o que vai percibir a fin de mes xa que inclúe os
impostos que terá que pagar. O salario neto é o que efectivamente se percibe a fin de mes, unha vez retirado o que
corresponde a impostos. Normalmente o Estado retén parte do salario para o imposto do I.R.P.F. (Imposto sobre a
Renda das Persoas Físicas). Por iso ás veces cando chega o momento de pagar o imposto “sáenos a devolver”. Se a
retención non cubre todo o que nos corresponde pagar por tal imposto é cando nos “sae a pagar”.
10
Existe unha actividade denominada economía somerxida, é dicir, actividade económica que escapa ao control
público e mantén aos traballadores e traballadoras como ilegais, sen respectarlles os seus dereitos. Por culpa do
fraude fiscal o Estado deixa de ingresar importantes cantidades en concepto de retencións e impostos (se as
empresas non declaran os contratos e non pagan as cotas establecidas) cos que mellorar a cobertura social do
conxunto da poboación.

More Related Content

What's hot (12)

Tema 10 – tempos de confrontación en españa
Tema 10 – tempos de confrontación en españaTema 10 – tempos de confrontación en españa
Tema 10 – tempos de confrontación en españa
 
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
 
Manifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maioManifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maio
 
Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014Programa AGEe europeas 2014
Programa AGEe europeas 2014
 
Revol. industrial
Revol. industrialRevol. industrial
Revol. industrial
 
Diptico xmtd 2_t
Diptico xmtd 2_tDiptico xmtd 2_t
Diptico xmtd 2_t
 
As transformacións sociais
As transformacións sociaisAs transformacións sociais
As transformacións sociais
 
Organización política e económica das sociedades
Organización política e económica das sociedadesOrganización política e económica das sociedades
Organización política e económica das sociedades
 
Tema 3 sociais
Tema 3 sociaisTema 3 sociais
Tema 3 sociais
 
Introdución economía
Introdución economíaIntrodución economía
Introdución economía
 
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución Industrial
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución IndustrialHistoria Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución Industrial
Historia Contemporánea 1º Bac Unidade 2 A Revolución Industrial
 
Tema 5 A Unión Europea
Tema 5 A Unión EuropeaTema 5 A Unión Europea
Tema 5 A Unión Europea
 

Similar to Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado

Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociais
juan garcia coto
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociais
juan garcia coto
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicas
caruncho
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicas
caruncho
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ecursocig
 
A sociedade de clases e o movemento obreiro
A sociedade de clases e o movemento obreiro A sociedade de clases e o movemento obreiro
A sociedade de clases e o movemento obreiro
leti95
 
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvoTema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
LourdesErea4
 

Similar to Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado (20)

2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf
2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf
2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociais
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociais
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicas
 
As actividades económicas
As actividades económicasAs actividades económicas
As actividades económicas
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
11. P. De Entreguerras
11. P. De Entreguerras11. P. De Entreguerras
11. P. De Entreguerras
 
Os itinerarios de inserción socio laboral
Os itinerarios de inserción socio laboralOs itinerarios de inserción socio laboral
Os itinerarios de inserción socio laboral
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
A organización económica das sociedades
A organización económica das sociedadesA organización económica das sociedades
A organización económica das sociedades
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
A sociedade de clases e o movemento obreiro
A sociedade de clases e o movemento obreiro A sociedade de clases e o movemento obreiro
A sociedade de clases e o movemento obreiro
 
Ciencias sociais tema 3
Ciencias sociais tema 3Ciencias sociais tema 3
Ciencias sociais tema 3
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
TEMA 14
TEMA 14TEMA 14
TEMA 14
 
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvoTema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
Tema 3 de sociais. lourdes erea da rocha calvo
 

More from Fernanda Suárez Méndez

More from Fernanda Suárez Méndez (20)

Tema a auga
Tema a augaTema a auga
Tema a auga
 
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Proxecto profesional
Proxecto profesionalProxecto profesional
Proxecto profesional
 
