SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 8
PROXECTO ABALAR.
CEIP Nº 2 DE TUI
Integración das TIC na práctica educativa.
Introdución:
• ABALAR é o proxecto que substancia a estratexia para a
  integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia.

• É unha estratexia educativa global e integradora, co obxectivo
  de maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das
  competencias da nosa cidadanía, na modernización do ensino.

     Da aula de        á informática na aula
    informática

 Dos actuais libros      aos libros dixitais
      de texto

  Do profesor que       ao profesor que usa a
                             informática
 ensina informática         para ensinar
Eidos de actuación:
• No camiño cara o centro educativo dixital o noso centro contará con
  iniciativas nos seguintes eidos:
 1. Equipamento e infraestruturas.

 • Proxectores, encerados dixitais, ultraportátiles de alumnado e profesorado, armarios con bandexas
   para a recarga, CPD, cables e canalización, acondicionamento de aulas, instalación eléctrica,
   conexión á rede de educación e a Internet…

 2. Contidos educativos.

 • Cun repositorio de contidos que se alimentará con contidos internos e externos á Xunta de Galicia,
   tanto públicos como privados, e totalmente integrado no espazo ABALAR.

 3. Fomento da cultura dixital.

 • Nos docentes, cun plan de formación específico para a súa habilitación no uso das TIC na práctica
   docente.
 • Nas familias, difundindo as novas canles e soportes audiovisuais de comunicación, favorecendo con
   isto o acceso aos servizos que proporciona a administración.

 4. Integración e participación

 • O proxecto ABALAR dispón dun portal propio, que é o referente dos servizos educativos en Galicia.
O espazo ABALAR
Curso académico 2012-2013
• Durante este ano comezaremos a implantalo nas aulas de 5º de
  primaria, posteriormente continuarase estendendo ao resto de niveis
  educativos, ao ritmo que se estableza segundo a dispoñibilidade
  orzamentaria e os resultados acadados na primeira fase.
Normas de uso, por parte do alumnado, dos
      recursos tic das aulas ABALAR
• O usuario/a que incumpra as directrices establecidas neste protocolo
  e os procedementos establecidos pola Consellería de Educación,
  estará suxeito/a á suspensión temporal ou definitiva dos seus dereitos
  de utilización, e estará suxeito/a ás correspondentes sancións
  disciplinarias, recollidas no Regulamento de Réxime Interno ou nos
  procedementos legais oportunos ( REAL DECRETO 732/1995, de 5 de
  maio,polo que se establecen os dereitos e deberes dos Alumnos e as
  normas de convivencia nos centros).

• Familias e alumnado serán informados, nunha reunión conxunta,
  das directrices de uso da Aula Abalar e recibirán un impreso
  (Contrato Familias )no que se comprometen a cumprir as normas
  deste regulamento. Este impreso deberá se asinado polo pai/nai ou
  titor/a legal.
Armario de carga
• Antes de coller o portátil das casiñas establecidas para gardalos os alumnos deixarán as súas
  mesas completamente libres.
• Cada alumno/a irá ao armario (ao casilleiro que ten asignada por orde) de un en un e
  recollerá unicamente o netbook que ten a súa etiqueta identificativa.
• Durante os recreos os equipos non se poderán sacar da aula, deixaranse no estante
  correspondente, apagados e conectados á rede eléctrica para recargar a batería.
• Os alumnos/as devolverán o portátil ao lugar que lle corresponde no estante, cando non se
  estea a utilizar, asegurándose de que queda conectado ao cargador.
• Unha vez rematada a xornada lectiva os portátiles permanecerán no centro gardados na clase
  no seu correspondente armario e baixo chave.




