2. INTRODUCCIÓN
• Desde que xorde a vida na Terra ata a actualidade as
especies foron sometidas a constantes cambios
evolutivos, extincións e aparición de novas especies.
• A nosa especie, a dos seres humanos, tamén se viu
sometida a un importante proceso evolutivo desde os
primates ata o home tal e como o coñecemos na
actualidade.
• Neste traballo faredes un percorrido desde os nosos
antepasados máis remotos ata o home actual,
analizando as diferenzas e semellanzas entre eles.
3. TAREFA
• O voso traballo consiste en informaros sobre o fascinante mundo dos
fósiles. Teredes que realizar unha presentación, usando Impress, que
despois teredes que expoñer ante os vosos compañeiros (nuns 10 min).
Intentade que a presentación sexa atractiva, con abundantes imaxes e
pouco texto por diapositiva. Na presentación deberedes responder ou tratar
ás seguintes cuestións:
1. Explicade qué é a evolución e quen propuxo esta teoría por primeira vez.
2. Incluide un esquema evolutivo xeral onde se observen a evolución das
diferentes especies ata chegar ó home actual incluindo a época onde viviu
cada un deles.
3. Comenta os rasgos evolutivos xerais que se foron producindo de forma
progresiva dunhas especies ás outras.
4. Comentade de xeito individual cada unha das especies, indicando cando
viviron, as súas características físicas máis salientables, as melloras
evolutivas, a súa forma e lugar de vida…
4. RECURSOS
A información que precisades para levar a cabo este
traballo a podedes atopar nos seguintes recursos:
• Concepto de evolución: libro de texto – páx. 93
• Esquema da evolución humana:
http://www.google.es/images
• Información:
- http://www.hiru.com/c/document_library/get_file?uuid=21
0ecfb3-77ba-4a1f-bb6e-51d987a492cc&groupId=10137
- http://redescolar.ilce.edu.mx/redescolar/act_permanente
s/historia/histdeltiempo/mundo/prehis/t_evolu.htm