SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 33
Baixar para ler offline
A Estación de Arte Rupestre
do Outeiro dos Lameiros
Xosé Lois Vilar Pedreira / Eduardo Méndez Quintas
A Estación da Arte
Rupestre do Outeiro
dos Lameiros
Sabarís - Baiona

Xosé Lois Vilar Pedreira
Eduardo Méndez Quintas
ÍNDICE
© Desta edición:
© Do texto:
© Fotografías:
© Debuxos e calcos:

Comunidade de Montes en Mancomún de Sabarís
Xosé Lois Vilar Pedreira e Eduardo Méndez Quintas
Rosana Estévez e Xosé Lois Vilar
Xosé Lois Vilar e Eduardo Méndez

Edición ao coidado de:
Deseño e maqueta:
Fotografías:

Antón Mascato
Daniel Sotelo
Rosana Estévez e Xosé Lois Vilar

Execución gráfica:

Obradoiro de Nova Galicia Edicións
novagalicia@novagalica.com

Dep. Legal:
ISBN:

As Terras do Xacemento . . . . . . . . . . . . . . . 5
Introdución . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9
Os Petróglifos. O Momento dos Gravadores . . . . . . 13
A Arte Gravada nas Pedras . . . . . . . . . . . . . 17
A Estación de Arte Rupestre do Outeiro dos Lameiros . 27

Acceso ós outros Petróglifos
Comunidade de Montes en Mancomún de Sabarís
Presidente: Xosé Alfredo Pereira
Rúa Outeiro, 25 - 36393 Sabarís - Baiona
5
Teléfono 649 137 135

. . . . . .

53

. . . . . . . . . . . .

61

O Patrimonio Arqueolóxico e Etnográfico
5

AS TERRAS DO XACEMENTO
A Estación Arqueolóxica “O Outeiro dos Lameiros”,
encóntrase en terras denominadas “ Montes Veciñais en Man
Común” que son titularidades de carácter colectivo, o que quere dicir que correspóndelle sempre aos veciños e veciñas dun
lugar, aldea ou parroquia, que viñan usando estas terras dende tempos inmemoriais; non entendidos como entes administrativos, senón como grupos sociais.
Os Montes Veciñais en Man Común, non son totalmente
públicas, nin totalmente privadas. Son titularidades privadas
colectivas. A titularidade e o uso destas terras, correspóndelle
sempre aos veciños e veciñas comuneiros. Os Montes Veciñais
en Man Común, son, xa que logo, unha titularidade especial,
un sinal de identidade de Galiza. Son, “outra forma de posuír”
que temos os galegos e as galegas.
Os Montes Veciñais en Man Común, conforman unha
titularidade de carácter xermánico. É dicir, son titularidades
indivisibles, inalienables, imprescritibles e inembargables. O
único requisito esixido para gozar dos dereitos destas terras,
6

7

e a veciñanza, sendo titularidades sen asignación de cotas e
que non se poden transmitir individualmente.
Historicamente, os Montes Veciñais en Man Común foron
o soporte do complexo agro-gandeiro galego. Deles obtíñanse
cereais (trigo e centeo). Deles tamén se obtiña adubio orgánico producido a partir do toxo e das xestas e que era usado
para estercar as terras agrarias e o propio monte veciñal.
Os Montes Veciñais en Man Común mantiñan a cabana
gandeira, que era polivalente, xa que o gando, ademais de
producir alimentos básicos (carne e leite), fertiliza as terras e
sera forza de traballo do laboragrario . Aínda que o gando
vacún era o mais significativo, tamén había gando équido,
lanar, caprino e porcino.
O aproveitamento agrícola e gandeiro, era o principal
uso dos Montes Veciñais en Man Común. Mais tamén había
outros aproveitamentos secundarios como a leña, usada como
combustible para as casas; a madeira, usada para a fabricación de aparellos de labranza e para o interior das casas; a
pedra, usada para a construción das vivendas; o carbón vexetal; a caza; as plantas medicinais; as froitas silvestres...
Precisamente, no lugar onde se atopa o xacemento arqueolóxico, podemos apreciar ese uso multifuncional dos Montes
Veciñais en Man Común. Nel temos, aproveitamento de
madeira, canteira e moi preto, no lugar denominado Fonte
Armada, ata o primeiro terzo do século pasado, había un
aproveitamento agro-gandeiro.
A entidade titular destas terras, denominadas Montes
Veciñais en Man Común, son as comunidades de montes.

Neste caso concreto, a titular destas terras, é a Comunidade
de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Santa
Cristina da Ramallosa. Os órganos de decisión e de goberno
destas entidades son: A Asemblea Xeral de Veciños e Veciñas
Comuneiros e a Xunta Rectora da Comunidade de Montes.
A Asemblea Xeral de Veciños e Veciñas Comuneiros, é o
órgano de goberno máximo da Comunidade de Montes. É a xuntanza de veciños e veciñas comuneiros, que reunidos en asemblea xeral, deciden democraticamente, a xestión, a administración e a posta en valor dos Montes Veciñais en Man Común.
A día de hoxe, os Montes Veciñais en Man Común deixaron de ser o soporte do complexo agro-gandeiro galego; mais.
teñen que ser unha das pezas para o desenvolvemento rural
de Galiza. O presente e o futuro do Monte Veciñal en Man
Común, pasa por camiñar de contado cara o logro dun monte
multifuncional, axustado en primeiro lugar a demandas dos
veciños e veciñas comuneiros e, en segundo lugar, axustado ás
demandas da sociedade galega no seu conxunto. Un monte
veciñal multifuncional onde se desenvolvan as tres funcións
que todo monte debe cumprir: a social, a produtiva e a
medioambiental. Un Monte Veciñal en Man Común, que desenvolvido dende a óptica da sustentabilidade, poña en valor de
xeito compatible e interrelacionado todos os seus usos e os
seus aproveitamentos, como poden ser: a produción de madeira, o aproveitamento agrícola e gandeiro, a biomasa forestal, a
apicultura, os cogomelos,... e os restos patrimoniais.
Esta foi a óptica, esta foi a estratexia que levou a que os
veciños e veciñas comuneiros da parroquia de Santa Cristina

O Outeiro dos Lameiros

As terras do xacemento
8

9

da Ramallosa, aprobasen en asemblea xeral, a posta en valor
do conxunto arqueolóxico “O Outeiro dos Lameiros”. Unha
posta en valor destes restos patrimoniais nos que, unha vez
asegurada a súa protección e a súa conservación, deben
entenderse como un recurso máis do monte veciñal, de tal
xeito que a posta en valor destes restos patrimoniais deben
significar facelos visibles ao común da xente. Deben significar
que a súa visita resulte gratificante e non frustrante .
Só deste xeito se pode asegurar o mantemento da posta
en valor e xa que logo, a súa protección e a súa conservación.
Só deste xeito, o Monte Veciñal en Man Común, pode serunha
peza para o desenvolvemento do mundo rural e para asentar
poboación neste medio e para contribuír á dinamización
socioeconómica da zona de influencia do monte. Só deste xeito se pode lograr un monte multifuncional e sustentable. E a
posta en valor dos Montes Veciñais en Man Común, entendida
deste xeito, é, entre outras cousas a arma máis eficaz na loita
contra esa peste que son os lumes forestais .
XOSÉ ALFREDO PEREIRA
Presidente da Comunidade de Montes
en Man Común de Sabarís

O Outeiro dos Lameiros

INTRODUCIÓN
A comezos da década de 1980 no Faro de Vigo, da autoría de J.M. Hidalgo Cuñarro e F.J. Costas Goberna con datos
de Antonio Taboada Táboas de Belesar, daban conta do
coñecemento de media ducia de superficies con gravados de
distintas épocas nas parroquias de Belesar e Baíña.
Consistían estes gravados en petróglifos de coviñas e combinacións circulares, un reticulado, muíños naviculares e dúas
figuras antropomorfas, estas na aldea de San Cosme, onde
X. Martínez Tamuxe xa dera conta da existencia de cruces
no ano 1975.
Non sería até febreiro de 1984 cando X.L. Vilar e M.
Pedreira descubriron a estación de arte rupestre do Outeiro
dos Lameiros de forma casual visitando a Tomada dos
Ineses. En realidade no momento da descuberta había un
par de petróglifos marcados con xiz da man dun mozo miñorano, Gustavo Pascual, que días antes pasara pola zona. A
prospección en días sucesivos desvelou ós ollos da arqueoloxía dúas ducias de superficies con gravados na zona entre as
10

11

parroquias de Sabarís, a inmensa maioría, e Baíña. Esta
descuberta provocou varios artigos na prensa e a inclusión
deste numeroso grupo de insculturas no libro Petroglifos del
litoral sur de la ría de Vigo que estaba a elaborar un equipo
dirixido por F.J. Costas Goberna e que se editaría no ano
1984.
Nesta altura no Outeiro dos Lameiros xa se coñecían
superficies con moi variados motivos, tales como coviñas,
circos concéntricos, zoomorfos, reticulados, alfabetiformes e
ata un muíño navicular de soporte fixo. Pero a raíz da visita
á zona de A Posada, M. I. Mouriño, J. R. Soage, E. Buch e E.
Torres no ano 1988 descubriron o gran panel vertical
emprazado nunha das paredes do propio Outeiro dos
Lameiros. As visitas continuadas de Antonio Taboada
aumentarían a colección de superficies gravadas coñecidas
na zona da Puexa e A Regueira do Grilo, dadas a coñecer na
revista Castrelos e tamén no Congreso de Arte Rupestre
celebrado en Vigo no ano 1999.
Desde aquela non hai monografía, estudo, tese ou
publicación que trate a arte rupestre galaica que non cite o
panel, que é importante por si e tamén polo conxunto do que
forma parte. Lembremos que o Outeiro dos Lameiros/ Os
Campos é o cerne dunha zona con gravados rupestres do
norte da Serra da Groba que ocupa as parroquias de
Belesar, Baíña e Sabarís. Está caracterizado pola presenza
de moita e boa arte abstracta destacando os petróglifos do
Grichouso, A Chan da Puexa, A Regueira do Grilo e as superficies números 1, 2 e 17 dos Campos. É sorprendente a

abundancia de reticulados, uns corenta, nun espazo tan
reducido, sendo a maior concentración que coñecemos no
noso país.
Hai tamén muíños naviculares de soporte fixo formando parte dunha zona máis extensa de aparición que vai desde Caminha ata Cangas, con excepcións en Carnota e
Agolada. Estes muíños constitúen o sistema máis antigo que
coñecemos para converter en fariña os cereais que introduciu en Galicia a chegada do neolítico hai 6500 anos; pero
quizais valesen tamén para moer outros vexetais.
Nesta zona baionesa de arte coñecemos tamén a existencia de zoomorfos na Puexa, na Regueira do Grilo, nos
Campos en dúas superficies pero o que lle confire especial
valor ó conxunto é a parede gravada do Outeiro dos
Lameiros, unha superficie de 15 x 5 m. Espectacular polo
seu tamaño, polo seu emprazamento nunha parede vertical,
algo inusual en Galicia, por conter a maior cantidade de
cuadrúpedes –uns 78- nunha soa superficie e polo gran
dominio visual sobre o espazo circundante e sobre o Val
Miñor, ademais de presentarnos figuras únicas na arte
rupestre galega.

