SlideShare a Scribd company logo
1 of 28
Economía
2030
Perigan as pensións en 20 anos, avisa
Bruxelas
18.11.2010 Un informe comunitario avala atrasar ós 67 anos a idade
mínima de xubilación en España e pide medidas de axuste tomadas por
consenso
EFE . BRUXELAS
Elena Salgado conversa co comisario de Asuntos Monetarios,
Olli Rehn
FOTO: olivier hoslet
A Unión Europea recomendoulle a España que tome medidas para asegurar a
sustentabilidade do seu sistema de pensións máis aló de 2030, xa que cre que non é
suficiente con atrasar a idade de xubilación. A recomendación queda recollida nun
informe conxunto sobre pensións elaborado polos comités europeos de Política
Económica e de Protección Social, apoiado hoxe en Bruxelas polo Consello de
ministros da UE (Economía e Finanzas). No informe afírmase que a reforma das
pensións presentada polo Goberno español o mes de xaneiro pasado está
"xustificada" para asegurar a estabilidade financeira das contas públicas. Con todo,
sinala que os riscos que afronta España debido a varios factores -como que se trata
do país coa segunda esperanza de vida máis alta do mundo e onde o número de
pensionistas se dobrará entre 2010 e 2040- "fan necesario garantir a sustentabilidade
do sistema de Seguridade Social máis aló de 2030".
A ministra de Economía española, Elena Salgado, que participou na reunión do Ecofin,
indicou que o informe "recoñece a solidez" do sistema de pensións español (que "non
terá ningunha dificultade ata o ano 2030"), aínda que recoñeceu a necesidade de facer
unha reforma para garantilo a partir dese ano. Ademais, Salgado explicou que o
documento recoñece "a redución da pobreza e o aumento das pensións mínimas" en
España.
O informe recalca que "a diminución de contribuíntes á Seguridade Social debido á
alta taxa de paro é unha cuestión preocupante". Sinala tamén que, dada a situación,
non basta con prolongar a idade de xubilación, e insta a España para reformar o
mercado laboral e a adoptar medidas "para permitir e fomentar que os cidadáns
traballen máis tempo", especialmente os mozos.
O documento tamén subliña a necesidade de que España leve a cabo a consolidación
orzamentaria prometida co obxectivo de reducir a débeda pública e aumentar a
capacidade do país de financiar o incremento do gasto público nun futuro. Respecto
do índice de risco de pobreza entre os maiores de 65 anos, o informe recoñece que o
aumento das pensións mínimas contribuíu a que se reduza nos últimos anos, ata
situarse nun 27,4 por cento (8,5 puntos por encima da media da UE).
Pola súa banda, o Ministerio de Traballo español mostrouse satisfeito co documento,
xa que ó seu xuízo "recoñece que o sistema español funciona ben e é sólido
actualmente", segundo un comunicado.
O XESTO DO ESCRITOR
Agustín Fernández Paz: "Non buscaba
este papel"
18.11.2010 Asegura que non quere entrar "en polémica ningunha" tras
rexeitar o Premio da Cultura Galega no apartado de Literatura
A.R. LÓPEZ . SANTIAGO
Agustín Fernández Paz asegura que as súas pretensións non
son crear polémica, pero cre que por coherencia debía rexeitar
o galardón
Agustín Fernández Paz non quere facer entrevistas "nin entrar en polémicas de ningún
tipo". O único que quere é que "isto pase canto antes" e co canto antes refírese á
revolta que armou o martes pasado cando rexeitou o Premio da Cultura Galega, nunha
acción de protesta pola política lingüística desenvolvida na Xunta polo goberno de
Alberto Núñez Feijóo.
Onte, nun breve diálogo telefónica, o escritor queixábase da súa mala saúde e de
interpretar "un papel que non buscaba". Porén, nesa posición de "silencio por
coherencia", non puido evitar que o seu nome se convertese nunha das entradas máis
buscadas de internet e a súa figura na máis celebrada dunha Cultura, a galega, que
desde hai meses se sobrepón ás adversidades con xestos como os deste autor, un
dos máis lidos e premiados en Europa dentro do xénero da Literatura infantil e xuvenil.
El trata de restarlle importancia ás adhesións -que lle chegaron mesmo desde
militantes do Partido Popular (PP)- e, en calquera caso, asegura que el non é
"responsable" dos apoios que lle chegan a favor "nin dos que me chegan en contra".
No comunicado que difundiu o mesmo martes, nada máis coñecer a noticia do
galardón, Fernández Paz agradecíalle ao xurado a concesión dun premio que el
considera, ao mesmo tempo, un recoñecemento ao colectivo de escritores que "desde
hai ben anos, vén esforzándose en crear desde Galicia unha literatura infantil e xuvenil
de calidade".
Distinguido con diferentes premios, entre eles o Nacional de Literatura do Goberno
españo, Fernández Paz é un dos máis activos integrantes de Prolingua, creada para
contrarrestar as medidas adoptadas polo Goberno de Núñez Feijóo na política
lingüística, concretamente a aprobación do polémico decreto do plurilingüismo. A
plataforma fixo público a primeiros de outubro un chamamento ao mundo da cultura
para que rexeitase os Premios da Cultura Galega, creados pola Consellería de Cultura
tras anular os anteriores Premios Nacionais da Cultura Galega e, recentemente,
desprovistos de dotación económica, ao contrario do que ocorre con outros galardóns
de igual rango en España, Cataluña e Euscadi.
Galicia
José Antonio Gallego: "O grande erro
das empresas é quedaren fóra das
redes sociais"
18.11.2010 "Cada vez máis, as decisións de compra tómanse en
internet", afirma. "O único positivo desta crise é que nos obriga a facer
cambios", subliña, mentres ten claro que España non será intervida "de
ninguna maneira"
M. R. VALEIRO . SANTIAGO
O ‘community manager’ e presidente de Aerco, José Antonio
Gallego
FOTO: AXENCIAS
Community manager: fálase moito desta nova figura profesional pero as súas funcións
son descoñecidas para boa parte das empresas. O experto José Antonio Gallego,
economista e presidente fundador da Asociación Española de Responsables de
Comunidades online (Aerco), ofrecerá o vindeiro 26 de novembro en ExpoCoruña
unha masterclass sobre a súa utilidade para sacarlles partido ás redes sociais como
vehículo para expandir os negocios, "porque nelas tomamos as decisións de compra
fundamentais", incide.
Supoño que estará canso da mesma pregunta, pero ¿que é exactamente un
community manager?
Houbo un cambio nos últimos anos na sociedade a todos os niveis, co cal os usuarios
e consumidores cada vez pasamos máis tempo nas redes sociais. Nelas, ademais de
divertirnos, tomamos as decisións de compra fundamentais, porque falamos con
outras persoas, pedimos opinións e optamos por un produto ou outro. O community
manager é esa persoa que debe estar encargada de escoitar que se di, no caso dunha
empresa, dela nas redes sociais e por outra banda, ser capaz de trasladarlles a
mensaxe ós usuarios.
¿Canto tempo leva traballando esta nova profesión?
En España relativamente pouco, pero en Estados Unidos en empresas como eBay
Google xa existe desde hai catro ou cinco anos. Aquí comezamos coa asociación no
2008 e eramos moi poucos, e agora en Aerco xa somos máis de 500 socios.
¿É imprescindible para todas as empresas?
Creo que é imprescidible para as empresas escoitar o que se di delas nas redes
sociais. Logo tomar unha presenza activa é moi útil e necesario pero non obrigatorio
para todas. Por exemplo, en negocios de maquinaria non ten sentido ter un grupo en
Facebook pero si saber que se di deste mercado. As que deberían ter estes expertos
son as que lle venden directamente ó consumidor.
¿Como se pode sacar o mellor proveito a estas redes?
O primeiro é definir o noso usuario. Facebook é unha rede masiva, pero igual o noso
perfil máis axeitado é máis novo, como o de Tuenti, xente que se move en blogs, en
foros...e unha vez analizado onde están os nosos usuarios, cómpre crear unha
presenza alí. Facebook é o máis sinxelo pero ás veces non é a mellor opción. Non
temos por que estar en todas, hai moitas. En España se estás en Facebook e Tuenti
xa tes captados o 95% dos usuarios.
Moitos consumidores, e supoño que empresas, son remisos a entrar nas redes
sociais polo descoñecemento e a falta de privacidade... ¿pode ser un handicap?
Como todo elemento emerxente formulan interrogantes, pero realmente o custo
verdadeiro é non estar nunha rede social, quedar fóra deste novo fenómeno, porque
cada vez máis as decisións de compra tómanse aquí en internet.
Para facernos unha idea... ¿como é unha xornada laboral "dun community
manager?
A primeira hora analizamos todo o que se di de nós nas redes sociais, miramos desde
a prensa ós blogs, e o principal é unha escoita activa. Logo outro dos pasos é visitar a
presenza que a nosa empresa ten nelas. Ademais, outra parte importante é contactar
cos líderes de opinión, os usuarios máis influíntes, dos que temos que saber que din
en todo momento, e intentar achegarnos a eles. Ademais, outro labor noso é interno,
transmitir o que escoitamos, porque somos unha figura evanxelizadora, e temos que ir
ós departamentos de márketing, atención ó cliente, e dicir, o que pensan e din de nós.
¿Cal é o perfil profesional?
Como é unha figura de recente creación, non existe unha ensinanza universitaria. Hai
moita xente que vén do xornalismo, da comunicación, relacións públicas e márketing.
O importante é ter dotes de comunicación.
¿Que transmite nas súas "masterclass"?
A principal ensinanza é explicar como cambiou o consumidor, con exemplos de
empresas que sacaron partido nas redes e tamén dos erros máis comúns. É unha
invitación a tomar a iniciativa e non ter medo. A xente sae moi contenta, tanto que xa
saíron moitos proxectos.
¿A crise, polo tanto, é o mellor momento para lanzarse á piscina?
É o mellor momento. Cando a unha empresa lle vai todo ben, non ten estímulo a facer
cousas novas. Precisamente, cando o mercado está complicado é cando se formula a
necesidade de innovar. O único positivo desta crise é que nos obriga a afrontar
cambios.
Como experto en Economía, a pregunta é obrigada: ¿España corre risco de ser
intervida?
Está nunha crise profunda pero ten unha economía bastante sólida. Persoalmente,
non penso que haxa ningún tipo de intervención, de ningunha maneira.
Galicia
ECONOMÍA ·· IGE
O PIB galego sobe no último ano o
triplo que no Estado
18.11.2010 O Produto Interior Bruto avanzou na comunidade un 0,6%
fronte ó 0,2% do conxunto español ·· Rexistráronse tres trimestres de
alza
REDACCIÓN . SANTIAGO
Téñase ou non fe no Apóstol, o certo é que os efectos do ano Xacobeo estanse
deixando notar en Galicia. Así o confirman as estatísticas oficiais, onde se observa
que nos últimos doce meses, o Producto Interior Bruto (PIB) autonómico subiu o 0,6%
-medido en índices de volume e con datos corrixidos de efectos estacionais e de
calendario-, o triplo que a nivel español, onde o avance da economía quedou no 0,2%.
É dicir, a comunidade creceu o triplo ca o Estado.
É "unha cifra máis que aceptable", segundo a valoración do director do Instituto
Galego de Estatística (IGE), José Antonio Campo Andión, quen á súa vez indicou que
este representa o primeiro crecemento interanual logo de sete trimestres en caída
libre. En canto ós datos do período que vai de xullo a setembro, o PIB galego subiu o
0,1% respecto ó trimestre anterior, mellorando tamén os datos españois (crecemento
nulo do 0%) e a previsión para o cuarto trimestre ten un comportamento "similar" ó do
terceiro, polo que "pode haber unha situación de estancamento", dixo, baseándose en
resultados de indicadores como a confianza do consumidor, a afiliación á Seguridade
Social, as vendas do comercio polo miúdo ou a produción industrial.
Co resultado dos meses de xullo, agosto e setembro, segundo os datos do instituto
galego, son xa tres trimestres con rexistros positivos (o avance foi do 0,2% no primeiro
trimestre e do 0,4% no segundo), tras un crecemento nulo nos últimos tres meses de
2009, que sucedeu unha serie de taxas negativas na economía da comunidade du-
rante o ano pasado.
Así, o crecemento intertrimestral en xullo, agosto e setembro é tres decimais inferior ó
do trimestre anterior (un 0,1% fronte a un 0,4%), pero está unha décima por encima do
experimentado no conxunto da economía española, cun crecemento nulo (o 0% de
variación) nese mesmo período, tal e como confirma o Instituto Nacional de Estatística
(INE) na súa publicación deste mércores.
En termos interanuais, o PIB de Galicia creceu seis décimas no terceiro trimestre,
medido en índices de volume e con datos corrixidos de efectos estacionais e de
calendario, o que representa o primeiro crecemento interanual tras sete trimestres en
descenxo. Deste xeito, a economía galega avanzou catro décimas máis que a es-
pañola (un 0,6% fronte a un 0,2%), destacou o director do IGE, que considerou que se
trata dunha "cifra máis que aceptable".
Respecto ao efecto do Xacobeo, sinalou que "non cabe dúbida de que ten influencia"
nos resultados e sinalou, neste sentido, que o gasto dos non residentes creceu en
torno ó 15 por cento.
Campo Andión concluíu, tras indicar que o conxunto dos indicadores que inflúen no
PIB teñen un "comportamiento diverso", que no que vai de ano "a economía galega si
se está comportando mellor que a española".
Ademais, citou un indicador de previsión de crecemento elaborado pola Unión