Apuntes
ApuntesApuntes
Apuntes
 
Exercicios método científico
Exercicios método científicoExercicios método científico
Exercicios método científico
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
2. o liberalismo político
2. o liberalismo político2. o liberalismo político
2. o liberalismo político
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticas
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
Referendo catalán
Referendo catalánReferendo catalán
Referendo catalán
 
Traballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º esoTraballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º eso
 
Machismo na mecánica
Machismo na mecánicaMachismo na mecánica
Machismo na mecánica
 
A mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivoA mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivo
 
Power point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosaPower point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosa
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
 
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
 
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
 

Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado

  • 1. 1 TEMA 3: A ECONOMÍA MUNDIAL NA ACTUALIDADE A economía é a forma na que unha sociedade organiza os seus medios de existencia, que sempre son limitados. A actividade económica é aquilo que as persoas fan para satisfacer as súas necesidades e os seus desexos a través de bens e servizos. É dicir, a economía ou a actividade económica, é o modo que teñen as persoas de satisfacer as súas necesidades: cómo extraen as materias primas da natureza, cómo as transforman ou consumen, cómo as distribúen, cómo cobren as necesidades de determinados servizos, etc. Os bens son mercadorías tanxibles (un coche, un electrodoméstico, unha flor...), mentres que os servizos son actividades que cobren as necesidades humanas pero non son obxectos concretos (servizos educativos, sanitarios, de transporte...). As persoas que producen bens e servizos son produtoras e as persoas que os consomen son as consumidoras. Os produtores e produtoras poñen á venda unha cantidade determinada de un produtos, e iso é a oferta1 (o que se quere vender). A cantidade de produtos e servizos que os consumidores e as consumidoras queren comprar é a demanda. As actividades económicas poden agruparse en tres grandes sectores: - Sector primario. Agrupa as actividades dirixidas a obter alimentos e materias primas da natureza. Comprende a agricultura, a gandaría, a pesca e a explotación forestal. - Sector secundario. Son as actividades económicas que transforman as materias primas en produtos elaborados. Inclúe a industria, a minaría, o sector enerxético e a construción. - Sector terciario. Tamén chamado sector servizos porque comprende os servizos. É dicir, este sector agrupa as actividades dirixidas a atender as necesidades da poboación de servizos como a sanidade, a educación, o transporte, o lecer, etc. O valor en diñeiro do conxunto dos bens e servizos producidos durante un período de tempo nun territorio é o que se denomina Produto Interior Bruto (PIB). É dicir, o PIB de España no segundo trimestre de 2016, foi de 279.043 millóns de euros. O PIB per cápita divide a riqueza de cada territorio entre os habitantes que hai. Por exemplo o PIB trimestral de España no segundo trimestre do 2016 foi de 5.998 euros. Calquera forma de actividade económica xera riqueza, pero a súa rendibilidade depende de moitos factores, sendo unhas moito máis rendibles que outras. Pode influír a competencia, os costos de produción, a tecnoloxía existente, a intervención do goberno... En xeral, as actividades do sector terciario son as que presentan unha maior rendibilidade, despois as do sector secundario e logo as do primario. O tipo de actividades económicas que predominan nun país depende da tecnoloxía coa que conte, os recursos, a man de obra, e en xeral, do seu grado de desenvolvemento. Os países desenvolvidos son os que máis actividade do sector terciario desenvolven. Os países en desenvolvemento teñen máis desenvolvidos os sectores primario e secundario. 1 A palabra oferta ten varios significados: - Ofrecemento para facer ou cumprir unha cousa: “fixéronme unha oferta tan boa que non puiden rexeitala”. “Fixéronme unha oferta de traballo”. - Acción de ofrecer un produto para a súa venda, especialmente cando se ofrece a un prezo máis baixo do normal: “a oferta consiste en levar tres e pagar dous”. - En economía a oferta é a cantidade de bens ou servizos que os produtores e produtoras están dispostos a vender baixo determinadas condicións de mercado.