O Outeiro dos Lameiros

Introdución
13

OS PETRÓGLIFOS
O MOMENTO DOS GRAVADORES
Un dos maiores cambios producidos na humanidade foi
a invención do neolítico que supuxo hai uns 12.000 anos no
Próximo Oriente a domesticación de plantas e animais, a
fabricación de cacharros cerámicos, o traballo da pedra puída e unha maior exteriorización relixiosa. Este grupo de
innovacións exportouse por toda Europa e chegou aproximadamente polo 4500 a.C. a Galicia trocando os modos de
vida nómades en máis sedentarios o que traería a manifestación máis visible na paisaxe que son as tumbas: as mámoas. Son montes de terra que acubillan unha cámara funeraria máis ou menos desenvolta en tamaño e decoración
(Fig.1). Pode ter as lousas que conforman a cámara funeraria
pintadas e tamén gravadas e quizais desta época, de hai uns
6000 anos sexan os primeiros petróglifos, de seguro os máis
sinxelos, simples buracos gravados chamados coviñas.
Será no terceiro milenio a.C. cando se fai máis complexa a sociedade da man dunha Segunda Revolución Agraria
14

15

que mellora as técnicas do cultivo da terra (arada, estercado) que facilita o establecemento en novos territorios e de
novos cultivos (verzas, lentellas, liño) con maior fixación á
terra. Supoñemos unha maior produtividade que levaría a
acumulación de excedentes e a unha paulatina diferenciación social que podemos intuír nas tumbas, nos enxovais e
nas representacións artísticas. Ó longo do terceiro milenio
a.C. desenvolverase a cerámica tipo Penha caracterizada
polas formas curvas e unha peculiar decoración incisa disposta en bandas con motivos xeométricos, coñecida como
inciso-metopada. Algo máis serodia é a cerámica campaniforme, coñecida en todo o occidente europeo polas súas pastas máis finas e unha decoración en bandas con temas xeométricos que enchen toda a peza. (Fig. 2).
É o tempo de comezo do traballo dos metais, do ouro,
da prata e do cobre coas primeiras armas neste último
material. É o tempo do polimorfismo funerario no que se
inclúen a cista claramente como enterramento individual.
Neste marco cronolóxico e cultural de sociedade máis
asimétrica, de cistas individuais, de traballo dos metais e
acumulación de riqueza é cando se gravan unha parte
importante dos petróglifos do noso país, nun intre entre o
terceiro e o comezo do segundo milenio, hai uns 4000 anos e
o dato cronolóxico máis fiable apórtano os paneis con armas
gravadas, mellor se conteñen alabardas que teñen unha
pervivencia curta a comezos do segundo milenio.
1- Pintura no interior da cámara funeraria do dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños)

O Outeiro dos Lameiros

Os petroglifos. O momento dos gravadores
16

17

A ARTE GRAVADA NAS PEDRAS

2.- Cerámica tipo Penha das covas do Folón (Coruxo, Vigo)

O Outeiro dos Lameiros

Podemos dicir que o aspecto máis destacado do calcolítico e dos primeiros momentos da idade do bronce sexa a
arte rupestre, as rochas graníticas dos montes de Portugal
até a zona de Carnota e Dumbría tanto na zona costeira
como nos vales próximos, caso de Gargamala (Mondariz),o
va do Lérez en Cotobade e Campo Lameiro ou na zona de
Santiago, Teo e Ames. As prospeccións dos últimos quince
anos fixeron que aumentara exponecialmente o coñecemento de superficies con gravados no Pordo do Son e Carnota ou
cara o interior en Agolada e Antas de Ulla.
Os motivos que aparecen representados nos petróglifos
pódense dividir en dous grandes grupos, os de arte abstracta e os naturalistas. Xuntamos no primeiro conxunto co
nome de arte abstracta a aquelas figuras que non identificamos con nada que apareza na natureza. Se o identificamos
con determinadas figuras xeométricas pero non sabemos
que obxecto real ou simbólico querían representar.
Debemos lembrar que a distancia temporal é duns 4.000
18

19

3.- Varios centos de coviñas no Outeiro Grande (Mabia, Oia)

anos e o mundo simbólico e o horizonte mental variaron
abondo desde aquela sociedade sen escritura que polo tanto
non nos deixou escritas as claves interpretativas desta colección de figuras xeométricas que pasamos a describir:
O motivo máis sinxelo é un punto gravado que chamamos coviña e que aparece na inmensa maioría das insculturas nas máis variadas posicións (Fig. 3). Ciscadas de xeito
aparentemente anárquico pola rocha, no centro dun circo

4.- Combinación circular do Monte Tetón (Tebra, Tomiño)

O Outeiro dos Lameiros

A arte gravada nas pedras
20

21

ou dunha combinación circular, entre os aneis destas combinacións, agrupadas dentro dun circo ou dun cadrado.
Outro motivo que aparece case sempre son os circos sós
ou nomeadamente en combinacións. Esta é unha figura que
caracteriza a arte rupestre galega e atlántica europea.
Decote aparecen en rochas que non destacan no entorno,
rochas planas que pasan desapercibidas e que poden portar
ata varias ducias de circos de distintos tipos, con radio, con
liñas que parten desde o anel exterior, outras comunican
varias combinacións circulares ou percorren a pedra como
nexo do conxunto. As medidas van desde uns pouco centímetros ate os 3m. de diámetro da combinación existente no
Monte Tetón (Tebra, Tomiño). (Fig. 4).
O grupo de arte abstracta complétase coas espirais que
poden desenvolverse no sentido das agullas do reloxo (dextroxiras) ou ó contraio (levoxiras), neste motivo destacan as
da Laxe das Rodas (Muros) rodeadas con coviñas en todo o
seu contorno. (Fig. 5).
Máis escasos e de execución técnica máis complexa son
os labirintos. Só coñecemos cinco exemplares en Galicia, dous
en Mogor (Marín), un en Armenteira (Meis) e outros dous na
Serra da Groba, un no Pinal do Rei (Marzán, O Rosal) e outro
na Laxe Cruzada (Torroña, Oia) este o de maiores dimensións
–110 cm. de diámetro que coñecemos en Europa. (Fig. 6).
O labirinto é un motivo coñecido ó longo da prehistoria
e da historia antiga en toda a cunca do Mediterráneo e até
non hai moitos anos ós exemplares galegos atribuíaselle
unha cronoloxía serodia para poñelos en consonancia cos

5.- Espiral no Picoto (Marzán, O Rosal)

O Outeiro dos Lameiros

A arte gravada nas pedras
22

23

mediterráneos, pero agora crese na maior antigüidade dos
galegos por achárense con contextos claros da arte rupestre
galega do calcolítico –bronce.
Para completar o apartado abstracto hai figuras menos
numerosas como esvásticas, cadrados, reticulados ou o
intento de facer labirintos sen chegar a acadar a representación total (A Laxe dos Picos en Figueirido ou na Chan de
Lagoa en Caneda) a pé feito ou por incapacidade técnica.
O outro grande grupo de temas tratados son os que
chamamos naturalistas porque si identificamos con modelos
reais, ben sexan animados, ben obxectos. É este grupo o que
lle confire unha personalidade especial á arte rupestre galega e nos que hai animais a gran maioría cérvidos, pero
tamén cabalos, algún ofidio e tamén representacións humanas esquemáticas. Entre os obxectos aparecen as armas e os
chamados ídolos –cilindro, valiosos elementos para a datación xa que se coñecen modelos reais. O que se reflicte con
estas representacións é un mundo bélico, o entorno do
poder, a desigualdade entre individuos e comunidades. É
rechamante que non se graven ferramentas de traballo
(machadas, eixadas, teares) nin escenas domésticas como a
crianza dos nenos, o traballo na aldea, ... senón que se perpetúa de maneira interesada un mundo belixerante no caso
das armas e quizais cultual polo que respecta ós ídolos-cilindro. Hai que indicar que a maioría dos mostrarios de armas
realízanse sobre rochas inclinadas, para seren vistas. (A
Pedra das Procesións en Gondomar). (Fig.7).
6.- A Pedra do Labirinto ( Mogor, Marín)

O Outeiro dos Lameiros

A arte gravada nas pedras
24

25

Canto ás representacións de animais, como no caso das
armas, é tamén interesada, non se elixen especies ó chou,
non hai na arte rupestre galega, pequenos animais domésticos ou salvaxes, senón que se gravan, maioritariamente,
cervos e algúns cabalos. (Fig.8).
Entre os cervos gravados salientan os machos con
grandes cornas como animal de máis porte do bosque galego que, de seguro, tiña algún valor simbólico. Animal que
aparece en varias escenas de caza (A Laxe das Ferraduras
e O Coto do Rapadouro en Cotobade, p. ex.), tamén en paneis
inclinados nas que irrompe o home como dominador da
natureza, amosando poder como no caso das escenas de
equitación (O Outeiro dos Cogoludos, A Laxe dos Cabalos, A
Chan da Carballeira, todos en Campo Lameiro ou A Pedreira
en Redondela ou no Outeiro do Lameiros).

7.- Mostra de Armas na Pedra das Procesións de Agua da Laxe

O Outeiro dos Lameiros

A arte gravada nas pedras
26

27

A ESTACIÓN DE ARTE RUPESTRE
DO OUTEIRO DOS LAMEIROS

8.- Escena de cópula en Tourón (Pontecaldelas)

O Outeiro dos Lameiros

O EMPRAZAMENTO
O Val Miñor é unha comarca que comprende os concellos de Nigrán, Gondomar e Baiona cerrada ó leste pola
muralla granítico da Serra do Galiñeiro que chega superar
os 700 metros de altura; ó norte está limitada polos montes
do Maúxo que o separa do Val do Fragoso, polo oeste está
aberta ó mar da baía de Baiona na que desemboca a través
da Foz o río Miñor que rega o val. Na banda sur érguese a
Serra da Groba até os 675 metros no Alto da Lebre e vai descendendo cara o mar, nun destes socalcos naturais emprázase a estación rupestre do Outeiro dos Lameiros a 180
metros de altura, aínda que non é o único sitio do Val Miñor
onde se conserva arte rupestre xa que temos boas mostras
na Serra do Galiñeiro no lugar de Agua da Laxe (Vincios,
Gondomar) onde existe unha panoplia dunhas 32 armas na
superficie coñecida como A Pedra das Procesións. Son abundantes os petróglifos nos montes do Maúxo até a península
28

29

9.- Plano de emprazamento dos petróglifos visitables do Outeiro dos Lameiros
30

31

de Monteferro. Non podemos esquecer a maior combinación
de circos concéntricos coñecida no mundo e situada xa nos
montes de Tebra (Tomiño) a poucos metros da parroquia de
Couso (Gondomar).

O OUTEIRO DOS LAMEIROS
Na zona do Outeiro dos Lameiros/Os Campos ocupa 1’5
hectáreas na que existen máis de vinte rochas con gravados
emprazadas nunha zona de paso entre dous outeiros (O
Ceboleiro e o dos Lameiros) que se coñece como portela e
que comunica de xeito natural a parroquia de Baíña coas de
Sabarís e Belesar.
O que visitamos, pola súa importancia arqueolóxica,
artística e prehistórica debido ós gravados rupestres ten e
tivo máis usos ó través do tempo. Como monte veciñal salferido por propiedades privadas (tomadas) aproveitouse o seu
potencial produtor de leña, madeira, toxo e fento para a
cama dos animais, foi canteira do que temos vestixios abondo, nacente de augas para o regadío. Lugar de comunicación
entre as aldeas. Aquí a toponimia mantén o nome da Devesa
do Rei que nos indica que foi un lugar acoutado para produción de madeira para a armada real, sitio que coincide cun
lugar cargado de historia recente. No Outeiro dos Lameiros
extreman as parroquias de Santa Mariña de Baíña e Santa
Cristina da Ramallosa.
A zona con arte rupestre do Outeiro dos Lameiros é o
punto de máxima concentración de rochas con gravados dun-

ha área maior que se estende polos montes de Belesar,
Sabarís e Baíña entre os máis dos 400m. de altura do Alto da
Costa de Quelle, os máis de 300 no Grichouso e os 195 metros
do Outeiro dos Lameiros. Aquí das dúas ducias de superficies
gravadas escollemos nove que fixemos visitables, con sendeiros, sinais explicativos, accesos e plataformas. (Fig. 9).
Comezamos a nosa visita polo petróglifo 17 na zona
chan –Os Campos- do lugar. Esta superficie descubriuse no
ano 1984 tapada por ramallada de eucaliptos. ÇE un afloramento granítico alombado e alargado de máis de cinco
metros de longo por dous de ancho. Os traballos de prospección e limpeza do ano 2007 fixéronnos coñecer máis gravados á dereita deste afloramento (ollando desde o lugar de
colocación do cartel) onde hai circos inacabados, coviñas e
un reticulado mal conservado. (Fig. 10).
A parte principal conserva figuras abstractas como son
circos, coviñas e liñas que comunican os distintos motivos.
Pertencen á arte abstracta aquelas figuras que non identificamos con nada real, con ningún obxecto ou animal que
coñezamos. As figuras deste P17 son figuras xeométricas. Se
son puntos chamámolas coviñas, outras identificámolas con
circunferencias pero ignoramos o obxecto, o animal ou quizais a idea que os homes e/ou mulleres que gravaron este
panel quixeron expresar.
Á dereita e na zona máis avultada temos a figura máis
complexa e destacada polo seu emprazamento e por ter o
suco máis ancho e profundo. Todo o resto da superficie está
ocupada por circos concéntricos, por un circo que contén

O Outeiro dos Lameiros

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
32

33

máis de dúas ducias de puntiños (microcoviñas) no seu interior ou á esquerda de todo con coviñas gravadas entre dous
circos concéntricos.
As mellores horas do día para ollar este petróglifo son
as da saída ou as da caída do sol que por proxectar a luz
máis rasante provoca sombras dos sucos gravados e fanse
os gravados máis evidentes.
Se continuamos polo camiño e collemos o desvío á
esquerda accederemos ós petróglifos 11, 9 e 8.
P11 Estamos perante esta superficie irregular de 5x3m.
na que destacan dous reticulados (raias paralelas cruzadas)
ademais de coviñas de boas dimensións entre 11’5 e 8 cm de
ancho e entre 3 e 6 cm de fondo e liñas curvas e un par de
circos simple.
A rocha está afectada por termoclastos que son cachos
de superficie que desapareceron a causa do lume. (Fig. 11).
Na zona do Outeiro dos Lameiros e arredores acumúlase
a maior concentración de reticulados de Galicia. Coñecemos
aquí uns trinta, que aparecen no mesmo ámbito que os gravados clásicos –coviñas, circos, zoomorfos- incluso compartindo
a mesma rocha con este. Hai autores como Costas Goberna e
Hidalgo Cuñarro que os relacionan con taboleiros de xogo no
mesmo conxunto que os gravados de xogos de alquerque e
tren en raia. A verdade é que moitos reticulados coinciden, na
Serra da Groba, con extremas parroquiais, isto é moi evidente
entre Viladesuso e Mougás, estudado por Roberto Rodríguez
ou mesmo en Belesar, Sabarís e Baíña.