Encerado Dixital Interactivo (EDI)
• Non utilizar obxectos ou instrumentos puntiagudos coma os bolígrafos, lapis ou os rotuladores
  de punta fina, poden danar a superficie analóxica-resistiva se se aplican cunha forte presión.
• Evitar que os borradores ou materiais de limpeza abrasivos entre en contacto coa EDI.
• E requisito indispensable para o uso do EDI que as mans reúnan unha perfecta condición
  hixiénica (coidado coas unllas).
• Non pegar cinta adhesiva sobre a superficie de escritura.
• Os alumnos/as non deben usar o EDI sen permiso.
Ultraportátil dos alumnos
• Cada alumno como responsable do seu portátil, terá un nome de usuario que se corresponde co
  do netbook que ten asignado coa fin de facilitar o rexistro da súa actividade e para que exista
  unha responsabilidade persoal no coidado do mesmo.
• Terá un contrasinal de uso que non deberá de facilitarse a outros. É a súa responsabilidade
  calquera uso por terceiros do seu portátil usando o seu contrasinal.
• O ultraportátil non se acenderá ata recibir a orde expresa do profesor/a.
• É responsabilidade do alumno/a o mantemento en bo estado do seu ultraportátil. Para iso debe
  preservalo de temperaturas extremas, da humidade e mesmo evitar golpes.
• Non se colocarán obxectos de ningunha clase sobre o portátil nin cando estea aberta nin cando
  estea pechada a tapa.
• A pantalla é moi delicada. Non se debe tocar nunca cos dedos só co punteiro do propio portátil.
• Ante calquera incidencia o alumno responsable do portatil deberá cubrir un parte de
  incidencias, supervisado polo profesor/a, para entregar á Coordinadora do Proxecto Abalar.
• Só se poderán sacar da aula Abalar para ser levados ás aulas específicas de P.T. e A.L.
• Cando o profesor teña que interromper o traballo do alumnado para dar unha explicación
  baixaranse as tapas dos portátiles sen chegar a pechalos para que estes non entren en estado de
  suspensión.
• Cada alumno/a será responsable de gardar o traballo, e de apagar correctamente o equipo ao
  finalizar a clase.
• Cando o alumno/a teña que ausentarse temporalmente da aula, baixará totalmente a tapa do
  portátil para evitar posible golpes e aforrar batería.

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Presentación multimedia para as familias

Normas de uso dos recursos tic da aula abalar
Normas de uso dos recursos tic da aula abalarNormas de uso dos recursos tic da aula abalar
Normas de uso dos recursos tic da aula abalarcliogalicia
 
Abalar 2012 13
Abalar 2012 13Abalar 2012 13
Abalar 2012 13vicaaron
 
Normas de uso dos recursos tic das aulas
Normas de uso dos recursos tic das aulasNormas de uso dos recursos tic das aulas
Normas de uso dos recursos tic das aulasRosaraujo
 
Normas de uso dos recursos tic das aulas
Normas de uso dos recursos tic das aulasNormas de uso dos recursos tic das aulas
Normas de uso dos recursos tic das aulasRosaraujo
 
Protocolo netbooks
Protocolo netbooksProtocolo netbooks
Protocolo netbooksecoiote
 
Necesidad protocolo
Necesidad protocoloNecesidad protocolo
Necesidad protocolovigotic
 
Tarefa modulo 4 ABALAR
Tarefa modulo 4 ABALARTarefa modulo 4 ABALAR
Tarefa modulo 4 ABALARjuan josé
 
Normativa09 10
Normativa09 10Normativa09 10
Normativa09 10aurelio
 
Recomendacions centros piloto
Recomendacions centros pilotoRecomendacions centros piloto
Recomendacions centros pilotoaurelio
 
Presentación Abalar
Presentación AbalarPresentación Abalar
Presentación Abalareclogita
 
Proxecto abalar jesus orizales
Proxecto abalar jesus orizalesProxecto abalar jesus orizales
Proxecto abalar jesus orizalesjesusorizales
 
Protocolo de uso do equipamento abalar
Protocolo  de uso do equipamento abalarProtocolo  de uso do equipamento abalar
Protocolo de uso do equipamento abalarapedradoabalar
 
Proxecto Abalar - G1201038 tarefa4
Proxecto Abalar - G1201038 tarefa4Proxecto Abalar - G1201038 tarefa4
Proxecto Abalar - G1201038 tarefa4jcarlosvazquez1961
 
Presentación ABALAR
Presentación ABALARPresentación ABALAR
Presentación ABALARamtaboada
 
Tarefa módulo 4 de Ramón París Lago (Proxecto Abalar)
Tarefa módulo 4 de Ramón París Lago (Proxecto Abalar)Tarefa módulo 4 de Ramón París Lago (Proxecto Abalar)
Tarefa módulo 4 de Ramón París Lago (Proxecto Abalar)Ramón París Lago
 