Europea, que previu o crecemento intertrimestral dun 0,4% na zona euro e estima
avances do 0,3% e o 0,2% para o último trimestre de 2010 e o primeiro de 2011, res-
pectivamente. Por iso, indicou, "no eido europeo prodúcese unha certa retardación".
Aulas
RECOÑECEMENTO
Premios para a USC
18.11.2010 Dúas investigacións dos departamentos de Microbioloxía e
de Física da Materia condensada levan os galardóns da Real Academia
Galega de Ciencias
REDACCIÓN . SANTIAGO
Alberto Martínez, Alexandre Ríos, Ernesto Viéitez, presidente
da RAGC, Ana Otero e Manuel Romero
FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ
A Universidade de Santiago copou os premios da Real Academia Galega de Ciencias,
que onte recoñeceu os mellores traballos de investigación xeral e investigación nova a
dous traballos enmarcados nos campos da microbioloxía e dos modelos climatolóxicos
e segundo explicou o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Ernesto
Vieitez, foron elixidos pola súa "combinación da ciencia base coa aplicada".
O premio de investigadores senior recaeu no estudo Interceptación de sinais de
comunicación bacteriana en bacterias illadas do medio mariño, de Ana María Otero e
Manuel Romeiro, do departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC. O traballo
de investigación abre unha vía alternativa ós tratamentos con antibióticos,
especialmente no campo de acuicultura, onde o seu uso está prohibido.
O estudo achega unha "aproximación ecolóxica", segundo explicaron os autores, xa
que en lugar de "matar os patóxenos", o que propón é actuar sobre os procesos de
comunicación que establecen entre eles para atacar -denominados quorum sensing-,
desactivando así as posibilidades que teñen de infectar o organismo e permitindo que
sexan eliminadas polas defensas naturais do corpo.
Aínda cando a estratexia descrita no traballo é de tipo xeral e pode aplicarse a
calquera ser vivo, a investigación galardoada centrouse na busca de bacterias mariñas
con actividade quorum quenching que poidan ser utilizadas no control das infeccións
dos peixes, e polo tanto na industria da acuicultura, cun alto risco de infeccións pola
elevada densidade de poboación que se concentra nas granxas. Dado que o uso de
antibióticos está practicamente prohibido na cría de peixes, a estratexia de quorum
quenching revélase como una interesante opción para atallar o problema.
Os investigadores composteláns descubriron que no medio mariño son máis
abundantes e activas as bacterias con capacidade para interceptar as comunicacións
-eles identificaron 19 -, o que confirma que o mar é unha gran fonte potencial de novos
fármacos.
Na actualidade, están sendo probadas dúas patentes rexistradas pola USC co
patrocinio da Fundación Genoma España , que chamaron a atención tanto de
empresas do sector farmacéutico como relacionadas coa nutrición en acuicultura.
Ana Otero e Manuel Romero incidiron no "importante" que é recibir recoñecementos
como este, porque "non é común" no sector.
Pola súa banda, o premio de investigación 2010 para investigadores novos -de menos
de 28 anos- recaeu no proxecto O papel das augas freáticas nas interaccións terra-
atmosfera, no clima e no réxime pluviométrico da Península Ibérica, asinado por Lucía
Gestal Souto, Alberto Martínez de la Torre e Alexandre Ríos Entenza, do
departamento de Física da Materia Condensada da USC.
Tamén os seus autores agradeceron o premio, polo que supón de "ánimo para seguir"
cando somos "aínda estudantes de doutoramento". O proxecto investiga un factor ata
agora ignorado nos estudos sobre a dinámica das precipitacións e a súa repercusión
no clima: o papel das augas subterráneas. O traballo realizado céntrase na Península
Ibérica, e desvela que a infiltración e almacenamento de augas no subsolo provoca,
como resultado das interaccións entre a terra e a atmosfera, un grao maior de
incidencia das precipitacións.
Os autores sinalaron que os modelos operativos que se utilizan actualmente non
inclúen este factor, que resulta fundamental para a agricultura en rexións con
importantes limitacións hídricas. Estas "precipitacións extra" alcanzan na primavera
valores superiores ó 20% en áreas como a Meseta Sur, a zona central e a área de
Levante, que resultan ser do mesma orde que o descenso que se espera nas choivas
como consecuencia do cambio climático.
Os premios da RAGC cumpren este ano o seu vixésimo aniversario en 2010. Co gaio
da efeméride ábrese a convocatoria a investigadores de toda España e Portuga.
Amais a categoría do Premio de Investigación para científicos consolidados, dotada
con 6.000 euros, completouse cun galardón dotado con 2.000 euros para a promoción
de mozos.
España
SÁHARA
O Senado, excepto o PSOE, condena
a Marrocos
18.11.2010 Pérez Bouza, do BNG, di que España pode estar escribindo
unha das páxinas máis negras da súa historia negando apoio ás vítimas
R.A. . MADRID
Pérez Bouza, cuarto pola esquerda, ó lado do representante de
Fronte Polisario, Beyin, onte, no Senado
FOTO: AXENCIAS
Todos os grupos parlamentarios do Senado condenaron onte a violación dos dereitos
humanos por parte de Marrocos no Sáhara Occidental nunha roda de prensa tras
reunirse co delegado da Fronte Polisario en España, Bucharaya Beyin, na que non
estivo presente o PSOE.
O senador do PSOE José Carracao e o do PSC Josep María de Puig reuníronse, do
mesmo xeito que outros once senadores de todos os grupos parlamentarios, co
representante da Fronte Polisario, pero ambos optaron a continuación por non
comparecer na roda de prensa na que se condenou a actuación de Marrocos. O
delegado da Fronte Polisario denunciou que Marrocos estea levando a cabo no
Sáhara Occidental "unha limpeza étnica" e que España lle estea axudando" ó non
condenar a súa actuación.
"Que o Goberno español admita a versión de Marrocos é o peor que se lles pode facer
ós saharauís", manifestou Beyin en alusión ás declaracións do vicepresidente
primeiro, Alfredo Pérez Rubalcaba, tras a reunión que mantivo onte co ministro do
Interior marroquí, Taib Cherkaui. Criticou que "a única fonte" á que o Goberno
pretende facer caso sexa Marrocos.
Todos os grupos, excepto o PSOE, condenaron a continuación a actuación marroquí
no campamento, a violación dos dereitos humanos e a negativa a entrar no Sáhara
Occidental ós xornalistas para que informen do que está ocorrendo.
O senador do PP Alejandro Muñoz Alonso recoñeceu que "falta moita información"
pero recalcou que a que existe é "suficiente" para saber que se produciu "unha
gravísima violación dos dereitos humanos". En representación do grupo de Senadores
Nacionalistas interviñeron Iñaki Anasagasti (PNV) e José Manuel Pérez Bouza (BNG).
Pérez Bouza considerou que España "pode estar escribindo unha das páxinas máis
negras da súa historia, negándolles o seu apoio ás vítimas e recibindo con honras de
Estado ós verdugos". En último lugar, interviñeron os senadores do Grupo Mixto
Narvay Quintero (CC), que condenou a "brutalidade" de Marrocos e "pasividade" da
comunidade internacional.
España
CONTROVERSIA
O PPC corrixe o videoxogo que
permitía cazar emigrantes
18.11.2010 Alicia Sánchez-Camacho, que protagoniza a "Alicia Croft",
asegura que as polémicas imaxes son un "simple xogo de ideas"
AXENCIAS . BARCELONA
A candidata do PPC á Generalitat, Alicia Sánchez-Camacho, insistiu onte en que se
corrixirá a alusión ós inmigrantes ilegais que por erro introduciu a empresa que
desenvolveu o polémico videoxogo que ela protagoniza como "Alicia Croft", no que é
"un simple xogo de ideas".
En declaracións ós medios de comunicación en Viladecans (Barcelona), a candidata
do PPC achacou o erro de introducir no xogo unha icona con inmigrantes en
paracaídas que saltan dun avión á empresa que o desenvolveu, aínda que apuntou
que nas próximas horas a versión xa corrixida volverase colgar na web do partido.
Onte pola tarde a web do PP catalán colapsouse porque un aluvión de usuarios quería
entrar a ver o videoxogo e pola noite descolgouse momentaneamente para facer os
axustes necesarios" antes de colgalo de novo.
No videoxogo, a líder do PPC, que encarna a "Alicia Croft" -nunha chiscadela á Lara
Croft que interpreta Angelina Jolie no cine- e empolicada nunha gaivota chamada
"Pepe", lanza "lámpadas" a unha icona que representa a inmigración ilegal mediante
un avión e vese dous inmigrantes que saltan en paracaídas. Segundo aseguraron
fontes deste partido, cando se pactou o videoxogo acordouse que unha destas iconas
que "combate" a candidata de forma simbólica no videoxogo dedicaríase ás "mafias"
que trafican coa inmigración ilegal.
O PPC sostén que a empresa que desenvolveu o xogo, sen o seu pleno coñecemento,
reflectiu graficamente esta idea recorrendo á imaxe dos inmigrantes en paracaídas.
Os populares informaron de que por un erro a empresa tamén puxo baixo a icona as
palabras "inmigrantes ilegais", cando o PPC dera o visto e prace a que baixo esa
imaxe figurase a mención ás "mafias ilegais".
Sánchez-Camacho insistiu onte en que a súa idea orixinal era reflectir un avatar que
enviase "ideas" ós problemas que saísen ó seu paso, e que se falase por exemplo das
"mafias ilegais", como así se fará constar na nova versión.
Máis aló dos axustes que o PPC encargou que se fagan, Sánchez-Camacho apuntou
que "é un simple xogo no cal se expoñen" ideas a problemas con que se atopan os
cataláns. "Non hai que darlle maior importancia", engadiu. "Seguirá sendo un xogo de
ideas cando xa estea arranxado", dixo a candidata, que aclarou que as iconas orixinais
que se pactaron coa empresa que desenvolve ese xogo eran outras.
En resposta ós partidos que arremeteron contra o PP catalán polo videoxogo
deseñado polas súas mocidades, afirmou que "a interpretación é libre", que o PPC xa
está "afeito" a que se terxiversen as súas iniciativas, e defendeu o formato dos
videoxogos para estimular tamén o debate sobre as ideas.
Mundo
Indicios moi serios de atentado en
Alemaña
18.11.2010 Elévanse os niveis de seguridade no país polas advertencias
dos servizos secretos de países amigos sobre unha acción a finais deste
mes
G.C. . BERLÍN
As autoridades alemás reforzaron onte os dispositivos de seguridade en aeroportos,
estacións e outros espazos públicos, tras recoñecer o goberno de Berlín a existencia
de "indicios moi serios" dun atentado terrorista, presuntamente islamita, a finais de
novembro. O ministro do Interior, Thomas de Maizière, informou nunha breve
intervención ante a prensa de que se elevaron os niveis de seguridade en todo o país
polas advertencias recibidas de servizos secretos de países amigos.
"Hai razóns para preocuparse, pero non para a histeria", advertiu o ministro, para
insistir na existencia de "pistas concretas e serias" de que elementos terroristas
poderían atentar a finais deste mes en Alemaña. "Mostrarémonos fortes pero non nos
deixaremos avasallar. Non permitiremos que o terrorismo internacional limite o noso
modelo de vida nin a nosa cultura", engadiu o ministro, quen afai cinguirse á liña da
cautela para evitar alarmismos.
Segundo a edición dixital do diario berlinés Der Tagesspiegel, a decisión de Berlín
prodúcese tras recibir informacións de Estados Unidos de que dous ou catro membros
de Al Qaeda estaban preparados para actuar en Alemaña ou o Reino Unido. De
acordo con ese medio, a data posible para a chegada dos presuntos terroristas a
Alemaña é o 22 de novembro e crese que o seu obxectivo é perpetrar un atentado
nalgún mercado de Nadal ou outro lugar, aproveitando unha gran concentración de
persoas.
A edición dixital do semanario Focus afirma que os principais sospeitosos son dous
indios e dous paquistanís, dotados de visados para circular pola zona Schengen.
PORTADA | DEPORTES
ÉXITOS DO VIGO
O rugbi galego camiño da División de Honra
Serafín Lorenzo . O rugbi galego semella que esta no bo camiño para conseguir un fito histórico. Da man
da franquía Vigo Rugbi Club, que esta tempada actúa co nome de Iveco Universidade, colleu carreira
para acadar un éxito deportivo impensábel para o que até de agora era o nivel rugbístico galego. O Iveco
Universidade ocupa a segunda praza da estatal liga de División de Honra B por detrás dun clásico, o
Getxo Artea.
18.11.2010 | 09:43
TAGS: VIGO RUGBI CLUB ,
No último enfrontamento o XV vigués venceu por 30 a 17 ao Uribaldea Rugby logo de mostrar unha
enorme conxunción e fortaleza de xogo que afianza os resultados obtidos nas seis xornadas disputadas
nesta categoría.
O éxito do Vigo Rugbi Club viría dado por un conxunción de factores nos que cumpriría un papel decisivo
a chegada de David Monreal como director deportivo e con el a do seu axudante Norm Maxwel, un
neocelandés que chegou vestir a casaca negra dos All Blacks en máis de 30 ocasións.
Mais esta non foi a única novidade de sona no conxunto vigués. Tal como fixeron nos últimos anos moitos
equipos de Catalunya, Madrid, Valladolid ou Euskadi, o Iveco Universidade deu un salto de calidade
atraendo ás súas fileiras o tamén neozelandés Riki Tukaki e o sorprendente Carlos Blanco, xogador
australiano de orixe galega.
Eles son a seiva nova dun club que por outra parte afrontou a tempada asentado en todas as súas liñas e
mostrando un sorprendentes espírito de equipo. Lonxe parecen quedar aqueles anos nos que as subidas