  • 2. 2 No segundo trimestre estudaremos polo miúdo cada un destes sectores económicos. Neste primeiro trimestre estudaremos os principais aspectos relacionados coa economía: 1. Os tipos de sistemas económicos do mundo (Sistemas tradicionais, capitalismo, socialismo, sistema mixto – Estado do Benestar-). 2. A fase actual do capitalismo: a Globalización. 3. As desigualdades económicas a nivel Mundial. 4. O mercado de traballo. TIPOS DE SISTEMAS ECONÓMICOS DO MUNDO SISTEMAS TRADICIONAIS: O sistema económico tradicional é o que houbo ao longo dos séculos antes do desenvolvemento da industria en fábricas. Baséase fundamentalmente nas actividades do sector primario (agricultura, gandería e pesca), realizadas con escasa tecnoloxía e cun comercio moi reducido. O sector secundario redúcese á artesanía. É unha economía de subsistencia, é dicir, non comercial, senón destinada a cubrir as necesidades básicas dos habitantes. Este tipo de economías aínda persisten en áreas e comunidades pouco desenvolvidas (zonas tropicais, centro de África, sueste de Asia...). O CAPITALISMO O capitalismo é un sistema de organización económica en que o protagonista é o capital. O capital é todo o que nos vale para gañar cartos: diñeiro, mercadorías, materias primas e tamén terras, edificios, fábricas, etc. No capitalismo puro o Estado2 non regula a economía, non é o goberno nin o parlamento o que di quén pode fabricar qué, cando, onde, etc. Quen regula a economía no capitalismo é o mercado, é dicir a oferta e a demanda. Por exemplo: non é o goberno o que di cánto debe custar un litro de leite, senón que se hai moita oferta de leite o prezo do leite baixa e se hai pouca o prezo sube. Hai liberdade económica. A propiedade é privada, non pública, é dicir, os terreos, as fábricas, as empresas, os servizos (sanidade, ensino...) pertencen a persoas particulares ou grupos de persoas, non ao Estado. O capitalismo crea desigualdades e fai aos ricos máis ricos e aos pobres máis pobres. Os partidarios deste sistema defenden que as persoas donas do capital, ou sexa capitalistas, están moi motivadas a investir para obter beneficio e enriquecerse, creando así riqueza e postos de traballo. Malia isto, o traballo é unha mercadoría máis , e está suxeito á lei da oferta e a demanda. A clase traballadora recibe un salario máis alto ou tan baixo que pode chegar ao grao de explotación, en función do número de traballadores e traballadoras e da cualificación que teñan. O COMUNISMO O comunismo recibe tamén o nome de socialismo, aínda que non debe confundirse cos socialistas dos actuais países occidentais que actualmente defenden un sistema mixto. O comunismo é un sistema que naceu como reacción á explotación dos traballadores e traballadoras por parte dos capitalistas do século XIX. O seu principal teórico foi Carl Marx por iso tamén se lle chama marxismo. 2 Os órganos de goberno dun país.
  • 3. 3 Neste sistema é o Estado, e non o mercado, o que toma as decisións económicas. O Estado organiza, planifica, decide e controla totalmente a economía, qué se vai producir, cómo, a forma de distribuílo, etc. A propiedade dos medios de produción é pública. Non hai propiedade privada. Este sistema limita a liberdade da xente. A xente partidaria deste sistema o defende porque cubre as necesidades básicas de toda a poboación e diminúe as inxustas diferenzas sociais entre ricos e pobres. Pero os seus detractores entenden que sacrificar a liberdade é un prezo demasiado alto. Ademais opinan que o comunismo desmotiva aos traballadores e traballadoras e polo tanto diminúe a produtividade. SISTEMAS