A cultura castrexa

6.097 visualizações

Publicada em

Características da cultura castrexa

Publicada em: Educação
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
6.097
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
5.256
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
5
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

A cultura castrexa

  1. 1. A CULTURA CASTREXA EN 10 PREGUNTAS
  2. 2. 1- QUE SE ENTENDE POR CULTURA CASTREXA? É a cultura da Idade de Ferro que se desenvolve en todo o noroeste da Península Ibérica
  3. 3. 2- CANDO SE DÁ? Entre o século IX ac e o s. I dc. Despois do s. I dc. co territorio xa invadido polos romanos hai castros que continúan habitados, pero considéranse da cultura galaico- romana
  4. 4. 3- QUE É UN CASTRO? Un castro é un poboado fortificado, construído durante a Idade de ferro e situado a miúdo (non sempre) en zonas altas e doadas de defender
  5. 5. 4- ONDE HAI CASTROS? En Galicia, Oeste de Asturias e León e o Norte de Portugal. Do río Navia ao Douro Sitúanse en zonas litorais ou de val, escasean en zonas montañosas Nos sabemos con exactitude cantos castros hai, pero probablemente superan os 3.000
  6. 6. 5- COMO É O EXTERIOR DUN CASTRO? Soe ter unha forma circular adaptándose ás curvas de nivel do terreo. Pode ter unha ou máis murallas feitas de pedra ou terra. As defensas complétanse con foxos e parapeitos que rodean a muralla e a reforzan nos lugares máis febles. A miúdo tamén están reforzadas as portas de entrada na muralla Parapeitos Foxo
  7. 7. 6- E O INTERIOR DO CASTRO? No interior do castro distribúense as vivendas, normalmente son circulares pero tamén as hai cadradas, especialmente nos castros máis recentes. Na etapa final da época castrexa as casas agrupábanse por familias en torno a un patio, onde hai tamén alpendres e celeiros e están separadas das demais vivendas por unha pequena muralla . As vivendas distribúense seguindo as irregularidades do terreo e forman rúas e canellóns estreitos
  8. 8. 7- COMO É UNHA VIVENDA CASTREXA? Circular case sempre, de pedra nos muros pero tamén as houbo de barro ou madeira. No centro sitúase unha lareira, e un banco corrido de pedra pegado ao muro da vivenda. Os teitos eran de madeira e palla. Non debemos confundir castro (grupo de casas) con vivenda (unha sóa casa) Fogar tear forno muíño
  9. 9. 8- ERAN CELTAS OS HABITANTES DOS CASTROS ? Os romanos chamáronlle “Celtas”a todas as tribus que vivían ao Norte dos Alpes. Autores nacionalistas galegos (Murguía, Risco) usaron a palabra para referirse a estes pobos prehistóricos galegos, remarcando que a súa orixe era do Norte de Europa e non mediterránea. A cultura castrexa ten influenzas centroeuropeas pero é incorrecto dicir que os seus habitantes eran celtas.
  10. 10. 9- COMO E DE QUE VIVÍAN? A sociedade castrexa estaba xerarquizada, dirixida por un lider ou “príncipe”. A unidade básica de organización era a familia, nun castro vivía un grupo de familias e varios castros formaban un “populus”: ártabros, cilinios, límicos… Os restos que conservamos de fortificacións, armas, estatuas de xefes militares… dinnos que eran pobos guerreiros. Vivían sobre todo da agricultura (fabas, cereais…) e da gandaría (vacas, ovellas, cabras e porcos) pero tamén tiña importancia a minería e a pesca e o marisqueo (nas zonas litorais) Guerreiro castrexo Ánfora Fenicia atopada en Sta Tegra, demostra as relacións comerciais
  11. 11. 10- EN QUE CRÍAN OS CASTREXOS? Eran politeístas, crían en varios deuses: Bandua, Laroco, Coso… relacionados coa guerra, os camiños, as augas etc. Non conservamos sepulturas castrexas (necrópolis) polo que supoñemos que incineraban (queimaban) os mortos
  12. 12. OS CASTROS MÁIS IMPORTANTES Castro de Baroña, Porto do Son, entrada fortificada
  13. 13. Castro de Viladonga, Lugo Neste castro romanizado, cultura Galaico- Romana, hai moitas casas de formas cadradas