de categoría por parte dos equipos galegos se medían por contundentes fracasos ou, o que era peor, por
ascensos, que nalgúns casos como acontecese co Mareantes pontevedrés, non chegaron a confirmarse
por motivos extradeportivos ou orzamentarios.
Afastado queda tamén aquel ambiente aínda exclusivamente universitario de “amigos que xogan ao rugbi
e despois mazan cervexas”. Días daquel pioneiro “Bocoi” que resucitou a finais dos 70 o xogo do balón
ovalado en terras viguesas, ou mesmo o dos primeiros pasos do Vigo Rugbi Club, fundado en setembro
de 1988, que tivo nas súas primeiras tempadas homes destacados como Lago, Pibe ou Babé.
Agora quere ser para os responsábeis do club o período de ambición deportiva. E esta pasa por abrir a
casa á experiencia que poida traer xente con veteranía noutras ligas e fichados en países de gran
tradición rugbística.
Mesmo a selección española, que perdeu esta fin de semana ante o Canadá, segue sen reparo unha
política semellante cando atrae ao seu XV un bo número de xogadores franceses de orixe española,
incluso de terceira xeración. O galego e antigo xogador do equipo vigués, Alfonso Mandado, presidente
da Federación Española de Rugbi, tenta con esta política rematar coa súa serie de fracasos continuados
como máximo líder federativo.
De cando a ministra de Exteriores defendía o Sáhara libre
Os políticos saben hai tempo do perigo das hemerotecas. Agora temen
os arquivos de canles de video como o Youtube. Vídeo de
Trinidad Jiménez no interior.
Por Galicia Confidencial | Madrid | 18/11/2010
Trinidad Jiménez é a Ministra de Exteriores dende a recente remodelación do Goberno.
Dende este cargo está a executar unha postura moi acrítica coa represión marroquina
contra a poboación de El Aiún.
Jiménez foi dende sempre unha das persoas máis próximas a Zapatero, mesmo cando o
hoxe presidente era líder da oposición.
Daquel tempo provén este vídeo, gravado nun acto a prol do Sáhara libre en Madrid.
Nel Jiménez fai unha elocuente defensa do dereito do pobo do pobo saharauí para
decidir o seu futuro á marxe de Marrocos:
“O Partido Socialista quere pedirlle ao Goberno Español [daquela liderado polo
conservador Aznar] que preside o Comité de Seguridade das Nacións Unidas que tome
parte activa para atender esa reivindicación histórica e lexítima do pobo saharuí que dea
satisfacción ao dereito á libre determinación , iso é o que hai que pedirlle ao Goberno
español, o dereito de autodeterminación do pobo saharauí, dende logo o noso
compromiso firme ídelo ter (...), aquí en Madrid tedes a vosa casa” foron as súas
palabras.
Unha postura ben diferente da defendía estes días pola ministra de Exteriores.
Fútbol?
Antiviolencia pide que se tomen medidas contra Mourinho e
Preciado
Etiquetas: Real Madrid, violencia, fútbol
18/11/2010 - Galiciaé
A Comisión Antiviolencia, dependente do Consello Superior de Deportes (CSD), pediu
á Federación Española de Fútbol que tome "medidas disciplinarias" ante a polémica
xurdida a semana pasada entre o adestrador do Real Madrid, José Mourinho, e o do
Sporting de Xixón, Manuel Preciado.
A xuízo do comité, as declaracións vertidas por ambos os técnicos en vésperas do
partido que enfrontou a ambos os equipos o pasado domingo puideron contribuír á
creación dun clima hostil entre os participantes e asistentes, "máxime nun partido
declarado de alto riesto". Por iso, Antiviolencia remitiu á Federación as noticias e
palabras de Mourinho e Preciado para que actúe co obxectivo de evitar que se repitan
estas situacións.
Un partido quente
A polémica xurdiu pola insinuación do técnico portugués de que o Sporting renunciara a
gañar o partido que o enfrontou ao Barcelona nas primeiras xornadas de Liga, ao
considerar que Preciado puxera en liza unha once inicial con varios suplentes. Ante esta
acusación, o técnico sportinguista respondeu chamándolle "canalla", "mal compañeiro"
de profesión e argumentando que el podía decidir a aliñación que considerase
conveniente para o seu equipo. Ademais, recordou, o Sporting estivo preto de dar a
sorpresa no Camp Nou, onde o Barcelona só puido vencer por 1-0.
O ambiente de crispación existente na previa e durante o partido entre Real Madrid e
Sporting tivo a súa continuación no aparcadoiro do estadio do Molinón. Alí, uns e
outros se acusaron de provocar aos seus rivais. Preciado asegurou que o preparador
físico do conxunto branco lle dixo que "se ían para Segunda", o que desatou un
cruzamento de xestos entre ambas as expedicións. Pola súa banda, o club madrileño
culpou a Preciado de provocar a disputa ao tocarse os xenitais e facer xestos cara ao
autobús do Real Madrid.
Noticias
José María Guelbenzu faise
co premio Torrente
Ballester
EL HERMANO PEQUEñO VALEULLE O PREMIO DE 25.000 EUROS
José María Guelbenzu faise
co premio Torrente
Ballester
18 / 11 / 2010
Santiago. Redacción
A XXII Edición do Premio de Narrativa Torrente Ballester, que convoca a
Deputación da Coruña, ten gañador. O madrileño José María Guelbenzu
impúxose entre as 381 obras presentadas coa súa novela El hermano pequeño.
O gañador levará 25.000 euros de premio e verá a súa obra publicada. O
xurado destacou a construción da intriga e a fondura psicolóxica dos
personaxes da obra gañadora.
O PRIMEIRO GRUPO GALEGO PREFABRICADO ESTRéASE NO PROGRAMA
BOCABERTA
Azou inicia a súa xira
18 / 11 / 2010
Santiago. Redacción
O proxecto de Ouvirmos e Control Z, o grupo Azou, é xa unha realidade. Unha
serie de cástings seleccionaron os compoñentes do que é o primeiro grupo
galego creado de xeito específico da man dunha iniciativa empresarial. Con
algunhas modificacións, o proxecto inicia a súa xira o vindeiro día 19 no
Grove, no seo do programa Bocaberta de dinamización lingüística. Actuacións
en directo con cancións e coreografías, acompañados dun obradoiro de hip
hop compoñen as citas. José Manuel Aldea, de Ouvirmos, explícanos como se
concretou o proxecto.
ISABEL PIñOR E ALBERTO NEVES FANSE CO SEGUNDO E TERCEIRO PREMIO
Leticia Blanco gaña o
premio Tesoira, de novos
valores da moda
Un dos peixes gravados no castro de Formigueiros. Foto: Equipo de investigación de Formigueiros
UNHAS LOUSAS GRAVADAS NO CASTRO DE FORMIGUEIROS AMOSAN UNHA
NOVA VISIóN SOBRE O UNIVERSO CULTURAL DA éPOCA CASTREXA
As lousas do tempo
18 / 11 / 2010
Santiago. Redacción
Sentados en bancos de pedra nunha praciña, sobre lousas de xisto, os
habitantes do castro de Formigueiros, no Incio (Lugo), representaron antes da
chegada dos romanos un universo visual de labirintos, cabalos e salmóns, con
trazos firmes e elegantes, e mesmo unha posible inscrición de escritura
prerromana. O achado, único en Galicia, amósanos unha faciana inédita e moi
humana da vida e a arte na Idade do Ferro en Galicia.
Só RECIBE 35.000 EUROS DE CULTURA FRONTE AOS 350.000 DA FUNDACIóN
CELA
A Fundación Rosalía
denuncia falta de apoio
da Xunta
18 / 11 / 2010
Santiago. Redacción
Os 35.000 que a Consellaría de Cultura lle achegará en 2011 á Fundación
Rosalía supoñen "unha inxustiza" para os responsables desta entidade. A
denuncia faise pública logo de que se soubese que a Fundación Cela, tamén
radicada en Padrón, recibirá do mesmo departamento 350.000 euros, dez
veces máis. Aínda que desde a Rosalía aseguran non ter nada contra a súa
veciña, reclaman que se está a producir unha discriminación cara á figura da
poetisa.
Feijóo: "Lo importante es que Mitsubishi
venga a Galicia"
El presidente de la Xunta avisa de que la multinacional todavía no ha elegido Galicia para
su planta.
REDACCIÓN - VIGO El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advirtió ayer que lo más
importante en este momento es conseguir que la planta de baterías para coches eléctricos de
Mitsubishi se instale en Galicia, antes que hablar de emplazamientos concretos, pues la
multinacional aún no se decantó definitivamente por esta Comunidad.
Tras participar en un acto en Lugo, el titular del Ejecutivo gallego recordó ante los medios de
comunicación que llevan un año trabajando en este proyecto e intentando que Mitsubischi "se
emplace en Galicia".
Reconoció que se le facilitaron algunos emplazamientos para una posible ubicación, si bien se
reafirmó en que "lo importante en este momento no es discutir por la segunda cuestión (lugar
de ubicación), sino conseguir la primera: Que Mitsubishi decida ubicarse en Galicia".
Avanzó que la Xunta continuará trabajando en este objetivo "con la misma prudencia, el mismo
respeto y, sobre todo, sin perjudicar ninguna decisión de una multinacional".
Tras estas reflexiones, Feijóo trasladó una petición pública para que primero se pueda
conseguir que esa planta venga a Galicia y luego, dijo, "hablaremos de las ubicaciones
concretas".
Admitió que la Consellería de Industria, siguiendo las propuestas de Mitsubishi, planteó dos
posibles emplazamientos hasta ahora, si bien quiso incidir en que es a la multinacional a la que
le corresponde decidir en primer lugar si viene a Galicia y luego decidir "dónde se emplaza
definitivamente".
El presidente gallego no cesó en su intento de llamar la atención sobre la necesidad de
conseguir "entre todos" que la planta pueda ubicarse en Galicia, cuestión sobre la que,
pormenorizó, "de momento Mitsubishi aún no se ha pronunciado definitivamente".
El conselleiro de Industria, Javier Guerra, ya recalcó el pasado domingo en una entrevista a
FARO que la primera ubicación será el Polígono Logístico Industrial de Salvaterra-As Neves, y
como segunda opción el de Porto do Molle en Nigrán, además de Tomiño.
Por su parte, el presidente del PP provincial y de la Diputación, Rafael Louzán, criticó el
ofrecimiento del alcalde de Pontevedra, el nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, con
respecto a la ubicación de la planta de Mitsubishi, ya que él, dijo "no ofreció suelo industrial en
12 años de mandato".
El alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, decidió ayer ponerse al frente de las movilizaciones
vecinales a favor de la planta de baterías de litio en la Plataforma Logística Industrial que se
construye en la localidad. Después de las últimas ofertas de terreno realizadas por varios
concellos y la decisión de empresarios y vecinos de la comarca de crear una coordinadora a
favor de la planta, Grandal convocó para el domingo una concentración a las 17.00 horas ante
el Ayuntamiento.
Jiménez fija hoy la posición española
sobre El Aaiún
La ministra de Asuntos Exteriores comparece en el Congreso para explicar lo ocurrido en
el campamento.
EFE / MADRID La ministra de Asuntos Exteriores, Trinidad Jiménez, comparece hoy en el
Congreso para dar cuenta de la postura del Gobierno sobre los incidentes ocurridos en los
últimos días en El Aaiún tras el desalojo por la fuerza del campamento saharaui a cargo de
policías de Marruecos.
Jiménez hará una exposición detallada del seguimiento que el Gobierno ha hecho de esta
crisis, que ha recibido fuertes críticas de los partidos de la oposición por no condenar la
actuación marroquí.
La comparecencia, fijada a las 16.00 horas, tiene lugar diez días después del desalojo del
campamento, en el que había concentrados más de 20.000 saharauis que pedían mejores
condiciones de vida.
Jiménez ha insistido en que el Gobierno no hará un pronunciamiento oficial hasta que conozca
con detalle lo que sucedió en el campamento y el número de muertos marroquíes y saharauis
con que se saldó el desalojo.
La oposición ha censurado la tibieza con que el Ejecutivo ha actuado con Marruecos, su
inacción ante el veto impuesto a la prensa española y su falta de apoyo al pueblo saharaui en
el contencioso de la ex colonia.
Centros de educación especial, en pie
de guerra
18.11.2010 Los trabajadores denuncian despidos por su privatización
//La Xunta los desmiente
Al grito de Se queres privatizar ¿Ti a quen queres colocar? los trabajadores de los
centros de educación especial Santiago Apóstol, de A Coruña, y Terra-Souto de Leixa,
de Ferrol -antes Carmen Polo- se concentraron ayer ante la sede central de la Xunta
en Santiago.
Según Susana Ameneiro y Ángeles Villarnovo, presidenta y miembro del comité del
centro herculino y ferrolano, respectivamente, los trabajadores denuncian que el
Gobierno gallego pretende privatizar la atención a mayores de 21 años de estos
centros, lo que conllevaría el despido de más de setenta interinos y la posible
reestructuración del resto de la plantilla según necesidades.
Tanto en A Coruña como en Ferrol los centros educativos especiales para
discapacitados menores de 21 años pertenecen a la Consellería de Educación, y
Traballo e Benestar se ocupa de la parte asistencial para mayores de 21.
Desde la Consellería de Benestar informan que están creando centros y plazas
asistenciales para discapacitados, una vez superada la etapa educativa, ya que
existen pocos recursos y no resulta recomendable pedagógicamente mezclar, como
hasta ahora, a niños de 6 años con adultos de veintitantos, cuando además tienen
necesidades muy diferentes.
El antiguo Carmen Polo ferrolano está segregado en dos, Terra de Ferrol y Souto de
Leixa. Para este último la Xunta sacó a concurso público, pendiente de adjudicación,
su gestión. Se prevé que entre en funcionamiento en diciembre para 16 usuarios, y