MIXTOS O capitalismo triunfou no mundo occidental durante o século XIX, e parte do século XX. Pero as crises económicas e o medo das clases altas á revolución socialista fixo que se foran introducindo cambios por influencia do socialismo, dando lugar a un sistema mixto que é o que se coñece como Estado do Benestar. O principal teórico do sistema mixto e do Estado de Benestar foi John Keynes. En 1929 houbo unha crise económica sen precedentes, unha crise mundial do sistema capitalista que produciu un baixón impresionante na produción e no mercado, peche de empresas, desemprego etc. O economista Keynes propuxo a participación activa do Estado para saír da crise. O Estado debía investir (investimento público) para crear emprego público e favorecer o emprego privado baixando impostos, debía protexer á poboación con medidas como o seguro de desemprego, debía lexislar e intervir no eido económico (fixación de salarios mínimos, xornada laboral máxima, prezos máximos en produtos de primeira necesidade, etc.). Non deixaban de moverse dentro dos principios básicos do capitalismo, pero limitando os abusos e protexendo ás capas máis desfavorecidas da poboación. Dicimos, xa que logo, que existe un Estado de benestar ou Estado social, cando os gobernos interveñen na economía e na sociedade coa fin de lograr que todos os cidadáns teñan un nivel de vida digno e se reduzan as desigualdades sociais. Para iso os Estados establecen servizos de saúde e de educación gratuítos para toda a poboación, conceden subsidios para axudar as persoas que están no paro, establecen pensións de xubilación e fixan un salario mínimo por debaixo do cal non se pode traballar. Os países subdesenvolvidos non logran desenvolver un Estado de benestar. Non logran prestar os servizos máis básicos á maioría da poboación, porque carecen de recursos suficientes para sufragar os gastos que estes requiren. O comunismo levouse á práctica en países como Rusia, China, Cuba, Vietnam e varios países de Europa do leste entre 1949 e 1989. Entre eses anos o mundo estaba dividido simbolicamente polo muro de Berlín en dous bloques: o bloque do leste con economía comunista e o do oeste con economía capitalista3 . Pero no ano 1989 caeu o muro e moitos países do antigo bloque socialista cambiaron de sistema, e a maioría dos que o mantiveron (por exemplo China) introduciron reformas de tipo capitalista: propiedade privada de determinados bens de produción, progresiva substitución da planificación económica do Estado pola iniciativa privada e liberdade de mercado nalgúns sectores, etc. Converténdose tamén en sistemas mixtos. Actualmente a meirande parte dos sistemas económicos do mundo son mixtos cun maior ou menor control do Estado segundo estean máis achegados ao capitalismo ou ao comunismo. As grandes multinacionais queren impoñer o neoliberalismo: privatizar empresas públicas, facilitar o despido e os contratos temporais, deslocalizar empresas para ter máis beneficios, etc. 3 Ainda que non era capitalismo puro, senón máis ben un sistema mixto.
  • 4. 4 A DIVISIÓN POLÍTICA: A DEREITA E A ESQUERDA Dentro dos países desenvolvidos hai un gran debate sobre o alcance que debe ter o Estado de benestar: - Os partidos conservadores, de dereitas ou de ideoloxía liberal, opinan que os Estados deben intervir na economía e na sociedade só para acabar cos casos máis extremos de pobreza e desigualdade. Para eles, canto menos interveña o Estado, máis se facilita o crecemento da economía e a creación de empregos polas empresas, polo que será ese crecemento que asegure o benestar da poboación. Ademais, pensan que a intervención do Estado nun exceso de ámbitos frea o desenvolvemento dunha sociedade libre. - Os partidos de ideoloxía progresistas, de esquerdas ou de ideoloxía socialista, defenden que o Estado debe intervir activamente na maior parte dos problemas sociais e económicos, porque se se deixa actuar libremente aos poderes económicos as desigualdades acrecéntanse: os ricos son cada ve máis ricos e os pobres cada ve máis pobres. E se as persoas non teñen recursos económicos suficientes, é difícil que poidan