Contomartiñonoitedereis

788 visualizações

Publicada em

0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
788
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
525
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
0
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Contomartiñonoitedereis

  1. 1. CANDO A MARTIÑO LLE ENTRARON GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS Autor: Chema Heras Ilustrador: Kiko Dasilva
  2. 2. Había unha vez un neno chamado Martiño. Martiño tiña 6 anos.
  3. 3. Cando chegou o Nadal, Martiño, que xa aprendera a escribir, escribiu a carta aos Reis Magos. A carta dicía así: Queridos Reis Magos:Quero que me traiades un tren cunha locomotora e 3 vagóns: O 1º vermello, o do medio azul e o último amarelo.
  4. 4. Martiño buscou unha corda para tirar da locomotora e inventou unha cantadela:“O tren de Martiño, CHUCU CHUCU CHÚ! Vai polo camiño, CHUCU CHUCU CHÚ”
  5. 5. Cando chegou a noite de Reis, a súa nai díxolle:-Martiño, hoxe tes que ir durmir ben cedo. Esta noite veñen os Reis Magos.-Non! Non quero! Eu quero velos! – protestou Martiño
  6. 6. -Pero, que dis? Os Reis non entran nas casas dosnenos que non están durmidos – advertiulle seu pai.-Entón vou para cama agora mesmo- dixo Martiño.
  7. 7. Antes de se deitar, Martiño deixou enriba da mesa 3 puñados de noces e 3 cuncas de leite... para os Reis.Tamén encheu 3 caldeiros de auga... para os camelos.
  8. 8. Despois meteuse na cama e acochouse entre as mantas, pensando no tren, na locomotora e nos 3 vagóns: o 1ºvermello, o do medio azul e o último, amarelo.
  9. 9. Pensando pensando, durmiu, e durmindo durmindo, soñou: “O tren de Martiño, CHUCU CHUCU CHÚ! Vai polo camiño, CHUCU CHUCU CHÚ” (2)
  10. 10. No medio e medio da noite, o neno espertou coas ganas de mexar e escoitou unha voz que viña do corredor: -Onde lle deixamos o tren, aquí ou debaixo da cama?
  11. 11. Martiño estaba a piques de mexar por el, pero non se atrevía a erguerse porque lembraba o que dixera seu pai: -“ Os Reis non entran nas casas dos nenos que non están durmidos!”
  12. 12. Pero o pobre do rapaz non aguantaba máis, saltou da camamoi a modo e, nas puntas dos pés, foi ata o baño, abriu a portacon moito coidado, levantou a tapa do váter, sem facer ruído e...
  13. 13. PSSSSSSSSSSSSSSSSSSS ... O mexo fixo ruído, moito ruído...
  14. 14. Pero máis ruído fixo a voz que tronou detrás del: -E ti, que fas aquí?
  15. 15. É que, é que, é que... ti-ti-ti-ña mo-mo-moitas ga-ga-ga-nas de mmmmexarrr....-tatexou Martiño sen se atrever a volver a cabeza.
  16. 16. Cos ollo cheos de bágoas, Martiño correu para o seu cuarto e meteuse na cama. Pensando pensando durmiu. E durmindo durmindo, soñou...
  17. 17. soñou que os Reis lle deixaran unha morea de carbón negro, moi negro.
  18. 18. Coas primeiras luces da mañá, Martiño abriu os ollos,saltou da cama e foi mirar se os Reis lle trouxeran algo.
  19. 19. Estaban as cascas das noces, estaban as cuncas baleiras,tamén estaban os 3 caldeiros sen auga. Pero... non estaba o tren!
  20. 20. O neno mirou, buscou e rebuscou por toda a casa, pero...
  21. 21. non atopou nin rastro do tren.
  22. 22. De súpeto, lembrou o que oíra pola noite:-Onde lle deixamos o tren, aquí ou debaixo da cama?
  23. 23. Martiño correu axiña ao seu cuarto, mirou debaixo da cama e viu algo negro, moi moi negro.
  24. 24. Meteu o brazo e sacou unha locomotora e 3 vagóns: o primeiro vermello, o do medio azul e o último...
  25. 25. O último era un penico grande, amarelo e moooi fondo.
  26. 26. Martiño colleu o cordel, atouno á locomotora e foise pola casa adiante cantaruxando:“O tren de Martiño, CHUCU CHUCU CHÚ! Vai polo camiño, CHUCU CHUCU CHÚ”
  27. 27. E… COLORÍN COLORADO… ESTE CONTO ESTÁ REMATADO!

×