contará con centro de día, residencia y talleres ocupacionales, entre otros servicios
largamente esperados por la ANPA, informan desde la Consellería de Traballo.
En A Coruña, se construirá un nuevo centro para la parte asistencial, para el curso
2012-2013. Actualmente el Santiago Apóstol presta servicio a 30 usuarios mayores de
21 años, que pasarían a este nuevo centro, que estaría operativo los 365 días del año.
Los trabajadores demandan que tanto la parte dependiente de Educación como la de
Benestar continúen siendo de gestión pública y que no se reestructuren ni pierdan
puestos de trabajo.
sbarba@elcorreogallego.es
Galicia crece el triple que la media,
con un PIB del 0,6%
18.11.2010 El Xacobeo tira de la economía, con un crecimiento del 15%
en el gasto de los turistas//De julio a septiembre el incremento fue de una
décima//Para fin de año el IGE prevé un estancamiento
Se tenga o no fe en el Apostol, lo cierto es que el Xacobeo, y los visitantes que
arrastra, están teniendo efectos dinamizadores para Galicia. Así lo confirman las
estadísticas oficiales, en las que se observa que en los últimos doce meses, el
producto interior bruto (PIB) autonómico subió el 0,6% -medido en índices de volumen
y con datos corregidos de efectos estacionales y de calendario-, el triple que a nivel
español, donde el avance fue del 0,2%.
Es "una cifra más que aceptable", valoró ayer el director del Instituto Galego de
Estadística (IGE), José Antonio Campo Andión, quien indicó que éste representa el
primer crecimiento interanual después de siete trimestres en caída libre. En cuanto a
los datos del período que va de julio a septiembre, el PIB gallego subió el 0,1%
respecto al trimestre anterior, mejorando también los datos españoles (crecimiento
nulo del 0%) y enlanzando una racha de tres repuntes intertrimestrales seguidos.
De cara al ciclo que va de octubre a diciembre, Campo Andión aventuró que el
comportamiento de la economía será "similar" al del tercer trimestre, por lo que "puede
haber una situación de estancamiento", dijo, basándose en los resultados de
indicadores como la confianza del consumidor, la afiliación a la Seguridad Social, las
ventas del comercio al por menor o la producción industrial.
Sobre el tirón del Año Santo, el director del IGE reconoció que "no cabe duda de que
tiene influencia" en los resultados del PIB, señalando, en este sentido, que el gasto de
los no residentes creció en torno al 15%. Así, tras señalar que el conjunto de los
indicadores que influyen en el PIB tiene un "comportamiento diverso", afirmó que en lo
que va de año "la economía gallega sí se está comportando mejor que la española".
Por otra parte, si se tienen en cuenta los puestos de trabajo a tiempo completo, el
empleo se redujo en el tercer trimestre un 2,5%, con lo que "mejora", dentro de los
descensos que registra. De este modo, se destruyeron 27.700 empleos en relación
con hace un año. Son las ramas de la construcción e industriales las que
experimentan mayores caídas, con un 6,9% y un 6,3%, respectivamente; mientras que
se recuperan las áreas de la energía (un 1,9%) y los servicios no de mercado (un
1,6%).
IVA y ayudas al automóvil. Hablando a nivel español, el efecto negativo que la
subida del IVA y la retirada de las ayudas a la compra de automóviles tuvieron sobre el
consumo y, en consecuencia, sobre la economía, se tradujo en un freno a la
recuperación iniciada dos trimestres antes. El empleo también sigue retrocediendo, un
1,7%, lo que equivale a la destrucción de 295.000 puestos a tiempo completo en un
año. Tras conocer los datos del INE, la ministra de Economía, Elena Salgado, opinó
que el estancamiento de la economía española es "transitorio" y auguró que el PIB
volverá a crecer en los próximos meses. Frente a este análisis positivo, el secretario
general de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, dijo que este frenazo "no es una
sorpresa", e incluso es "normal" debido al plan de ajuste del Gobierno. UGT pidió otra
política económica para salir de la crisis, con la recuperación de medidas de estímulo y
de inversión para incentivar la actividad y el empleo, y la puesta en marcha de un
sistema fiscal progresivo.
Prisión para el novio de la muerta por
un disparo en Gondomar
18.11.2010 Borja Rial ingresó anoche provisionalmente en A Lama por
tenencia ilícita de armas
Tenencia ilícita de armas. Es el delito por el que la titular del juzgado de instrucción
ocho de Vigo ordenó anoche el ingreso provisional en prisión del joven de Gondomar
Borja Rial, en paralelo al desarrollo de la investigación de la Guardia Civil que aclarará
la causa de la muerte de su pareja, María Isabel Solla, a consecuencia de un disparo
en la cabeza con un arma de su propiedad que no había sido declarada.
Con las diligencias judiciales realizadas hasta anoche, Borja Rial, que abandonó el
juzgado esposado y con la cara cubierta con una capucha, evidenciando una actitud
agresiva muy distinta al semblante distendido con que llegó a primeras horas de la
mañana al edificio judicial para prestar declaración, no ha sido acusado por un
presunto delito de violencia de género, según confirman fuentes del Tribunal Superior
de Xusticia de Galicia.
El juzgado de instrucción siete de Vigo, que se encontraba de guardia el lunes al
registrarse la muerte de la joven, es el encargado de dirigir la investigación para
determinar si se trató de un suicidio como argumentó Borja Rial desde el inicio de sus
declaraciones ante la Guardia Civil, o de un delito de violencia de género.
El joven, que ayer prestó declaración durante más de tres horas en el juzgado de Vigo,
asistido por su abogado, carece de antecedentes relacionados con la violencia de
género, según señalan fuentes judiciales.
delegvigo@elcorreogallego.es
ECONOMÍA
Zapatero admite que la caída del paro
no es irreversible
El presidente del Gobierno reconoce que la mejora en el mercado laboral
es "tan débil" que hay que valorar los datos "con la máxima cautela"
XORNAL.COM 18/11/2010
El presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, ha admitido que la
mejora del empleo observada en los últimos trimestres hay que valorarla "con la
máxima cautela" porque es aún "tan débil" que no asegura un "cambio irreversible"
de tendencia.
Así lo ha puesto de manifiesto Zapatero durante su comparecencia en el
Congreso, donde ha asegurado que el Gobierno analiza esta mejora también "con
preocupación" porque el número de parados sigue siendo "inasumible". "Y lo hace
desde luego sin la menor actitud complaciente dada la magnitud de la tarea que
nos queda por delante", ha añadido.
El jefe del Ejecutivo ha recordado que el paro es, sin duda, "el peor rastro" que
deja la crisis, y ha asegurado que la mejora del empleo depende, ante todo, de la
recuperación de la actividad. En este sentido, ha indicado que "hay recuperación,
una recuperación cierta y sostenida", que es aún "lenta" y también "incierta" en su
progresión.
ECONOMÍA
La economía gallega solo avanza un
0,1% por la caída en el consumo
El PIB de la comunidad creció una décima en el tercer trimestre, más que
la media española, pero reduce su ritmo respecto a los trimestres
precedentes
ANA CAMIÑO 18/11/2010
Una fuerte caída del consumo doméstico (un 0,6% interanual) provocó un
estancamiento del Producto Interior Bruto (PIB) gallego en el tercer trimestre del
año, periodo en el que solo creció un 0,1% intertrimestral y un 0,6% en tasa
interanual, según los datos publicados ayer por el Instituto Galego de Estatística
(IGE). Con el resultado de los meses de julio, agosto y septiembre, según los datos
del instituto gallego, son ya tres trimestres con registros positivos (el avance fue
del 0,2% en el primer trimestre y del 0,4% en el segundo), tras un crecimiento nulo
en los últimos tres meses de 2009, que sucedió a una serie de tasas negativas en
la economía de la comunidad durante el año pasado.
El director del IGE, José Antonio Campo Andión aseguró ayer, en rueda de prensa,
que el conjunto de los indicadores que influyen en el PIB tienen un
“comportamiento diverso”, que en lo que va de año “la economía gallega sí se está
comportando mejor que la española”. Respecto al efecto del Xacobeo, señaló que
“no cabe duda de que tiene influencia” en los resultados y apuntó que el gasto de
los no residentes creció un 15%.
EMPLEO Y DEMANDA
En cuanto a los indicadores que se usan para calcular el PIB, destaca una
reducción del empleo en el tercer trimestre un 2,5%, con lo que “mejora”, dentro de
los descensos que registra. De este modo, se destruyeron 27.700 empleos en
relación con hace un año. Por sectores, las ramas de la construcción e industriales
fueron las que experimentan mayores caídas, con un 6,9% y un 6,3%,
respectivamente; mientras que se recuperan las áreas de la energía (un 1,9%) y
los servicios no de mercado (un 1,6%).
La aportación de la demanda al PIB en el tercer trimestre fue de 2,2 puntos
negativos, al igual que en el trimestre anterior. En este apartado, el gasto en
consumo final cayó un 0,6% interanual (al mismo nivel que el trimestre anterior) y
el de los hogares e instituciones sin ánimo de lucro se contrajo un 1,1%; mientras
que el de las administraciones públicas aumentó seis décimas. La formación bruta
de capital se redujo seis puntos.
Las exportaciones de bienes y servicios vieron aumentar su aportación en 5,9
puntos porcentuales (siete puntos por debajo del registro del trimestre anterior) y
en el apartado de las importaciones, la reducción fue del 0,3% (frente al 6,6% de
aumento en el segundo trimestre). En cuanto a la oferta, en las ramas agraria y
pesquera creció un 5,2%, en las energéticas aumentó un 1,2%; en las de servicios
fue de un 1,3%. Por la contra, bajaron la construcción (un 5%) y las ramas
industriales (un 0,1%).
DATOS ESTATALES
En el conjunto del Estado, el Instituto Nacional de Estadística (INE) confirmó ayer
que el deterioro del consumo y la inversión provocaron que la economía española
registrara un crecimiento nulo en el tercer trimestre del año respecto al trimestre
anterior, en el que el PIB creció un 0,3%.
En tasa interanual, la economía española creció un 0,2% en el tercer trimestre, su
primer repunte en dos años, gracias a la mejora del consumo, que aumentó un 1%,
pues la inversión se contrajo un 7%. La ministra de Economía, Elena Salgado, por
su parte, admitió que la subida del IVA en julio contribuyó al estancamiento de la
economía española durante este periodo, pero se mostró “totalmente convencida”
de que habrá una vuelta al crecimiento en los próximos meses.
MENOS OPTIMISTA
Zapatero admite que la mejora del empleo no
asegura un cambio "irreversible de tendencia"
18-11-2010
El presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, dijo que la mejora
del empleo es "tan débil" que no asegura un cambio "irreversible de
tendencia" y que el número actual de desempleados sigue siendo
"inasumible".
En un Pleno extraordinario en el Congreso sobre empleo indicó que, aunque se
está en las menores cifras de destrucción de puestos de trabajo desde el inicio
de la crisis, el Ejecutivo valora los últimos datos de la Encuesta de Población
Activa (EPA) con la "máxima cautela".
Al respecto, destacó que por primera vez, desde que comenzó la crisis, en el
tercer trimestre de este año se ha reducido el desempleo en 71.000 personas,
lo que ha situado la tasa de paro en el 19,8% de la población activa.
Por sectores, indicó que el de servicios, que emplea al 73% de los ocupados,
se encuentra "próximo a la estabilización", mientras que la industria y la
construcción han moderado "claramente" sus ritmos de descenso.
Sin embargo, Zapatero resaltó que el Gobierno valora estas cifras con la
"máxima cautela", ya que no hay un cambio de "tendencia irreversible", y con
"preocupación", porque el número de parados no es asumible. También lo
hace "sin la menor actitud complaciente", dada la "magnitud" de la tarea de
"revertir" la pérdida de puestos de trabajo que ha traído la crisis, añadió
Zapatero.
En este sentido, indicó que el paro es el "peor rastro" que deja la crisis, así
como la expresión "más clara y tangible" de sus negativas consecuencias, y
que sólo la "perspectiva histórica" dará una imagen "verdaderamente fiel" de
las mismas. Como ejemplo citó el que en estos tres años de crisis se han
perdido dos millones de puestos de trabajo y la tasa de paro ha aumentado en
12 puntos, desde el tercer trimestre de 2007, cuando fue del 8%.
Respecto a la evolución de la economía, Zapatero estimó que la recuperación
continuará en el cuarto trimestre y que debería acelerarse en 2011, con un
crecimiento del PIB que alcance el 1,3%. Por ello, en su opinión la
recuperación va a ser "cierta y sostenida", pero aún es "lenta y también
incierta en su progresión".
En esta primera fase de recuperación sería "poco sensato prever una creación
de empleo que no fuese aún reducida", que sólo supondrá una disminución
"ligera" de la tasa de paro, advirtió.
Feijóo antepone conseguir la planta de Mitsubishi para Galicia a su ubicación
El videojuego del PP que “dispara” contra la inmigración recibe un aluvión de críticas
Falta “El IdealGallego”
Xornais dixitais galegos