actuar con liberdade. A FASE ACTUAL DO CAPITALISMO: A GLOBALIZACIÓN. Hoxe en día, as relacións económicas entre os distintos lugares do planeta son máis intensas que nunca. O mercado que regula a economía xa non é un mercado local ou estatal. Agora “o mercado” que regula a economía coa lei da oferta e a demanda é un mercado mundial, por iso falamos de “globalización económica” ou dunha “economía globalizada”. As empresas multinacionais teñen cada vez máis poder económico, e como consecuencia, máis influenza política, porque no capitalismo o capital está detrás de case todo. As multinacionais son empresas que están presentes en varios países, nos que realizan parte da súa actividade. Normalmente establecen neses países empresas filiais que dependen da empresa principal, que opera no país de orixe. Grazas á mellora e ao abaratamento dos transportes e aos actuais medios de comunicación o comercio internacional creceu moitísimo. A globalización non sería posible sen a revolución das comunicacións, e en particular sen Internet. Hoxe, coñécese de forma case inmediata o que sucede en calquera lugar do mundo algo fundamental para a xestión das empresas. Así, é posible comprar e vender accións desde calquera sitio; as centrais das empresas controlan facilmente a actividade das súas filiais noutros países; pódense realizar labores para una empresa situada a miles de kilómetros, etc. As institucións da economía mundial: Existen unhas institucións e organizacións internacionais que condicionan o funcionamento da economía mundial. As principais son o Banco Mundial (BM), o Fondo Monetario Internacional (FMI), a Organización Mundial do Comercio (OMC) e o G- 8. O Banco Mundial e o FMI forman parte da Organización das Nacións Unidas (ONU). Por iso, case todos os países do mundo son membros destas institucións.  O Banco Mundial ten como obxectivo principal reducir a pobreza. Para iso, concede préstamos e asistencia aos países necesitados que promovan o seu crecemento económico e o desenvolvemento.
  • 5. 5 O Banco Mundial recibe fortes críticas dalgúns sectores por ter concedido préstamos a gobernos que vulneran os dereitos humanos, por financiar proxectos moi prexudiciais para o medio ambiente e por favorecer certas políticas económicas que benefician en realidade aos países máis ricos.  O Fondo Monetario Internacional aconsella aos gobernos en cuestións financeiras e pode conceder préstamos aos países membros. A crítica mais intensa que se lles fai ao BM e ao FMI é que as políticas de axuste que promoven supuxeron enormes costos sociais sobre os grupos de poboación máis vulnerables nos países en desenvolvemento. En realidade, non todos os países teñen o mesmo poder nas decisións que toman estas institucións. Os países máis ricos teñen unha maior representación e votos; por iso poden impoñer os seus intereses.  A Organización Mundial do Comercio. Moitos países pertencen á OMC. A súa finalidade é establecer as regras do comercio internacional e resolver os desacordos comerciais que xurdan entre os seus membros.  O G-8. É o grupo dos oito países máis industrializados. Está integrado por Estados Unidos, Alemaña, Reino Unido, Francia, Xapón, Italia, Canadá e Rusia. Reúnense anualmente para debater sobre a situación económica mundial e decidir accións conxuntas en casos de crises.  A OCDE (Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económicos)reúne aos países capitalistas máis industrializados. Realizan estudos e fan publicacións sobre os temas máis diversos: economía, administración pública, educación, medio ambiente, ciencia e tecnoloxía, etc. 3. As desigualdades económicas a nivel Mundial. O primeiro que nos pode vir á cabeza cando falamos de desigualdade económica a nivel mundial é quen decide e como se decide que é un país subdesenvolvido ou que é un país desenvolvido. Hai moitos organismos internacionais que fan estudos sobre a riqueza no mundo, como por exemplo a ONU a través dos seus distintos organismos, ou a OCDE, etc. Cada país soe ter algún organismo oficial que se encarga dos estudos estatísticos, en España o INE (Instituto Nacional de