O Outeiro dos Lameiros

10.- Arte abstracta no petróglifo 17

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
34

35

11.- Debuxo do petróglifo 11

P9 (Fig. 12) Desde a plataforma inmediata a P11 podemos observar os petróglifos 9 e 8. O primeiro en ser visto,
tamén con luz favorable como indicamos para P17, é P8 descuberto durante os traballos arqueolóxicos do 2007.
Permanecía o seu extremo leste ó aire e o resto dos gravados baixo unha tona de terra e baixo os restos dun muro. Os
motivos mellor conservados son os que permanecían soterrados, e conforman unha figura abstracta que amosa unha
gran harmonía compositiva con circos simples, coviñas e
liñas curvas tanxentes a unha greta natural. Con estes motivos abstractos contrastan as figuras da dereita da superficie

O Outeiro dos Lameiros

12.- Zoomorfos e arte abstracta no petróglifo 9 pintados durante os traballos arqueolóxicos

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
36

37

13.- Debuxo do petróglifo 8 con tres zoomorfos

onde hai dous rebaixes, un circular e outro cuadrangular,
este cun suco de saída; hai tamén unha figura con certa aparencia antropomorfa (de ser humano) e dous zoomorfos de
catro patas, un deles montado e adosado nos seus cadrís a
dous circos concéntricos. (Fig. 12).
En definitiva unha superficie pequena onde coinciden a
arte abstracta de coviñas, rebaixes e circos e a arte naturalista dos zoomorfos e do posible antropomorfo.
P8 Desde a mesma plataforma nun espazo diaclasado
de 1x 0’5 m no ano 1984 limpouse esta superficie semiente-

14.- Pintado do petróglifo 8

O Outeiro dos Lameiros

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
38

39

O xeito de representar estes animais, sen corporeidade,
só con simple liñas é o que chamamos arte esquemática xa
que unha liña define o rabo, o lombo, a cabeza e o fociño,
desta liña parte outras menores para indicar as catro patas
e outras para as orellas ou as cornas. Máis adiante ollaremos cuantiosos exemplos no gran panel.

rrada que deu como resultado este sinxelo panel con tres
cuadrúpedes inscritos por tres lados por unha liña que parece encerralos. (Fig. 13).
Se temos que determinar a especie animal representada, consérvase moi deturpado o individuo da dereita, o
inmediato anterior inclinámonos por indicar que é un cérvido xa que posúe unhas cornas e un rabiño revirichado, mentres que enriba hai gravado outro individuo cunha morfoloxía ben distinta, coas patas máis curtas, o rabo moi longo e
unha boas orellas que ben podía ser un raposo. (Fig. 14).

P13 Continuamos o desvío collido anteriormente para
observar desde a seguinte plataforma unha rocha (P13) con
media ducia de coviñas e algúns trazos modernos, isto sabémolo polo suco máis vivo e con sección máis aguda. Estamos
diante do motivo máis sinxelo e numeroso da arte rupestre
galega. Uns metros máis abaixo outra laxe (P12) con máis de
40 coviñas, unha delas de boas proporcións e rodeada por
un circo. (Fig. 15).
A selección deste punto de observación tivo outro motivo que foi ollar a bifurcación ou unión de dous camiños tradicionais en uso ate hai poucos anos e que comunicaban
Baíña con Belesar e Sabarís. No mesmo P13 ficaron marcadas as rodeiras deixadas polos miles de carros que por aquí
pasaron para aproveitar o produto do monte –toxo, fento,
pedra, leña, madeira, ...- O camiño da dereita baixa ós Eidos
e ó resto da parroquia e o da esquerda sobe á aldea de San
Cosme.
Se ollamos detrás nosa vemos os restos dunha canteira
aínda con bloques caídos e cachotes, a laxe que ficou sen
explotar é tamén un petróglifo (P15) no que hai gravadas 29
coviñas.

O Outeiro dos Lameiros

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros

15.- Debuxo do Petróglifo 13 no que as frechas marcan as rodeiras de carro.
40

41

P1 Volvemos sobre os nosos pasos cara o camiño principal que vén de P17 e collemos cara a esquerda non tomando
o desvío da dereita que deixamos para máis tarde. Agora
baixamos até as escaleiras que soben á plataforma desde a
que ollamos P1 e P2. Á nosa esquerda P1 é quizais o petróglifo de maior beleza do Outeiro dos Lameiros. Nesta laxe de
5x3m. inclinada cara o sur hai un grupo de motivos abstractos comúns á fachada atlántica europea, circos concéntricos, circos simples e coviñas. (Fig. 16).
No centro da superficie destaca unha combinación circular de cinco aneis cunha coviña central da que sae un suco
até o exterior das circunferencias. Na parte alta catro circos
concéntricos con coviña central e unha serie de liñas curvas
asociadas, este conxunto áchase vinculado ó grupo inferior
por medio dunha liña que relaciona a maioría das figuras do
panel. Nesta parte inferior outra volta circos, simples e concéntricos, coviñas e liñas curvas. (Fig. 17). Este equilibrado
conxunto forma extrema entre as parroquias de Baíña e
Sabarís e na mesma extrema temos outros catro petróglifos
máis aquí na zona do Outeiro dos Lameiros.
P2 (Fig. 18). Á dereita da plataforma unha superficie de
3 x 2 m. con gravados, tamén descuberta a comezos de
1984, gran parte dela soterrada. A simple vista destacan as
coviñas pero unha observación máis aguda fainos percibir
que moitas delas están rodeadas por un circo incluso a coviña de maior tamaño que ten 8 cm de diámetro e 3cm de fondo. (Fig. 18 e 19).

O Outeiro dos Lameiros

16.- Debuxo da composición abstracta do petróglifo 1

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
43

Co petróglifo 1 e con este 2 redundamos na idea de que
estamos posiblemente a 4000 anos de distancia temporal
pero tamén de distancia mental nunha época na que en
Galicia non había escritura que nos deixase textos explicativos sobre estes gravados nas pedras. Temos que supoñer
que deste xeito expresaban as súas crenzas e que o código
interpretativo ignorámolo.
P6 Volvemos costa arriba até atopar un camiño á
esquerda e subimos cara a plataforma de observación de P6,
o gran panel do Outeiro dos Lameiros. Aquí a case 200m de
altura sobre o nivel do mar estamos nun lugar quen domina
a chan sobre a que se atopan os outros petróglifos, observamos ó fondo A Serra do Galiñeiro que cerra O Val Miñor polo
leste superando os 700m de altura. (Fig. 20).
Nas laxes e paredes do propio Outeiro dos Lameiros hai
tres petróglifos (máis dous de feitura recente ) destacando
esta parede vertical de 15 metros de longo e cinco de altura.
Até agora paseamos por superficies horizontais ou lenemente inclinadas que é o normal na arte rupestre abstracta galega. Cando se trata de escenas de caza ou mostrarios de
armas é normal que estean en superficies bastante inclinadas, incluso verticais como A Pedra Longa en Dumbría pero
son moi escasas as superficies completamente verticais con
gravados, só coñecemos o caso do Sueido en Chandebrito

17.- Circos concéntricos do petróglifo 1 vistos con luz natural

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
44

45

18.- O petróglifo 2 pintado con coviñas e circos simples

19.- Debuxo do petróglifo 2 con coviñas e circos simples

O Outeiro dos Lameiros

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
46

47

20.- Vista do emprazamento do panel gravado do Outeiro dos Lameiros

21.- Petróglifo 6 na parede vertical do Outeiro dos Lameiros durante os traballos arqueolóxicos

coa representación dun cervo, ou máis cervos no Porto do
Son: no Outeiro da Pedra Bicuda no Outeiro de Campelos e
nos Pozos da Garda. (Fig. 21).
É a superficie con máis cuadrúpedes da nosa arte
rupestre, contamos uns 78, todos eles, agás catro, coa dirección do paso de esquerda a dereita. Polo menos cinco están
montados en clara escena de equitación, unha delas cunha
importancia implícita dada pola man gravadora debido ó

seu gran tamaño de 51 cm. de longo por 32 cm. de ancho e
un suco que acada os 7 cm. de ancho e os 2’5 cm. de fondo.
(Fig. 22).
Afirmamos que esta gran manda de cuadrúpedes son
cabalos por estaren algúns montados e sobre todo pola cola
espesa co pelo caído cara o chan e por careceren de cornas.
Pero no panel non só hai animais gravados, tamén
algunhas figuras abstractas como un óvalo con divisións

O Outeiro dos Lameiros

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
48

49

22.- Debuxo do gran panel vertical do Outeiro dos Lameiros. Petróglifo 6

O Outeiro dos Lameiros

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
50

51

interiores con coviñas e apéndices no lado dereito e na parte baixa ocupando a parte central do panel, sendo un motivo
sen paralelo en Galicia.
Á esquerda do óvalo central hai unha especie de escada
que semella un cercado sen que poidamos saber que quixeron representar con estas dúas liñas paralelas unidas por
outras menores a xeito de escaleiriforme.
Na zona dereita e a media altura unha figura de seis
raios curvos que conflúen nun punto central semellándose a
unha estrela dextroxira, chamada así porque o sentido do
movemento simulado vai de esquerda a dereita.
Diante do panel hai un banzo de 6 x 2 m. aproximadamente sobre o que hai gravados circos concéntricos con
coviña central.
Aínda podemos observar no extremo superior esquerdo
cinco cuadrúpedes a distintos niveis quizais querendo transmitirnos a sensación de dinamismo e ascensión por unha
ladeira.
23.- Debuxo dos reticulados do petróglifo 21

P21. Xa para rematarmos a visita baixamos da plataforma de observación do gran panel e collemos o primeiro
camiño á esquerda até P21, superficie descuberta durante
os traballos arqueolóxicos do ano 2007, que incluían a prospección intensiva da zona que deu como froito o achado desta laxe case completamente tapada por follato, terra e sobre
a que vivían dous eucaliptos. A limpeza descubriu unha
pedra de 4’20 x 6’40 m. sobre a que hai gravados cinco reticulados todos incompletos. (Fig. 23).

Estas insculturas enriquecen aínda máis esta zona
como a de maior concentración de reticulados que se coñece
en Galicia. Por outra banda pon en dúbida que sexan taboleiros de xogo, polo menos non todos xa que estes, a pesar
de estaren nunha superficie horizontal, están sen rematar e
chama a atención unha liña sinuosa que parte do extremo
dun dos reticulados. (Fig. 24).