O proxecto abalar
O proxecto abalarO proxecto abalar
O proxecto abalarmagalu28
 

Semelhante a Presentación multimedia para as familias (20)

Normas de uso dos recursos tic da aula abalar
Normas de uso dos recursos tic da aula abalarNormas de uso dos recursos tic da aula abalar
Normas de uso dos recursos tic da aula abalar
 
Modulo 4
Modulo 4Modulo 4
Modulo 4
 
Abalar 2012 13
Abalar 2012 13Abalar 2012 13
Abalar 2012 13
 
Normas de uso dos recursos tic das aulas
Normas de uso dos recursos tic das aulasNormas de uso dos recursos tic das aulas
Normas de uso dos recursos tic das aulas
 
Normas de uso dos recursos tic das aulas
Normas de uso dos recursos tic das aulasNormas de uso dos recursos tic das aulas
Normas de uso dos recursos tic das aulas
 
Proxecto abalar
Proxecto abalarProxecto abalar
Proxecto abalar
 
Proyecto abalar
Proyecto abalarProyecto abalar
Proyecto abalar
 
Protocolo netbooks
Protocolo netbooksProtocolo netbooks
Protocolo netbooks
 
Necesidad protocolo
Necesidad protocoloNecesidad protocolo
Necesidad protocolo
 
Tarefa modulo 4 ABALAR
Tarefa modulo 4 ABALARTarefa modulo 4 ABALAR
Tarefa modulo 4 ABALAR
 
Normativa09 10
Normativa09 10Normativa09 10
Normativa09 10
 
Recomendacions centros piloto
Recomendacions centros pilotoRecomendacions centros piloto
Recomendacions centros piloto
 
Presentación Abalar
Presentación AbalarPresentación Abalar
Presentación Abalar
 
Proxecto abalar jesus orizales
Proxecto abalar jesus orizalesProxecto abalar jesus orizales
Proxecto abalar jesus orizales
 
Protocolo de uso do equipamento abalar
Protocolo  de uso do equipamento abalarProtocolo  de uso do equipamento abalar
Protocolo de uso do equipamento abalar
 
Proxecto Abalar - G1201038 tarefa4
Proxecto Abalar - G1201038 tarefa4Proxecto Abalar - G1201038 tarefa4
Proxecto Abalar - G1201038 tarefa4
 
Presentación ABALAR
Presentación ABALARPresentación ABALAR
Presentación ABALAR
 
Tarefa módulo 4 de Ramón París Lago (Proxecto Abalar)
Tarefa módulo 4 de Ramón París Lago (Proxecto Abalar)Tarefa módulo 4 de Ramón París Lago (Proxecto Abalar)
Tarefa módulo 4 de Ramón París Lago (Proxecto Abalar)
 
O proxecto abalar
O proxecto abalarO proxecto abalar
O proxecto abalar
 
Presentación espazo abalar
Presentación espazo abalarPresentación espazo abalar
Presentación espazo abalar
 