  14. 14. Castro de Santa Tegra, A Garda, Pontevedra
  15. 15. Restos arqueolóxicos atopados: -Pedra -Cerámica - Metais: ferro, bronce, ouro Esq. Fiestra con forma de trisquel, símbolo solar, dta cabeza e torso de guerreiro, Museo Arqueolóxico de Ourense
  16. 16. Cerámica castrexa con decoración de pico de diamante
  17. 17. Arriba xoias de ouro, esq. Torques masculino, símbolo de poder que se poñía no brazo ou no pescozo. Dta arracadas de muller. Abaixo espadas de puño de antenas en bronce
  18. 18. QUERES SABER MÁIS? CONSULTA ESTES ENLACES: PÁXINA INTERACTIVA NA QUE SE PODEN FACER VISITAS VIRTUAIS A VARIOS CASTROS: http://www.muvicc.es/catalogo.html BLOG QUE RELACIONA MÁIS DE 3.000 CASTROS, DAS CATRO PROVINCIAS GALEGAS : http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros- de-galiza-i.html
  19. 19. BIBLIOGRAFÍA: CALO LOURIDO, F. (1993): A cultura castrexa, Ed. A Nosa Terra, Vigo CARBALLO ARCEO, X. (2000): Os castros galegos, Ed. A Nosa Terra, Vigo
  20. 20. REFERENCIAS DAS IMAXES DIAPOSITIVA Nº: 4- MIGUEL BUGALLO SÁNCHEZ-CC-BY-SA-http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Castro_de_BaroNa.Galiza.jpg 5-FROARINGUS-CC-BY-SA-http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Cultura_Castrexa.png 6- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.html 7- A DOMINIO PÚBLICO-http://en.wikipedia.org/wiki/Castro_culture#mediaviewer/File:Planta_original_cividade_Arthur_Cruz.jpg B- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.html 8- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.html 10-A-B-C-- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.html 11- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.html 12-LMBUGALLO SÁNCHEZ-CC-BY-SA-http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Castro_de_BaroNa.Galiza.09.jpg 13- A-PePeEFE-CC-BY-SA-http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Castro_de_Viladonga_-_Panor%C3%A1mica_02.jpg B- ALMA-CC-BY-SA-http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Vista_xeral_da_croa_Castro_de_Viladonga.JPG C- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.html 14- A-HOMBREDHOJALATA-CC-BY-SA-http://es.wikipedia.org/wiki/ Castro_de_Santa_Tecla#mediaviewer/Archivo:Castro_de_Santa_Trega,_2011,_A_Guarda.jpg B-JUAN MEJUTO-CC-BY-SA- http://es.wikipedia.org/wiki/Castro_de_Santa_Tecla#mediaviewer/Archivo:A_Guarda-Castro_de_Santa_Trega.jpg 15- A-FROARINGUS-CC-BY-SA-http://en.wikipedia.org/wiki/Castro_culture#mediaviewer/File:Trisquel_de_Castromao.JPG B- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.html C-FROARINGUS-CC-BY-SA-http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Torso_de_guerreiro.JPG 16- A- Mº DE EDUCACIÓN-http://www.muvicc.es/catalogo.html B-JOSEOLGON-CC-BY-SA-http://en.wikipedia.org/wiki/Castro_culture#mediaviewer/File:Ceramica_Cividade_de_Terroso.JPG 17- A- LUIS GARCÍA-CC-BY-SA- MAN-http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Torque_galaico-asturiano_de_Labra_%28M.A.N._33132%29_01.jpg B- AARIZAGA-CC-BY-SA-http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Arracadas_do_%22Tesouro_Bedoya%22,_expostas_no_Museo_de_Pontevedra..jpg C- ÁLVARO PÉREZ VILARIÑO-CC-BY-SA-http://en.wikipedia.org/wiki/Castro_culture#mediaviewer/File:Espadas_de_Antenas.jpg
  21. 21. Dereitos de autor O legado cultural greco-latino. Maribel Iglesias Baldonedo, con licenza: Dentro do curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel Iglesias e Manuel Busto. Baixo licenza Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España. Créditos e autoría: Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con licenza CC-BY- NC-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan, acolléndose ao dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas Web, e lígase -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios recursos, que manteñen integramente. Outras licenzas: Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.

×