O Outeiro dos Lameiros

A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
52

53

O PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO
E ETNOGRÁFICO

24.- Reticulados, petróglifo 21, logo dos traballos de limpeza

O Outeiro dos Lameiros

A riqueza arqueolóxica e etnográfica do monte veciñal de
Santa Cristina da Ramallosa non se concentra só no Outeiro
dos Lameiros senón que se estende por cotas máis altas da
Serra. Inmediatamente ó sudeste desta zona arqueolóxica no
lugar polo que transcorre A Regueira de Retruca atopamos
unha concentración de vestixios arqueolóxicos variados, todos
eles gravados no granito:
- Un muíño navicular. Extramuros da Tomada dos Ineses,
nun bloque tirado dunha canteira áchase este muíño navicular. Cando o ser humano inventou no Próximo Oriente a
domesticación de plantas e animais, logo de ter o gran apañado de trigo, avea ou centeo tiña que moelo para convertelo en
fariña e continuar coa súa panificación. A partir do momento,
hai uns 6500 anos, que chega o neolítico a Galicia comezan a
aparecer muíños naviculares nos xacementos da época. O
gran moíase neles batendo cun man pétrea para relalo e
arrastrando para moelo nunha operación continuada de vaivén que producía un desgaste na superficie do muíño. Entón os
54

55
muíños compóñense dun durminte no que se deposita o gran e
a man coa que se moe. Tanto o durminte como a man son
pezas móbiles, que se poden trasladar de lugar, pero tamén
existen muíños naviculares de soporte fixo, co durminte na
rocha nai, polo tanto non móbiles. Este tipo particular de muíños esténdense entre a península do Morrazo e a beira esquerda do río Miño, con dous casos excepcionais, un en Carnota e o
outro en Agolada. A área de maior concentración polo momento, atópase entre a Serra da Groba e O Maúxo e outro bo
núcleo en Valença.
A maioría destes muíños naviculares aparecen no ámbito
da arte rupestre e nun 20% dos casos comparten a mesma
superficie. Moi preto de aquí temos un caso excepcional no
extremo oeste de Monteferro (Panxón, Nigrán) no lugar da Porta
ou As Pinisas Pequenas onde nunha superficie granítica consérvanse 21 muíños naviculares que comparten a laxe con coviñas,
circos e con podomorfos humanos coas dedas marcadas.
Moi preto do muíño consérvanse, polo menos, outras
catro superficies con gravados, no lugar atravesado pola
Regueira do Retruca.
-Nunha das superficies hai sete reticulados que
aumentan aínda máis a nómina dos que aparecen no
Outeiro dos Lameiros. (Fig. 25).
-Cara o norte nunha gran superficie plana unhas
vinte coviñas, o motivo máis repetido da nosa arte
rupestre, acompañado por un reticulado, un rebaixe
cuadrangular e varias liñas máis. (Fig. 26).
-Nunha pequena pedra un único équido montado
que repite os temas da zona máis baixa do Outeiro dos

Lameiros. Antes ollamos reticulados e coviñas e agora
equitación como no gran panel ou no petróglifo nº 8.
Se continuamos a ascensión cara o sur, a 245 metros de
altura na Regueira do Grilo atopamos un petróglifo curioso de
2 x 2 m., xa que aparece un reticulado no medio dun grupo de
motivos abstractos, circos, liñas e coviñas nun emprazamento

O Outeiro dos Lameiros

O patrimonio arqueolóxico e etnográfico

25.- Os sete reticulados do petróglifo da Regueira do Retruca
56

57

26.- Debuxo do petróglifo da Regueira do Retruca con coviñas, liñas e un reticulado

27.- Debuxo do petróglifo da Regueira do Grilo con circos concéntricos e un reticulado

que domina a regueira desde a súa parte alta. Unha das liñas
que parte das combinacións circulares atravesa o reticulado o
que denuncia unha cronoloxía anterior para este. (Fig. 27).
Preto deste petróglifo hai máis superficies con reticulados e
non moi lonxe, no camiño empedrado que sobe da Porta Mián,
xa na parroquia de Belesar, tanto nas beiras como nas propias
laxes do camiño hai petróglifos con arte abstracta, reticulados
e incluso un zoomorfo nos lugares coñecidos como A Regueira
da Mexona, A Puexa e As Aveas.
Este mesmo camiño empedrado tradicional que sobe
cara á parte alta da serra, pronto pasa pola Comunidade de

Montes de Santa Cristina da Ramallosa ó pé do alto coñecido como O Grichouso ou O Pouso do Bico onde extreman
con Belesar. Alí nunha superficie chan aparecen gravados
motivos de arte abstracta que se veñen repetindo no
Outeiro dos Lameiros, na Regueira do Grilo, na Puexa, nas
Aveas e agora aquí a 335 m.s.n.m. cunha ampla panorámica visual. Son seis combinacións circulares de dous aneis e
outros catro circos simples con coviña central, todo o conxunto encerrado por unha liña exterior da que parte un
apéndice longo que remata nun circo con divisións interiores, ó seu carón hai dous muíños naviculares e na laxe con-

O Outeiro dos Lameiros

O patrimonio arqueolóxico e etnográfico
58

59

2 8 . - Debuxo do petróglifo de Grichouso con circos, coviñas e muiños naviculares

O Outeiro dos Lameiros

tigua hai outros seis que por estaren feitos na rocha base
chamamos de soporte fixo. (Fig. 28).
Estes muíños aparecen en Galicia hai uns 6000 anos á
par da neolitización, é dicir, coa chegada da domesticación de
plantas e animais e polo tanto do cultivo de cereais que hai que
moer para logo facelos panificables. Estes muíños naviculares
de soporte fixo só aparecen entre o Morrazo e Caminha con só
tres excepcións en Carnota, Agolada e Ribeira. Chama a atención que aparezan no ámbito da arte rupestre ou compartindo
a mesma superficie polo que dubidamos do seu uso doméstico
e quizais teñan algún uso cultual ou ritual.
A riqueza arqueolóxica da zona complétase cunha
mámoa na chamada A Chan da Bouza ou A Chan do Ceboleiro.
Unha mámoa non é máis ca un enterramento prehistórico consistente nunha estrutura pétrea que pode ter uns poucos centímetros de altura até, por exemplo, os catro metros da lousa de
cabeceira do dolmen de Dombate. As medidas varían segundo
as zonas e as épocas. Esta estrutura recubríase con terra e
pedras e adquiría un aspecto de “mama”, o diminutivo é
“mamula” do que procede o nome mámoa tamén chamada
arca, arquiña, casa dos mouros, namela, medoña, madorra, ...
Este xeito de enterrar comezou hai pouco máis de 6000
anos e con distintas morfoloxías perdurou durante uns 2000
anos. Nas mámoas en Galicia non se conservan restos humanos polo chan acedo pero si restos dos enxovais alí depositados
consistentes en cacharros cerámicos, útiles líticos, puntas de
frecha e incluso adornos metálicos.
Crese que nelas non enterraban a todos os membros da
comunidade senón os máis significados. Construír unha

O patrimonio arqueolóxico e etnográfico
60

61
mámoa supuña, dependendo das dimensións, un esforzo
colectivo considerable acompañado dun complexo ritual de
inhumanación.
A variedade patrimonial do monte de Santa Cristina complétase coa boa conservación en varios tramos dos camiños
empedrados tradicionais moitas veces erroneamente chamados camiños romanos. Pode ser que algún dos camiños empedrados que cruzan as nosas vilas e aldeas coincidan con algún
dos camiños romanos que comunicaban hai case dous mil
anos as distintas zonas do país pero a inmensa maioría dos
camiños empedrados que coñecemos nas nosas aldeas e nos
nosos montes son as vías que comunicaban aldeas veciñas ou
os camiños que comunicaban cos montes dos arredores que
constituían un espazo forestal do que se obtiñan produtos
indispensables na conformacion da economía rural; estámonos a referir a leña, pedra, estrume, pasto para o gando, ...
Estes camiños non sempre eran empedrados pero nas
zonas máis encostadas ou lamentas era bo que se petrificasen
para permitir unha mellor marcha dos carros. Este é o caso do
camiño que sobe da Portamián do Castro na Medialdea de
Belesar e viña cruzando O Río dos Bois e subía paralela á
Regueira da Mexona, polas Aveas, ó pé das Fontaíñas a 300
metros de altura cara as zonas altas da serra. O outro camiño
é aquel que sobe do barrio de Morade e discorre integramente
polos montes de Santa Cristina da Ramallosa acadando pronto
cotas superiores ós 250 metros na Regueira do Retruca á par
do Picoto da Bouza ou As Pedras da Queimada e os máis de
300 metros na Costa de Quelle.

O Outeiro dos Lameiros

ACCESO ÓS OUTROS PETRÓGLIFOS
Desde a zona de entrada ó grupo de petróglifos do
Outeiro dos Lameiros ó lado do petróglifo 17 ollamos cara ó
sur e collemos o carreiro que pasa por diante do portal da
Tomada dos Ineses, este camiño pronto chega a unha pista
que collemos cara a esquerda, baixámola menos de 100 m. e
á esquerda nesa vagoada chamada A REGUEIRA DO
RETRUCA hai dous petróglifos sinalizados.
Volvemos sobre os nosos pasos até a pista e andámola
cara a dereita en sentido ascendente até atoparnos con
outra que collemos á esquerda ó longo duns 400 metros
ollando sempre á nosa esquerda A Regueira do Retruca,
onde remata vemos xa o camiño empedrado que continúa
monte arriba. Na ampla chan da dereita, seguindo a pista,
coñecida como A Chan do Ceboleiro ou A Chan da Bouza
atópase unha mámoa que ollamos recortándose ó fondo.
Pero nós onde vemos o camiño empedrado tiramos pola pista da esquerda e a 200 metros pasamos unha zona chan,
inmediatamente aparece outra valgada e alí á esquerda
nunha laxe ben visible temos o petróglifo da Regueira do
Grilo ou A Regueira da Mexona (para os de Baíña).
Facemos o camiño cara atrás e da chan devandita sae
un camiño á esquerda que subimos até chegarmos a unha
pista ancha que vén de San Cosme e vai cara Belesar.
Andámola até atopar á dereita un marabilloso camiño
empedrado, é o que vén da Portamián (A Medialdea,
Belesar). Subimos por el uns douscentos metros e temos que
cortar á esquerda, atravesar outra pista para chegarmos á
parte alta coñecida como O Grichouso ou O Pouso do Bico e
alí atoparmos un conxunto de arte abstracta e muíños naviculares.

UN MONTE VECIÑAL
MULTIFUNCIONAL
NUN MUNDO RURAL VIVO

O Outeiro dos Lameiros

A Estación de Arte Rupestre do Outeiro dos Lameiros

62

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Cultura castrexa
Cultura castrexaCultura castrexa
Cultura castrexaXandra1996
 
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular ColonizadoresTema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadoresdudashistoria
 
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)feli555
 
A Cultura Castrexa
A Cultura Castrexa A Cultura Castrexa
A Cultura Castrexa Guestfdc0c8
 
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZA PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZBegoña Codesal
 
C:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA Cidade
C:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA CidadeC:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA Cidade
C:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA Cidademmcos
 
Mergúllate na túa cidade
Mergúllate na túa cidadeMergúllate na túa cidade
Mergúllate na túa cidademmcos
 
10 anos construindo comunidade
10 anos construindo comunidade10 anos construindo comunidade
10 anos construindo comunidadeEncarna Lago
 
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexaPobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexaSerxio Folgueira Arias
 
A idade do bronce en galicia
A idade do bronce en galiciaA idade do bronce en galicia
A idade do bronce en galiciaEva Prieto Prieto
 
Paleolitico xenxo
Paleolitico xenxoPaleolitico xenxo
Paleolitico xenxoprofexabier
 
Casas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláCasas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláBergantera
 
Hackear.pptx museos
Hackear.pptx museosHackear.pptx museos
Hackear.pptx museosEncarna Lago
 
Por que hackear os museos ? Jose Urbano Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano  CuevasPor que hackear os museos ? Jose Urbano  Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano CuevasEncarna Lago
 
Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria begoxin 1
 

Mais procurados (19)

Prehistoria 1
Prehistoria 1Prehistoria 1
Prehistoria 1
 
Cultura castrexa
Cultura castrexaCultura castrexa
Cultura castrexa
 
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular ColonizadoresTema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
 
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
 
A Cultura Castrexa
A Cultura Castrexa A Cultura Castrexa
A Cultura Castrexa
 
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZA PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
 
C:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA Cidade
C:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA CidadeC:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA Cidade
C:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA Cidade
 
Mergúllate na túa cidade
Mergúllate na túa cidadeMergúllate na túa cidade
Mergúllate na túa cidade
 
10 anos construindo comunidade
10 anos construindo comunidade10 anos construindo comunidade
10 anos construindo comunidade
 
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexaPobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
 
A idade do bronce en galicia
A idade do bronce en galiciaA idade do bronce en galicia
A idade do bronce en galicia
 
Prehistoria ale
Prehistoria alePrehistoria ale
Prehistoria ale
 
Paleolitico xenxo
Paleolitico xenxoPaleolitico xenxo
Paleolitico xenxo
 
Casas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláCasas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De Acolá
 
Hackear.pptx museos
Hackear.pptx museosHackear.pptx museos
Hackear.pptx museos
 
Prehistoria
PrehistoriaPrehistoria
Prehistoria
 
Por que hackear os museos ? Jose Urbano Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano  CuevasPor que hackear os museos ? Jose Urbano  Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano Cuevas
 
I. A Prehistoria
I. A PrehistoriaI. A Prehistoria
I. A Prehistoria
 
Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria
 

Destaque (12)

Unidade didáctica tetón
Unidade didáctica tetónUnidade didáctica tetón
Unidade didáctica tetón
 
Agua da laxe
Agua da laxeAgua da laxe
Agua da laxe
 
▶ Cooperarte 2013 14 pptx
▶ Cooperarte 2013 14 pptx▶ Cooperarte 2013 14 pptx
▶ Cooperarte 2013 14 pptx
 