Estatística) e na nosa comunidade autónoma o IGE (Instituto Galego de Estatística). Estes organismos analizan e comparten entre si os datos que obteñen. Con estes datos fanse estudos que determinan que é o que consideramos países subdesenvolvidos e desenvolvidos. Poderíamos medir a riqueza dos países do mundo unicamente atendendo ao PIB (Produto Interior Bruto), é dicir, o conxunto de bens e servizos producidos por un país durante un ano. Pero iso non permitiría ver realmente como vive a poboación dese país. O indicador con máis recoñecemento a nivel internacional é o Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Este indicador combina varias dimensións distintas do desenvolvemento: - Ter unha vida longa e saudable. Avalíase en función da Esperanza de vida ao nacer. - Adquirir coñecementos. Mídese polos anos de escolaridade da poboación maior de 25 anos e polos anos que se espera que estuden os nenos e nenas en idade escolar. - Gozar dun nivel de vida digno. Mídese pola renda per cápita, é dicir, a riqueza que produce a poboación do país dividido polo número de habitantes.
  • 6. 6 O problema que ten o IDH é que non reflicte as desigualdades nin entre os dous xéneros, nin entre a poboación máis rica e a máis pobre. Simplemente fai a media de todos os datos. Para solucionar este problema un estatístico apelidado Gini, inventou o índice que leva o seu nome e que mide precisamente esa desigualdade entre a xente máis rica dun país e a máis pobre. Canto máis cerca do 0 estea o índice dun país, máis igualdade ten; e cando máis cerca do 1, máis desigualdade. Segundo as Nacións Unidas, cando o coeficiente de Gini é superior a 0,40 estaríamos ante un país cunha gran diferenza entre ricos e pobres. A escala mundial o índice está en torno ao 0,6, o que confirma, como vimos no vídeo “así funciona el mundo”, que a riqueza mundial está en moi poucas mans. Pero cales poden ser as causas de esa diferenza no desenvolvemento dos distintos países? As causas son múltiples, entre elas podemos atopar a colonización, as diferenzas de partida durante a industrialización e a forma de desenvolverse a globalización, a débeda externa, o crecemento demográfico ou a inestabilidade política e as guerras.
  • 7. 7 A colonización Entre o descubrimento de América en 1492 e o século XX, os gobernos europeos conquistaron e explotaron ao seu favor os territorios da meirande parte do mundo, territorios que hoxe son países subdesenvolvidos. Administraban os territorios no seu propio proveito, impedindo o desenvolvemento deses territorios. Isto agravouse coa revolución industrial, no século XIX. Os colonizadores obrigaron ás colonias a especializarse na produción de produtos agrícolas e materias primas que lle interesaban ás metrópoles para abastecer ás súas industrias. Ao mesmo tempo empregaban ás colonias como mercados onde vender os seus produtos, e para manter a situación vantaxosa as metrópoles evitaban coa súa lexislación o desenvolvemento da industria das colonias. A meirande parte dos países subdesenvolvidos son antigas colonias europeas que acadaron a independencia política no século XX pero non puideron independizarse economicamente. Ao independizarse seguiron tendo unha dependencia financeira (débeda externa), industrial e tecnolóxica respecto das súas antigas metrópoles e doutros países ricos. Intercambio desigual Como resultado das dinámicas creadas coa colonización os países subdesenvolvidos venden materias primas que sempre teñen un valor menor que os produtos manufacturados dos países ricos. É moi difícil, partindo de cero, poñerse á altura tecnolóxica necesaria para competir cos países ricos na produción de determinados produtos manufacturados. O desfasamento tecnolóxico Os países subdesenvolvidos están en desvantaxe ao non ter cartos para investir en melloras tecnolóxicas que lles permitan competir coas industrias do primeiro mundo. A débeda externa Ao longo dos anos, algúns países pobres contraeron unha elevada débeda externa. A débeda externa supón un freo para o seu desenvolvemento, dado que estes países teñen que destinar unha parte moi importante dos