1. Os elementos da narración
• Narrador
• Personaxes
• Espazo
• Tempo
2. Chamámoslle narrador á voz que conta o que sucede. O autor pode narrar os
feitos directamente ou elixir un personaxe que o faga. Así distinguimos:
• Narrador omnisciente: está fóra da
acción. Conta todo o que os
personaxes fan, din ou pensan porque
o sabe todo. Narra en 3ª p.
• Narrador protagonista: é o
personaxe principal e relata os feitos
dende o seu punto de vista. Narra en 1ª
p.
• Narrador testemuña: só conta o que
observa. É un personaxe secundario.
Pode narrar en 1ª ou 3ª p.
3. Os personaxes constitúen un elemento narrativo fundamental. En
función da súa importancia na acción, poden ser de dúas clases:
• Principais: están sempre • Secundarios: teñen menor
ben definidos, tanto dende o presenza no texto e están
punto de vista físico coma menos caracterizados.
psicolóxico.
4. O tempo é o elemento da narración que ten en conta a duración,
sucesión e ordenación en que se producen os distintos
acontecementos. Segundo a orde temporal, o desenvolvemento da
narración pode ser:
• Lineal: os feitos preséntanse na orde cronolóxica en que se
produciron.
• In medias res: a narración iníciase nun punto intermedio, polo
que o relato debe retroceder para recuperar o inicio.
• In extremas res ou flash-back: a narración empeza polo final e
retrocede ao pasado en intervalos breves.
5. O espazo é o elemento narrativo que indica o lugar no que se
desenvolve a acción e polo que se moven os personaxes. Hai
espazos urbanos, rurais, domésticos, laborais… E tamén abertos
ou pechados, habitados ou deshabitados, modernos ou antigos...
En relación coa realidade, o espazo pode ser:
• Real: corresponde a lugares auténticos e identificables.
• Imaxinario: non existe de verdade, pero foi creado a partir de
espazos similares á realidade.
• Fantástico: non existe nin ten relación con espazos reais.
6. O espazo é o elemento narrativo que indica o lugar no que se