More Related Content

Similar to Xornais dixitais galegos

Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Roberto Touza David
 
IAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixitalIAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixitalIGADI
 
Galiciasindial11
Galiciasindial11Galiciasindial11
Galiciasindial11oscargaliza
 
Especial galicia sindical 28 abril
Especial galicia sindical 28 abrilEspecial galicia sindical 28 abril
Especial galicia sindical 28 abriloscargaliza
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiroecursocig
 
Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010Jose A.
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Xohán Rompe
 
E commerce en codigo cero
E commerce en codigo ceroE commerce en codigo cero
E commerce en codigo ceroincoruna
 
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaBuzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaCgt Correos A Coruña
 
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAISRESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAISFiz
 
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-maria_090
 
Sensibilización e Campañas en ESF
Sensibilización e Campañas en ESFSensibilización e Campañas en ESF
Sensibilización e Campañas en ESFXose Ramil
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normalizaoscargaliza
 

Similar to Xornais dixitais galegos (20)

Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
 
Os itinerarios de inserción socio laboral
Os itinerarios de inserción socio laboralOs itinerarios de inserción socio laboral
Os itinerarios de inserción socio laboral
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
IAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixitalIAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixital
 
Galiciasindial11
Galiciasindial11Galiciasindial11
Galiciasindial11
 
Especial galicia sindical 28 abril
Especial galicia sindical 28 abrilEspecial galicia sindical 28 abril
Especial galicia sindical 28 abril
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
 
Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)
 
E commerce en codigo cero
E commerce en codigo ceroE commerce en codigo cero
E commerce en codigo cero
 
Diptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugoDiptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugo
 
Diptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugoDiptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugo
 
Diptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugoDiptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugo
 
Derroche en publicidade
Derroche en publicidadeDerroche en publicidade
Derroche en publicidade
 
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaBuzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
 
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAISRESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS
RESUMO TEMA 6 CIENCIAS SOCIAIS
 
Memoria 2019 ASCM
Memoria 2019  ASCMMemoria 2019  ASCM
Memoria 2019 ASCM
 
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
 
Sensibilización e Campañas en ESF
Sensibilización e Campañas en ESFSensibilización e Campañas en ESF
Sensibilización e Campañas en ESF
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
 