seus recursos á devolución desta. A globalización O capitalismo mundial acrecenta as desigualdades entre pobres e ricos. O peso da poboación A aplicación de vacinas e outras medidas fixeron diminuír a mortalidade nos países subdesenvolvidos, pero por distintas razóns, sobre todo culturais, non diminuíu da mesma maneira a natalidade, o que provoca un espectacular aumento da poboación. Nesta situación non é doado alimentar, educar, dar traballo e cubrir as necesidades básicas destas poboacións. Gobernos inestables e conflitos armados Moitos países subdesenvolvidos teñen gobernos inestables, frecuentes golpes de Estado, guerras, etc. Isto é produto dun conxunto de factores moi variados: dunha falta de tradición democrática, da escasa cultura da meirande parte da poboación, das condicións de vida tan difíciles que soportan, da corrupción especialmente nos casos en que existen materias primas ou fontes de enerxía moi valiosas, etc. En ocasións, os conflitos bélicos son o resultado da intervención no pasado ou no presente de países do primeiro mundo polos seus propios intereses económicos.
  • 8. 8 Como podería solucionarse esta situación? O desenvolvemento dos países pobres non é só unha cuestión de xustiza social, favorecería tamén aos países ricos ao diminuír os problemas de inmigración descontrolada, diminuír o terrorismo e as guerras e ao crear mercados onde vender produtos. Non é doado vencer ao subdesenvolvemento pero hai camiños que poden limar as diferenzas entre os países máis ricos e os máis pobres:  Condonación de parte da débeda externa.  Axudas ao desenvolvemento por parte dos países ricos. Algúns movementos propoñen ceder o 0,7% do PIB dos distintos países desenvolvidos para axudar aos subdesenvolvidos..  Comercio xusto.  Préstamos máis baratos e xustos.  Facer un seguimento dos cartos aportados para asegurar a súa inversión en actividades produtivas que permitan o desenvolvemento.  Estender a educación.  Acordar normas internacionais comúns e xustas en aspectos laborais, de impostos, de transaccións financeiras, etc. Globalizar os dereitos e non só o capitalismo. É dicir, tomar medidas para que sexan os Estados os que controlen á economía a través de acordos internacionais xustos, e que non sexa a economía capitalista a que controle aos gobernos. 4. O mercado de traballo. No capitalismo o traballo é unha mercadoría máis, como xa vimos. O mercado de traballo é o entorno económico no que se producen as relacións entre as persoas que demandan traballadores e traballadoras e as persoas que ofrecen a súa capacidade de traballar. A poboación activa é a que está en idade e condicións para traballar teñan ou non traballo. E dicir, a poboación activa está formada por todas as persoas que ou ben teñen emprego (poboación activa ocupada) ou o están buscando (poboación activa desocupada). Os homes e mulleres que traballan poden facelo para outra persoa ou empresa da que reciben un salario (traballo por conta allea, poboación asalariada), ou traballar pola súa propia conta sen depender de ninguén (traballo autónomo). A poboación inactiva é a formada por todas aquelas persoas que non participan directamente na actividade económica ou que non reciben un salario pola súa actividade e que tampouco están buscando traballo: estudantes, persoas que realizan labores do fogar ou coidado de familiares non retribuídos, xubilados e xubiladas, pensionistas, persoas que de rendas, etc. Para comparar a evolución da situación laboral ou comparar a situación en distintos lugares, empréganse taxas que relacionan as diferentes variables. A taxa de desemprego é a porcentaxe de poboación activa desocupada (parados e paradas que buscan traballo) con respecto a poboación total activa, é dicir a poboación que ten traballo ou o está buscándoo. Poboación activa desocupada (queren traballo e non o teñen) x 100 Taxa de desemprego=---------------------------------------------------------------------------------- Poboación activa (teñen traballo ou o buscan)
