2. O termo “románico" é unha palabra relativamente recente.
Comézase a usar no século XVII; e fálase de "román“, en
referencia á lingua moderna que se fala en Europa, lingua
intermedia derivada do latín. Co sufixo "-esque"
(romanesque) faise referencia implícita a un modo de facer
que deriva da cultura romana. Roma é sen dúbida o
referente.
7. O gran éxito da consolidación e difusión da arte Románica
ven impulsado por unha labor practicamente evanxelizadora
da Igrexa Romana, eficientemente representada pola orde
benedictina de Cluny. Cada novo mosterio contribúe a
multiplicar a mensaxe, tanto en forma da réplica de códices
nos seus escritorios, como no estímulo para edificar novas
igrexas; e unha vez consolidado, xerar un novo mosteiro coa
designación do seu abade e a encarga de facela.
Unha e outra vez, ao longo e ancho de Europa. E cando o
empuxe da orde se debilita, xorde a "reforma da reforma":
O Císter. Monxes brancos que toman o relevo dos monxes
negros. Sobriedade tanto no formal como no espiritual
precedendo a un novo estilo, vertical e luminoso no estrutural
e con modos realistas e expresivos no artístico: o Gótico.
8. Materiais. Catedral de Plasencia
Pedra
(principal)
Interior muros:
argamasa e
ripios (restos)
Ladrillos
(menor uso)
29. Catedral de Santiago:
nave central cara o
ábside
Nave central cara o Pórtico da
Gloria
TIPOLOXÍATIPOLOXÍA
30. Catedral de Santiago:
transepto ou cruceiro
bóvedas de arista dunha nave lateral,
tribuna superior e pilares compostos
TIPOLOXÍATIPOLOXÍA
31. Igrexa abacial de Cluny III: debuxo, estado
actual e planta.
ROMÁNICO FRANCÉS. Zona de BorgoñaROMÁNICO FRANCÉS. Zona de Borgoña
Foi destruída durante a Revolución
Francesa; e só se conserva o brazo
sur dun dos transeptos.
32. Fachada exterior da Magdalena de Vezelay e planta
Románico francés. Zona de BorgoñaRománico francés. Zona de Borgoña
34. Igrexa de San Esteban de Caen
Románico francés. Zona deRománico francés. Zona de
NormandíaNormandía
Esta zona caracterízase pola
grandiosidade das súas igrexas,
alcanzando ata os catro pisos.
35. Igrexa da Trinidade de Caen
Románico francés. Zona deRománico francés. Zona de
NormandíaNormandía
36. Románico francés. ZonaRománico francés. Zona
de Aquitaniade Aquitania
Igrexa de San Pedro de Angulema
Nas zonas de Aquitania, Poitou
e O Perigord as igrexas
destacan polas súas cúpulas, de
influencia bizantina.
1ª metade do s. XII. Planta
de cruz latina cunha nave
única moi ampla. As cúpulas
que presenta na fachada son
de influencia bizantina como
tamén o é a súa terminación
en placas de escamas.
37. Notre-Dame de Poitiers
Románico francés. Zona de PoitouRománico francés. Zona de Poitou
Comezada en 1166 e rematada
no século XV, causa pola que se
lle engadiron detalles góticos
como o remate triangular da súa
fachada. Destacan na mesma os
tres arcos de ½ punto, tres
portas que corresponden ás
tres naves e dúas torres
laterais rematadas en conos.
46. 3. Catedral de Santiago:
Primitiva igrexa románica
O obxectivo do Camiño de Santiago era chegar ata a igrexa que
gardaba os restos de Santiago o Maior, un dos discípulos máis
próximos a Xesucristo, decapitado entre os anos 41-44. A súa tumba
foi redescuberta no século IX, despois de séculos de esquecemento.
47. En plena Reconquista, o rei Afonso II necesitaba un elemento
aglutinador para o seu reino e convertíu o apóstolo nun símbolo da loita
contra o Islam. Nacía así o mito de Santiago Matamouros.
48. En 1075, da man do bispo compostelán Diego Peláez, comezaron as
obras para construír un gran templo no lugar da antiga basílica. No ano
1087 este bispo foi destituído…
49. Catedral de Santiago. Interior
… e o proxecto quedou
paralizado ata a
chegada, en 1100, do
novo prelado, Diego
Xelmírez, próximo á
orde cluniacense. O
conxunto foi finalizado
en 1128.