Xornais dixitais galegos

  • 1. Economía 2030 Perigan as pensións en 20 anos, avisa Bruxelas 18.11.2010 Un informe comunitario avala atrasar ós 67 anos a idade mínima de xubilación en España e pide medidas de axuste tomadas por consenso EFE . BRUXELAS Elena Salgado conversa co comisario de Asuntos Monetarios, Olli Rehn FOTO: olivier hoslet A Unión Europea recomendoulle a España que tome medidas para asegurar a sustentabilidade do seu sistema de pensións máis aló de 2030, xa que cre que non é suficiente con atrasar a idade de xubilación. A recomendación queda recollida nun informe conxunto sobre pensións elaborado polos comités europeos de Política Económica e de Protección Social, apoiado hoxe en Bruxelas polo Consello de ministros da UE (Economía e Finanzas). No informe afírmase que a reforma das pensións presentada polo Goberno español o mes de xaneiro pasado está "xustificada" para asegurar a estabilidade financeira das contas públicas. Con todo, sinala que os riscos que afronta España debido a varios factores -como que se trata do país coa segunda esperanza de vida máis alta do mundo e onde o número de pensionistas se dobrará entre 2010 e 2040- "fan necesario garantir a sustentabilidade do sistema de Seguridade Social máis aló de 2030".
  • 2. A ministra de Economía española, Elena Salgado, que participou na reunión do Ecofin, indicou que o informe "recoñece a solidez" do sistema de pensións español (que "non terá ningunha dificultade ata o ano 2030"), aínda que recoñeceu a necesidade de facer unha reforma para garantilo a partir dese ano. Ademais, Salgado explicou que o documento recoñece "a redución da pobreza e o aumento das pensións mínimas" en España. O informe recalca que "a diminución de contribuíntes á Seguridade Social debido á alta taxa de paro é unha cuestión preocupante". Sinala tamén que, dada a situación, non basta con prolongar a idade de xubilación, e insta a España para reformar o mercado laboral e a adoptar medidas "para permitir e fomentar que os cidadáns traballen máis tempo", especialmente os mozos. O documento tamén subliña a necesidade de que España leve a cabo a consolidación orzamentaria prometida co obxectivo de reducir a débeda pública e aumentar a capacidade do país de financiar o incremento do gasto público nun futuro. Respecto do índice de risco de pobreza entre os maiores de 65 anos, o informe recoñece que o aumento das pensións mínimas contribuíu a que se reduza nos últimos anos, ata situarse nun 27,4 por cento (8,5 puntos por encima da media da UE). Pola súa banda, o Ministerio de Traballo español mostrouse satisfeito co documento, xa que ó seu xuízo "recoñece que o sistema español funciona ben e é sólido actualmente", segundo un comunicado. O XESTO DO ESCRITOR Agustín Fernández Paz: "Non buscaba este papel" 18.11.2010 Asegura que non quere entrar "en polémica ningunha" tras rexeitar o Premio da Cultura Galega no apartado de Literatura A.R. LÓPEZ . SANTIAGO
  • 3. Agustín Fernández Paz asegura que as súas pretensións non son crear polémica, pero cre que por coherencia debía rexeitar o galardón Agustín Fernández Paz non quere facer entrevistas "nin entrar en polémicas de ningún tipo". O único que quere é que "isto pase canto antes" e co canto antes refírese á revolta que armou o martes pasado cando rexeitou o Premio da Cultura Galega, nunha acción de protesta pola política lingüística desenvolvida na Xunta polo goberno de Alberto Núñez Feijóo. Onte, nun breve diálogo telefónica, o escritor queixábase da súa mala saúde e de interpretar "un papel que non buscaba". Porén, nesa posición de "silencio por coherencia", non puido evitar que o seu nome se convertese nunha das entradas máis buscadas de internet e a súa figura na máis celebrada dunha Cultura, a galega, que desde hai meses se sobrepón ás adversidades con xestos como os deste autor, un dos máis lidos e premiados en Europa dentro do xénero da Literatura infantil e xuvenil. El trata de restarlle importancia ás adhesións -que lle chegaron mesmo desde militantes do Partido Popular (PP)- e, en calquera caso, asegura que el non é "responsable" dos apoios que lle chegan a favor "nin dos que me chegan en contra". No comunicado que difundiu o mesmo martes, nada máis coñecer a noticia do galardón, Fernández Paz agradecíalle ao xurado a concesión dun premio que el considera, ao mesmo tempo, un recoñecemento ao colectivo de escritores que "desde hai ben anos, vén esforzándose en crear desde Galicia unha literatura infantil e xuvenil de calidade". Distinguido con diferentes premios, entre eles o Nacional de Literatura do Goberno españo, Fernández Paz é un dos máis activos integrantes de Prolingua, creada para contrarrestar as medidas adoptadas polo Goberno de Núñez Feijóo na política lingüística, concretamente a aprobación do polémico decreto do plurilingüismo. A plataforma fixo público a primeiros de outubro un chamamento ao mundo da cultura para que rexeitase os Premios da Cultura Galega, creados pola Consellería de Cultura
  • 4. tras anular os anteriores Premios Nacionais da Cultura Galega e, recentemente, desprovistos de dotación económica, ao contrario do que ocorre con outros galardóns de igual rango en España, Cataluña e Euscadi. Galicia José Antonio Gallego: "O grande erro das empresas é quedaren fóra das redes sociais" 18.11.2010 "Cada vez máis, as decisións de compra tómanse en internet", afirma. "O único positivo desta crise é que nos obriga a facer cambios", subliña, mentres ten claro que España non será intervida "de ninguna maneira" M. R. VALEIRO . SANTIAGO O ‘community manager’ e presidente de Aerco, José Antonio Gallego FOTO: AXENCIAS Community manager: fálase moito desta nova figura profesional pero as súas funcións son descoñecidas para boa parte das empresas. O experto José Antonio Gallego, economista e presidente fundador da Asociación Española de Responsables de Comunidades online (Aerco), ofrecerá o vindeiro 26 de novembro en ExpoCoruña unha masterclass sobre a súa utilidade para sacarlles partido ás redes sociais como vehículo para expandir os negocios, "porque nelas tomamos as decisións de compra fundamentais", incide.
  • 5. Supoño que estará canso da mesma pregunta, pero ¿que é exactamente un community manager? Houbo un cambio nos últimos anos na sociedade a todos os niveis, co cal os usuarios e consumidores cada vez pasamos máis tempo nas redes sociais. Nelas, ademais de divertirnos, tomamos as decisións de compra fundamentais, porque falamos con outras persoas, pedimos opinións e optamos por un produto ou outro. O community manager é esa persoa que debe estar encargada de escoitar que se di, no caso dunha empresa, dela nas redes sociais e por outra banda, ser capaz de trasladarlles a mensaxe ós usuarios. ¿Canto tempo leva traballando esta nova profesión? En España relativamente pouco, pero en Estados Unidos en empresas como eBay Google xa existe desde hai catro ou cinco anos. Aquí comezamos coa asociación no 2008 e eramos moi poucos, e agora en Aerco xa somos máis de 500 socios. ¿É imprescindible para todas as empresas? Creo que é imprescidible para as empresas escoitar o que se di delas nas redes sociais. Logo tomar unha presenza activa é moi útil e necesario pero non obrigatorio para todas. Por exemplo, en negocios de maquinaria non ten sentido ter un grupo en Facebook pero si saber que se di deste mercado. As que deberían ter estes expertos son as que lle venden directamente ó consumidor. ¿Como se pode sacar o mellor proveito a estas redes? O primeiro é definir o noso usuario. Facebook é unha rede masiva, pero igual o noso perfil máis axeitado é máis novo, como o de Tuenti, xente que se move en blogs, en foros...e unha vez analizado onde están os nosos usuarios, cómpre crear unha presenza alí. Facebook é o máis sinxelo pero ás veces non é a mellor opción. Non temos por que estar en todas, hai moitas. En España se estás en Facebook e Tuenti xa tes captados o 95% dos usuarios. Moitos consumidores, e supoño que empresas, son remisos a entrar nas redes sociais polo descoñecemento e a falta de privacidade... ¿pode ser un handicap?
  • 6. Como todo elemento emerxente formulan interrogantes, pero realmente o custo verdadeiro é non estar nunha rede social, quedar fóra deste novo fenómeno, porque cada vez máis as decisións de compra tómanse aquí en internet. Para facernos unha idea... ¿como é unha xornada laboral "dun community manager? A primeira hora analizamos todo o que se di de nós nas redes sociais, miramos desde a prensa ós blogs, e o principal é unha escoita activa. Logo outro dos pasos é visitar a presenza que a nosa empresa ten nelas. Ademais, outra parte importante é contactar cos líderes de opinión, os usuarios máis influíntes, dos que temos que saber que din en todo momento, e intentar achegarnos a eles. Ademais, outro labor noso é interno, transmitir o que escoitamos, porque somos unha figura evanxelizadora, e temos que ir ós departamentos de márketing, atención ó cliente, e dicir, o que pensan e din de nós. ¿Cal é o perfil profesional? Como é unha figura de recente creación, non existe unha ensinanza universitaria. Hai moita xente que vén do xornalismo, da comunicación, relacións públicas e márketing. O importante é ter dotes de comunicación. ¿Que transmite nas súas "masterclass"? A principal ensinanza é explicar como cambiou o consumidor, con exemplos de empresas que sacaron partido nas redes e tamén dos erros máis comúns. É unha invitación a tomar a iniciativa e non ter medo. A xente sae moi contenta, tanto que xa saíron moitos proxectos. ¿A crise, polo tanto, é o mellor momento para lanzarse á piscina? É o mellor momento. Cando a unha empresa lle vai todo ben, non ten estímulo a facer cousas novas. Precisamente, cando o mercado está complicado é cando se formula a necesidade de innovar. O único positivo desta crise é que nos obriga a afrontar cambios. Como experto en Economía, a pregunta é obrigada: ¿España corre risco de ser intervida? Está nunha crise profunda pero ten unha economía bastante sólida. Persoalmente, non penso que haxa ningún tipo de intervención, de ningunha maneira.
  • 7. Galicia ECONOMÍA ·· IGE O PIB galego sobe no último ano o triplo que no Estado 18.11.2010 O Produto Interior Bruto avanzou na comunidade un 0,6% fronte ó 0,2% do conxunto español ·· Rexistráronse tres trimestres de alza REDACCIÓN . SANTIAGO Téñase ou non fe no Apóstol, o certo é que os efectos do ano Xacobeo estanse deixando notar en Galicia. Así o confirman as estatísticas oficiais, onde se observa que nos últimos doce meses, o Producto Interior Bruto (PIB) autonómico subiu o 0,6% -medido en índices de volume e con datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario-, o triplo que a nivel español, onde o avance da economía quedou no 0,2%. É dicir, a comunidade creceu o triplo ca o Estado. É "unha cifra máis que aceptable", segundo a valoración do director do Instituto Galego de Estatística (IGE), José Antonio Campo Andión, quen á súa vez indicou que este representa o primeiro crecemento interanual logo de sete trimestres en caída libre. En canto ós datos do período que vai de xullo a setembro, o PIB galego subiu o 0,1% respecto ó trimestre anterior, mellorando tamén os datos españois (crecemento nulo do 0%) e a previsión para o cuarto trimestre ten un comportamento "similar" ó do terceiro, polo que "pode haber unha situación de estancamento", dixo, baseándose en resultados de indicadores como a confianza do consumidor, a afiliación á Seguridade Social, as vendas do comercio polo miúdo ou a produción industrial. Co resultado dos meses de xullo, agosto e setembro, segundo os datos do instituto galego, son xa tres trimestres con rexistros positivos (o avance foi do 0,2% no primeiro trimestre e do 0,4% no segundo), tras un crecemento nulo nos últimos tres meses de 2009, que sucedeu unha serie de taxas negativas na economía da comunidade du- rante o ano pasado. Así, o crecemento intertrimestral en xullo, agosto e setembro é tres decimais inferior ó do trimestre anterior (un 0,1% fronte a un 0,4%), pero está unha décima por encima do experimentado no conxunto da economía española, cun crecemento nulo (o 0% de variación) nese mesmo período, tal e como confirma o Instituto Nacional de Estatística (INE) na súa publicación deste mércores.
  • 8. En termos interanuais, o PIB de Galicia creceu seis décimas no terceiro trimestre, medido en índices de volume e con datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario, o que representa o primeiro crecemento interanual tras sete trimestres en descenxo. Deste xeito, a economía galega avanzou catro décimas máis que a es- pañola (un 0,6% fronte a un 0,2%), destacou o director do IGE, que considerou que se trata dunha "cifra máis que aceptable". Respecto ao efecto do Xacobeo, sinalou que "non cabe dúbida de que ten influencia" nos resultados e sinalou, neste sentido, que o gasto dos non residentes creceu en torno ó 15 por cento. Campo Andión concluíu, tras indicar que o conxunto dos indicadores que inflúen no PIB teñen un "comportamiento diverso", que no que vai de ano "a economía galega si se está comportando mellor que a española". Ademais, citou un indicador de previsión de crecemento elaborado pola Unión Europea, que previu o crecemento intertrimestral dun 0,4% na zona euro e estima avances do 0,3% e o 0,2% para o último trimestre de 2010 e o primeiro de 2011, res- pectivamente. Por iso, indicou, "no eido europeo prodúcese unha certa retardación". Aulas RECOÑECEMENTO Premios para a USC 18.11.2010 Dúas investigacións dos departamentos de Microbioloxía e de Física da Materia condensada levan os galardóns da Real Academia Galega de Ciencias REDACCIÓN . SANTIAGO
  • 9. Alberto Martínez, Alexandre Ríos, Ernesto Viéitez, presidente da RAGC, Ana Otero e Manuel Romero FOTO: ANTONIO HERNÁNDEZ A Universidade de Santiago copou os premios da Real Academia Galega de Ciencias, que onte recoñeceu os mellores traballos de investigación xeral e investigación nova a dous traballos enmarcados nos campos da microbioloxía e dos modelos climatolóxicos e segundo explicou o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Ernesto Vieitez, foron elixidos pola súa "combinación da ciencia base coa aplicada". O premio de investigadores senior recaeu no estudo Interceptación de sinais de comunicación bacteriana en bacterias illadas do medio mariño, de Ana María Otero e Manuel Romeiro, do departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC. O traballo de investigación abre unha vía alternativa ós tratamentos con antibióticos, especialmente no campo de acuicultura, onde o seu uso está prohibido. O estudo achega unha "aproximación ecolóxica", segundo explicaron os autores, xa que en lugar de "matar os patóxenos", o que propón é actuar sobre os procesos de comunicación que establecen entre eles para atacar -denominados quorum sensing-, desactivando así as posibilidades que teñen de infectar o organismo e permitindo que sexan eliminadas polas defensas naturais do corpo. Aínda cando a estratexia descrita no traballo é de tipo xeral e pode aplicarse a calquera ser vivo, a investigación galardoada centrouse na busca de bacterias mariñas con actividade quorum quenching que poidan ser utilizadas no control das infeccións dos peixes, e polo tanto na industria da acuicultura, cun alto risco de infeccións pola elevada densidade de poboación que se concentra nas granxas. Dado que o uso de antibióticos está practicamente prohibido na cría de peixes, a estratexia de quorum quenching revélase como una interesante opción para atallar o problema. Os investigadores composteláns descubriron que no medio mariño son máis abundantes e activas as bacterias con capacidade para interceptar as comunicacións -eles identificaron 19 -, o que confirma que o mar é unha gran fonte potencial de novos fármacos. Na actualidade, están sendo probadas dúas patentes rexistradas pola USC co patrocinio da Fundación Genoma España , que chamaron a atención tanto de empresas do sector farmacéutico como relacionadas coa nutrición en acuicultura. Ana Otero e Manuel Romero incidiron no "importante" que é recibir recoñecementos como este, porque "non é común" no sector. Pola súa banda, o premio de investigación 2010 para investigadores novos -de menos de 28 anos- recaeu no proxecto O papel das augas freáticas nas interaccións terra-
  • 10. atmosfera, no clima e no réxime pluviométrico da Península Ibérica, asinado por Lucía Gestal Souto, Alberto Martínez de la Torre e Alexandre Ríos Entenza, do departamento de Física da Materia Condensada da USC. Tamén os seus autores agradeceron o premio, polo que supón de "ánimo para seguir" cando somos "aínda estudantes de doutoramento". O proxecto investiga un factor ata agora ignorado nos estudos sobre a dinámica das precipitacións e a súa repercusión no clima: o papel das augas subterráneas. O traballo realizado céntrase na Península Ibérica, e desvela que a infiltración e almacenamento de augas no subsolo provoca, como resultado das interaccións entre a terra e a atmosfera, un grao maior de incidencia das precipitacións. Os autores sinalaron que os modelos operativos que se utilizan actualmente non inclúen este factor, que resulta fundamental para a agricultura en rexións con importantes limitacións hídricas. Estas "precipitacións extra" alcanzan na primavera valores superiores ó 20% en áreas como a Meseta Sur, a zona central e a área de Levante, que resultan ser do mesma orde que o descenso que se espera nas choivas como consecuencia do cambio climático. Os premios da RAGC cumpren este ano o seu vixésimo aniversario en 2010. Co gaio da efeméride ábrese a convocatoria a investigadores de toda España e Portuga. Amais a categoría do Premio de Investigación para científicos consolidados, dotada con 6.000 euros, completouse cun galardón dotado con 2.000 euros para a promoción de mozos. España SÁHARA O Senado, excepto o PSOE, condena a Marrocos 18.11.2010 Pérez Bouza, do BNG, di que España pode estar escribindo unha das páxinas máis negras da súa historia negando apoio ás vítimas R.A. . MADRID
