Guía de uso do catálogo de Bibliotecas Municipais de a Coruña
Dialnet titorial 2012
1. DIALNET: Que é Dialnet? Biblioteca
Universitaria
Dialnet (Difusión de Alertas na Rede) é
unha plataforma de recursos e
É un proxecto cooperativo no que
servizos documentais cuxo obxectivo é
participan varias bibliotecas
mellorar a visibilidade e o acceso á
universitarias
literatura científica hispana a través de
Internet.
Os recursos recollidos en Dialnet son
variados:
Artigos de revistas
Artigos de obras colectivas
Teses de doutoramento
Libros
Recencións bibliográficas
Moitos deles son a texto completo
2. Dialnet: Acceso Biblioteca
Universitaria
O acceso pódese realizar dende a páxina
principal da web da Biblioteca
3. Dialnet: Acceso Biblioteca
Universitaria
Rexistrarse como usuario
Dialnet é un sistema aberto á consulta libre e
gratuíta de calquera internauta; con todo,
moitas das funcionalidades dispoñibles
requiren rexistrarse como usuario. Igualmente
o rexistro de usuario é libre e gratuíto.
4. Como facer buscas en Dialnet? Biblioteca
Universitaria
Para realizar buscas en Dialnet
podemos utilizar o buscador da
pantalla principal ou o motor de
busca específico para
documentos, revistas, teses ou
autores
5. Tipos de busca Biblioteca
Universitaria
Pódense
acoutar as
buscas por
Título ou
Autores e elixir
o tipo de
documento que
desexamos
encontrar
6. Tipos de busca Biblioteca
Universitaria
En cada unha das referencias atopadas aparece o título, o
autor e os datos da fonte: revista onde está publicado o
artigo, o número da revista e as páxinas
Xunto cos datos de identificación do documento especifícase
se podemos acceder ao Resumo ou ao Texto completo.
Ao picar no título ábrese a xanela co resumo e a ligazón para
descargar o texto completo.
7. Tipos de busca: revistas Biblioteca
Universitaria
Cando a revista
está nas nosas
bibliotecas
existe unha
ligazón ao
catálogo. Así
veremos en
que bibliotecas
podemos
atopala e os
números
dispoñibles
A ligazón da revista leva a:
información xeral,
sumarios e
proporciona ligazón ás bibliotecas universitarias
onde se pode atopar
8. Buscar revistas Biblioteca
Universitaria
Podemos consultar revistas
a texto completo: Revistas
con edición electrónica
aloxadas no servidor de
Dialnet; os seus artigos
pódense recuperar
premendo no botón
Descargar e aparecen
marcadas con E- Dialnet e
Outras revistas con edición
electrónica, dispoñibles a
texto completo en Internet.
Os seus artigos pódense
recuperar en Dialnet
premendo o botón Texto
completo.
9. Buscar revistas Biblioteca
Universitaria
Tamén podemos localizar
revistas pola inicial do título
da revista premendo sobre a
letra correspondente. Se
buscamos revistas
vinculadas a un área de
coñecemento en particular,
podemos acceder á listaxe
de materias e submaterias.
Premendo sobre calquera
das materias, desprégase
outra serie de submaterias
relacionadas con esta.
Débese ter en conta que un
mesmo título pode estar
clasificado en varias
materias.
10. Selección de documentos Biblioteca
Universitaria
A opción de selección de documentos está dispoñible só para usuarios
rexistrados. Unha vez seleccionados os documentos e premendo o
botón Selección pódense Enviar/ Exportar as referencias ao correo
electrónico, ao xestor de referencias RefWorks, descargar o ficheiro en
formato RIS que permite importar os rexistros a outros xestores
bibliográficos (EndNote, ProCite, Reference Manager) ou exportar en
formato texto.
11. Busca avanzada Biblioteca
Universitaria
A busca avanzada permite restrinxir
por tipo de documento, idioma, ano,
materia, etc.
12. Alertas bibliográficas Biblioteca
Universitaria
Para obter este servizo é necesario rexistrarse como usuario e indicar as
materias de interese
13. Alertas bibliográficas Biblioteca
Universitaria
O usuario rexistrado pode seleccionar temas ou revistas sobre os
que desexa recibir información.
Mensualmente recibe alertas por correo electrónico de novas
publicacións dentro da materia do seu interese.
Igualmente recibirá información cos sumarios dos novos
números das revistas que seleccionase.
14. Biblioteca
Universitaria
Moitas grazas por
consultar este titorial