4. Con 8 probas, de xeito que cada grupo de primaria empezará por unhae continuará pola
seguinte ata rematar .
Cada grupo terá un mapamundi copercorrido que teñen que facer e o medio de transporte
que utilizarán. Terán tamén un pasaporte que se lles selará con cada proba superada.
Londres – París: Percorrido en barco. Os nenos
colócanse sentados en fila remando (desprazándose) todos
a un tempo.
París – O Cairo: Percorrido a pé. Proba de equilibrio
colocando as mans coma as figuras exipcias e levando un
vaso con area na man coma se fose unha bandexa.
O Cairo - Bombai: Percorrido en bus. Resolver un
xeroglífico.
Bombai - Tokio: Percorrido en avión. Con follas dobles
de periódico, construir un avión de papel para facelo voar.
5. Tokio – Tahití: Percorrido en globo. Inflar globos e
atalos na rede do campo ata conseguir o mesmo
número que o grupo de alumnos.
Tahití – Sidnei: Formaranse os nomes dos países
utilizando diferentes posturas corporais.
Sidnei – Brasil: Percorrido en submarino.
Poñéndose de acordo todo o grupo na elección dunha
canción deben cantala.
Brasil – Nova Iorque: Percorrido en tren.
Desprazándose deitado no chan en fila e agarrándose
polos pes teñen que moverse coma se fosen unha
eiruga.