  • 11. Pérez Bouza, cuarto pola esquerda, ó lado do representante de Fronte Polisario, Beyin, onte, no Senado FOTO: AXENCIAS Todos os grupos parlamentarios do Senado condenaron onte a violación dos dereitos humanos por parte de Marrocos no Sáhara Occidental nunha roda de prensa tras reunirse co delegado da Fronte Polisario en España, Bucharaya Beyin, na que non estivo presente o PSOE. O senador do PSOE José Carracao e o do PSC Josep María de Puig reuníronse, do mesmo xeito que outros once senadores de todos os grupos parlamentarios, co representante da Fronte Polisario, pero ambos optaron a continuación por non comparecer na roda de prensa na que se condenou a actuación de Marrocos. O delegado da Fronte Polisario denunciou que Marrocos estea levando a cabo no Sáhara Occidental "unha limpeza étnica" e que España lle estea axudando" ó non condenar a súa actuación. "Que o Goberno español admita a versión de Marrocos é o peor que se lles pode facer ós saharauís", manifestou Beyin en alusión ás declaracións do vicepresidente primeiro, Alfredo Pérez Rubalcaba, tras a reunión que mantivo onte co ministro do Interior marroquí, Taib Cherkaui. Criticou que "a única fonte" á que o Goberno pretende facer caso sexa Marrocos. Todos os grupos, excepto o PSOE, condenaron a continuación a actuación marroquí no campamento, a violación dos dereitos humanos e a negativa a entrar no Sáhara Occidental ós xornalistas para que informen do que está ocorrendo. O senador do PP Alejandro Muñoz Alonso recoñeceu que "falta moita información" pero recalcou que a que existe é "suficiente" para saber que se produciu "unha gravísima violación dos dereitos humanos". En representación do grupo de Senadores Nacionalistas interviñeron Iñaki Anasagasti (PNV) e José Manuel Pérez Bouza (BNG). Pérez Bouza considerou que España "pode estar escribindo unha das páxinas máis negras da súa historia, negándolles o seu apoio ás vítimas e recibindo con honras de
  • 12. Estado ós verdugos". En último lugar, interviñeron os senadores do Grupo Mixto Narvay Quintero (CC), que condenou a "brutalidade" de Marrocos e "pasividade" da comunidade internacional. España CONTROVERSIA O PPC corrixe o videoxogo que permitía cazar emigrantes 18.11.2010 Alicia Sánchez-Camacho, que protagoniza a "Alicia Croft", asegura que as polémicas imaxes son un "simple xogo de ideas" AXENCIAS . BARCELONA A candidata do PPC á Generalitat, Alicia Sánchez-Camacho, insistiu onte en que se corrixirá a alusión ós inmigrantes ilegais que por erro introduciu a empresa que desenvolveu o polémico videoxogo que ela protagoniza como "Alicia Croft", no que é "un simple xogo de ideas". En declaracións ós medios de comunicación en Viladecans (Barcelona), a candidata do PPC achacou o erro de introducir no xogo unha icona con inmigrantes en paracaídas que saltan dun avión á empresa que o desenvolveu, aínda que apuntou que nas próximas horas a versión xa corrixida volverase colgar na web do partido. Onte pola tarde a web do PP catalán colapsouse porque un aluvión de usuarios quería entrar a ver o videoxogo e pola noite descolgouse momentaneamente para facer os axustes necesarios" antes de colgalo de novo. No videoxogo, a líder do PPC, que encarna a "Alicia Croft" -nunha chiscadela á Lara Croft que interpreta Angelina Jolie no cine- e empolicada nunha gaivota chamada "Pepe", lanza "lámpadas" a unha icona que representa a inmigración ilegal mediante un avión e vese dous inmigrantes que saltan en paracaídas. Segundo aseguraron fontes deste partido, cando se pactou o videoxogo acordouse que unha destas iconas que "combate" a candidata de forma simbólica no videoxogo dedicaríase ás "mafias" que trafican coa inmigración ilegal. O PPC sostén que a empresa que desenvolveu o xogo, sen o seu pleno coñecemento, reflectiu graficamente esta idea recorrendo á imaxe dos inmigrantes en paracaídas.
  • 13. Os populares informaron de que por un erro a empresa tamén puxo baixo a icona as palabras "inmigrantes ilegais", cando o PPC dera o visto e prace a que baixo esa imaxe figurase a mención ás "mafias ilegais". Sánchez-Camacho insistiu onte en que a súa idea orixinal era reflectir un avatar que enviase "ideas" ós problemas que saísen ó seu paso, e que se falase por exemplo das "mafias ilegais", como así se fará constar na nova versión. Máis aló dos axustes que o PPC encargou que se fagan, Sánchez-Camacho apuntou que "é un simple xogo no cal se expoñen" ideas a problemas con que se atopan os cataláns. "Non hai que darlle maior importancia", engadiu. "Seguirá sendo un xogo de ideas cando xa estea arranxado", dixo a candidata, que aclarou que as iconas orixinais que se pactaron coa empresa que desenvolve ese xogo eran outras. En resposta ós partidos que arremeteron contra o PP catalán polo videoxogo deseñado polas súas mocidades, afirmou que "a interpretación é libre", que o PPC xa está "afeito" a que se terxiversen as súas iniciativas, e defendeu o formato dos videoxogos para estimular tamén o debate sobre as ideas. Mundo Indicios moi serios de atentado en Alemaña 18.11.2010 Elévanse os niveis de seguridade no país polas advertencias dos servizos secretos de países amigos sobre unha acción a finais deste mes G.C. . BERLÍN As autoridades alemás reforzaron onte os dispositivos de seguridade en aeroportos, estacións e outros espazos públicos, tras recoñecer o goberno de Berlín a existencia de "indicios moi serios" dun atentado terrorista, presuntamente islamita, a finais de novembro. O ministro do Interior, Thomas de Maizière, informou nunha breve intervención ante a prensa de que se elevaron os niveis de seguridade en todo o país polas advertencias recibidas de servizos secretos de países amigos. "Hai razóns para preocuparse, pero non para a histeria", advertiu o ministro, para insistir na existencia de "pistas concretas e serias" de que elementos terroristas poderían atentar a finais deste mes en Alemaña. "Mostrarémonos fortes pero non nos deixaremos avasallar. Non permitiremos que o terrorismo internacional limite o noso modelo de vida nin a nosa cultura", engadiu o ministro, quen afai cinguirse á liña da cautela para evitar alarmismos.
  • 14. Segundo a edición dixital do diario berlinés Der Tagesspiegel, a decisión de Berlín prodúcese tras recibir informacións de Estados Unidos de que dous ou catro membros de Al Qaeda estaban preparados para actuar en Alemaña ou o Reino Unido. De acordo con ese medio, a data posible para a chegada dos presuntos terroristas a Alemaña é o 22 de novembro e crese que o seu obxectivo é perpetrar un atentado nalgún mercado de Nadal ou outro lugar, aproveitando unha gran concentración de persoas. A edición dixital do semanario Focus afirma que os principais sospeitosos son dous indios e dous paquistanís, dotados de visados para circular pola zona Schengen. PORTADA | DEPORTES ÉXITOS DO VIGO O rugbi galego camiño da División de Honra Serafín Lorenzo . O rugbi galego semella que esta no bo camiño para conseguir un fito histórico. Da man da franquía Vigo Rugbi Club, que esta tempada actúa co nome de Iveco Universidade, colleu carreira para acadar un éxito deportivo impensábel para o que até de agora era o nivel rugbístico galego. O Iveco Universidade ocupa a segunda praza da estatal liga de División de Honra B por detrás dun clásico, o Getxo Artea. 18.11.2010 | 09:43 TAGS: VIGO RUGBI CLUB , No último enfrontamento o XV vigués venceu por 30 a 17 ao Uribaldea Rugby logo de mostrar unha enorme conxunción e fortaleza de xogo que afianza os resultados obtidos nas seis xornadas disputadas nesta categoría.
  • 15. O éxito do Vigo Rugbi Club viría dado por un conxunción de factores nos que cumpriría un papel decisivo a chegada de David Monreal como director deportivo e con el a do seu axudante Norm Maxwel, un neocelandés que chegou vestir a casaca negra dos All Blacks en máis de 30 ocasións. Mais esta non foi a única novidade de sona no conxunto vigués. Tal como fixeron nos últimos anos moitos equipos de Catalunya, Madrid, Valladolid ou Euskadi, o Iveco Universidade deu un salto de calidade atraendo ás súas fileiras o tamén neozelandés Riki Tukaki e o sorprendente Carlos Blanco, xogador australiano de orixe galega. Eles son a seiva nova dun club que por outra parte afrontou a tempada asentado en todas as súas liñas e mostrando un sorprendentes espírito de equipo. Lonxe parecen quedar aqueles anos nos que as subidas de categoría por parte dos equipos galegos se medían por contundentes fracasos ou, o que era peor, por ascensos, que nalgúns casos como acontecese co Mareantes pontevedrés, non chegaron a confirmarse por motivos extradeportivos ou orzamentarios. Afastado queda tamén aquel ambiente aínda exclusivamente universitario de “amigos que xogan ao rugbi e despois mazan cervexas”. Días daquel pioneiro “Bocoi” que resucitou a finais dos 70 o xogo do balón ovalado en terras viguesas, ou mesmo o dos primeiros pasos do Vigo Rugbi Club, fundado en setembro de 1988, que tivo nas súas primeiras tempadas homes destacados como Lago, Pibe ou Babé. Agora quere ser para os responsábeis do club o período de ambición deportiva. E esta pasa por abrir a casa á experiencia que poida traer xente con veteranía noutras ligas e fichados en países de gran tradición rugbística. Mesmo a selección española, que perdeu esta fin de semana ante o Canadá, segue sen reparo unha política semellante cando atrae ao seu XV un bo número de xogadores franceses de orixe española, incluso de terceira xeración. O galego e antigo xogador do equipo vigués, Alfonso Mandado, presidente da Federación Española de Rugbi, tenta con esta política rematar coa súa serie de fracasos continuados como máximo líder federativo. De cando a ministra de Exteriores defendía o Sáhara libre Os políticos saben hai tempo do perigo das hemerotecas. Agora temen os arquivos de canles de video como o Youtube. Vídeo de Trinidad Jiménez no interior. Por Galicia Confidencial | Madrid | 18/11/2010 Trinidad Jiménez é a Ministra de Exteriores dende a recente remodelación do Goberno. Dende este cargo está a executar unha postura moi acrítica coa represión marroquina contra a poboación de El Aiún. Jiménez foi dende sempre unha das persoas máis próximas a Zapatero, mesmo cando o hoxe presidente era líder da oposición.
  • 16. Daquel tempo provén este vídeo, gravado nun acto a prol do Sáhara libre en Madrid. Nel Jiménez fai unha elocuente defensa do dereito do pobo do pobo saharauí para decidir o seu futuro á marxe de Marrocos: “O Partido Socialista quere pedirlle ao Goberno Español [daquela liderado polo conservador Aznar] que preside o Comité de Seguridade das Nacións Unidas que tome parte activa para atender esa reivindicación histórica e lexítima do pobo saharuí que dea satisfacción ao dereito á libre determinación , iso é o que hai que pedirlle ao Goberno español, o dereito de autodeterminación do pobo saharauí, dende logo o noso compromiso firme ídelo ter (...), aquí en Madrid tedes a vosa casa” foron as súas palabras. Unha postura ben diferente da defendía estes días pola ministra de Exteriores. Fútbol? Antiviolencia pide que se tomen medidas contra Mourinho e Preciado Etiquetas: Real Madrid, violencia, fútbol 18/11/2010 - Galiciaé A Comisión Antiviolencia, dependente do Consello Superior de Deportes (CSD), pediu á Federación Española de Fútbol que tome "medidas disciplinarias" ante a polémica xurdida a semana pasada entre o adestrador do Real Madrid, José Mourinho, e o do Sporting de Xixón, Manuel Preciado. A xuízo do comité, as declaracións vertidas por ambos os técnicos en vésperas do partido que enfrontou a ambos os equipos o pasado domingo puideron contribuír á creación dun clima hostil entre os participantes e asistentes, "máxime nun partido declarado de alto riesto". Por iso, Antiviolencia remitiu á Federación as noticias e palabras de Mourinho e Preciado para que actúe co obxectivo de evitar que se repitan estas situacións. Un partido quente A polémica xurdiu pola insinuación do técnico portugués de que o Sporting renunciara a gañar o partido que o enfrontou ao Barcelona nas primeiras xornadas de Liga, ao considerar que Preciado puxera en liza unha once inicial con varios suplentes. Ante esta acusación, o técnico sportinguista respondeu chamándolle "canalla", "mal compañeiro" de profesión e argumentando que el podía decidir a aliñación que considerase conveniente para o seu equipo. Ademais, recordou, o Sporting estivo preto de dar a sorpresa no Camp Nou, onde o Barcelona só puido vencer por 1-0.
  • 17. O ambiente de crispación existente na previa e durante o partido entre Real Madrid e Sporting tivo a súa continuación no aparcadoiro do estadio do Molinón. Alí, uns e outros se acusaron de provocar aos seus rivais. Preciado asegurou que o preparador físico do conxunto branco lle dixo que "se ían para Segunda", o que desatou un cruzamento de xestos entre ambas as expedicións. Pola súa banda, o club madrileño culpou a Preciado de provocar a disputa ao tocarse os xenitais e facer xestos cara ao autobús do Real Madrid. Noticias José María Guelbenzu faise co premio Torrente Ballester EL HERMANO PEQUEñO VALEULLE O PREMIO DE 25.000 EUROS José María Guelbenzu faise co premio Torrente Ballester 18 / 11 / 2010 Santiago. Redacción A XXII Edición do Premio de Narrativa Torrente Ballester, que convoca a Deputación da Coruña, ten gañador. O madrileño José María Guelbenzu impúxose entre as 381 obras presentadas coa súa novela El hermano pequeño. O gañador levará 25.000 euros de premio e verá a súa obra publicada. O xurado destacou a construción da intriga e a fondura psicolóxica dos personaxes da obra gañadora.
  • 18. O PRIMEIRO GRUPO GALEGO PREFABRICADO ESTRéASE NO PROGRAMA BOCABERTA Azou inicia a súa xira 18 / 11 / 2010 Santiago. Redacción O proxecto de Ouvirmos e Control Z, o grupo Azou, é xa unha realidade. Unha serie de cástings seleccionaron os compoñentes do que é o primeiro grupo galego creado de xeito específico da man dunha iniciativa empresarial. Con algunhas modificacións, o proxecto inicia a súa xira o vindeiro día 19 no Grove, no seo do programa Bocaberta de dinamización lingüística. Actuacións en directo con cancións e coreografías, acompañados dun obradoiro de hip hop compoñen as citas. José Manuel Aldea, de Ouvirmos, explícanos como se concretou o proxecto. ISABEL PIñOR E ALBERTO NEVES FANSE CO SEGUNDO E TERCEIRO PREMIO Leticia Blanco gaña o premio Tesoira, de novos valores da moda Un dos peixes gravados no castro de Formigueiros. Foto: Equipo de investigación de Formigueiros
  • 19. UNHAS LOUSAS GRAVADAS NO CASTRO DE FORMIGUEIROS AMOSAN UNHA NOVA VISIóN SOBRE O UNIVERSO CULTURAL DA éPOCA CASTREXA As lousas do tempo 18 / 11 / 2010 Santiago. Redacción Sentados en bancos de pedra nunha praciña, sobre lousas de xisto, os habitantes do castro de Formigueiros, no Incio (Lugo), representaron antes da chegada dos romanos un universo visual de labirintos, cabalos e salmóns, con trazos firmes e elegantes, e mesmo unha posible inscrición de escritura prerromana. O achado, único en Galicia, amósanos unha faciana inédita e moi humana da vida e a arte na Idade do Ferro en Galicia. Só RECIBE 35.000 EUROS DE CULTURA FRONTE AOS 350.000 DA FUNDACIóN CELA A Fundación Rosalía denuncia falta de apoio da Xunta 18 / 11 / 2010 Santiago. Redacción Os 35.000 que a Consellaría de Cultura lle achegará en 2011 á Fundación Rosalía supoñen "unha inxustiza" para os responsables desta entidade. A denuncia faise pública logo de que se soubese que a Fundación Cela, tamén radicada en Padrón, recibirá do mesmo departamento 350.000 euros, dez veces máis. Aínda que desde a Rosalía aseguran non ter nada contra a súa veciña, reclaman que se está a producir unha discriminación cara á figura da poetisa. Feijóo: "Lo importante es que Mitsubishi venga a Galicia" El presidente de la Xunta avisa de que la multinacional todavía no ha elegido Galicia para su planta.
