Piramoetisbe

746 visualizações

Publicada em

Publicada em: Educação
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
746
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
120
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
0
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Piramoetisbe

  1. 1. PÍRAMO E TISBE
  2. 2. Píramo e Tisbe, un o máis fermoso dos mozos, a outra excelente entre as doncelas que tiña o Oriente, ocupaban dúas casas contiguas, alí onde se di que Semiramis cinguiu de muros de terra cocida a súa elevada cidade (Babilonia). A veciñanza fíxolles coñecerse e dar os primeiros pasos; co tempo creceu o amor. Eles celebrarían de bo grao os fachos nupciais baixo xuramento mais os seus pais opuxéronse; porén, e a iso non podían oporse, ámbolos dous ardían por igual con cativos corazóns. Non hai confidentes entrambos, fálanse por acenos e sinais e, canto máis ocultan o lume, máis se inflama o lume oculto. A parede medianeira de ambas casas estaba fendida por unha tenue greta que se producira facía tempo, durante a súa construción. O defecto, que ninguén vira ó longo dos séculos, - Que non nota o amor?- fostes vós, amantes, os primeiros en velo e convertéstelo en camiño para a vosa voz; e así adoitaban pasar seguras ó seu través, e en tenue murmurio, as vosas tenruras. Moitas veces, cando dunha parte estaba Tisbe e da outra Píramo, e percibiran mutuamente a respiración das súas bocas, dicían: “parede, por que es un obstáculo entre dous amantes? Que che custaba deixarnos unir os nosos corpos por enteiro, ou, se iso é demasiado, darnos unha abertura para os nosos bicos? Mais non somos ingratos, confesamos que che debemos que se dera paso ás nosas palabras ata os oídos amigos”.
  3. 3. Píramo e Tisbe de Gregorio Pagani
  4. 4. E despois de falar así en vano e separados como estaban, ó chegar a noite dixéronse adeus, e cada un deu á súa parte bicos que non chegaron á outra parte. A aurora seguinte fixera fuxir as nocturnas luminarias, e o sol secara cos seus raios as herbas cubertas de escarcha; xuntáronse no lugar acostumado. Entón, despois de moitos lamentos murmurados en voz baixa, acordan facer no silencio da noite a tentativa de enganar ós seus gardiáns e saír das súas portas, e, unha vez que estean fóra dos seus fogares, abandonar tamén os edificios da cidade; e, para evitar o risco de perderse na súa marcha polos anchos campos, xuntarse baixo o sepulcro de Nino e agocharse á sombra da árbore. Había alí unha árbore, inzada de froitos brancos como a neve, unha moreira erguida, sita á beira dun frío manancial. Gústalles este plan; e a luz do día, que lles pareceu que tardaba en afastarse, precipítase nas augas e das mesmas augas sae a noite. Astuta no medio das tebras fai Tisbe xirar a porta no seu couzón, sae, engana ós seus, coa cara tapada chega á tumba, e senta baixo a árbore convida; o amor faia atrevida. Velaquí que chega unha leoa co fociño espumante cheo de sangue duns bois que acababa de matar, e coa intención de apagar a sede nas augas da veciña fonte. A babilonia Tisbe viuna de lonxe, ós raios da lúa, e con pasos asustados fuxiu a unha escura cova; e ó fuxir, caeu do seu lombo o veo que deixou abandonado. Cando a leoa aplacou a súa sede coa auga, de regreso ó bosque atopou o tenue veo sen a súa dona, e coa súa boca sanguinolenta esgarrouno.
  5. 5. C L A U D E
  6. 6. Píramo saíu máis tarde, viu no espeso po pegadas seguras dunha fera, e palideceu a súa face enteira; pero cando atopou tamén a prenda tinguida de sangue, dixo: “Unha soa noite rematará cos namorados; dos dous ela era a máis digna dunha longa vida, mentres que a miña alma é culpable; eu fun quen te perdeu, desafortunada, eu que che mandei vir de noite a un lugar terrorífico, e non cheguei aquí o primeiro. Esnaquizade o meu corpo e devorade con feras dentadas estas vísceras criminais, leóns todos que vivides baixo este saínte. Pero é de covardes desexar a morte”. Levanta do chan o veo de Tisbe, lévao á sombra da árbore da cita, e despois de dar vágoas e bicos á coñecida prenda di: “Recibe agora tamén a bebida do meu sangue” E afundiu no seu costado o ferro que levaba ó cinto, e sen demora arrancouno, moribundo xa, da ardente ferida, quedando tendido no chan boca arriba; salta o sangue a gran altura, non doutro xeito que cando nun tubo de chumbo deteriorado se abre unha fenda, que polo estreito burato que asubía lanza chorros de auga e rompe o aire cos seus golpes. Os froitos da árbore collen, polas cruentas salpicaduras, unha tinguidura escura, e a raíz, húmida polo sangue, tingue de cor purpúreo as moras que colgan.
  7. 7. P O U S S I N
  8. 8. Velaquí que, sen estar libre de medo aínda, pero para non fallarlle ó seu amante, volve ela, busca ó mozo cos ollos e coa alma, e arde en desexos de contarlle o enorme perigo ó que se viu sometida; e aínda que recoñece o lugar e a forma da árbore que vira, con todo faia dubidar a cor do froito; dubida se será esta. Mentres dubida ve que uns membros tremoieiros palpitan sobre o chan ensanguentado; retrocedeu e coa face máis pálida que o buxo sufriu un estremecemento semellante ó do mar que rumorea cando unha leve brisa roza a súa superficie. Mais unha vez que, pouco despois, recoñeceu ó seu amor, maltrátase con sonoros golpes os brazos que non o merecían, arráncase os cabelos, e apertando o corpo amado inundou de vágoas as súas feridas e mesturou o seu planto co sangue; e estampando os seus bicos no rostro xeado berrou: “Píramo, que desventura me deixou sen ti? Píramo, contéstame; é a túa adorada Tisbe quen te chama; escoitame e ergue a túa cabeza abatida”.
  9. 9. Pintura nun muro de Pompeia
  10. 10. Ó nome de Tisbe levantou Píramo os ollos, sobre os que xa gravitaba a morte, e despois de vela volveunos pechar. Cando ela recoñeceu a súa prenda, e viu o marfil desproveito da súa espada, exclamou: “ A túa propia man deuche morte e o teu propio amor, infeliz! Para isto teño eu tamén unha man forte, e teño tamén amor que me dará forzas para ferirme. Irei tras de ti que xa morriches, e da túa morte dirase que fun eu tráxica causa e compañeira; e ti, a quen só a morte ai! podía arrancarme, nin aínda a morte poderá arrancarte de min. Isto, porén, vanvos pedir as súplicas de ambos, pais meu e seu, dobremente desgraciados, que a aqueles ós que uniu un gran amor e a súa última hora, non lles rexeitedes ser sepultados na mesma tumba. E ti, árbore que coas túas ramas dás sombra agora ó pobre corpo dun só, pero que axiña a darás ós dos dous, conserva o sinal da nosa ruína, e ten sempre froitos negros e propios para o loito, en memoria do noso dobre sangue”. Dixo, e colocando a punta da espada ben por baixo do seu peito, deixouse caer sobre o ferro que aínda estaba morno do outro sangue. As súas súplicas conmoveron ós deuses e ós pais; pois a cor do froito, cando está maduro, é negruzco, e o que resta das súas piras repousa nunha única furna.
  11. 11. Fábula de Píramo e Tisbe de Góngora

×