Serra da groba
Serra da grobaSerra da groba
Serra da groba
 
Outros petróglifos de nigrán
Outros petróglifos de nigránOutros petróglifos de nigrán
Outros petróglifos de nigrán
 
Teatro prehistórico
Teatro prehistóricoTeatro prehistórico
Teatro prehistórico
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
Neolítico e idade dos metais
Neolítico e idade dos metaisNeolítico e idade dos metais
Neolítico e idade dos metais
 
A nosa historia a3 1
A nosa historia a3 1A nosa historia a3 1
A nosa historia a3 1
 
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
 
Tetón
TetónTetón
Tetón
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 

Semelhante a Outeiro dos lameiros

Comarca Terra de Soneira
Comarca Terra de SoneiraComarca Terra de Soneira
Comarca Terra de Soneiramonadela
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Mortebienesgalicia
 
Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)tamaruskio
 
Galiza, O Camiño do Sol
Galiza, O Camiño do SolGaliza, O Camiño do Sol
Galiza, O Camiño do Solmonadela
 
A Guarda, a costa
A Guarda, a costaA Guarda, a costa
A Guarda, a costaMonContos
 
Noia, A Costa
Noia, A CostaNoia, A Costa
Noia, A CostaMonContos
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Outes, A Costa
Outes, A CostaOutes, A Costa
Outes, A CostaMonContos
 
Carnota, A Costa
Carnota, A CostaCarnota, A Costa
Carnota, A CostaMonContos
 
Carnota, A Costa
Carnota, A CostaCarnota, A Costa
Carnota, A CostaMonContos
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costamonadela
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costaMonContos
 
Salnés máis nós
Salnés máis nósSalnés máis nós
Salnés máis nósA MARALEIXA
 
Cambados, O Noso Mar
Cambados, O Noso MarCambados, O Noso Mar
Cambados, O Noso Marmonadela
 
Redondela, a costa
Redondela, a costaRedondela, a costa
Redondela, a costaMonContos
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Murosmonadela
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costaMonContos
 

Semelhante a Outeiro dos lameiros (20)

Comarca Terra de Soneira
Comarca Terra de SoneiraComarca Terra de Soneira
Comarca Terra de Soneira
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Morte
 
Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)
 
Galiza, O Camiño do Sol
Galiza, O Camiño do SolGaliza, O Camiño do Sol
Galiza, O Camiño do Sol
 
Carballo
CarballoCarballo
Carballo
 
A Guarda, a costa
A Guarda, a costaA Guarda, a costa
A Guarda, a costa
 
Noia, A Costa
Noia, A CostaNoia, A Costa
Noia, A Costa
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Outes, A Costa
Outes, A CostaOutes, A Costa
Outes, A Costa
 
Guia natural
Guia naturalGuia natural
Guia natural
 
Carnota, A Costa
Carnota, A CostaCarnota, A Costa
Carnota, A Costa
 
Carnota, A Costa
Carnota, A CostaCarnota, A Costa
Carnota, A Costa
 
Ortigueira. A costa
Ortigueira. A costaOrtigueira. A costa
Ortigueira. A costa
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costa
 
Salnés máis nós
Salnés máis nósSalnés máis nós
Salnés máis nós
 
Cambados, O Noso Mar
Cambados, O Noso MarCambados, O Noso Mar
Cambados, O Noso Mar
 
Redondela, a costa
Redondela, a costaRedondela, a costa
Redondela, a costa
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costa
 

Mais de Maria Lemos Cerqueira (8)

FOLIO LUCES CINE.pdf
FOLIO LUCES  CINE.pdfFOLIO LUCES  CINE.pdf
FOLIO LUCES CINE.pdf
 
FOLIO CÁMARA.pdf
FOLIO CÁMARA.pdfFOLIO CÁMARA.pdf
FOLIO CÁMARA.pdf
 
CUQUI PIÑEIRO
CUQUI PIÑEIROCUQUI PIÑEIRO
CUQUI PIÑEIRO
 
MIGUEL SANTAMARÍA
MIGUEL SANTAMARÍAMIGUEL SANTAMARÍA
MIGUEL SANTAMARÍA
 
Petroglyphs petróglifos iem
Petroglyphs petróglifos iem Petroglyphs petróglifos iem
Petroglyphs petróglifos iem
 
2014 juegos reglas
2014 juegos reglas2014 juegos reglas
2014 juegos reglas
 
2014 as pedras e os xogos
2014 as pedras e os xogos2014 as pedras e os xogos
2014 as pedras e os xogos
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 

