Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
8 de marzo. Día da muller
1. 8 de marzo
Día da muller
3º B E. Primaria
C.E.I.P. Chano Piñeiro
2012 - 2013
2. 8 DE MARZO: DIA DA MULLER
● O Día Internacional da Muller é unha data que
celebran os grupos femeninos en todo o mundo;
conmemórase nas Nacións Unidas e en moitos
países é festa nacional.
● Celebra o feito de que as mulleres son
protagonistas da historia e a súa loita por
participar na historia en igualdade co home.
● A celebración deste día comenzou a finais do
século XIX que foi un período de expansión coa
revolución industrial.
3. Cronoloxía
● 1909: o 28 de febreiro celébrase nos EEUU o primeiro Día Nacional da Muller. Seguirá celebrándose
o derradeiro domingo de febreiro ata 1913.
● 1910: A Internacional Socialista proclama o Día da Muller, de carácter internacional como homenaxe
ao movemento en favor dos dereitos da muller e para axudar a conseguir o sufraxio femenino
universal (dereito a votar).
● 1911: Celébrase por primeira vez o Día Internacional da Muller (19 de marzo) en Alemania,Austria,
Dinamarca e Suiza,. Ademáis do dereito de voto e de ocupar cargos públicos, esixiron o dereito ao
traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.
● O 25 de marzo, máis de 140 traballadoras morreron nun incendio dunha fábrica en Nova Yorke,
dando lugar a cambios na lexislación laboral de EEUU e nas condicións laborais.
●
1913 a 1914: As mulleres rusas celebran por vez primeira o Día Internacional da Muller e no resto
de Europa,en 1914 se protesta pola guerra e para solidarizarse con as demáis mulleres.
● 1917: Como reacción ante os 2 millóns de soldados rusos mortos na guerra, as mulleres rusas
decláranse en folga o último domingo de febreiro pedindo "pan e paz". O goberno provisional
concedeul ás mulleres o dereito de voto. Ese histórico domingo foi ol 23 de febreiro, según o
calendario xuliano utilizado entón en Rusia, ol 8 de marzo, según o calendario gregoriano utilizado
noutros países.
● O Día Internacional da Muller é o punto de coordenación para actividades a favor
dos dereitos das mulleres e a súa participación na vida política e económica. É a
ocasión para reflexionar sobre os avances conseguidos, esixir cambios e celebrar os
actos das mulleres que desempeñan unha función extraordinaria na historia dos
dereitos da muller.
4. Oficios tradicionalmente femininos
● Lavandeiras
● Empregadas domésticas
● Secretarias
● Telefonistas
● Oficios relacionados coa pesca:
– Mariscadoras
– Redeiras
– Empregadas en fábricas de conserva
5. Lavandeiras
● Mulleres que lavaban a roupa das familias pudientes.
● Antes de saír o sol, en todas as épocas do ano, saían camiño do río,
fonte ou lavadoiro, cargando coa roupa sucia nun caldeiro de zinc
sobre a cabeza. Levaban un xabrón que facían na casa.
● Aproveitaban pedras planas inclinadas, máis tarde pezas de madeira,
para enxabronar, golpear, restregar, aclarar e retorcer.
● Si quedaban manchas a poñían “a clarear”: botar a roupa extendida ao
sol e remollala con auga enxabronada, e logo volver a lavala.
● Poñían a roupa a secar nas silvas, na herba ou en cordeis e a
recollían para devolvela seca e limpa.
● Equipo LALABLOGO
6. Servicio doméstico
● Normalmente é un traballo realizado por
mulleres, coñecidas como empregadas do
fogar ou criadas. As veces os soldos son
escasos xa que se lles paga co aloxamento
e a comida (internas)
● A súa orixe se remonta ás épocas dos
esclavos, e ten marcadas diferencias entre
as tarefas realizadas por mulleres ou
homes.
● As principais tarefas son: limpar, cociñar,
facer a compra, lavar e planchar a roupa,
coidar dos nenos e nenas ( e das persoas
anciáns).
● Nalgúns países ou clases sociais as
empregadas deben usar uniforme.
Equipo JUGADORES
7. Secretarias
● Coa revolución industrial (s. XIX),
aparece o traballo de oficinista, de
gran responsabilidade e confianza e
realizado homes.
● As mulleres acceden a este traballo
debido ás guerras (en España máis
tarde), con soldos menores.