55. Pantocrátor e tetramofos
Tetraformos = símbolos dos
catro evanxelistas: a aguia de
San Xoan, o león de San
Marcos, o touro de San Lucas e
o anxo de San Mateo
56. Tímpano. San Pedro de Moissac (s. XII)
Rodas de lume infernal
Cristo en
Maxestade
Tetramorfos
Anciáns
músicos
Cristo rodeado polos símbolos dos catro Evanxelistas, e debaixo os 24 anciáns
do Apocalipse que forman un friso continuo. As ondas do mar de cristal están
mencionadas no Apocalipse e aparecen tamén nas xambas.
Ondas do mar
59. Santa Fe de Conques. O
inferno e os condenados
60. Catedral de Santiago: Portada de Praterías (comezos do século XIII).
Chamouse así porque era aí onde se colocaban os mestres prateiros para
fabricar os seus obxectos.
Portada adicada a Cristo
e trátase de destacar a
súa dobre natureza. A
lectura da mensaxe
faise de dereita a
esquerda.
61. Praterías. Tímpano dereito: Na parte superior presenta unha
representación da Epifanía e, na inferior, varias esceas da Paixón de Cristo
(prendemento, flaxelación e coroación de espiñas) e Cristo curando un cego.
62. Tímpano esquerdo
Praterías. Tímpano esquerdo: represéntanse as Tentacións de Xesús
(de aí a profusión de monstruos, que aparecen figurados como monos con ás)
e unha imaxe de Eva cunha calaveira no colo.
66. Catedral de Santiago: Pórtico da Gloria: 1168-1188
Forma parte do nártex da catedral, estreito corredor nos que os seus escasos 5
metros de anchura impiden a súa visión frontal completa. O recinto é, en
realidade, o nivel superior dunha cripta, que foi inxeniosamente ideada polo
mestre Mateo para compensar o desnivel de terreo que había entre a nave da
igrexa e a praza exterior.
67. O pórtico estructúrase en tres aberturas que coinciden coas naves da
igrexa. Acolle máis de 200 esculturas que, facendo honor ao horror
vacui enchen todos os elementos arquitectónicos: arquivoltas,
tímpanos, columnas e chapiteis.
68.
69. Xambas da dereita: apóstolos
San Pedro ataviado de pontifical e coas chaves do Reino de Deus; San Pablo
con barba longa e un libro aberto, Santiago (o menor) e seu irmán, San Xoán
(mozo que apoia os pés sobre unha aguia). Todos, profetas e apóstolos, son
figuras moi expresivas.
70. Ábside. San Clemente de Tahull
Seguindo o modelo tradicional o ábside (cara a onde o fiel dirixe a súa mirada)
divídese en tres rexistros: o primeiro, o ceo, na bóveda semiesférica onde se
representa o Pantocrátor; o segundo, no tambor da bóveda con representacións
da Virxe e os santos que remiten á Igrexa e ao seu papel como intercesora
entre o mundo divino e o humano; e o terceiro, xeralmente dedicado á terra, é
aquí a penas visible.
71. Detalles. San Clemente de
Tahull Simetría
Xeometrización
O rostro de Cristo constrúese a partir duns
ollos simplificados, un entrecello que se
prolonga para definir o nariz e unha boca
perfilada por dúas raias; o conxunto queda
enmarcado por unha cabeleira e unha barba
simétricas. Poucas liñas para expresar
solemnidade e severidade.
Composición: Pantocrátor sentado sobre o
arco da vella e cos pés sobre o escabel da
terra, flanqueado polas letras alfa e
omega. Transmite toda a maxestade que
emana do texto apocalíptico: vestido como
un rei, coroado de luz, bendice coa man
dereita…
72. Panteón Real de San Isidoro
de León. Bóvedas (fins s. XI
ou comezos do XII)
Hai quen chamou a estes frescos a
Capela Sixtina da arte románica.
As escenas estructúranse en
relación cos tres ciclos litúrxicos:
Nadal, a Paixón e a Resurrección.
O conxunto complétase con
representacións dos signos do
zodíaco e do calendario agrícola.
73.
74. Frontal. Santa María de Aviá, s. XII (pintura sobre táboa)
No compartimento central, a Virxe, enmarcada por un arco trilobulado, sostén o
Neno sobre os seus xeonllos. Ós lados, desenvólvense diferentes escenas da
vida de María, relacionadas sempre con Xesús: a Anunciación e a Visitación, o
nacemento de Xesús (Natividade), a adoración dos Reis (Epifanía) e a
presentación de Xesús no templo.