Outeiro dos lameiros

  • 1. A Estación de Arte Rupestre do Outeiro dos Lameiros Xosé Lois Vilar Pedreira / Eduardo Méndez Quintas
  • 2. A Estación da Arte Rupestre do Outeiro dos Lameiros Sabarís - Baiona Xosé Lois Vilar Pedreira Eduardo Méndez Quintas
  • 3. ÍNDICE © Desta edición: © Do texto: © Fotografías: © Debuxos e calcos: Comunidade de Montes en Mancomún de Sabarís Xosé Lois Vilar Pedreira e Eduardo Méndez Quintas Rosana Estévez e Xosé Lois Vilar Xosé Lois Vilar e Eduardo Méndez Edición ao coidado de: Deseño e maqueta: Fotografías: Antón Mascato Daniel Sotelo Rosana Estévez e Xosé Lois Vilar Execución gráfica: Obradoiro de Nova Galicia Edicións novagalicia@novagalica.com Dep. Legal: ISBN: As Terras do Xacemento . . . . . . . . . . . . . . . 5 Introdución . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9 Os Petróglifos. O Momento dos Gravadores . . . . . . 13 A Arte Gravada nas Pedras . . . . . . . . . . . . . 17 A Estación de Arte Rupestre do Outeiro dos Lameiros . 27 Acceso ós outros Petróglifos Comunidade de Montes en Mancomún de Sabarís Presidente: Xosé Alfredo Pereira Rúa Outeiro, 25 - 36393 Sabarís - Baiona 5 Teléfono 649 137 135 . . . . . . 53 . . . . . . . . . . . . 61 O Patrimonio Arqueolóxico e Etnográfico
  • 4. 5 AS TERRAS DO XACEMENTO A Estación Arqueolóxica “O Outeiro dos Lameiros”, encóntrase en terras denominadas “ Montes Veciñais en Man Común” que son titularidades de carácter colectivo, o que quere dicir que correspóndelle sempre aos veciños e veciñas dun lugar, aldea ou parroquia, que viñan usando estas terras dende tempos inmemoriais; non entendidos como entes administrativos, senón como grupos sociais. Os Montes Veciñais en Man Común, non son totalmente públicas, nin totalmente privadas. Son titularidades privadas colectivas. A titularidade e o uso destas terras, correspóndelle sempre aos veciños e veciñas comuneiros. Os Montes Veciñais en Man Común, son, xa que logo, unha titularidade especial, un sinal de identidade de Galiza. Son, “outra forma de posuír” que temos os galegos e as galegas. Os Montes Veciñais en Man Común, conforman unha titularidade de carácter xermánico. É dicir, son titularidades indivisibles, inalienables, imprescritibles e inembargables. O único requisito esixido para gozar dos dereitos destas terras,
  • 5. 6 7 e a veciñanza, sendo titularidades sen asignación de cotas e que non se poden transmitir individualmente. Historicamente, os Montes Veciñais en Man Común foron o soporte do complexo agro-gandeiro galego. Deles obtíñanse cereais (trigo e centeo). Deles tamén se obtiña adubio orgánico producido a partir do toxo e das xestas e que era usado para estercar as terras agrarias e o propio monte veciñal. Os Montes Veciñais en Man Común mantiñan a cabana gandeira, que era polivalente, xa que o gando, ademais de producir alimentos básicos (carne e leite), fertiliza as terras e sera forza de traballo do laboragrario . Aínda que o gando vacún era o mais significativo, tamén había gando équido, lanar, caprino e porcino. O aproveitamento agrícola e gandeiro, era o principal uso dos Montes Veciñais en Man Común. Mais tamén había outros aproveitamentos secundarios como a leña, usada como combustible para as casas; a madeira, usada para a fabricación de aparellos de labranza e para o interior das casas; a pedra, usada para a construción das vivendas; o carbón vexetal; a caza; as plantas medicinais; as froitas silvestres... Precisamente, no lugar onde se atopa o xacemento arqueolóxico, podemos apreciar ese uso multifuncional dos Montes Veciñais en Man Común. Nel temos, aproveitamento de madeira, canteira e moi preto, no lugar denominado Fonte Armada, ata o primeiro terzo do século pasado, había un aproveitamento agro-gandeiro. A entidade titular destas terras, denominadas Montes Veciñais en Man Común, son as comunidades de montes. Neste caso concreto, a titular destas terras, é a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa. Os órganos de decisión e de goberno destas entidades son: A Asemblea Xeral de Veciños e Veciñas Comuneiros e a Xunta Rectora da Comunidade de Montes. A Asemblea Xeral de Veciños e Veciñas Comuneiros, é o órgano de goberno máximo da Comunidade de Montes. É a xuntanza de veciños e veciñas comuneiros, que reunidos en asemblea xeral, deciden democraticamente, a xestión, a administración e a posta en valor dos Montes Veciñais en Man Común. A día de hoxe, os Montes Veciñais en Man Común deixaron de ser o soporte do complexo agro-gandeiro galego; mais. teñen que ser unha das pezas para o desenvolvemento rural de Galiza. O presente e o futuro do Monte Veciñal en Man Común, pasa por camiñar de contado cara o logro dun monte multifuncional, axustado en primeiro lugar a demandas dos veciños e veciñas comuneiros e, en segundo lugar, axustado ás demandas da sociedade galega no seu conxunto. Un monte veciñal multifuncional onde se desenvolvan as tres funcións que todo monte debe cumprir: a social, a produtiva e a medioambiental. Un Monte Veciñal en Man Común, que desenvolvido dende a óptica da sustentabilidade, poña en valor de xeito compatible e interrelacionado todos os seus usos e os seus aproveitamentos, como poden ser: a produción de madeira, o aproveitamento agrícola e gandeiro, a biomasa forestal, a apicultura, os cogomelos,... e os restos patrimoniais. Esta foi a óptica, esta foi a estratexia que levou a que os veciños e veciñas comuneiros da parroquia de Santa Cristina O Outeiro dos Lameiros As terras do xacemento
  • 6. 8 9 da Ramallosa, aprobasen en asemblea xeral, a posta en valor do conxunto arqueolóxico “O Outeiro dos Lameiros”. Unha posta en valor destes restos patrimoniais nos que, unha vez asegurada a súa protección e a súa conservación, deben entenderse como un recurso máis do monte veciñal, de tal xeito que a posta en valor destes restos patrimoniais deben significar facelos visibles ao común da xente. Deben significar que a súa visita resulte gratificante e non frustrante . Só deste xeito se pode asegurar o mantemento da posta en valor e xa que logo, a súa protección e a súa conservación. Só deste xeito, o Monte Veciñal en Man Común, pode serunha peza para o desenvolvemento do mundo rural e para asentar poboación neste medio e para contribuír á dinamización socioeconómica da zona de influencia do monte. Só deste xeito se pode lograr un monte multifuncional e sustentable. E a posta en valor dos Montes Veciñais en Man Común, entendida deste xeito, é, entre outras cousas a arma máis eficaz na loita contra esa peste que son os lumes forestais . XOSÉ ALFREDO PEREIRA Presidente da Comunidade de Montes en Man Común de Sabarís O Outeiro dos Lameiros INTRODUCIÓN A comezos da década de 1980 no Faro de Vigo, da autoría de J.M. Hidalgo Cuñarro e F.J. Costas Goberna con datos de Antonio Taboada Táboas de Belesar, daban conta do coñecemento de media ducia de superficies con gravados de distintas épocas nas parroquias de Belesar e Baíña. Consistían estes gravados en petróglifos de coviñas e combinacións circulares, un reticulado, muíños naviculares e dúas figuras antropomorfas, estas na aldea de San Cosme, onde X. Martínez Tamuxe xa dera conta da existencia de cruces no ano 1975. Non sería até febreiro de 1984 cando X.L. Vilar e M. Pedreira descubriron a estación de arte rupestre do Outeiro dos Lameiros de forma casual visitando a Tomada dos Ineses. En realidade no momento da descuberta había un par de petróglifos marcados con xiz da man dun mozo miñorano, Gustavo Pascual, que días antes pasara pola zona. A prospección en días sucesivos desvelou ós ollos da arqueoloxía dúas ducias de superficies con gravados na zona entre as
  • 7. 10 11 parroquias de Sabarís, a inmensa maioría, e Baíña. Esta descuberta provocou varios artigos na prensa e a inclusión deste numeroso grupo de insculturas no libro Petroglifos del litoral sur de la ría de Vigo que estaba a elaborar un equipo dirixido por F.J. Costas Goberna e que se editaría no ano 1984. Nesta altura no Outeiro dos Lameiros xa se coñecían superficies con moi variados motivos, tales como coviñas, circos concéntricos, zoomorfos, reticulados, alfabetiformes e ata un muíño navicular de soporte fixo. Pero a raíz da visita á zona de A Posada, M. I. Mouriño, J. R. Soage, E. Buch e E. Torres no ano 1988 descubriron o gran panel vertical emprazado nunha das paredes do propio Outeiro dos Lameiros. As visitas continuadas de Antonio Taboada aumentarían a colección de superficies gravadas coñecidas na zona da Puexa e A Regueira do Grilo, dadas a coñecer na revista Castrelos e tamén no Congreso de Arte Rupestre celebrado en Vigo no ano 1999. Desde aquela non hai monografía, estudo, tese ou publicación que trate a arte rupestre galaica que non cite o panel, que é importante por si e tamén polo conxunto do que forma parte. Lembremos que o Outeiro dos Lameiros/ Os Campos é o cerne dunha zona con gravados rupestres do norte da Serra da Groba que ocupa as parroquias de Belesar, Baíña e Sabarís. Está caracterizado pola presenza de moita e boa arte abstracta destacando os petróglifos do Grichouso, A Chan da Puexa, A Regueira do Grilo e as superficies números 1, 2 e 17 dos Campos. É sorprendente a abundancia de reticulados, uns corenta, nun espazo tan reducido, sendo a maior concentración que coñecemos no noso país. Hai tamén muíños naviculares de soporte fixo formando parte dunha zona máis extensa de aparición que vai desde Caminha ata Cangas, con excepcións en Carnota e Agolada. Estes muíños constitúen o sistema máis antigo que coñecemos para converter en fariña os cereais que introduciu en Galicia a chegada do neolítico hai 6500 anos; pero quizais valesen tamén para moer outros vexetais. Nesta zona baionesa de arte coñecemos tamén a existencia de zoomorfos na Puexa, na Regueira do Grilo, nos Campos en dúas superficies pero o que lle confire especial valor ó conxunto é a parede gravada do Outeiro dos Lameiros, unha superficie de 15 x 5 m. Espectacular polo seu tamaño, polo seu emprazamento nunha parede vertical, algo inusual en Galicia, por conter a maior cantidade de cuadrúpedes –uns 78- nunha soa superficie e polo gran dominio visual sobre o espazo circundante e sobre o Val Miñor, ademais de presentarnos figuras únicas na arte rupestre galega. O Outeiro dos Lameiros Introdución
  • 8. 13 OS PETRÓGLIFOS O MOMENTO DOS GRAVADORES Un dos maiores cambios producidos na humanidade foi a invención do neolítico que supuxo hai uns 12.000 anos no Próximo Oriente a domesticación de plantas e animais, a fabricación de cacharros cerámicos, o traballo da pedra puída e unha maior exteriorización relixiosa. Este grupo de innovacións exportouse por toda Europa e chegou aproximadamente polo 4500 a.C. a Galicia trocando os modos de vida nómades en máis sedentarios o que traería a manifestación máis visible na paisaxe que son as tumbas: as mámoas. Son montes de terra que acubillan unha cámara funeraria máis ou menos desenvolta en tamaño e decoración (Fig.1). Pode ter as lousas que conforman a cámara funeraria pintadas e tamén gravadas e quizais desta época, de hai uns 6000 anos sexan os primeiros petróglifos, de seguro os máis sinxelos, simples buracos gravados chamados coviñas. Será no terceiro milenio a.C. cando se fai máis complexa a sociedade da man dunha Segunda Revolución Agraria
  • 9. 14 15 que mellora as técnicas do cultivo da terra (arada, estercado) que facilita o establecemento en novos territorios e de novos cultivos (verzas, lentellas, liño) con maior fixación á terra. Supoñemos unha maior produtividade que levaría a acumulación de excedentes e a unha paulatina diferenciación social que podemos intuír nas tumbas, nos enxovais e nas representacións artísticas. Ó longo do terceiro milenio a.C. desenvolverase a cerámica tipo Penha caracterizada polas formas curvas e unha peculiar decoración incisa disposta en bandas con motivos xeométricos, coñecida como inciso-metopada. Algo máis serodia é a cerámica campaniforme, coñecida en todo o occidente europeo polas súas pastas máis finas e unha decoración en bandas con temas xeométricos que enchen toda a peza. (Fig. 2). É o tempo de comezo do traballo dos metais, do ouro, da prata e do cobre coas primeiras armas neste último material. É o tempo do polimorfismo funerario no que se inclúen a cista claramente como enterramento individual. Neste marco cronolóxico e cultural de sociedade máis asimétrica, de cistas individuais, de traballo dos metais e acumulación de riqueza é cando se gravan unha parte importante dos petróglifos do noso país, nun intre entre o terceiro e o comezo do segundo milenio, hai uns 4000 anos e o dato cronolóxico máis fiable apórtano os paneis con armas gravadas, mellor se conteñen alabardas que teñen unha pervivencia curta a comezos do segundo milenio. 1- Pintura no interior da cámara funeraria do dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños) O Outeiro dos Lameiros Os petroglifos. O momento dos gravadores
  • 10. 16 17 A ARTE GRAVADA NAS PEDRAS 2.- Cerámica tipo Penha das covas do Folón (Coruxo, Vigo) O Outeiro dos Lameiros Podemos dicir que o aspecto máis destacado do calcolítico e dos primeiros momentos da idade do bronce sexa a arte rupestre, as rochas graníticas dos montes de Portugal até a zona de Carnota e Dumbría tanto na zona costeira como nos vales próximos, caso de Gargamala (Mondariz),o va do Lérez en Cotobade e Campo Lameiro ou na zona de Santiago, Teo e Ames. As prospeccións dos últimos quince anos fixeron que aumentara exponecialmente o coñecemento de superficies con gravados no Pordo do Son e Carnota ou cara o interior en Agolada e Antas de Ulla. Os motivos que aparecen representados nos petróglifos pódense dividir en dous grandes grupos, os de arte abstracta e os naturalistas. Xuntamos no primeiro conxunto co nome de arte abstracta a aquelas figuras que non identificamos con nada que apareza na natureza. Se o identificamos con determinadas figuras xeométricas pero non sabemos que obxecto real ou simbólico querían representar. Debemos lembrar que a distancia temporal é duns 4.000
  • 11. 18 19 3.- Varios centos de coviñas no Outeiro Grande (Mabia, Oia) anos e o mundo simbólico e o horizonte mental variaron abondo desde aquela sociedade sen escritura que polo tanto non nos deixou escritas as claves interpretativas desta colección de figuras xeométricas que pasamos a describir: O motivo máis sinxelo é un punto gravado que chamamos coviña e que aparece na inmensa maioría das insculturas nas máis variadas posicións (Fig. 3). Ciscadas de xeito aparentemente anárquico pola rocha, no centro dun circo 4.- Combinación circular do Monte Tetón (Tebra, Tomiño) O Outeiro dos Lameiros A arte gravada nas pedras