  • 20. REDACCIÓN - VIGO El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advirtió ayer que lo más importante en este momento es conseguir que la planta de baterías para coches eléctricos de Mitsubishi se instale en Galicia, antes que hablar de emplazamientos concretos, pues la multinacional aún no se decantó definitivamente por esta Comunidad. Tras participar en un acto en Lugo, el titular del Ejecutivo gallego recordó ante los medios de comunicación que llevan un año trabajando en este proyecto e intentando que Mitsubischi "se emplace en Galicia". Reconoció que se le facilitaron algunos emplazamientos para una posible ubicación, si bien se reafirmó en que "lo importante en este momento no es discutir por la segunda cuestión (lugar de ubicación), sino conseguir la primera: Que Mitsubishi decida ubicarse en Galicia". Avanzó que la Xunta continuará trabajando en este objetivo "con la misma prudencia, el mismo respeto y, sobre todo, sin perjudicar ninguna decisión de una multinacional". Tras estas reflexiones, Feijóo trasladó una petición pública para que primero se pueda conseguir que esa planta venga a Galicia y luego, dijo, "hablaremos de las ubicaciones concretas". Admitió que la Consellería de Industria, siguiendo las propuestas de Mitsubishi, planteó dos posibles emplazamientos hasta ahora, si bien quiso incidir en que es a la multinacional a la que le corresponde decidir en primer lugar si viene a Galicia y luego decidir "dónde se emplaza definitivamente". El presidente gallego no cesó en su intento de llamar la atención sobre la necesidad de conseguir "entre todos" que la planta pueda ubicarse en Galicia, cuestión sobre la que, pormenorizó, "de momento Mitsubishi aún no se ha pronunciado definitivamente". El conselleiro de Industria, Javier Guerra, ya recalcó el pasado domingo en una entrevista a FARO que la primera ubicación será el Polígono Logístico Industrial de Salvaterra-As Neves, y como segunda opción el de Porto do Molle en Nigrán, además de Tomiño. Por su parte, el presidente del PP provincial y de la Diputación, Rafael Louzán, criticó el ofrecimiento del alcalde de Pontevedra, el nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, con respecto a la ubicación de la planta de Mitsubishi, ya que él, dijo "no ofreció suelo industrial en 12 años de mandato". El alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, decidió ayer ponerse al frente de las movilizaciones vecinales a favor de la planta de baterías de litio en la Plataforma Logística Industrial que se construye en la localidad. Después de las últimas ofertas de terreno realizadas por varios concellos y la decisión de empresarios y vecinos de la comarca de crear una coordinadora a favor de la planta, Grandal convocó para el domingo una concentración a las 17.00 horas ante el Ayuntamiento. Jiménez fija hoy la posición española sobre El Aaiún La ministra de Asuntos Exteriores comparece en el Congreso para explicar lo ocurrido en el campamento. EFE / MADRID La ministra de Asuntos Exteriores, Trinidad Jiménez, comparece hoy en el Congreso para dar cuenta de la postura del Gobierno sobre los incidentes ocurridos en los últimos días en El Aaiún tras el desalojo por la fuerza del campamento saharaui a cargo de policías de Marruecos. Jiménez hará una exposición detallada del seguimiento que el Gobierno ha hecho de esta
  • 21. crisis, que ha recibido fuertes críticas de los partidos de la oposición por no condenar la actuación marroquí. La comparecencia, fijada a las 16.00 horas, tiene lugar diez días después del desalojo del campamento, en el que había concentrados más de 20.000 saharauis que pedían mejores condiciones de vida. Jiménez ha insistido en que el Gobierno no hará un pronunciamiento oficial hasta que conozca con detalle lo que sucedió en el campamento y el número de muertos marroquíes y saharauis con que se saldó el desalojo. La oposición ha censurado la tibieza con que el Ejecutivo ha actuado con Marruecos, su inacción ante el veto impuesto a la prensa española y su falta de apoyo al pueblo saharaui en el contencioso de la ex colonia. Centros de educación especial, en pie de guerra 18.11.2010 Los trabajadores denuncian despidos por su privatización //La Xunta los desmiente Al grito de Se queres privatizar ¿Ti a quen queres colocar? los trabajadores de los centros de educación especial Santiago Apóstol, de A Coruña, y Terra-Souto de Leixa, de Ferrol -antes Carmen Polo- se concentraron ayer ante la sede central de la Xunta en Santiago. Según Susana Ameneiro y Ángeles Villarnovo, presidenta y miembro del comité del centro herculino y ferrolano, respectivamente, los trabajadores denuncian que el Gobierno gallego pretende privatizar la atención a mayores de 21 años de estos centros, lo que conllevaría el despido de más de setenta interinos y la posible reestructuración del resto de la plantilla según necesidades. Tanto en A Coruña como en Ferrol los centros educativos especiales para discapacitados menores de 21 años pertenecen a la Consellería de Educación, y Traballo e Benestar se ocupa de la parte asistencial para mayores de 21. Desde la Consellería de Benestar informan que están creando centros y plazas asistenciales para discapacitados, una vez superada la etapa educativa, ya que
  • 22. existen pocos recursos y no resulta recomendable pedagógicamente mezclar, como hasta ahora, a niños de 6 años con adultos de veintitantos, cuando además tienen necesidades muy diferentes. El antiguo Carmen Polo ferrolano está segregado en dos, Terra de Ferrol y Souto de Leixa. Para este último la Xunta sacó a concurso público, pendiente de adjudicación, su gestión. Se prevé que entre en funcionamiento en diciembre para 16 usuarios, y contará con centro de día, residencia y talleres ocupacionales, entre otros servicios largamente esperados por la ANPA, informan desde la Consellería de Traballo. En A Coruña, se construirá un nuevo centro para la parte asistencial, para el curso 2012-2013. Actualmente el Santiago Apóstol presta servicio a 30 usuarios mayores de 21 años, que pasarían a este nuevo centro, que estaría operativo los 365 días del año. Los trabajadores demandan que tanto la parte dependiente de Educación como la de Benestar continúen siendo de gestión pública y que no se reestructuren ni pierdan puestos de trabajo. sbarba@elcorreogallego.es Galicia crece el triple que la media, con un PIB del 0,6% 18.11.2010 El Xacobeo tira de la economía, con un crecimiento del 15% en el gasto de los turistas//De julio a septiembre el incremento fue de una décima//Para fin de año el IGE prevé un estancamiento Se tenga o no fe en el Apostol, lo cierto es que el Xacobeo, y los visitantes que arrastra, están teniendo efectos dinamizadores para Galicia. Así lo confirman las estadísticas oficiales, en las que se observa que en los últimos doce meses, el producto interior bruto (PIB) autonómico subió el 0,6% -medido en índices de volumen y con datos corregidos de efectos estacionales y de calendario-, el triple que a nivel español, donde el avance fue del 0,2%. Es "una cifra más que aceptable", valoró ayer el director del Instituto Galego de Estadística (IGE), José Antonio Campo Andión, quien indicó que éste representa el primer crecimiento interanual después de siete trimestres en caída libre. En cuanto a los datos del período que va de julio a septiembre, el PIB gallego subió el 0,1% respecto al trimestre anterior, mejorando también los datos españoles (crecimiento nulo del 0%) y enlanzando una racha de tres repuntes intertrimestrales seguidos.
  • 23. De cara al ciclo que va de octubre a diciembre, Campo Andión aventuró que el comportamiento de la economía será "similar" al del tercer trimestre, por lo que "puede haber una situación de estancamiento", dijo, basándose en los resultados de indicadores como la confianza del consumidor, la afiliación a la Seguridad Social, las ventas del comercio al por menor o la producción industrial. Sobre el tirón del Año Santo, el director del IGE reconoció que "no cabe duda de que tiene influencia" en los resultados del PIB, señalando, en este sentido, que el gasto de los no residentes creció en torno al 15%. Así, tras señalar que el conjunto de los indicadores que influyen en el PIB tiene un "comportamiento diverso", afirmó que en lo que va de año "la economía gallega sí se está comportando mejor que la española". Por otra parte, si se tienen en cuenta los puestos de trabajo a tiempo completo, el empleo se redujo en el tercer trimestre un 2,5%, con lo que "mejora", dentro de los descensos que registra. De este modo, se destruyeron 27.700 empleos en relación con hace un año. Son las ramas de la construcción e industriales las que experimentan mayores caídas, con un 6,9% y un 6,3%, respectivamente; mientras que se recuperan las áreas de la energía (un 1,9%) y los servicios no de mercado (un 1,6%). IVA y ayudas al automóvil. Hablando a nivel español, el efecto negativo que la subida del IVA y la retirada de las ayudas a la compra de automóviles tuvieron sobre el consumo y, en consecuencia, sobre la economía, se tradujo en un freno a la recuperación iniciada dos trimestres antes. El empleo también sigue retrocediendo, un 1,7%, lo que equivale a la destrucción de 295.000 puestos a tiempo completo en un año. Tras conocer los datos del INE, la ministra de Economía, Elena Salgado, opinó que el estancamiento de la economía española es "transitorio" y auguró que el PIB volverá a crecer en los próximos meses. Frente a este análisis positivo, el secretario general de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, dijo que este frenazo "no es una sorpresa", e incluso es "normal" debido al plan de ajuste del Gobierno. UGT pidió otra política económica para salir de la crisis, con la recuperación de medidas de estímulo y de inversión para incentivar la actividad y el empleo, y la puesta en marcha de un sistema fiscal progresivo. Prisión para el novio de la muerta por un disparo en Gondomar 18.11.2010 Borja Rial ingresó anoche provisionalmente en A Lama por tenencia ilícita de armas
  • 24. Tenencia ilícita de armas. Es el delito por el que la titular del juzgado de instrucción ocho de Vigo ordenó anoche el ingreso provisional en prisión del joven de Gondomar Borja Rial, en paralelo al desarrollo de la investigación de la Guardia Civil que aclarará la causa de la muerte de su pareja, María Isabel Solla, a consecuencia de un disparo en la cabeza con un arma de su propiedad que no había sido declarada. Con las diligencias judiciales realizadas hasta anoche, Borja Rial, que abandonó el juzgado esposado y con la cara cubierta con una capucha, evidenciando una actitud agresiva muy distinta al semblante distendido con que llegó a primeras horas de la mañana al edificio judicial para prestar declaración, no ha sido acusado por un presunto delito de violencia de género, según confirman fuentes del Tribunal Superior de Xusticia de Galicia. El juzgado de instrucción siete de Vigo, que se encontraba de guardia el lunes al registrarse la muerte de la joven, es el encargado de dirigir la investigación para determinar si se trató de un suicidio como argumentó Borja Rial desde el inicio de sus declaraciones ante la Guardia Civil, o de un delito de violencia de género. El joven, que ayer prestó declaración durante más de tres horas en el juzgado de Vigo, asistido por su abogado, carece de antecedentes relacionados con la violencia de género, según señalan fuentes judiciales. delegvigo@elcorreogallego.es ECONOMÍA Zapatero admite que la caída del paro no es irreversible El presidente del Gobierno reconoce que la mejora en el mercado laboral es "tan débil" que hay que valorar los datos "con la máxima cautela" XORNAL.COM 18/11/2010 El presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, ha admitido que la mejora del empleo observada en los últimos trimestres hay que valorarla "con la máxima cautela" porque es aún "tan débil" que no asegura un "cambio irreversible" de tendencia.
  • 25. Así lo ha puesto de manifiesto Zapatero durante su comparecencia en el Congreso, donde ha asegurado que el Gobierno analiza esta mejora también "con preocupación" porque el número de parados sigue siendo "inasumible". "Y lo hace desde luego sin la menor actitud complaciente dada la magnitud de la tarea que nos queda por delante", ha añadido. El jefe del Ejecutivo ha recordado que el paro es, sin duda, "el peor rastro" que deja la crisis, y ha asegurado que la mejora del empleo depende, ante todo, de la recuperación de la actividad. En este sentido, ha indicado que "hay recuperación, una recuperación cierta y sostenida", que es aún "lenta" y también "incierta" en su progresión. ECONOMÍA La economía gallega solo avanza un 0,1% por la caída en el consumo El PIB de la comunidad creció una décima en el tercer trimestre, más que la media española, pero reduce su ritmo respecto a los trimestres precedentes ANA CAMIÑO 18/11/2010 Una fuerte caída del consumo doméstico (un 0,6% interanual) provocó un estancamiento del Producto Interior Bruto (PIB) gallego en el tercer trimestre del año, periodo en el que solo creció un 0,1% intertrimestral y un 0,6% en tasa interanual, según los datos publicados ayer por el Instituto Galego de Estatística (IGE). Con el resultado de los meses de julio, agosto y septiembre, según los datos del instituto gallego, son ya tres trimestres con registros positivos (el avance fue del 0,2% en el primer trimestre y del 0,4% en el segundo), tras un crecimiento nulo en los últimos tres meses de 2009, que sucedió a una serie de tasas negativas en la economía de la comunidad durante el año pasado. El director del IGE, José Antonio Campo Andión aseguró ayer, en rueda de prensa, que el conjunto de los indicadores que influyen en el PIB tienen un “comportamiento diverso”, que en lo que va de año “la economía gallega sí se está comportando mejor que la española”. Respecto al efecto del Xacobeo, señaló que “no cabe duda de que tiene influencia” en los resultados y apuntó que el gasto de los no residentes creció un 15%. EMPLEO Y DEMANDA En cuanto a los indicadores que se usan para calcular el PIB, destaca una reducción del empleo en el tercer trimestre un 2,5%, con lo que “mejora”, dentro de los descensos que registra. De este modo, se destruyeron 27.700 empleos en relación con hace un año. Por sectores, las ramas de la construcción e industriales fueron las que experimentan mayores caídas, con un 6,9% y un 6,3%, respectivamente; mientras que se recuperan las áreas de la energía (un 1,9%) y los servicios no de mercado (un 1,6%). La aportación de la demanda al PIB en el tercer trimestre fue de 2,2 puntos negativos, al igual que en el trimestre anterior. En este apartado, el gasto en
  • 26. consumo final cayó un 0,6% interanual (al mismo nivel que el trimestre anterior) y el de los hogares e instituciones sin ánimo de lucro se contrajo un 1,1%; mientras que el de las administraciones públicas aumentó seis décimas. La formación bruta de capital se redujo seis puntos. Las exportaciones de bienes y servicios vieron aumentar su aportación en 5,9 puntos porcentuales (siete puntos por debajo del registro del trimestre anterior) y en el apartado de las importaciones, la reducción fue del 0,3% (frente al 6,6% de aumento en el segundo trimestre). En cuanto a la oferta, en las ramas agraria y pesquera creció un 5,2%, en las energéticas aumentó un 1,2%; en las de servicios fue de un 1,3%. Por la contra, bajaron la construcción (un 5%) y las ramas industriales (un 0,1%). DATOS ESTATALES En el conjunto del Estado, el Instituto Nacional de Estadística (INE) confirmó ayer que el deterioro del consumo y la inversión provocaron que la economía española registrara un crecimiento nulo en el tercer trimestre del año respecto al trimestre anterior, en el que el PIB creció un 0,3%. En tasa interanual, la economía española creció un 0,2% en el tercer trimestre, su primer repunte en dos años, gracias a la mejora del consumo, que aumentó un 1%, pues la inversión se contrajo un 7%. La ministra de Economía, Elena Salgado, por su parte, admitió que la subida del IVA en julio contribuyó al estancamiento de la economía española durante este periodo, pero se mostró “totalmente convencida” de que habrá una vuelta al crecimiento en los próximos meses. MENOS OPTIMISTA Zapatero admite que la mejora del empleo no asegura un cambio "irreversible de tendencia" 18-11-2010 El presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, dijo que la mejora del empleo es "tan débil" que no asegura un cambio "irreversible de tendencia" y que el número actual de desempleados sigue siendo "inasumible". En un Pleno extraordinario en el Congreso sobre empleo indicó que, aunque se está en las menores cifras de destrucción de puestos de trabajo desde el inicio de la crisis, el Ejecutivo valora los últimos datos de la Encuesta de Población Activa (EPA) con la "máxima cautela". Al respecto, destacó que por primera vez, desde que comenzó la crisis, en el tercer trimestre de este año se ha reducido el desempleo en 71.000 personas, lo que ha situado la tasa de paro en el 19,8% de la población activa. Por sectores, indicó que el de servicios, que emplea al 73% de los ocupados,
  • 27. se encuentra "próximo a la estabilización", mientras que la industria y la construcción han moderado "claramente" sus ritmos de descenso. Sin embargo, Zapatero resaltó que el Gobierno valora estas cifras con la "máxima cautela", ya que no hay un cambio de "tendencia irreversible", y con "preocupación", porque el número de parados no es asumible. También lo hace "sin la menor actitud complaciente", dada la "magnitud" de la tarea de "revertir" la pérdida de puestos de trabajo que ha traído la crisis, añadió Zapatero. En este sentido, indicó que el paro es el "peor rastro" que deja la crisis, así como la expresión "más clara y tangible" de sus negativas consecuencias, y que sólo la "perspectiva histórica" dará una imagen "verdaderamente fiel" de las mismas. Como ejemplo citó el que en estos tres años de crisis se han perdido dos millones de puestos de trabajo y la tasa de paro ha aumentado en 12 puntos, desde el tercer trimestre de 2007, cuando fue del 8%. Respecto a la evolución de la economía, Zapatero estimó que la recuperación continuará en el cuarto trimestre y que debería acelerarse en 2011, con un crecimiento del PIB que alcance el 1,3%. Por ello, en su opinión la recuperación va a ser "cierta y sostenida", pero aún es "lenta y también incierta en su progresión". En esta primera fase de recuperación sería "poco sensato prever una creación de empleo que no fuese aún reducida", que sólo supondrá una disminución "ligera" de la tasa de paro, advirtió. Feijóo antepone conseguir la planta de Mitsubishi para Galicia a su ubicación El videojuego del PP que “dispara” contra la inmigración recibe un aluvión de críticas Falta “El IdealGallego”