Presentación multimedia para as familias

  • 1. PROXECTO ABALAR. CEIP Nº 2 DE TUI Integración das TIC na práctica educativa.
  • 2. Introdución: • ABALAR é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia. • É unha estratexia educativa global e integradora, co obxectivo de maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias da nosa cidadanía, na modernización do ensino. Da aula de á informática na aula informática Dos actuais libros aos libros dixitais de texto Do profesor que ao profesor que usa a informática ensina informática para ensinar
  • 3. Eidos de actuación: • No camiño cara o centro educativo dixital o noso centro contará con iniciativas nos seguintes eidos: 1. Equipamento e infraestruturas. • Proxectores, encerados dixitais, ultraportátiles de alumnado e profesorado, armarios con bandexas para a recarga, CPD, cables e canalización, acondicionamento de aulas, instalación eléctrica, conexión á rede de educación e a Internet… 2. Contidos educativos. • Cun repositorio de contidos que se alimentará con contidos internos e externos á Xunta de Galicia, tanto públicos como privados, e totalmente integrado no espazo ABALAR. 3. Fomento da cultura dixital. • Nos docentes, cun plan de formación específico para a súa habilitación no uso das TIC na práctica docente. • Nas familias, difundindo as novas canles e soportes audiovisuais de comunicación, favorecendo con isto o acceso aos servizos que proporciona a administración. 4. Integración e participación • O proxecto ABALAR dispón dun portal propio, que é o referente dos servizos educativos en Galicia.
  • 5. Curso académico 2012-2013 • Durante este ano comezaremos a implantalo nas aulas de 5º de primaria, posteriormente continuarase estendendo ao resto de niveis educativos, ao ritmo que se estableza segundo a dispoñibilidade orzamentaria e os resultados acadados na primeira fase.
  • 6. Normas de uso, por parte do alumnado, dos recursos tic das aulas ABALAR • O usuario/a que incumpra as directrices establecidas neste protocolo e os procedementos establecidos pola Consellería de Educación, estará suxeito/a á suspensión temporal ou definitiva dos seus dereitos de utilización, e estará suxeito/a ás correspondentes sancións disciplinarias, recollidas no Regulamento de Réxime Interno ou nos procedementos legais oportunos ( REAL DECRETO 732/1995, de 5 de maio,polo que se establecen os dereitos e deberes dos Alumnos e as normas de convivencia nos centros). • Familias e alumnado serán informados, nunha reunión conxunta, das directrices de uso da Aula Abalar e recibirán un impreso (Contrato Familias )no que se comprometen a cumprir as normas deste regulamento. Este impreso deberá se asinado polo pai/nai ou titor/a legal.
  • 7. Armario de carga • Antes de coller o portátil das casiñas establecidas para gardalos os alumnos deixarán as súas mesas completamente libres. • Cada alumno/a irá ao armario (ao casilleiro que ten asignada por orde) de un en un e recollerá unicamente o netbook que ten a súa etiqueta identificativa. • Durante os recreos os equipos non se poderán sacar da aula, deixaranse no estante correspondente, apagados e conectados á rede eléctrica para recargar a batería. • Os alumnos/as devolverán o portátil ao lugar que lle corresponde no estante, cando non se estea a utilizar, asegurándose de que queda conectado ao cargador. • Unha vez rematada a xornada lectiva os portátiles permanecerán no centro gardados na clase no seu correspondente armario e baixo chave. Encerado Dixital Interactivo (EDI) • Non utilizar obxectos ou instrumentos puntiagudos coma os bolígrafos, lapis ou os rotuladores de punta fina, poden danar a superficie analóxica-resistiva se se aplican cunha forte presión. • Evitar que os borradores ou materiais de limpeza abrasivos entre en contacto coa EDI. • E requisito indispensable para o uso do EDI que as mans reúnan unha perfecta condición hixiénica (coidado coas unllas). • Non pegar cinta adhesiva sobre a superficie de escritura. • Os alumnos/as non deben usar o EDI sen permiso.
  • 8. Ultraportátil dos alumnos • Cada alumno como responsable do seu portátil, terá un nome de usuario que se corresponde co do netbook que ten asignado coa fin de facilitar o rexistro da súa actividade e para que exista unha responsabilidade persoal no coidado do mesmo. • Terá un contrasinal de uso que non deberá de facilitarse a outros. É a súa responsabilidade calquera uso por terceiros do seu portátil usando o seu contrasinal. • O ultraportátil non se acenderá ata recibir a orde expresa do profesor/a. • É responsabilidade do alumno/a o mantemento en bo estado do seu ultraportátil. Para iso debe preservalo de temperaturas extremas, da humidade e mesmo evitar golpes. • Non se colocarán obxectos de ningunha clase sobre o portátil nin cando estea aberta nin cando estea pechada a tapa. • A pantalla é moi delicada. Non se debe tocar nunca cos dedos só co punteiro do propio portátil. • Ante calquera incidencia o alumno responsable do portatil deberá cubrir un parte de incidencias, supervisado polo profesor/a, para entregar á Coordinadora do Proxecto Abalar. • Só se poderán sacar da aula Abalar para ser levados ás aulas específicas de P.T. e A.L. • Cando o profesor teña que interromper o traballo do alumnado para dar unha explicación baixaranse as tapas dos portátiles sen chegar a pechalos para que estes non entren en estado de suspensión. • Cada alumno/a será responsable de gardar o traballo, e de apagar correctamente o equipo ao finalizar a clase. • Cando o alumno/a teña que ausentarse temporalmente da aula, baixará totalmente a tapa do portátil para evitar posible golpes e aforrar batería.