  • 12. 20 21 ou dunha combinación circular, entre os aneis destas combinacións, agrupadas dentro dun circo ou dun cadrado. Outro motivo que aparece case sempre son os circos sós ou nomeadamente en combinacións. Esta é unha figura que caracteriza a arte rupestre galega e atlántica europea. Decote aparecen en rochas que non destacan no entorno, rochas planas que pasan desapercibidas e que poden portar ata varias ducias de circos de distintos tipos, con radio, con liñas que parten desde o anel exterior, outras comunican varias combinacións circulares ou percorren a pedra como nexo do conxunto. As medidas van desde uns pouco centímetros ate os 3m. de diámetro da combinación existente no Monte Tetón (Tebra, Tomiño). (Fig. 4). O grupo de arte abstracta complétase coas espirais que poden desenvolverse no sentido das agullas do reloxo (dextroxiras) ou ó contraio (levoxiras), neste motivo destacan as da Laxe das Rodas (Muros) rodeadas con coviñas en todo o seu contorno. (Fig. 5). Máis escasos e de execución técnica máis complexa son os labirintos. Só coñecemos cinco exemplares en Galicia, dous en Mogor (Marín), un en Armenteira (Meis) e outros dous na Serra da Groba, un no Pinal do Rei (Marzán, O Rosal) e outro na Laxe Cruzada (Torroña, Oia) este o de maiores dimensións –110 cm. de diámetro que coñecemos en Europa. (Fig. 6). O labirinto é un motivo coñecido ó longo da prehistoria e da historia antiga en toda a cunca do Mediterráneo e até non hai moitos anos ós exemplares galegos atribuíaselle unha cronoloxía serodia para poñelos en consonancia cos 5.- Espiral no Picoto (Marzán, O Rosal) O Outeiro dos Lameiros A arte gravada nas pedras
  • 13. 22 23 mediterráneos, pero agora crese na maior antigüidade dos galegos por achárense con contextos claros da arte rupestre galega do calcolítico –bronce. Para completar o apartado abstracto hai figuras menos numerosas como esvásticas, cadrados, reticulados ou o intento de facer labirintos sen chegar a acadar a representación total (A Laxe dos Picos en Figueirido ou na Chan de Lagoa en Caneda) a pé feito ou por incapacidade técnica. O outro grande grupo de temas tratados son os que chamamos naturalistas porque si identificamos con modelos reais, ben sexan animados, ben obxectos. É este grupo o que lle confire unha personalidade especial á arte rupestre galega e nos que hai animais a gran maioría cérvidos, pero tamén cabalos, algún ofidio e tamén representacións humanas esquemáticas. Entre os obxectos aparecen as armas e os chamados ídolos –cilindro, valiosos elementos para a datación xa que se coñecen modelos reais. O que se reflicte con estas representacións é un mundo bélico, o entorno do poder, a desigualdade entre individuos e comunidades. É rechamante que non se graven ferramentas de traballo (machadas, eixadas, teares) nin escenas domésticas como a crianza dos nenos, o traballo na aldea, ... senón que se perpetúa de maneira interesada un mundo belixerante no caso das armas e quizais cultual polo que respecta ós ídolos-cilindro. Hai que indicar que a maioría dos mostrarios de armas realízanse sobre rochas inclinadas, para seren vistas. (A Pedra das Procesións en Gondomar). (Fig.7). 6.- A Pedra do Labirinto ( Mogor, Marín) O Outeiro dos Lameiros A arte gravada nas pedras
  • 14. 24 25 Canto ás representacións de animais, como no caso das armas, é tamén interesada, non se elixen especies ó chou, non hai na arte rupestre galega, pequenos animais domésticos ou salvaxes, senón que se gravan, maioritariamente, cervos e algúns cabalos. (Fig.8). Entre os cervos gravados salientan os machos con grandes cornas como animal de máis porte do bosque galego que, de seguro, tiña algún valor simbólico. Animal que aparece en varias escenas de caza (A Laxe das Ferraduras e O Coto do Rapadouro en Cotobade, p. ex.), tamén en paneis inclinados nas que irrompe o home como dominador da natureza, amosando poder como no caso das escenas de equitación (O Outeiro dos Cogoludos, A Laxe dos Cabalos, A Chan da Carballeira, todos en Campo Lameiro ou A Pedreira en Redondela ou no Outeiro do Lameiros). 7.- Mostra de Armas na Pedra das Procesións de Agua da Laxe O Outeiro dos Lameiros A arte gravada nas pedras
  • 15. 26 27 A ESTACIÓN DE ARTE RUPESTRE DO OUTEIRO DOS LAMEIROS 8.- Escena de cópula en Tourón (Pontecaldelas) O Outeiro dos Lameiros O EMPRAZAMENTO O Val Miñor é unha comarca que comprende os concellos de Nigrán, Gondomar e Baiona cerrada ó leste pola muralla granítico da Serra do Galiñeiro que chega superar os 700 metros de altura; ó norte está limitada polos montes do Maúxo que o separa do Val do Fragoso, polo oeste está aberta ó mar da baía de Baiona na que desemboca a través da Foz o río Miñor que rega o val. Na banda sur érguese a Serra da Groba até os 675 metros no Alto da Lebre e vai descendendo cara o mar, nun destes socalcos naturais emprázase a estación rupestre do Outeiro dos Lameiros a 180 metros de altura, aínda que non é o único sitio do Val Miñor onde se conserva arte rupestre xa que temos boas mostras na Serra do Galiñeiro no lugar de Agua da Laxe (Vincios, Gondomar) onde existe unha panoplia dunhas 32 armas na superficie coñecida como A Pedra das Procesións. Son abundantes os petróglifos nos montes do Maúxo até a península
  • 16. 28 29 9.- Plano de emprazamento dos petróglifos visitables do Outeiro dos Lameiros
  • 17. 30 31 de Monteferro. Non podemos esquecer a maior combinación de circos concéntricos coñecida no mundo e situada xa nos montes de Tebra (Tomiño) a poucos metros da parroquia de Couso (Gondomar). O OUTEIRO DOS LAMEIROS Na zona do Outeiro dos Lameiros/Os Campos ocupa 1’5 hectáreas na que existen máis de vinte rochas con gravados emprazadas nunha zona de paso entre dous outeiros (O Ceboleiro e o dos Lameiros) que se coñece como portela e que comunica de xeito natural a parroquia de Baíña coas de Sabarís e Belesar. O que visitamos, pola súa importancia arqueolóxica, artística e prehistórica debido ós gravados rupestres ten e tivo máis usos ó través do tempo. Como monte veciñal salferido por propiedades privadas (tomadas) aproveitouse o seu potencial produtor de leña, madeira, toxo e fento para a cama dos animais, foi canteira do que temos vestixios abondo, nacente de augas para o regadío. Lugar de comunicación entre as aldeas. Aquí a toponimia mantén o nome da Devesa do Rei que nos indica que foi un lugar acoutado para produción de madeira para a armada real, sitio que coincide cun lugar cargado de historia recente. No Outeiro dos Lameiros extreman as parroquias de Santa Mariña de Baíña e Santa Cristina da Ramallosa. A zona con arte rupestre do Outeiro dos Lameiros é o punto de máxima concentración de rochas con gravados dun- ha área maior que se estende polos montes de Belesar, Sabarís e Baíña entre os máis dos 400m. de altura do Alto da Costa de Quelle, os máis de 300 no Grichouso e os 195 metros do Outeiro dos Lameiros. Aquí das dúas ducias de superficies gravadas escollemos nove que fixemos visitables, con sendeiros, sinais explicativos, accesos e plataformas. (Fig. 9). Comezamos a nosa visita polo petróglifo 17 na zona chan –Os Campos- do lugar. Esta superficie descubriuse no ano 1984 tapada por ramallada de eucaliptos. ÇE un afloramento granítico alombado e alargado de máis de cinco metros de longo por dous de ancho. Os traballos de prospección e limpeza do ano 2007 fixéronnos coñecer máis gravados á dereita deste afloramento (ollando desde o lugar de colocación do cartel) onde hai circos inacabados, coviñas e un reticulado mal conservado. (Fig. 10). A parte principal conserva figuras abstractas como son circos, coviñas e liñas que comunican os distintos motivos. Pertencen á arte abstracta aquelas figuras que non identificamos con nada real, con ningún obxecto ou animal que coñezamos. As figuras deste P17 son figuras xeométricas. Se son puntos chamámolas coviñas, outras identificámolas con circunferencias pero ignoramos o obxecto, o animal ou quizais a idea que os homes e/ou mulleres que gravaron este panel quixeron expresar. Á dereita e na zona máis avultada temos a figura máis complexa e destacada polo seu emprazamento e por ter o suco máis ancho e profundo. Todo o resto da superficie está ocupada por circos concéntricos, por un circo que contén O Outeiro dos Lameiros A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
  • 18. 32 33 máis de dúas ducias de puntiños (microcoviñas) no seu interior ou á esquerda de todo con coviñas gravadas entre dous circos concéntricos. As mellores horas do día para ollar este petróglifo son as da saída ou as da caída do sol que por proxectar a luz máis rasante provoca sombras dos sucos gravados e fanse os gravados máis evidentes. Se continuamos polo camiño e collemos o desvío á esquerda accederemos ós petróglifos 11, 9 e 8. P11 Estamos perante esta superficie irregular de 5x3m. na que destacan dous reticulados (raias paralelas cruzadas) ademais de coviñas de boas dimensións entre 11’5 e 8 cm de ancho e entre 3 e 6 cm de fondo e liñas curvas e un par de circos simple. A rocha está afectada por termoclastos que son cachos de superficie que desapareceron a causa do lume. (Fig. 11). Na zona do Outeiro dos Lameiros e arredores acumúlase a maior concentración de reticulados de Galicia. Coñecemos aquí uns trinta, que aparecen no mesmo ámbito que os gravados clásicos –coviñas, circos, zoomorfos- incluso compartindo a mesma rocha con este. Hai autores como Costas Goberna e Hidalgo Cuñarro que os relacionan con taboleiros de xogo no mesmo conxunto que os gravados de xogos de alquerque e tren en raia. A verdade é que moitos reticulados coinciden, na Serra da Groba, con extremas parroquiais, isto é moi evidente entre Viladesuso e Mougás, estudado por Roberto Rodríguez ou mesmo en Belesar, Sabarís e Baíña. O Outeiro dos Lameiros 10.- Arte abstracta no petróglifo 17 A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
  • 19. 34 35 11.- Debuxo do petróglifo 11 P9 (Fig. 12) Desde a plataforma inmediata a P11 podemos observar os petróglifos 9 e 8. O primeiro en ser visto, tamén con luz favorable como indicamos para P17, é P8 descuberto durante os traballos arqueolóxicos do 2007. Permanecía o seu extremo leste ó aire e o resto dos gravados baixo unha tona de terra e baixo os restos dun muro. Os motivos mellor conservados son os que permanecían soterrados, e conforman unha figura abstracta que amosa unha gran harmonía compositiva con circos simples, coviñas e liñas curvas tanxentes a unha greta natural. Con estes motivos abstractos contrastan as figuras da dereita da superficie O Outeiro dos Lameiros 12.- Zoomorfos e arte abstracta no petróglifo 9 pintados durante os traballos arqueolóxicos A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
  • 20. 36 37 13.- Debuxo do petróglifo 8 con tres zoomorfos onde hai dous rebaixes, un circular e outro cuadrangular, este cun suco de saída; hai tamén unha figura con certa aparencia antropomorfa (de ser humano) e dous zoomorfos de catro patas, un deles montado e adosado nos seus cadrís a dous circos concéntricos. (Fig. 12). En definitiva unha superficie pequena onde coinciden a arte abstracta de coviñas, rebaixes e circos e a arte naturalista dos zoomorfos e do posible antropomorfo. P8 Desde a mesma plataforma nun espazo diaclasado de 1x 0’5 m no ano 1984 limpouse esta superficie semiente- 14.- Pintado do petróglifo 8 O Outeiro dos Lameiros A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
  • 21. 38 39 O xeito de representar estes animais, sen corporeidade, só con simple liñas é o que chamamos arte esquemática xa que unha liña define o rabo, o lombo, a cabeza e o fociño, desta liña parte outras menores para indicar as catro patas e outras para as orellas ou as cornas. Máis adiante ollaremos cuantiosos exemplos no gran panel. rrada que deu como resultado este sinxelo panel con tres cuadrúpedes inscritos por tres lados por unha liña que parece encerralos. (Fig. 13). Se temos que determinar a especie animal representada, consérvase moi deturpado o individuo da dereita, o inmediato anterior inclinámonos por indicar que é un cérvido xa que posúe unhas cornas e un rabiño revirichado, mentres que enriba hai gravado outro individuo cunha morfoloxía ben distinta, coas patas máis curtas, o rabo moi longo e unha boas orellas que ben podía ser un raposo. (Fig. 14). P13 Continuamos o desvío collido anteriormente para observar desde a seguinte plataforma unha rocha (P13) con media ducia de coviñas e algúns trazos modernos, isto sabémolo polo suco máis vivo e con sección máis aguda. Estamos diante do motivo máis sinxelo e numeroso da arte rupestre galega. Uns metros máis abaixo outra laxe (P12) con máis de 40 coviñas, unha delas de boas proporcións e rodeada por un circo. (Fig. 15). A selección deste punto de observación tivo outro motivo que foi ollar a bifurcación ou unión de dous camiños tradicionais en uso ate hai poucos anos e que comunicaban Baíña con Belesar e Sabarís. No mesmo P13 ficaron marcadas as rodeiras deixadas polos miles de carros que por aquí pasaron para aproveitar o produto do monte –toxo, fento, pedra, leña, madeira, ...- O camiño da dereita baixa ós Eidos e ó resto da parroquia e o da esquerda sobe á aldea de San Cosme. Se ollamos detrás nosa vemos os restos dunha canteira aínda con bloques caídos e cachotes, a laxe que ficou sen explotar é tamén un petróglifo (P15) no que hai gravadas 29 coviñas. O Outeiro dos Lameiros A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros 15.- Debuxo do Petróglifo 13 no que as frechas marcan as rodeiras de carro.
  • 22. 40 41 P1 Volvemos sobre os nosos pasos cara o camiño principal que vén de P17 e collemos cara a esquerda non tomando o desvío da dereita que deixamos para máis tarde. Agora baixamos até as escaleiras que soben á plataforma desde a que ollamos P1 e P2. Á nosa esquerda P1 é quizais o petróglifo de maior beleza do Outeiro dos Lameiros. Nesta laxe de 5x3m. inclinada cara o sur hai un grupo de motivos abstractos comúns á fachada atlántica europea, circos concéntricos, circos simples e coviñas. (Fig. 16). No centro da superficie destaca unha combinación circular de cinco aneis cunha coviña central da que sae un suco até o exterior das circunferencias. Na parte alta catro circos concéntricos con coviña central e unha serie de liñas curvas asociadas, este conxunto áchase vinculado ó grupo inferior por medio dunha liña que relaciona a maioría das figuras do panel. Nesta parte inferior outra volta circos, simples e concéntricos, coviñas e liñas curvas. (Fig. 17). Este equilibrado conxunto forma extrema entre as parroquias de Baíña e Sabarís e na mesma extrema temos outros catro petróglifos máis aquí na zona do Outeiro dos Lameiros. P2 (Fig. 18). Á dereita da plataforma unha superficie de 3 x 2 m. con gravados, tamén descuberta a comezos de 1984, gran parte dela soterrada. A simple vista destacan as coviñas pero unha observación máis aguda fainos percibir que moitas delas están rodeadas por un circo incluso a coviña de maior tamaño que ten 8 cm de diámetro e 3cm de fondo. (Fig. 18 e 19). O Outeiro dos Lameiros 16.- Debuxo da composición abstracta do petróglifo 1 A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