  • 9. 9 Cando comezou o capitalismo no século XIX, ao ser o traballo unha mercadoría máis e haber máis oferta de traballadores e traballadoras que demanda de traballo, o prezo dos salarios baixou moitísimo, ata facer difícil a vida dos obreiros e obreiras. Tiñan que traballar todos os membros da familia para chegar a fin de mes e satisfacer as necesidades máis básicas. Os nenos e mulleres cobraban aínda menos que os homes. Ao longo do século XIX foi xurdindo o que chamamos movemento obreiro. Os obreiros e as obreiras fóronse asociando en sindicatos e loitando polos seus dereitos laborais con folgas, manifestacións e negociacións. Os sindicatos son organizacións de traballadoras e traballadores que teñen como obxectivo a defensa dos seus intereses, en especial os relacionados co salario, a xornada laboral e as condicións do traballo. Funcionan coas cotas aportadas polos afiliados e afiliadas e ás veces con subvencións do Estado. Os sindicatos defenden os dereitos da poboación traballadora negociando coas organizacións empresariais e cos gobernos. Ás veces recorren a medidas de forza como a folga. Os sindicatos con máis afiliados en España e en Galicia son UXT (Unión Xeral de Traballadores), Comisións Obreiras (CC.OO.) e CIG (Confederación Intersindical Galega). Os empresarios e empresarias tamén forman asociacións en defensa dos seus intereses. En España destacan a CEOE (Confederación Española de Organizacións Empresariais e a CEPYME (Confederación Española de Pequenas e Medianas Empresas). Nos países desenvolvidos conseguíronse leis que obrigan certos dereitos para a poboación traballadora. En España temos o Estatuto dos Traballadores que é a lexislación mínima que debe cumprir calquera empresario ou empresaria que nos contrate. Pode haber convenios colectivos ou acordos particulares máis favorables para a traballadora ou para o traballador, pero nunca poden estar por debaixo do Estatuto. Isto, sumado ao Estado do Benestar, é dicir, á intervención do Estado na mellora das condicións de vida dos cidadáns e das cidadás, pon freo aos abusos do capitalismo. O Estado de Benestar proporciona cobertura social ao desemprego con medidas tales como: - Pagamento de subsidios aos desempregados, segundo as condicións legais establecidas. - Fomento da contratación por conta allea, incentivando economicamente aos empresarios e empresarias que realicen novos contratos. - Axudas ao autoemprego, especialmente a mozos e mozas e mulleres. - Programas de formación e capacitación laboral, buscando saídas profesionais para traballadores e traballadoras sen cualificación. - Integración laboral de persoas con discapacidade, esixindo a reservas de prazas en oposicións ás administracións públicas e empresas beneficiarias de subvencións. E como se costean os gastos do Estado de Benestar? Cos impostos que pagan os traballadores e traballadoras e as empresas páganse as infraestruturas e os servizos públicos propios do Estado de Benestar. Tanto a poboación traballadora por conta allea como a que traballa de autónoma ou posúe unha empresa paga impostos. Por iso distinguimos entre salario bruto e salario neto. O salario bruto é o que a empresa paga ao traballador ou traballadora incluíndo as retencións e cotizacións, é dicir, que non é o que vai percibir a fin de mes xa que inclúe os impostos que terá que pagar. O salario neto é o que efectivamente se percibe a fin de mes, unha vez retirado o que corresponde a impostos. Normalmente o Estado retén parte do salario para o imposto do I.R.P.F. (Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas). Por iso ás veces cando chega o momento de pagar o imposto “sáenos a devolver”. Se a retención non cubre todo o que nos corresponde pagar por tal imposto é cando nos “sae a pagar”.
  • 10. 10 Existe unha actividade denominada economía somerxida, é dicir, actividade económica que escapa ao control público e mantén aos traballadores e traballadoras como ilegais, sen respectarlles os seus dereitos. Por culpa do fraude fiscal o Estado deixa de ingresar importantes cantidades en concepto de retencións e impostos (se as empresas non declaran os contratos e non pagan as cotas establecidas) cos que mellorar a cobertura social do conxunto da poboación.