● As secretarias son mulleres con formación e poden deber o seu
nome a que unha das súas funcións é gardar secretos da empresa,
así como: filtrar chamadas telefónicas, ordenar papeis e
correspondencia, contestar cartas, pasar a máquina escritos, e
incluso levar café, ordenar o despacho, xestionar visitas e viaxes.
● Este oficio experimentou moitos cambios cos avances tecnolóxicos
(mecanografía – taquimecanografía – fotocopiadora -
ordenadores,...) e a expansión industrial (saber idiomas – viaxes
-...)
Equipo MOVEDIZOS
8. Telefonistas
● Persoa encargada de contestar
chamadas telefónicas.
● Aparecen cando empezan a instalarse
os primeiros teléfonos, que estaban
conectados a unha central y ellas eran
as encargadas de establecer a
conexión.
● Avisaban cando a chamada excedía
de 3 minutos, e cubrían os tickes para
as facturas. Tamén se encargaban dos
telegramas, por eso facían turnos e
tiñan unha encargada.
● Tiña prestixio social e debían pasar
exámenes para poder traballar.
Cobraban mais que outros oficios
femeninos, pero menos que nos
traballos masculinos da compañía
telefónica.
Equipo ACUAZOO
9. Mariscadoras
● Comenzou como forma de gañar cartos mentras os homes estaban na
mar, adicados á pesca. Co paso do tempo evolucionou ata converterse
nun traballo diario, ainda que non foi recoñecido legalmente ata 1998.
● A xornada de marisqueo comenza ao saír o sol, metidas na auga con
botas de auga, un sacho, un rastrillo e un caldeiro. Logo levan o marisco á
lonxa onde os intermediarios o subastan.
● Tamén se encargan de limpar as praias de algas invasoras para que o
marisco non se asfixie, de sementar as crias de bivalvos, e de protexer o
marisco dos pescadores furtivos .
Equipo NATULÓGICOS
10. Redeiras
● Reparan ou repoñen material das redes de pesca e se lles paga
por horas ou por peza reparada. O seu traballo é insustituible por
máquinas.
● Cambiaron a súa situación laboral despois do desastre do
Prestige. No ano 2010 só había 400 redeiras dadas de alta na
Seguridade Social. Traballan nas súas casas ou nos peiraos.
● Poden traballar para artes menores (todas ilegais) ou para o
cerco. Na nave de redeiras de Cangas fanse a maioría dos
traballos da flota de cerco da ría de Vigo.
12. Fontes
● http://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_da_Muller_Traballadora
● http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/763-8-de-marzo-dia-internacional-de-la-mujer
● http://www.sigojoven.com/grupos/asi_somos_y_asi_se_lo_contamos/articulo/oficios_antiguos_lavanderas
● http://es.wikipedia.org/wiki/Trabajador_dom%C3%A9stico
● http://www.oficiostradicionales.net/es/otros/secretarias/index.asp
● http://www.oficiostradicionales.net/es/urbanos/telefonista/telefonistas.asp
● http://www.agareso.org/blogs/i_seminario_usc/ag2/?cat=5
● http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=51&recurso_id=2776
● http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/02/07/0003_8279396.htm
● Imaxes:
– http://vimeo.com/57563716
– MUJERES TRABAJANDO EN UNA INDUSTRIA CONSERVERA. XURXO LOBATO
– Lavanderas en el rio Arandilla. Mariano Herrero M
– http://folkloreytradiciones.blogspot.com.es/2007_05_01_archive.html
–
13. Investiga e contesta
● Busca información específica sobre oficios
trradicionais femininos
http://www.oficiostradicionales.net/es/
● No conto “Las lavanderas locas” fálase dun oficio
utilizado por moitos artistas nos seus cadros. Busca
cadros sobre ese tema.
● En todas as parroquias existen lugares onde as
mulleres iban a lavar a roupa; pregunta en casa, aos
veciños... Fotografía os lavadoiros, fontes, regatos
utilizados para ese fin en Gondomar e facede un
mural coas fotos.
14. Realizado polo alumnado de 3ºB E. Primaria do
C.E.I.P. Chano Piñeiro (Gondomar):
● Equipo NATULÓGICOS:
– Adrián ● Equipo JUGADORES:
– Asier – Alba
– Yaiza – Ezequiel
● Equipo ACUAZOO: – Lara
– Aitor – Rubén
– Noa ● Equipo MOVEDIZOS:
– Yessica – Daniel
● Equipo LALABLOGO: – Emma
– Daniela – Nadia
– Hugo – Yago
– Lola
– Pablo Marzo 2013
–