  • 23. 43 Co petróglifo 1 e con este 2 redundamos na idea de que estamos posiblemente a 4000 anos de distancia temporal pero tamén de distancia mental nunha época na que en Galicia non había escritura que nos deixase textos explicativos sobre estes gravados nas pedras. Temos que supoñer que deste xeito expresaban as súas crenzas e que o código interpretativo ignorámolo. P6 Volvemos costa arriba até atopar un camiño á esquerda e subimos cara a plataforma de observación de P6, o gran panel do Outeiro dos Lameiros. Aquí a case 200m de altura sobre o nivel do mar estamos nun lugar quen domina a chan sobre a que se atopan os outros petróglifos, observamos ó fondo A Serra do Galiñeiro que cerra O Val Miñor polo leste superando os 700m de altura. (Fig. 20). Nas laxes e paredes do propio Outeiro dos Lameiros hai tres petróglifos (máis dous de feitura recente ) destacando esta parede vertical de 15 metros de longo e cinco de altura. Até agora paseamos por superficies horizontais ou lenemente inclinadas que é o normal na arte rupestre abstracta galega. Cando se trata de escenas de caza ou mostrarios de armas é normal que estean en superficies bastante inclinadas, incluso verticais como A Pedra Longa en Dumbría pero son moi escasas as superficies completamente verticais con gravados, só coñecemos o caso do Sueido en Chandebrito 17.- Circos concéntricos do petróglifo 1 vistos con luz natural A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
  • 24. 44 45 18.- O petróglifo 2 pintado con coviñas e circos simples 19.- Debuxo do petróglifo 2 con coviñas e circos simples O Outeiro dos Lameiros A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
  • 25. 46 47 20.- Vista do emprazamento do panel gravado do Outeiro dos Lameiros 21.- Petróglifo 6 na parede vertical do Outeiro dos Lameiros durante os traballos arqueolóxicos coa representación dun cervo, ou máis cervos no Porto do Son: no Outeiro da Pedra Bicuda no Outeiro de Campelos e nos Pozos da Garda. (Fig. 21). É a superficie con máis cuadrúpedes da nosa arte rupestre, contamos uns 78, todos eles, agás catro, coa dirección do paso de esquerda a dereita. Polo menos cinco están montados en clara escena de equitación, unha delas cunha importancia implícita dada pola man gravadora debido ó seu gran tamaño de 51 cm. de longo por 32 cm. de ancho e un suco que acada os 7 cm. de ancho e os 2’5 cm. de fondo. (Fig. 22). Afirmamos que esta gran manda de cuadrúpedes son cabalos por estaren algúns montados e sobre todo pola cola espesa co pelo caído cara o chan e por careceren de cornas. Pero no panel non só hai animais gravados, tamén algunhas figuras abstractas como un óvalo con divisións O Outeiro dos Lameiros A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
  • 26. 48 49 22.- Debuxo do gran panel vertical do Outeiro dos Lameiros. Petróglifo 6 O Outeiro dos Lameiros A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
  • 27. 50 51 interiores con coviñas e apéndices no lado dereito e na parte baixa ocupando a parte central do panel, sendo un motivo sen paralelo en Galicia. Á esquerda do óvalo central hai unha especie de escada que semella un cercado sen que poidamos saber que quixeron representar con estas dúas liñas paralelas unidas por outras menores a xeito de escaleiriforme. Na zona dereita e a media altura unha figura de seis raios curvos que conflúen nun punto central semellándose a unha estrela dextroxira, chamada así porque o sentido do movemento simulado vai de esquerda a dereita. Diante do panel hai un banzo de 6 x 2 m. aproximadamente sobre o que hai gravados circos concéntricos con coviña central. Aínda podemos observar no extremo superior esquerdo cinco cuadrúpedes a distintos niveis quizais querendo transmitirnos a sensación de dinamismo e ascensión por unha ladeira. 23.- Debuxo dos reticulados do petróglifo 21 P21. Xa para rematarmos a visita baixamos da plataforma de observación do gran panel e collemos o primeiro camiño á esquerda até P21, superficie descuberta durante os traballos arqueolóxicos do ano 2007, que incluían a prospección intensiva da zona que deu como froito o achado desta laxe case completamente tapada por follato, terra e sobre a que vivían dous eucaliptos. A limpeza descubriu unha pedra de 4’20 x 6’40 m. sobre a que hai gravados cinco reticulados todos incompletos. (Fig. 23). Estas insculturas enriquecen aínda máis esta zona como a de maior concentración de reticulados que se coñece en Galicia. Por outra banda pon en dúbida que sexan taboleiros de xogo, polo menos non todos xa que estes, a pesar de estaren nunha superficie horizontal, están sen rematar e chama a atención unha liña sinuosa que parte do extremo dun dos reticulados. (Fig. 24). O Outeiro dos Lameiros A estación de Arte Rupestre do Outeriro dos Lameiros
  • 28. 52 53 O PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO E ETNOGRÁFICO 24.- Reticulados, petróglifo 21, logo dos traballos de limpeza O Outeiro dos Lameiros A riqueza arqueolóxica e etnográfica do monte veciñal de Santa Cristina da Ramallosa non se concentra só no Outeiro dos Lameiros senón que se estende por cotas máis altas da Serra. Inmediatamente ó sudeste desta zona arqueolóxica no lugar polo que transcorre A Regueira de Retruca atopamos unha concentración de vestixios arqueolóxicos variados, todos eles gravados no granito: - Un muíño navicular. Extramuros da Tomada dos Ineses, nun bloque tirado dunha canteira áchase este muíño navicular. Cando o ser humano inventou no Próximo Oriente a domesticación de plantas e animais, logo de ter o gran apañado de trigo, avea ou centeo tiña que moelo para convertelo en fariña e continuar coa súa panificación. A partir do momento, hai uns 6500 anos, que chega o neolítico a Galicia comezan a aparecer muíños naviculares nos xacementos da época. O gran moíase neles batendo cun man pétrea para relalo e arrastrando para moelo nunha operación continuada de vaivén que producía un desgaste na superficie do muíño. Entón os
  • 29. 54 55 muíños compóñense dun durminte no que se deposita o gran e a man coa que se moe. Tanto o durminte como a man son pezas móbiles, que se poden trasladar de lugar, pero tamén existen muíños naviculares de soporte fixo, co durminte na rocha nai, polo tanto non móbiles. Este tipo particular de muíños esténdense entre a península do Morrazo e a beira esquerda do río Miño, con dous casos excepcionais, un en Carnota e o outro en Agolada. A área de maior concentración polo momento, atópase entre a Serra da Groba e O Maúxo e outro bo núcleo en Valença. A maioría destes muíños naviculares aparecen no ámbito da arte rupestre e nun 20% dos casos comparten a mesma superficie. Moi preto de aquí temos un caso excepcional no extremo oeste de Monteferro (Panxón, Nigrán) no lugar da Porta ou As Pinisas Pequenas onde nunha superficie granítica consérvanse 21 muíños naviculares que comparten a laxe con coviñas, circos e con podomorfos humanos coas dedas marcadas. Moi preto do muíño consérvanse, polo menos, outras catro superficies con gravados, no lugar atravesado pola Regueira do Retruca. -Nunha das superficies hai sete reticulados que aumentan aínda máis a nómina dos que aparecen no Outeiro dos Lameiros. (Fig. 25). -Cara o norte nunha gran superficie plana unhas vinte coviñas, o motivo máis repetido da nosa arte rupestre, acompañado por un reticulado, un rebaixe cuadrangular e varias liñas máis. (Fig. 26). -Nunha pequena pedra un único équido montado que repite os temas da zona máis baixa do Outeiro dos Lameiros. Antes ollamos reticulados e coviñas e agora equitación como no gran panel ou no petróglifo nº 8. Se continuamos a ascensión cara o sur, a 245 metros de altura na Regueira do Grilo atopamos un petróglifo curioso de 2 x 2 m., xa que aparece un reticulado no medio dun grupo de motivos abstractos, circos, liñas e coviñas nun emprazamento O Outeiro dos Lameiros O patrimonio arqueolóxico e etnográfico 25.- Os sete reticulados do petróglifo da Regueira do Retruca
  • 30. 56 57 26.- Debuxo do petróglifo da Regueira do Retruca con coviñas, liñas e un reticulado 27.- Debuxo do petróglifo da Regueira do Grilo con circos concéntricos e un reticulado que domina a regueira desde a súa parte alta. Unha das liñas que parte das combinacións circulares atravesa o reticulado o que denuncia unha cronoloxía anterior para este. (Fig. 27). Preto deste petróglifo hai máis superficies con reticulados e non moi lonxe, no camiño empedrado que sobe da Porta Mián, xa na parroquia de Belesar, tanto nas beiras como nas propias laxes do camiño hai petróglifos con arte abstracta, reticulados e incluso un zoomorfo nos lugares coñecidos como A Regueira da Mexona, A Puexa e As Aveas. Este mesmo camiño empedrado tradicional que sobe cara á parte alta da serra, pronto pasa pola Comunidade de Montes de Santa Cristina da Ramallosa ó pé do alto coñecido como O Grichouso ou O Pouso do Bico onde extreman con Belesar. Alí nunha superficie chan aparecen gravados motivos de arte abstracta que se veñen repetindo no Outeiro dos Lameiros, na Regueira do Grilo, na Puexa, nas Aveas e agora aquí a 335 m.s.n.m. cunha ampla panorámica visual. Son seis combinacións circulares de dous aneis e outros catro circos simples con coviña central, todo o conxunto encerrado por unha liña exterior da que parte un apéndice longo que remata nun circo con divisións interiores, ó seu carón hai dous muíños naviculares e na laxe con- O Outeiro dos Lameiros O patrimonio arqueolóxico e etnográfico
  • 31. 58 59 2 8 . - Debuxo do petróglifo de Grichouso con circos, coviñas e muiños naviculares O Outeiro dos Lameiros tigua hai outros seis que por estaren feitos na rocha base chamamos de soporte fixo. (Fig. 28). Estes muíños aparecen en Galicia hai uns 6000 anos á par da neolitización, é dicir, coa chegada da domesticación de plantas e animais e polo tanto do cultivo de cereais que hai que moer para logo facelos panificables. Estes muíños naviculares de soporte fixo só aparecen entre o Morrazo e Caminha con só tres excepcións en Carnota, Agolada e Ribeira. Chama a atención que aparezan no ámbito da arte rupestre ou compartindo a mesma superficie polo que dubidamos do seu uso doméstico e quizais teñan algún uso cultual ou ritual. A riqueza arqueolóxica da zona complétase cunha mámoa na chamada A Chan da Bouza ou A Chan do Ceboleiro. Unha mámoa non é máis ca un enterramento prehistórico consistente nunha estrutura pétrea que pode ter uns poucos centímetros de altura até, por exemplo, os catro metros da lousa de cabeceira do dolmen de Dombate. As medidas varían segundo as zonas e as épocas. Esta estrutura recubríase con terra e pedras e adquiría un aspecto de “mama”, o diminutivo é “mamula” do que procede o nome mámoa tamén chamada arca, arquiña, casa dos mouros, namela, medoña, madorra, ... Este xeito de enterrar comezou hai pouco máis de 6000 anos e con distintas morfoloxías perdurou durante uns 2000 anos. Nas mámoas en Galicia non se conservan restos humanos polo chan acedo pero si restos dos enxovais alí depositados consistentes en cacharros cerámicos, útiles líticos, puntas de frecha e incluso adornos metálicos. Crese que nelas non enterraban a todos os membros da comunidade senón os máis significados. Construír unha O patrimonio arqueolóxico e etnográfico
  • 32. 60 61 mámoa supuña, dependendo das dimensións, un esforzo colectivo considerable acompañado dun complexo ritual de inhumanación. A variedade patrimonial do monte de Santa Cristina complétase coa boa conservación en varios tramos dos camiños empedrados tradicionais moitas veces erroneamente chamados camiños romanos. Pode ser que algún dos camiños empedrados que cruzan as nosas vilas e aldeas coincidan con algún dos camiños romanos que comunicaban hai case dous mil anos as distintas zonas do país pero a inmensa maioría dos camiños empedrados que coñecemos nas nosas aldeas e nos nosos montes son as vías que comunicaban aldeas veciñas ou os camiños que comunicaban cos montes dos arredores que constituían un espazo forestal do que se obtiñan produtos indispensables na conformacion da economía rural; estámonos a referir a leña, pedra, estrume, pasto para o gando, ... Estes camiños non sempre eran empedrados pero nas zonas máis encostadas ou lamentas era bo que se petrificasen para permitir unha mellor marcha dos carros. Este é o caso do camiño que sobe da Portamián do Castro na Medialdea de Belesar e viña cruzando O Río dos Bois e subía paralela á Regueira da Mexona, polas Aveas, ó pé das Fontaíñas a 300 metros de altura cara as zonas altas da serra. O outro camiño é aquel que sobe do barrio de Morade e discorre integramente polos montes de Santa Cristina da Ramallosa acadando pronto cotas superiores ós 250 metros na Regueira do Retruca á par do Picoto da Bouza ou As Pedras da Queimada e os máis de 300 metros na Costa de Quelle. O Outeiro dos Lameiros ACCESO ÓS OUTROS PETRÓGLIFOS Desde a zona de entrada ó grupo de petróglifos do Outeiro dos Lameiros ó lado do petróglifo 17 ollamos cara ó sur e collemos o carreiro que pasa por diante do portal da Tomada dos Ineses, este camiño pronto chega a unha pista que collemos cara a esquerda, baixámola menos de 100 m. e á esquerda nesa vagoada chamada A REGUEIRA DO RETRUCA hai dous petróglifos sinalizados. Volvemos sobre os nosos pasos até a pista e andámola cara a dereita en sentido ascendente até atoparnos con outra que collemos á esquerda ó longo duns 400 metros ollando sempre á nosa esquerda A Regueira do Retruca, onde remata vemos xa o camiño empedrado que continúa monte arriba. Na ampla chan da dereita, seguindo a pista, coñecida como A Chan do Ceboleiro ou A Chan da Bouza atópase unha mámoa que ollamos recortándose ó fondo. Pero nós onde vemos o camiño empedrado tiramos pola pista da esquerda e a 200 metros pasamos unha zona chan, inmediatamente aparece outra valgada e alí á esquerda
  • 33. nunha laxe ben visible temos o petróglifo da Regueira do Grilo ou A Regueira da Mexona (para os de Baíña). Facemos o camiño cara atrás e da chan devandita sae un camiño á esquerda que subimos até chegarmos a unha pista ancha que vén de San Cosme e vai cara Belesar. Andámola até atopar á dereita un marabilloso camiño empedrado, é o que vén da Portamián (A Medialdea, Belesar). Subimos por el uns douscentos metros e temos que cortar á esquerda, atravesar outra pista para chegarmos á parte alta coñecida como O Grichouso ou O Pouso do Bico e alí atoparmos un conxunto de arte abstracta e muíños naviculares. UN MONTE VECIÑAL MULTIFUNCIONAL NUN MUNDO RURAL VIVO O Outeiro dos Lameiros A Estación de Arte Rupestre do Outeiro dos Lameiros 62